Literatura
Manuel Antonio. Vangardas
-
De catro a catro no panorama da poesía do seu tempo:
Dentro do contexto literario do primeiro tercio do século XX en Galicia, cabe sinalar o atraso que hai na nosa literatura debido ós séculos escuros, e o nacemento de novos movementos estéticos chamados “-ismos”, co obxectivo de destruír a percepción tradicional da realidade, alterando imaxes, linguaxe... buscando así novas formas de expresión.
Isto coincide tamén a nivel histórico co lento avance que sofre Galicia cara á modernidade.
Debemos sinalar tamén o movemento vangardista en Galicia. ¿Podúcese unha verdadeira vagarda? Debemos atender ás características da nosa literatura:
-
Carácter periférico
-
Literatura comprometida co pobo
-
Anormal traxectoria literaria (Séculos escuros): no Rexurdimento renace a literatura sen coñece-la tradición medieval.
Non hai unha verdadeira vangarda, porque implicaba unha ruptura coa tradición, e en Galicia romper coa tradición supuña unha ruptura con galeguismo; hai sen embargo unha vangarda enxebre, que conxuga o respeto á tradición coas liberdades creativas que espallaban futuristas, cubistas...
-
Manuel Antonio e as vangardas na literatura galega:
Na nosa literatura só houbo actividade vangardista, pero non movementos consolidados,xa que iso implicaba unha ruptura co galeguismo:
-
Vangarda matizada: corresponde á liña impresionista. Non implican verdadeira ruptura.
-
Vangarda pura ou plena:
Liña simbolizante: transmite un significado de orde espiritual empregando elementos tirados da realidade concreta: o barco representa o eu lírico, aparece como vehículo da existencia (Manuel Antonio).
Liña de esteticismo: baseada na reflexión do signo poético.
Liña de vangarda pura: son aqueles textos que acomodaron dun xeito ortodoxo as fórmulas do creacionismo e do ultraísmo na nosa lingua.
-
Neotrobadorismo: prodúcese unha renovación da lírica medieval cantigas de amigo.
Imaxes novidosas.
-
Ton e estructura en De catro a catro:
Ó partir o ton é de ilusión e de esperanza, nas recaladas nótase monotonía, desorientación, soidade.
No transcurso da obra o ton do eu lírico e de desilusión, saudade.
Na primeira lectura superficial, temos unha viaxe física polo mar. Na segunda lectura, máis profunda, temos unha viaxe interior polo pensamento e a psicoloxía dunha voz lírica que escoitamos nos 19 poemas. É unha viaxe circular porque regresa ó punto de onde partiu. Ten unha estructura mítica: afastamento da súa terra, aventuras, o regreso (poema 19).
-
A vangarda galega:
Ver os puntos: “De catro a catro no panorama da poesía do seu tempo”, e “Manuel Antonio e as vangardas na literatura galega”.
-
Importancia de De catro a catro para a literatura galega:
Trátase dunha poesía vangardista e individualista con trazos persoais (compromiso ideolóxico, rexeitamento do eu creador coma deus, natureza non inventada e sentimentalidade nalgúns poemas).
Ten pegadas creacionistas (xustaposición de imaxes baseadas en relacións arbitrarias, pero que teñen unha lóxica interna e razoada), pegadas futuristas (linguaxes técnicas, destrucción da sintaxe...), pegadas cubistas (espacio e tempo).
Rompe coa poesía tradicional reutilizando as novidades vangardistas, non copiando as mesmas).
-
Influencia dos cambios políticos e sociais do primeiro tercio do século XX na literatura:
Dentro do contexto histórico, as dúas primeiras décadas do século XX están marcadas por un espírito revolucionario debido á I Guerra Mundial, á Revolución de Outubro en 1917 en Rusia, ós movementos fascistas de Italia e Alemaña, ó levantamento de Irlanda contra o dominio británico...
Prodúcese tamén a nivel literario unha revolución poética: as vangardas, caracterizadas pola liberdade expresiva, rompe coa a tradición...
Nesta época Galicia atravesa un lento avance cara á modernidade, hai moita emigración, movementos agraristas... que inflúen nas Irmandades, no Grupo Nós e nas vangardas.
En Galicia non houbo unha verdadeira vagarda debido a que romper coa tradición significaría romper co galeguismo, ademáis, a nosa literatura non seguíu unha traxectoria normal, por causa dos Séculos escuros.
-
Aspectos vangardistas dos poemas de De catro a catro:
-
Presenta ausencia de puntuación (soamente existe un punto ó remate do poema para sinala-lo final). Exemplos...
-
Maiúsculas para marca-lo comezo de cada grupo de versos. Exemplos...
-
Ausencia de rima (versolibrismo). Exemplos...
-
Non hai estrofa, hai unha falsa división estrófica: grupos de versos distintos marcando cada un unha característica (isto pode modificarse dependendo do poema). Exemplos...
-
Diferente disposición dos versos nas súas marxes: para marcar unha ruptura a nivel gramatical e semántico. Exemplos...
-
Linguaxe:
Imaxes.
Personificacións.
Linguaxe técnica da navegación.
A súa función é romper coa tradición poética
anterior. Exemplos...
-
Espacios en branco. Simbolizan un anagrama da estrela, o barco... Exemplos...
-
Apectos temáticos:
Tratamento novidoso da paisaje mariña.
Obxectividade, afastemento do contido chegando a un plano subxectivo.
Tanto cos aspectos formais como cos aspectos
temáticos inténtase unha ruptura coa tradición
poética.
-
Comenta a función estilística do léxico técnico de De catro a catro:
A función estilística do léxico técnico en De catro a catro é romper coa tradición poética anterior, facer unha renovación da linguaxe poética gracias ós “-ismos” vangardistas (creacionismo, futurismo e cubismo).
-
Analiza os principais aspectos da poética de Manuel Antonio:
A poética de Manuel Antonio caracterízase polas pegadas vangardistas do creacionismo principalmente (na renovación da linguaxe, na obxectividade e no humor), polos trazos persoais (compromiso coa lingua, sentimentalidade nalgúns poemas, natureza non inventada e en canto a que o poeta non actúa como un pequeño deus).
A conclusión atopámola en “Máis Alá” e en “Prólogo dun libro que ninguén escribíu).
-
Estructura mítica de De catro a catro:
Afastamento do mundo coñecido: o poema quere convidar á viaxe, quere facer extensiva a experiencia individual que vivirá o eu lírico, empregando a primeira persoa do plural.
Aventura: travesía convencional negada pola sensación de estar no medio do mar sen moverse, agás nas recaladas ou naqueles poemas nos que aparece sensación de movemento.
Regreso: para pechar a travesía abonda soamente o poema “Adeus”.
Estructura aparentemente artellada coma unha viaxe, pero é unha viaxe interior debido á negación constante do movemento.
Viaxe e estatismo son dous conceptos antitéticos e excluíntes, por iso podemos afirmar que se trata dunha “viaxe oximórica” (viaxe sen apenas movemento).
- Análise dos adxectivos de De catro a catro:
Reforzan a influencia creacionista do poema polas personificacións de elementos (exemplos) e polas imaxes que asocian elementos dispares (ex: noivas inéditas... sonrisa ubicua...)
Non hai adecuación de significado entre o adxectivo e o substantivo (exemplos).
Ruptura coa adxectivación tradicional: adexectivos cultos, modernos e cosmopolitas.
Distribución: substantivo+ adxectivo... (exemplos)
Función: fuxir dunha lectura sentimental e do subxectivismo romántico. Pretenden dar unha visión obxectiva desa vivencia, desa monotonía.
Poden dar idea dunha concepción do tempo diferente: descoñecido/novo/inédito... pero ó ir acompañado dos indefinidos mesmos... conservan a idea de monotonía (poema “Recalada”).
Descargar
Enviado por: | El remitente no desea revelar su nombre |
Idioma: | gallego |
País: | España |