Historia


Consolidación de la sociedad feudal en Galicia


  • Economía e sociedade feudais

  • Economía no rural

  • No capítulo V do Códice Calixtino, cuxo autor é o galo Aimerico Picaud, e do que non podemos obviar o seu carácter apoloxético, descríbese:

    • Unha Galiza de paisaxe agraria cunha importante humanización.

    • Unha economía diversificada.

    • Unha semellanza con rexións das Galias.

    Nos séculos XII e XIII prodúcense, paralelamente, dous importantes fenómenos:

  • Crecemento demográfico: fragméntanse as vilas (aparecen as vilanovas), medran os núcleos urbanos e aparecen novos emprazamentos.

  • Expansión da agricultura:

    • Extensión do espazo cultivado:

          • Agrandamento das vilas.

          • Fundación de novas aldeas e vilas (vilanovas).

          • Aparición de explotacións individuais, os casais, vilares ou locus, antecesores dos lugares.

        • Intensificación da actividade agraria xa existente:

      • Pódense estercar mellor as terras próximas ás cortes, xurdindo cortiñas (leguminosas, hortalizas e frutais) e eixidos (sementeiras).

      • Redución do barbeito no sur.

      • Mellor instrumental agrícola:

        • Xeneralízase o arado simétrico, aratrum ou arado romano (feito que se manterá até mediados do século XX), e aparece o arado simétrico ou vessadoiro, que non se xeneralizará até comezos do século XX.

        • O ferro será o material máis importante na fabricación de apeiros, aínda que seguen a existir os de madeira. Son moi importantes os coñecementos técnicos dos cistercienses neste eido e, a partir do século XVI, xeneralizaranse as ferrerías.

        • Diversificación: esténdese o cultivo do viñedo polas ribeiras do Miño, o Sil, o Avia, o Arnoia... Este cultivo non se xeneraliza até os século XII e XIII.

    • Economía na cidade

    • A expansión da agricultura e a reactivación do comercio favorece o crecemento de núcleos urbanos con cadanseu fuero e a aparición doutros novos, nos que se concentraban:

    • As elites, algúns nobres e bispos, así consolídanse as sés episcopais.

    • Poboación dedicada á artesanía, o comercio e os servizos.

    • Estes núcleos urbanos vanse estruturando nos seguintes eixes básicos, que serán a base dos actuais:

    • Compostela, o núcleo galego máis importante do momento, e final da rede urbanística que supón o Camiño de Santiago materializada en vilas coma Triacastela, Portomarín, Melide, Arzúa... xurdidas coa finalidade de proporcionar os servizos mínimos aos peregrinos.

    • Na costa galega, trala fin dos ataques viquingos e normandos e a reactivación do comercio, xorden numerosas vilas de base comercial e pesqueira (A Coruña, Betanzos, A Guarda...) con cadanseu fuero.

    • No interior de Galiza, grazas ás políticas dos “reis galegos” (Afonso VII, Fernando II, Afonso IX) tamén xorden pequenos núcleos aos que se lles conceden fueros. Tamén na raia co novo Reino de Portugal (Salvaterra, Viana do Bolo).

    • No século XIII aparecen algunhas pobras e novas vilas na costa (Muros, Ortigueira...)

    • Establécese así unha xerarquía de cidades, vilas e pobras que dá lugar a aparición de novas actividades neste contexto urbano, como a artesanía o comercio ou os servizos. Isto xa se reflicte nas descricións do Códice Calixtino (século XII).

      Todo isto, xunto coa mellora das comunicacións, favorece a reactivación do comercio:

    • Interior: entre o campo e a cidade (os mosteiros comercializan os seus excedentes).

    • Exterior: exportación de viño e importación de tecidos e sal.

    • Sociedade

    • A expansión da agricultura e o rexurdir dos núcleos urbanos provocan cambios nas relacións sociais e no reparto da riqueza, un reparto desigual:

    • No rural a riqueza estaba controlada, especialmente, polos frades de grandes mosteiros.

    • Na cidade aparece a clase burguesa que quere librarse do control dos señores.

    • Os instrumentos e figuras xurídicas que sustentaban este modelo son:

    • Tributos conservados de épocas anteriores:

      • A facendeira: prestación de días de traballo nas propiedades dos señores.

      • Xantar: obriga de dar pousada e comida aos señores por parte dos campesiños.

      • Loitosa: tributo a pagar co mellor animal cando morría o cabo de casa.

      • O foro: o instrumento máis importante na regulación das relacións entre señores e campesiños.Caracterízase por:

            • Longa duración, ou perpetua.

            • Pago dunha renda, fixa ou proporcional.

            • Servizos de tipo vasalático.

        A estrutura da sociedade feudal era a seguinte:

      • Unha maioría de campesiños: son a base da sociedade e dependen dos señores da terra, malia conseguir certa autonomía por mor da solidariedade comunitaria de aldeas e parroquias para o aproveitamento dos bens comúns.

      • Burgueses urbanos: artesáns, comerciantes, cambistas etc. que ocupan cargos políticos (homes boos) e se opoñen aos privilexios señoriais (revolta comunal de Compostela no século XII).

      • Nobreza:

        • Laica: estaba debilitada xa que non era quen de organizar as casas e liñaxes (non o conseguirían até finais da Idade Media), ademais a aparición do Reino de Portugal provoca a súa fragmentación interna.

        • Eclesiástica: é a que realmente ten o poder en Galiza, feito que se acentúa coa chegada dos cistercienses:

          • Contribúen á bieitización dos mosteiros.

          • Perseguían a autonomía económica e política dos seus mosteiros.

          • Estaban organizados xerarquicamente.

          • Tiñan o apoio dos reis, que non se fiaban da nobreza laica e dalgunha eclesiástica. A monarquía encoméndalles as misións de:

          • Transformar e organizar a produción agraria.

          • Control político do territorio.

          • Explotan os seus patrimonios do seguinte xeito:

          • Directo, nun primeiro momento, tanto nos coutos coma nas propiedades afastadas. Para isto créase unha rede de granxas dirixidas polos magister gragiae e nas que traballan “conversos” (laicos retirados nos mosteiros), frades labradores e traballadores a soldada.

          • Indirecto máis adiante, de xeito que as granxas pasan a ser priorados dependentes dos mosteiros. A explotación directa perde forza co espallamento do foro.

      • A era compostelá. Xelmírez

      • A creación do Reino de Portugal

      • Antecedentes

      • Desde o século VIII e durante moito tempo os monarcas asturianos e leoneses residían en Galiza non enviaban representantes. Nos séculos XI e XII danse uns conflitos que, segundo Murguía, supoñen a perda da ocasión máis favorábel para formar unha monarquía galega:

        • Trala morte de FERNANDO I divídese o seu reino entre os seus dous fillos, de xeito que DON GARCÍA se volve rei de Galiza (1065-1070).

        • O irmán de Don García, AFONSO VI, rei de León, quítalle o poder e Galiza pasa a integrarse no reino leonés gobernada por condes.

        • No 1090 é enviado Raimundo de Borgoña como conde, casada con DONA URRACA, filla de Afonso VI e en 1096 e enviado Henrique de Borgoña como conde de Portugal, casado con DONA TAREIXA, irmá de Dona Urraca. Así, comeza a división política entre os dous antigos conventos lucense e bracarense.

        • Coa morte de Henrique de Borgoña prodúcese unha crise que leva a que a nobreza se divida en dous bandos:

          • Os que apoian a Dona Urraca.

          • Os que apoian a AFONSO RAIMÚNDEZ, fillo de Dona Urraca e marxinado na coroa leonesa (entre os apoios que recibe, están os do conde de Traba). Este é consagrado rei por Xelmírez en 1111.

        • En 1126 Afonso Raimúndez reina en Castela e León, converténdose en AFONSO VI. Así, foi o último rei de Galiza, pero tamén o que a integrou na monarquía leonesa, incluíndo á nobreza “rebelde”, coma o caso dos Trabas.

        • Comeza así un proceso de centralización no que Galiza fica cada vez máis lonxe do poder central

      • A aparición do Reino de Portugal

      • A formación do Reino de Portugal dáse, entón, nun contexto de importantes loitas políticas nas que están implicados os monarcas e a nobreza (Xelmírez). Ten a súa orixe no condado de Portucale xa que un fillo do conde Henrique, AFONSO ENRÍQUEZ, se proclama rei en 1128 despois da batalla de San Mamede (Guimarães).

        A aparición do reino portugués é un feito complexo, que a tradición historiográfica deforma con diferentes obxectivos:

      • A tradición historiográfica portuguesa, moi nacionalista, explícao coma unha reacción anti-galega.

      • A tradición historiográfica galega considérao unha secesión para se librar da política anexionista de Xelmírez.

      • O certo é que, dada a presenza de galegos na corte portuguesa, non hai tal reacción anti-galega, senón que a fundación deste novo reino non fai máis ca confirmar as diferenzas que, desde época romana, hai entre os conventos bracarense e lucense.

      • Consecuencias

      • A formación do reino portugués supuxo unha importante ruptura estrutural, tanto da tradición cultural coma nas comunicacións da Gallaecia co exterior (realizadas por vía marítima desde a Lusitania). Así, a Galiza lucense:

        • Ficou pechada en si mesma, integrada na monarquía castelá, pero comunicada con Europa a través do Camiño de Santiago.

        • Desenvolveu unha serie de trazos que lle permitiron manter a súa identidade, entre eles un importante esplendor cultural que podemos apreciar en catedrais e cancioneiros que se coñece como era compostelá.

      • O esplendor: arquitectura e cultura

      • O esplendor da chamada era compostelá maniféstase en diferentes eidos, especialmente nos dous seguintes:

      • Arquitectura

      • Desde o século XI e ata o XIII esténdese por Galiza o estilo románico e, seguindo a súa liña, atopamos:

      • Catedrais, unha das actividades máis importantes deste período, xa que supoñen un importante esforzo económico e material que amosa o poder da Igrexa do momento. Das cinco catedrais construídas, Lugo, Tui, Ourense, Mondoñedo e Compostela, é esta última a máis importante.

      • Escultura, que ornamentaba as catedrais, sendo o exemplo máis importante o Pórtico da Gloria da catedral compostelá.

      • Mosteiros: case todos eles do Císter, aparecendo así o austero estilo cisterciense, que aínda podemos contemplar en mosteiros coma o de Meira (moitos foron reformados posteriormente).

      • O románico rural: composto por unha morea de pequenas igrexas, con pouca decoración. Destaca, por exemplo, a de Vilar de Donas por conservar pinturas murais.

      • Cultura

      • Nos séculos XII e XIII dáse unha importante lírica en galego-portugués, vencellada ás cortes castelá (Fernando III, Afonso X) e portuguesa (Don Dinís) que conxuga a tradición latina, occitana e mozárabe coa lírica popular e, como é lóxico, coa relixión.

        Este grande esplendor non se podería explicar sen un grande centro cultural coma Santiago de Compostela, que recibe as influencias europeas a través do Camiño de Santiago.

        Os artesáns adoitaban agruparse en gremios, que podían ocupar toda unha rúa ou praza, o que deu orixe a moitos nomes de prazas e rúas actuais (praterías, acibechería...)

        As características do foro medieval distan moito das do moderno. A partir do século XVII o foro cambia, e a dobre condición anterior que supoña que os señores tiñan dereitos sobre a terra e sobre os campesiños vai mudar.

        Máis info aquí.

        Máis info aquí.

        3. A consolidación da sociedade feudal

        1

        Historia de Galiza

        2066/2007

        USC

        Asegura máis ou menos a estabilidade dos patrimonios señorais e a dependencia dos campesinos respecto dos señores.




    Descargar
    Enviado por:LuZinHa
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar