Historia


Guerra Civil española y Franquismo


LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

O 13 de xullo de 1936 e asasinado Calvo Sotelo , os conspiradores deciden que este e o momento de sublevarse.

O dia 17 de xullo sublevanse os militares de Melilla , e se estende a rebelión polo resto da Peninsula .

A sublevación nacional triunfa en Galicia, , Castela e Leon, Navara e nas cidades de Sevilla , Cordoba ,Granada e Zaragoza.. O golpe foi un fracaso xa que non conseguiu triunfar en todolos lugares, ademais boa parte o exercito (dos 18 xenerais so se sublevaron 4 ) e as duas gardas permaneceron fieis a Republica. .

En Madrid o goberno sentiuse impotente e entregou armas .Nas demais cidades importantes a reacion da sociedade foi defender a Republica.

España queda dividida en duas: uns republicanos e outros os nacionais que creian que o “ Glorioso Alzamento Nacional” ia restablece-la orde e acabar cos inimigos do Pais :anarquistas , comunistas...

Para moitisimos españois unirse a un ou outro bando debeuse a unha cuestion xeografica .

No comezo da guerra 1936

Na zona Republicana quedaran as zonas mineiras e industriais ,tamen quedou o Banco de España do que os Republicanos sacaron o ouro para comprar armas a URSS, tamen quedou a mayoría da poboacion . O exercito desta zona tivo unha clara desvantaxa pois o goberno ordenoulle os militares que non obedeceran os seus xefes , moitos soldados se foron para as suas casas . Se tiveron que crear as milicias populares que eran batallons de partidos políticos e carecian de disciplina militar . Este bando estaba apoiado polas clases traballadoras e polo Pais Vasco e Cataluña( porque un dos obxectivos dos nacionais era eliminar as autonomias ). O goberno seguia en Madrid e estaba presidido por Largo Caballero e o presidente da Republica era Manuel Azaña.

Pola contra o bando dos nacionais se sumaron 200 mil falanxistsa e 63 mil carlistas moi ben disciplinados , este bando estaba apoiado polas clases altas e os campesinos medios .

Obxectivo Madrid (Outono 1936)

Segundo o plano previsto as tropas de Mola desde o norte e de Franco dende o sur se atoparian en Madrid para conquistar a capital. O plano fracasou xa que o pobo de Madrid detivo a Mola nas serras proximas a Madrid. E Franco quedouse illado en Marrocos ata o dia 20 de xullo cando os avions alemans e italianos traslandan a lexionarios e regulares ata Sevilla e Xerez da Fronteira . E ata o 5 de agosto non logra cruzar o estreito o groso das forzas , xa que a flota permaneceu fiel a republica ainda que non consegui pecharlle o paso a Franco .Este sube por Extremadura e xunta as suas tropas as de Mola unen asi as duas zonas nacionais .Franco se retrasa un pouco porque ten que ir liberar o Alcazar de Toledo onde se refusian os nacionais de esa cidades ante o asedio dos republicanos , este tempo revé para que a defensa de Madrid se organice para soporta-lo asedio.

O exercito de Mola , desde Navarra e Alava , logra conquistar Irun e san Sebastián co que a zona do norte queda illada e coa fronteira francesa pechada.

As tropas de Franco chegan as portas de Madrid pero na cidade xa estaban as milicias doutros puntos de España , as primeiras brigadas internacionais e a axuda militar sovietica para defende-la capital da republica .Ali formouse unha xunta de defensa presidida por Miaja. O goberno temendo ser capturado trasladase a Valencia. Madrid resiste e a fronte estabilizase . vaise pasar de unha guerra de movementos a unha de trincheiras .ali faise patente a axuda internacional a ambolos bandos .

O 29 de setembro os xenerais sublevados deciden nomear o xeneral Franco como xefe de gobernó do estado español e xeneralisimo das forzas nacionais de terra ,mar e aire .

Batallas arredor de Madrid (1937)

BATALLA DO JARAMA :En febreiro de 1937 franco decidiu rodear Madrid polo sur , polo Val do rio Jarama , tratando de incomunicala o corta-la estrada de Valencia . Tras 12 dias de furiosos combates non se chegou a ninguna solucion clara , houbo moitisimas baixas de cada bando , tiveron especial importancia as brigadas internacionais. Sobre o ceo de Madrid houbo moitos combates aereos .

BATALLA DE GUADALAXARA antes do incio da guerra alguns monárquicos conctataron coa Italia fascista para opter os medios necesarios para derruba-la republica . en 1937 Mussolini envia abundante material de guerra e o corpo di truppe volntarie.foron empregados na conquista de Malaga . Franco volveu intentar rodear Madrid polo norte , por Guadalaxara .crebaron a fronte pero o xeneral Rojo iniciou a contraofensiva co exercito republicano organizado en brigadas mixtas , os italianos retiraronse en desbandada deixando abundantes mortos . o éxito tivo un grande efecto propagandistico .

BATALLA DE BRUNETE E BELCHITE: Tralos fracasos de Jarama e Guadalaxara ,Franco decidiu conquistar outros territorios da republica . Tralo bombardeo de Guernika caeu Bilbao en xuño, o estatuto de autonomia foi suprimido .O seguinte obxectivo dos nacionais era Santander . Negrin presidente do goberno republicano decidiu atacar por sorpresa Brunete para aliviar la presion sobre a fronte norte , a batalla de Brunete tamen acabou sen un vencedor . o mes seguinte caeu Santander en mans dos nacionais.

O xeneral miaja ordenou atacar en Beltiche tratando de paraliza-la ofensiva nacionalista sobre Asturias e conquistar Zaragoza, non se logrou ningun dos obxectivos desapareceu a fronte norte

A fronte do leste e o final da guerra (1938-1939)

A republica ordenoulle o xeneral Rojo que iniciase unha ofensiva de distracción sobre Teruel a cidade rendeuse o 8 de xaneiro de 1938por primeira vez na guerra os republicanos conseguiran conquistar unha capital de provincia ainda que pronto a perderon pola contraofensiva dos nacionais .desde o sainte de Teruel os nacionais trataron de alcanzar o mditeraneo asi desta maneira cortaron a republica en dous , por un lado Madrid e por outro valencia e Cataluña , cegaron a Vinaroz para despois continuar avanzando ata valencia no mes de xuño tomaron Castellon. A republica tratou de impedi-lo avance sobre valencia montando a meirande ofensiva de toda a guerra : a batalla do Ebro .

BATALLA DO EBRO: o obxectvo tactico era cruzalo Ebro e envolver pola retagarda os exercitos nacionais , a ofensiva colleu por sorpresa o exercito revelde pero a semana de batalla o exercito republicano quedou cravado no terreo , enton comezou unha batalla de posicions de ataques e de contraataques que produciu unha enorme carniceria nos dous bandos .

Franco atacou Cataluña que foi conquistada en dous meses entrando en Barcelona en xaneiro de 1939, o estatuto de autonomia foi suprimido.

A finais de febreiro de 1939 Azaña dimite de presidente da republica e Negrin fara mesmo en marzo.exilianse en Francia .

En Madrid , o coronel Casado o xeneral Miaja e outros militares crearon un consello de defensa nacional descontentos coa influencia que tiñan os comunistas no exercito.asi xurdiu un goberno paralelo o da republica que tiña como obxectivo negociar a paz con certas garantias para os vencidos , Franco negouse e pediu a rendición incondicional .

As tropas reveldes lexitimadas pola victoria militar entraron en Madrid o 28 de marzo de 1939 , catro dias despois Franco anunciou o final da guerra.

A intervención extranxeira ou a prolongación da agonia

Sen a masiva axuda extranxeira a guerra non duraria tanto. Francia ,Gran Bretaña e 30 paises mais crearon un comité de non intervención . As mariñas británicas, francesa, italiana e alemana controlarian unha zona marítima cada unha para que non entrase material de guerra. Francia e Portugal pecharian as suas fronteiras.

ESPAÑA REPUBLICANA: recibiu axuda da URSS e en menor cantidade de Francia e México. A axuda humanitaria chegou a traves das brigadas internacionais , moitos deles canalizados por partidos comunistas europeos que viñeron a españa a loitar contra a propagación do totalitarismo.

A base de adestramento foi Albacete . Distribuironse en 6 brigadas que adoitaban agrupa-los soldados de cada pais.

ESPAÑA SUBLEVADA: o bando sublevado recibiu axuda de Italia e Alemaña de forma masiva e pagadoira en peles e minerais.

Alemaña enviou a sua Lexion Condor

Italia os soldados do Corpo di Truppe Volontaire.

Portugal os Viriatos.

Irlanda a Lexion de San Patricio .

As cantidades de material que recibiu cada bando varian moito segundo os autoresainda que a axuda da URSS foi menor en cantidade e calidade.

A España Republicana : guerra e revolucion social

No bando republicano o poder dos partidos ,dos sindicatos era tan grande que nunca conseguiu a unidade. A presencia de reveldes as portas de Madrid fixo necesario a creación de un gobernó de concentración. Azaña presidente da republica e Largo caballero do goberno..

No bando republicano partidos e sindicactos propuxeron duas cuestions ¿era mais importante gaña-la guerra ou face-la revolucion? Os anarquistas e o POUM consideraron que chegara momento de face-la revolucion social, colectivizaronse algunhas empresas e tamen algunhas terras.

Outros consideraban que se non se gañaba se ian perder todolos logros da republica , iso pensaban os comunistas que preferian deixar unha colectivizacion para mais adiante o que os enfrontou os anarquistas.

A unica potencia que apoiaba a republica era a URSS a que estaba ligado o PCE.

A presion comunistas obriga a dimitir a largo caballero (maio 1937) e e nomeado novo presidente Juan Negrin a influencia dos comunistas medrou no gobernó. Negrin considerou que era vital resistir pois semellaba que se aveciñaba unha nova guerra mundial e as potencias democráticas se enfrontarian as fascistas, axudarian e salvarian a Republica, Negrin equivocouse por cinco meses , xa que en setembro de 1939 comezaria segunda guerra mundial.

A España Nacional:guerra e contrarrevolucion

O fracaso inicial da sublevación fixo ver os militares a necesidade de establecer un goberno na zona dominada por eles , Franco recibiu nas suas mans todolos poderes. O exercito ,a igrexia e a falanxe serian os piares fundamentais.

  • O exercito recuperba o protagonismo que a republica lle quitara.

  • A igrexia recuperou todolos privilexios e o estado declarabase confesional catolico.

Foron suprimidas todalas reformas e a lexislacion socio laboral republicana e eliminados os partidos e sindicactos.

Habera un parido unico , o Movemento, do que Franco sera nomeado xefe nacional e que ideoloxicamente se apoiara nas ideas fascistas da falanxee no conservadurismo catolico carlista. O remate da guerra 650 mil españois estaban afiliados a Falanxe xa que posuian carne de fidelidad o rexime, ademais para acceder a calquera posto de traballo na administración era imprescindible.

En 1938 promulgase o Fuero do traballo ,ideais de Jose Antonio primo de rivera . España seria un estado nacional sindicalista, e os seus piares serian familia, concello e sindicacto vertical.

Os desastre da guerra

E difícil sabe-lo numero de victimas. O reconto varia desde 1 millon os 300 mil , segundo a quen se inclua na estatistica.

  • Mortos e desaparecidos en combate directo, uns 150 mil mortos e 400 mil feridos.

  • Execucions dos militares que apoiaron ou no o levantamento. Case3 mil.

  • Mortes por represión na retagarda de ambolos bandos, dos lideres políticos ou sindicais, simpatizante de unha ou outra causa “os paseos”. Nos catro primeiros meses da guerra resultou o periodo onde se cometeron os maiores excesos represivos. No bando republicano foron resultado de odios de clase , de mieria e de incultura. No bando rebelde a represión estibo mais controlada e dirixida polas autoridades golpistsa. Calculase que os mortos pola represión foron 150 mil.

  • Mortos polos bombardeos nas cidades.

  • Mortos de fame ou enfermidades.

  • Executados trala guerra civil e ata os anos 50.

  • Mortos nos carceres franquistas.

  • Non nados durante o conflicto.

  • Exiliados despois da guerra.

  • O FRANQUISMO EMREXENTE(1939-1959)

    Os fundamentos do novo rexime

    Mostran a oposición o sistema republicano e as simpatias cos reximenes fascistas europeos . A configuracion do rexime de franco vaise realizando cunha continua remodelación , moi influida polos acontecementos internacionais . Alguns elementos son constantes durante toda a dictadura .

    • Carecter personalista d dictadura

    • Rexeitamentodo sistema parlamentario

    • Defensa do tradicionalismo español

    Este poder personal contaba co apoio institucional, ideoloxio e social.

    No plano institucional:

  • O exercito e a igrexia son fieis aliados o rexime a sua ideoloxia anticomunistas centralista e dureza no mantemento da orde publica. Interviran moi directamente nas institucions, educación, censura ...

  • A Falanxe proporcionou o principal arsenal ideoloxico. Pero desde o Decreto de Unificaciona Falanxe foise diluindo no Movemento.

  • Os monárquicos estaban divididos en duas tendencias :

    • Carlistas, tradicionalismo catolico e conservador recibiron importantes cargos publicos

    • Donjuanistas , Tivereon unha relacion difícil polas ideas de Don Xoan.

    • No plano social contouse co apoio da terratenencia e dos grupos financieiros e industriais.

      Por unha lei de agosto de 1939 Franco podia promulgar leis ou decretos , sen necesidde de consultar co Consello de Ministros.

      O franquismo durante a segunda guerra mundial

      En agosto de 1939 formouse o segundo goberno de franco que perdurara ata 1945, composto esencialmente por militares .Existe unha vontade de crear un estado fascista, promulganse leis para a represion da oposición con efectos retroactivos e organizase tanto os sindictos verticais como organizacions xuvenis .

      Creanse as cortes como organo consultorio .

      Mantivose a amizade coas potencias do eixe (1939 o pacto Anti-Komintern)o estala segunda guerra mundial España declarase neutral.

      En xuño de1940, cos alemans en Paris e a recente intervencion italiana Franco reconsidera apostura e o dia 13 de xuño de 1940 deuse a declaración de non belixerancia .Comezaron enton unhas negociacións entre os gobernos aleman e español par a concreta-las condicion s de entrada de España na guerra . As conversacións quedaron en punto morto , a espera de unha conferencia que celebraron Hitler e Franco o 23 de outubro de 1940 e Hendaia, Franco asinou un protocolo secreto polo que se comprometia a entrar na guerra en data no definida. En 1941 a evidencia dunha guerra longa vai confirmando a negativa española. A colaboración materiaizase contra un pais o que se culpablizaba da nosa guerra , asi que decidiu enviar a División Azul a fronte Rusa.

      En 1943 a victoria alemana era cada vez mais improbable . o goberno español cambiou o discurso e empezou a proclama-la vinculacion co Vaticano e a denuncia-lo comunismo. O 1 de ouctubro de 1943 volviase a neutralidade.

      España no contexto internacional da guerra fria

      En xuño e 1945 vetabase o ingreso de España na ONU, en agosto ,Stalin , Trumane e Attle condenaban o rexime español na conferencia de Postdam. O ano seguinte Francia pechaba a sua fronteira con España, e os embaixadores de case todolos paises se retiraron de España, enton o goberno de Franco decidiu retirar toda a parafernalia franquista do rexime. Tamen intentouse con certo éxito unha aproximación cara a alguns paises Hispanoamericanos e Arabes.

      En 1947 o representante estadounidense na ONU negouse a ratifica-la condena sobe o rexime español, naquel pais os argumentos militares comezaron a ter un maior peso , Franco ofreceulle a posibilidade de asentar bases militares no noso territorio , ademais os británicos asinaron un acordo comercial e o ano seguinte os franceses abriron de novo as suas fronteiras.A ONU levantoulle o veto rexime español, o que permitiu o regreso dos embaixadores . Pouco despois se normalizan as relacions diplomáticas entre España e EEUU e en 1953 asinabase o plan de axudas (plan marshall) .O mes anterior asinarase un concordato co Vaticano .En1955 España foi admitida na ONU iniciabase unha liberalizacion economica , diso encargouse o ministro de asuntos exteriores Fernando Maria Castiella que conseguira o apoio dos organismos internacionais.

      O progresivo abandono do aparello fascista

      En xullo de 1945 promulgase o fuero dos espoñois, que lle concedia uns dereitos os cidadans que non podian cocar cos principios do estado . Constituiuse un novo goberno con ministros de procedencia catolica, comeza asi a estapa do nacionalcatolicismo de cort tradicionalista.As crecentes presions dos monárquicos dificultou as relacions entre Franco e don Xoan de Borbón , especialmente tensas desde o Manifesto de Lausana(1945) en 194 as cortes aprobaron a le de Sucesión polo que Franco inclinabase por unha monarquia no futuro.

      Na decada dos 50 comezou a disminui-la influenciada Falanxe.

      Comeza unha etapa de expansion industrial.

      En 1951 formase un novo goberno. Carrero Blanco aparece como Ministro Subsecretrio de Presidencia.

      En 1957 Franco fai unha importante renovación ministerial. Xurdiran figuras vinculadas o Opus Dei , suponen o comezo do predominio dos Tecnócratas .Este novo gobernó promulga leis que regualan a actuación do poder político tamen aparece a Lei de Principios do Mvemento Nacional (1958) na que aparecen os princios basico do franquismo, afastandose do totalitarismo. O estado queda definido coma monárquico , tradicional e catolico.

      A economia española na decada dos corenta

      Rematada a guerra civil impulsouse unha política econmica autarquica.

      En toda a decada estivose por baixo dos indices de renda e producion anteriores a guerra, houbo problemsa de abastecemento e en 1939 xurdiron sa cartillas de racionamento , temen aprce un mercado negro e o estraperlo.

      Poltica Agraria: iniciase un proceso de ruralizacion se devolve parte das terras expropiadas , crease o Instituto Nacinal de Colonización .

      Política industrial: a guerra civil supuso un paron no desenvolvemento industrialdo pais. A lexislacion procteccionista crea o Instituto Nacional de Industria.

      O comercio exterior: tratou de abastece-lo pais daqueles productor que ecaseaban no interior .

      Cara a liberalizacion economica

      Na decada dos cincuenta comeza unha progresiva liberalizacion .Nos momentos de mayor expansion folgista producense movementos folguisticos..

      O cambio de coxuntura internacional a guerra fria convertera españa nun aliado dos EEUU. O congreso Americano acordaba en 1951 a concesión duna primera axuda o que permitiu ir eliminando o racionamento e a desaparición do mercado negro.Tamen se empezou a liberar dende o interior . o cambio dos tecnócratas foi moi decisivo .España introduciuse en organismos internacionais.

      A decada dos cincuenta supon o comezo dun despege economico cun forte crecemento de renda anual e importantes cambios na política economica , suprimiron o racionamento disminuiron -lo intervencionismo estatal.

      A sociedade española durante a etapa de utarquia

      A guerra civil deixou unha españa de vencedores e derrotadosos primeiros co todo tipo de privilexios e os segundos arrecantados socialmente. A sociedade quedou dirixida por uns principios altamente tradicionalistas .no encino prohibiuse a coeducación a partir do parvulario unha educación marcadamente autoritaria.

      A familia o papel da muller quedaba definido no fogar , como esposa e nai , para o mantemento destes principio creouse a secion feminina .

      Para a formación ideoloxica dos mozos creouse a Fronte de xuventudes

      O estado era quen regulaba toda actuacion a traves das maxistraturas de traballo. Suprimiuse toda marca de sindicalismo , no seu lugar apareceron os sindicatos verticais .

      A folga quedaba prohibida.

      O rexime promobeu unha lexislacio a favor do traballador que concluiu con establecemento do seguro de enfermidade en 1943.

      O longo destas duas décadas bservase unha progresiva emigracion do campo a cidade .

      As situacions de pobreza estenderonseos salarios medraron po debaixo dos prezos e o consumo reduciuse .

      Unha cultura controlada polo poder

      A política do rexime fixo que a censura afectase a todalas actviddes intelectuais e medios de comunicación .

      As principias formas de evasión eran o cine o futbol e os touros .

      A sociedade empezou a experimentar algun cambio coa eclosion turística .

      O rexime promoveu un divorcio entre a intelectualidade e a sociedade.

      A CONSOLIDACIÓN DO FRANQUISMO

      O plano de estabilización

      O novo goberno de 1957 comezou a aplicar unha serie de medidas liberalizadoras .

      Os organismos internacionais nos que España viña de se integrar (OECD,FMI) promoveron a necesidade duna nova orientación economica a finais de 1959. Co visto e prace e maila axuda financieira de ambolos organismos permitiu a publicación dun Decreto-lei de nova organizacion economica .

      Este perseguia dous obxectivos :establécelas bases para o desenvolvemento economico equilibrado e buscar unha mayor integración da economia española cos paises do mundo occidental. As medidas fiscais e e monetarias debian logra-lo equilibrio interior , freando a demanda, estabilizándose os prezos e reducindo as importacions. A liberalizacion das importacions de capital premitiron abri-las portas o investimento extranxeiro.

      O plano de estabilización sentou sa bases para o crecemento da economia española nos anos setenta. Os seus efectos foron positivos :reducion da demanda interna de inflación , estabilidade dos prezos e saneamento do sector exterior .Produciuse inicialmente unha restricción da actvidade economica .

      Moita emigración cara Europa.

      A cegada de capital exterior e o efecto na nosa economia do boom europeo explican o crecmento da economia española durante esta decada .

      A planificación indicativa:os planos de desenvolvemento

      A industria experimentou un importante crecemento e tranformacions nesta decada .En 1962 crease a Comisaria do Plano de Desemvolvemento. Polo modelo de planificación indicativa, pretendia progrma-lo crecemento da economia impulsando os polos de desenvolvemento e polígonos industriais. Os dous primeiros planos de desenvolvemento executaronse durante os anos 1964-67(alta inflación, obrigou a poñer medidas estabilizadoras) e 1968-71(mellorou a balanza comercial).Os planos non reduciron os desequilibrios sociais ou interrexionais.

      No sector exterior cuadriplicaronseo valor das importacions .As exportación seguiron un ritmo de crecemento paralelo polo que se mantivo o déficit na balanza comercial.

      A balanza de pagamentos foi normalmente positiva po los ingresos do turismo, emigrantes que mandan o diñeiro e o investimento de capital estranxeiro en españa.

      Un desenvolvemento con fortes desequilibrios

      No ano 1970 atopamos unha caida do sector primario respecto decenios anteriores ademas vemos un crecemento da industria e un descenso da agricultura . Subiu a porcentaxe de mulleres traballadoras.

      Mais de 3 millons de persoas desplazaronse cara as zonas industriais españolas e tamen cara o exterior.Os emigrantes fuxian do subemprego e baixos niveis de renda agrarios , en busca de un salario fixo .

      As porcentaxes mais altas de emigración danas as provincias extremeñas algunhas andaluzas, castelas, do interior de galicia ou de aragon. As causas son os desequilibrios tan grandes que sufre o pais e a continua caida das rentas agrarias.

      Unha sociedad en transformación

      Factores que promoven o cambio social:

      • turismo actuou de revulsivo xa que traia novos costumes e modas de veran que que desprazaban o tradicional recato imperantetamen trasnformou a paixase costeira .

      • Os medios de comunicación como a televisión que inicia as suas emisións en 1958.

      • Os emigrantes tamen contribuiron a este cambio social o coñece-lo funcionamentoe mailo desenvolvemento das sociedades democraticas occidentais.Tamen comezou a ser mais frecunte a saida dos españois o exterior.

      Paralelamentea sociedade española experimentaba un proceso de securalizacion.Os cambios producidos na igrexia facilitaron a transformacion da sociedade española.Amosban cambios achegandosea sectores obreiros e apoio a certas reinvindicacions sociais vinculacions a movementos nacionalstas... Pero mostrabase unha ostilidade cara o divorcio, planificación da natalidade...

      O rexime institucionalizase

      Os cambios profundos na sociedade española volvían imponer un novo cambio de imaxe no rexime. En 1964, presentbase a Franco como o Caudillo da paz , mais que como militar vencedor. A filisofia do desenvolvemento e do benestarconverteuse no eixe central que lexitmiaba o franquismo tanto foa como dentro de España.

      O rexime totalitario daba paso “pluralismo”(sempre dentro do rexime).O estado nacionalsindicalista e sustituido pola democracia organica( Sengundo esto a representividade non se achega os cidadans senon os organos de Estado:familia sindicacto e concello.O sufraxio era restrinxidoe elixianse unha parte os procuradores, rexeitandose asi unha democracia plena e a existencia de partidos políticos) .Nunca tivo credibilidade tanto polo control como pola represión exercida:

      • Represión folgas mineiria asturiana 1962-63.

      • Creación do Tribunal de Orde Publica(TOP) tiña como finalidade xulga-los delitos de carácter político.

      • Mostrouse inscapaz de acepertar a menor critica Contubernio de Munich(1962)

      O cambio de goberno comeza en 1957, se consoliada na decada dos sesenta , sobre todo no goberno xurdido en 1965.Este pretendia dotalolo rexime duna lexislacion pseudo constitucional que viñese se-lo sustento da democracia organica.Non implica o abandon duna dictadura de carácter persoal.Observase nese goberno unha marxinacion a Falanxe. Os mais Tradicionalistas van ir configurando o bunker( O seu principal obxectivo era poñerlle freo a calquera tipo de apretura. Por outro lado consolidanse o sector liderado por Carrero Blanco , vinculados o Opus Dei e que defendían unha via tecnócrata liberalizacion economica.

      Despregue lexislativo en busca da normalizacion exterior

      O goberno en 1965 da os pasos mais destacados pala a institucionalizacion do rexime.

    • Lei de Prensa aprobada 1966 impulsada por Manuel Fraga , tomanse medidas para favorece-la dinamica editorial.

    • Lei Organica do Estado pseudoconstitucion remontase o goberno xurdido en 1962 pero non e ata 1967 cando se promulga.Era a resposta a necesidade de moderniza-lo pais , ante a vontade do ingreso na CEE, e de adecua-la lexislacion os presupostos de do Concilio Vaticano II, pois a igraxia manifestaba a ausencia de libredades .Asi, creanse nas cortes un terceiro sector de procuradores que teñen unha elección moi restrinxida. Con esta lei o rexime desemboca nunha monarquia do Movemento Nacional, en xullo de 1969 as Cortes aceptan como sucesor de Franco , na Xefatura do Estado , a Xoan Carlos de Borbón.

    • A poltica exterior durante estes anos e levada a cabo por Castiella, o principal obxectivo e a normalizacion das relacions internacionais:

    • Xibraltar en 1957 leouse o asunto a ONU,resolveuse o preito a favo de España e a descolonización do pedron .Anegativa británica freou a descolonización.

    • España soclicita en 1962 asociarse a CEE pero o carácter dictatorial do Rexime faciano incompatible cos principios do Tratado de Roma 1957.

    • A OPOSICIÓN E O DECLIBE DO REXIME

      Duas decadas criticas par a oposición democratica

      A represión o final da guerra e as elevadas cifras e exiliados dificultaron a reconstrucción da oposición dentro de pais.Ata 1945 a actuación da oposición e minima , pero o rematar a II guerra Mundial a esperanza dunha posible restauracion democratica renace , en México cheganse a restablece-las institucions republicanas.

      A guerrilla foi a actuación mai destacada do anos corenta. Patrocinada polo PCE.Nos seus inicios produciu un ataque guerrilleiro no Val do Aran , trala liberación de Francia en 1944. Despois estendeuse por zonas montañosas pero non pasou de promover accions illadas.

      Nos anos 50 a desaparición da guerrilla e o comezo do recoñecemento internaconal do franquismo e un difícil momento para a oposición. A oposición monarquica e a que semella ter mayores posibilidades.

      En 1958 crease a Fronte de Liberación Popular, organización de esquerda. O PSOE e a UXT pasaron por momentos moi criticos.O PCE renova a sua dirección e promvia unha actitude de reconciliación nacional e a formacio duna fronte antifranquista.

      En 1961 constituese a Union de Forzas Democraticas que agrupaba a varios partidos de esquerda e sindicactos.

      A oposición trala reunion de Munich de 1962

      En 1962 coincidindo coa reuniondo IV Congraso do Movemento Europeo promoveuse a reunion en Municde representantes da oposición tanto do interior coma do exterior de España .

      • Tras esta reunion o rexime de Franco intensificou a represión (execuacion do dirixente comunista Julian Grimau , en1963)

      • Xeneralizacion da protesta estudiantil.En 1966 constituese o Sindicato Democratico de Estudiantes en Barcelona, dando o golpe definitivo oSEU de inspiración falanxista.Os anos que seguiron o maio frances de 1968 foron de axitacion continua.

      • Sube a conflictibidade laboral, iso explicase en parte pola flexibilización da lexislacion e porque se intentou penetrar nos sindicactos oficiais.Comisions Obreiras obten en 1966 un importante éxito nas eleccions sindicais.

      • Cambio de actitude na Igrexia Catolica.Nos anos sesenta son varias as manifestacions contra o rexime en sectore eclesiásticos.

      No Pais vasco , unha escisión do PNV crea en 1959 ETA na sua primeira Asamblea (1962)autodefinese como Movemento Revolucionario de Liberación Nacional, en 1964establece o principio de guerra revolucionaria .En 1968,tralo asasinato do xefe de polici de San Sebastián , o goberno restableciao decreto-lei sobre a represión de bandidaxe e o terrorismo , pasando a xurisdicion militar calquera delito socio-politico.

      A oposición medrou ante as medias represivas do goberno.

      A comezos dos anos setenta a oposición recibira novos estimulos nun momento no que o rexime empeza a mostrar síntomas de egotamento.

      Carrero Blanco e o fracaso aperturista

      A crecente tensión entre as distinstas forzas políticas estalran a finais da decada dos 60debido o escandalo Matesa, empresa de maquinaria textil que se beneficiara de importantes creditos oficiais.Oresultado foi unha depuracionministerial na que ademais caeron ministros dese sector (Fraga, Solis, Castiella) e formouse un goberno monocolor configuras procedentes da falanxe, presentaba o dominio de Carrero Blanco e Lopez Rodotriunfo desta tendencia ainda que se lle escapara o constrol efectivo a moitas das institucions do rexime.

      Carrero pretendera introducir unha dinamica aperturista o obxectivo era despexa-las tensions internas do rexime .

      Actuacions emprendidas :

      • Lei Sindical (1971)

      • Relanzamento da economia

      • Acordo preferencial coa CEE

      • Relacions diplomáticas con China e coa Republica Democratica Alemana.

      • Lei de educación de villar Palasi (1970)

      Houbo un cambio de goberno en 1973 e por primeira vez desde 1936 Franco so iba ter a Xefatura do Estado porque a Xefatura do Goberno aia pasarsella a Carrero Blanco.Supon un novo xiro conservador.

      Comezou o estudio do asociacionismo politico ante o estancamento gobernamental a que se chegara , no mes de outubro presentase un proxecto de Lei.

      Carrero blanco sufre un atentado de ETA o 20 de dembro de 1973(Operación Ogro)

      O goberno de Arias e a crise economica

      En xaneiro de 1974 Franco nomeou presidente do goberno a Carlos Arias Navarro .Pretendeu dar unha maxe e ruptura coa etapa de Carrero Blanco.Arias propuso un desenvolvemento político , en freberiro de 1974adoptou unha via aperturista o declarase partidario de certsa reformase da aprobaciodun estatuto de Asociacions Políticas(espirito 12 febreiro)Foi aprobada o 21 de decembro , ainda que era case imposible de rexistrar asociacions.

      No seo do rexime era cada vez mais frecuente unha reforma constitucional .O principe heredeiro quedaba totalmente marxinadoda vida política.

      Outros dos grande problemas que se lle presentou a o gobernó de arias foi a crise economica . Coa crise do petroleo moitos dos problemas anteriores van aflorar cunha grande virulencia, motivadas pola elevación dos prezos das materias primas e fontes de nrexia e a forte competencia que introducen no mercado internacionalos novos paise industrializados de extremo oriente.

      Nun primeiro momento tratouse de frea-las consecuencias pero na primavera de 1975 vanse tomar medidas mais realistas.

      O final do franquismo

      Nos dous ultimos anos (1973-75) houbo unha grande actividade folguista e unha notoria escalada terrorista.A influencia reformista chegou o exercito, descubrindose unha organización demoratica UMD sendo detidos os seus principias dirixentes.Malas relacions coa igraxia.

      E abril de 1975 declarase o estado de excepcion no Pais Vascoe hobo entre finais de agosto e setembro catro consellos de guerra e 11 persoas foron condenadas a morte, das que 6 foron indultados. O rexime so soubo responder convocando unha manifestacionde adhesión a Franco.

      O 20 de novembro de 1975 falece Franco.




    Descargar
    Enviado por:Oi
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar