Lengua Española


Áreas do galego # Gallego


Áreas do galego

  • Bloque Occidental

  • Isoglosa: cans / cas

  • Fenómenos xerais:

  • 1. Gheada (amigho, ghato).

    2. Seseo postnuclear (lus, dès /luz, dèz).

    3. Metafonías e outras alteracións do timbre ( èla, hòra, tempo, sogro / ela, hora, tèmpo, sògro).

    4. Terminación en án (irmán, verán, mañán).

    5. Plural -ns (cans, ladróns).

    6. Pronome suxeito ti.

    7. Vocal temática e (collEche(s), vendEche(s) / collIche(s), vendIche(s).

    8. Formas cantei, cantín, cantén, cantein na P1 do IP da C-I.

    9. Sufixo número-persoal -des (maioritaria) e -s, -ndes, -is (cantades, cantás, cantandes, cantais).

  • Áreas lingüísticas

  • Área fisterrá

  • Isoglosas: Seseo prenuclear (faser, sinco) e Cheísmo (vinCHE onte)

  • Subáreas

  • A-1: Xallas.

    • Ditongo ui (muito, nuite, cuiro, truita).

    • Vocal temática i (colliu, partiu) na P³ do IP da C-II e C-III.

    A-2 Tambre-Barbanza.

    • Ditongo oi ( moito, coiro).

    • Vocal temática e (colleu, parteu).

    Subáreas de transición.

    A-3 Bembibre.

    • Ditongo oi (moito, coiro).

    • Vocal temática i (colliu, partiu).

    • Seseo prenuclear (faser, sinco).

    • Sen cheísmo (vinTE onte).

    A-4 Compostelá.

    • Ditongo oi (moito, coiro)

    • Vocal temática e (colleu, parteu)

    • Seseo prenuclear (faser, sinco)

    • Terminación -ao (ou -án) de irmao.

  • Área Bergantiñá

  • Isoglosas: Seseo prenuclear (faser/ facer), ó sur e suroeste e cans /cas ó leste.

  • Fenómenos.

    • Sen seseo.

    • Sen cheísmo.

    • Ditongo oi (moito, troita).

    • Vocal temática i (colliu, partiu).

  • Área Pontevedresa

  • Isoglosas: Cheísmo ó norte e cans/ cas ó leste.

  • Fenómenos:

    • Radical hub- no tema de perfecto de haber e sup-,sub- como radical de perfecto de saber.

    • Radicales tru(i)- e trux- maioritarios fronte a troux-, trougu- para o perfecto de traer.

  • Subáreas.

  • C-1 Ulla-Umia

    Isoglosas: esto /isto e moito/ muito.

    • Deíctico esto.

    • Ditongo oi (moito, coiro).

    • VT e (colleu, parteu).

    Microsubáreas.

    C-1.1 Salnés

    • Seseo prenuclear ou a súa ausencia.

    • Terminación -án (irmán).

    C-1.2 A Ulla

    • Sen seseo prenuclear.

    • Terminación -ao (irmao).

    C-1.3 Moraña-Cotobade.

    • Sen seseo prenuclear.

    • Terminación -án (irmán).

    C-2 Macrosubárea Verdugo-Miño.

    Isoglosas esto /isto e moito/ muito.

    Fenómenos.

    • Deíctico isto (hipercaracterizado).

    • Formas muito, noite, coiro~couro.

    • VT e/i (colleu/ partiu).

    Subáreas:

    • Verdugo (isoglosa quères/ queres).

    Microsubáreas

    • Redondela-Mondariz, sen seseo.

    • Morrazo-Fragoso con seseo prenuclear. Inclúese a illa de Ons.

    • Do Miño (isoglosa quères/ queres, nève/ neve. As formas con vocal pechada son propias desta zona).

    Microsubáreas:

    • Baixo Miño (C-2A).

    • Teísmo (xa TO dixen/ xa CHO dixen).

    • Pronome suxeito tu.

    • SNP -is, -ndes (cantais, cantandes).

    • Miñor (C-2B).

    • Sen teísmo.

    • SNP -ndes.

    • Seseo prenuclear (faser).

    • Louriña (C-2C).

    • Presencia / ausencia de seseo (facer/ faser).

    • SNP -des (cantades).

    • Sen teísmo.

    • Condado (C-2D).

    • Sen seseo (facer).

    • SNP -des.

    • Sen teísmo.

  • Bloque Central

  • Isoglosas: cans / cas (occidente), cas / cais (oriente)

  • Fenómenos xerais

  • Gheada (occidente) e ausencia de gheada (oriente).

  • Ausencia de seseo (facer, cinco). Só lus e ves na Coruña e Pontevedra.

  • Ditongo oi (moito, noite, coiro).

  • Plural -s (sg. -n): cas, ladrós, (sg. can, ladrón).

  • Terminación -ao (masc.) / (fem.): irmao, verao / irmá, mañá.

  • Pronome suxeito ti (occidente) tu (oriente).

  • Vocal temática i, etimolóxica, na P² dos perfectos fracos da C-II (collIches, vendIches.

  • Terminación verbal -des (cantades) maioritaria.

  • Áreas lingüísticas

  • Área mindoniense

  • Isoglosa: Sufixo modal temporal è/ é, a (cantèmos, collèmos, partèmos/ cantemos, collamos, partamos).

  • Fenómenos.

    • Pronome suxeito nosoutros, vosoutros no canto de nòs, vòs.

    • CD enclítico -i no canto de -o.

    • Formas verbais (es)teña, seña, vallo, sallo.

    • Léxico específico: barruzar, golpe, cimo/ chuviñar, raposo, grelo.

  • Subáreas:

  • A-1 Occidental, con gheada.

    Microsubáreas:

    • A Capelada-Ferrol-Guitiriz con pronome suxeito ti.

    • Viveiro-Xermade con pronome suxeito tu.

    A-2 Oriental, sen gheada.

    Microsubáreas:

    • A Mariña-Xistral con colleu, parteu.

    • A Mariña- Lourenzá con colleu/ partiu.

  • Área lucu-auriense

  • isoglosas: iste(s) / este(s), il(es)/ el (es).

  • Fenómenos:

    • Vocal radical u, i no imp. da C-II (culle, bibe, turce/ colle, bebe, torce), especialmemte en falas ourensás.

  • Subáreas:

    • Lucense (E-1) caracterizada pola presencia de llo (lle+o) e llelo (lles+o).

    • Microsubárea:

    • Becerreá:

    • Ditongo ui (muito , truita) e oi (noite, oito).

    • Terminación -ín (pl. -iños) en camín, padrín.

    • SNP -is (cantais)-

    • Auriense (E-2) con llo (lle+o, lles+o).

    • Microsubáreas:

    • A Limia Baixa (E-2A), especialmente os concellos de Lobios e Entrimo.

    • Sibilantes sonoras.

    • Intestabilidade do è (>e) en queres, neve que tende a pechado.

    • Arcaísmos morfolóxicos como decer ou sintácticos como a interpolación.

    • A Limia Alta (E.2B), co SNP -ndes de cantandes, collendes, etc.

    • O Ribeiro (E-2C) coa terminación -án (pl.-ás) para o feminino de mazán, etc.

  • Área central de transición

  • Isoglosas: cantèmos, collèmos / cantemos, collamos ó norte; el/ il ó sur.

  • Fenómenos:

    • Deíctico este e pronome el.

    • SMT e en cantemos e a en collamos.

  • Subáreas:

    • Occidental (F-1), coa terminación fem. án (mazán, pl. mazá) e formas colleu, parteu, ou colleu, partiu.

    • Microsubáreas.

    • As Mariñas (F-1A), masc. e fem. sg. -án, pl. -ás (irmán, irmás).

    • Ordes - Terra de Montes (F-1B), masc. -ao, fem. -án (pl. -ás) (irmao(s), irmán, irmás).

    • Meira (F-2), con moito, troita (xeral) e muito, truita; terminación -iño ou -ín (camiño ~ camín) e SNP (cantais).

  • Área oriental de transición

  • Isoglosas: il/el no occidente e cas/cais no oriente.

  • Fenómenos (de oeste e leste).

    • -oit-, -uit-, -ut- (moito, muito, muto).

    • SNP -ndes, -is (cantandes, cantais).

  • Subárea.

  • G-1 Oímbra-Vilardevós coa terminación feminina -án (mazán).

  • Bloque Oriental

  • Isoglosas: cas / cais (occidente) e pèdra, ròda / piedra, rueda (oriente)

  • Fenómenos xerais

  • Ditongo ua (cuatro, guardar / catro, gardar).

  • Ditongo oi (moito, coiro), ui (muito, truita, escuita) ou ausencia de ditongo (muto/ mutio, truta/ trutia).

  • Formas con -ax- (baxo, caxa /baixo, caixa).

  • Terminación -ín (camín, padrín / camiño, padriño) excepto na zona sur.

  • Plural -is (cais, ladrois; sg. can, ladrón).

  • Plural -is (animais, caracois; sg. animal, caracol), excepto na área asturiana.

  • Perfectos cantein, cantén e futuros cantarein, cantarén.

  • Sufixo número-persoal -is (cantais, cantabais / cantades, cantabades).

  • Áreas lingüísticas

  • Área asturiana

  • Isoglosas:

    • Terminacións -íus, ías/ -iños, -iñas (molíus, sardías/ muíños, sardiñas).

    • Artigo masculino l ~ el/ o (l´amigo, el día/ o día).

    • Vocal temática i na P² dos perfectos fortes: (tuviche, dixiche/ tivèche(s), dixèche(s).

    • VT è nos perfectos fracos da C-II (collèmos, -èstes, -èron, -èse/ collemos, -estes, -eron, -ese).

  • Fenómenos.

    • Timbre etimolóxico en bòn, fònte, pònte.

    • Abertura antietimolóxica en lòmbo, canciòn, centèn, chèn (gal. común centeo, cheo).

    • Conservación do -L- latino (avòlo, molín, animales).

  • Subáreas.

  • H-1 A Veiga - Oscos - Ibias.

    • Conservación -L- latino (la, leite).

    • Simplificación -LL- latino (cabalo, ela).

    H-2 Salave - Coaña - Boal.

    - Palatalización ( e posible deslateralización) de L- e -LL- latinos (lla, lleite; caballo, ella).

  • Área ancaresa

  • Isoglosa: Vocalismo nasal (cães/ cans).

  • Fenómenos.

    • Palatalización do a tónico (irmä, pèdre).

    • Gheada (amigho, aghora).

    • SNP ø collí, partí, fice, fronte a -n de collín, partín, fixen.

    • VT i no TP dos perfectos fracos da C-II (colliu, collira, collise).

  • Área zamorana

  • Isoglosas:

    • SNP ø (collí, partí, fice)/ -n (collín, partín, fixen).

    • Pronome átono -o (haio, seio, canteio, deixouo)/ alomorfo -no (haino, seino, canteino, deixouno).

  • Fenómeno.

    • Confusión dos ditongos oi, ou (noite ~ noute; despois ~ despous).

    • Plural peis (sg. ), verdais (sg. verdà, verdai).

    • Terminación -iño (camiño, padriño).

    • Pronome suxeito nós, vós con o pechado fronte a nòs, vòs (ou nosoutros, vosoutros).

  • Subáreas.

  • L-1 Porto coa isoglosa da distinción te-che/ teísmo.

    • Perda do -g- precedido de i (embiu «embigo», mía «miga») e do -z (lu por luz ou cru por cruz).

    • Palatalización do a átono (cäldeiro, casä, fabäs).

    • Ausencia de teísmo (xa TE vin, xa CHE dixen todo).

    • Desinencia -che na P² do IP (cantache, colliche).

    • Desinencia -stes na P5 do IP (cantastes, collistes con VT i na C-II).

    L-II A Mezquita-Lubián coa isoglosa da distinción te-che/ teísmo.

    • Con teísmo (xa TE vin, xa TE dixen todo).

    Microsubáreas.

    A Mezquita

    • Pronome átono lle.

    • VT a nas formas do TP da C-1 (cantache, cantamos, cantara, etc.).

    • Desinencia -che na P² do IP (cantache, colleche).

    • Desinencia -stes na P5 do IP (cantastes, collestes, con VT e na C-II).

    Lubián - Hermisende.

    • Pronome átono le.

    • VT è nas formas do TP da C-I (cantèste(s), cantèmos, cantèra, etc.).

    • A desinencia da P² do IP é -stes en Lubián (cantèste(s), colliste(s)).

    • Desinencia -steis na P5 do IP en cantásteis, collisteis (con VT i na C-II).

  • Área oriental-central

  • Fenómenos.

    • Sen terminación -íus, ía(s).

    • Sen vocalismo nasal.

    • Sen formas collí, partí, fice.

  • Subáreas.

  • M-1 A Fonsagrada - O Courel - O Bierzo con terminación -ín (pl -iños) (padrín, camín) e pronome llelo.

    Microsubáreas:

    • A Fonsagrada - Cervantes con muito, mutio e pronome -ol.

    • O Courel con muito e il, iste.

    • O Bierzo con muito (e mutio, muto) e el, este. No Bierzo oriental de fala galega hai mantemento do -L- lat. e formas cantaSTE, collIu, collIra, etc.

    M-2 O Valdeorras - Viana, con terminación -iño (camiño, padriño) e pronome llo (lles+o).

    Microsubáreas:

    • O Valdeorras con muito.

    • O Bolo - Viana con muto.

    O morto lebantou unha perna pa riba, o morto, e... e claro, botou a correr... Pero, ¿que foi?, dixeron que fora desta maneira: tíñanll´as pernas atadas e, i-o apear il ó cuarto e`stremecers`o cuarto, rompeu o cordón e lebantou unha perna pa riba. Desas cousas pasan muito; desas cousas pasan muita na bida esí, que claro, porque a morte é mui impresionante, non bes, e... i así.

    Unha mostra da fala de...

    Mª Xosé López Castro

    È... xa digho, daquèla eças ebdrômenas qu´había è o das luçes tamên, que vían unha lus alí, que vían a compaña no outro lado è.. outro que tomaba medo alí, outro tomaba medo è ahora din:

    -¿È, and´ir à compaña?

    - È vai de vacaçións.

    Aghora ninquên fala deço pèr´antes tod´èra medo, habí´à compaña alá no campo das Mòas, aí alí arriba do que lle chaman, paréçeme ond´hai aí eça leira que lle chaman qu´hai alí unha crus que lle chaman a crus mona, alí tamên, qu´había alí qu´había´alí medo... outros qu´ouveaban os cans, outros que berraban as peghas è tod`er`açí, couças de medo é... é xa tíñamos nôs medo bastante.

    Seseo e gheada en ...

    D. Míguez Iglesias




    Descargar
    Enviado por:Pablo Casais
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar