Bieito: novicio dun mosteiro, xove; no transcurso da narración adquire unha certa madurez en moitos aspectos.
Ulrico: morto aparecido, monxe do mosteiro; axuda a Bieito a asimilar os seus transtornos, mediante diversas aparicións ó longo da obra.
Schnitzer: presenta as mesmas características de Ulrico, ca salvedade de que este ten unha apariencia moito máis sobria (de feito, tacha a Schnitzer de herexe en diversas ocasións).
Belinha: outra aparecida, é filla dunha relación adúltera dun monxe, polo que foi pechada ata a súa morte no sótano onde agora se atopa Bieito, quen se namora dela.
Tema
A desolación dun home que se atopa no medio dunha “metamorfose”; este sofremento pola permanencia no sótano do convento, no transcurso dunha epidemia de peste, á espera de que cheguen as chuvias purificadoras.
Espacio
Real: non está definido de forma clara; dedúcese que a obra debe estar ambientada na época das pestes (Idade Media).
Escénico: sinxelo, toda a acción ten lugar nun pequeño recuncho do sótano do mosteiro, xunto da adega.
Duración
Real: dez noites máis un epílogo que transcorre varios anos despois.
Escénica: uns 45 minutos.
Diálogos e monólogos
Están presentes ambos tipos de linguaxe: os monólogos, protagonizados por Bieito, constitúen pequenos ensaios sobre a soedade e diferentes sentimentos relacionados coa angustia producto da transformación do protagonista; son “conversas” non respondidas co seu amor, Belinha, ou mesmo con Deus.
Os diálogos, nos que participan tódolos personaxes, de forma separada ou en grupo, teñen unha singular viveza, ó estar cheos de humor, sobre todo irónico, e de reflexións, na meirande parte das veces cando son entre Schnitzer e Ulrico.
Acotacións
Estas están case sempre dirixidas ao lector, coa intención de engadir matices aos diálogos; nalgúns casos (os menos) son de carácter máis técnico, sen peso argumental.
Teatralidade/Escenografía
É moi simple, xa que non hai nengún cambio de escenario, e este carece de complicación algunha: comporíase dun espacio escuro, con paneis aos lados simulando botelleiros da adega, todo cun aspecto vello e descoidado, ao tratarse dun lugar pechado e que non recibiu atención durante moito tempo.
No tocante á caracterización dos personaxes, tamén sería doada: roupaxes adoitadas para os monxes, e un aspecto un tanto tétrico e pantasmagórico para os aparecidos, cousa que cun puco de maquillaxe quedaría resolta.
Observacións
Esta obra é de fácil lectura, pois non ten unha excesiva complexidade argumental, e polo interesantes que resultan os seus diálogos. Chámame a atención a sinxeleza de caracterizacións, tanto da escenografía coma dos personaxes, o que outorga moita máis importancia á acción en si mesma.