Filosofía y Ciencia


O Príncipe; Nicolas Maquiavelo


Nicolás Maquiavelo nace en Florencia no 1469. Ao longo da súa vida ocupou diferentes cargos ao servicio da República e destacou sobre todo polas súas misións diplomáticas. No ano 1512 unha revolución termina coa República e regresan os Médicis sendo Maquiavelo privado dos seus cargos e máis tarde encarcelado e torturado.

Despois da súa posta en liberdade, Maquiavelo retirouse da vida política e centrouse en desenvolver a súa actividade literaria. Una das obras máis destacadas do florentino é a dos Discorsi sulla prima Deca di Tito Livio, redacción da cal interrumpiu para escribir O Príncipe. Destaca a diversidade radical de plantexamento; mentres os Discursos mostran un talante republicano, o Príncipe ten como protagonista ao monarca.

O Príncipe debe considerarse un manual práctico lonxe de ser un libro de teoría política. A Maquiavelo cabe atribuirlle o descubrimento da posibilidade dunha ciencia política autónoma sempre prescindindo de consideracións morais. Fala da realidade política pois a política e a moral non teñen por que ir unidas, a política debe ser una mistura de eficacia e intelixencia e o mal pode chegar a ser eficaz. Maquiavelo é sen dúbida un home pragmático.

Todas estas consideracións citadas anteriormente suscitaron unha enorme polémica e O Príncipe recibiu ataques desde diversos sectores o que deu froito a unha interminabel literatura antimaquiavélica.

Na súa obra o autor exemplifica datos moi concretos que o autor ve nao realidade por medio de autores clásicos. Comenta as accións de aqueles que destacaron polas súas accións ao frente dun estado por medio da forza e a astucia - cualidades que para Maquiavelo deben caracterizar á figura do príncipe - comprendendo que para manter un territorio é necesario contar co apoio do pobo.

Durante os primeiros once capítulos o autor describe as diferentes clases de principados e de príncipes mais a súa intención máis clara é a de referirse ao príncipe novo, aquel que chega a un territorio por diferentes motivos que non son aqueles que lle veñen dados por dereitos hereditarios senón pola propria virtude, o consentimento do pobo, as axudas militares ou a boa fortuna. Algo que todavía fai atractiva a lectura de O Príncipe e ver que a pesar da súa antiguedade mostra aspectos que aínda son visibeis na actualidade.

Nunha segunda parte Maquiavelo analisa os tipos de exército como base sobre a que o príncipe debe construir e por último examina as cualidades ou virtudes que deben caracterizar a figura do príncipe. Para Maquiavelo a virtude política é aquela que un príncipe debe posuir para garantir a conservación do estada e do orde da paz. Esta virtude consiste nunha serie de cousas:

- Oportunidades: O Príncipe debe saber ver as cousas con perspectivas.

  • Audacia : Ser audaz no momento de tomar grandes decisións.

  • Forza: Saber utilizar a forza para impoñer os seus criterios

  • Eficacia: Manexar correctamente os medios para conservar o poder.

Para o autor florentino a mellor maneira de conservar o Estado é a combinación das armas e da prudencia, palabra esta última que aparece en moitas ocasións ao longo da obra.

Maquiavelo emana una imaxe de pesimismo, consecuencia da consciencia de que o mal existe e que está presente en toda acción política inevitabelmente.

“ Os homes nunca fan o ben se non é por necesidade “

Maquiavelo fai o análise obxetivo dun home que coñece os feitos pasados gracias ao estudo dos acontecementos e que coñece os feitos do seu tempo por propria experiencia. Narrar as súas vivencias causan en el unha pasión que nalgún momento o fan deixar a un lado a obxetividade e mostrar o seu sentimento.

O Príncipe de Maquiavelo e sen dúbida una grande obra que axuda a comprender as bases da política moderna.

O Príncipe é una obra que consta de vinteseis episodios nos que se contan numerosos acontecementos e feitos reais. A narración destes sucesos para exemplificar as ideas de Maquiavelo sobre o modelo de príncipe poden facer caer a un nunha aburrida lectura de feitos históricos se non presta a maior atención para observar as ideas que se van desprendendo do texto. Ideas estas que axudan a comprender os modos de actuar de moitos mandatarios durante séculos, cuias actitudes perviven todavía no espírito de moitos políticos actuais.

A obra a pesar de carecer dunha estética atractiva destaca sobre todo nao comprensión do ámbito político máis que polos seus valores filosóficos. De todos modos é un libro básico que todo o mundo debería ler.




Descargar
Enviado por:Picon
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar