Lengua Española


Lengua gallega


Galego 1

Micro-

É un elemento grego que se utiliza como prefixo para a formación de palabras. Pode significar “calidade do pequeno” ou “millonésima parte dunha unidade”. Ex.: microorganismo, microcosmos, microclima...

A prolepse e a analepse

Existen dúas formas de ordenación temporal dos feitos: a prolepse e a analepse.

A prolepse e a anticipación dos elementos futuros. Ex.: non mexei na cama, senón na escola.

A analepse é un salto cronolóxico cara ó pasado.

A comunicación verbal

A información pode transmitirse mediante a linguaxe verbal ou mediante algunhas das linguaxes non verbais (debuxos, xestos, cores, sons, etc.).

*Ver táboa no libro

O contexto é a situación na que se produce a mensaxe. Te un compoñente non lingüístico e outro lingüístico.

O signo lingüístico

Todo signo lingüístico está formado por dúas partes: o significante e o significado.

O significante é a forma sonora do signo, o conxunto de sons que emitimos ó pronuncialo. O significado é o contido conceptual que esa forma sonora nos fai evocar no cerebro.

Oficios e profesións

  • Oleira: á que fai olas

  • Ourive: traballa co ouro

  • Ebanista: traballa a madeira

  • Fogueteiro: fabrica foguetes

  • Palilleira: traballa cos palillos

  • Canteiro: traballa a pedra

  • Confeiteiro: fai pasteis e doces

  • Xastre: fai roupa

  • Costureira: cose roupas e tecidos

  • Cesteiro: fai cestas.

  • Cociñeiro- aderezar- garfo- restaurante

  • Carpinteira- escuadrar- tesoiras- carpintería

  • Panadeiro- cocer- forno- panadería

  • Mecánico- aparafusar- gato- taller

  • Profesora- aprender- xiz- aula

  • Zapateiro- solar- subela- zapatería

  • Labrega- rarear- grade- veiga

  • Xastre- cortar- tesoiras- xastrería

  • O bo taberneiro bautiza o viño primeiro

  • Na casa do ferreiro, coitelo de pao

  • Aprendiz de moito, mestre de nada

  • Onde hai patrón, non manda mariñeiro

  • Antes de ser frade, fun cociñeiro

  • Costureira sen dedal, cose pouco e iso mal

  • Arquitecto: realiza os planos da casa

  • Aparellador: dirixe a construcción da casa seguindo os planos

  • Canteiro: prepara e coloca a pedra que recobre parte da casa

  • Albanel: levanta as paredes e coloca os revestimentos de paredes e chans.

  • Carpinteiro: coloca portas, escaleiras, pasamáns etc.

  • Vernizador: verniza portas e parqué

  • Fontaneiro: coloca toda a instalación de tubos, billas e pezas de baño

  • Calefactor: realiza a instalación de calefacción

  • Ebanista: constrúe un moble aparador para o salón

  • Contratista: contrata o persoal necesario

  • Inmobiliario: compra e vende casas

  • Cirurxía: opera os enfermos nos quirófanos

  • Varredor: varre as rúas

  • Comadroa: asiste nun parto axúdanlle ao xinecólogo

  • Farmacéutica: a que exerce a farmacia

  • Albeite: cura os animais sen ser veterinario

  • Tintureiro: tingue a roupa

  • Cerralleiro: amaña as ferraduras

  • Gandeiro: comercia con gando

  • Informática: ordenador- modem- rato- escáner

  • Carpintería: garlopa- serra- trade- tenaces

  • Electricidade: cable- cinta illante- soldador- desaparafusador

  • Cociña: grella- relador- coador- funil

  • -eiro/a,

  • -ista,

  • -ante,

  • -or/a,

  • -ario/a

A oración

A oración é un conxunto de palabras que ten un significado. Nelas é obrigatorio, cando menos, un verbo conxugado e sepáranse entre si mediante punto e seguido.

  • Mediante as oración enunciativas, o emisor emite unha información sen opinar sobre ela.

  • Nas oración interrogativas o emisor formula unha pregunta. Poden ser directas, cando aparece o signo de interrogación ou indirectas, sen signo de interrogación.

  • Coas exclamativas o emisor expresa emocións ou sentimentos. Van con signos de exclamación.

  • As dubitativas emprégase cando o emisor quere manifestar dúbidas co respecto ao que di.

  • As desiderativas expresan o desexo do emisor.

  • Mediante as oración exhortativas o emisor manifesta mandato.

As partículas se cadra e quizais introducen oración dubitativas:

  • Se cadra, mala chova

  • Quizais chova mañá

Con se cadra emprégase o verbo en modo indicativo (chove) e con quizais (chova).

A historia do galego

Os primeiros pobos, os celtas, deixaron a súa pegada na nosa lingua. Os romanos chegaron a península no ano 218 a.C. e a Galicia, no 29 a.C. O latín é a lingua madre do galego. A partir de século V chagaron pobos de lingua xermánica. O galego recibiu palabras xermánicas. Nos 711, chegaron os árabes que deixaron a súa pegada na nosa lingua tamén.

Nos séculos entre o XII e XIV, o galego convértense na lingua da lírica da península. O galego quedase desde o XVI ata o XVII ausente. Son os chamados Séculos Escuros. Xorden as voces dos ilustrados como Frei Martín Sarmiento.

No XIX comeza o Rexurdimento do galego coa publicación en 1863 de Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

No estatuto de 1936 a lingua galega adquire por vez primeira recoñecemento de “idioma oficial de Galicia”. A revista NÓS comeza a ser publicada no ano 1920. e en 1950 se crea a editorial Galaxia.

O Estatuto de Autonomía de Galicia (1981) establece que o galego é xunto co castelán, lingua oficial de Galicia.

Grupos consonánticos: bl/br

Os semicultismos proceden do latín pero incorporáronse tardiamente ao galego, por iso sufriron só algúns cambios fonéticos, pero non todos

Os palabras cultas son as que se incorporaron moi tarde ao galego do latín e o grego e que non presentan as evolucións fonéticas características do galego.

Escríbense bl:

  • Nos cultismos: bloque, cable, público.

  • Nos préstamos recentes: blusa.

Escríbense br:

  • Nos semicultismos e nalgúns préstamos antigos: branco, nobre, dobre.

Uso de b/v

O uso de b e v vén determinado pola palabra de procedencia.

Nisto, nestas, niso

As formas nisto, nestas, niso son resultado da contracción da preposición en con isto, iso, estas.

  • O seu valor habitual é como demostrativo.

  • Ten outro valor como adverbios temporais, co significado de “entón”, “nese momentos”.




Descargar
Enviado por:Una Gallega
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar