Historia
Restauración borbónica en Galicia
O sistema “canovista”
Co golpe de Estado do xeneral Pavía (1 de xaneiro de 1874) finaliza a primeira experiencia democrática española, a Primeira República, e, tras dous anos de transición (“ditadura persoal de Cánovas”), instáurase un sistema que:
Restaura a monarquía borbónica.
Aproba a Constitución de 1876, conservadora e centralista.
Pretende durar no tempo, polo que busca a estabilidade política:
-
O exército terá o control político, apoiado polas elites (Igrexa, burocracia, oligarquía), aínda que haberá unha etapa de certa abertura:
-
Apróbase a Lei de Asociación e o sufraxio universal masculino (1890).
-
Pretende que os opostos ao réxime teñan menos razóns para sublevarse.
-
Establécese o turnismo:
-
As dúas grandes correntes altérnase (liberal e conservadora) no poder, aparecendo así os políticos profesionais.
-
Manipúlanse as eleccións.
-
Estas correntes divídense máis en familias políticas ca en correntes ideolóxicas.
-
O goberno é o que elixe as Cortes, polo que se inverte o principio básico dun sistema parlamentario.
Caciquismo e representación política. Galiza en Madrid
2.1. Os partidos en Galiza
Os dous grandes partidos, Liberal e Conservador, malia teren abondosos recursos políticos en Galiza tiñan unha estrutura moi fráxil e estaban vencellados ás elites:
Partido Liberal: non ten estrutura de partido e apóiase en notábeis de Madrid que manteñen en Galiza redes clientelares (Montero Ríos, Vicenti, García Prieto, Canalejas, Gasset, Riestra...) que en época electoral aproveitan para conseguir votos. Os deputados cumpren coa súa cidade ou distrito ante as institucións estatais.
Partido Conservador: aínda máis débil có liberal, case inexistente. Nel a promoción interna faise desde a familia e destacan nomes coma Elduayen, González Besada ou Linares Rivas.
2.2. O sistema electoral
Lei Electoral de 1878:
-
Sufraxio censatario (máis de 25 anos e unha cota de 25 ptas. de contribución territorial e 50 de industrial; algunhas persoas, coma os párrocos, votan por dereito propio).
Lei Electoral de 1879:
-
Sufraxio universal masculino para os maiores de 25 anos que leven máis de 2 nalgún concello do Estado.
-
Reforma de 1907, o artigo 29: se o número de escanos é igual ou menor ao de candidatos considérase que non é necesario realizar as eleccións. Isto, malia aforrar un proceso, resultou bastante negativo.
2.3. O caciquismo
O Estado Liberal non chega a tódolos sitios que debería, por iso é necesaria unha figura que faga de intermediario entre o Estado e a sociedade: o cacique:
-
Existía desde a morte de Fernando VII, pero perfecciónase na Restauración.
-
Cada un dos partidos conta con feudos concretos e caciques que arrastran votos. O cacique non ten ideoloxía política, senón que se “arrima” a quen máis proveito lle poida sacar.
-
O cacique ten como principal instrumento o concello:
-
Conta con amplas competencias: impoñer metas, arrestar a xente, conceder licencias.
-
Conta coa complicidade do secretario.
-
Pertence á fidalguía é descendente de fidalgos
-
A relación cacique - cliente é a seguinte:
-
O cliente reclama beneficios concretos que lle debería conceder o Estado (licencias...)
-
O cacique recibe a cambio a submisión do cliente, e ademais goza de prestixio entre os veciños.
-
A razón última do caciquismo é adaptar o sistema liberal a unha Galiza que aínda estaba socialmente no Antigo Réxime.
Existen dúas clases de deputados:
De primeira clase: elites dos partidos, cos escanos asegurados.
De segunda clase ou diputados cuneros: non teñen continuidade nun distrito ou nin sequera teñen relación con el.
Polo tanto, a resposta electoral non serve para valorar a posición política dos galegos, pero si a das súas elites. Destacan varias familias de políticos:
Os Bugallal:
-
A saga comeza con Saturnino Álvarez Bugallal, que será deputado desde 1869 até a súa morte.
-
Outros familiares emprenden carreiras políticas.
-
Controla, en principio, o distrito de Ponteareas e acabará controlando 81 concellos en distritos de tres provincias.
A de Montero Ríos (monteristas):
-
Comeza con Eugenio Montero Ríos quen, apoiado polos Riestra, será en 1869 deputado por Pontevedra e logo ministro, desenvolvendo unha importante actividade lexislativa.
-
Controlará distritos en tres provincias galegas.
Outras coma:
-
Gasset: reparten cos monteristas o control da provincia da Coruña.
-
Riestra: irán deixando a actividade política en favor dos monteristas para dedicárense a cuestións económicas.
Os novos movementos sociais. Economía e sociedade
3.1. Os novos movementos sociais: o republicanismo
O republicanismo xorde trala fracasada experiencia da Primeira República.
Ideoloxía:
-
Abandonan o federalismo
-
Democracia
-
Laicismo
-
Aproximación ao conservadorismo: defensa do Estado español e favorecer a burguesía.
-
Dirixentes: intégranse nas asociacións progresistas de Rui Zorrilla e Salmerón (participación nas eleccións vs. accións insurreccionais)
-
Organizacións republicanas en Galiza:
-
Partido Republicano Federal (1881): ten un dos seus primeiros comités en Lugo e destaca Ricardo Mella coma unha das principais figuras do republicanismo galego.
-
Consejo Federal de Galicia (1882): presidido por Moreno Barcia, líder do republicanismo galego, caracterízase por:
-
Conxuga o republicanismo federal co de comezos do século XX.
-
Elabora un proxecto de Constitución para “el futuro estado gallego” na súa segunda asemblea.
-
Unión Republicana de Galicia (1892): creado trala visita de Pi i Margall, líder do republicanismo federal. Defende democracia, república e autonomía.
-
Partido Radical (Lerroux):
-
O máis importante de Galiza grazas á visita de Lerroux ás principais cidades galegas:
-
Destacan figuras coma José Juncal (quen estará en Madrid: control electoral e conversas cos axentes máis rendíbeis para o partido) e Emiliano Iglesias.
-
Ten tres núcleos importantes: Pontevedra, A Coruña (Abad Conde) e os sectores do agrarismo achegados a Basilio Álvarez (sur de Galiza).
-
Desde 1910 centrarase no rural intentando gañarlle terreo ao agrarismo, de feito Basilio Álvarez acabará entrando no partido.
-
Son acusados de actuar coma un instrumento do poder do Estado para frear os nacionalismos e o movemento obreiro.
-
É un partido demagóxico, capaz de facer calquera cousa para chegar ao poder e sen outra ideoloxía que non sexa o republicanismo.
-
Partido Reformista (Melquíades Álvarez): creado en 1891 e con peso no espazo urbano.
-
Non é quen de acabar coa monarquía, que caerá soa.
-
Conténtase co control de espazos a nivel local.
-
A súa forza reside nun cambio que se nota en dous campos:
-
Ensino.
-
Sociedades culturais.
-
Escasa poboación urbana.
-
Reducida expansión industrial.
-
Proletariado agrícola case inexistente.
-
Representado nos Sindicatos Obreiros de 1882 no Congreso da Federación de Sevilla.
-
Lévanse a cabo folgas:
-
En 1886 e 1890 na Coruña (carpinteiros, canteiros, traballadores da Fábrica de Tabaco e obreiros doutras localidades coma Compostela).
-
Reivindican:
-
Xornada laboral de 8 horas
-
Supresión das horas adicionais
-
Aumentos salariais
-
Outras cuestións laborais
-
Estas folgas, de carácter indefinido, serán criticadas e provocarán a división do movemento obreiro:
-
Anarquismo: ideoloxía que defendía as folgas indefinidas, coas que non se conseguiran os obxectivos.
-
Socialismo (UGT): folgas sectoriais de duración determinada.
-
ANARQUISMO
-
Celebra o seu primeiro congreso (Confederación Regional Galaica) en 1923 en Vigo, ao que asisten delegados das demais cidades galegas. O comité trasladarase a Compostela e logo á Coruña, seguindo ao seu líder José Villaverde.
-
A CNT galega ten características especiais respecto do resto do Estado: é máis moderada pero é igualmente reprimida.
-
SOCIALISMO
-
En cada cidade hai unha organización maioritaria (CNT ou UGT) que é apoiada pola outra.
-
Hai numerosas folgas desde 1916 (folga xeral de agosto de 1917) e desde a segunda década do século XX aumenta moito a afiliación.
-
Teñen como obxectivo primordial fomentar o ensino público para mudar a sociedade: crean escolas racionalistas, en 1906 a “Universidade Popular”, escolas de artes e oficios, ateneos...
-
CNT e UGT consideran que se constituíu unha república burguesa e non a república dos traballadores.
-
Hai conflitos de moita duración en Galiza: pesca na Ría de Vigo, folga xeral de Outubro de 1934 etc. cun seguimento importante.
-
Durante o Bienio Negro (cando gobernan as dereitas) hai un intento de golpe de Estado (1934) apoiado pola CNT, a UGT e o PSOE.
-
As organizacións sindicais medran de xeito espectacular.
-
Unirse ao Sindicato Vertical.
-
Desaparecer (exilio, clandestinidade...)
-
A AGRICULTURA A FINAIS DO SÉCULO XIX
-
Os políticos tíñanlle medo ao proletariado agrario, polo que algúns coma Montero Ríos promoven a creación dunha clase media que frease o movemento obreiro. Así, presenta proxectos de lei de redención foral que non serán apoiados por outros políticos.
-
Hai unha crise agraria (caen os prezos e aumentan os impostos) que favorece a emigración, apoiada polo Estado, unha emigración que xerará riqueza (os traslados realízanos grandes empresas en malas condicións e con importantes ganancias).
-
Supresión do sistema foral: o campesiño converterase en pequeno propietario e os rendistas e fidalgos pasarán, en xeral, á Administración.
-
Privatízanse parcelas de monte, proceso que dura un século, para aproveitalas intensivamente (toxo, repoboación forestal...)
-
Infraestrutura institucional para a renovación dos usos do espazo agrario:
-
Centros: Granxa Agrícola Experimental da Coruña (1880), Misión Biolóxica de Galicia (1921) e Estación de Fitopatoloxía Agraria (1925).
-
Obxectivos:
-
Melloras gandeiras: selección de razas autóctonas para producir carne.
-
Melloras de cultivos (forraxeiros).
-
Mecanización e fertilización.
-
Formación de técnicos e do campesiñado.
-
A AGRICULTURA NO SÉCULO XX
-
1898 - 1923: fase política na que o interese da sociedade se centra no conflito foral.
-
1923 - 1926: fase técnica dado o interese do Estado por afastar a vertente política e a hexemonía do sindicalismo agrario.
-
1929 - 1936: ideoloxización e vontade política por renovar o agro.
-
CAMBIOS NA INDUSTRIA PESQUEIRA
-
Reconvértense as fábricas de salgado en fábricas de conserva con novos aparellos e máquinas.
-
Esta aposta polas conservas e a apertura de ferrocarril polo interior da Península serán decisivos para a renovación do sector pesqueiro.
-
RENOVACIÓNS TÉCNICAS NA PESCA
-
Adóptase o vapor como forma de tracción.
-
Cambios nas artes de pesca: pesca de arrastre.
-
Antes da I Guerra Mundial transfórmase a flota da sardiña.
-
Buques de maior tamaño.
-
A flota dirixirase primeiro ás Canarias e á costa de África, logo ao Norte e ao Gran Sol. Pásase a unha pesca de altura.
-
Entrará en crise pola caída dos prezos e o aumento dos custes de produción (crac do 29)
-
Ten unha grande importancia no conxunto do Estado.
-
A INDUSTRIA CONSERVEIRA
-
É a industria máis importante de Galiza (en 20 anos crearase e consolidarase), medra tan rápido por varias razóns:
-
A apertura das comunicación terrestres proporciónalle un subministro constante de aceiro refinado e folla de lata.
-
Crise da industria conserveira da Bretaña, de xeito que moitas empresas bretoas se trasladan a Galiza e Portugal.
-
É un sector moderno, ben organizado e cunha boa estrutura patronal.
-
Desde 1820, cando se estabiliza a súa produción, estra en crise.
-
Terá máis importancia cá pesca no conxunto do Estado.
-
A CONSTRUCIÓN NAVAL
-
Especialízase en vapores na Ría de Vigo (Barreras e Vulcano son as primeiras factorías).
-
Aumenta a súa produción durante a I Guerra Mundial, cando se comezan a construír buques de aceiro.
-
Desde 1917 constrúense buques de Armada.
-
Co novo século aparecen pequenas empresas no interior que abastecen espazos moi reducidos.
-
Aparecerán empresas máis grandes que abastecerán as cidades:
-
Sociedad General Gallega de Electricidad, Electra Industrial Coruñesa e Electra Popular de Vigo y Redondela caracterizadas por:
-
Aproveitamento eléctrico da auga.
-
Forte relación coa Banca.
-
Estas empresas vanse ir fusionando:
-
Primeiro fusiónanse Sociedad General Gallega de Electricidad e Electra Popular de Vigo y Redondela, conservando o nome da primeira, que terán unha rede de distribución de Vigo a Ferrol.
-
Electra Industrial Coruñesa pasará a chamarse, en 1928, Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad.
-
En 1931 Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad fusionarase con Sociedad General Gallega de Electricidad, conseguindo producir o 80% da enerxía galega. Trala guerra civil esta empresa pasará a chamarse Fenosa.
-
Descenso do sector primario fronte ao aumento do secundario e o terciario (en 1900 era o 14% e en 1930 o 35%).
-
Aumento da poboación das cidades.
Desde 1890 o republicanismo galego perde forza a prol do galeguismo e o obreirismo.
Co novo século o republicanismo colle máis forza, especialmente desde a crise do 98, e xorden dúas orientacións:
Con todo, o peso do republicanismo non é notorio:
3.2. Os novos movementos sociais: o movemento obreiro
En Galiza danse factores que non favorecen o desenvolvemento do movemento obreiro:
Con todo, nas décadas de 1880 - 1890 Vigo e A Coruña conéctanse á rede ferroviaria estatal permitindo o comercio e o desenvolvemento da industria conserveira, amais dunha migración ás cidades que fai que aumente o proletariado. Así, nestas décadas comézase a cobrar forza o movemento obreiro galego:
3.2.1. Movementos obreiros antes da Segunda República (1923 - 1930)
Sofren un retroceso desde maio de 1890 e ao ano seguinte abandonan o sindicalismo ao que se volverán vencellar no novo século, a prol da difusión da súa ideoloxía en El Corsario. O anarquismo galego:
A primeira asociación socialista galega xorde en Ferrol en 1891 vencellada á construción naval, seguida da da Coruña, a de Vigo (1894), Pontevedra, Ourense (1896). Conseguirán resolver moitos conflitos grazas aos pactos, aínda que lles será máis difícil no sector da construción.
A UGT pretenderá ser o sindicado do Estado durante a ditadura de Primo de Rivera, proxecto que abandonará pero que lle fará perder a consideración de sindicato combativo.
Malia as discrepancias á hora de actuar, os traballadores manteranse unidos:
Ademais, en 1901 hai unha tentativa de cooperación sindical galego-lusa xa que os esquirois portugueses eran contratados polos patróns durante as folgas. A iniciativa fracasa pero é a primeira tentativa internacional do sindicalismo do Estado.
3.2.2. Movementos obreiros na Segunda República
En 1930 dimite Primo de Rivera e rexorden con forza os movementos obreiros (especialmente a CNT da Coruña) que participan, de xeito paralelo, na caída da monarquía. O movemento radicalízase:
3.2.3. Movementos obreiros tralo golpe de 1936
A represión terá como primeiro obxectivo o movemento obreiro, o único capaz de facerlle fronte, ao que só lle quedarán dúas opcións:
3.3. Economía e sociedade
Neste momento Galiza comeza a súa transición do Antigo Réxime cara o capitalismo, cambio que tamén se aprecia a nivel social.
3.3.1. Agricultura
3.3.2. Pesca
3.3.3. Enerxía
Restrínxese practicamente á enerxía eléctrica:
***
Esta transformación económica tradúcese nunha reordenación da poboación activa:
Este artigo foi bautizado en Galiza coma “o carallo 29”, de aí a expresión actual.
O mapa no que aparecen reflectidas as influencias de tódolos partidos denomínase encasillado.
Podémolo considerar o pai dos tres movementos galegos opostos á Restauración: republicanismo, galeguismo e obreirismo.
9. A volta á “orde”. A Restauración Borbónica (1874 - 1923)
2
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Descargar
Enviado por: | LuZinHa |
Idioma: | gallego |
País: | España |