1ª.- Substitúe o que aparece en cursiva por un adverbio:
Neste momento xa estou preparado para o exame.
En todo momento está listo para ir onde o mandan.
Déixao neste lugar.
Non sabes o moito que me custa erguerme á primeira hora.
Colócao naquela cadeira
Non sei se irei; o Caurel está a moita distancia.
Vou en bicicleta, que está a pouca distancia.
Vai andando sen apuros para faceres tempo.
Naquel tempo, os xornais que se pagaban na vendjma eran baixos
Naquela sala había grande cantidade de libros.
2ª.- Enche os espacios en branco co pronome (te/cbe) que corresponda:
Non -------- volvo facer caso por máis que -------- empeñes, porque non tes formalidade. Esperei -------- non sei canto tempo para levar -------- comigo e non ------- deu a gana de aparecer; se non -------- gustaba vir puideches avisar. A próxima vez xa virás ti onda min, que nin paso a recoller --------- nin ------------- fago a espera en sitio ningún, a ver se pensas que -------- vas rir de min. Nin sequera tiña un teléfono para chamar --------- e saber que -------- pasaba; conste que por iso esperei, porque crin que -------- pasaba algo.
3ª.- Transforma as seguintes frases de acordo co medelo (dúas transformacións):
Leva un paquete para o seu pai!Lévalle un paquete. ! Lévallo
Os camiños levan alegría para os homes !
Comprei moitas lambonadas para os cativos !
Estes vestidos son moi caros para vostede !
Quero falar diso co teu pai !
Imos falar de normalización ós pais dos nenos !
4ª.- Transforma as seguintes frases de acordo co medelo:
Díxome que o vira ! Díxomo.
Deuche unha labazada no medio da rúa !
Mercounos uns bombóns !
Deixouvos un paquete no estanco da esquina !
Díxenlles unha mentira coma un mundo !
Mandeille unha carta certificada onte !
Deixáchesme uns libros coas portadas azuis !
Non che quero castañas do teu magosto !
5ª.- Enche os ocos axeitados cos pronomes de terceira persoa que cumpran(OI, OD, ou ámbolos dous pronomes, se procede)
Xa me dirás que --------- podo ----------- botar ós teus fillos por Reis, porque non -------- dou -------- atopado nada que me encha o ollo e que non teñan. Pensei nun tren eléctrico para o Brais, pero díxome Antón que xa --------- regalou ------------ o seu padriño cando o afillado fixo anos; a el seica --------- gustaría --------- unha bicicleta, e se cadra aínda -------- compro -------. Ós outros tres non me digas que --------- merque ----------- roupa porque non ---------- merco ----------; ---------- quero --------- botar ----------- cousas de enredar. Xa chegará o tempo de deixaren os xoguetes de lado.
EXAME DE GALEGO DE 4º DE ESO 2ª AVALIACIÓN - TEORÍA 24 DE FEBREIRO DE 2000.