Vangardas

Literatura de Vanguardia. Imaxinismo. Neotrobadorismo. Creacionismo. Prosa vangardista

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 5 páginas
publicidad

As vangardas

Diversos movementos artísticos que pretenden una renovación total da arte.

Primeiras décadas do século XX.

  • Características:

  • Ruptura coa tradición cultural e a procura de novos camiños expresivos.

  • Actividade antirromántica e antisentimental.

  • Defenden a total liberdade creativa e reivindican a súa independencia.

  • Propugnan a renovación da linguaxe, a eliminación dos signos de puntuación, una nova función das imaxes.

  • Difunden as súas propostas a través de manifestos.

  • Correntes/ ismos

  • Futurismo. – Marinetti, 1909.

Defensa da modernidade e do futuro, representado na velocidade e nas máquinas.

Lema: “Palabras en liberdade”, supón a ruptura coas normas sintácticas e ortográficas, a eliminación da métrica, o emprego de abundantes tecnicismos e barbarismos e a disposición especial dos versos na páxina.

  • Cubismo.- Movemento pictórico, 1907, Picasso e Juan Gris.

Emprego de formas xeométricas, presentando nun mesmo plano diferentes puntos de vista dun obxecto, e polas colaxes. “Caligramas” Guillaume Apollinaire.

  • Dadaísmo.- Zürich, 1916.

Artistas de distintas nacionalidades durante a Primeira Guerra Mundial, liberados polo romanés Tristán Tzara.

Movemento antiarte e provocador que propoñía una rebelión contra as convencións establecidas.

  • Surrealismo.- Movemento artístico e literario.

Francia > André Breton > 1924 > 1º manifesto surrealista.

Compoñente irracional do proceso de creación, incorpora as ideas da psicanálise de Freud.

Plano literario: supuxo una renovación na linguaxe e a achega de novas técnicas de composición: escritura automática, imaxe visionaria…

  • A xeración do 25/ Xeración das vangardas/ Novecentistas

Nos anos vinte e trinta xorde en Galicia un grupo de escritores, nados arredor do 1900, que leva a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das vangardas literarias europeas.

Manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da Xeración Nós: > Novidades vangardistas coa conciencia nacionalista.

  • As mostras máis significativas das vangardas galegas:

  • O manifesto “Máis alá”, 1922, Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.

  • Revistas literarias [Resol (Santiago, 1933,1935), Cristal (Pontevedra, 1932, 1933), Papel de color (Mondoñedo, 1933, 1935)] se difunden os seus versos e se dan a coñecer os principais vangardistas españois.

As vangardas galegas centráronse fundamentalmente na poesía. Tres movementos ou escolas poéticas principais:

  • Imaxinismo / Animismo / Hilozoísmo > Luís Amado Carballo

  • Neotrobadorismo > Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro

  • Creacionismo > Manuel Antonio

  1. Imaxinismo / Animismo / Hilozoísmo

  • Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927)

Iniciador e principal cultivador.

Proel”1927 ; “O galo”1928 ; “Os pobres de deus”1928 ; Algúns relatos.

Tema principal: Natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións e descrita por medio de imaxes moi plásticas.

Combina a tradición paisaxística procedente do S. XIX coa riqueza das imaxes e metáforas características da poesía de vangarda.

Poesía imaxinista: Gran sensualidade; a súa meta é a creación de imaxes nas que se reúnen elementos visuais e auditivos, con predominio das cores fortes e vivas.

A pegada do imaxinismo foi moi importante na nosa literatura e foron moitos os autores que seguiron a estética desta corrente poética.

  1. Neotrobadorismo

  • Fermín Bouza Brey .- “Nao senlleira” 1933

  • Álvaro Cunqueiro .- Cantiga nova que se chama Riveira, 1933

Nace tras a difusión dos cancioneiros da lírica galego-portuguesa medieval, que se produce desde fins do S. XIX.

Os poetas novos, marabillados ante a beleza das vellas cantigas, introducen na súa poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval (tema amoroso, ambientación espacial, paralelismo, refrán…)

Este interese pola literatura galega emprendida polo pensamento galeguista daquel tempo, é dicir, a existencia da literatura medieval demostraba a continuidade da literatura galega.

  1. Creacionismo

  • Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930)

Principal figura da vangarda galega.

Poeta máis innovador e orixinal da xeración do 25 e o prototipo do escritor vangardista do seu tempo.

A súa obra caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega, e por unha aposta pola renovación temática e formal.

De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo.” 1928

19 poemas e estruturado en aparencia como a crónica dunha viaxe con tres etapas.

Obra completa.” Editada no 1972.

Poemas de catro a catro e outros títulos que permanecerán inéditos.

Manuel Antonio expón as súas ideas acerca da Literatura en dous textos en prosa nos que teoriza sobre o tema:

  • O manifesto “Máis alá”, 1922, xunto a Álvaro Cebreiro.

  • Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”, 1924.

  • "Máis alá”. – Os autores expresan a necesidade de que os escritores galegos rompan coa tradición e busquen novos camiños, inspirándose nos movementos renovadores da vangarda, aínda que sen adscribirse rixidamente a ningún, senón tomando elementos de cada un e adaptándoos ás peculiaridades de cada escritos, de maneira que cada autor amose a súa independencia e orixinalidade.

Ideal fundamental: absoluta liberdade creativa.

Compromiso coa lingua galega, afirman o seu monolingüísmo e critican os escritores galegos que escollen o castelán como lingua literaria.

  • Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”. -1924, publicado no xornal Galicia, Manuel Antonio insiste nalgún dos aspectos tratados no manifesto.

Prosa vangardista

  • Rafael Dieste, (Rianxo, 1899-1981)

  • “Dos arquilos do trasno”, 1926.

  • A fiestra valdeira” , 1927.

Galicia a partir de 1936

    • 18-Xullo-1936 > Abril-1939

  • Iníciase un longo período de silencio e represión, ausencia de liberdade e perda dos dereitos elementais dos cidadáns.

  • Sublevación militar contra o goberno lexítimo da República.

  • Derrota das forzas leais á República e a instauración da ditadura franquista.

    • CONSECUENCIAS

  • Paralización da vida política e cultural.

  • Retroceso dos avances conseguidos durante a República.

  • O Estatuto de Autonomía queda sen efecto.

  • Fusilamentos aos vencellados ao nacionalismo e ao mundo da cultura galega.

  • Exilios.

  • Exilio interior (apartalos do seu traballo).

  • Primeiros partidos nacionalistas, nos anos 60, fundados na clandestinidade. Reivindican para Galicia o autogoberno e a oficialidade do seu idioma.

    • UPG. – Unión do Pobo Galego.

    • PSG. – Partido Socialista Galego.

  • 1975. – Morre Franco, o que posibilita o paso á democracia e a recuperación dos dereitos das nacionalidades históricas.

  • A lingua galega na posguerra.

Durante a ditadura, a pesar da represión, a maioría da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais, xa que o castelán era a única lingua oficial.

Así, intensifícase o proceso de desgaleguización e importantes sectores da sociedade adoptan o castelán por consideralo un modo de ascenso social, mentres que identifican o galego co rural, coa incultura e coas clases máis baixas.

  • Literatura de posguerra.

Co inicio da Guerra Civil, péchanse editoriais, revistas e xornais e paralízase a edición e difusión de textos na nosa lingua.

  • 1940-1950

Única produción literaria en galego será a que se leve a cabo no exilio americano: revistas culturais e literarias, créanse editoriais e continúase a produción literaria en galego.

  • Exiliados:

Castelao, Luís Seoane, Rafael Dieste, Blanco Amor, Ramón de Valenzuela…

No exilio americano prodúcese unha poesía de forte denuncia social, cuxos principais representantes son Emilia Pita, Luís Seoane e Lorenzo Varela.

  • Anos 50.

Xorden iniciativas culturais que procuran a defensa e recuperación da nosa lingua e da nosa cultura. Xorden así editoriais como Monterrey, Edicións do Castro, a colección de poesía Benito Soto e, sobre todo, a editorial Galaxia, que inician a recuperación das letras galegas.

  • Anos 60 e 70.

Créanse asociacións culturais que teñen como obxectivo principal a defensa do pobo galego.

  • A narrativa de posguerra.

  • Anos 50.

Continúan o seu labor literario en galego escritores da preguerra como Otero Pedrayo.

Autores máis significativos: Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole.

  • Anos 60.

Xeración que integra o que se denominará “Nova Narrativa Galega” e que vai renovar a nosa literatura mediante a incorporación de novas técnicas e novos temas.

Xosé Luís Méndez Ferrín, Gonzalo Mourullo, Carlos Casares, Xohana Torres, Mª. Xosé Queizán…

  • Anos 70.

Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Fernández Ferriro, Xabier Alcalá… irán consolidando a importancia da narrativa galega.

Eduardo Blanco Amor (Ourense 1897-Vigo 1979)

1919. – Arxentina. – Xornalista (Nós, Céltiga, Terra…).

Proxecto galeguista.

Irmandade Nazonalista Galega.

Defende á República dende América, colabora cos exiliados galegos en actitude de oposición ao réxime franquista.

Actividade cultural (periodista, comentarista de radio, conferenciante, profesor universitario).

Funda o teatro Popular Galego de Bos Aires.

1950. – Publicación das súas obras máis significativas.

1960. – Galicia. – Publica artigos xornalísticos.

É considerado como un dos nosos máis grandes escritores e autor das mellores novelas da literatura galega.

  • Narrativa.

As súas tres principais obras da narrativa, desenvólvense en Auria, trasunto literario de Ourense.

Características:

  • Localización espacial en Auria.

  • Localización temporal nas dúas primeiras décadas do século XX.

  • Protagonismo infantil e xuvenil.

  • Preferencia polo narrador subxectivo que narra en 1ª persona.

  • Interese, reiterado nos prólogos das obras, por facer literatura realista.

  • A esmorga.”

Primeira novela cunha historia tráxica nun ambiente urbano ou suburbial de Auria.

1ªparte: “Documentación”, un narrador-autor explica como obtivo a información necesaria para escribir a historia que a continuación se presenta.

2ªparte: Conta a historia en si a través de cinco capítulos que recollen a declaración de Cibrán, o Castizo, ante o xuíz. Mediante este interrogatorio reconstrúense as vinte e catro horas de esmorga dos tres personaxes (o Bocas, o Milhomes e o Castizo). Finalmente, Cibrán, único supervivente e por iso tamén único acusado, narra os sucesos acaecidos, o itinerario seguido e as circunstancias da morte dos seus compañeiros.

3ªparte: Reaparece o narrador-autor para dar conta da morte do principal personaxe, deixándonos na dúbida acerca das verdadeiras causas da mesma.

  • Os biosbardos.”

Conxunto de sete relatos breves protagonizados por nenos e adolescentes nas dúas primeiras décadas do século XX.

  • Xente ao lonxe.” Novela longa.

Biografía infantil e xuvenil de Suso: Coñecemos a súa historia persoal e a súa evolución e maduración desde a infancia ata a mocidade.

Historia da familia de Suso, (Vilar), vinculada a organizacións de carácter obreiro e sindical.

Crónica da sociedade ourensá de comezos de século, clases traballadoras e acontecementos históricos da España do momento.

170 personaxes. >Novela de protagonismo colectivo <.

  • Poesía

Romances galegos” 1928.

Poema en catro tempos” 1931.

Cancioneiro”1956.

  • Teatro.

Dous volumes que reúnen varias pezas teatrais:

Farsas para títeres”1973.

Teatro para a xente”1974.

Proceso en Jacobusland”1980.

·Fonética·

A fonoloxíaestuda os fonemas.

Os fonemasson as unidades lingüísticas máis pequenas da lingua.

  • Sen significado.

  • Función distintiva (permite diferenciar palabras).

  • Realización fonética.

  • Representación /X/

A fonéticaestuda o son.

O son é a realización física dun fonema.

  • Representación [x]

A ortografíaocúpase do uso correcto das letrasda escrita.

As letras son a representación escrita dos fonemas.

·Sistema fonolóxico galego·

26 fonemas: 7 vocálicos e 29 consonánticos.

Modo de articulación

Punto de articulación

Anteriores

Centrais

Posteriores

Pechadas

/i/

/u/

Medias

Semipechadas

/e/

/o/

Semiabertas

/Є/

/Ͻ/

Abertas

/a/

Características dos fonemas:

  • Grao de abertura / modo de articulación.

  • Localización /punto de articulación.

  • Sonoridade.

Ditongos.

  • Vogal aberta/ media + vogal pechada

  • Vogal pechada + vogal pechada

Hiatos.