Literatura


Cantiga de amigo


TEMA 9: A LÍRICA MEDIEVAL. A CANTIGA DE AMIGO

Galiza na Baixa Idade Media:

-A Idade Media comezou no s.V, e rematou no s.XV. A lírica galego-portuguesa, se da na Baixa Idade Media, que abrangue o período comprendido entre os séculos X e XV.

CONTEXTO HISTÓRICO

-Galiza era unha sociedade feudal, cós seus estamentos fundamentais: nobreza, clero e campesiñado. Esta sociedade, baseábase na relación vasalo/señor, o vasalo traballaba para o señor, e este o protexía.

Relación vasalo señor:

O señor cedía un feudo a un vasalo e ofrecíalle protección militar. O señor podía ser vasalo de outra persoa de rango superior onde o cumio do estamento era o rei.

O vasalo era o home libre que se convertía en vasalo do señor no momento que recibía o feudo. Paga impostos, trabalha a terra e debe acudir ao señor cando llo pida.

-No s.XII, Galiza e Portugal se separan, esta separación non é lingüística ate o s.XV. Consúmase a unión da Galiza ao reino de Castela.

-A economía era de base agrícola. O campesiñado traballa unha terra que non é súa, parte da súa colleita vai para pagar os foros ao seu señor (nobeis e clero). Pagaba con colleita, traballo e diñeiro....

-Os séculos XII e XIII, foron séculos de esplendor económico, crecemento demográfico, avances tecno-agricolas, as cidades medraron, e crease unha clase social nova: a burguesía (adicada ao comercio e artesanía).

-O século XIV, foi un século de crise económica polas malas colleitas. A opresión e a pobreza e a fame, foron as culpábeis das revoltas irmandiñas contra os nobeis que foron axudados por Castela e Portugal.

-Na cultura, Sant-Iago, se converte nun dos centros culturais de Europa polas peregrinacións ao sepulcro do Apóstolo. O Arcebispo de Sant-Iago, Diego Xelmírez, potencia a construcción da catedral. Por outra banda, esta foi unha época de florecemento artístico: o arte románico, a lírica trobadoresca... Compostela capital cultural e relixiosa.

SITUACIÓN LINGUÍSTICA

-A evolución do latín ás linguas romances como o galego foi paulatina.

-O latín era a lingua da administración.

-No s.XII, o galego se normaliza, se comeza a escribir. Ate este momento, a lingua escrita, era o latín maila que o pobo xa non o entendía.

- A castelanización de Galiza (no idioma), comeza coa introducción de nobres casteláns por Isabel (a Católica).

-O noso idioma se espalla como lingua trobadoresca nas cortes ibéricas.

-A variante do galego-portugués que aparece nas cantigas, é unha “coiné” ou lingua convencional, que non reproduce variante xeográfica ningunha, un “estándar” ao que chegan os trobadores.

A lírica galego-portuguesa:

ORIXES

-Hai catro teses fundamentais sobre a orixe desta poesía:

-Folclórica: Xurdiu das creacións populares (cancións de berce, de traballo, de vodas...).

-Medio-latina: Os trobadores eran homes cultos que coñecían a poesía medieval latina de ámbito europeo.

-Litúrxica: A poesía culta da igrexa mesturada con elementos do folclore.

-Arábigo-andaluza: A cultura árabe inflúe no desenvolvemento da lírica provenzal.

INFLUENCIA DA LÍRICA PROVENZAL

-A lírica provenzal tivo moita repercusión na galego-portuguesa, sobre todo na forma de elaboración das súas composicións. Estas foron as vías de influencia:

-Os monxes de Cluny, que exerceron grande influencia na igrexa hispánica a partir do s.XI.

-A presencia de nobres o e trobadores occitanos, ben polo Camiño de Sant-ago, ben polas guerras de reconquista.

-Afonso III, nobre portugués viviu moitos anos en Fran

cia antes de ocupar o trono portugués . No regreso a Portugal, trouxo consigo unha xeira de mestres franceses que educaron ao seu fillo Don Denís, e impuxeron os novos modos literarios..

-A Cantiga de Amor e a de Escarnio e Maldicir, teñen unha influencia directa da “canço” e do “sirventés” provenzais. As de Amigo, teñen un caracter autóctono.

CRONOLOXÍA

-A lírica galego-portuguesa, adóitase organizar en catro períodos:

-Pre-afonsino: Dende finais do s.XII ate a 2ª metade do s.XIII. O texto máis antigo é unha cantiga de escarnio de arredor de 1200.

-Afonsino (1245-1280): Coincide cos reinados de Afonso X de León e Castela e Afonso III de Portugal.

-Dionisíaco (1280-1325): Coincide co reinado de Don Denís, fillo de Afonso III.

-Pos-dionisíaco (1325-1354): Coincide co derradeiro trobador galego-portugués, Don Pedro, fillo de Don Denís.

AUTORES E INTÉRPRETES

-Trobador: Eran os que creaban as cantigas, eran xente culta e da nobreza.

-Segrel: De clase social inferior ao trobador, compoñían cantigas igual cá el, pero cobraban pola súa interpretación.

-Xograr:Xente de clase máis ben baixa, cantaban as cantigas de vila en vila. Algún deles compoñía as súas propias cantigas.

OS CANCIONEIROS

-A maioría das cantigas recóllense en tres cancioneiros: O de Ajuda (pazo portugués), o da Biblioteca Vaticana, e o da Biblioteca Nacional de Lisboa .

OS XÉNEROS

-Hai tres xéneros principais:

-Cantiga de Amigo: En boca dunha moza namorada. A palabra clave, é amigo que aparece referíndose ao namorado.

-Cantiga de Amor: O trobador se dirixe á dama mediante a palabra (clave) senhor, e lle expresa o seu amor ou unha queixa pola súa indiferencia.

-Cantiga de escarnio e maldicir: Os trobadores fan querendo dicir mal de alguén.

-Hai tamén tres xéneros menores: A pastorela (encontro entre un cabaleiro e unha doncela, palabra clave pastor), a tenzón (cantiga dialogada case sempre satírica), e o pranto (lamento ou quexa pola morte dalgún persoeiro).

A cantiga de amigo:

-A cantiga de amigo ten a súa orixe na lírica popular anterior á lírica trobadoresca, aínda que tamén presenta a influencia da lírica provenzal.

CONTIDO

-Voz:

-A cantiga de amigo caracterízase polo presenza dunha voz feminina (única característica distintiva atópica da cantiga de amigo). Neste tipo de composicións o autor ponse na situación dunha moza que expresa os seus sentimentos amorosos, pena pola ausencia do seu amigo, enfado co namorado, alegría polo reencontro.

-A palabra amigo aparece case sempre neste tipo de cantigas pero esta carente de significación (sinal distintiva).

-Interlocutores:

-O amigo non é sempre invocado directamente. Para expresar o seu agarimo có amigo moitas veces a amada diríxese a elementos da natureza, (o mar e moi importante {confesor}) noutros casos o confidente é umha amiga, a nai.

-Campos sémicos:

-Os asuntos e motivos que forman os xéneros agrúpanse em campos sémicos (núcleos temáticos). Na cantiga de amor aparecen catro campos sémicos básicos:

-Panexírico, e o canto que fai a protagonista, louvando e gabándose da súa beleza ou da excelencia poética do seu amigo. Este e o único campo sémico que pode combinarse cos demais, unhas veces esta presente en toda a composición e outras en parte.

-Amor correspondido e amor insatisfeito son as dúas caras do amor presente nas composicións entre moza e amigo. A moza expresa a ledicia ou a coita (pena de amor) segundo transcorre a relación amorosa.

-A prohibición, esta ven dada pola imposibilidade de encontro dos namorados. Esta pode ser pola nai o por forza maior (como servir ao rei).

MODALIDADES

-Bailadas: Estas son cancións que acompañaban aos bailes. Caracter alegre e vivo.

-Mariñas: Aparece o mar ben sexa coma símbolo de separación dos namorados ben sexa coma confidente da moza.

-Cantigas de romaría: Pezas localizadas ao pé dun santuario, ermida ou capela.

-Albas: Localizadas pola mañá cedo cando se teñen que separar.

A FORMA

-Forma interna: O principal rasgo das cantigas de amigo son as súas estructuras paralelísticas. Estas estructuras se manifestan normalmente mediante tres figuras:

-Refrán: Verso ou versos que se repiten ao final de cada estrofa. Un dos recursos mais representativos da lírica da Galiza. Por esta clasificación dous tipos, cantigas de refrán ou cantigas de mestría.

-Paralelismo: Consiste en repetir estrofas de dúas en dúas. Os versos da 2ª son unha pequena variante dos da 1ª.

-Leixaprén: Deixa e colle. Repetición do 2 verso da 1ª estrofa, no primeiro da terceira, o segundo da segunda, no primeiro da cuarta.

-Forma externa: As cantigas poden ser monologadas ou dialogadas:

-Monologadas: O tipo mais frecuente de cantiga de amigo e o monologo lírico semellante a cantiga de amor pero neste caso con mais realismo e naturalidade. Presente a invocación do amigo, amiga/as, nai pero estes carecen de voz.

-Dialogadas: A moza entra en conversación co amigo, amiga ou normalmente coa nai.

-Estilo e linguaxe: Domina o carácter repetitivo. É destacábel a presencia de, arcaísmos (como irmana, louçana...) e de mbolos.

-Métrica e rima: Variacións que tiña a métrica medieval fronte a actual:

-No computo silábico no sen conta a derradeira sílaba tónica de cada verso.

-Non se soen facer sinalefas.

-E frecuente o hiato.

-Rima femia = palabra final grave

Rima macho = palabra final aguda.

-Anotación da rima e a métrica para a lírica medieval:

-Dempois de cada verso escríbese a rima, asignando letras, por orde (a, b, c). Este proceso repítese em cada cobra (estrofa).

-Letras en minúscula menos o refrán que é vai em maiúscula.

-Ao lado das letras se pon o número de sílabas e se e femia un apostrofe.

Cantiga de amigo




Descargar
Enviado por:Gazeta
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar