O bosque das antas; Francisco Xosé Fernández Naval

Literatura española contemporánea del siglo XX. Narrativa gallega. Contexto histórico. Personajes. Pierre Francesco Burghese

  • Enviado por: Rocío Casado Álvarez
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 6 páginas
publicidad

'O bosque das antas; Francisco Xosé Fernández Naval'

FERNÁNDEZ NAVAL, Francisco X.

Ourense, 1956

Licenciado en Ciencias da Educación. Funcionario da Administración Autonómica da Xunta de Galicia. Foi con Manuel Guede, fundador do Grupo de Teatro Carifel. Ten publicados:

Libros de poesía: A Fonte Abagañada (1980), Premio de Poesía Cidade de Ourense no ano 1980; Pabillón habitado (1987); Ara Solis (1996).

Novelas: O Bosque das Antas (colección "Narrativa", Xerais 1988), Premio Xerais 1988; Tempo de Crepúsculo (colección "Narrativa", Xerais 1993) e Sombras no labirinto (1997).

Relatos en volumes colectivos: "Alagado de amor, de soroche e de olvido" en Caderno de viaxe (colección "Narrativa", Xerais 1989); "O Anxo CaÌdo" en Paralelo 42 (1989); "E un mencer", en Berra liberdade (1996); "Belinda", en Narradores de cine (colección "Narrativa", Xerais 1996).

Contexto Histórico

Foron moitos os republicanos galegos que buscaron refuxio nos montes trala rebelión militar de 1936. Galicia quedou en poder dos sublevados, desencadeándose una represión indiscriminada contra os resistentes, que tiñan como única saída o exilio ou a fuxida ó monte coa esperanza dunha pronta normalización política que lles permitise regresar ás súas casas.

A guerrilla galega, antifascista propiamente dita, é un feito posterior ós sucesos bélicos de 1936-1939.

1936-1939.Durante este período a supervivencia dos grupos de fuxidos era moi difícil a causa das persecucións, as denuncias, a escaseza de armas, a falta de noticias sobre a marcha da guerra. Nembargantes, en 1938 prodúcense algúns feitos que se poden interpretar como o comezo dunha actividade ofensiva: morte dun falanxista en Bavia de Suarna, atraco ó Banco Pastor de Chantada, morte dun confidente en Cerdido.

A actividade aumenta sen que se observe unha mellor organización dos fuxidos do norte das provincias de A Coruña e Lugo. Conseguíuse establecer contacto con algunhas familias que se ven obrigadas a fuxir ó monte entre eles Guardarríos.

1939-1944. Dende 1940 incorpóranse grupos de republicanos, socialistas, comunistas, anarquistas, galleguistas, que incian o que podríamos chamar loita armada.

A maior actividade corresponde á provincia de A Coruña e norte da de Lugo, protagonizada pola Agrupación Neira. En 1942 a Gardia Civil elimina en Vilamarín (Ourense) ó grupo de guerrilleiros coñecidos como Os Enmascarados; desde Ourense actúa na provincia de León o grupo comandado por Girón en Trives faino Langullo e na provincia de Pontevedra Xanote e Maletas.

1944-1948. A partir desta data estructúranse as antigas partidas, que pasan a denominarse agrupacións: a de Neira, a de Eive-Carbón, a de Foucellas e a de Curuxas; as catro deficientemente armadas. Había tamén homes que non aceptaban o control do Corpo de Guerrillas, de influencia comunista. Neste caso atópanse grupos anarquistas, galeguistas ou de orixe socialista, que rexeitaban a supremacía dos comunistas na guerrilla.

Durante estos anos asistimos a unha plena colaboración entre antigos militantes do PSOE, CNT, galeguistas e republicanos cos homes do monte.

a)Da primeira de 1945 ó verán de 1946. Marrofer, de ideoloxía comunista, incorpórase á guerrilla e consegue encadra-la maioría das partidas e impoñer disciplina e coordinación. Estructura as anteriores agrupacións e adscribe a cada unha delas unha zona concreta de actuación:

A Primeira Agrupación.Será a de menos actividade combativa a causa, fundamentalmente, de problemas internos e da integración nas súas ringleiras de delincuentes comúns que se fixeron pasar por fuxidos.

A Segunda Agrupación. Adquiriu gran trascendencia e foi a única que contou con apoio en Portugal a través da Alianza Democrática Portuguesa. A esta agrupación incorporáronse familias enteiras e chegou a contar con máis de 30 homes encadrados en diferentes partidas.

A Terceira Agrupación d. Os grupos galegos actúan inicialmente baixo a responsabilidade de Xan de Xenaro e máis tarde de Guadarríos. Á beira dunha importante estructura de apoio e enlace, casos máis coñecidos son os de Manuela Sánchez e Enriqueta Otero. As caídas e detencións de varios membros culminan coa morte de Manuela e a detención de Enriqueta, sendo esarticulado o PCE e toda a Agrupación ata 1948.

A Cuarta Agrupación. A máis activa, organizada, combativa e duradeira, estaba dirixida persoalmente por Marrofer; en 1944 toma o nome de Agrupación “Pasionaria”, que moitas veces se aplicara a toda a guerrilla galega na súa relación co extranxeiro e con outras partes da Península. Inicia unha auténtica labor de propaganda. Estructurouse en cinco destacamentos.

b)Do verán de 1946 ó de 1947. O Exército Guerrilleiro de Galicia é o máis activo de toda España, destacando a Cuarta Agrupación. As sabotaxes, axusticiamentos e os actos de propaganda política multiplicábanse. Tamén se incrementa a persecución policial. Como consecuencia, en xuño celébrase unha reunión en Lubre, baixo a presidencia de Gayoso e Seoane, na que se elixe responsable militar da guerrilla galega a Manuel Ponte. Estructura os destacamentos e reagrupa ós seus membros.

A propia Garda Civil recoñece que por estas datas “hai infiltracións en cargos públicos así como no Exército e Instituto Armados”. É tamén agora cando os medios de propaganda se ven potenciados coa aparición do Guerrilleiro.

A Quinta Agrupación. Carece dunha boa organización. As súas actuacións son moi esporádicas e inclusive incontrolables. Dende 1946 comeza a preocuparse máis pola loita político-sindical que pola loita armada. Realmente a Quinta Agrupación nacerá trala reorganización que segue a morte de Ponte.

RESULTADOS DAS OPERACIÓNS GUERRILLEIRAS ANO 1939

Axusticiamentos 2

Atracos 3

Guerrilleiros mortos 3

Guerrilleiros detidos 4

Gardas civís mortos 2

RESULTADOS DAS OPERACIÓNS GUERRILLEIRAS NA PROVINCIA DA CORUÑA (1940-943)

1940 1941 1942 1943

Golpes económicos 20 50 20 15

Axusticiamentos 2 1 3 -

Guerrilleiros mortos 4 4 2 1

Guerrilleiros detidos ou entregados 1 2 8 -

Enlaces detidos ou entregados 156 59 - 11

Gardas civís mortos 2 - - -

Gardas civís feridos 1 1 1 2

Sabotaxes - - - 3

Roubos de armas 1 - - -

ORGANIZACIÓN DA CUARTA AGRUPACIÓN EN 1945

Destacamento

Zona de actuación

Responsable

“Manuel del Río Botana”

Ordes, Santiago

M. Ponte

“Santiago Álvarez”

Curtis, Sobrado

Tenente Freixo

“Arturo Cortizas”

Ortigueira a Ferrol

Amador

“Lister”

As Mariñas

Pimentel

“Eive-Carbón”

Fene, Cabanas, Murgados

Pintitas

ACTIVIDADES GUERRILLEIRAS DA CUARTA AGRUPACIÓN EN A CORUÑA (1945)

Golpes económicos 52

Enlaces detidos 30

Axusticiamentos 7

Enfrontamentos coa Garda Civil 26

Guerrilleiros mortos 3

Gardas civís feridos 2

ORGANIZACIÓN DA CUARTA AGRUPACIÓN NO ANO 1946-47

Destacamento

Zona de actuación

Responsable

“Arturo Cortizas”

Ortigueira e Ferrol

Adolfo Allegue Riqueche

“Lister”

As Mariñas

Valeiro

“Eive-Carbón”

Fene, Cabanas, Mugallos

López Jaspe

“Manuel Bello”

Negreira-Ordes, La Coruña

Mosquera

ACCIONES GUERRILLEIRAS EN GALICIA (1943-1952)

La Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Enfrentamentos coa Garda Civil

72

64

44

26

206

Axusticiados pola Guerrilla

75

51

72

19

217

Secuestros

19

51

72

19

59

Sabotaxes

46

18

18

14

96

Golpes económicos

412

310

256

150

1.127

Guerrilleiros mortos

96

86

53

70

305

Guerrilleiros detidos

155

143

123

39

460

Guerrilleiros entregados

97

1

2

8

108

Enlaces detidos

1.554

439

661

707

3.361

Gardas civís mortos

17

12

11

6

46

Gardas civís feridos

19

11

13

7

50

PERSONAXES

&PIERRE FRANCESCO BORGHESE:(Personaxe principal) Alto, louro, de ollos azuis. Home que sen selo decide recorrer un camiño que lle cambiará a vida. Deixase levar polo destino ata que para na soidade. Definíase como aventureiro, intrépido e amante do mundo e da época. Amistoso, galán, capaz de namorar con sú unhas palabras da súa boca. Loitador e forte ante as dificultades. Sensible e cun romanticismo vital, algo soñador, pero ó fin e ó cabo un home con ganas de seguir vivindo ata o final.

MARTA RINALDI: Moza de Pierre en Venecia, o seu gran amor de adolescente, era unha moza capaz de todo por reter ó seu amor.

DANIEL BURNE VAILLANT: Amigo de Pierre durante os anos no cárcere. Perfecto informador aínda que tamén rival político, dato que esquecía coa amizade que ó unía a Pierre.

XAQUÍN SOTO: Compañeiro republicano morto por un disparo na caluga nos primeiros días de guerra.

ARTEMIA: Viuva de Xaquín. Muller campesiña, madura, que levaba cunha gran dignidade a súa soidade. Muller obxectiva, dominadora da súa realidade, que esconde a dor baixo unha capa de conformidade e cohabitación co seu destino.

PIETRO GIURDANI: Compañeiro de Claudio no tempo que estivo en Cuba. Amigo íntimo da familia de Pierre e probablemente, amante da súa nai.

FILLIPO BORGHESE: Avó de Pierre. De espírito intrépido e liberal, admirador de Garivaldi. Mansón, home do seu tempo.

NAI DE PIERRE: Alta, loira, de pel branca e carnes abondosas, de ollos azuis, calada, afectuosa pero posesiva, preocupada en exceso pola educación do seu fillo.

CLAUDIO NAVAL: Afable, simpático e de conversa fácil, algo trangalleiro e bastante máis baixo que Pierre, tiña o cabelo e o bigote loiros. Era músico e tiña unha familia a que nunca chagara a amar. Home trouleiro e evasor das responsabilidades do fogar.

D. XACINTO DOS SANTOS SEQUEIRA: Home barroco no seu pensamento, de personalidade complexa, de afectos escasos e en certo modo cobarde.

AMADOR: Gran amigo de Bintil fiel ás súas paixóns, o río, do que era barqueiro, e os paseos pola ribeira co seu amigo. Era un home enigmático e pouco comunicativo que nunca coñecera muller.

GASPAR VALIÑA: Recepcionista do Hotel Roma, onde se aloxou Pierre, tamén era confidente do partido falanxista.

BINTIL: Sogro de Claudio e pai de Encarnación. Era un home entrado en anos, bo, patriarcal e intelixente. Fixo o papel de pai con netos.

ENCARNACIÓN: Miúda, de fronte ampla e despexada, cun ánimo firme e moita entereza e xenerosidade.De xenio fácil. Anfitriona calada, inaltarable, forte, brava e moi valente. Administradora da su casa e muller de Claudio.

MANOELA: Esposa de Bintil. Namoracida pola sinceridade. Morreu no parto da súa única filla, Encarnación.

ASUNCIÓN: Prostituta que deixou a profesión por amor. Amante de Pierre, co que tivo un fillo. Namorada del desde o primer momento.

AGUSTINA OTERO: Muller famosa e popular en París. De ollar oscuro e melancólico, foi o contacto de Pierre con Galicia.De orixes galegas. Amante da súa terra, Valga.

ARTURO: Único filo de Pierre e Asunción. Viviu nun ambiente desfavorable. Morre despois de emigrar a Zürich, asasinado por un turco.

MARUXA: Irmá da familia de “Os Cornuchos”. Vivía co seu pais e irmáns. Levaba a casa dende que a súa nai os abandoara. Tiña un aspecto físico expansivo. Sempre estivera namorada de Pierre, pero a rabia que sentiu polo rexeitamento deste levouna a delatalo cando era fuxido.

EMILIO E SECUNDINO: Irmáns de Maruxa. Herdaran o carácter paterno. Eran bos e inxenuos, aínda que non chegaban á estupidez do pai. Músicos ámbolos dous, gozaban de distinción na banda de Claudio. Tocaban o clarinete e o fiscornio.

D. LAUDO ROMERO: Delator de Xaquín e Lloves. Era un home facendado e pleiteante teimudo. Deixou de ser home por un accidente. Morreu só e abandoado.

LLOVES: Outro amigo de Pierre Francesco, ó que chegou a querer. Era un langrán de costas anchas e percozo poderoso, coa xovialidade dun home corpulento. Chamábanlle o requinto por face-lo servicio dúas veces. Tirárono da ponte de Rivadavia acusado de colaborador en actividades criminais contro a patria e a relixión.

RAFAEL PITA: Garda civil que axudou a Claudio a saír da cadea e que furtaba para eles no almacén de comandancia os paquetes requisados do contrabando.

D. PERFECTO COUCEIRO: Párroco de Velle. Pouco estimado polos fregueses. Amante da gastronomía e dono do casal onde Pierre se refuxiou.

ATILANO CENDÓN: Capataz de Pierre na canteira dos Tres Ríos. Traidor escravista de valor sen límites. Críase superior á vida e á morte dos homes ó seu cargo.

MAXIMINA ALONSO: Muller a que Claudio convidou a pasar na súa casa e a que coñecera na romaría das Maravillas. Foi expulsada da casa espida pola muller de Claudio. Dicíase que tivera un fillo deste.

SOFÍA A GAVILANA: Prostituta portuguesa de carne fláccida e cor leitosa, tiña o corpo frío. Foi a primeira muller que se acostou con Pierre trala súa fuxida.

PEPIÑO OU RAMONCIÑO DE CABEZA DE VACA: Home novo e argarilla, sobrio, mensaxeirodo que todos falaban e ó que ninguén quería. Congregaba multitudes ó seu redor e profeitizaba visión extraordinarias do futuro.

MANOEL: Fillo único varón de Encarnación. Foise a Bos Aires levado por un vento de soños e progreso.

RESUMO

Neste libro relátase a biografía de Pierre Francesco Burghese. Conta como este rapaz despois de ramata-los seus estudios de avogacía en Venecia, Italia, o seu país de orixe, decide realizar unha viaxe, un periplo europeo e formativo e vir a Galicia, onde estudiaría a suástica do Miño. A viaxe estaba planeada para dous anos pero alongouse debido ós feitos que se sucederon...

Chegou a Ourense e foi recibido por Don Claudio Naval, que o levou a súa casa, onde coñecería á súa muller, ós seus fillos e ó seu sogro. Pasou moito tempo en Ourense, onde mativo relacións coa xento do lugar, como Asunción, a que coñeceu nun tren, e que remataría sendo desde ese momento a súa amante, coa que enxendrou un fillo xusto antes de fuxir ó monte con Claudio por serdes ámbolos dous perseguidos. No inverno no monte, o galego enfermou e rematou por entregarse. Fou xulgado e finamente morreu na súa casa.

O italiano, finalmente, é apresado, xulgado e sentenciado. A sentencia quedou en cadea perpetua despois de que intervisen a súa nai e o embaixador italiano no seu favor, para poder cambiar a sentencia de morte á que fora sentenciado nun principio. Un día decidiu fuxir e voltar ó pasado, onde toparía todavia máis dificultades.

Ó caer, vencido polo cansancio do camiño, feríuse e foi socorrido por Artemia, viuva dun amigo seu. Despois foi a casa dos “cornuchos” membros da que fora a súa banda en Ourense. Alí, unha deles, delatouno á Garda civil, foi a muller da familia, Maruxa, en vinganza polo amor non correpondido que sentira na súa mocidade cara Pierre. Este tivo que marchar, entón axudouno Amador, que o quixo levar na súa barca ata un lugar cercano a Portugal, pero, no descenso do río, foron vistos pola policía, Pierre tivo que salar da barca, Amador foi asasinado dun disparo na caluga.

O final, consegue, pasando a fronteira, chegar a Portugal, desde onde partiría cara Manaos. Separouse dos seus soños, dos seus recordos, do seu fillo morto, da súa amante...pero seguira mantendo contacto con Encarnación e Bintil, viuva e sogro de Claudio.

Desde as américas comeza unha relación epistular con Encarnación, da que realmente estaba namorado. Ela, co transcorrer do tempo e das cartas semanais, aprende, xa tarde, do que era amar e ser amada. Deste modo, Pierre camiña só por Manaos, coa pesadume da morte dun fillo ó que nunca coñecera, dunha amante á que nunca chegara a amar, pero, a pesares de todo, seguiría recibindo as cartas que o mantiñan con vida, as cartas da muller que amaba, da muller que realmente o amaba. Un amor tardío...

VALORACIÓN PERSOAL

O bosque das antas é a biografía dun home extranxeiro que se viu rebaixado a preso político durante os anos da Guerra Civil Española na provincia de Ourense.

A liña cronolóxica vese claramente deformada polas idas e voltas ó pasado. Unha linguaxe sinxela pero ó mesmo tempo con partes complicadas nalgúns momentos, non pola linguaxe en si, senón máis ben, polo descoñecemento da situación histórica de como se vivía naqueles tempos.

Coa lectura desta obra apréndese como era o modo de sentir da época. Vivir o día a día con desconfianza, con medo ás delatacións; nunha sociedade familiar e acolledora de por si, que amaba ó veciño como a fillo mesmo. Este vínculo de familiaridade veuse abaixo pola presión dun réxime dictatorial basado no terror do pobo.

Dentro deste contexto, aínda hai un recuncho de felididade, a felicidade de saber que os lazos da verdadeira amizade o de verdadeiro amor, son infranqueables, soportan as adversidades sacando as forzas de ninguén sabe onde... A fidelidade supera as barreiras do rencor e o amor a distancia, pode ser unha razón para vivir para aqueles que perderan todo o que os unía a este presente xamais desexado.

Como conclusión, só resta dicir, que a pesar de que esta obra sexa triste ou melancólica, sabe deixar no lector, un sabor dulce, o sabor que eu tiven dentro ó ler un final que aínda que non é feliz, si pacífico, esa paz que tanto o aventureiro coma a muller de matrimonio sen amor, descobren co seu amor na lonxanía.

1