Biografía
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Castelao
1. A súa biografía
Castelao naceu o 30 de xaneiro do ano 1896 na vila mariñeira de Rianxo. A súa familia, como a maioría da xente das vilas mariñeiras dedicábanse o mar.
O pai de Castelao emigrou para á Pampa arxentina onde montou unha pulpería. Este negocio tivo moi bo resultado e por iso, súa nai e el no ano 1886 fóronse deixando Rianxo para a Pampa de Arxentina a traballar na pulpería.
Regresaron para Rianxo no ano 1900 despois de conseguir unha economía que permitise pagar a carreira de Medicina feita por Castelao en Santiago, onde se licenciou no ano 1908.
En Madrid cursou os seus estudos e alí deuse a coñecer como debuxante na I Exposición de Humoristas e deu a súa primeira conferencia: “Algo acerca de a caricatura”.
Durante unha pequena etapa compaxinaba a súa dote artística cos estudos da Medicina, que abandonou definitivamente cando ingresou no corpo técnico de Estatística (xa que el mesmo dixo que se fixera médico por amor o seu pai non por amor á humanidade).
Casou con Virxinia Pereira e foi destinado a Pontevedra onde dará clases de debuxo nun Instituto Xeral. No ano 1927 morreulle o seu único fillo.
As súa inquedanzas políticas e culturais levárono a ingresar nas Irmandades da Fala, ademáis de participar como director artístico na revista Nós.
No 1931, foi elixido deputado en representación do Partido Galeguista xa que foi un dos fundadores deste. Pola súa sorte, no comezo da guerra civil el atopábase en Madrid, onde fora a entregarlle ó presidente do Parlamento Español o texto do Estatuto de Autonomía de Galicia. Trala guerra exiliouse en Arxentina, alí realizou un gran traballo de divulgación lingüística e alí foi onde morreu o 7 de xaneiro do 1950, apiques de cumplir os 64 anos dunha intensa vida. Foi enterrado no panteón que ten o Centro Galego de Bos Aires no cemiterio da Chacarita. Alí estiveron os seus restos ata que no ano 1984, ós 34 anos do seu pasamento, a Xunta de Galicia trasladounos ó Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos Bonaval.
Castelao como artista realizou moitísimos debuxos e caricaturas, ademais de ilustrar libros, publicar debuxos nos seus libros: Cousas da vida, os álbumes de Galicia, entre outros. Recolleu as súas ideas e os seus pensamentos nun libro chamado Do meu diario. Ademais foi un gran atista galego, de gran influencia crítica do pobo. Entre as súas obras máis destacadas atopámonos con Un ollo de vidro, Os dous de sempre, Os vellos non deben namorarse e, sobre todo, Sempre en Galiza.
3. Castelao pintor e debuxante
O prestixio de Castelao comeza coa actividade como debuxante e pintor. Os seus debuxos, complementados con textos móstranos a
Galiza agraria, o caciquismo, as pobres xentes do campo, os cegos,
os desamparados, o sufrimento do pobo, todo isto baixo un punto de
vista crítico e realista pero sempre con un toque humorístico.
Nestas pinturas xunto cas poucas liñas que o acompañan consegue plasmar os problemas políticos e sociais da época e solidarizándose con eles.
Na arte gráfica de Castelao diferenciamos unha primeira etapa que comeza cos debuxos da revista Nós ata o volume Cincuenta homes por dez reais; xuntos cos debuxos de Cousas da vida.
A segunda etapa identificámola con debuxos inspirados no terror fascista e no terror ós combates, esta etapa clasificámola a partir da Guerra Civil. Os álbums son Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos. Nestes textos chegan tres palabras para destacar a escena debuxada.
4. Castelao escritor: claves da súa obra
Castelao realiza a exposición das súas ideas nas súas obras de ensaio ou tamén nas conferencias que da por todo o país. Este rianxeiro non comparte a visión do arte que plasman as súas obras coa visión de outros membros da Xeración Nós.
No aspecto gráfico a lingua que empregou Castelao é semellante á da actual normativa da lingua galega, utilizou o x, o ñ e o ll. O uso do apóstrofo está presente de forma abundante no primeiro Castelao pero gradualmente chegou a eliminalo dos seus escritos. Utilizábao en formas como po-lo e todo-los dun xeito constante ó longo da súa obra. Na súa escrita mantéñense
características propias do galego de Rianxo, como os plurais en -ns, a forma -án para o feminino, entre outras.
Nas súas obras os protagonistas fundamentais son persoas de diferentes clases sociais e de diferentes condicións.
A escritura das obras de Castelao compréndese moi ben xa que expón as ideas claramente. Decídese pola sinxeleza nas súas obras e mostra os defectos da sociedade galego utilizando os rasgos humorísticas. Xunto con este, o lirismo constitúen outras claves de Castelao. Empréganse recursos expresivos.
O narrador destas obras preséntaas como se el participara directamente nelas ou tamén pode contalas como unha noticia da que lle contaron tódolos detalles.
A técnica de Castelao vese na prosa cando soamente escribe aquilo que é necesario e fundamental, do que pode prescindir elimínao conseguindo así textos característicos pola súa brevidade.
5. Obra narrativa
Un ollo de vidro foi escrito no ano 1922 sendo a primeira narración escrita por Castelao. Este relato é un texto en prosa constituído por unha serie de secuencias narrativas nas que fala o protagonista que é un esquelete que nos conta a súa vida de morto, as historias dos seus compañeiros os esqueletes e o que lle pasou o seu pai.
No ano 1926 aparece o primeiro libro de Cousas e o segundo aparece tres anos despois, no 1929. As cousas son prosas literarios moi pequenas e de temática variada. Cada cousa acompáñase dunha ilustración; estas constitúen a creación máis orixinal de Castelao.
No ano 1934 publica outra obra chama Retrincos, que son cinco relatos que están ordenados cronoloxicamente na vida de Castelao. (infancia, adolescencia, mocidade e madurez). O único elemento que os relaciona e o narrador. Neles atopamos unha reflexión sobre a vida.
No ano 1934 publicou a súa unica novela chamada Os dous de sempre, esta novela céntrase na vida de dous protagonistas dende a infancia ata a madurez, con dúas personalidades totalmente opostas. Os protagonistas presentan dúas perspectivas da condición humana. Esta obra ten unha estructura semellante a de Cousas.
Castelao escribíu unha obra dramática o ano 1941, Os vellos non deben namorarse, foi estreada no exilio arxentino. O texto conta a historia de tres vellos namorados de tres mozas.
6. Obra ensaística
Destacamos dous dos seus traballos sobre a arte popular: un do ano 1930 chamado As cruces de pedra na Bretaña e o outro As cruces de pedra na Galiza do ano 1950.
Aínda que destaquemos as dúas anteriores o seu ensaio máis importante e Sempre en Galiza, é un libro de ensaio político escrito, ademais ofrécenos unhas memorios da actividade política durante os anos da República.
7. Obra narrativa. Cousas
Cousas é unha obra de Castelao que foi publicada en dúas partes, unha no ano 1926 e outra no ano 1929. Esta composta por pequenos relatos acompañados todos por un debuxo, feito por Castelao, relacionado co texto.
A continuación resumiremos algúns dos seus relatos, para entender a idea que se recolle neste libro:
Na historia Chámanlle a marquesiña fálase dunha muller pobre que lle chaman a marquesiña para meterse con ela, sabendo que ela tivera unha vida totalmente oposta a das marquesiñas.
Camiño esquecido era outra das súas historias que se fálaba dun camino maldito que leva a un pobo morto onde unha lenda conta que roubaron no mosteiro, e o día seguinte o ladrón apareceu morto alí pero o botín que levara non se atopou por ningún lado. Dende aquel día a aldea está maldita.
No escuro caletre de Martiño contanos o seguinte: Martiño criouse cun sacristán e cando creceu púxolle un cerrillo ó campanario e fixo del a súa casa. Os rapaces non querían que mandara no campanario. Un día entraron e romperon todo o que alí atoparon. Para vengarse, Martiño contoulles historias sobre a Santa compaña que entrou no campanario, conseguindo meterlles medo no corpo.
A Ponte vella fálanos de dous rapaces, Rosa era unha costureira e Pedro estudiante de latín. Cuzábanse nunha ponte, Pedro enamorouse de Rosa. Cando pasou o verán Pedro volveu dos seus estudios, pero ó cruzarse naquela ponte con, esta agachaba a cabeza. Pedro oiu que Rosa tiña o mal de San Lázaro, entón el fíxose ábade e logo daba a súa bedición naquela ponte.
Dous vellos que tamén tiñeron mocedade fala sobre dous vellos que casaron por amor e viviron sempre sos. Cando o vello morreu, levarono e a súa viuda despediuse cun “ata logo” provocando a risa do pobo enteiro.
Se eu fose autor é outro dos seus relatos onde o narrador conta que se fose autor escribiría unha peza de teatro en dou lances; un no que aparece a xente dunha aldea chorando a morte dunha vaca e outro no que unhas fidalgas choran a morte dunha cadela, comparando a morte da vaca da que se alimentan e sendo a única riqueza da familia á morte dunha cadela que non viven grazas a ela.
Esa fiestra non é un ollo da casa, neste relato fálase dun cego que lembra dende unha fiestra a súa xuventude e a muller coa que casou.
O Romualdo era un home fino. Neste relato fálase de que Romualdo atopou traballo no xuzgado; ademáis era catador de viños e moitas veces emborrachábase; pero canto máis bebía máis fino era.
Doña Florinda é a muller protagonista deste relato, ela estaba casada e quería un fillo pero o seu marido morreu. Casou con outro pero tamén morreu. Cando se fixo vella, a pena fixolle crer que tiña un fillo.
Vouvos contar un conto triste trata sobre: Doña Micaela era unha muller que non podía ter fillos e sempre gardaba os fetos en frascos e coidàbaos coma se de nenos se tratase. Un día a unha criada caeulle un feto e cando llo contou a doña Micaela esta morreu pola pena da morte do fillo.
Despois de explicar algúns dos seus moitos relatos, falaremos da obra de Castelao en xeneral.
O libro consta ó redor de 45 relatos con diversos temas. A obra non ten definido un tema en concreto senón que abarca temas dende a emigración, pasando polo tema do amor ata falar da sociedade dese tempo. Os relatos non se relacionan uns con outros, non teñen nada que ver entre si.
Cada relato ten os seus personaxes, estes baséanse en ser os protagonistas das historias xa que en moitas delas hai un único personaxe. Os personaxes secundarios nestas obras son a xente dos pobos en xeneral, sen citar a ninguén en concreto.
Os personaxes soen manterse ca súa idea dende un principio ata un final. Son persoas realistas, e a maioría das veces non están presentes senón que se fala deles xa que esa historia ocorre no pasado. Nos relatos antes resumidos podemos ver iso perfectamente.
En Cousas non se fai referencia a feitos históricos concretos, nin Castelao di o a no que esta ocorrendo esa historia. Aínda así Castelao fai referencia a emigración dos galegos a Ámerica.
Os contos desenrólanse maiormente nun espacio rural, citando montes, vilas ou zonas costeiras. Aínda que non indica o nome dos lugares podemos ver reflexado en tódolos seus relatos que ocorren en Galiza.
Descargar
Enviado por: | Ck Girl |
Idioma: | gallego |
País: | España |