Os vellos non deben de namorarse; Alfonso R Castelao

Literatura española contemporánea. Teatro gallego. Argumento # Persoaxes

  • Enviado por: Iria
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas

publicidad
cursos destacados
Cómo montar un Ordenador
Cómo montar un Ordenador
En este curso te guiamos de una forma muy práctica y gráfica, para que puedas realizar el montaje de tu...
Ver más información

Iníciate en LOGIC PRO 9
Iníciate en LOGIC PRO 9
Vamos a ver de manera muy sencilla y en un breve paseo de poco más de una hora como funciona uno de los...
Ver más información


Os vellos non deben de namorarse

Prólogo:

É unha farsa na que se demostra que os vellos non deben de namorarse.xogan o amor e a morte de 3 vellos imprudentes:

  • O boticario Don Saturio , que non aturou a falcatruada de Lela e mátase con solimán da sua propia botica.

  • O fidalgo Don Ramón , que por un bico de Micaela morre deitado no esterco.

  • O vinculeiro Fuco , que por casar con Pimpinela morrese de felicidade.

1º historia

Persoaxes :

O boticario: Vello namoradizo , que ten , ademais , a desgracia de chamarse saturio.

Lela : moza requintada na sua propia malicia

O carabineiro : catador de lupadas , disposto a unha nova vida .

Os irmans do boticario :catro ánimas , do purgatiro , embrulladas en roupa negra.

A morte : o mais tiran de todos , disfrazado de medicante.

Mulleres : dez bocas con alferron.

Resumo:

Escena 1 :

O boticario e lela falan na botica , e o boticario comeza a namorarse dela.

Escena 2 :

o boticario fala só e di o que sinte por lela ,fla tamn de cando era novo e de que non se namorou por non abandonar a suas irmans , nese intre entran en escena 4 boticarios que cantan unha cancion acordandose dos anos mozos do boticario.

Escena 3 :

a morte entra na botica e fala co boticario , pedindolle unha cura para a sua enfermidade , xa que esta namorada(a morte)e quere un remedio , ainda que sexa morrer , tamen lle aconsella o boticario que non se namore das mozas novas , que só queren os seus cartos .

Escena 4:

as irmans van para a novena e danlle consellos o boticario , como por ejemplo que non deixe entrar o gato na casa.

Escena 5 :

lela e o seu comprometido , o carabineiro , están a falar da sua boda con unhas mulleres no parque , lela di que sempre tivo moitos mozos nos que escoller , e que lle propuxera matrimonio un home moi rico .

As mulleres son unhas rexoubeiras , pero nunca falaron mal de lela .lela e o carabineiro marchan e aparece a morte . as señoras poñense a falar coa morte que esta disfrazado de medicante , e dinlle que no pobo se fala que cada vez que pasa él morre alguna persoa.

Escena 6 :

Falan o boticario e a morte , o boticario esta morrendo e dille a morte que chegou tarde , que se matou porque esta namorado , e que fixo unha pocima para morrer.a morte dixolle que xa o avisara antes de que non debia namorarse sendo vello de mozas novas.

Escena 7 :

É o enterro do boticario no que hai musica e as suas 4 irmans choran desconsoladas.

2º historia

Persoaxes:

Don Ramon : vella esponxa, embebida en viño tinto ;remarque de casta.é hidalgo.

Os pais de Don Ramón : retratos que viven e falan.

Micaela : rapaza parafuseira , de touciños duros .

O Portugués :balandro cazador de lebres corridas.

Rapaz : fillo de raposa

Duas mascaras : choqueiros estrafalarios.

Mulleres : dez abrollos de picardia.

Dous espantillos e un sapo:misterios da noite orballada

Resumo

Escena 1 :don ramon esta na casa , falando en alto , él só da rapaza da que está namorado , di que por un bico dela regaloulle unha leira.esta sempre borracho.ali na casa hai 2 retratos que falan , e son seus pais , éstes chamanlle mal fillo e din que é un ninguén por darlle a herdanza que lle deixaron a calquera muller por un bico.

Don ramon ameaza os paos con mandar os seus retratos para o faiado se non deixan de darlle a lata.

Chega a casa o rapaz que lle di a don ramon que hoxe non vaia a casa de Micaela porque a xente xa anda falando deles.don ramon metelle un berro a unha criada para que lle traia mais viño.

Escena 2 : don ramon sae do pazo para dirixirse a casa de Micaela , ó sair atopase cun demo e unha porca que se estan pelexando. O demo preguntalle a don ramon que a donde vai , e a porca xa responde que don ramon vai ver a sua ama a Micaela , o demo insinua que donr amon non se debe fiar da Micaela , pero a porca defendea.entre toda esta discusión escoitanse as mulleres rindo as gargalladas.

Escena 3 : estando Micaela na sua casa falando co seu amante , co que vai casar sobre todos os cartos que lle van sacar a don ramon .mentres estes falan chega don ramon , Micaela veo entrar dende a portada e o portugues agochase detrás duna cortina.cando chega Micaela dille a don ramon que non deberia vir que a xente xa fala , e que ela xa lle mandou aviso por medio dun rapaz , enganao decindolle que o primeiro bico que dera fora a el e que non lle importaban nada os homes agas él , don ramon pidelle outro bico e ofrecelle outra leira.micaela di que é de dia e que ten vergoña , pero que lle dará o bico no baile de carnaval de pola noite.

Don ramon marcha e cando vai polo camiño cae , e un sapo axudalle a morrer.

3º historia

Persoaxes:

Pimpinela : rapaza bonita que tolea polos panos de cores.

A nai : vella lagarteira , que non se avén coa pobreza.

O pai : velloucán con cara de testigo falso.

O mozo:rapaz novo , en edade de sentirse galo do mundo.

O vello : carcamán namorado.

Resumo

Escena 1: estan na casa a nai e o pai de pimpinela convencendoa para que deixe de andar co seu mozo q que case co vello fuco que é rico e sacaos de ser pobres a todos.en todo momento pimpinela negase a casar co vello.

Escena 2:marchan os pais e chega o mozo e ponse a falar con pimpinela e esta non contesta a nada , este dille que lle diga que o quere e pimpinela a pesar de querelo non lle di nada , o mozo saca un pano con 2 corazons e regalillo a pimpinela , esta garrado sen casse mirar para el.discuten porque o mozo sabe que o vello Fuco anda atrás de pimpinela . o final da discusión rompen a sua relación.

Escena 3: o mozo xa marchara e chega o vello Fuco a falar vcon pimpinela , este dille que ven da vila e que lle trouxo uns regalitos , comeza a sacar un lote de panos de cores.o vello dille que case con el e que lle dará todos os seus bens .pimpinela di que e moi nova para casar.pero despois de tanto insistir o vello , e de tanto que a intentaron convencer os seus pais e de que o deixara co seu mozo ,dixo que si coa cabeza.

Escena 4: Aparece o vello falando con unhas mulleres que lle decian que desque casara con pimpinela andaba mais ledo. O vello fuco dixolle que vira a morte que falara con el e que lle avisara que ia ir po el.

Escena 5:o vello Fuco morre.

Escena 6:están no enterro do vello Fuco , e pimpinela chora porque ten que andar vestida de viuva e non pode poñer os seus panos de cores que tanto lle gustan , tamen se lamenta por non ter casado co seu mozo de antes.

Épilogo

Personaxes:

Señor Fuco

Boticario

Don Ramón

Resumo

Estan no cemiterio , e chega o señor Fuco coxeando , e preguntanlle porque está coxo , e este dille que porque meteron a sua sogra morta no seu nicho e que lle aplastara unha perna.tamen di que a sua sogra lle contou moitas cousas .

Resultou que pimpinela casara con aquel rapaz do que estaba namorada , e que agora viven os dous como larchans cos cartos do vello Fuco.os outros dous rinse do vello , pero este dille que non rian tanto que cousas das suas namoradas tamen llas contou.

Dixolle a ramonciño que como cando morrera deixara un escrito no bolsillo no que lle deixaba unha leira a Micaela , esta foi a xustiza e como todo mundo sabia das andanzas dela co veño ramon , e resultou que como ela tamen casara co portugues e tiveran un fillo , Micaela nos xulgados dixeo que o fillo era de ramonciño , e asi quedou con todos os seus cartos.

O boticario preguntalle se non lle contou nada del , e o señor Fuco contalle que lela casou co carabineiro e que xa teñen catro fillos , que as suas catro irmans venderon a botica e que seguen chorando por el.logo cambian de tema e poñense a falar de cal deles tivo a peor morte, logo marchan.