Filosofía y Ciencia
Multiculturalismo y tolerancia
MULTICULTURALISMO
E
TOLERANCIA
16-03-02
Multiculturalismo e tolerancia
Para facer este traballo vou a analizar cada un dos textos por separado, de cada un deles sacarei unha conclusión e aportarei a miña opinión, para cando os teña todos sacar unha conclusión final.
Corrección política insensata
No artigo primeiro escrito por Hermann Tertsch , afróntase o tema dende unha perspectiva crítica; critícase a clase política e a súa forma de levar os asuntos de inmigración, cítase unha frase do presidente do foro para a inmigración que di: “el multiculturalismo es una gangrena para la democracia”. Esta frase en certo modo e correcta pero so con matices, o multiculturalismo pode ser peligroso pola falta de voluntade de adaptación dos inmigrantes as leis, regras e normas sociais da sociedade anfitriona este feito a medio plazo pode ser un problema para a continuidade da democracia.
Pero isto non implica que a inmigración vai acabar coa nosa democracia , as democracias occidentais tal e como fixeron anteriormente terán que transformarse e crear mecanismos de adaptación para que se podan integrar diferentes culturas dentro da nosa ese e o novo reto que teñen que resolver as democracias occidentais.
Na miña opinión este texto é totalmente correcto estou de acordo coa necesidade de modificar a democracia para poder integrar a diferentes culturas pero claro sempre que non perdamos a nosa propia identidade.A inmigración é totalmente imprescindible para o noso país así que é inútil que nos neguemos, a inmigración nos facilita man de obra e a man de obra trae riqueza se queremos medrar como estado e nación non podemos cerrar as nosas fronteiras, pero para podelas abrir necesitariamos un cambio profundo na nosa clase política.
Oscurantismo reverenciado
Estamos no segundo artigo, escrito por José María Ridao; este articulo é totalmente oposto o anterior, neste non se critica a actuación do goberno, as críticas céntranse na mentalidade española.
Este texto achaca os problemas de racismo e da inmigración ó cambio da mentalidade europea que se produciu a partir da segunda guerra mundial, o termo cultura dende uns anos atrás está máis vinculado a tradición é un termo máis romántico e segundo este autor é aquí onde se sitúa o problema. Nos centramos máis en mirar os defectos das outras culturas que poden entrar no noso país que en corrixir a nosa propia.
A nosa sociedade está moi equivocada cos inmigrantes e sempre tenden a xeneralizar, non son todos iguais e a veces tratámolos a todos como se o foran.
Na miña opinión a nosa sociedade tende a adoptar actitudes chauvinistas e dicir tendemos a un esaxerado pratiotismo fanático pero só en algúns aspectos como o da inmigración pero non me gustaría xeneralizar.
Teño que discrepar coa opinión do autor cando di que o que entendemos por cultura empezou a cambiar a partir da segunda guerra mundial, non creo que fora a si, ese sentimento de cultura creo que existe dende tempos inmemoriais o que pasa que en certas épocas tendeu a cambiar.
Co que si estou de acordo é de que temos unha tendencia a xeneralizar moi preocupante porque pensamos que se un inmigrante rouba ou mata o van a facer todos e eso non é así. Outro factor co que estou de acordo é o de que non hai que rexeitar culturas por ter costumes inhumanas por que todo se pode erradicar e en vez de fixarse tanto nas outras fixarse máis na nosa e corrixir os seus defectos.
EL mundo en un pañuelo
Este artigo, o terceiro, cíñese a noticia que suscitou a polémica do multiculturalismo. Esa noticia foi a de Fátima a nena do “hiyab” e dicir o pano. Neste artigo trátase esta polémica . O autor resalta que a costume do hiyab non ten connotacións relixiosas polo que non temos que escandalizarnos deste xeito. Di que o pano é un simple signo de identidade grupal, o autor tamén sinala o motivo que fixo que tivera tanta relevancia este caso el pensa que foi pola idea que temos da muller islámica na nosa sociedade, estou totalmente de acordo co autor nese aspecto.
Pero non temos que escandalizarnos solo polo machismo da sociedade musulmana porque no cristianismo tamén existe así que non debemos darlle tanta importancia o feito de pano posto que no noso país tamén existiu esa costume ala polos anos 60 e era de caracter relixioso.
A este caso déuselle demasiado protagonismo e levouse a extremos insospeitados por culpa de esaxeracións nas declaracións de algunha persoa implicada no caso.
O autor critica a doutrina multiculturalista, considéraa moi simple e plantealle moitos defectos como por exemplo a falta de planteamentos morais, as dificultades lóxicas que plántea etc.
Estou de acordo co autor no aspecto do problema de Fátima pero discrepo totalmente coa súa opinión sobre o multiculturalismo eu considero esta doutrina perfectamente válida pero totalmente inadecuada para a nosa sociedade, nunca funcionaría senón observa os problemas que empezan a surxir, o caso de Fátima e moitos máis que non tiveron tanto protagonismo.
Multiculturalismo
Este texto, o cuarto, o igual que o primeiro cita como base da súas argumentacións unhas declaracións de Mikel Azurmendi. Pero ó contrario do primeiro este o defende.
O autor comenta as declaracións de Azurmendi e está de acordo con el para demostralo da unha serie de razóns. O multiculturalismo é unha teoría que consiste na defensa da convivencia de varias culturas, que poden non ser democráticas, no seo dunha sociedade democrática, se o multiculturalismo se da nunha sociedade democrática como a nosa podía acabar con ela, de ahi as declaracións de Azurmendi, que foron interpretadas como unhas declaracións racistas incluso xenófobas, pero nada máis lonxe da realidade.
Os defensores do multiculturalismo tildan de racistas e xenófobos ós que critican a súa doutrina , por iso non nos debemos deixar levar por unhas palabras confusas que poden levar o engano. Este tema ocasionará un gran debate neste siglo e por iso hai que deixar claro os termos da polémica.
Totalmente de acordo con este texto, despois de escoitar as dúas versións das declaracións de Azurmendi, non creo nin que sexa racista nin que fixera esas declaracións por mal, penso que as fixo para salvagardar o futuro da nosa democracia eso é digno de admirar. Por outra parte me convenceu moito a definición de multiculturalismo pero encontreille un defecto, di que é inadecuada porque existen grupos que no son democráticos pero eses grupos son una minoría o multiculturalismo funcionaría en sociedades democráticas que albergaran a grupos democráticos.
Multiculturalismo e Islamofobia
No texto quinto, a autora fai unha reflexión sobre todos os feitos falados sobre a inmigración, e busca a verdadeira cuestión que nos leva a ter tantos prexuízos ante a inmigración. Afirma que a cuestión está en que nos lanzamos a falar antes que a pensar, isto ocorre de maneira sistemática cando de cruza o islam de por medio. A cuestión social so emerxe e ocupa a primeira fila do noso debate social cando se trata de musulmáns entonces emerxe o profundo rechazo que existe contra o universo islámico desátase o proceso e se converte nunha satanización social dos musulmáns nos que todos opinan e poucos pensan racionalmente.
Isto ocorre cando en realidade o debate é outro. Moitas veces utilizamos a integración como instrumento para ocultar as deficiencias sociais e laborais. Pero que ninguén pretenda convencernos de que o cristián resolve mellor a cuestión da integración dos inmigrantes.
En segundo lugar debemos ter en conta a cuestión da multiculturalidad, esta ten múltiples variantes e isto nos leva a ter que comezar un proceso de transformación e adecuación mutua. Neste aspecto se ve a hipocresía da nosa sociedade porque so ós musulmáns lle esiximos a perfección e non lle permitimos entrar no noso país se non nos presentan unhas credenciais democráticas.
Agora debemos comezar a tratar o asunto desencadéante de toda a polémica e dicir a cuestión do pano que surxiu recentemente respondendo máis os nosos fetiches anti-islámicos que a un problema de integración. Tal e como dixo algunha asociación marroquí nada sospeitosa de extremista, o pano é un signo de identidade cultural, non dun proselitismo islámico partidario da discriminación da muller, non debemos confundir este simple pano co velo que cubre o rostro da muller e que pretende usurpar a súa individualidade no espacio público.
Volvendo a nosa realidade, debemos comezar dicindo que é totalmente imprescindible desprendernos dos nosos prexuízos e atavismos anti-islámicos porque senón non vamos a ser capaces de resolver positivamente ditos desafíos. Os nosos récelos víronse incrementados dende o 11 de setembro e os grandes perdedores de esta situación son os musulmáns que viven no noso chamado mundo occidental. A cuestión está en que temos que ser conscientes de que existe un profundo odio e rechazo hacia todo o que ten algo que ver co musulmán este odio está basado nuns falaces criterios esencialistas. No obstante non somos conscientes da contradicción en que caemos e incluso a responsabilidade compartida que temos con respecto a perpetuación de interpretacións islámicas retrógradas.
As nosas sociedades chegan a tal punto de estupidez que están mantendo relacións, e dicir son aliados dos dictadores do mundo musulmán que son os que alimentan o integrismo e despois quéixanse e queren loitar contra o terrorismo cando son eles os que o fomentan indirectamente.
O importante deste caso do pano é a educación da meniña, e que é a educación o que marca a divisoria e o futuro de esa muller, non que quera levar un pano na cabeza, e debemos entender que para moitas mulleres musulmanas que se visten así voluntariamente o significado pode ser un signo de identidade cultural.
Na miña opinión o que di esta persoa neste artigo é perfectamente correcto e estou de acordo con ela en todos os aspectos; de momento este texto foi o que máis me convenceu, sen chegar a meterse en política deu unha versión moi acertada do
verdadeiro problema.
Velo e identidade
Neste texto, o sexto; o autor da unha definición moi válida sobre o que significa para as mulleres musulmanas levar o pano. Comeza dando explicacións de porque a botaron do colexio.
Unha monxa vestida de monxa rexeitou a Fátima no seu colexio por levar un pano branco na cabeza, este pano salvo por ser branco é idéntico o que levan as mulleres españolas no campo. Porán alegar que a monxa é unha relixiosa profesa e Fátima non, o cal é certo pero este pano non deixa de ser unha simple manifestación de crenzas, e para máis escarnio nun colexio católico concertado, esto e inadmisible, neste país non se prohibe que a xente vista como queira sempre que non ofenda a ninguén, co feito de non deixar poñer o pano a esta nena estanlle roubando a súa identidade como persoa.
Este pano so reflexa as crenzas dunha persoa é como se eu levo unha bandeira do meu equipo esto dáme unha identidade o mesmo que fai o pano con Fátima.
Do encontro entre persoas pertencentes a culturas ou orixes culturais diversos debe arroxarse de maneira san unha aportación permanente e positivamente conflictiva á suma de diferencias e semellanzas que nos caracteriza como convivintes dun pais libre. Convivir non é tragar senón compartir e tolerar.
Como xa é frecuente volvo a estar de acordo con este texto, e gracias a el doume conta de cousas que ata agora non puidera ver, unha delas é a tremenda ignorancia que hai no noso país, non se pode prohibir a unha nena ir o colexio por levar un simple pano, creo que esto sucede porque pensamos que todos os musulmáns son machistas e temos tanto medo a que nos poidan acusar de permitir este tipo de actitudes que por un simple pano montamos un debate nacional.
Tolerancia cero
Sétimo e último artigo , este é o máis crítico ca nosa sociedade. No debate sobre a integración dos inmigrantes na sociedade española hai argumentos totalmente lexítimos e respectables, pero hai outros que non son en absoluto lexítimos nin respectables, estas son as que fan da inmigración ilegal o pretexto para secretar xenofobia e racismo, colocando sobre os inmigrantes etiquetas que conducen á violencia. A situación hoxe en España, distáncianos favorablemente doutros países europeos nos que os mensaxes contra a entrada de inmigrantes, ou incluso a favor da súa expulsión están calando en estratos sociais cada vez menos minoritarios ou marxinais.
España ten un problema de integración con unha parte da inmigración, pero non ten un problema constante nin estendido de racismo ou de xenofobia. E para que non o teña no futuro é preciso preservar nos controis de fluxo migratorio, na regularización laboral e administrativa e na persecución dos traficantes de man de obra ilegal.
Para que isto sexa efectivo hai que partir dunha tolerancia cero, refírome con isto a que non podemos tolerar calquer tipo de acto de caracter racista.
Debemos actuar contra eles non como fenómenos políticos senón como actos puramente delictivos que hai que atallar de raíz.
Totalmente de acordo pero considero que os actos de racismos lonxe de ser illados cada vez son máis frecuentes e isto a larga pode dexenerar nunha actitude hacia os inmigrantes semellante a que se ve agora nalgún pais europeo.
CONCLUSIÓN FINAL
Despois de rematar este traballo doume conta do pouco que sabía sobre o tema e gracias a el xa teño moitas menos dúbidas sobre o tema.
O primeiro que saquei en claro é o tremendo racismo e xenofobia que hai na nosa cultura, non alcanzo a saber porque está xenerado quizás por medo, ou por un odio inxustificado, non o sei pero gustaríame que non existira.
Tamén observei que a nosa sociedade froito do racismo tende a tratar a todos os inmigrantes por igual, como delincuentes, e eso non é xusto. Outro factor preocupante e a falta de integración dos inmigrantes, non so eles teñen a culpa, eles teñen que esforzarse para poder convivir ca nosa cultura e nos tamén temos que facer un esforzo para poñerllo máis fácil, e sobre todo non temos que poñer impedimentos como ocorreu no caso de Fátima.
En resumen, as conductas racistas non levan a ningún lado debemos convivir todos por igual sen distincións de razas nin culturas así axudaremos a medrar o país porque non debemos olvidar que os inmigrantes nos facilitan man de obra para traballos que ningún español aceptaría.
Así que espero que algún día non moi lonxano poidamos vivir sen que exista ningún tipo de racismo ou xenofobia.
Descargar
Enviado por: | Adikt |
Idioma: | gallego |
País: | España |