Filosofía
Descartes y Locke
TEMA 5.
A CIENCIA MODERNA E O RACIONALISMO: DESCARTES.
1.- Describir as diferencias entre as reflexións filosóficas medievais e renacentistas.
A filosofía medieval, os filósofos occidentais abandoaron a investigación científica da natureza e a búsqueda da felicidade no mundo e se preocuparon polo problema da salvación noutro mundo mellor.
O Renacemento é un período de transición entre a filosofía medieval e a filosofía moderna. Neste período nace un novo espírito: modernidade (s. XV e XVI).
Resumindo as características deste movemento son:
1ª) Descomposición do feudalismo medieval.
2ª) O ser humano renacentista pretende descubrir o sentido da súa existencia. E aparece a “revolución tecnolóxica”.
3ª) Os cambios tecnolóxicos posibilitan o descubrimento de novos mercados e a creación de novas industrias produce unha nova economía.
4ª) O naturalismo, os cambios tecnolóxicos posúen, consecuencias económicas, políticas, ideolóxicas e unha nova actitude cara ó mundo.
5ª)O Humanismo é a ideoloxía renacentista esencialmente antropocentrista, contrario ó teocentrismo medieval.
A nivel filosófico agora existen varias escolas filosóficas: éticas, platónicas, aristotélicas e neoplatónicas, que representan unha volta ó mundo grecorromano.
6ª) Na astronomía existen grandes avances.
2.- Explicar as principias achegas da ciencia moderna á filosofía de Descartes.
Descartes é un dos teóricos da nova ciencia, tratando de demostrar a validez do método matemático aplicado á filosofía como saber matemático. Vai construir un sistema filosófico a partir da razón e o método matemático que finalizará nunha interpretación cuantitativo- mecanicista da realidade material. Acercará á filosofía unha nova ciencia xeométrica da natureza. O seu obxectivo era construír unha ciencia universal, a partir das verdades evidentes descubertas pola razón, quedando Deus como garantía da obxectividade e fundamento de todo existente.
A nova ciencia vai exercer moita influencia sobre o pensamento racionalista, o modelo das matemáticas. Os racionalistas parten das matemáticas para elaborar un método universal que sexa aplicable a outras ciencias.
A filosofía moderna (Descartes) nace unida ó triunfo da ciencia moderna.
3.- Expresar as relacións entre o saber matemático e o método cartesiano.
Descartes chega ó descubrimento do seu método, mediante a consideración do procedemento matemático. Partindo do feito de que este método debe ter un valor universal, o obxectivo de Descartes céntrase en 3 metas:
-
Formular unhas regras do método.
-
Fundamentar metafísicamente o valor absoluto e universal do método.
-
Demostrar a fecundidade do método nas distintas ramas do saber.
4.- Analizar os principias componentes do método de Descartes.
5.- ¿Qué relación existe entre as tres substancias cartesianas?.
6.- Diferenciar o papel que exerce a idea “Deus” no sistema de Descartes.
7.- Caracterizar o mecanismo cartesiano e sinalar se ten cabida a liberdade no sistema de Descartes.
8.- ¿Qué tipo de unión existe entre corpo e alma?.
Descartes diferencia a alma e o corpo, co que establece un dualismo. Afirma que o corpo non é máis que unha estatua de terra que Deus forma para facela o máis parecida a nós.
A alma só pertence ó pensar, e o corpo, ó ser unha característica de extensión, só poderá modificarse por figura e movemento. O corpo redúcese a unha máquina resida polas leis da física. A vida redúcese a un movemento mecánico.
Descartes afirma que a alma está unida a todo o corpo na “glándula pineal”, situada no cerebro. Nela céntranse as sensacións corporais e a través dela, a alma recibe os estímulos orgánicos, baixo a forma de representacións confusas. Para Descartes a alma é quen sente, non o corpo. A alma é quen percibe e sofre as paixóns.
9.- Valorar a moral cartesiana.
Trátase de non estar dominado polas paixóns, senón deixarse guiar polos dictados da razón e as ensinanzas da experiencia ata apropiarse da vontade e facer un uso correcto e íntegro do libre albedrío. Para iso propón unha moral por provisión.
Descartes indícanos que para enunciar a súa moral examinou as profesións que había na sociedade, e pensou que a mellor era a del, porque cultivaba a razón. Para tal profesión debe vivir en sociedade, acomodarse sempre ó ambiente no que se move, sen renunciar ós principios morais e a unha finalidade individual, que posibilite facer aquello que se xulgue como mellor. Vivir feliz, satisfeito, sen remordementos; constitúe o obxectivo central e único de Descartes.
Para adicarse á razón e avanzar no coñecemento da verdade, Descartes establecerá unha “moral por provisión”, basada en 3 regras:
1ª) CONFORMIDADE coas leis e relixión do país no se se habita.
2ª) CONFORMIDADE no ánimo, con todo o noso entorno.
3ª) MODERACIÓN nos desexos, poniendo en práctica a constancia da vontade podemos acadar a felicidade.
Descartes non asigna provisionalidade á súa moral, enténdea como unha obriga para a constitución da súa actitude vital e o seu oficio de pensar.
10.- Relacionar as concepcións acerca da realidade que teñen Descartes, Spinoza e
Leibniz, incidindo principalmente na comunicación entre as substancias.
Descartes define a substancia como “unha cousa que existe de tal maneira que non necesita de ninguna outra cousa para existir”. Tamén se refire a este concepto como “suxeito inmediato de todo atributo do que temos unha idea real”. Cada atributo expresa unha característica desa substancia: o pensamento (substancia pensante), a extensión (substancia extensa) e a infinidade (substancia infinita ou Deus). Para Spinoza existe unha única substancia: Deus ou a Natureza, que ten infinitos atributos. Para Leibniz existen infinitas substancias: as mónadas.
TEMA 6.
O EMPIRISMO: J. LOCKE.
1.- Expresar os trazos básicos do empirismo, contrastándoos cos do racionalismo.
2.- Comparar e diferenciar as teorías contractualistas de Locke e Hobbes.
3.- Analizar a posición empirista en torno a estes conceptos: innatismo, razón, experiencia, sentimento e crenza.
4.- Establecer as coincidencias e as diferencias nas teorías do coñecemento de Locke e Hume.
5.- Diferenciar as ideas simples e complexas de Locke, dando algún exemplo de ambas as dúas.
6.- Relacionar o concepto de idea en Locke e Descartes.
7.- Describir as semellanzas e diferencias que existen entre o coñecemento relativo ás “cuestións de feito” e o relativo ás “relacións entre ideas”.
8.- Explicar as razóns que levaron a Berkeley a negar a existencia da materia.
9.- Exponer o valor e o alcance do coñecemento humano en Locke e Hume.
10.- ¿Qué teoría moral conduce con máis facilidade ó relativismo moral, a platónica ou a emotivista de Hume?. Razoar a resposta.
Descargar
Enviado por: | El remitente no desea revelar su nombre |
Idioma: | gallego |
País: | España |