Espacios e sociedades

Historia universal do século XIX. Imperialismo. Colonialismo. Sociedade burguesa. Procesos de colonización. Colonias británicas. Globalización. Proceso globalizador. Degradamento medioambiental. Antiglobalización. División norte sur. FMI (Fondo Monetario Internacional)

  • Enviado por: Lua
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 44 páginas
publicidad

INTRODUCCIÓN

A Real Academia de la Lengua Española define ó imperialismo como unha actitude e doctrina de quenes propugnan ou practican a extensión do dominio dun país sobre outro ou outros por medio da forza militar, económica ou política, asemade, definimos ó colonialismo como a tendencia a manter un territorio en réxime de colonia, no que colonia refírese ó territorio fora da nación que o fixo seu, e ordinariamente rexido por leis especiais.

Coma podemos decatarnos, o imperialismo e o colonialismo están estreitamente relacionados no senso de que un é consecuencia do outro.

A través de este traballo tratarei de descubrir os factores que afectaron ó nacemento dunha doctrina imperial das nacións, tomando como base e prestando gran atención á situación de Inglaterra, xa que foi unha das potencias máis “beneficiadas” principalmente de xeito económico pola implantación dun sistema colonial.

Para explica-los procesos que se desenrolaron durante o periodo do colonialismo que comprende dende o ano 1850 asta o ano 1960, tomei como eixe de desenrolo a formulación de preguntas que engloban de xeito total o universo xeral de este proceso da historia.

Incluín no traballo unha serie de documentos, testimonios e críticas hacia o colonialismo que servirán para formar un panorama máis detallado sobre a vida dos directos afectados polas grandes potencias, que motivados polo eurocentrismo cometeron tales opresións.

O principal deste traballo é ser crítico e a vez obxetivo, sen perder o fío conductor inicial que será presentar un panorama detallado do colonialismo e do imperialismo.

Durante os séculos XIV e XV comenzan a desenrolarse en Europa as actividades mercantís, estimuladas pola búsqueda de novas rutas comerciais, no que contribuiu en gran parte os descubrimentos xeográficos do século XVI. Os navegantes españois e portugueses e máis tarde os holandeses, franceses e ingleses chegaron a África, á India, e ó continente americano , formándose así os grandes imperios coloniais da Idade Moderna. Durante todo ese periodo levarase a cabo unha enorme acumulación de capitais e fortunas por parte dos pobos colonizadores, pero o mesmo tempo, a explotación de estas zonas colonizadores deu orixe a dous feitos fundamentais: o empobrecemento de estas rexións explotadas e a acumulación de enormes capitais pola burguesía.

A fase imperialista de fins do século XIX presenta características novas, como son a concentración industrial e financieira, y a loita constante polo reparto do mundo entre as grandes potencias. Ante a incesante carreira pola producción e búsqueda de novos mercados, vai a plantexarse a necesidade de ter garantido o suministro de materias primas.

¿QUÉ É O IMPERIALISMO?

O termo “imperialismo” é a teoría, a práctica e as actitudes dun centro metropolitano dominante que rixe un territorio distante; “colonialismo” case sempre consecuencia do imperialismo, é a implantación de asentamentos nesos territorios distantes. “ O imperio é unha relación formal ou informal, na cual un estado controla a efectiva soberanía política doutra sociedade política. Pode lograrse pola forza, pola colaboración política, pola dependencia económica, social ou cultural”. Esta é a definición de Michael Doyle, conselleiro especial do secretario xeral da ONU. Na nosa época o colonialismo directa está ampliamente reprimido; en cambio, el imperialismo persiste nos ámbitos de sempre, nunha esfera xeral cultural, así como en practicas sociais especificas, políticas, ideolóxicas e económicas. Nin o imperialismo nin o colonialismo son simples actuacións de acumulación e adquisición, ambos atópanse soportados e as veces apoiados por impresionantes formacións ideolóxicas que incluen a convicción de que certos territorios e poblos necesitan e rogan ser dominados. O imperialismo clásico europeo do século XIX y principios do XX, todavía proxecta unha considerable sombra sobre a nosa propia época. Difícilmente existe aun hoxe en día algún norteamericano, africano, europeo, latinoamericano, indio, caribeño ou australiano, cuia vida individual non se vira afectada polos imperios do pasado.

Reseña histórica

Podemos considerar a existencia a fins do século XIX de dous mundos: un, unido pese a importantes disparidades internas, pola historia e por ser o centro do desenrolo capitalista; o segundo; non estaba unido nin pola historia, nin pola cultura, nin pola estructura social, nin polas institucións, nin siquera polo que consideramos hoxe como a característica máis destacada do mundo dependente: a pobreza a gran escala. A riqueza e a pobreza como categorías sociais, só existen naquelas sociedades que están de algún xeito estratificadas e naquelas economías estructuradas nalgún senso, cousas ambas que non ocurrían todavía nalgunhas partes de este mundo dependente. As disparidades existentes entre as sociedades da Idade de Pedra, como a de as illas Melanesias y as sofisticadas e urbanizadas sociedades de China, India ou o mundo islámico parecían insignificantes. ¿Qué importaba que as súas creacións artísticas foran admirables, que os monumentos das súas culturas antigas foran maravillosos e que as súas filosofías impresionaran a algúns eruditos e poetas occidentais? Básicamente, todos estos países estaban a mercede de los barcos procedentes do extranxeiro que descargaban homes armados e ideas frente os cuais atopábanse indefensos e que transformaban seu universo na forma máis conveñinte para os invasores, calesquera que foran os sentimentos dos invadidos. Según John Stuart Mils, famoso economista europeo, “O despotismo é unha forma lexítima de goberno sobre os bárbaros, con que o fin que se persiga, sea a millora da sua situación”

No século XVIII unha serie de observadores filosóficos da época da Ilustración consideraran moitas veces ós países extraños situados máis alá de Europa, coma un barómetro moral da civilización europea. Estos pobos non civilizados co seu comportamento natural e admirable ilustraba a corrupción da sociedade civilizada. A novedade do século XIX consistiu en que cada vez máis e de forma máis xeral considerouse os pobos non europeos e as súas sociedades como inferiores indesexables, débiles e atrasados.

Sen embargo, a rede de comunicacións globais intensificou a mestura dos mundos occidentais e exóticos. Houbo estudos que analizaban con seriedade esas culturas (as exóticas) coma algo que debería ser respetado e como algo que podía aportar ensinanzas, especialmente o estudo das diversas formas espiritualidade derivadas de Oriente. No terreo artístico, en especial nas artes visuais, as vangardas occidentais trataban de igual a igual ás culturas non occidentais e de feito, en moitas ocasións inspiráronse nelas. As xeracións vangardistas ensinaron ós europeos a ver esas obras coma arte -con frecuencia unha arte de gran altura- por dereito propio facendo a un lado ó pensamento eurocéntrico donde o millor que se pensou e que se escribiu foi pensado e escrito por europeos.

¿EN QUÉ SE BASA O COLONIALISMO?

A Historia foi asumida coma a historia europea e todo o demais son como di o historiador británico H. Trevor Roper “ingratos xiros das tribus bárbaras en pintorescos pero irrelevantes rincóns do planeta” O eurocentrismo representa o mundo dende un único punto privilexiado. En 1910 Jules Harmand, defensor do colonialismo afirmou: “É necesario entón adoptar coma principio e punto de partida o feito de que existe unha xerarquía de razas e civilizacións, e que nos pertencemos á raza e civilizacións superiores, inda recoñecendo que, o mesmo tempo que a superioridade confire dereitos, impón tamén estrictas obligacións. A lexitimación básica da conquista dos pobos nativos é a convicción da nosa superioridade, non só mecánica, económica e militar, senón moral. A nosa dignidade descansa nesa cualidade, e subxace o noso dereito para dirixir ó resto da humanidade. O poder material é únicamente un medio para ese fin”.

En “Ecological Imperialism” de Alfed Crosby, afírmase que donde quixera que foran os europeos empezaba inmediatamente a cambiar o hábitat local, seu propósito consciente era transformar os territorios e convertilos en imaxes de aquello que abandonaran na sua terra natal. Por outra banda, unha ecoloxía modificada daba pe á modificación do sistema político enaxenando ó pobo en cuestión das tradicións auténticas, dos seus modos de vida e das suas organizacións políticas.

O imperialismo clasifica e converte en un ben todo o espacio. O espacio colonial debe transformarse o suficiente como para xa non aparecer de todo extraño ós ollos do imperio.

A dominación soga un rol fundamental na historia colonial. En maior medida que en calquera das suas outras colonias a Irlanda dos ingleses sufriu innumerables metamorfosis a través de repetidos proxectos de asentamento entre os cuais figuraba o de anglicizar os topónimos. Nun proceso de este tipo, suponse que o colonizado é típicamente pasivo, carece de voz propia e non controla a sua propia representación. O discurso colonialista pode condenar ó mundo árabe por vestirse de máis (velo) e o mundo indíxena por facelo de menos (nudismo).

¿QUÉ MOTIVOU O COLONIALISMO?

Como consecuencia da búsqueda de mercados e materias primas para manter activa a revolución industrial, as potencias europeas lánzanse á conquista de mercados fora de Europa, nacendo unha nova fase da historia europea caracterizada por unha calma política nas relacións internacionais e por unha consolidación e crecemento nos aspectos económicos.

O imperialismo marcou a vida europea ata principios de século XX unha vez empezada a Primeira Guerra Mundial (1914). Foi un fenómeno do que as sociedades foron conscientes e desde o cual algúns chegaron a definir ós países como un conxunto político de amplitude multicontinental e heteroxénea, que abarca países, cidades, nacións...

Causas

  • ECONÓMICAS: Son varios as causas de este tipo. Temos por un lado, a crisis do ano 1873 e o cambio de trend, cun descenso dos precios que inclina as potencias ó proteccionismo, suscitando a necesidade de atopar novos mercados que non estén protexidos. Por outro lado, Inglaterra. Holanda, Bélxica atopan nestes outros continentes campos de inversión para os seus capitais (ferrocarril, prestamos, instalaciones de portos...). E por ultimo, estos mesmos países buscan materias primas para as suas industrias porque os recursos do continente xa están esgotados.

  • DEMOGRÁFICAS: Débense principalmente ó aumento demográfico, que podería haber provocado superpoboación, tensións... Entre 1850- 1914, en Europa, a poboación duplicouse, creando fortes presións sobre os recursos en certos países. Un aumento demográfico que non tiña ningún futuro (non tiña donde traballar nin que comer) que tiñan como única saida marcharse ós territorios coloniais dos seus respectivos países. Así que nestos anos márchanse de Europa cerca de 40 millóns de individuos alentados por conseguir os seus soños de riqueza e grandeza.

  • TÉCNICO- POLÍTICAS: Tamén chamados factores de prestixio que fagan esquecer a vergoña de outras derrotas (temos coma exemplo a Francia). Outro factor xira en torno á navegación. Os barcos de vapor que ampliaron a sua capacidade e poden ir máis lonxe, exisen ter depósitos de carbón distribuidos por todo o mundo para o seu avituallamiento. Así precisan puntos costeiros nas diferentes partes do mundo (inicio da colonización). Esto empezouse a facer de mans do capital privado; aunque pouco tempo despois o Estado tomou parte nelo pasando de un simple punto costeiro a controlar o maior volumen de territorio posible.

  • IDEOLÓXICAS: Todas as potencias queren sair de Europa, crecer, facer esquecer tódolos seus problemas e engrandecerse. Algúns, para conseguir dita meta poñen a relixión coma pretexto. Hai sociedades que saen de Europa para cristianizar ós indixenas do mundo perdido. A misión evanxelizadora diríxea nun primer momento, e do xeito máis aplastante, a iglesia luterana. Van coa intención de mellorar o nivel de vida dos demais indíxenas. Créese que o home branco ten a responsabilidade de facer que os outros, os indíxenas avancen cara a civilización, inda que para eles esto non supoña a felicidade. Todo este movemento luterano vaino contrarrestar a iglesia do Vaticano, que durante moito tempo retraeuse nesta práctica (sobre todo na primeira fase do colonialismo e debido á imaxe deixada tras o descubremento de América), inda que posteriormente se lanzou á aventura. Non consiguiu nada, agás empeora-la situación.

  • DARWINISMO SOCIAL: Este é un factor moi importante no caso inglés e latente no resto de países. Os países máis ricos, máis modernos... teñen dereito a seguir crecendo inda que sexa a costa das clases inferiores, máis arcaicas, retrasadas... Trátase de levar as recén descubertas leis sobre a evolución das especies ás sociedades.

  • GRUPOS DE PRESIÓN: Sobre todo os exércitos compostos de militares que desexan actuar. En Europa non hai conflictos co cual necesitan atopar outros campos. Ó facerse necesario para as potencias apoiar loxísticamente ás empresas en expansión colonial, os exércitos atopan, non só unha maneira de servir á Nación, senón tamén unha causa pola que actuar. Toda esta política colonialista necesita unha axuda e mantemento militar.

DATOS

  • Demográficos

      • Europa ten demasiada población. En 1914: 450 millóns de habitantes.

      • 1914- 1918: 50 millóns de habitantes marchan para as colonias.

      • As migracións tamén son moi fortes entre 1870 e 1914.

  • Económicos

      • Os países desenrolados vense en dificultades. 1873: crise económica.

      • Volta ó proteccionismo: búsqueda de saídas, novos mercados que levará ó control dos territorios.

      • Escasez de materias primas dando lugar á explotación de minas, establecer plantacións,... Bélxica explota moitas minas no Congo, Francia atopa seda en Oriente, Inglaterra busca algodón na India e obriga ós exipcios a cultivalo.

      • Son anos de prestamos de capitais a outros países que non os teñen: Xapón.

  • Políticos

      • Nalgunhos casos a expansión é puro prestixio ou pura necesidade política.

      • As preocupacións extratéxicas fan zonas clave ás colonias. Algúns territorios non tiñan a máis mínima riqueza pero son necesarios para o control. Por exemplo:

      • Inglaterra ten á India e ademáis ocupa Afganistán.

      • As veces os propios colonos vense en perigo e pídenlle os gobernos que ocupen certas zonas. Por exemplo:

      • Os colonos franceses en Alxeria piden ó seu goberno que ocupe Marrocos.

  • Ideolóxicos

      • Xente con intencións humanitarias, civilizadoras e con gañas de mellora-las condicións de vida dos indíxenas.

      • Misioneiros católicos e protestantes con ideas evanxelizadoras.

      • As Sociedades Xeográficas enviaban a algúns dos seus sabios a descubrir novas terras.

      • As Asociacións Coloniais tratan de divulgar as bondades do colonialismo.

      • Sociedades de tipo filantrópico que pretendían abolir a escravitude.

      • Xentes contrarias á colonización como os movementos de tipo nacionalista dos propios territorios ocupados.

    ¿CÓMO SE ESTRUCTURA SOCIALMENTE UNHA COLONIA?

    Grupos tradicionais dominantes

      • Son os que mandan nos territorios no momento de chegar os europeos.

      • Xeralmente lévanse ben cos colonizadores.

      • Os colonizadores sírvense deles para garanti-la orde.

    Burguesía compradora

      • Son un grupo pequeno

      • Son os novos ricos do país en cuestión.

      • Enriquecensen polas súas boas relacións cos colonizadores.

    Burguesía nacional

      • Son coma a pequena e mediana burguesía europea.

      • Os que van a estudiar á metrópoli formaran posteriormente parte da administración ou dos exércitos das colonias

      • Tamén son os pequenos comerciantes e serán estes os que comencen a rebatir o feito de que estares sometidos ás metrópolis sexa positivo.

    Campesinado

      • Son a gran masa da poboación

      • Viven explotados e non teñen conciencia de clase.

      • Viven moi dispersos.

    Proletariado

      • É un sector moi minoritario

      • Os colonizadores non admiten apenas industrias nas colonias evitando así a competencia coa industria da metrópoli.

    ¿ DE QUÉ MANEIRA SE REALIZABA A OPRESIÓN?

    Na creación e formación dos imperios coloniais, cada país participante no fenómeno colonial realiza un proceso diferente. Dende o caso inglés, de formación antiga (crea a súa área de influencia dende os tempos da decadencia española) ata o caso alemán (cuia entrada na carreira colonizadora desbaratará todo) cada país presenta uns motivos e unhas modalidades diferentes.

    Procesos de colonización

    A conquista: Non resulta difícil para países dotados de notables adiantos militares. A carón das tropas europeas, e de tropas especiais úsanse corpos armados indíxenas. O barco de vapor permite transportar tropas con relativa celeridade a calquer punto do globo. Os progresos na navegación foron moi valiosos para o descubrimento e a ocupación das colonias. Algunhas potencias teñen a forza suficiente para afrontar tarefas de ocupación en casi tódalas partes do mundo sin importar as distancias.

    A organización: plantexa diversos problemas administrativos. Non poden tomarse tódalas decisións dende a metrópoli, polo que se acumulan resortes e poderes nos gobernantes ou procónsules. Resucítase o sistema mercantilista de compañías privilexiadas: unha sociedade privada encargase de organiza-las colonias e de explota-los seus recursos. Non obstante, é máis frecuente a implantación da administración estatal, que presenta cadros administrativos indíxenas, y el protectorado, respeta ás autoridades locais reducindo o seu mandato á política interior, mentras as autoridades coloniais fanse cargo da política exterior do exército.

    A explotación: É a primeira preocupación pola cal nace o imperialismo. Prodúcese sempre unha asimilación aduaneira, os productos entre a colonia e a metrópoli circulan ceibes de aranceis, mentras as tarifas proteccionistas manteñen alonxados ós productos doutras nacións. A colonia atópase en situación de inferioridade, de proveedora de materias primas e compradora de productos industriais da metrópoli; non se lle permite industrializarse e vese obrigada a comprar productos transformados e que ela mesmo vendera previamente coma materia prima.

    ¿QUÉ PAÍSES FORON PARTÍCIPES DA OPRESIÓN?

    INGLATERRA

    Anticípase ás restantes potencias pois existe - a menor escala- dende os tempos da descomposición do Imperio Español. Hacia o ano 1850, Gran Bretaña dispón de:

    • Escalas comerciais por todo o mundo (creadas nos séculos XVII, XVIII e XIX): Corfú, Xibraltar...

    • Establecementos comerciais na costa africana coma antigos centros de escravos coma o de Gambia...

    • Colonias de prantación: Antillas, Honduras...

    • Colonias de poboación branca: Canadá, Australia, Nova Zelanda, África do Sur...

    • Colonias de explotación típica, por exemplo a India explotada pola Compañía das Indias Orientais...

    En 1878 Gran Bretaña ten unha extensión (sumando as colonias) de 22.5 millóns de kilómetros cadrados. As colonias proporcionan de todo: algodón na India, té en Ceilán,... pero a pesares de teres tantos territorios, hai unha colonia que sobresae por encima das outras e que vai a marcar moito a Inglaterra nesta etapa colonizadora. Trátase da India. Esta é o eixe do imperio. Un momento moi importante desta relación foi no que a raiña Victoria é coroada emperatriz da India; este acontecemento marcou un antes e un despois e desatou a paixón colonizadora dos ingleses. A presencia inglesa en todo o mundo cas súas colonias non resposta a outra cousa máis que a asegurar os seus puntos de suministro. Así, a principios do século XX o Reino Unido tendrá 33.5 millóns de kilómetros cadrados e unha poboación cercana ós 400 millóns de seres. Chegados a este punto, o imperio plantexase o cese da expansión e volta o seu ollar hacia Europa (a Alemania de Bismarck estalle pechando moitas portas nas relacións internacionais). Métese de novo no xogo político europeo uníndose a Francia e Rusia.

    No Imperio Británico pódense distinguir dous tipos diferentes de territorios:

    Dominios: Eran zonas de poboación, lugares preferidos polos emigrados de Inglaterra para instalarse de xeito definitivo. Disfrutan de ampla autonomía e tiñas institucións de goberno semellantes ás inglesas. Eran case totalmente ceibes en política interior, só un gobernador xeral representaba á Coroa. A política exterior estaba controlada pola metrópoli, aunque armonizados os distintos intereses destes territorios cos propios por medio das Conferencias Imperiais que reunían ó primeiro ministro inglés e ós dos distintos dominios. A súa estructura era prácticamente federal.

    Colonias de explotación: Suministran materias primas e carecen da autonomía política dos dominios. A India é a máis importante, dende mediados de século sustituese a administración da Compañía de Indias pola directa da metrópoli. Suministra a Inglaterra yute, trigo, té, aceites e algúns minerais.

    O mantemento de esta rede de colonias supuso a Gran Bretaña ter que controlar e participar en obras e acontecementos coma a creación de Canal de Suez.

    FRANCIA

    O imperio colonial francés, menor en extensión e máis disperso có británico e con menor potencial demográfico, cuenta con tres elementos de pulo: as sociedades xeográficas con vocación civilizadora, a lingua (considerada durante moitos anos como a única lingua culta) e a capacidade das finanzas de Francia. Ata 1870, Francia tan só tiña unha extensión de 1 millón de kilómetros cadrados. Ten, nembargantes, as súas colonias en África, en Oceanía... pero sin ter moi desenrolada esa política colonial. Non obstante todo esta cambiou a partires de 1873, unha vez que entra en xogo Napoleón III que ven coa intención de devolver a grandiosidade perdida ó imperio francés e pretende limar as perdas territoriais sufridas na guerra franco- prusiana (1870).

    Dende Túnez e os enclaves da costa atlántica africana, Francia comenza a súa expansión cara o interior do continente e choca cos intereses ingleses. Unha das súas pezas claves será a conquista da illa de Madagascar e tamén a incorporación do protectorado de Marrocos. Durante o Segundo Imperio Francés comenza a súa conquista de Oriente comenzando pola zona da Conchinchina. Ocupan partes de Vietnam e do Laos actual. Obteñen de estas colonias arroz e materias primas: carbón, estaño, zinc...

    Unha vez terminada esta etapa colonizadora Francia contará cunha extensión kilométrica de 10.5 millóns, crecendo proporcionalmente moito máis que Inglaterra.

    O discurso colonial francés, concebía como resultado final da sua misión “colonizadora”, non o autogoberno das zonas senón a completa asimilación da poboación colonial coma cidadáns franceses. Esta era a filosofía que inspirou a Conferencia de Brazzaville de 1944, na que, rexeitouse expresamente a posibilidade de descolonización para os territorios franceses en África. As recomendacións de Brazzaville plasmáronse na Constitución e posterior lexislación da Cuarta Republica, que suprimiron o traballo forzoso e o réxime de indigenat, e estableceron asambleas territoriais, coordinadas baixo a Unión Francesa, así como a representación dos territorios coloniais na Asamblea Francesa.

    O tan enunciado obxetivo da “asimilación” viuse en gran medida frustrado polos mecanismos da Unión Francesa que no fondo mantiñan a relación de subordinación das colonias, sin que se considerara francesas ás suas poboacións.

    As elites africanas francófonas participaron directamente na política nacional da metrópoli, e eso vinculounos afectiva e políticamente á cultura francesa máis do que o fixeron, por exemplo, os anglófonos.

    Se Francia opuso maior resistencia á idea dunha total retirada de África, tamén mostrou un maior compromiso, economía e políticamente cás suas colonias.

    BÉLXICA

    É un país imperialista que ten colonias de ”rebote”, tan só ten o Congo.

    HOLANDA

    Ten colonias, algunhas moi importantes coma Cidade do Cabo. Non obstante, vaina perder igual ca Ceilán. Ten outras colonias na Guayana, nas Antillas... non moi destacadas aunque co bo sistema de plantacións adicando todo o espacio a un único producto o que fai obter unha gran producción.

    PORTUGAL

    As vellas colonias que integraron o vello imperio portugués fóronse liberando, tan só lles queda Angola, Mozambique e algún que outro punto na costa.

    ESPAÑA

    Perde a súa hexemonía en 1898. A partires de esta perda busca novos territorios para resarcirse de tódolos problemas que lle aconteceron e tapar o fracaso, coma con Marrocos.

    Nin Bélxica, nin Portugal nin España promoveron apenas cambios na sua administración colonial ata que a oposición africana articulouse a finais dos anos 50.

    ITALIA

    Entra moi tarde no proceso, polo que os seus intentos fracasan, aunque consigue algunhas zonas en Eritrea e Somalia, ademáis de Libia.

    ALEMANIA

    Chegou tarde xa que o Canciller Bismarck consideraba prioritario consolida o país e posteriormente marcharse ó exterior. Alemania marcha fora pero con capitais privados de fabricas, industrias... Aunque ó final, o igual cos ingleses, o estado sexa el mesmo quen leve a batuta. Así entre 1890 e 1895, Alemania fai algunos protectorados: sudeste e sudoeste de África, Togo, Camerún... ademáis de aquelas colonias que merca: Illas Marianas e Carolinas...

    RUSIA

    Ten certos intereses pola zona dos Balcáns. Empeza a expandirse por zonas virxes, buscando fronteiras naturais. En 1850, comenza a súa expansión por Siberia, hacia o leste; simultáneamente vai haber outra expansión hacia o sudeste asiático.

    XAPÓN

    Diríxese hacia unha expansión que o leve ó continente. Ten conflictos con rusos, chinos...

    ESTADOS UNIDOS

    Ten unha dobre maneira de medrar. Por un lado, mediante a creación de imperios económicos. A outra, mediante a compra como no caso de Alaska, ou con tratados, coma con Colombia ou Panamá. Tamén o fan mediante a cesión de protectorados

    ¿QUÉ SUCEDEU CON ÁFRICA?

    África no século XIX é o continente no que confluien tódalas potencias colonizadoras. En 1880 era un continente descoñecido onde os europeos tan só ocupaban unha serie de posicións costeiras; sin embargo, en 1914, está todo o territorio completamente repartido entre as potencias europeas.

    A costa mediterránea parece ser unha zona reservada a Francia ata a aparición dos ingleses en Suez. Asemade, os franceses iniciaron a ocupación da costa alxeriana conseguindo instalar alí unha especie de protectorado.

    A presencia dos ingleses no canal de Suez prodúcese cando Exipto non pode paga-los intereses das accións inglesas e francesas do canal estando obrigado a confia-la xestión das súas finanzas ás duas potencias europeas.

    Nas costas occidentais tres ríos sinalan a penetración de tres países: os belgas polo Congo; os franceses polo Senegal, e os ingleses polo Níxer. As cuencas do Senegal e Níxer non teñen problemas, non obstante, a cuenca do Congo si os presenta. Na beira dereita están asentados os franceses y na desembocadura están instalados os portugueses. Esta problemática obriga a que no Congreso de Berlín se determine a existencia dun Estado Libre do Congo (controlado polos belgas).

    Na costa oriental non existían grandes estados, nin un comercio intenso, a excepción do márfil. Inglaterra desexaba establecer un protectorado en Zanzíbar. A zona norte queda, polo de agora, fora de todo movemento. Marrocos non será motivo de atención ata 1906 cá Conferencia de Alxeciras (que tentou soluciona-los problemas entre Francia e Alemania).

    A colonización francesa no continente negro fíxose en duas amplas zonas, que recibiron os nomes de África Occidental Francesa (AOF) e África Ecuatorial Francesa (AEF). Ambas áreas, formadas por diversos territorios, funcionaron como autenticas alfadengas.

    Ó acceder á independencia tales territorios, a súa configuración económica experimentou cambios considerables a partires de 1958. os países da antiga AOF mantiveron unha serie de institucións de cooperación, das cales a máis importante é a “Unión Económica y Monetario do Oeste Africano” (UEMOA), da cal forman parte Senegal, Burkina Faso, Benin, Costa de Marfil, Togo e Nixeria.

    Unha parte dos países da UMOA constituiron en 1974 a “Comunidade Económica do África Occidental (CEAO), con vistas á creación dun verdadeiro mercado común formado por Burkina Faso, Costa de Marfil, Nixeria, Senegal, Mali e Mauritania. E máis adiante, superados os anteriores recelos lingüísticos e das áreas monetarias- e a vista do relativo éxito acadado polo CEAO- o 30 de xuño do 1975 concluiuse en Lagos (Nixeria) un acordo moito máis amplo, para poder por en marcha a demoninada ECOWAS ( Economic Comunity of West African States) o CEDEAO. Dela son socios os membros da CEAO máis outros oito países do Afrecha Occidental: Gambia, Ghana, Guinea- Conakry, Guinea- Bissau, Liberia, Nixeria, Serra Leona e Togo.

    A ECOWAS persigue, entre os seus obxetivos, a cooperación en diversidade de áreas: agricultura, industria e enerxía, transporte, comercio, sistemas de telecomunicacións, recursos naturais, asuntos monetarios e financieiros e aspectos culturais e sociais.

    O volumen de comercio entre os membros da ECOWAS é pouco siñificativo, concentrado básicamente no petróleo nixeriano, os productos alimenticios e os textiles. Por zonas, os países francófonos manteñen relacións comerciais máis estreitas cos de fala inglesa. Costa de Marfil e Senegal son os máis dinámicos no área.

    As razóns que explican os baixos índices de comercio intra-ECOWAS son a escasa complementariedade, las deficiencias en transportes, as penurias das comunicacións e os sistemas de pago.

    ¿CALES SON AS CONSECUENCIAS DO COLONIALISMO?

    ECONÓMICAS

      • Creación de infraestructuras: portos, estradas, ferrocarrís...

      • Fomento dos cultivos:

    • Os europeos converten algúns países en monocultivos

        • Cacao en Nixeria

        • Café en Tanganika

        • Algodón na India

      • Establécese o sistema monetario

    DEMOGRÁFICAS

      • Alta natalidade

      • Baixa mortalidade

      • Os europeos levan mediciñas pero tamén enfermidades descoñecidas.

      • Créanse moitas cidades ó estilo europeo.

    INTELECTUAIS

      • Os misioneiros encárganse da educación nun principio.

      • Posteriormente, a ensinanza será a cargo dos países colonizadores.

      • Moitos países perden a súa lingua, cultura e raíces.

    ASPECTOS POSITIVOS

      • Expansión da mediciña.

      • Venta de materias primas.

    ASPECTOS NEGATIVOS

      • As vellas civilizacións son destruidas.

      • Non se fomentou a industrialización.

      • Nalgunhas zonas houbo segregación racial.

    Económicamente, as colonias foron para a metrópoli unhas sangrías de cuartos moi fortes, xa que facían falla estradas, vías ferroviarias... inda que, en contraposición, a rentabilidade destas infraestructuras fora altísima. As materias primas que necesitaba a metrópoli viñan das colonias, á vez ca atoparon nelas o mercado necesario para coloca-los seus excedentes. As colonias tamén sirven para poder aliviar a saturación de poboación que hai nas metrópolis. A nivel político fai que tódolos problemas desaparezan.

    Nas colonias xenéranse sociedades duais nas que conviven sistemas diferentes, tanto económicos coma políticos, etc... Hai unha nova xeografía, aparecen explotacións minerais, portos... atopándonos cunha nova economía que facilita o ingreso de cuartos (papel- moeda) inda que se dé un dualismo cultural que traerá problemas a estos pobos cando chegue o momento de camiñar independentemente e ser ceibes da opresión.

    ¿CÓMO SE RESTAURA UN POBO OPRIMIDO?

    Tralo periodo de resistencia primaria, no que literalmente loitase contra a intrusión extranxeira, ven o periodo segundo, é decir, de resistencia cultural, durante o cal realízanse esforzos para reconstituir esa comunidade pulverizada e salvar ou restaurar o sentimento de comunidade contra as presións do sistema colonial.

    A principal ensinanza do colonialismo é a da necesidade de atopar unha base ideolóxica que servira de sustento a unha unidade máis ampla cá coñecida ata aquel intre. Con moi poucas excepcións os pobos uníronse na afirmación da sua resistencia hacia o que percibían coma trato inxusto hacia eles; e sobre todo porque esa inxusticia sustentabase en ser eles quenes eran, é decir: non occidentais.

    Unha das primeiras tarefas da cultura da resistencia foi reclamar, volver a nomear e habitar a terra propia. Tamén a búsqueda de mitos e relixións. Xunto a tal imaxinería nacionalista de identidade descolonizada aparece sempre a recuperación da linguaxe nativa. A oposición a unha estructura dominante surxe cando unha serie de individuos e grupos, tanto alleos como integrados nela, toma unha conciencia case militante de que, como por exemplo, algunhos dos seus principios son erróneos.

    Unha das primeiras e quizais a máis famosa das criticas sistemáticas europeas - “Imperialism: A Study” (1902) de J. A. Hobson, ataca o imperialismo polo seu inhumano sistema económico, a sua exportación de capitais, a sua alianza con faccións despiadadas e a sua fachada de benintencionados pretextos civilizadores. Sen embargo o autor nesta obra non presenta ninguna obxeción á noción das “razas inferiores” concepto que él mesmo acepta.

    Na metrópoli non empezou a desenrrolarse un verdadeiro e siñificativo movemento anticolonialista ata que os nacionalistas e posteriormente os intelectuais e activistas expatriados se convertiron en protagonistas nos territorios imperiais.

    ¿CÓMO REMATA O COLONIALISMO?

    DECLARACIÓN SOBRE A CONCESIÓN DA INDEPENDENCIA ÓS PAÍSES E POBOS COLONIAIS.

    Resolución 1514 (XV) da Asamblea Xeral , do 14 de Decembro de 1960.

    Texto íntegro

    Teniendo presente que los pueblos del mundo han proclamado en la Carta de las Naciones Unidas que están resueltos a reafirmar la fe en los derechos fundamentales del hombre, en la dignidad y el valor de la persona humana, en la igualdad de derechos de hombres y mujeres y de las naciones grandes y pequeñas, y a promover el progreso social y a elevar el nivel de vida dentro de un concepto más amplio de la libertad,

    Consciente de la necesidad de crear condiciones de estabilidad y bienestar y relaciones pacíficas y amistosas basadas en el respeto de los principios de la igualdad de derechos y de la libre determinación de todos los pueblos, y de asegurar el respeto universal de los derechos humanos y las libertades fundamentales para todos sin hacer distinción por motivos de raza, sexo, idioma o religión, y la efectividad de tales derechos y libertades,

    Reconociendo el apasionado deseo de libertad que abrigan todos los pueblos dependientes y el papel decisivo de dichos pueblos en el logro de su independencia,

    Consciente de los crecientes conflictos que origina el hecho de negar la libertad a esos pueblos o de impedirla, los cual constituye una grave amenaza a la paz mundial,

    Considerando el importante papel que corresponde a las Naciones Unidas como medio de favorecer el movimiento en pro de la independencia en los territorios en fideicomiso y en los territorios no autónomos,

    Reconociendo que los pueblos del mundo desean ardientemente el fin del colonialismo en todas sus manifestaciones,

    Convencida de que la continuación del colonialismo impide el desarrollo de la cooperación económica internacional, entorpece el desarrollo social, cultural y económico de los pueblos dependientes y milita en contra del ideal de paz universal de las Naciones Unidas,

    Afirmando que los pueblos pueden, para sus propios fines, disponer libremente de sus riquezas y recursos naturales sin perjuicio de las obligaciones resultantes de la cooperación económica internacional, basada en el principio del provecho mutuo, y del derecho internacional,

    Creyendo que el proceso de liberación es irresistible e irreversible y que, a fin de evitar crisis graves, es preciso poner fin al colonialismo y a todas las prácticas de segregación y discriminación que lo acompañan,

    Celebrando que en los últimos años muchos territorios dependientes hayan alcanzado la libertad y la independencia, y reconociendo las tendencias cada vez más poderosas hacia la libertad que se manifiestan en los territorios que no han obtenido aún la independencia,

    Convencida de que todos los pueblos tienen un derecho inalienable a la libertad absoluta, al ejercicio de su soberanía y a la integridad de su territorio nacional,

    Proclama solemnemente la necesidad de poner fin rápida e incondicionalmente al colonialismo en todas sus formas y manifestaciones;

    Y a dicho efecto

    Declara que:

    1. La sujeción de pueblos a una subyugación, dominación y explotación extranjeras constituye una denegación de los derechos humanos fundamentales, es contraria a la Carta de las Naciones Unidas y compromete la causa de la paz y de la cooperación mundiales.

    2. Todos los pueblos tienen el derecho de libre determinación; en virtud de este derecho, determinan libremente su condición política y persiguen libremente su desarrollo económico, social y cultural.

    3. La falta de reparación en el orden político, económico, social o educativo no deberá servir nunca de pretexto para retrasar la independencia.

    4. A fin de que los pueblos dependientes puedan ejercer pacífica y libremente su derecho a la independencia completa, deberá cesar toda acción armada o toda medida represiva de cualquier índole dirigida contra ellos, y deberá respetarse la integridad de su territorio nacional.

    5. En los territorios en fideicomiso y no autónomos y en todos los demás territorios que no han logrado aún su independencia deberán tomarse inmediatamente medidas para traspasar todos los poderes a los pueblos de esos territorios, sin condiciones ni reservas, en conformidad con su voluntad y sus deseos libremente expresados, y sin distinción de raza, credo ni color, para permitirles gozar de una libertad y una independencia absolutas.

    6. Todo intento encaminado a quebrantar total o parcialmente la unidad nacional y la integridad territorial de un país es incompatible con los propósitos y principios de la Carta de las Naciones Unidas.

    7. Todos los Estados deberán observar fiel y estrictamente las disposiciones de la Carta de las Naciones Unidas, de la Declaración Universal de Derechos Humanos y de la presente Declaración sobre la base de la igualdad, de la no intervención en los asuntos internos de los demás Estados y del respeto de los derechos soberanos de todos los pueblos y de su integridad territorial.

    ¿CÓMO CONTINUA HOXE O IMPERIALISMO?

    O imperialismo non se converteu nalgo pasado, todo un legado de relacións une todavía a países como Alxeria e a India con Francia e Gran Bretaña, respectivamente. Unha extensa poboación de musulmáns africanos orixinarios dos antigos territorios coloniais reside na actualidade na Europa metropolitana.

    Cito a Noam Chomsky: “O conflicto Norte- Sur non decrecerá senón que deberán idearse novas formas de dominación para asegurar que os sectores privilexiados da sociedade industrial manteñan un control sustancial sobre os recursos mundiais, tanto humanos como materiais, e que gracias a este control beneficiaranse dun modo desproporcionado”.

    Os medios de comunicación desempeñan un extraordinario papel no proceso que Chomsky denomina “fabricación do consentemento”, e que consiste en facer que o norteamericano medio sinta que é cuestión deles arranxar os entortos e os males do mundo.

    ¿QUÉ É A GLOBALIZACIÓN?

    A globalización é hoxe en día un dos temas máis delicados. Aparece en tódolos debates públicos, sexan breves comentarios na televisión, consignas en carteis, sitios na rede, en periódicos, debates parlamentarios, directorios de empresa ou asambleas de traballadores... Seus adversario máis encendidos imputanlle o empobrecemento dos pobres do mundo, o enriquecemento dos ricos e a devastación do medio ambiente; mentras ca seus partidarios máis fervorosos considerana un xeito de poder acada-la paz e a prosperidade universais.

    A GLOBALIZACIÓN SEGÚN O BANCO MUNDIAL

    Curiosamente, tratándose dun termo de uso tan extendido, non existe, ó parecer, unha definición precisa e ampliamente aceptada. De feito, a variedade de siñificados que se lle atribuien parecen ir en aumento en lugar de reducirse có paso do tempo, e adquiren connotacións culturais, políticas e de outra índole, ademais da económica. Sen embargo, o concepto máis común ou básico de globalización económica seguramente é o feito de que nos últimos anos aumentaron vertixinosamente a parte das relacións económicas de diferentes países. Este incremento das actividades económicas transfronteirizas asume distintas formas:

    Comercio internacional: dáselle ás importacións doutros países unha proporción crecente do gasto en bens e servicios; y outra proporción crecente da producción dos países véndese ó extranxeiro en calidade de exportacións. Nos países ricos a proporción do comercio internacional aumentou dun 27% no 1987, a 39% en 1997. Nos países en vías de desenrolo subiu do 10% ata o 17%.

    Inversión Extranxeira Directa (IED): as empresas asentadas nun país invirten cada vez máis en establecemento e funcionamento noutros países. En 1998, firmas estadounidenses invertiron no exterior cerca de 133.000 millóns de dólares e empresas extranxeiras invertiron 193.000 millóns de dólares nos USA. En todo o mundo as correntes de IED triplicáronse con creces na década entre 1988 e 1998. Os países en vías de desenrolo recibiron, como promedio, alrededor dunha cuarta parte das correntes da IED movilizadas en tódolo mundo. Hoxe en día, esta é a forma máis cuantiosa de transferencias de capitais privados hacia os países en vías de desenrolo.

    Correntes dos mercados de capitais: en moitos países (especialmente nos industrializados) os asesores diversifican cada vez máis as suas carteiras para incluir activos financieiros extranxeiros (bonos, capitais e prestamos no exterior) e os prestatarios, tamén en grado crecente, recurren a fontes de fondos externos, ademáis das internas. Se ben a afluencia de capitais desta clase hacia os países en desarrollo tamén aumentou considerablemente durante os anos noventa, foi moito máis inestable cás correntes comerciais ou de IED; asimesmo, limitouse a un grupo reducido de países que constituen os “mercados emerxentes”.

    É crucial que unha análise da globalización distinga entre as distintas formas que esta asume. O comercio internacional, a inversión extranxeira directa e as correntes do mercado de capitais plantexan cuestións distintas e teñen consecuencias diferentes: posibles beneficios por un lado, e costos e riscos por outro que requiren evaluacións e respostas normativas diferentes. En xeral, o Banco Mundial inclínase a favor dunha maior apertura para o comercio e a IED porque as evidencias suxiren que os beneficios en materia de desenrolo económico e a reducción da pobreza tenden a ser relativamente maiores cós risco ou costos posibles inda que tamén se preste atención a políticas concretas para atenuar ou aliviar esos costos ou riscos.

    O Banco Mundial é máis cauteloso respecto da liberalización doutras correntes financieiras ou dos mercados de capital, cuia extrema inestabilidade moitas veces pode fomentar ciclos de auxe e quebra e tamén crisis financieiras con enormes custos económicos.

    A medida de participación dos distintos países na globalización tamén dista de ser uniforme. Para moitos dos países menos desenrolados o problema non consiste en que a globalización os empobreza senón que se atopan en perigo de quedar case totalmente excluidos dela. En 1997, a participación deses países no comercio mundial era de apenas o 0.4%. Seu acceso ás inversións extranxeiras privadas segue sendo insiñificante. Lonxe de condenar a eses países a que sigan consumidos no illamento e a pobreza, urxe que a comunidade internacional os axude a incorporarse en maior grado á economía mundial, brindándolles asistencia para axudalos a formar as institucións e as políticas de respaldo necesarias e a continuar mellorando o seu acceso ós mercados mundiais.

    É importante que se comprenda que a globalización económica non é unha tendencia totalmente nova. De feito, en un plano básico, foi un aspecto presente na historia da humanidade dende as épocas máis remotas, a medida que certas comunidades ampliamente esparcidas polo mundo foron establecendo relacións económicas cada vez máis amplas e complexas. Na era moderna, a globalización tivo un florecemento temprano hacia os fins do século XIX, que abarcou ós países que hoxe en día son ricos, para moitos dos cuais as correntes de comercio e capitais en relación co PIB chegaron a ser similares ou superiores ás que rexistran na actualidade. Ese apoxeo da globalización declinou na primeira métade do século XX época que se caracterizou polo aumento do proteccionismo dentro dun marco de contendas nacionais e entre as grandes potencias aconteceron guerras mundiais, revolucións, o auxe das ideoloxías autoritarias e unha vasta inestabilidade económica e política.

    Nos derradeiros cincuenta anos reapareceu a tendencia hacia unha maior globalización. As relacións internacionais foron máis tranquilas (polo menos en comparación coa primeira metade do século) respaldadas pola creación e a consolidación do sistema das Nacións Unidas como medio para a solución pacífica das diferencias políticas entre os estados, e tamén de institucións coma a OMC (Organización Mundial de Comercio) que ofrecen unha estructura normativa para que os países administren as suas políticas comerciais. O fin do colonialismo incorporou numerosos actores novos e independentes á escea mundial, limpiando ó mesmo tempo unha mácula vergoñenta asociada ó anterior proceso de globalización ocurrido no século XIX.

    O ritmo da integración económica internacional aumentou nos derradeiros anos a medida que en tódalas partes os gobernos foron reducindo as barreiras políticas que obstaculizaban o comercio e as inversións internacionais. A apertura hacia o mundo exterior formou parte dunha volta máis ampla hacia unha maior dependencia dos mercados e da empresa privada, especialmente a medida que moitos países en vías de desenrolo e comunistas foron comprobando que o alto grado de planificación e intervención do goberno non rendía os resultados desexados en materia de desenrolo económico.

    As veces o termo “globalización” emprégase nun senso económico moito máis amplo, coma outro nome do capitalismo ou da economía de mercado pero esto non é correcto.

    A globalización ofrece moitas oportunidades pero tamén entraña riscos. As autoridades internacionais, nacionais e locais, ó mesmo tempo que aproveitan as oportunidades de aumentar o crecemento económico e mellorar as condicións de vida que brinda unha maior apertura, tamén se ven ante a exisencia de reducir os riscos para os pobres e marxinados e de incrementar a equidade e a inclusión.

    Se ben a escala mundial a pobreza tende a disminuir, pode haber aspectos rexionais ou sectoriais que esixen a atención da sociedade. Tempo atrás, as forzas da globalización, entre outras, axudaron a un melloramento impresionante do benestar social, que incluiu o rescate de millóns de persoas da opresión da pobreza. Con vistas o futuro, esas forzas deberían seguir rendindo grandes beneficios para os pobres, pero a magnitude deses beneficios tamén dependerán decisivamente de factores como a calidade das políticas macroeconómicas globais, o funcionamiento das institucións, tanto formais como informais, a estructura de activos existentes e a dispoñibilidade de recursos, entre moitas outras. Para chegar ós métodos xustos e viables de atención a estas necesidades humáns reais, os gobernos deben escoitar as voces de tódolos seus cidadáns.

    A triste realidade é que a globalización económica, en lugar de brindar beneficios para todos, trouxo ó planeta ó borde da catástrofe ambiental, en medio dunha axitación social sen precedentes, coa economía da maioria dos países feita trizas, e un aumento da pobreza, a fame, a carencia de terras, as migracións e a dislocación social.

    Nos albores do século XXI a pobreza constitue o problema de maior magnitude ó que se enfrenta o mundo. Esta redúxose cunha lentitude inquietante no transcurso dos derradeiros dez anos. O numero de persoas que en todo o mundo viven con 1 dólar ó día ou menos disminuiu lixeiramente dunhos 1.300 millóns en 1990 a 1.200 millóns no ano 1999. Debido a que no mesmo periodo a poboación dos países en desenrolo aumentou, a proporción de quenes viven na pobreza (o índice de pobreza) disminuiu de xeito algo máis pronunciado do 29% ó 24% (véxase o cadro adxunto). A tendencia respecto das persoas que viven con 2 dólares ou menos por día tamén foi similar: as cifras absolutas aumentaron lixeiramente, de 2.700 millóns en 1900 a 2.800 millóns no ano 1998, e o índice de pobreza redúxose do 62% ó 56%.

    'Espacios e sociedades'

    A reducción da pobreza tamén se caracterizou por grandes disparidades. Disminuiu na maioría dos países do este de Asia, cuios 1.800 millóns de habitantes representan máis dun tercio da poboación das nacións en vías de desenrolo, onde o índice de pobreza redúxose case a metade e o numero de persoas que gaña 1 dólar ou menos ó día disminuiu uns 174 millóns, configurando a reducción da pobreza máis rápida e de maior magnitude da historia. Se ben gran parte de esta disminución tivo lugar en China, a mayoría dos países da rexión tamén participaron nela. En 1998, a pobreza aumentou nos países castigados pola crise financieira, inda que en menor grado que o temido inicialmente. A reanudación do crecemento que se rexistrou na rexión en 1999, dunha puxanza imprevista, espertou a esperanza de que tamén se reanude a tendencia histórica á disminución da pobreza en Asia oriental.

    Nas demais rexións en desenrolo os resultados que atañen á pobreza foron moito menos auspiciosos e o número de persoas que subsisten con menos de 1 dólar por día aumentou en todas. En Asia meridional, onde reside máis dunha cuarta parte da poboación do mundo en desenrolo, o índice de pobreza experimentou unha modesta declinación. En América Latina, África e Oriente Medio as tasas en xeral cambiaron pouco. En Europa e Asia central aumentou considerablemente o número de pobres e dos índices de pobreza, especialmente nos países embarcado nunha difícil transición do socialismo á economía de mercado.

    ¿Por qué existen diferencias tan grandes en canta á reducción da pobreza do mundo en desenrolo e qué relación gardan esas diferencias coa globalización? Parte da resposta ó primeiro interrogante é que o crecemento económico, ou sexa, o ritmo de aumento da producción total de bens e servicios na sociedade, influe sensiblemente na pobreza. Na gráfica anterior, pode observarse en que medida durante o decenio de 1990 o ritmo de reducción da pobreza nas distintas rexións en desenrolo, relacionouse co crecemento. A maior reducción da pobreza foi para Asia oriental, a rexión de máis rápido crecemento, e máis considerable o seu aumento na antiga Unión Soviética, donde foi maior a caída do ingreso per cápita.

    Na pobreza influen, por suposto, moitos factores ademáis do crecemento. A pobreza, por exemplo, pode aumentar inda que haxa crecemento, porque se incrementa a desigualdade.

    Nos estudos de hoxe en día observase que a maior apertura do comercio internacional surte un efecto positivo no ingreso per cápita dun país. O comercio facilita que unha economía faga mellor uso dos seus recursos, ó permitir a importación de bens e servicios a un costo máis baixo co da sua producción no país. O comercio, en particular, habilita ós países en densenrolo para importar capita, equipos... que son fundamentais para o crecemento a longo prazo, pero cuia producción no ámbito interno sería moi cara ou imposible. Dende esta perspectiva, as exportacións constituen un precio que paga a economía do país polo acceso a esas importacións valiosas. Outros beneficios posibles son unha competencia máis intensa, que obriga ás firmas locais a traballar con máis eficiencia que cando operan baixo protección doutros.

    ¿Cómo influe unha maior liberalización comercial nos ingresos dos pobres? En que un nivel medio de ingresos máis alto nun país, xeralmente equipárase a un maior nivel de ingresos dos pobres. Este aumento dos ingresos está orixinado nun incremento do comercio. Noutras palabras, xeralmente o efecto do comercio nos ingresos dos pobres é o mesmo ca nos ingresos per cápita.

    O Banco Mundial intentou demostrar que o numero de persoas no mundo que vive na pobreza absoluta ven reducindose sistemáticamente gracias as medidas adoptadas que se supón que “funcionan” ou “van por bo camiño”. Os Informes sobre o Desenrolo no Mundo anuales do Banco son a fonte habitual de cifras sobre a pobreza, e dado que o Banco ten o maior negocio de investigación especializada do planeta, case todo o mundo cree o que di.

    A estas alturas é obvio decir que as premisas feitas polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional acerca de que o libre mercado xeneraría unha etapa de crecemento económico con equidade a partir dos anos 90 non se lograron. O peor de todo, é que a situación actual da pobreza e a desigualdade tende a aumentar e a reflexarse nun aumento da degradación do medio natural e antrópico.

    O Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Internacional para a Reconstrucción e o Desenrolo ((BIRD) teñen a sua orixe na conferencia internacional de Bretón Woods, celebrada en 1944, inda que foron fundados oficialmente o 24 de decembro do 1945. En 41960 creouse a Asociación Internacional de Desenrolo (AID), destinada a otorgar créditos brandos ós países que non podían acceder ós prestamos do BIRD. O Banco Mundial (BM) esta formado polo BIRD e máis o AID. Ademáis conta con duas filiais: a Corporación Financieira Internacional, que presta cartos a empresas privadas dos países que reciben créditos do BM, e a Axencia Multilateral de Garantía de Inversión (AMGI), que fomenta a inversión extranxeira nos países do sur.

    Nun principio, o BM tivo como obxetivo conceder créditos ás nacións europeas para a sua reconstrucción na posguerra, pero en 1948 comenzou a prestar cartos a países do sur- moitos deles colonias por aquel entonces das potencias europeas- para “contribuir ó seu desenrolo”. Pola sua parte, o FMI encargaríase de velar pola estabilidade do sistema financieiro internacional, evitando as políticas de devaluacións competitivas e de barreiras arancelarias que foran moi perxudiciais para a economía internacional entre os anos 1929 e 1939.

    O BM é propiedade de todolos seus países membros, que deben se-lo tamén do FMI. Cando se incorporan, garanten unha suscripción de capital que depende da riqueza de cada un. Esto determina o numero de votos que obtén cada Estado. Así, por exemplo, os Estados Unidos controlan máis do 17% dos votos, namentres que, xuntos, 45 países africanos sómentes controlan o 4%. A distribución de votos no FMI segue a mesma dinámica: o G-8 (grupo que controla ós oito países máis industrializados do mundo) e os países da Unión Europea disponen do 56% dos votos na xunta executiva, cando sólo representan ó 14% da poboación mundial. As decisións da ambas institucións están de este xeito determinadas polos intereses das grandes potencias.

    Pola sua parte, o FMI ven centrando os seus esforzos en propiciar que os países endeudados paguen as suas débedas ós grandes bancos comerciais- que comenzaron a participar na financiación dos países empobrecidos na década dos 70- a través de pequenos prestamos destinados a facer frente ós interesesda débeda. Pero ó igual que o BM, o FMI exise ós países receptores dos prestamos estrictas reformas estructurais, derivadas dun dos principais eixes nos que se basa a sua política: a consecución do equilibrio das balanzas de pagos, é decir, dos fluxos financieiros de cartos entrantes e saintes (feito moi difícil este para os países máis pobres)

    Pero o FMI e o BM non somentes obvian as estructuras sociais dos países do Sur. Os efectos das suas políticas son, en demasiadas ocasións, devastadoras para o seu medio ambiente. O exemplo de Benin é, neste senso, moi siñificativo. Na década dos 90, o FMI promoveu as exportacións de aceite de palma, obrigando ó país a erguer as restriccións á inversión extraxeira no sector, dentro da sua estratexia para reflotar a economía de Benin. Efectivamente, as exportacións deste producto duplicaronse entre 1991 e1997, pero como contrapartida, os bioloxicamente ricos bosques do país rexistraron un serio proceso de destrucción: os graves incendios que sufriron nos derradeiros anos no foron accidentais, senón que en moitos casos foron provocados co propósito de despexar terreos forestais para adicalos ó cultivo da palma. Outro dos efectos das políticas das institucións de Bretón Woods foi a reducción das partidas destinadas polos gobernos á protección do medio ambiente.

    Un dos derradeiros programas do FMI e do BM é a chamada Iniciativa para os Países Pobres Altamente Endeudados (HIPC, en inglés), cuio obxetivo oficial é reducir a débeda deses países a un nivel sostenible, así como proporcionar recursos que contribuian ó seu desenrolo económico e social. Sobre o papel, a HIPC constituia, por primeira vez en moitos anos, unha esperanza para os países empobrecidos, xa que propuña un marco de traballo integrador e un acordo que implicaria a acreedores multilaterais.

    Pero esta esperanza viuse frustrada, unha vez máis, pola su posta en practica, a causa das duras condicións económicas fixadas por estas institucións para empezar a negociar e polo moito que se lle dilatan os prazos entre a negociación de débeda e a sua condonación efectiva. Outro dos problemas que plantexa o HIPC é que mide a capacidade de pago de cada país en función da tasa débeda- exportación, cando esta variable debería depender do peso que a débeda ten nos presupostos de cada Estado e, máis concretamente, nos cartos que se apartan das iniciativas publicas dirixida a reducir a pobreza. Máis da metade da poboacion dos países altamente endebedados sobrevive con menos de un dólar diario; un de cada seis nenos morre antes de cumplir os cinco anos por enfermedades relacionadas coa pobreza, e os niveis de escolarización son mínimos. Pretender que os seus gobernos empreguen máis cartos en pagar a débeda que en atender ás necesidades básicas da educación e saude é intolerable e contradice os obxetivos da HIPC.

    Zambia é un dos países incluidos na iniciativa. Nos tres anos posteriores ó alivio da débeda propiciado pola HIPC, empregará o 40% dos ingresos do Estado en paga-la débeda. Máis da metade da sua poboación vive por debaixo do umbral da pobreza, a proporcion de nenos afectados pola malnutrición crónica aumentou nos anos 90 do 39% ó 53% e ten un dos niveis de SIDA máis altos do mundo. En Senegal, tamén incluido na HIPC, o goberno terá que destinar ó pago de débeda unha cantidade que equivale ó dobre da partida destinada á educación primaria e a sanidade, o cal pondrá en perigo o seu propósito a aplicar ambiciosas reformas nestos dous campos para beneficio da sua poboacion. Vemos pois que o compromiso do FMI e do BM coa reducción real da pobreza é pura falacia.

    OUTRA VISIÓN DA GLOBALIZACIÓN

    A globalización é un fenómeno de carácter internacional: a sua acción consiste principalmente en lograr unha penetración mundial de capitais (financieiros, comerciais e industriais), permite que a economía mundial moderna abra espacios de integración activa que intensifiquen a vida económica mundial e surxe como consecuencia da internacionalización cada máis acentuada dos procesos económicos, os conflictos sociais e os fenómenos político- culturais.

    Foi definida como o proceso de desnacionalización dos mercados, das leis e da política no senso de interrelacionar pobos e individuos por o ben común. Inda que pode ser discutible que elo leve a este ben, pode definirse como a fase en que se encontra o capitalismo a nivel mundial, caracterizada pola eliminación das fronteiras económicas que impiden a libre circulación de bens e servicios e fundamentalmente de capitais.

    Tamén é un proceso histórico, o resultado da innovación human e o progreso tecnolóxico. Refírese á prolongación máis alá das fronteiras nacionais, á creciente interdependencia entre os países, á crecente integración das economías de todo o mundo (esto en tódolos niveis da actividade económica humana), especialmente a través do comercio e os fluxos financieiros, abarca ademáis aspectos culturais, políticos e ambientais máis amplos.

    Entón podemos decir que a globalización é un concepto que pretende describir a realidade inmediata como unha sociedade planetaria, máis alá das fronteiras, barreiras arancelarias, diferencias étnicas, credos relixiosos, ideoloxias políticas e condicións socio-económicas ou culturais, ou sexa un intento de facer un mundo que non este fraccionado, senón xeneralizado, no que a maior parte das cousas sexan iguais ou siñifiquen o mesmo.

    O PROCESO DA GLOBALIZACIÓN

    Dende o punto de vista económico, a globalización é un proceso de integración dos mercados a escala mundial. Para elo, foi indispensable a formación de bloques económicos orientados baixo a lóxica de libre comercio, co fin de reproducir o capital. Este proceso, implica a crecente interconexión dos mercados de todo o mundo. De ese modo, os eventos, crisis do sistema económico... cada vez afectan con mayor velocidade e forza a tódolos países do mundo.

    No campo social, implica a reducción das distancias entre tódolos países. Soga un papel primordial o desenrolo das comunicacións, exemplo delo é o uso de Internet.

    Ese proceso tomou maior forza a partires do fin da guerra fría, feito que permitiu que o poder e as relacións económicas estén dominadas polos Estados Unidos, pero esta hexemonía enfrentase hoxe a bloques como a Unión Europea, e outros bloques en Asia, América Latina e África.

    CARACTERÍSTICAS DA GLOBALIZACIÓN

  • Tratase dun proceso universal, pois afecta a tódolos países do planeta, independentemente da posición que ocupen dentro da economía mundial e do seu orden político.

  • O existir un proceso irreversible de integración dos mercados, pártese da existencia de países mellor posicionados que outros, e decir, que a sua natureza económica e excluinte, porque aquelas nacións o rexións que non poden ser competitivas, quedaran a saga do desenrolo.

  • Ó ser os mercados os elementos primordiais da globalización, o Estado como unidade política e como espacio no cal se desenrola o goberno e a soberanía dos países, queda en segundo plano.

  • Como os mercados son os que rixen as relacións entre os países e rexións, a capacidade de consumo determinara o seu valor en detrimento da condición humana. Por esa razón dícese que a globalización é deshumanizante.

  • A globalización esta cimentada polos Medios Masivos de Comunicación, e a sus influencia é sobre os aspectos socio÷culturais, políticos e económicos dos involucrados (o mundo enteiro, noutras verbas), porque permiten difundir ideas a centos ou miles de millóns de persoas.

  • Os mercados, o capital, a producción, a xestión, a forza de traballo, a información, o coñecemento e a tecnoloxía organízanse en fluxos que atravesan as fronteiras nacionais.

  • A competencia e as estratexias económicas, tanto de grandes como de pequenas e medianas empresas, tenden a definirse e a decidirse nun espacio rexional, mundial ou global.

  • A globalización empuxa ás empresas e mercados a organizarse en redes estreitamente hilvanadas a escala planetaria.

  • A ciencia, o coñecemento, a información, a cultura, a educación, etc, tenden a escapar dos limites ou controis nacionais e han de asumir, ó igual cos mercados, unha lóxica de rede transnacional e global.

  • CAUSAS DA GLOBALIZACIÓN

  • A importancia das multinacionais. As empresas requiren o apoio dos seus Estados para o finaciamento da infraestructura científica e tecnolóxica, os incentivos fiscais, un acceso privilexiado ós mercados públicos, e protección nas negociacións comerciais. Simultáneamente a mesma lexitimidade política do Estado depende da sua capacidade para atraer ós capitais financieiros e as empresas innovadoras e creadoras de emprego.

  • A revolución tecnolóxica nos procesos productivos, a información, as telecomunicacións e o transporte. O sistema de producción flexible permite combinar as ventazas da producción artesanal (calidade do producto)con aquelas da producción en masa (velocidade e baixos costos unitarios). O modelo basase máis na organización (traballo e producción) que na capacidade técnica.

  • O predominio da esfera financieira. Un reducido numero de operadores controla as transaccións sobre o conxunto de mercados mundiais interconectados por un sistema que permite executar ordes de compra e venta en tempo real.

  • VENTAXAS DA GLOBALIZACIÓN

  • Reducción de costos: a globalización pode reducir os costos mundiais de diferentes xeitos:

  • Economía de escala: pódense realizar aunando a producción ou outras actividades para dous ou máis países.

  • Costo máis baixo de factores pódense lograr levando a manufactura ou outras actividades a países de baixos costos.

  • Producción concentrada: pódese explotar pasando a producción dun sitio a outro en breve plazo, a fin de aproveitar o costo máis baixo nun momento dado.

  • Aumento de poder negociador: cunha estratexia que permita trasladar a producción entre múltiples sitios de manufactura en diferentes países, aumentase grandemente o poder negociador dunha compañía cos proveedores, os traballadores e os gobernos.

  • Calidade mellorada dos productos e os programas: a concentración nun número menor de productos e programas, en lugar dos moitos productos e programas que son típicos cunha estratexia multilocal, pode mellorar a calidade tanto dos productos como dos programas.

  • Máis preferencia dos clientes: unha estratexia global ofrece máis puntos de ataque e contraataque contra os competidores

  • Os mercados son cada vez máis vastos en todo o mundo gracias á globalización e é posible beneficiarse dun maior acceso ós fluxos de capital e á tecnoloxía, e tamén de importacións máis baratas e a mercados de explotación máis amplos. Pero os mercados non garanten necesariamente que esta maior eficiencia beneficiará a todos. Os países deben estar dispostos a adoptar as políticas necesarias, no caso dos países máis pobres, posiblemente necesiten o respaldo da comunidade internacional a tal efecto.

  • Abre posibilidades para que as economías desenroladas melloren a sua eficiencia e a sua productividade e permite ás economías en vías de desenrolo mellorar o nivel de vida da sua poboación.

  • En canto o traballo, vanse a crear moitas novas empresas que crearán emprego según o coñecemento das persoas. A globalización implica adaptarse a novos criterios de división do traballo.

  • CONSECUENCIAS DA GLOBALIZACIÓN

  • Os costos laborais: o máis importante neste aspecto, é o desnivel destes costos nos países desenrolados respecto ós que están en vías de desenrolo, como a sua enorme variación nos derradeiros 10 anos. Esto explicase pola continua devaluación do dólar nos derradeiros 20 anos e en menor medida a razóns históricas coma conflictos sociais, etc...

  • Os costos impositivos: a diferencia relativa entre os impostos que gravan as ganancias das empresas, teñen moitas diverxencias entre os países en desenrolo e os desenrolados, debido en grande medida ás exencións de impostos que moitos países en vías de desenrolo otorgan as súas zonas francas. A liberalización comercial basada na reducción arancelaria, pedra angular do sistema, non se aplica a tódolos sectores por igual sobre todo ós productos que máis interesan ás economías dos países do sur como poden ser os textiles, agrícolas, servicios... Estos están suxeitos a importantes barreiras arancelarias, e incluso a non arancelarias.

  • Áumento dos gastos de administración: a globalización pode causar gastos administrativos cuantiosos polo aumento de coordinación e pola necesidade de informar, e incluso polo aumento de personal. A globalización tamén pode reducir a eficacia da administración en cada país si a excesiva centralización perxudica a motivación local e fai baixar a moral.

  • Menor sensibilidade ás necesidades dos clientes: a estandarización de productos pode dar por resultado un producto que non deixe clientes plenamente satisfeitos en ninguha parte.

  • Os productos básicos e as materias primas dos países máis pobres e a súa maior fonte de ingresos, están sometidos a unha constante inestabilidade de precios e xeralmente a tendencia é sempre á baixa.

  • O avance das multinacionais que subordinan os seus propios intereses tódolos elementos do país ou rexión onde se establezan, ignorando calquer situación ou necesidade destas zonas deprimidas.

  • As PYMES dos países en desenrolo, ó perder competividade respecto ás multinacionais, perden cuota de mercado véndose obrigadas a entrar no seu circuito perdendo así o seu propio proceso productivo e aumentando entón a sua dependencia.

  • A liberalización financieira que permite os fluxos especulativos e volátiles sobre os que os países en vías de desenrolo non teñen control xenerou unha inestabilidade na economía internacional cuios resultados foron especialmente desastrosos para eles.

  • Os Estados teñen que facer frente ás consecuencias negativas que xeneraron os comportamentos especulativos de grupos particulares.

  • ¿É A GLOBALIZACIÓN CAUSANTE DO DEGRADAMENTO MEDIOAMBIENTAL?

    Algúns críticos afirman que si o incremento do comercio e das inversións extranxeiras directas estimula unha mayor tasa de crecemento nos países en vías de desenrolo, esto debe provocar unha maior cantidade de contaminación industrial e de degradación do medio ambiente. Obsérvase que algúns axentes contaminantes como as emisións de partículas ácidas manteñen unha relación de “curva en U invertida” en relación cos ingresos do país en cuestión: a contaminación aumenta a medida cós países pasan dun nivel de ingresos baixos a medios, antes de voltar a disminuir cando os países chegan a un nivel de ingresos altos.

    'Espacios e sociedades'

    O debate sobre o medio ambiente sempre tivo un papel fundamental. Dende a aparición das primeiras criticas á industrialización polos seus efectos nocivos sobre a natureza e o ambiente en xeral, non se deixou de discutir acerca do valor que ten a preservación e conservación dos recursos naturais renovables e non renovables que ten o noso planeta, así como da influencia destos recursos na calidade de vida da poboación. Un exemplo claro desto atópase na nova noción do termino desenrolo. Se ben o desenrolo conceptualizouse nun primer momento como crecemento económico, máis tarde incluironse nel elementos relacionados coa distribución dos ingresos e da xusticia social. Agora é a conservación do medio ambente o novo punto engadido. É así como nos atopamos có concepto de desenrolo sosteñible, o cal implica o crecemento económico, co resguardo dos aspectos sociais e a conservación dos recursos naturais.

    Este concepto ten severas implicacións para os países pobres en tanto o modelo de desenrolo a seguir. Se partimos da idea de que o desenrolo é algo desexable e un obxetivo a alcanzar para os nosos países, atopámonos que este modelo é inviable para as zonas máis desfavorecidas.

    Nos países pobres onde a maioria das terras está en mans de grandes propietarios, a producción agrícola é inferior, os precios dos alimentos son máis altos é, ademáis, obrígase ós pobres que teñen poucas terras ou ningunha a sobreexplotar seu limitado medio ambiente. A deforestación e a desertización son perxudiciais para todos. Ó aumentar o calentamento global e as presións da poboación.

    Nos países onda hai grandes desigualdades, as persoas teñen menos cultura e menos saude porque seus gobernos están menos dispostos a permitir que se grave con impostos ós ricos e que se redistribuian os recursos. Esto, a sua vez, impide a formación de “capital humán” (termo empregado por economistas ós que lles gusta chamar ás persoas fácilmente contratables e productivas) que é escaso e lento. Ademáis, as mulleres sen educación teñen moitos máis fillos ca as mulleres con educación, e así se alimenta o ciclo da desigualdade, perpetuando a proporción dun gran numero de pobres frente a un numero reducido de ricos.

    O Norte desenrolado non quere asumir as suas responsabilidades na destrucción e na explotación dos pobos do Sur, negándose a facer ningunha concesión sustancial (débeda externa, comercio internacional, patentes, axuda ó desenrolo, reducción das emisións de CO...), e a cambiar o seu insosteñible modo de vida. Ás elites que gobernan o sur tampouco lles interesa que algo cambie. Elas son o Norte do Sur, e non están dispostas nin a redistribuir máis equitativamente as rentas e as terras, nin a democratizar os seus países, nin a respetar os dereitos humáns, nin a acabar coa corrupción, nin a frenar a destrucción dos seus ecosistemas. As élites do Norte e do Sur ofrecen coma única alternativa a liberalización do comercio, a pesar de que a experiencia demostra que con máis comercio agrándanse as diferencias entre ricos e pobres, destruiense as economías locais e millóns de empregos, aumenta a contaminación (máis transporte), a destrucción de habitats (facendo infraestructuras coma aeroportos, autopistas...) e a perda da biodiversidade (monocultivos para a exportación, embalses para producir electricidade, minería). A especie humana, sobre todo os ricos do norte, xa consume directa ou indirectamente o 40% da producción neta de biomasa terrestre.

    O dióxido de carbono presente na atmósfera incrementouse nun 30% respecto ó século XIX, e hoxe engadimos cada ano máis de 8.000 millóns de toneladas de dióxido de carbono (CO) acelerando o cambio climático, o que tamén contribuie o metano, o oxido nitroso e os clorofluorocarbonos (CFC). O cambio climático afecta de xeito moi grave ós ecosistemas, á agricultura, á pesca e ós bosques. Miles de especies de animais e prantas poden desaparecer, o non poder afrontar o aumento da temperatura, ha subido no nivel do mar e os cambios nas precipitacións. A sociedade industrial esta realizando un enorme e irresponsable experimento coa biosfera.

    Frenar o cambio climático require unha disminución drástica das emisións dos gases causantes do efecto invernadoiro y par elo hai que frenar a deforestación e o consumo de combustibles fósiles, aumentar a eficiencia enerxética, basar o sistema enerxético nas fontes renovables e eliminar os CFC, entre outras medidas. Combatir e frenar o cambio climático supón unha autentica revolución no consumo e no xeito de producir, necesario pero extraordinariamente difícil, dados os intereses das grandes multinacionais e os hábitos consumistas dunha parte da poboación, sobre todo nos países industrializados, como mostra a negativa da administración do señor George Bush a ratificar o Protocolo de Kioto.

    causas da deforestación

    consecuencias da deforestación

    • crecemento rápido da población

    • falta de terras agrícolas

    • expansión da gandeiría

    • falta de oportunidades de traballo

    • sobrecorte de madeira de leña

    • malas prácticas de explotación forestal

    • construcción de encoros e minas

    • aumento da erosión del chan

    • continuación da pobreza

    • pérdida de productos forestais valiosos

    • pérdida de combustible

    • pérdida de diversidade biolóxica

    • inundacións nas cuencas sobrecortadas

    • cambios climatolóxicos a nivel local e mundial.

    A auga, recurso escaso e cada vez máis contaminado, pode chegar a causar serios conflictos. O 70% da poboación mundial carece de auga potable, as augas contaminadas ocasionan cada ano a morte de 12 millóns de persoas. Na actualidade 45 países do sur sufren a escasez de auga doce, agravándose o problema de ano en ano, a medida que medra a poboación e o consumo. Os miles de encoros construidos (entre os anos 1950 e 1986 construíronse 31.059 presas de máis de 15 metros de altura) mergullaron 600.000 kilómetros cadrados e, xunto cos pozos, os trasvases e os regadíos (máis de 280 millóns de hectáreas), alteraron os ciclos hidrolóxicos, con graves consecuencias ecolóxicas e sociais.

    “A escasez de auga é o maior perigo que pesa sobre o planeta”, afirma Koichiro Matsuura, director general de la UNESCO. O auga constituirá un motivo de tensións sociais, económicas, políticas, e sen dubida militares que poderían chegar a ser algún gravísimas.

    As guerras tradicionais, as guerras do petróleo, xa non bastan. Dense fai anos, inténtanse convencer á opinión publica mundial da inevitabilidade das “guerras da auga”. O auga está destinada a se converter nunha das causas principias de conflictos entre Estados, e, no interior dos países, entre grupos sociais e comunidades territoriais.

    O argumento que se esgrime é o seguinte: o auga doce disponible para o uso humán (bebida, regos agrícolas, actividades industriais...) esta empezando a escasear, e escaseará todavía máis no futuro debido á presión exercida por unha poboación en rápido aumento. Polo tanto, na seguridade do acceso ó auga e o seu aprovisionamento xa constitue un desafío estratéxico fundamental que alimenta os conflictos entre países, e as apetencias das empresas multinacionais privadas (Coca- Cola e Nestlé mercaron acuíferos no Brasil...)

    O argumento esta cheo de trampas. O auga voltouse escasa principalmente a raíz dos usos insensatos e despilfarradores que os humáns fixemos dela (extraccións excesivas, derroches inverosímiles, contaminación elevada...). así é como secamos os ríos e as capas freáticas, destruido a vida nos lagos, contaminado o chan, devastado o territorio, favorecido as chuvias ácidas... Un alemán consume de media 90 veces máis auga ca unha persona da India (500 millóns de habitantes de ese país non saben o que é un auga potable sana).

    A escasez de agua para os 2.4 millóns de persoas que non se benefician de ningún servicio sanitario débese esencialmente á pobreza. Os pobres son e sempre seguirán sendo as victimas, agora e no futuro, da escasez do auga. E os intereses económicos e o poder dos países máis ricos e fortes serán os que, si nada os detén, provocarán as guerras.

    O control dos ríos provoca constantes conflictos entre os pobos. As veces, a construcción de encoros nas zonas fronteirizas conleva a reducción do caudal de ríos que atravesan outros paises, río abaixo e que provoca as protestas de estos.

    Por otra parte, frente ás informacións sobre o aumento e a perigosidade das contaminacións de todo tipo, supostas ou comprobadas, os consumidores fianse cada vez menos, para a sua alimentación, da calidade da auga que reciben pola billa. As ventas de auga embotellada aumentaron espectacularmente no transcurso dos derradeiros anos, e esta tendencia tende a aumentar o que conleva fabulosas ganancias.

    Outra novedade, as empresas especializadas na distribución de auga mineral ou de dispensadores de auga. Vémolas instalar as suas maquinas, progresivamente, nos lugares públicos e empresas. De forma inconsciente, arraiga a desconfianza hacia o servicio publico e a calidade da auga distribuida pola billa. E esto vai unido a numerosos despilfarros da enerxía para refrixerar ese auga, a materias primas para a fabricación de vasos de plástico de un solo uso, a residuos adicionais que evacuar e tratar, por non falar dos camións de reparto que aumentan a lista de ruidos e molestias nas estradas.

    A reducción da capa de ozono, a causa dos CFC, tendrá graves consecuencias, e a pesar dos acordos internacionais, non se recuperara ata ben entrado o século XXI. O incremento da radiación ultravioleta aumentara a incidencia de cancros de pel e de cataratas nas persoas, reducirá o fitoplancton, as capturas pesqueiras e as colleitas, causando danos a todo tipo de animais e de prantas.

    As multinacionais resistense a cambiar os procesos e os productos industriais, e están frenando o inevitable desenrolo da chamada producción limpa e a creación dunha nova economía ecolóxica. Anualmente prodúcense máis de 600 millóns de residuos tóxicos e perigosos. As multinacionais controlan a economía global, dictan a política e son as grandes responsables do desemprego, da destrucción do medio ambiente e das economías locais, e sin embargo o control sobre elas é escaso ou nulo.

    O desenrolo tecnolóxico permiten erradicar a pobreza e solucionar os problemas ambientais, pero para elo requírense cambios moi profundos e dende logo nada doados de lograr.

    Para encauzar e humanizar o proceso de globalización é necesario reforzar a estructura das Nacións Unidas, ó contrario totalmente do que quere a dereita republicana de Bush en EEUU, e a creación dun Tribunal Penal Internacional para castigar as violacións dos dereitos humanos. Igualmente é necesario reforzar e dotar de instrumentos e presupostos ós Convenios de Cambio Climático e ratificar o Protocolo de Kioto, para que poidan cumplirse os seus fins.

    A converxencia Norte- Sur implica a necesidade de reducir o consumo de enerxía e outros recursos nos países desenrolados e de incrementar o nivel de vida nos países en vías de desenrolo, sin que a suma de tódolos recursos consumidos poña en perigo os procesos ecolóxicos esenciais, o clima e a diversidade biolóxica. As necesidades do norte débense satisfacer de xeito que non comprometa as do Sur, así como a as xeracións vindeiras de ambas partes. O Norte non poden reclamar ós pobos do Sur un gran esforzo para preservar a biodiversidade e para non aumentar a emisión dos gases de efecto invernadoiro e de outras sustancias contaminantes sin un esforzo paralelo para reducir o insostenible consumo do norte, repartir máis equitativamente os recursos entre o Norte e o Sur e eliminar a pobreza.

    Os países do Norte deben adoptar estilos de vida menos consumistas, eliminando o despilfarro de enerxía e de outros recursos non renovables, o que non siñifica disminuir a calidade de vida, e incluso pode aumenta-la (mellora da saude, incremento do tempo libre...)

    ¿QUÉ É A ANTIGLOBALIZACION?

    Este movemento social e cívico foise convertendo progresivamente nun movemento alternativo á globalización. É un modo de afirmar , na línea do seu slogan “outro mundo é posible”, que se poden construir alternativas á globalización agora e xa.

    Os reproches que este movemento dirixe a este modelo de desenrolo son:

  • Eleva a un nivel nunca alcanzado ás desigualdades sociais

  • Pon en perigo o equilibrio ecolóxico do planeta.

  • Somentes valora as actividades mercantís e monetarias.

  • Mercantiliza o conjunto dos aspectos da vida humana e atenta contra os venís comúns da humanidade.

  • Como solucións aportan como medidas a constatación de que existen modos distintos de “facer economía” que a estrictamente mercantil e monetaria. O desenrolo sostenible constitue o segundo frente alternativo, xa que o modelo de desenrolo actual leva ó esgotamento dos recursos humáns e da natureza. George Bush resumiuno moi ben ó ratificar o protocolo de Kioto: “¡ Demasiado caro para a economía norteamericana!.

    Frente ás escandalosas desigualdades ente o Sur e o Norte, a solidariedade internacional representa un tercer frente. As iniciativas do comercio xusto- que proporciona ós productores do Sur condicións de traballo e de vida moi superiores ás impostas polo comercio capitalista testimonian dita vontade.

    Economía social e solidaria, desenrolo sosteñible, solidariedade internacional: tres frentes que uníndose poderían atopar a sua plena capacidade transformadora e todo o seu senso político.

    A DIVISIÓN NORTE/ SUR: ECONÓMICA MÁIS QUE XEOGRÁFICA

    A primeira sensación que se ten cando un mira as noticias ou ollea a prensa é de que o mundo está dividido en dous. Por un lado atópanse países cunha poderosa estructura industrial, gran capacidade tecnolóxica, moitos servicios e abundante benestar. Por outro lado, países cunha estructura industrial débil ou nula, servicios públicos deficientes e grandes franxas de poboación que viven en condicións infrahumanas. Ó primeiro grupo pertencen os Estados Unidos, Canadá, Europa, Xapón, Australia e Nova Zelanda, e como están situados case todos na parte norte do globo, chámaselles xenéricamente NORTE. En contraposición, ó segundo grupo, formado polo resto dos países denomínaselles SUR.

    Para entender qué desequilibrado está o mundo basta botar unha ollada á producción e o consumo. A través de dous séculos de explotación do traballo e acaparamento dos recursos a nivel planetario, o NORTE concentrou casi tódala estructura productora do planeta na sua parcela do mundo e faina funcionar con materias primas a baixo costo, procedentes de toda a terra.

    Así o Norte, cunha poboación de 1.300 millóns de persoas e un 25% da poboación do planeta, asegurase o 87% da producción bruta mundial. Pola contra, o Sur, que acolle a uns 4.500 millóns de habitantes, participa no producto bruto mundial cunha cuota en torno ó 16%. O resultado é que cada habitante do Norte dispón dunha riqueza case 21 veces máis alta ca dun habitante do Sur.

    A expresión Norte/ Sur empézase a usar no Informe Brandt en 1980. Pero antes de Willy Brandt xa outros describiran a realidade económica do planeta con outras definicións. Por exemplo, inda se mantén a referida a África, Asia e América Latina co termo “Tercer Mundo”.

    Esta definición foi usada por primeira vez polo economista francés A. Sauvy nun artigo aparecido no diario “L'observateur” o 14 de agosto de 1952. Sauvy, tomando coma referencia a situación social existente en Francia antes da revolución de 1789, divide os países do mundo en tres categorías: o primeiro mundo abarca os paises industrializados de tipo capitalista; o segundo mundo, os paises socialistas e o terceiro mundo, tódolos outros. Pero hoxe en día esta representación está superada pois a segunda peza deste puzzle xa non existe.

    Tamén existe outro costume de chamar ós países africanos, asiáticos e de América Latina “países en vías de desenrolo” ou “subdesenrolados”.

    Esta definición usouse por primeira vez polo presidente estadounidense Harry Truman ante o Congreso. Dividindo ós países do mundo en desenrolados e subdesenrolados, Truman anunciou que o modelo económico e productivo que os pobos deberían tomar como referencia era o modelo industrial de tipo capitalista. Dende entón os países do Sur teñen un reto consigo mesmos por adecuarse a un modelo económico que pretende somentes aumentar a producción, as exportacións e o aparato industrial.

    TAMÉN O NORTE TEN OS SEUS POBRES

    As diferencias sociais e económicas non son unha exclusiva dos países do Sur. Tamén o Norte ten as suas, e inda que vivamos inmersos nun benestar ostentoso, algunhas persoas lémbrannos que tamén existe a pobreza entre nós. Vagabundos sen casa fixa, emigrantes do Terceiro Mundo, xitanos, enfermos mentais abandoados a sua sorte, mendicantes, mostran a situación de pobreza máis evidente, pero non a máis numerosa. Oa anciáns cunha pensión insuficiente, os parados e subempregados representan a cuota máis numerosa dos nosos pobres.

    A pobreza non é un concepto doado de definir e, aparte da “pobreza absoluta” que é a forma máis severa do que vive ó limite da supervivencia, existen outras moitas condicións consideradas “de pobreza” somentes porque se desvían do grado de vida medio existente no país. No Norte do mundo, cando se fala de pobreza, referímonos sobre todo a esta idea de pobreza relativa e considerase pobre ó que ten un gasto medio inferior ó 50% do gasto medio per cápita.

    Os nosos pobres, perdidos entre a multitude, non se reconocen por sinais especiais. Pero nun examen máis detallado atópanse que habitan en casas pequenas e malsanas, que teñen un baixo nivel cultural, que seus fillos a duras penas terminan a ensinanza obrigatoria, que non viven nas millores condicións hixiénicas e que, en conxunto, teñen un modo de vida moito máis baixo do que se considera medio.

    As tábas sobre a distribución de rentas demostran que no Norte existen grandes inxusticias, con un centro económico claramente diferenciado.

    Antes a inxusticia creaba tensións sociais. A xente tomaba conciencia da situación e rebelábase. Hoxe pola contra, o que esta arriba na escala social non é considerado coma un usurpador ó que rexeitar, senón coma un modelo a imitar.

    A confusión débese o benestar que, a pesar das diferencias, esta bastante xeneralizado nesta zona. Para empezar, o benestar mesturou as diferencias económicas e colocounos a todos na mentalidade capitalista. Por exemplo, case todos nos temos unha conta bancaria e consideramos normal tratar de enriquecernos a partires dunha cantidade de cartos.

    Pero o que nos iguala e nos fai sentir a todos no mesmo barco é o gran nivel de consumo. A todos excepto, naturalmente, ó 15% de pobres que están ó marxe de esta situación.

    A DISTRIBUCIÓN DE CLASES NO SUR

    A diferencia do Norte, o Sur presentase coma unha realidade claramente dividida en clases xa que as diferencias sociais están moi marcadas.

    Unha minoría, formada por grandes propietarios de terras, industriales, grandes comerciantes, homes de goberno, xefes militares e dirixentes políticos, levan unha vida moi similar á dos consumidores do Norte: comen carne e alimentos elaborados e se refrescan con bebidas enlatadas. Habitan en casas con aire acondicionado, teñen televisión, frigorífico, lavadora, lavavaixelas, microondas e outros electrodomésticos. Viaxan en coche e cando o necesitan en avión.

    En contraste, o 40% do resto da poboación non ten nada. Sen unha moeda no peto, entran nos comercios máis para pedir esmola que para mercar. Case nunca comen carne, nin peixe, nin ovos. Sólo comen fariñas, arroz e legumes. Beben auga non potable. Viven en chabolas e cabanas mal feitas. Non teñen zapatos, nin roupa para cambiarse. Desplázanse a pé.

    Entre os dous extremos hai unha franxa intermedia de empregados estatais, obreiros e campesinos propietarios das suas terras que, segundo o que gañen e a terra que posuan, levan unha vida ou bien cercana ó 40% máis pobre ou ben á do 20% máis rico. Pódese decir que comen carne unha vez á semana, que teñen casas sinxelas, en moitos casos con electricidade, que teñen roupa para cambiarse, que teñen radio e que se desplazan en bicicleta ou incluso en motocicleta.

    O maior número de pobres absolutos atópase no campo. Os pobres rurais son 1120 millóns e supoñen o 70% de tódolos pobres absolutos do Sur. Eles son os desposeídos, braceiros, aparceiros e pequenos campesinos con terras improductivas.

    O outro 30% vive na cidade en condicións tal vez máis inhumanas cós pobres do campo. As suas vivendas son chabolas feitas de escombros, cartóns e taboas rebuscadas no lixo. Non teñen seguridade económica algunha e viven das esmolas que piden os nenos máis pequenos, da prostitución das fillas algo mayores, dos traballos ocasionais que atopan os homes vagando pola cidade ...

    Actualmente a poboación urbana que vive na pobreza absoluta é o 30%, pero está destinada a medrar a paso rápido debido á forte emigración interna.

    POBREZA E CONDICIÓN FEMENINA

    Tanto no Norte coma no Sur as mulleres son as que pagan as maiores consecuencias da pobreza, pois inda non existe a igualdade entre os sexos. Por poñer un exemplo, seus salarios medios son máis baixos que os dos homes en todas partes e as suas cargas laborales son maiores pois ademáis ocupánse da casa e dos fillos. No Sur os coidados da casa incluen buscar leña e carretar auga. En moitos lugares esto supón viaxes diarios de varias horas. Ademáis tamén as mulleres ocupánse da horta e incluso as veces do cultivo agrario. Por todos estos traballos non reciben gratificación económica nin social, e sin embargo si se poidera contabilizar esta traballo, o producto bruto mundial aumentaría un 35%.

    En moitos países do Sur a discriminacion hacia a muller ten consecuencias en tódolos aspectos incluso na alimentación. De cotío as nenas reciben menos comida cós seus irmáns (en Bangladesh o 14% das rapazas están desnutridas, contra o 5% dos varóns da mesma idade) e están menos instruidas (a tasa de alfabetización femenina é dun 32% menor cá masculina).

    Tamén no terreo da saude as mulleres sufren as peores consecuencias da falta de asistencia pois os embarazos supoñen un elemento de risco engadido. Como exemplo, no Sur morren 663 mulleres de cada 100.000 partos.

    MENTIRAS SOBRE A POBREZA

    Algúns tópicos atribuen a pobreza ó exceso de poboación, o clima adverso e o retraso tecnolóxico. Pero a pobreza exténdese tamén en nacións pouco poboadas, con climas estables, medios tecnolóxicos de vangarda e con producción en constante aumento. É típico o caso do Brasil. Inda sendo a octava potencia económica do mundo, cunha renta per cápita de 4.962 dólares, inda tendo unha densidade de poboación de 20 persoas por kilómetro cadrado (frente a 397 de Holanda), cun nivel tecnolóxico moderno e un clima que vai dende o tropical ata o templado, Brasil ten 36 millóns de pobres.

    É obvio que o clima adverso e as calamidades non axudan o benestar da xente. É igualmente obvio que nalgunhas rexións o crecemento da poboación é un problema. Pero estas non son as causas da pobreza. As verdadeiras causas debemos búscalas noutro lugar.

    Somentes nun continente a producción agrícola non conseguiu manter o mesmo ritmo de crecemento cá demografía: en África.

    Nalgunhas nacións a causa principal deste fracaso é a guerrilla, sexa do pobo contra o goberno tirano, sexa de grupos mercenarios contra o goberno popular. En países como Somalia, Etiopía, Sudán, Angola, Mozambique, Liberia, gran parte da poboación padece fame porque a guerrilla quítalle brazos as tarefas agrícolas, destrue as colleitas, paraliza os transportes...

    Pero en África hai outra guerra activa que é contra o medio ambiente. Na zona ecuatorial a deforestación salvaxe crea as condicións para a aparición de futuros desertos. A presencia de rebaños moi numerosos, a tala excesiva para leña para unha poboación en aumento, a explotación intensa da agricultura para conseguir máis cacahuetes e algodón para a exportación, por por somentes unhos exemplos, deixan a terra árida. E todo complícase máis cá sequía permanente. Así é coma avanza o deserto, roubando terra ós pastos e a agricultura.

    Para colmo, este continente que non logra calmar a fame da poboación propia, exporta productos agrícolas hacia o Norte. Quizais sexa esta a causa máis directa da fame, pois para poder cultivar algodón, café, xudías verdes... para Europa, bótase á xente das terras mellores hacia outras máis pobres, que acaban por sucumbir totalmente baixo o peso dunha poboación excesiva de persoas e animais que alimentar.

    EMPOBRECEMENTO: AS RESPONSABILIDADES DO SUR

    A responsabilidade directa do empobrecemento a nivel local recae sobre os propietarios de terras, comerciantes, empresarios, banqueiros. Quítanlle a terra ós campesinos pola forza e con engaños. Aproveitánse do estado de necesidade que padecen os campesinos para pagarlles pouco polos seus productos e imporlle altos intereses ós préstamos que lles conceden.

    Pero gran parte da responsabilidade é tamén dos gobernos porque protexen os abusos dos patróns coas leis, os xuices e a policía. Porque manteñen e promoven un modelo productivo basado en tecnoloxías caras e exclusivas que crean dependencia respecto do Norte e que están ó servicio dunhos poucos a pesar de que son financiados polos campesinos, os obreiros e mineiros que son os que obteñen os productos para a exportación. Porque utilizan os cartos públicos para afianzar seu poder político e militar, par enriquecerse personalmente e garantir condicións de vida máis acomodadas ós que xa son ricos.

    Os gobernos do Sur demostran non ter respeto algún polos pobres incluso noutros gastos. Con frecuencia prefiren mellorar os barrios ricos da cidade en vez de alcantarillas as zonas pobres. Prefiren construir sistemas de regadío para os campos dos propietarios ricos que producen para a exportación en vez de regar as terras dos pequenos propietarios que cultivan alimentos para o seu propio consumo. Prefiren financiar industrias caras, con pouco uso de man de obra que producen bens e servicios caros en vez de actividades productivas baratas con moito utilización de man de obra e que producen bens e servicios para tódala poboación.

    As veces os cartos públicos son usados para satisfacer caprichos faraónicos dos gobernantes. O presidente de Costa de Marfil, Houphouet Boigny, construiu unha catedral de 200 millóns de dólares, dotada de aires acondicionado, adornada de centenares de metros cadrados de cristaleiras francesas moi elaboradas e con mármore italiano.

    En moitos países usase mal incluso os cartos destinados a actividades de indudable utilidade social, como a educación e a sanidade. No África Subsahariana menos da metade dos nenos en idade escolar están inscritos nalgunha escola, mentras gran parte dos fondos destinados a educación úsanse para pagar os estudios universitarios dos fillos dos cidadáns acomodados. A cantidade gastada polos gobernos africanos para manter un estudiante durante catro anos na universidade sería suficiente para pagar seis anos de ensinanza primaria a unha clase de 35 rapaces.

    Tamén a asistencia sanitaria está orientada ás clases pudintes. Entre o 70 e o 85% dos gastos sanitarios nos países do Sur emprégase en mediciñas costosas, namentres que a mediciña preventiva para o pobo apenas recibe un 15 ou 20%. O Organización Mundial da Saude considera que un aumento de tan só 75 céntimos de dólar por persoa e ano destinados á mediciña preventiva poderían salvar cada ano 5 millóns de vidas humanas.

    Como ironía, o empobrecemento do Sur é tamén debido o que nos chamámoslle “desenrolo”. Na concepción capitalista o desenrolo consiste no aumento da producción destinada ó mercado, é decir á venta. Pero como o Sur ten pouco mercado, sua producción oriéntase a exportación. Si a economía estíbese controlada polo pobo e os cambios foran sustos, este camiño, inda que discutible, podería resultar incluso valido. Pero como a economía está dominada por especuladores que somentes buscan o beneficio inmediato, a producción para a exportación apoiase nas costas da xente mal pagada ou incluso desposada dos seus medios de subsistencia.

    Cada ano milleiros de campesinos son expulsados das suas terras para dar paso a grandes plantacións, milleiros de familias deban abandoar as suas casas para que se abran novas minas, milleiros de persoas xa non teñen de que vivir porque os bosques que habitaban foron destruidos.

    Desposeídos e sin posibilidades de subsistir por sí mesmos buscan refuxio nas cidades xa superpoboadas ou emigran hacia terras inhóspitas que xa antes foran despoboadas por infértiles. Así o vocabulario enriqueces cun novo termo: refuxiados do desenrolo, ou mellor inda, empobrecidos polo desenrolo.

    O final os beneficiados son a banca e as empresas do Norte que executan as obras. En Nixeria, por exemplo, a construcción dun gran proxecto de regadío chamado Talata Mafara foi adxudicado á compañía Impresit Nigeria Ltd. que é unha empresa pertencente á FIAT. Unhos 60.000 campesiños foron expulsados das suas terras sin indemnización algunha, e cando protestaron foron golpeados e perseguidos pola policía.

    NACIMIENTO DE LA DIFERENCIA NORTE/ SUR

    Ó capitalismo non lle interesa a sorte da xente e si gran parte dos habitantes do Norte viven na abundancia non é por unha opción social senón para evita-la quiebra do sistema.

    Ó principio o capitalismo consideraba tanto á xente do Norte coma do Sur como traballo a explotar. Non interesaban coma consumidores porque case tódala producción quedábanse con ela os seus donos para facer novas fabricas.

    Pero ocurriu un cambio no curso dos sucesos que dividiu á xente do Norte e do Sur: o progreso tecnolóxico. No Norte, a introducción de maquinas cada vez máis rápidas aumentaba o rendemento (productividade) do traballo, pero como os donos negábanse a incrementa-los salarios, moita mercancía quedaba sen se vender. O sistema así, empezaba a estrangularase: a un periodo de expansión marcada por grandes inversións, novas ocupacións e descubrementos tecnolóxicos, seguía un periodo de crise e desocupación chamado recesión. As veces o sistema invertía a tendencia ante a aparición dunha oleada de fortes alteracións provocadas por unha guerra ou por outros gastos civiles decididos polo estado.

    Co tempo, o sistema comprendeu que as crises estaban vinculadas a un desaxuste entre a productividade laboral e salarios e cambiou de actitude. Trala Segunda Guerra Mundial, por efecto da nova actitude patronal e unha maior forza sindical, a todo aumento de productividade sigue un incremento salarial.

    Dende que os traballadores gañan máis, o problema do sistema é outro: como inducilos a gastar moito de modo que esgoten tódala producción e crear de ese xeito as premisas para a aparición de novas actividades productivas. Así naceu o consumismo, dominado pola publicidade e en torno o cal xira a expansión productiva.

    Por desgracia, a medida que o Norte confirmase no seu papel de consumidor mundial, o Sur é explotado e empobrecido polos comerciantes que somentes pretenden conseguir productos a bo precio para revenderllos ó Norte. Por elo o Sur, que as veces é usado como mercado ocasional, queda relegado ó papel de proveedor de materias primas e, ocasionalmente, de traballo a baixo precio, según as estratexias do neocolonialismo.

    A diferente actitude do capitalismo no Norte e no Sur levou a un enorme desequilibrio planetario, xa sexa dende o punto de vista productivo ou dende o consumo. Por exemplo, no Norte prodúcese o 83% de tódolos productos industriais.

    É notorio que o Norte basou a sua industria en séculos de explotación pero os poderosos fían fino e afirman que posto que produce moito, ten dereito a consumir moito. Sen embargo o Norte non consume somentes o seu, xa que utiliza máis de dous tercios dos metais e a madeira que se produce en todo o mundo, queima o 75% de tódala enerxía e come o 60% de tódolos alimentos recolectados no planeta. Moitos de estes recursos proveñen do Sur e son desviados ventaxosamente ó Norte que paga por eles precios irrisorios.

    AS MULTINACIONAIS

    As multinacionais son empresas productivas e financieiras que controlan outras sociedades extranxeiras.

    As primeiras multinacionais (petroleiras, mineiras e alimentarias) constituironse en torno ó 1880, pero a máxima expansión ocurriu no decenio entre 1970 e 1980. As multinacionais crearonse para actuar libremente dentro doutras nacións. As sociedade que controlan, en efecto, cumplen tódolos requisitos legais do país no que operan e por tanto gozan de tódalas ventaxas concedidas ás empresas locais e quizais negadas ás sociedades extranxeiras.

    Con esta estrataxema as multinacionais queren conseguir dous obxetivos fundamentais:

  • Conquistar novos mercados a pesar das barreiras postas polos Estados.

  • Trasladar a producción donde os gastos (traballo, materia prima, impostos, enerxía) son máis baixos.

  • Según as Nacións Unidas as multinacionais son 45.000 e controlan 152.300 sociedades. O 90% das sociedade multinacionais teñen a sua sede no Norte, pero as sociedades controladas distribuense ó 50% nos países do Sur.

    Moitos falan das multinacionais como estructuras malvadas. En realidade as multinacionais buscan seus beneficios igual cás empresas pequenas, pero o seu poder é tan forte que poden utilizar medios moito máis agresivos, tanto a nivel económico coma político.

    Só referíndonos ó peso que teñen na economía mundial, basta pensar que delas dependen 70.000 millóns de traballadores e que o seu volumen de negocios corresponde case á metade do producto mundial.

    As multinacionais están interesadas nos países do Sur dende tres puntos de vista:

  • Producción e comercialización das suas materias primas

  • Utilización da sua man de obra a baixo precio e uso de outras facilidades que reducen os costes de producción (exencións fiscais, leis medioambientais permisivas, exencións aduaneiras...)

  • Invasión dos seus mercados tanto a nivel comercial coma financieiro.

  • Se ben cada multinacional persigue obxetivos distintos según as suas características, todas teñen unha estratexia común: introdúcense nos países mediante a compra de sociedades xa existentes ou creando outras novas. Por elo as multinacionais poñen todo o seu empeño en conseguir de tódolos países do mundo unha actitude de absoluta libertade para as inversións extranxeiras.

    Con todo esto, as multinacionais soñan con países donde se paguen poucos impostos, onde exista libertade para repatriar os beneficios, onde os salarios sexan baixos e os traballadores non teñan dereito de greva. Soñan con países onde exista absoluta libertade de importar e exportar de modo que poidan transferir sen obstáculo calquer fase de producción ó país do mundo que ofrezca máis ventaxas.

    CONDONACIÓN DA DÉBEDA

    Os países en desenrolo non somentes necesitan recibir axuda de xeito que lles axude no seu desenrolo , senón un aumento da axuda. Unhas sumas de cartos relativamente pequenas poderían marcar enormes diferencias na promoción da saude e a alfabetización. En termos reales, asustadas á inflación, as sumas da axuda ó desenrolo viñeron realmente disminuindo, e inda máis tanto como porcentaxe da renta dos países desenrolados como da renta per cápita dos países en desenrolo. Debe existir unha base para a financiación de dita axuda (e outros bens públicos globais) de xeito máis sostido, libre dos caprichos da política local en EE.UU. e doutros lugares. Plantexáronse diversas propostas. Ó fundarse o FMI, otorgóuselle o dereito de crear unha moeda internacional, os Dereitos Especiais de Xiro (SDR). A emisión do SDR para financiar bens públicos globais -incluindo a financiación da axuda ó desenrolo- podería colaborar no mantemento do vigor da economía global ó mesmo tempo que asiste a algúns dos países máis pobres do mundo. Unha segunda proposta comprende o uso de ingresos a partires dos recursos económicos globais- os minerais nos leitos dos mares e os dereitos de pesca nos océanos- para sufraga-la financiación da axuda ó desenrolo.

    Recentemente a atención concentrouse na condonación de débeda, e por unha boa razón. Sin dita condonación, moitos países en vías de desenrolo non poderán medrar. Unha elevada porcentaxe das suas exportacións destinase a pagar ós países ricos os prestamos concedidos.

    Unha organización chamada Jubileo 2000 movilizou un enorme apoio internacional á condonación da débeda. O movemento obtivo o respaldo das iglesias en todo o mundo desenrolado. Para elas constituía un imperativo moral, un reflexo nos principios básicos da xusticia económica.