Historia
Historia medieval de Galicia
Peste e fame
Nos séculos XIII e XIV comeza a frearse o crecemento económico e demográfico por mor das malas colleitas e as fames e pestes, entre as que destaca a Peste Negra, que chega a Galiza no 1348 deixando importantes consecuencias:
Provoca unha importante mortaldade, morre un terzo da poboación europea pero os seus efectos son menores en Galiza.
O pasamento de tantas persoas supón dificultades para o agro:
-
Abandónanse terras de cultivo.
-
Non se poden pagar as rendas, o que obriga aos señores a flexibilizar as condicións dos foros.
-
Especialízase a actividade agrícola:
-
Préstaselle un maior coidado ás árbores, especialmente ás froiteiras.
-
Desenvólvese o cultivo do viñedo, impulsado por igrexas e mosteiros, especialmente no Ribeiro ou en Rivadavia. Ademais, a maior mortaldade que a peste provocara en Francia fai que decaia a produción dos seus viños, gañando terreo os galegos.
-
Desenvólvense outras actividades complementarias (explotación dos recursos mariños.)
A conquista do mar
Malia a fame e as pestes, prodúcese nesta época:
Unha importante apertura de Galiza ao mar, xa que se abre a ruta marítima entre o Mar do Norte e o Mediterráneo pasando por Xibraltar:
-
Nas vilas costeiras establécense mercadores dedicados á exportación (peixe,viño) e á importación (tecidos, coiros, produtos alimenticios elaborados.)
-
Galiza fica nunha posición estratéxica entre dous importantes centros, Flandres e Italia, desenvolvéndose o comercio en dúas direccións: cara o norte europeo e cara o Mediterráneo.
-
Destacan dous centros importantes da costa atlántica:
-
A Coruña, onde se instalan comerciantes italianos e flamencos desde o século XIV.
-
Pontevedra, sede de importantes comerciantes galegos.
-
Malia non se crear institucións propias que permitisen un mellor desenvolvemento desta actividade, isto vai permitir a exportación a longa distancia.
-
Desenvólvense as vilas costeiras, cun claro auxe do urbano.
-
Un auxe do urbano:
-
Na cidade as desgrazas anteriores non se deixaron notar con tanta intensidade.
-
O desenvolvemento do comercio atlántico e das actividades artesás permite afrontar mellor a situación.
-
Constrúen igrexas nas principais cidades, seguindo o estilo gótico.
-
Consideran a morte unha prolongación do que se era en vida, de aí unha importante escultura funeraria (cabaleiros enterrados en igrexas) entre a que destaca o sartego de Fernán Pérez de Andrade e a súa muller en Betanzos.
-
Tensións sociais e relevos nobiliarios: as Guerras Irmandiñas
-
Santiago de Compostela: en 1418 créase unha Irmandade de veciños que non é quen re minguar o poder eclesiástico na cidade.
-
Ourense: en 1419 prodúcese unha revolta urbana que acaba coa morte do bispo.
-
Lugo: a revolta encabezada por María Castaña acaba tamén coa morte do bispo.
-
A nobreza galaica é substituída por liñaxes foráneas, guerreiras, protexidas polo rei, que buscaban aquí gañar rendas.
-
De entre as casas galegas son os Andrades os máis favorecidos.
-
A Irmandade Fusquenlla (1431): prodúcese en Pontedeume e Betanzos, dirixida polo fidalgo coruñés Roi Xordo, tendo como especial obxectivo a Nuño Freire de Andrade, O Mao. As diferenzas internas dos irmandiños, xunto coas tropas dos Andrade, do rei e do arcebispo compostelán, acabarían axiña coa revolta.
-
A Grande Guerra Irmandiña (1467 - 1469):
-
Dirixentes: Pedro de Osorio (centro de Galiza), Alonso de Lanzós (norte) e Diego de Lemos (sur de Lugo e norte de Ourense.)
-
Desenvolvemento: campesiños, xente da cidade, baixa nobreza e fidalguía enfróntanse aos grandes nobres laicos (Lemos, Andrade, Moscoso) destruíndo torres e fortalezas (unhas 130.)
-
Fin da Grande Guerra Irmandiña: primeiro a nobreza escapa a Portugal e Castela, pero volven co apoio de ambos monarcas. Así, en 1469, Pedro Madruga vén desde Portugal con armamento novidoso e derrota as tropas irmandiñas.
-
Consecuencias: a represión non foi dura xa que, se a nobreza atentase contra os campesiños non tería quen lles traballase a terra e lles pagase as rendas.
-
As reformas dos Reis Católicos
-
Derrota da nobreza: a guerra sucesoria pola Coroa de Castela e a posterior política dos Reis Católicos, que obriga á nobreza a abandonar as súas fortalezas e poñerse ao servizo da monarquía, supoñen a fin da nobreza laica medieval.
-
Aparición da fidalguía: confórmase, grazas á reforma dos mosteiros, a base da importante fidalguía dos séculos XVII - XIX. Esta reforma dos mosteiros consiste na súa integración en congregacións da Coroa Castelá, na estabilización dos seus patrimonios e a consecución doutros novos, así como de foros. Isto é posíbel grazas :
-
Desaparición dos encomendeiros (antiga nobreza).
-
Apoio do rei.
-
Integración social do campesiñado coa xeneralización do foro.
-
Alianza coa baixa nobreza, eclesiásticos, persoas que desenvolvían cargos administrativos, burocráticos ou de goberno, precursores da fidalguía.
-
Instálanse liñaxes nobiliarias casteláns que traen a súa lingua.
-
Prodúcese un afastamento da corte desde a época de Afonso IX.
-
A nobreza, fortemente belicosa, non se dedicará ao cultivo da literatura.
-
Galiza no tempo dos Austrias
-
A reordenación social consecuencia das Guerras Irmandiñas e os relevos nobiliarios, que supón o reforzamento da Igrexa.
-
Unha monarquía máis forte, o que supón unha maior integración de Galiza no reino castelán coa creación de institucións coma a Audiencia de Galiza ou as Xuntas do Reino.
-
O declive da sociedade urbana, xa que se produce unha ruralización das elites mercantís (expansión atántica.)
-
O afastamento da Corte.
-
A ausencia de centros culturais.
-
Das costas galegas parten expedicións militares coma a Armada Invencible.
-
Galiza convértese en acubillo dos irlandeses católicos que foxen do anglicanismo inglés.
-
Pedro Fernández de Castro, o Gran Conde de Lemos, voz galega nas Cortes e mecenas de escritores coma Lope ou Góngora. Ademais é o autor de El búho gallego.
-
Os Zúñigas (condado de Monterrei), con postos diplomáticos.
-
Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, diplomático na Corte inglesa. Ademais mostra un grande interese pola cultura e a lingua galegas, será o devanceiro da recuperación que efectuarán os ilustrados.
-
O goberno do reino e as súas institucións
-
Xurisdicións señoriais: a elas pertencía boa parte do territorio galego e estaban dominadas pola alta nobreza, bispos e abades. Tiñan amplas competencias: nomeamento de cargos, xustiza, tributos... pero o seu poder foise reducindo.
-
Coutos: non dependían das xurisdicións e estaban compostas por poucos veciños.
-
Correxementos: división administrativa propia do entorno urbano.
-
Provincias: eran cinco nun principio e volvéronse sete a fins do século XVI (Santiago, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Tui, Betanzos e A Coruña.)
-
Xuntas do Reino: compostas por un representante de cada provincia (procurator). O procurator que representaba a todo o reino era denominado Deputado Xeral do Reino. Entre as súas accións destacan:
-
Recadación de impostos.
-
Levas militares.
-
Renovación dos foros.
-
Accións para conseguir que Galiza teña voto nas Cortes, para o que interveñen os Condes de Lemos e Gondomar. Lograríase en 1622.
-
A súa capacidade de actuación é escasa, só son intermediarias entre un Reino e a monarquía.
-
Capitán Xeral: é o representante do rei no reino e o presidente das Xuntas e a Audiencia. Ten poderes xudiciais e administrativos que irán pasando pouco a pouco ás institucións que preside. Son, ademais, símbolo da centralización política e administrativa que se fará máis efectiva do liberalismo.
-
Real Audiencia: chega a Galiza como tribunal itinerante para lograr a pacificación do Reino. En 1563 asentarase na Coruña. Tiña competencias xudiciais (regulación de conflitos entre institucións, particulares...) e de goberno. Espallou a práctica do dereito letrado fronte á xustiza de armas dos señores e mantívose até o século XIX, a Constitución de Cádiz arrebatoulle o poder gubernativo. Ademais tería conflitos coa Intendencia, xurdida en 1712, cando as súas funcións se centrarían só en materia económica e pública.
Por outra banda, trala peregrinación de Francisco de Asís a Compostela (1214), esténdense por Galiza os mendicantes:
3.1. Enfrontamentos cos señoríos das cidades
Nos séculos XIV e XV prodúcense nas cidades conflitos entre os artesáns e comerciantes e o señorío das cidades. Os primeiros pretendían librarse do señorío e ter a protección directa do rei, obxectivo que non conseguiron pero que provocou revoltas nas principais cidades:
3.2. Relevos nobiliarios
Paralelamente ás loitas dinásticas entre Pedro I (apoiado pola alta nobreza) e Enrique II (apoiado por nobres menores, moitos de fóra de Galiza), prodúcense cambios na nobreza do país:
Ademais prodúcese unha loita entre dous sectores nobiliarios: o laico e o eclesiástico, xa que a nobreza laica cobiza os bens e o poder da eclesiástica.
Esta nobreza laica non só loitará por conseguir os bens da Igrexa, senón que tamén extorsionará aos campesiños, o que crea o contexto propicio para que no século XV se produzan as Guerras Irmandiñas.
3.3. Guerras Irmandiñas
A transición cara a Idade Moderna en Galiza leva consigo importantes cambios sociais:
4.1. Cultura e lingua
Galiza non é quen de conservar o esplendor cultural dos séculos XII e XIII e, desde o século XIV, a tradición dos Cancioneiros comeza a decaer. Aínda que o galego se segue a usar como lingua de comunicación, perde peso como lingua literaria porque:
Así, o castelán vaise adoptando pouco a pouco nos usos cultos, pero o galego sempre se seguirá a usar como lingua oral.
Son tres os trazos característicos que se dan no paso á Idade Moderna en Galiza:
5.1. Cultura
Ademais, chega neste momento a corrente humanista a Galiza, pero non con moita forza por mor de:
Aínda así podemos nomear a figuras coma Fonseca, Álvaro de Cadaval, Francisco Sánchez, Caldas Pereira, F. Salgado de Somoza ou Bartolomé Sagrario de Molina, autor de Descripción del Reino de Galicia.
Chega, tardiamente, a imprenta. Deste xeito penetra o libro, unha das grandes ferramentas do humanismo, malia que a imprenta é usada case exclusivamente pola Igrexa para a impresión de libros relixiosos.
Por outra banda, créanse centros de estudo coma colexios ou o Estudo Xeral, unha evolución da vella escola catedralicia compostelá que será o berce da universidade.
5.2. Política
5.2.1. Os ataques corsarios ingleses e holandeses
No século XVI Galiza tórnase obxectivo militar de ingleses e holandeses por dúas razóns:
Así, prodúcense ataques entre os que destaca o da Coruña en 1589 con efectos moi negativos, feito que converte a María Pita en símbolo de defensa da cidade.
5.2.2. O afastamento da Coroa
O afastamento da Coroa desde tempos de Afonso IX provoca que Galiza non teña peso nas Cortes. Malia todo, existen algúns persoeiros de certa importancia:
6.1. Estrutura administrativa
6.2. Novas institucións
Este conflito prodúcese entre Isabel, apoiada polo arcebispo compostelán Fonseca, e Xoana a Beltranexa, apoiada por grande parte dos nobres galegos, entre eles Pedro Madruga. A derrota de Xoana a Beltranexa e a suba ao poder de Isabel terán consecuencias negativas para a nobreza galega.
4. A crise baixomedieval
1
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Descargar
Enviado por: | LuZinHa |
Idioma: | gallego |
País: | España |