Biología


Bioloxía # Biología


INTRODUCCIÓN E CONSIDERACIÓNS XERAIS

A natureza da ciencia

Comezemos preguntándonos ¿que é a ciencia? A ciencia xurde pola curiosidade que sente o ser humano acerca das súas orixes, da natureza, en xeral de todo o que o rodea. O obxectivo da ciencia é comprender mellor a natureza e todo aquelo que nos rodea. Estamos a falar das clásicas preguntas tantas veces formuladas: ¿quen somos? ¿de onde vimos? ¿cara onde vamos?

Nas sociedades máis primitivas estas preguntas recibían a súas correspondentes respostas na forma dos mitos. Máis tarde xurdiron dous novos sistemas explicativos que constitúen dúas tendencias diverxentes, trátase da relixión e máis da filosofía. Lembremos que ata non hai moito tempo a filosofía englobaba tódalas formas de coñecemento.

As relixións baséanse nos dogmas. Os dogmas son verdades reveladas ós homes por unha entidade sobrenatural divina, e deben ser aceptados sen máis, os homes cren nos dogmas só pola súa fe.

Pola contra a filosofía trata de dar explicacións racionais ós fenomenos observados polo ser humano, baséase precisamente na capacidade de razoamento do ser humano. Os Presocráticos foron os primeiros filósofos. A filosofía deservolveuse dende o período dos Presocráticos durante un tempo, ata que co auxe do Cristianismo resultou desprazada durante moito tempo. Finalmente rexurdiu coa revolución científica.

As diverxencias entre a ciencia e a relixión fixeron que a súa relación fose a miúdo bastante tensa. Mentres a ciencia non puido dar explicación a ningún dogma relixioso os científicos non atoparon ningunha traba para os seus estudios. Pero cando algúns fenómenos que só se podían explicar mediante os dogmas foron comprendidos pola ciencia xurdiu o conficto. A relixión vía na ciencia un inimigo que podía tirar por terra tódalas creencias relixiosas, feito que poñía en perigo o propio status dos servidores da relixión. O estado relixioso (estamos a falar de Europa e o Cristianismo no Medioevo) non podía permitir que estos descubrimentos transcendesen, a súa posición política, o poder do que disfrutaba a Igrexa estaban amenazados. Este foi o motivo de que a ciencia fora perseguida, moitos filósofos foron acusados de herexía polos seus descubrimentos. En resumen a ciencia detivo o seu desenrolo.

Segundo a definición de Ayala: a ciencia busca organizar o coñecemento dun modo sistemático.

Tamén é obxectivo da ciencia ofrecer explicacións ás condicións en que ocorre un fenómeno. Débense propoñer hipóteses que expliquen a ocurrencia dun fenómeno dado nunha situación concreta. As hipóteses deben demostrarse para que se poidan considerar válidas, e sempre son susceptibles de ser rexeitadas.

Segundo os estudiosos da ciencia: a ciencia trata de atopar un número pequeño de principios explicativos para clasifica-la total diversidade dos fenómenos naturais.

A sociedade en xeral só é consciente dos grandes descubrimentos científicos que cada certo tempo aparecen nos medios de comunicación. Nembargantes, a ciencia non avanza debido a estos grandes descubrimentos, é máis, estos descubrimentos son o resultado da conxunción de pequenos descubrimentos realizados ó longo de investigacións que poden durar anos e anos.

O método científico:

A ciencia distínguese das outras formas de coñecemento polo seu método de traballo e o rigor que este método conleva.

Aristóteles é considerado o precursor do método científico. Na súa obra “Segundos analíticos” explica como se debe traballar para resolver un problema científico. Tratábase dun método racionalista, baseado na capacidade de razoamento do ser humano, o que resulta na deducción das respostas ós problemas. É por esto que este método se denomina deduccionismo. Este método púxose de moda e acadou o seu esplendor cando foi publicado no tempo de Descartes, que foi o seu máximo defensor.

Un contemporáneo de Descartes, Francis Bacon, propuxo un novo método científico denominado inductivismo. Segundo este método, únicamente con reexistrar, medir e describi-los fenómenos se pode chegar a conclusións verdadeiras sen que exista a posibilidade de caer nun erro. Así, non é necesario establecer unha hipótese ”a priori”.

Finalmente, no século XIX estableceuse o método científico Hipotético-deductivo que segue vixente na actualidade. Neste método distínguense dúas fases:

  • Formulación da hipótese.

  • Demostración da hipótese por medio da experimentación.

  • Este método presenta dúas vantaxes:

  • Non se admiten os dogmas. Todo debe ser demostrado.

  • Consecuentemente a ciencia faise menos dogmática.

  • O paso previo ó método é a observación dun fenómeno e a formulación de preguntas acerca de dito fenómeno. Nas ocasións en que un fenómeno non se pode reproducir en condicións de laboratorio deberemos empregar o método comparativo, o que nos leva a facer unha clasificación dos fenómenos comparables.

    A singularidade da bioloxía

    A palabra “Bioloxía” é relativamente reciente. Foi inventada por Lammark. Anteriormente distingúianse a Historia natural, a Botánica e maila Medicina, e as tres especialidades eran estudiadas polas mismas persoas. Aínda que a Bioloxía apareceu como tal no perído da revolución científica, non resultou favorecida por esta revolución, que se ceñiu case que exclusivamente á Física.

    Os conceptos biolóxicos:

    Os motivos que fixeron que a Bioloxía quedara apartada desta revolución son variados, pero todos presentan o denominador común de que, dun xeito ou de outro, entran en conficto coas ríxidas leis físicas. As características particulares que presenta a Bioloxía respecto das outras ciencias derívanse da complexidade dos seres vivos, que son precisamente o campo de estudio da Bioloxía. Vexamos algunhas destas características:

    • Alta complexidade e nivel de organización dos seres vivos, en contraste cos simples procesos inorgánicos estudiados pola física.

    • Base química complexa, presencia de macromoléculas. A física está acostumad a traballar con moléculas moito máis simples e polo tanto máis doadas de comprender.

    • O mundo dos seres vivos é cualitativo, mentres que as ciencias físico-matemáticas baséanse en términos cuantitativos.

    • Variabilidade dentro da unidade átomo-célula. As células son demasiado complexas como para tratar de dividilas en unidades máis simples de mellor comprensión.

    • Progama xenético inherente. Esto é algo do que carecen absolutamente tódolos obxectos inanimados en estudio pola física.

    • Natureza histórica dos seres vivos. A filoxenia tamén e patrimonio exclusivo dos seres vivos.

    • Selección natural. Outro proceso que só é posible no complexo entramado da comunidade dos seres vivos.

    • En conxunto a Bioloxía padece do mal do indeterminismo, polo cal non é posible facer prediccións temporais absolutas.

    Por todo esto a Bioloxía foi en moitos casos rexeitada como auténtica ciencia por parte das ciencias de tipo físico-matemático, que ó mesmo tempo trataron de sometela a un proceso de reduccionismo. O reduccionismo, que era esencial para a investigación física, tratouse de adaptar erróneamete á Bioloxía. Así, segundo os reduccionistas non existía unha autonomía do mundo vivo ó inanimado, e tódalas teorías acerca dos fenómenos naturais reducíanse ás expostas pola Física (en certo modo viña a ser unha especie de dogamtismo científico). Distínguense tres tipos de reduccionismo.

  • Reduccionismo constitutivo: segundo o cal non hai diferencia entre a Física e a Bioloxía a nivel molecular, e tódolos fenómenos se poden explicar mediante as leis físicas.

  • Reduccionismo explicativo: segundo o cal non se pode comprender un todo mentres non se descompoña nas súas partes máis pequenas. É con este tipo de reduccionismo co que xurden os conflictos entre a Bioloxía e a Física.

  • Reduccionismo teórico: esta liña do reduccionismo sostén que as teorías e as leis que se formulan nunha determinada área científica representan casos particulares das teorías e leis que se formulan noutras áreas da ciencia. Tamén este reduccionismo entra en conflicto coa Bioloxía.

  • As teorías reduccionistas non chegaron a fructificar e nese momento xurdiron as Teorías de emerxencia, nunha liña totalmente oposta ó reduccionismo. Así, segundo estas teorías emerxentes, as características dun todo non se poden definir a partir das características das partes dese todo, nin sequera a partir das características de conxuntos desas partes. Estas teorías son aplicables tanto a seres vivos coma ó mundo inanimado.

    Estructura conceptual da Bioloxía

    Os científicos e investigadores buscan a verdade para poder chegar a conclusións obxectivas sobre a realidade. Aquí debemos matizar unha circunstancia de suma importancia ó respecto, e é que o mesmo concepto de realidade cambiou moito co pasar do tempo, sobre todo en función das influencias relixiosas. Así, hoxe en día o esquema da realidade é o seguinte:

    Nembargantes, na Idade Media o esquema da realidade era ben distinto, vexamos:

    As verdades científcas son a miúdo verdades establecidas por consenso. Os científicos investigan, experimentan e buscan, e ás veces non o fan na dirección correcta, aínda que non por esto as súas investigacións deixan de ser importantes. O avance científico débese sobre todo á perseverancia, a perpicacia e o traballo diario dos investigadores.

    Filosofía da Bioloxía:

    O estudio da Historia da Bioloxía (ou de calquera outra ciencia) xurde como tal a mediados do século XX. A aparición desta disciplina ven motivada polo distanciamento que se produce entre a realidade pública e o coñecemento científico no perídodo de postguerra. Durante a Segunda Guerra Mundial déronse grandes avances científicos, que levaron ó desenrolo de tecnoloxías que resultaban incomprensibles para a xente de a pé. Máis aínda, a xente sentía medo da ciencia, a aquela época pertence a típica imaxe do científico tolo enclaustrado no soto da súa casa facendo pocións e construíndo artiluxios extraños. Así, a misión da Historia é a de achegar os coñecementos científicos á sociedade en xeral. Un dos primeiros catedráticos da disciplina da Historia da Ciencia chegaría a dicir que o método histórico era o máis axeitado para transmitir o coñecemento científico ás mentes non preparadas.

    Gracias a este método histórico hoxe en día a concpeción da realidade científica canbiou moito, xa non se pensa en científicos tolos. Hoxe en día os científicos forman un colectivo profesional cun ideal de conducta, un código Deontolóxico.

    Bioloxía e valores humanos:

    Neste mesmo período Robert Merton define un código de conducta, que el denominaba o ETHOS, que reunía catro principios:

  • Universalismo: con este principio preténdese que a actividade científica debe estar sometida a criterios impersoais preestablecidos, os científicos non se deben deixar influír polas súas propias ideoloxías e criterios persoais.

  • Comunismo: segundo este principio, os descubrimentos científicos son o producto da colaboración social, e deben ser asignados á comunidade. Os dereitos individuais de cada investigador deben ser limitados.

  • Desinterés: suponse que a única motivación que debe ter un científico é o afán de realizar novos descubrimentos para aumentar o coñecemento científico, non deberían existir intereses persoais nin económicos, é dicir a actividade científica debe ser altruista.

  • Escepticismo organizado: este é un mandato metodolóxico de toda ciencia, coa misión de entrar en conflicto cos dogmatismos relixiosos ou de calquera outro tipo, non se poden aceptar as verdades absolutas.

  • Este é un ideal de conducta, pero o que realmente ocorre é que a ciencia como institución social que é non se pode aillar dos outros aspectos da sociedade (economía, política...). Esto fai que o traballo do investigador non remate ó saír do laboratorio, debe seguir traballando para buscar financiación, obter permisos do estado, etc... e aquí xurden os problemas en forma de intereses persoais, aumenta a competitividade, fórmanse grupos de investigación conxunta que logo de separan aproveitándose uns dos resultados dos outros, téndese a emitir conclusións precipitadas co único fin de adiantarse ós outros grupos de investigación, todo, en fin, co obxectivo de ser o primeiro nunha carreira na que priman os intereses económicos.

    Parámetros a analizar no estudio da Bioloxía

    Á hora de abordar o estudio de calquera ciencia hai que ter en conta os factores intrínsecos a esa ciencia. Aquí atopamo-la dificultade de que este tipo de conceptos non están claramente definidos en ningunha ciencia. Tódolos factores intrínsecos fundaméntanse en que o desenrolo dunha ciencia se basea no razoamento e nos feitos obxectivos, é dicir, a dirección que toma a evolución dunha ciencia ven dada polos factores inherestes a dita ciencia.

    Así, os factores intrínsecos avogan principalmente polo estudio da Historia das ideas co obxectivo de achegarse cada vez máis á verdade. Neste sentido, algúns autores sostiñan que se debía fomenta-lo estudio das biografías das grandes figuras científicas que se supoñía eran entidades ailladas. Hoxe sabemos que este concepto está equivocado, pois ademáis dos factores intrínsecos, en tódalas ciencias, e particularmente nas persoas que as estudian, inflúen tamén os factores extrínsecos.

    Estos factores extrínsecos teñen a súa orixe na propia individualidade dos científicos, da sociedade na que traballan, a economía, a moral, a cultura, etc... En conxunto, todos estos factores determinarán o grao e mailo sentido do avance dunha ciencia, tanto ou máis que os propios factores intrínsecos de esa ciencia.

    Tanto os factores intrínsecos coma os extrínsecos débense estudiar conxuntamente para poder determinar de xeito fiable a dirección e grao de avance dunha ciencia. Asimesmo, os científicos deben ser tomados como un conxunto, e non coma entidades individuais que progresan exclusivamente gracias á súa xenialidade.

    Segundo o grao de influencia destos factores cambiará a metodoloxía empregada polos científicos, e polo tanto variarán as conclusións a que chegen. Así, se se segue unha metodoloxía básicamente influenciada por factores intrínsecos os estudios dos investigadores terán un carácter científico máis riguroso. Se, pola contra, a metodoloxía empregada nos estudios está máis influenciada por factores extrínsecos teremos unha ciencia máis humanista. Tamén se debe ter en conta o feito de que os factores extrínsecos levan acoplado en mecanismo de retroalimentación.

    En xeral, o avance da ciencia ó longo da historia ven marcada por unha progresiva especialización dos científicos, ata o punto de que hoxe en día xa se fala de superespecialización, un dos peores males que afectan á ciencia actual.

    GRANDES PERÍODOS DA HISTORIA DA BIOLOXÍA

    Das orixes a Grecia

    As primeiras civilizacións nas que apareceron indicios de estudios acerca das “ciencias naturais” foron a india, a chinesa e maila exipcia, sociedades nas que xa existía unha linguaxe ben desenvolvida. Para que apareza o coñecemento científico é preceso que se desenrole a racionalidade, tanto a nivel individual coma colectivo, e precisamente a racionalidade colectiva é a que require a presencia dunha linguaxe a tódolos niveis que permita a comunicación dos individuos.

    A escritura e a linguaxe oral foron desenroladas polo Homo sapiens, aínda que hoxe en día están a abrirse moitas controversias a este respecto, e poida que a linguaxe oral sexa moito máis antiga do que se pensaba. Con todo, mesmo unha diferencia de un millón de anos non faría a aparición da linguaxe un feito esaxeradamente antigo, polo tanto a ciencia ten é fundamentalmente un fenómeno cultural recente.

    A racionalidade comeza do xeito máis sinxelo coma o resultado dos dualismos que observaba o home primitivo. Os primeiros homes distinguían fundamentalmente o que é e o que non é.

    Así chegamos ó período da cultura grega. Se analizamo-los factores extrínsecos presentes en Grecia comprenderemos porque foi aquí que se producíu o florecemento da cultura e da ciencia. A estructura da antiga Grecia resultaba bastante peculiar.

    • O poder do estado nunca chegou a alcanzar o nivel das estructuras estatais doutros povos.

    • Non existía un único centro de poder cultural e político, pois o estado atopábase organizado en distintas polis autónomas.

    • A agricultura e a gandeiría gregas eran bastante pobres, o que favorecía o comercio, fundamentalmente marítimo, que á súa vez favorecía os contactos con outras culturas e povos.

    • O poder relixioso non se atopaba nas mesmas persoas que ostentaban o poder político.

    As culturas presocráticas

    En Grecia é onde se atopan os primeiros documentos que se poden incluír dentro da “ciencia moderna”. Os documentos máis antigos atopados datan do século VI a. C. Trátase de fragmentos de escritos dos que se ten constatado a relación con traduccións realizadas na Idade Media. Hai diversos focos documentais distribuídos pola xeografía grega, sobre todo nas proximidades de Asia Menor.

    A Escola de Mileto:

    Un destos primeiros focos correspóndese coa polis de Mileto. Aquí atopábase a Escola de Mileto, que contaba con tres grandes representantes:

    • Tales de Mileto (650-580 a. C.)

    • Anaximandro de Mileto (611-546 a. C.)

    • Anaxímenes de Mileto (550 a. C.)

    A Escola de Mileto era Monista, é dicir, sostiña que existía un principio único e fundamental denominado arche, a partir do cal se tiñan orixinado tódalas cousas.

    Tales de Mileto:

    Considerado coma o pai da filosofía, o antecedente da filosofía grega e un dos sete sabios gregos. Inicialmente era un comerciante, pero gracias á boa marcha dos seus negocios acadou unha posición acomodada que lle permitíu entrar na esfera política da súa polis. Finalmente dedicouse á filosofía. Invitaba á xente á súa casa para falar das súas inquedanzas, bastante centradas na astronomía.

    Tales realizou o primeiro porceso de abstracción intelectual, o que lle levou a propoñer como principio fundamental para tódalas cousas á auga. Tales buscaba algo que fose permanente en tódalas entidades do universo. Ademáis a auga está directamente relacionada coa vida, así, Tales argumentaba que as partes secas do organismo (o pelo, as unllas) eran insensibles. A auga é polo tanto a orixe, o sustrato e a causa de todo. En base a esto Tales explica as transformacións do universo.

    Para Tales a causa da vida é a psyche, que ademáis presenta propiedade de pedra magnética. Outro concepto tamén importante para Tales é o da physis, que poderiamos traducir como “natureza”.

    Anaximandro:

    Anaximandro chegou á conclusión de que o principio único era un elemento indeterminable e imperceptible ó que denominou apeiron, e que é a orixe do dualismo frío/calor. Pola loita destos dous opostos xurden os catro elementos básicos: a terra, o aire, a auga, e o lume, que á súa vez se combinan para dar lugar a tódolos demais seres do universo. Así, os animais xurden da terra húmida quente. Este é o primeiro atisbo da teoría da xeración espontánea.

    Anaximandro non consideraba inmutables ás distintas especies animais, tamén considera ós homes resultado dunha evolución, e afirma que antes do universo actual existiron puideron ter existido outros. En calquera caso, toda evolución é resultado da loita de contrarios baseada na natureza dual do apeiron. Anaximandro foio primeiro en estudia-los fósiles, que el considera como experimentos fallidos de xeracion espontánea.

    Para Anaximandro a causa da vida é o aire. Foi ademáis o autor do primeiro libro sobre ciencia titulado “Periphyseos”, que significa “acerca da natureza”. Tamén realizou o primeiro mapamundi.

    Anaxímenes:

    Para Anaxímenes o principio fundamental é o aire, mentres que o principio da vida ou psyche identifícao co apeiron. Foi ademáis o primeiro en empregar termos coma a “condensación”. Para Anaxímenes o aire, por un proceso de rarefacción orixina o lume, que por condensación dará lugar ós outros elementos.

    Anaxímenes realizou a primeira definición de ser vivo: os seres vivos son os que teñen a capacidade de automantemento, entendendo como automantemento os procesos de nutrición e reproducción.

    A Escola Pitagórica:

    Outro importante foco de coñecemento foi a Escola Pitagórica que tiña como máis importante representante, obviamente, a Pitágoras (582-520 a. C.). Os pitagóricos son matemáticos e intentan explicar o universo en función das matemáticas. Ademáis creían na inmortalidade das ánimas e na transmigración. Para os pitagóricos existían catro números elementais:

    • 1 ! Identifícano co punto.

    • 2 ! Identifícano coa liña.

    • 3 ! Identifícano coas superficies.

    • 4 ! Identifícano co volumen, é dicir, cos sólidos.

    A suma destos catro números da 10, que para os Pitagóricos é un número sagrado e perfecto. Os pitagóricos sempre tratarán de atopar alusións a este número na natureza. Son os primeiros en empregar a observación e a experimentación directa, e establecen a primeira regra tonal.

    Entre os pitagóricos atopamos ó primeiro naturalista da historia na figura de Alcmeon de Crotona, que fixo as primeiras diseccións de animais, e describe o nervo óptico e mailas trompas de Eustaquio.

    A Escola de Éfeso:

    Heráclito:

    Heráclito vivíu arredor do 500 a. C. Chamado “o escuro”, pola difícil comprensión das súas ideas, Heráclito é un continuador da Escola de Mileto, é polo tanto monista. Para Mileto o principio fundamental é o lume. Desenrola a idea da loita de contrarios e do cambio constante. Para Heráclito hai dous tipos de psyche, unha universal e outra individual, ambas relacionadas entre sí. No universo hai un designio segundo o cal o futuro de cada ánima individual ven marcada e predeterminado pola ánima universal.

    Parménides:

    Este filósofo vivíu arredor do 470 a. C. A súa concepción da realidade é independente de tódalas ideas anteriores, para Parménides a realidade das cousas coñécese só coa razón pura. Segundo Parménides nada pode crearse ou orixinarse de novo, senón que todo existe dende sempre. Parménides nega así o monismo e maila posibilidade de explicar o universo como algo formado a partir dun principio único.

    Parménides baséase no dualismo ser/non ser. Todo cambio é absurdo e imposible. Considérase a Parménides como o último pensador presocrático.

    O apoxeo helénico

    Os contemporáneos de Sócrates

    Demócrito:

    Demócrito viviu nos anos 460-380 a. C. Este filósofo pensaba que no universo todo estaba determinado ben polo azar (as leis da natureza), ou ben pola necesidade. Distingue ademáis a materia do baleiro, aínda que este baleiro non se identifica co non ser de Parménides, pois o baleiro existe, é dicir, é.

    Demócrito é o primeiro atomista. Considera que a materia es´ta constituída por átomos, unidades discretas, de forma, tamaño e movemento particular segundo o tipo de átomos. Tamén distingue a materia viva da inerte. Para Demócrito, a materia inerte está composta de átomos somáticos, mentres que a materia viva contén átomos de psyche entre os átomos somáticos.

    Tamén realizou a primeira clasificación dos animais. Segundo Demócrito podíanse distinguir os animais con sangue e mailos animais sen sangue, correspondentes ós vertebrados e invertebrados respectivamente. Tamén postulou unha teoría da herdanza semellante nalgúns aspectos ás teorías Darwinianas. Demócrito postulaba que “a semente dos seres vivos está formada por micropartículas que reproducen en miniatura as distintas partes do corpo”. En ceto sentido, esta teoría semella o xermolo das futuras teorías dos homúnculos.

    Empédocles:

    Empédocles viviu arredor do 450 a. C. Para este pensador toda a materia está formada pola combinación dos catro elementos clásicos: terra, auga, aire, e lume. Pero ademáis tamén distingue catro cualidades fundamentais: a calor, o frío, a humidade, e a sequedade. Así, a materia viva orixínase a partir dunha amalgama primitiva que por un proceso de diferenciación denominado Ekkrisis da lugar ás distintas partes do corpo. Estas partes separadas intégranse logo para formar os distintos seres vivos. Todo o proceso está dominado por unha loita de contrarios, en concreto entre o amor e o odio. Segundo predominen un ou o outro así variarán os organismos resultantes.

    Empédocles non exclue a posibilidade de que no pasado teñan existido organismos diferentes ós actuais que finalmente se extinguiron pola loita pola existencia.

    Para Empédocles a nutrición é un proceso de redistribución dos catro elementos fundamentais. En cambio, a reproducción sería a combinación do lume coa humidade. O sexo do novo ser sería o mesmo que o do proxenitor con máis calor. Por último, destacar que para este filósofo, todo o mundo constituía unha unidade, e ademáis tódolos seres vivos sen excepción eran animais.

    Anaxágoras:

    Para este pensador, que viviu arredor do 460 a. C. todo existe dende sempre. Retoma dos pitagóricos o interés pola experimentación e maila observación, de feito, deseñou un experimento para demostra-la materialidade do aire.

    Anaxágoras distingue dous mundos: o mundo sublunar e o mundos dos astros. A Terra estaría, por suposto, no mundo sublunar, pero ambos mundos estarían formados polo mesmo tipo de materia. Onde si fixo distincións foi entre os seres vivos e os seres inertes. Para Anaxágoras os seres vivos caracterízanse por tres cualidades:

    • A existencia dunha entidade ordenadora, nous.

    • A capacidade de xerar vida, esto é, reproducirse.

    • A posesión de vida independente, vida como acción, zoe.

    A entidade ordenadora é identificada por moitos autores como algo externo ó ser vivo, ou para entendernos mellor, con Deus. Para Anaxágoras o nous identifícase simplemente co entendemento ou a regulación centralizada, é dicir, o sistema nervoso.

    Anaxágoras era partidario da teoría Preformista, segundo a cal a semente ou ovo presentaba tódalas partes que compoñían ó ser vivo en miniatura.

    Hipócrates:

    Este filósofo nacido na polis de Cos é considerado o gran primeiro maestro da medicina. É o autor da obra “Corpus hipocraticum”, un conxunto de libros que tratan os máis diversos temas da medicina antiga. Con Hipócrates producíuse a separación da medicina da filosofía.

    O seu método de estudio está baseado na observación e máis na experimentación, aínda que tamén admite o uso da lóxica para chegar a conclusíóns que se atopan fora do alcance dos sentidos.

    Estableceu o código deontolóxico médico vixente aínda hoxe prácticamente sen cambios. Este código establece quen pode ensinar e máis quen pode estudiar medicina. Os médicos que realizan o xuramento hipocrático deben curar ós enfermos por solicitude e lealtade, e ademáis non poden preparar venenos nin practicar abortos.

    Hipócrates realizou principalmente estudios de embrioloxía, fisioloxía e anatomía. Asi, foi primeiro que realizou estudios de embrioloxía e anatomía comparadas. Realizou ademáis unha clasificación dos animais baseada nas aplicacións terapéuticas destos. O número de especies incluídas na clasificación é pequeño, unhas 52, e divídense en catro grupos:

    • Cuadrúpedos salvaxes

    • Cuadrúpedos domésticos

    • Aves

    • Peixes

    Sócrates:

    Sócrates viviu nos anos 470-399 a. C. Non fixo ningunha aportación relevante ó campo da ciencia. A súa importancia radica en que foi o responsable do desenrolo do Intelectualismo moral, segundo o cal, “o saber xoga un papel crucial na virtude do ser humano”. É ademáis o responsable da introducción dun novo método de razoamento científico, o diálogo.

    Platón:

    O coñecido discípulo de Sócrates viviu entre os anos 427-347 a. C. É fundamentalmente un filósofo “puro”, non se dedica a ningunha outra ciencia, e a súa maior aportación atópase condensada na teoría das ideas.

    Segundo esta teoría, as cousas que vemos atópanse nun estado de movemento contínuo. Ademáis, o que percibimos a través dos sentidos non é a realidade, a auténtica realidade atópase no mundo das ideas, na nosa mente, mentres que o percibido é apariencia. As bases desta teoría empréganse aínda hoxe en Bioloxía, nos métodos taxonómicos. Platón é contrario á experimentación, para él o método ideal de razoamento é a abstracción.

    Platón retorna á idea da entidade ordenadora, que él chama Demiurgo, que actúa sobre a natureza ordeando as ideas que percibimos.

    Aristóteles:

    Aristóteles, discípulo de Platón, viviu nos anos 384-322 a. C. Recorriu varias cidades ó longo da súa vida. No 342 foi reclamado por Filipo de Macedonia para que exercese de maestro do seu fillo Aleixandre Magno. Aristóteles foi o máis grandes naturalista da Grecia Clásica.

    Aristóteles mantén a división do universo en dous mundos separados, un eterno, o mundo dos astros, e outro corruptible, o mundo sublunar. A percepción que nos prestan os sentidos non nos permite percibir as cousas eternas, con todo, Aristóteles considera a experimentación como unha ferramenta útil para o estudio do mundo sublunar que habitamos.

    Aristóteles é finalista, é dicir, a actividade determinada pola psyche non é unha actividade que se desenrole ó azar, senón que ten un fin que é a adpatación fisiolóxica. Para Aristóteles a parte real dos seres vivos é a forma, mentres que a materia é unicamente potencia. A materia dos seres vivos non sería nada sen a psyche, que é orixinada pola forma. Así, o desenrolo embrionaria é o paso da materia á forma. Foron estas ideas as que no século XVIII induciron a Harvey a establecer as teorías Epixenéticas.

    Aristóteles distingue tres tipos de almas:

    • Vexetativa: que otorga as facultades de medrar e reproducirse.

    • Animal: que otorga a facultade para a sensibilidade e mailo movemento.

    • Humana: proporciona a facultade para a capacidade de razonar e reflexionar.

    Xa que durante o desenvolvemento embrionario o primeiro que se move é o corazón, Aristóteles deduxo que as almas animal e humana residen neste órgano.

    Para Aristóteles o mundo é eterno e increado, existe dende sempre (fixismo), polo tanto non ten sentido busca-la orixe da vida, pero aínda así establece unha “scala nautural” segundo a cal os organismos evolucionan gradualmente. Esta evolución comeza a partir da materia inanimada e culmina no home. Aristóteles realizou estos postulados para demostrar o ordeamento perfecto da natureza. No tocante á reproducción Aristótles distingue tres tipos distintos:

    • Sexual

    • Asexual

    • Xeración espontánea mediante a cal se desenvolverían os animais inferiores.

    Aristóteles realiza ademáis unha clasificación dos seres vivos, os cales divide básicamente en animais e vexetais. Interésase pola zooloxía, campo no que implanta unha serie de criterios taxonómicos que non serían superados ata o século XV. Segundo a clasificación de Aristóteles os animais divídense en acuáticos e máis terrestres. Os aniamis acuáticos serían aqueles que viven permanentemente na auga ou ben que, aínda vivindo na auga, saen a respirar á superficie. Dentro dos animais acuáticos distingue ós que nadan dos que se arrastran polo fondo. Nos animais terrestres fíxase no tipo de sangue, se son ovíparos ou vivíparos ademáis de nas características anatómicas e fisiolóxicas. Respecto a esto escribe o libro “Genusación dos animais” onde recolle a clasificación de 520 especies de animais. Neste libro atópanse dous termos curiosos: genus que é equivalente ó xénero actual, e eidos que equivale á especie. A Aristótles interesábanlle fundamentalmente os animais acuáticos. As descripcións de animais feitas por Aristóteles son o resultado de observacións directas feitas por el mesmo ou por outros pensadores. Ademáis, Aristóteles afirma que existen formas vivas que non se poden ver, ben sexa polo seu pequeño tamaño, ben porque están demasiado lonxe.

    Tamén realiza estudios acerca da herdanza. En canto ós elementos que forman o universo acepta os catro elementos e as catro cualidades fundamentais de Empédocles. Aristóteles realiza os seu traballo en equipo no “Lice”. Alí encargaba distintos estudios ós seus discípulos.

    Teofasto:

    Pensador que viviu nos anos 372-287 a. C. e que foi o director do Liceo logo de Aristóteles. Considéraselle o pai da Botánica. Escribui dúas importantes obras a este repecto: “Estudio das prantas” e “Historia das prantas”. Baseaba os seus estudios na observación e máis na experimentación. Realizou unha clasificacion dos vexetais en árbores, arbustos, semiarbustos e máis herbas. Tamén realiza experimentos de reproducción con prantas.

    Estratón:

    Viviu entre os anos 337-269 a. C. durante o imperio de Aleixandre Magno. Con el o Liceo entrou en contacto con Alexandría, un dos maiores focos culturais da época. Gracias a estos contactos realiza grandes avances en anatomía.

    Epicúreos e estoicos:

    Logo de Aristóteles xurden dúas correntes diverxentes, trátase dos epicúreos e máis dos estoicos:

    • Epicúreos: adoptan en gran medida as ideas de Demócrito, son pois atomistas. Tamén son finalistas que cren que todo ocorre cun fin predeterminado.

    • Estoicos: son panteistas e pensan q7ue o mundo foi creado e organizado en beneficio do home. Coma os epicúreos son finalistas, aínda que dun xeito marcadamente antropocéntrico.

    O imperio romano

    Durante a época imperial romana non se dan grandes contribucións á ciencia, debido fundamentalmente a factores relixiosos e ás contínuas guerras. A maior contribución consitíu na traducción das obras dos filósofos gregos. O posto dos filósofos en Roma era máis semellante ó dun bufón, eran un entretemento para as clases acomodadas.

    Aínda así, realízanse algunhas contribucións á agricultura por parte de dous autores: Catón, de orixe gaditano, é o autor dun gran tratado de agricultura en doce volumes, e Columla. Foi destacable tamén a labro de outros tres pensadores.

    Lucrecio:

    Viviu nos anos 99-55 a. C. e pertencía á escola epicúrea. A súa maior contribución á Bioloxía consistiu na creación da obra “De rerum natura”, un libro de historia natural en verso. Influíu abundantemente nos pensadores da Idade Media.

    Plinio:

    Viviu nos anos 23-79 d. C. É o autor da extensa “Historia natural” de 37 volumes, na que realiza extensas descripcións de animais. Foi ademáis o primeiro en introducir o capítulo da Bibliografía nas súas obras. En concreto, no caso da “Historia natural” cita máis de 2000 libros. É partidario da observación e máis da experimentación como métodos de estudio. Morreu cando observaba unha erupción do Vesubio.

    Galeno:

    Médico e anatomista, estudiou profundamente as enfermidades, das que chegou a realizar unha clasificación (en enfermidades do corpo e máis da mente) na que se ve claramente a influencia das ideas aristotélicas. A Galeno corresponde a autoría da coñecida expresión “mens sana in corpore sano”.

    As mulleres na filosofía antiga:

    A sociedade antiga discriminaba ás mulleres alonxándoas dos estudios científicos. Con todo, existiron algunhas estudiosas de relativa importancia:

    • Sorano de Éfeso: escribiu un tratado de xinecoloxía e obstetricia a partir da tradición oral das comadronas.

    • Antiochis: dedicouse á medicina, centrándose especialmente na artrite e nos problemas do bazo.

    • María a Hebrea: viviu en Alexandría, onde realizou estudios de química. É a inventora da técnica do “Baño María”, e algúns dos seus descubrimentos tiveron aplicación ata o século XVIII.

    • Hipatía: filla de Teón de Alexandría, director do Museo da mesma cidade, motivo polo cal moitas das súas teorías se lle atribuíron ó seu pai. Destacou en matemáticas, física e química, e deseñou en mecanismo para a medición da presión dos líquidos.

    A Idade Media

    Duranre a Idade Media o Cristianismo, relixión predominante durante os últimos anos do Imperio Romano, limitou enormemente o avance da ciencia. Os pensadores desta época están claramente influídos pola relixión, que se caracterizaba por acaparar o coñecemento.

    Eliano:

    Aínda que pagano, na obra deste autor é clara a influencia do cristianismo. Escribíu un tratado “Sobre o comportamento dos animais”, que remata nunha especie de moralexa que a miúdo foi adoptada polos sacerdotes nos seus sermóns.

    San Agustín:

    Viviu nos anos 354-430 d. C. nos últimos días do Imperio, cando Roma se atopaba aillada e non existía o intercambio cultura. Adaptou as ideas de Platón ó Cristianismo ó tempo que mostraba un nulo interés pola ciencia. O resto dos antigos pensadores gregos foron olvidados durante seis séculos.

    San Isidoro de Sevilla:

    Este autor viviu entre os anos 560-636 d. C. Na súa obra “Etimoloxías” recolleu todo o saber da época.

    No período comprendido entre os séculos V e VII apareceron dúas correntes paracientíficas: a Astroloxía e a Maxia, que acabarían sendo rexeitadas no Concilio de Trento. A maxia, na súa relación coa Alquimia sentou as bases para o futuro desenrolo da Química.

    No século IX tivo lugar o Renacemento Carolinxio, durante o cal se deu un vano intento de recuperación da ciencia que se quedou únicamente na recuperación dos textos antigos.

    No século XII remata o escuro período da Alta Idade Media e comeza a Baixa Idade Media, durante a cal se produce o contacto coa cultura do Islam, que conserva os documentos do antigo mundo grego. O povo árabe provén do Oriente Medio, onde reinaba a dinastía dos Abbasidas. Segundo a costume árabe, cando conquistaban un novo territorio absorbian a cultura dos seus habitantes e asimilábana. Os árabes realizaron a traducción da práctica totalidade dos antigos textos gregos e interesábanse sobre todo en Astronomia e Medicina. O Islam estaba ademaís influido polas culturas India e Chinesa.

    Os árabes realizaron considerables avances en Medicina, Astronomía e Matemáticas, e en menor medida en Xeografía. Tamén realizaron os primeiros estudios de Química. O Islam dividíase en dúas partes: Oriental e Occidental. Entre os pensadores do Islam Oriental destacan os seguintes.

    Avicena:

    Viviu nos anos 980-1037 e era un médico do Islam Oriental. Estudio e comentou profundamente as obras de Aristóteles.

    Abd al Hatif:

    Realizou novas descripcións zoolóxicas dunha grande variedade de animais ademáis de recupera-las feitas polos pensadores gregos.

    El Kasuini

    Continuador da obra de Abd al Hatif, escribiu unha obra chamada “As maravillas da natureza” na que describe animais exóticos das áreas tropicais. Tomou como base os estudios de Aristóteles e é coñecido como o “Plinio dos árabes”.

    O Islam Occidental:

    Os focos culturais máis importantes do Islam Occidental estaban na península Ibérica, e acadaron o maior esplendor durante o reinado da dinastía dos Omegas. No século X fundaron academias en Granada, Córdoba, Toledo e moitas outras cidades, o que demostra unha grande interese pola educación. A decadencia do Islam comeza durante o reinado de Almanzor, logo do cal o estado Islámico se desmembrará nos distintos reinos de Taifas. Realizáronse avances principalmente na agricultura, campo no que destacou Ibn Basal, un Xeopono, como os árabes chamaban a estos estudiosos, pero houbo outros estudiosos importantes que comentamos a continuación.

    Alpetragius:

    Este astrónomo foi probablemente o primeiro que propuxo o cambio do sistema planetario heliocéntrico por un “concéntrico”. Pénsase que nas súas ideas se inspirou máis tarde Copérnico.

    Averroes:

    Este pensador foi un gran comentador da obra de Aristóteles. Enunciou unha teoría acerca da natureza do universo na que destaca o estado de movemento contínuo. Influiu notablemente nos pensadores renacentistas.

    Maimónides:

    Este médico basou tódolos seus estudios nos antigos descubrimentos realizados por Galeno, aínda que mellorou bastante as descripcións deste. Santo Tomás tomaría boa nota dos traballos deste pensador.

    A Idade Media na Europa cristiana

    Mentres tanto, en Europa produciuse o renacemento dos sistemas de ensinanza unitaria na forma da escolástica. O obxectivo principal dos pensadores deste período é a busqueda das leis que permitan explicar como funciona o universo. Os pensadores máis representativos son os seguintes.

    Santa Hildegarda:

    Escribiu tratados de medicina moi avanzados para a época nos que se observa unha clara influencia árabe.

    Federico II:

    O Santo Emperador Romano que organizou a V Cruzada dedicou a súa vida logo da campaña militar en Terra Santa ó estudio. Fundou a Universidade de Nápoles e máis un zoolóxico no que realiza os seus experimentos.

    San Alberte Magno:

    Fundou centros de investigación en varias cidades alemanas. Participou activamente no desenvolvemento da escolástica e interesouse profundamente pola natureza, aínda que as súas teorías eran erradas.

    Ramón Llul:

    Este pensadro español escribiu unha obra chamada “Árbore da ciencia”. Realizou estudios nos que chegou a entrever a “ley do estímulo” e maila “resposta biolóxica”.

    Afonso X:

    Simplemente manifestou un interese xeral por tódalas ciencias.

    Santo Tomás de Aquino:

    Foi discípulo de San Alberte Magno. Gracias a el a Igrexa cristiana adopta a filosofía escolástica. A súa relevancia no campo da bioloxía é nula, era un filósofo “puro”.

    As novas ordes relixiosas:

    No século XIII apareceron dúas novas ordes relixiosas: os Dominicos e mailos Franciscanos. Ambas xurdiron debido ó auxe das cidades e a necesidade que se presentaba de mantelas controladas (por parte da Igrexa). Paralelamente tamén se controlaba o coñecemento pois eran estas ordes relixiosas as encargadas de fundar as escolas. Máis tarde fundarían as Universidades. Hai certas diferencias entre os Dominicos e os Franciscanos. Os primeiros son máis ríxidos e duros.

    As primeiras universidades europeas fundáronse en Nápoles, Bolonia e Montpelier, entre outras cidades. En España, as Universidades máis antigas son as de Palencia, Salamanca e Valladolid. Co desenrolo das universidade as clase estudiantil comeza a tomar forza, pero non será ata o século XIX que apareza a verdadeira Universidade científica.

    A fin da Idade Media

    O momento en que remata a Idade Media é bastante discutido. Algúns autores sosteñen que o ano axeitado para tal evento sería o 1453, ano da caída de Constantinopla, a capital do Imperio Romano de Oriente. Por outra banda, hai autores que pensan que o 1492, ano do descubrimento de América, sería a data máis axeitada. En realidade, ámbolos dous feitos influiron moito sobre a ciencia da época. En Bizancio conservábanse os antigos documentos gregos e o coñecemento que outrora florecera no Imperio Romano. Coa caída de Bizancio produciuse un gran movemento emigratorio dos seus habitantes cara occidente, o que conlevou o conseguinte trasvase cultural. Por outra banda, o descubrimento de América supuxo unha revolución nas ciencias naturais debido ó descubrimento dun gran número de novas especies animais e vexetais. Esto fixo necesario que se realizaran novos estudios e investigacións neste campo.

    En calquera caso, dado que a historia é un contínuo a nos tanto nos ten cal é a data concreta do cambio de Idade, interésanos máis saber como evolucionaron as ideas dos pensadores, e esto ocorre dun xeito moi progresivo. Así, entre mediado dos século XV e principio do XVI aparece unha nova corrente profundamente humanista, denominado polo tanto humanismo. Os pensadores que seguen esta corrente senten unha grande admiración pola antigüidade clásica. Este foi o motivo principal que levou á recuperación do grego e máis do latín, nesta época comezan ademáis a forxarse as linguas modernas. Nembargantes o interés dos estudiosos céntrase fundamentalmente na Historia e máis na Literatura deixando aparte a ciencia.

    Un feito transcendental destinado a cambiar o curso da historia foi a invención da imprenta. Xa non era necesario copia-las obras a man nun proceso longo e tedioso, a cultura facíase máis asequible para todo o mundo. Debemos destacar a algúns autores deste período:

    • Nicolás de Susa: considérase o precursor da filosofía moderna. Propuxo unha teoría sobre o movemento da Terra e maila infinitude do universo.

    • Gillermo de Ockham: foi o artífice da teoría do nominalismo que se demostraría dunha importancia capital durante o renacemento científico para o auxe da experimentación. Segundo esta teoría:

    • Non hai concepto universais.

    • Existen os fenómenos e seres individuais.

    • A orde do universo é continxente, non existe ningunha instancia superior ordenadora.

    A conclusión desta teoría é que hai que estudia-los feitos directamente mediante a experimentación.

    Todos estos factores formarían o xermolo ou caldo de cultivo para o despegue do Renacemento.

    O renacemento e a orixe da modernidade

    No período que vai do século XV ó primeiro tercio do XVII realízase a transformación do antigo pensamento medieval ó pensamento moderno, en xeral, séntanse as bases da filosofía e maís da ciencia modernas. Nembargantes os avancies en ciencia, particularmente nas ciencias naturais foron prácticamente nulos. Un dos autores máis destacados foi.

    Leonardo da Vinci:

    O gran pensador do Renacemento viviu entre os anos 1452-1519. É fundamentalmente coñecido pola súa obra como pintor, aínda que tamén realizou multitude de outras tares en diversos campos, entre eles a ciencia. Por exemplo, foi o primeiro en realizar estudios de Paleontoloxía, realizou estudios sobre a dinámica da cortiza terrestre cos que explicar a presencia de fósiles mariños en áreas alonxadas da costa. Para Leonardo os fósiles atestiguaban a contínua transformación da Terra e mais dos seres que a habitan. Tamén realizou estudios de anatomía comparada e fisioloxía, sobre todo estudio o vo das aves, a anatomía das súas as, o que lle permitiría deseñar a súa “máquina de voar”.

    Os novos estudios de Zooloxía

    O descrubrimentos de novas especies, tanto animais coma vexetais, reimpulsou os estudios sobre a descripción dos seres vivos. Retomáronse os textos clásicos e realizáronse descripcións das novas especies e máis melloráronse as das especies ca coñecidas. Aquí podemos distinguir catro grupos principais de pensadores dedicados á Zooloxía que traballaban en catro universidades distintas.

    Universidade de Oxford:

    Destaca aquí a labor de Eduardo Watton (1492-1555). Este autor traballou coas antigas descripcións de Aristóteles, mellorando as descripcións das especies máis simples e eliminando as “míticas”.

    Universidade de Zurich:

    O maior representante desta escola é Conrado Gesmer (1516-1565). Na súa obra “Historia animalium” describe unha variedade de especies, cada unha identificada cos distintos nomes que recibe en cada lingua. Ademáis da descripción anatómica inclúe datos acerca do hábitat, orixe, etc... sobre cada animal. Baséase en parte na clasificación de Aristóteles para facer unha nova:

    Vivíparos

    Cuadrúpedos

    Ovíparos

    Aves

    Peixes

    Reptiles

    Insectos

    Universidade de Bolonia:

    Neste grupo debemos destaca-la obra de Ulises Aldrovandi (1522-1605). Escribuiu a extensa “Historia natural” en 14 volumes, na que sobresaen os traballos de anotomía comparada, que non serán superados ata o século XVIII.

    Universidade de Montpelier:

    Aquí destacan dous autores. Guillermo Rondelet (1507-1556) céntrase fundamentalmente na fauna acuática (non só peixes). Parte dos precedentes estudios de Aristóteles e mellora as descripcións ó relizar un gran número de diseccións. A súa obra capital é “De piscibus marinos”.

    O outro autor destacado é Pedro Belon (1517-1564). Realizou numerosas viaxes na procura das novas especies, centrándose fundamentalmente en aves e peixes. Aínda que comete algúns erros nas súas descripcións débeselle lembrar máis por ser un precursor dos estudios de anatomía comparada.

    As outras ciencias

    Neste período tamén se impulsa a Botánica, sobre todo en Alemania, onde os “Pais alemáns da Botánica” establecen as bases da Botánica moderna. Entre os diversos estudiosos destaca Leonardo Fucks (1480-1566), autor da obra “Tratado de Botánica”, unha das obras clásicas das ciencias naturais, claro que en realidade, o obxectivo desta obra era servir como guía para a recolección de prantas mediciñais.

    Existen outros autores que destacan noutros campos. Andrés Vesalio (1521-1564) é sobre todo un anatomista. Disecciona unha gran cantidade de animais diversos. Ingresou na Universidade de París para realizar os estudios de Medicina. Escribe unha das principais obras do Renacemento, por suposto un tratado de anatomía, “Humanii corpi fabrica”.

    Nicolas Copernico (1473-1543), autor da obra “De revolutionibus orbium caelestum”, coa que bota por terra o xeocentrismo imperante ata o momento e da paso á teoría helicéntrica, aínda que comete os erros de considera-lo universo finito e as órbitas planetarias circulares.

    Galileo Galilei (1564-1642) realizou sobre todo estudios de física, realizando grandes aportacións en materia de mecánica e astronomía. Móstrase a favor do heliocentrismo, e afirma que a terra se move, motivo polo cal será condenado e obrigado a retractarse das súas ideas. Os seus libros estiveron na lista dos libros prohibidos da Igrexa ata 1835. Influiría moito en Newton.

    Johannes Kepler (1571-1630) coñeceu a obra de Copernico, a cal estudiou en profundidade, dándolle as súas propias aportacións. Como todos sabemos destacou básicamente coma astrónomo.

    A pesar de todo, o home Renacentista arrastra varios elementos de orixe medieval, que continúan a influír nos seus estudios, a pesar de que o que máis lle interesa son os feitos obxectivos. No renacemento existian catro correntes principais que se van separar, en parte, en camiños diverxentes:

    • O Dogma Cristiano, constituído pola tradición relixiosa.

    • O legado grego en estudios de Bioloxía.

    • As pseudociencias coma a alquimia e a astroloxía.

    • As supersticións coma a maxia, a bruxería...

    Nesta época ademáis prodúcese a escisión do Cristianismo, o que repercute nunha pérdida de poder por parte da Igrexa. Tamén a aparición dos réximes absolutistas repercute nunha pérdida de poder do Papa a favor dos monarcas dos diversos estados. No mesmo sentido actúa o aumento de poder da burguesía. En consecuencia, a Igrexa xa non será un obstáculo tan insalvable para os investigadores. Así, neste momento prodúcese un auxe da experimentación. Entre os pensadores máis importantes debemos destaca-los seguintes:

    • Luis Vives: preceptor da raíña de Inglaterra, foi profesor en Oxford. Difundíu a idea de que a experimentación podía constituír un método de ensinanza moi eficaz. Esta idea será logo refrendada por outros pensadores.

    • Francis Bacon (1561-1626) que estableceu o método inductivo.

    • R. Descartes (1596-1650) que estableceu o método deductivo.

    • F. Redi (1626-1698) destacou como biólogo, sendo o primeiro en realizar experimentos para demostra-lo fallo da teoría da xeración espontánea.

    Toda esta corrente de ideas e autores constituíra o caldo de cultivo da revolución científica que terá lugar no século XVII. Ó final do Renacemento a Universidade sufre un retroceso e as academis rexurden de novo con forza como método alternativo. Estas academias serán as que impulsen a revolución científica e nelas aparecen por primeira vez as revistas de divulgación científica.

    No tocante ó estado da ciencia en España durante o Renacemento non hai moito que dicir. Debido á decadencia do Imperio de Carlos V e Felipe II toda investigación sufre un gran retroceso e finalmente quedarémonos fora da revolución científica.

    A revolución científica

    O Renacemento supuxo o caldo de cultivo para a gran revolución científica que tería lugar no século XVII, unha revolución científica que afectou sobre todo á Física, aínda que tamén influiría lixeiramente na Bioloxía, en particular no campo da Fisioloxía.

    Un bo número de estudiosos da época traballaron en campos máis ou menos relacionados coa Bioloxía. Un dos máis importantes foi.

    William Harvey (1578-1657)

    Retomando os estudios do español Miguel Servet e máis de Colombo este científico estableceu o funcionamento do corazón e a circulación sanguínea. Foi o primeiro que distinguiu as venas das arterias. Tamén foi o primeiro en estudiar a circulación capilar. Afirmaba que tódolos animais procedían dun ovo, que na maioría dos casos era tan pequeño que non se podía apreciar coa vista. Foi ademáis o pioneiro no establecemento da teoría epixenética, segundo a cal “os órganos e tecidos fórmanse a partir de material indiferenciado”, nunha época na que predominaban as teorías preformistas.

    Nesta época descubriuse o sistema linfático e mailas glándulas e a súa función secretora. Realizáronse grandes avances en anatomía cerebral e do sistema nervoso. Nembargantes, o escaso desenrolo da Química impide que se acaden maiores avances en Bioloxía.

    Foi un avance na Física o que máis axudou á Bioloxía neste momento, o desenrolo da microscopía. De feito, o século XVII é coñecido polos seus grandes microscopistas. Citemos algúns.

    Malpighi (1623-1694)

    Dedícase principalmente ó estudio da morfoloxía pulmonar, o que lle permitíu ademáis establecer a circulación capilar. Tamén estudiou a lingua, en concreto a súa musculatura e nervación, e outros órganos internos. Traballou tamén con vexetais, realizando estudios comparativos de talos leñosos e herbáceos. Estudiou os estomas das follas e mailos tubérculos. Propuxo a teoría acerca da respiración dos vexetais e a circulación da savia.

    Grew (1628-1712)

    Centrándose no estudio dos vexetais, estableceu o termo de “tecido parenquimático”. Mellorou as descripción realizadas por Malpighi e determina que o pistilo é o órgano reproductor feminino e que os estames son or órganos reproductores masculinos. Xunto con Malpighi estableceu o concepto de “tecido vexetal”.

    Leeuwenhoek

    Máis que un verdadeiro científico Leeuwenhoed era simplemente un home extremadamente curioso. Mestre na técnica de pulimento de lentes, chegou a fabricar máis de 300 microscópios. Os microscopios de Leeuwenhoek eran simples, esto é, cunha soa lente. Con todo, algúns modelos acadaban ata 300 aumentos. Leeuwenhoek non seguía ningún método científico, únicamente traballaba por curiosidade.

    Foi o descubridor dos glóbulos vermellos e máis dos microorganismos, que el denominaba animáculos. Pero realizou unha infinitude de observacións. Tamén realizaou experimentos de cruzamento. Considéraselle o pai da Microbioloxía.

    A Ilustración

    No século XVIII ten lugar o movemento coñecido como Ilustración. Neste período adquiren gran importancia as correntes naturalistas. Estableceuse o método de nomenclatura actual e Darwin presenta os seus estudios. Outro paso importante foi o do establecemento das especialidades, esfumábase o esquema de científico renacentista que cultivaba tódalas disciplinas. As ciencias que ata este momento non se tiveran en consideración comezaron o seu avance.

    Os países que quedaran fora da revolución científica do século XVII agora tratarán de unirse ó países que encabezaban o desenrolo científico. Así, en España, baixo os reinados de Fernando VI e Carlos III realizáronse intentos para incorporánse a este desenrolo científico. Nesta época fúndase o “Xardín Botánico” de Madrid. En España destacou o descubrimento dunha boa cantidade de novos elementos químicos. Fomentouse a creación de Colexios de Cirurxía, o primeiro dos cales se fundaría en Cádiz, e logo en Barcelona. Nembargantes, os sucesores destos reis non se interesaron na ciencia, o que fixo que, novamente, España se quedara atrasada.

    Nesta época comeza a florecer a Bioloxía, realízanse novas clasificacións animais e aparecen os primeiros atisbos sobre o evolucionismo e mailo mutacionismo. Algúns dos autores máis destacados foron.

    Carl Linneo (1707-1778):

    Un dos taxónomos máis importantes de tódolos tempos. Introduxo o actual sistema de nomenclatura binario (en 1749). Realizou unha clasificación na que se incluían máis de 7000 especies de prantas chamada “Species plantarum”, e outra na que se incluían máis de 4000 especies animais chamada “Systema natura”. Respecto á clasificación das prantas recibiu duras críticas, básicamente debido a que se baseou nos órganos reproductores vexetais para clasifica-las distintas especies de prantas.

    Linneo era un defensor do fixismo, aínda que con certas peculiaridades. Os seus experimentos de hibridación de prantas levárono a supoñer que as distintas especies dun xénero procedían dunha única especie primixenia. A este respecto, Linneo únicamente consideraba como verdadeiras categorías taxonómicas ó xénero e maila especie, mentres que o resto de categorías eran unha invención humana, e polo tanto, arbitraria.

    G. L. Leclerc (1707-1788):

    Máis coñecido coma o Conde de Buffon. Este aristócrata mostrou un gran interés pola ciencia dende xoven. Ós 26 anos ingreseou na Academia das Ciencias de París. Máis tarde sería nomeado Intendente do Xardín do Rey. Realizou moi diversos estudios, entre os que destacan os relacionados coa orixe da Terra. Na obra “Teoría da Terra” publicou as súas conclusións, que lle acarrearon importantes conflictos coas autoridades eclesiásticas. Por exemplo, segundo Bouffon, a Terra tiña unha idade non inferior a 74000 anos, mentres que a igrexa mantiña a idea de que únicamente tiña 6000 anos. Finalmente, Bouffon viuse obrigado a retractarse das súas ideas.

    Tamén estudio acerca da orixe da vida. Neste aspecto, Bouffon é un defensor da xeración espontánea, aínda a pesar de que coñece os experimentos do italiano Redi. Buffon creía que os individuos das distintas especeis de seres vivos estaban consitutídos por moléculas orgánicas segundo uns moldes determinados, que admitían só moi pequenas modificacións. Estas ideas constitúen a base das teorías transformistas. Nembargantes, Bouffon é contrario á teoría do performismo seminal.

    D. Diderot (1713-1784):

    Foi o representante das correntes naturalistas entre os autores da “Enciclopedia”. Defende as teorías da xeración espontánea a tódolos niveis. Foi o primeiro que apunta a teoría da herencia dos caracteres adquiridos, así coma tamén foi o primeiro en apuntar que calquera evolución é imposible de observar debido ás distintas escalas temporais da vida humana e dos procesos evolutivos.

    J. Marchant:

    Coma Buffon, tamén foi membro da Academia das Ciencias e encargado do Xardín do Rei. Presentou a primeira evidencia dunha pranta mutante na súa misiva “Disertación sobre unha rosa monstruosa”. Os seus estudios a este respecto quedarán estancados debido a que carecía de bases para explicar un fenómeno que non se debía ó cruzamento.

  • Ducheme:

  • Outro botánico que, realizando experimentos con fresas, descubriu unha variedade mutante imposible de obter mediante cruzamento.

    Manperteis:

    Realizou estudios das mutacións en animais inferiores.

    O traballo destos científicos levou a relacionar os canbios do fenotipo cun suposto cambio interno no individuo que sufría a mutación. Así chegaron establecerse as bases para as teorías evolucionistas e mutacionistas.

    O século XIX

    Nos primeiros anos do século XIX continuouse coas tendencias imperantes no século anterior. Será neste período cando faga a súa aparición o termo “Bioloxía”, acuñado por Lammark, e que viría a sustituír ós termos de “Historia natural” e “Ciencias naturais”, que resultaban demasiado vagos e imprecisos. Nestos primeiros anos destaca a obra de Lammark.

    Lammark (1744-1829):

    En 1809 publicou a obra “Filosofía zoolóxica”, na cal expoñía a súa teoría da evolución, baseada no transformismo e na herdanza dos caracteres adquiridos. Para enfrontarse ás teorías fixistas recurríu ós mecanismos de adaptación. Estos mecanismos son o resultado da influencia ambiental sobre os organismos, e conducen ó perfeccionamento das especies para a súa mellor adaptación ó ambiente. A existencia de distintas condicións ambientais orixinará a diversidade das especies. A teoría de Lammark fundaméntanse en dúas leis, verdades absolutas:

  • “En todo animal que non sobrepasou o término do seu desenrolo, o uso máis frecuente e sostido de calquera órgano, fortifica pouco a puco este órgano, desenrólao, agrándao e dalle unha potencia proporcional á duración deste uso. Inversamente, a falta constante de uso do mesmo órgano, debilítao, deteriórao e merma progresivamente as súas facultades ata que desaparece.”

  • “Todo o que a natureza fixo adquirir ou perder ós individuos pola influencia das circunstancias ás que a súa raza se atopa exposta dende fai moito, e consecuentemente, a influencia do uso predominante ou a súa falta, a naturezaconsérvao gracias á xeración nos novos individuos desas mesmas características, sempre que os camibos adquiridos sexan comúns ós dous sexos.”

  • Cuvier (1769-1832):

    Zoólogo, é considerado o pai da Paleontoloxía. Era un fixista, para Cuvier cada ser era un todo organizado onde non podía cambiar ningunha das partes, porque senón variaría todo o organismo, o que iría en contra das teorías fixistas. Estudiou profundamente os fósiles, o que lle levou a enunciar unha serie de teorías catastrofiastas, que explicaban a desaparición dun gran número de especies.

    En certo modo chegou a admitir a existencia da variabilidade das especies. Para Cuvier esta variabilidade dependía en primeiro lugar do grao de escravitude que as especies presentaban respecto ó home. Logo, entre os animais salvaxes a variabilidade dependía dos tipo de clima. Para apoiar as súas teorías fixistas emprega como proba os antigos grabados exipcios, saltándose así os postulados de Diderot respecto ós dilatados períodos evolutivos. Os estudios paleontolóxicos de Cuvier servirían anos máis tarde para reafirma-las teorías evolucionistas.

    Geoffrey Saint Hilarie (1772-1844):

    Cando Lammark publicou a súa obra, inmediatamente houbo outras personaxes que a adoptaron. Hilarie foi un dos máis destacados defensores de Lammark. Catedrático da Academia de Ciencias de París, Hilaire foi evaluado sobre unha tese de Anatomía Comparada. Nesta tese enunciábase unha teoría acerca dun plano xeral para a organización anatómica dos animais. Segundo esta teoría os animais máis complexos evolucionaron a partires dos máis simples. Cuvier atacaou duramente esta teoría o que deu lugar a unha gran polémica. Foi a primeira vez que unha discusión científica foi seguida polos medios de comunicación, transcendendo á sociedade externa ó mundo da ciencia.

    Goethe seguiu moi de preto esta discusión, escribindo unha reseña para a prensa. Nestos momentos fixo a súa aparición un movemento social coñecido como Liberalismo. En liñas xerais, aqueles que adoptaron o liberalismo adoptaron tamén as teorías evolucionistas. Esto obligou a Cuvier a abandona-lo debate público, restrinxindo as discusións ó ambiente académico, lonxe da influencia da sociedade non científica. Goethe fíxose eco do sentir social, en un dos seus comentarios dixo que Hilaire era o autor dun logro imperecedeiro, a maior revolución científica ata o momento.

  • Darwin (1809-1882):

  • Ó pouco tempo de inicia-los estudios para o sacerdocio, os maestros de Darwin advertiron a súa excepcional capacidade para as ciencias naturais, sobre todo en Botánica. Un dos seus maestros recomendoulle que se enrolara na expedición do Beagle. Durante a expedición, Darwin recopilou multitude de datos, que xa de volta na súa casa estudiou concienzudamente. Finalmente publicou a súa Teoría da evolución e selección natural.

    No enunciado desta teoría contribuíron os coñecementos que xa posuía Darwin acerca da selección artificial realizada polo home dende tempos remotos. Tamén resultou moi influínte para Darwin a obra de Malthus, en concreto a súa idea acerca da tendencia a incrementa-lo número de indiviudos dunha especie nunha proporción maior que a dispoñibilidade de alimentos e de espacio, o que conleva á loita pola supervivencia entre as distintas especies.

    Esta teoría da loita pola existencia supón que os individuos das distintas especies van estar en constante loita pola supervivencia, sobrevivindo únicamente os individuos máis fortes. Ademáis, esta loita é maior entre individuos da mesma especie, xa que compiten polo mesmo alimento e polo mesmo espacio. Así e todo, a teoría exposta por Darwin contén algúns fallos, como por exemplo, a suposicón da herdanza dos caracteres adquiridos.

    Con todo, as teorías de Darwin foron o suficientemente revolucionarias como para eclipsar outros descubrimentos tanto ou máis importantes, que tiveron lugar na mesma época, coma por exemplo o enunciamento da teoría celular, o papel dos microorganismos na degradación da materia, e o carácter microbiano das enfermidades.

    Ó longo do século XIX melloráronse os microscopios compostos, o que permitiu o avance dos estudios da estructura dos tecidos animais e vexetais. No ano 1839 Schleiden e Schwan, estudiando os tecidos vexetais o primeiro e os animais o segundo, chegaron á conclusión de que a célula era a estructura básica dos organismos de cada un dos dous reinos de seres vivos que eles estudiaban, é dicir, estableceron a Teoría celular. Tamén se realizaron avances en embrioloxía e no ano 1866 Haeckel estableceu a Ley bioxenética universal. Nesta época tamén apareceron novas especialidades, producíndose avances importantes sobre todo en Fisioloxía, Microbioloxía, etc. Neste punto debemos destacar a dous científicos franceses. Logo falaremos de Mendell.

    Claude Bernard (1813-1878):

    Realizou amplos estudios de Fisioloxía comparada, estudiou a circulación do sangue, a respiración e o sistema nervoso. Descubriu as secrecións internas de hormonas. A súa última obra, publicada en 1865, “Introducción ó estudio da medicina experimental” é dunha gran importancia, chegando a ser comparada por algúns autores coa obra de Darwin.

    Louis Pasteur (1822-1895):

    Considerado coma o fundador da Microbioloxía moderna Pasteur estudiono prácticamente todo dentro deste campo. Con Pasteur botouse definitivamente por terra a teoría da Xeración espontánea. Estudiou tamén o papel dos microorganismos na transformación da materia orgánica, é dicir, as levaduras responsables da fermentación do viño, inaugurando a Microbioloxía industrial. Descubriu os micoorganismos anaerobios. Estudiou o papel dos microorganismos nas enfermidades por casualidade cando estudiaba unha enfermidade dos gusanos de seda. Estudiou tamén o ántrax, iniciando as investigacións no campo da Inmunoloxía.

    Aparte da súa actividade científica as ideas de Pasteur apartábanse das dos seus contemporáneos, que apoiaban a división da ciencia en ciencia básica e ciencia aplicada. Para Pasteur non se debía facer tal distinción.

    Mendell:

    Mendell publicou a súa obra en 1866, pero non sería ata o ano 1900 cando sería redescuberta e tomada en serio. Houbo varios aturoes que atacaron as leis de Mendell considerando que supoñían unha volta ás teorías preformistas e fixistas. Máis tarde comprobaríase que as leis de Mendell eran esenciais para o concepto de evolución. Dos traballos de Mendell extráense catro conclusións básicas:

  • A herdanza é unha herdanza particulada. Os xenes nos novos individuos mantéñense independentes, polo tanto tamén se transmiten de forma independente.

  • A transmisión dos caracteres non pode producir cambios direccionais nunha especie, o mecanismo de herdanza por si só non produce a evolución.

  • Na formación dos novos individuos pode haber cambios por probabilidade. A herdanza dos caracteres é un problema máis estadístico que determinista. Mediante as leis de azar selecciónanse os xenes no proceso denominado Deriva xenética. Esta deriva xenética ten lugar moi ocasionalmente, pois na natureza as poblacións tenden ó equilibrio.

  • Os caracteres adquiridos non se transmiten. Postulado de capital importancia, que subsanou un dos erros das teorías Darwinianas.

  • Polo que respecta a España, no século XIX non defraudamos e mantemo-lo atraso habitual, e só nos últimos anos da centuria realizamos algún avance, fundamentalmente por parte de Ramón y Cajal.

    O século XX

    No ano 1900 Hugo de Vries, Correns e Tschermark redescubren as leis de Mendell, poñéndoas no lugar que merecidamente lles correspondía. Destaca sobre todo a figura de Hugo de Vries.

    Hugo de Vries:

    Enunciou a teoría da mutación logo de realizar varios experimentos que posteriormente se sabería que non eran válidos. Con todo, a teoría da mutación en sí si era correcta. Na figura de Hugo de Vries xa se albiscan as novas teorías Neodarwinistas.

    O século XX comeza cun impulso moi grande dos estudios de Inmunoloxía. Destacan varios autores:

    • Metchikoff: Descubriu os procesos de fagocitose e a inmunidade celular.

    • Von Behring: estudiou a inmunidade humana e descubriu que no plasma sanguíneo había algo capaz de desactivar certos microorganismos.

    • Ehrhich: descubriu os anticorpos e estudiou as reaccións antíxeno-anticorpo, e a transmisión dos anticorpos da nai ó fillo.

    Xunto cos avances da Microbioloxía producíronse avances paralelos no novo campo da Quimioterapia. En 1929 Fleming descubriu o primeiro antibiótico, a penicilina, e en 1930 sintetizouse o primeiro antibiótico de forma artificial.

    Dende 1920 xa se pode falar dunha nova especialidade da Bioloxía, a Bioquímica. Descúbrense os enzimas e mailos virus. Iwanowski descubre o virus do mosaico do tabaco. Reed, estudiando a febre amarela, comeza a desenrolar as primeiras técnicas de cultivo in vitro de virus. En 1960 descúbrense os viroides, simples moléculas de ARN desnudo. Por fin, en 1980, descúbrense os prións aínda máis simples, pois son moléculas proteicas sen ningún contido de ADN ou ARN. Virus, viroides e prións son entidades acelulares estudiadas pola nova rama da Bioloxía denominada Viroloxía.

    Outra rama da Bioloxía desenrolada no século XX foi a Xenética. En 1944 Avery, Mac Lead e Mac Costhy identifican ó ADN coma a molécula portadora da información xenética. En 1953 Watson e Crick desvelan a estructura do ADN. A mediados de século, a Bioquímica, a Xenética e maila Microbioloxía converxen para dar lugar á Bioloxía Molecular. En 1959, Severo Ochoa realíza a primeira síntese artificial de ADN. En 1966 descúbrense os enzimas necesarios para a manipulación dos ácidos nucleicos, e por último, en 1987, descríbese a técnica que permite a reacción en cadea da ADN-polimerasa (P.C.R.). Con este evento nace a Enxeñería xenética.

    A BIOLOXÍA EN GALICIA

    A Universidade de Galicia nace en 1495 coma a herdeira dos Estudios Catedralicios onde se ensinaba Gramática, Teoloxía e Medicina. Dende o seu nacemento, na Universidade de Santiago impártense estudios literarios e eclesiásticos. A ciencia queda bastante relegada e a primeira cátedra de Medicina, que ademáis só comprenderá estudios teóricos, non se fundará ata o ano 1648.

    O arranque da ciencia na Universidade de Santiago terá lugar no ano 1751, cnado se creou a cátedra de Medicina e Cirurxía e maila cátedra de Matemáticas. Con todo, a Universidade Santiaguesa non experimentou un gran avance, debido sobre todo ó sucursalismo que sufría fronte a outras universidades españolas. No século XVII ademáis, a universidade (a institución universitaria en xeral) está en decadencia. Neste período clausuráronse un bo número de universidades, sobre todo en Cataluña.

    Nos tres primeiros séculos de vida da USC a ciencia estaba presente de dúas formas:

    • A extensa biblioteca, froito das donacións dos estudiosos destacados de cada época.

    • A finais do século XVII fundouse o Gabinete de curiosidades, que posteriormente daría lugar ó Gabinete de Ciencia Natural e finalmente ó Museo natural actual.

    No século XVIII, durante a Ilustración, é cando despegan os estudios científicos modernos, estudios de Matemáticas e Física fundamentalmente. Nembargantes, o profesorado mantén os métodos de ensinanza antigos baseados na escolástica. Nesta época aparecen institucións que impulsan a ciencia dende fóra do ámbito universitario. Unha destas institucións foi La Escuela de Guardiamarinas de la Armada, que impulsou sobre todo os estudios de Medicina. Tamén destacou a Real Sociedad de Amigos del País. No mesmo século XVIII fúndanse as escolas de Cirurxía e Farmacia, e comezan a destacar varios autores.

    Benito Feijoo (1676-1764):

    Non se pode dicir que fóra un científico no sentido estricto, máis ben tratábase dun enciclopedista. O Padre Feijoo recopilou unha gran cantidade de datos e realizou diversos experimentos, publicando numerosos traballos de divulgación. Nembargantes, a súa labor baseábase na análise razoada dos feitos. Considéraselle un precursor da Microbioloxía, pois intuiu a existencia de pequenos seres vivos, que él denominaba insectos, do tamaño que lle corresponde ós virus. Nos seus estudios chegou a intuír que o orangután e o home debían ter unha orixe común, pero a influencia da relixión fai que se absteña de propoñer ningunha teoría ó respecto.

    Martín Sarmiento:

    Destacou básicamente no campo da Historia Natural. Explicou o comportamento migratorio dos atúns no Mediterráneo e fixo diversos estudios sobre as artes de pesca.

    En 1777 o doutor Ojea realizou a apertura do curso cunha Disertación médica, na que falaba do método experimental. A finais do século XVIII a USC incorpora á facultade de Medicina a cirurxáns formados na Armada, que trouxeron con eles este método experimental. Tamén neste momento o Gabinete de curiosidades pasa a ser o Gabinete de Ciencia Natural.

    A principios do século XIX ten lugar un gran debate ideolóxico dentro da universidade, que confronta ós partidarios do método experimental cos que queren manter o método tradicional de ensinanza. Finalmente impoñen o seu parecer os “experimentais”, o que terá como primeira consecuencia unha diversificación dos estudios. A Escola de Farmacia de San Carlos clausurouse no 1821, e para sustituíla creouse no 1857 unha nova facultade de Farmacia, na que por primeira vez se impatiría a materia de Historia Natural. A mediados de século fúndase tamén a facultade de Ciencias, da que destacarán diversos autores.

    Antonio Casares (1812-1888):

    Estudia nas facultades de Ciencias e Farmacia, chegando a se-lo decano desta última. Fixo estudios de Biomedicina, así coma da dixestión e maila nutrición humana e animal.

    Ramón de la Sagra (1798-1871):

    Nacido na Coruña, está reconocido coma o maior impulsor da Historia Natural. Mantivo contactos con distintos científicos europeos. Arredor do ano 1825 emigra a cuba e é nomeado Catedrático de Historia Natural na Habana, onde realizou estudios de Mineralozía e Botánica.

    López Seoane (1832-1900):

    Natural de Ferrol, foi o naturalista español do século XIX que realizou máis aportacións á Zooloxía. Tamén estudiou Medicina e destacan as súas obras de taxonomía da fauna galega. Centrouse básicamente en aves e reptiles, e considéraselle un pioneiro no campo da taxonomía por incluír características embriolóxicas nos seus traballos. Consérvanse as súas cartas con Darwin.

    Macho Velado (1826-1899):

    Este leonés foi do encargado do Gabinete de Ciencia Natural e mailo Xardín Botánico. Estudiou os moluscos terrestres e fixo o primeiro inventario de moluscos terrestres de Galicia. Mantivo unha dura polémica con López Seoane debido ás contradiccións ás que chegaran nos seus datos.

    García de Linares (1845-1904):

    Chegado de Santander, chegou a ser Catedrático de Historia Natural, e deulle un gran impulso á Bioloxía Mariña en Galicia. Adoptou de inmediato as teorías de Darwin, o que conlevou que fose apartado da súa cátedra.

    Finalmente, no ano 1960 fúndase a moderna Facultade de Bioloxía. O edificio no que nos rañámo-los pés a diario contruíuse no 82. Actualmente as labores de investigación son abundantes, e contamos con científicos de certo renome, mesmo a nivel mundial.




    Descargar
    Enviado por:Amphioxus
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar