Geografía


Filipinas


FILIPINAS




ÍNDICE








A SOCIEDADE E A CULTURA DE FILIPINAS (REPORTAXE)

ENTREVISTA A UN NENO DA CAPITAL DE FILIPINAS, MANILA

CONTO: "A ÁRBORE DA VIDA"












A SOCIEDADE E A CULTURA

DE FILIPINAS

A fragmentación de Filipinas é a principal característica deste pobo.

Atopámonos diante dun país no que conviven moi diversas culturas: a

indixenista con pingas de sangue chinés, a do colonialismo español e a

americana. Riqueza e pobreza, tradición e modernidade, raza e mestizaxe,

marcan as pautas para coñecermos ó filipino.

Os grupos étnicos.

Existe un trazo característico de tódolos filipinos a pesar da súa gran

diversidade: a amabilidade. O filipino destaca pola súa gran amabilidade.

Esta é a principal herdanza dos seus devanceiros malaios, chamada bayanihan

ou espíritu da fraternidade e camaradería, que destaca nas normas de

cortesía e trato.

A gran variedade étnica existente pódese dividir en dous grupos raciais

fundamentais: un é o negro e outro o malaio, a partir dos cales xurdiron os

demais. Atopamos os negritos ou itas, os ilayas, tingues, manguiáns e

zambais, indios do interior: os indios do litoral divídense en tagalos,

visayas, pampangos, vicoles ademais dos caragas, lutaos e subuanos.

Cada étnia ten a súa propia lingua e cultura que nos núcleos urbanos

desdebuxouse completamente a causa das distintas colonizacións sufridas. No

país fálase como lingua oficial o filipino, baseado no tagalo. As clases

sociais con acceso á educación utilizan tamén o inglés.

A CULTURA

Algúns aspectos curiosos da cultura filipina, son que a familia durma no

chan ou sobre esteiras, e que non utilice cubertos para comer. Entre eles

séguese conservando o vestido tradicional, como é o barong tagalog, ou

camisa de home confeccionada con fibra de abaca. Outro uso tradicional é o

uso do bambú nos interiores das casas e en mobles de elegante deseño.

Ademais da profunda relixiosidade cristiá, actualmente sobreviven dous

aspectos nos que se reflicte a hernecia española: A festa e a gastronomía.

Entre as festas típicas destaca a do Nazareno Negro que se celebra en

tódolos barrios da cidade cada nove de xaneiro e na que os devotos levan

sobre os ombros a carroza e os homes tratan de tocaren coas mans a imaxe do

Cristo Negro. O outro é na gastronomía, con pratos como poden ser o adobo,

o mechado, o pochero ou os miúdos e mesmo a paella, todos eles de clara

influencia española.

A estes aspectos sumouse o modelo de vida dos Estados Unidos que é hoxe o

máis destacado da actual Filipinas. Os xoves imitan o modelo de vida

americano, visten e divírtense como a xuventude americana que ven nas

películas e o deporte máis practicado é o baloncesto. Como consecuencia, a

lingua e a cultura tradicionais resultan de cada vez máis desdebuxadas.

AS CIDADES

A capital, Manila, atópase na illa máis grande do arquipélago, Luzón.

É unha cidade na que se aglomeran máis de 10 millóns de persoas, que se

subdividíu en trece municipios que son como cidades independentes. En todos

eles mestúranse os máis variados estratos socioculturais: barrios de clase

media, zonas privadas de luxo con acceso restrinxido, centros comerciais e

barrios de "squatters" miserables.

Constitúe un dato significativo que unha minoría rica teña o 80% da

riqueza fronte a máis do 70% poboación que vive por debaixo do umbral da

pobreza.

a) "Intramuros" ou cidade amurallada construída polos españois, de nome

Quiapo, sede eclesiástica e oficial nos tempos da colonia.

b) Makati é o centro de negocios da cidade no que destacan altos rañaceos e

xardíns e no que se atopan todo tipo de actividades comerciais dende a

venda de "perritos calientes" ata grandes superficies e almacéns e centros

de comida rápida, e onde contrastan os elegantes executivos vestidos ó

xeito occidental co exército de miserables que buscan o seu medio de vida ó

abeiro dunha animada vida nocturna, e dos que a representación máis

dolorosa son os milleiros de nenos da rúa que malviven na noite de Makati,

trapicheando e drogándose para sobreviviren ó abandono e á miseria

absoluta.

c) Por último están as extensas barriadas de chabolas ou "squatters"

espalladas ó longo e ancho de toda a cidade onde se amorean familias

numerosas que van chegando das zonas rurais empurradas pola esperanza de

atopar unha nova vida na cidade e constitúen unha boa fonte de man de obra

barata para o sector industrial, posto que o éxodo dos campesiños cara á

cidade é constante.

O que máis chama a atención de Manila é o enorme caos circulatorio que

sofre toda a cidade e que fai moi difícil a vida cotiá. O traballo comeza a

primeira hora da mañá, pero a partir das cinco da mañá hai unha intensa

mareira de milleiros de persoas que se trasladan dun punto a outro da

cidade para poderen chegar ó seu lugar de destino.

ENTREVISTA

Entrevista a un neno da capital de Filipinas, Manila.

-¿Cómo te chamas, onde vives?

Chámome Ben, teño 15 anos e vivo en Manila, no barrio de Payatas, situado

sobre a "smoky mountain" de Payatas.

-¿Vives ti só, ou vives con alguén mais?

Vivo con miña nai, miña avoa e catro irmáns.

-¿Cómo é a túa casa?

A nosa casa é unha das mais grandes do barrio, pois ten dúas habitacións.

De calquera xeito, non temos auga nin electricidade.

-¿E como facedes para ter auga?

Como teño un triciclo, cargo tódo-los días dous bidóns con 25 ou 30 l. de

auga. Con esta auga temos suficiente para cubri-las necesidades dun día,

labarnos, beber e cociña-la nosa principal comida, o arroz. O arroz

recórdame a vila onde nacín.

-¿Entón, non viviches sempre aquí?

Non, eu nacín en Bacolor, ós pés do volcán Pinatubo. Alí viviamos todos,

incluíndo a meu pai, cultivabamos arroz e recolliamos froitos.

Traballabamos moito, pero tiñámo-lo que necesitabamos e viviamos bastante

ben.

-¿Por qué viñestes a vivir aquí?

Tivemos que deixar Bacolor cando o volcán entrou en erupción e as súas

cinzas cubrírono todo: a vila, a casa e os campos. Pero o peor foi que meu

pai saíu esa mañá ós campos de arroz e non volveu. Así que eleámo-lo que

puidemos salvar e viñémonos con miña nai a Manila en busca dunha nova vida.

-¿Por qué decidistes vir a vivir a Manila?

En Manila hai de todo: barrios de chabolas como o meu, barrios de negocios

"superelegantes" como Makati, cos seus altos edificios, centros comerciais,

restaurantes... hai barrios chineses, de pescadores pobres.

-¿Qué é o que máis che gusta da cidade?

O que máis me gusta é o barrio de intramuros, a zona antiga, de antes dos

americanos. Cando teño un mal día ou a penas hai traballo, vou dar unha

volta para ver todos estes sitios. Claro que chegar ó centro é ben difícil.

Manila é unha cidade chea de xente, de coches, de autobuses e de

"jeepneys".

A ÁRBORE DA VIDA

HISTORIA DO PRIMEIRO COCOTEIRO

No principio dos tempos había tres deuses que gobernaban o universo, pero

eles non se coñecían. Cada un pensaba que era o único no ceo e mais na

terra.

O deus Bathala era un xigante que gobernaba o mundo dende un penedo.

Bathala soñaba con crear seres vivos.

O deus Uliangkalulua era unha inmensa serpente que gobernaba o mundo dende

as nubes.

Un día Uliangkalulua paseando polo cumio dunha montaña viu a Bathala

sentado no seu penedo e baixou para averiguar quen era aquel extranxeiro.

Bathala respondeulle que era o soberano do Universo e a Uliangkalulua non

lle gustou a resposta e retouno a un combate. Non foi fácil a loita entre

os deuses porque os dous eran moi fortes e intelixentes. Pero despois de

tres días Bathala matou a Uliangkalulua e logo quemouno. Nada máis facelo

sentiuse moi so.

Días despois Galangkalulua o rei de cabeza alada paseaba polos dominios de

Bathala e este que se sentía moi so invitouno con moita amabilidade a vivir

no seu reino. Estes foron moi felices xuntos.

Pero Gualangkalulua enfermou e Bathala coidouno, pero sabía que nunca se

poría ben. E cando Gualangkalulua deuse conta de que ía morrer díxolle a

Bathala que cando morrese enterrárao como o enterou a Uliangkalulua, o deus

serpente.

Bathala fixo o que o seu amigo lle dixo e viu que medraba unha árbore moi

alta cunha enorme noz redonda. Colleu a noz e ó abrila decatouse que a pel

interior era dura, e que era como a cabeza do seu amigo Galangkalulua e que

o tronco era duro e feo como a deus serpente Uliangkalulua.

Neste intre deuse conta de que estaba preparado para crear seres vivos,

porque todo o que enterrase sería semente de vida.

Creou un home e unha muller e viviron moi felices baixo a árbore, que hoxe

coñecemos como "cocoteiro".

Este é o motivo que, hoxe en día, o cocoteiro se chama "a árbore da vida",

porque dende entón e ata o de agora continúa a proporcionarnos moitas

cousas que cobren as nosas necesidades e que nos axudan a vivir felices.




Descargar
Enviado por:Iglesias
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar