Filosofía

Kant

4.- A Ilustración e a Crítica da Razón. Kant.

  • Kant e a Ilustración.

  • Plantexamento da filosofía Kantiana.

  • Kant entre o racionalismo e o empirismo.

  • “Crítica da Razón Pura”.

    • Condicións xerais do coñecemento e posibilidade da Metafísica como ciencia.

    • Os xuízos.

    • Estética Transcendental.

    • Analítica Transcendental.

    • Dialéctica Transcendental.

  • “Crítica da Razón Práctica”.

    • Ética material e ética formal.

    • Postulados da Razón Práctica.

    1.- Kant e a Ilustración (3ªpregunta)

    A Ilustración é un amplo movemento de ideas que abarca tódolos aspectos da vida e da cultura ó redor do século XVIII, entre as dúas revolucións liberais burguesas, inglesa e francesa.

    Pretende ser, en síntese, unha clarificación racional de tódalas crenzas, costumes, dogmas ou coñecementos. Ten antecedentes remotos na mesma racionalidade grega, e máis próximos na independencia da razón que propuxera Ockam no século XIV.

    Este século (XVIII), por tratar de someter todo ó “tribunal” da razón, denomínase tamén Século das Luces ou Iluminismo

    Tivo distintas manifestacións, segundo os países onde se desenrolou:

    • En Inglaterra Locke, Hume. Cuestións epistemolóxicas, éticas ou políticas.

    • En Francia ten unha manifestación relevante na Enciclopedia (Voltaire, D' Alembert, Montesquieu , Rosseau).

    • En Alemania máis tardiamente ten certa manifestación en distintos ámbitos e incluso, na teoría do coñecemento, por influencia do racionalismo (Wolff).

    A razón ilustrada pode caracterizarse sintéticamente por ser::

    • Autónoma, libre e independente de outras influencias.

    • Crítica, referida ás súas influencias e a sí mesma..

    • Secularizada, independente definitivamente da Fe e da Relixión.

    • Analítica experimental, en oposición á racionalidade innatista (do racionalismo) cargada de contidos, fundamentalmente na experiencia, representada na ciencia por Newton: Mecánica e lei de gravitación coa que se une definitivamente no mesmo sistema “os ceos e a Terra”.

    Segundo Hegel, Kant representa a culminación da Ilustración, posiblemente por influencia da ciencia de Newton e a lectura de Hume e Rosseau na década de 1760 (aínda que non só debe circunscribirse a esto) e pode considerarse un pensador ilustrado por:

    • Promover unha crítica da Razón, é dicir, analizar a Natureza da Razón para determinar as súas posibilidades e os seus límites, tarefa que está recollida, sobre todo, na “Crítica da Razón Pura”e na “Crítica da Razón Práctica”. Para Kant “A Ilustración é a idade da crítica”.

    • Por fomentar a autonomía da Razón que representa, precisamente, o lema da Ilustración: “A ilustración é a saída do home da súa culpable minoría de idade de Razón, que consiste na incapacidade de servirse do propio entendemento sen axuda doutro. Esta incapacidade constitúe unha falta moral cando se debe, non ó entendemento, senón a unha falta de enerxía propia da vontade. Sapere aude (atrévete a saber). Atrévete a utilizar a túa propia Razón”.

    • Por considerar como meta da Ilustración a dignidade humana como a xeralización da Razón e Liberdade. Liberdade que consiste na posibilidade de utilizar a Razón en público, con tódalas súas consecuencias. Unha liberdade civil e de conciencia concretada, sobre todo, en asuntos relixiosos, para pasar máis a diante a asuntos públicos.Os homes vanse modelando pouco a pouco a si mesmos deixando a rudeza, con tal de que non se faga o esforzo intencionado de mantelos artificialmente nela. Neste aspecto admiraba ó Emperador Federico II de Prusia que puxera as bases no seu Estado da posibilidade de liberdade de Razón e tivo enfrontamentos co seu sucesor Federico Guillermo pola publicación da obra “A relixión dentro dos límites da Razón”.

    Para Kant aínda non se acadara unha verdadeira época ilustrada, pero a liña de aspiración debía ser precisamente a búsqueda das condicións que fagan posible a xeralización da racionalidade e da liberdade.

    Obras de Kant

    Soen distinguirse dous períodos na obra de Kant:

    I.Período pre-crítico, que está marcado polo interese sobre cuestións físicas no que trataba de sintetizar as teorías de Leibniz e Newton e, posteriormente, a temas máis metafísicos, empezando xa a considerar o Espacio e o Tempo como formas a priori da sensibilidade.

    II.Este período está determinado pola publicación da “Disertación”.

    Período crítico, no que publica a maior parte das súas obras referidas a cuestións epistemolóxicas, éticas, da relixión ou da historia:

    “Crítica da Razón Pura” (1781).

    “Crítica da Razón Práctica”.

    “Crítica do Xuicio”.

    “Fundamentación da metafísica nos costumes”.

    2. Plantexamento da filosofía Kantiana

    Kant distingue dous conceptos da filosofía: o concepto mundano e o académico.

    O primeiro refírese ás cuestións fundamentais que se plantexa o home na súa reflexión, e que se sintetizan nas seguintes preguntas:

    1ª ¿Que poido coñecer?

    Establecer a natureza e os límites do coñecemento, é dicir, ata onde é posible un coñecemento científico da natureza.

    2ª ¿Que debo facer?

    Establecer as condicións que fan posible a conducta eticamente boa e a liberdade.

    3ª ¿Que poido esperar?

    Delimitar proxectivamente cal é o fin da conducta individual e en conxunto.

    4ª ¿Que é o home?

    Referir todo estes interrogantes ó suxeito deles.

    O concepto académico de filosofía fai referencia á articulación sistemática das cuestións anteriores nun sistema filosófico.

    Análise da “Crítica da Razón Pura” (Teoría do Coñecemento)

    Posibilidade da metafísica como ciencia.

    Na introducción da “C.R.P.” e nos “Problegómenos de toda metafísica futura”, plantexa Kant a posibilidade da metafísica como ciencia e polo tanto, a posibilidade dun coñecemento científico dos obxectos ou temas desa disciplina: Alma ou Eu, Mundo e Deus. Todo isto por dúas razóns fundamentalmente:

    • A metafísica como filosofía dende a antigüidade non parece ter seguido o camiño seguro da ciencia, pois, as distintas filosofías presentan solucións distintas e incluso contradictorias, sobre todo, nos temas da metafísica.

    • As ciencias e, en concreto, as matemáticas e a física, como ciencia da natureza, tomaron un camiño máis seguro, pois, as matemáticas xa dende a antigüidade e máis tarde a física, presentan resultados que son comunmente aceptados e teñen validez universal.

    Así pois, non hai que preguntarse se son posibles as ciencias e o coñecemento científico, senón como son posibles, é dicir, baixo que condicións existe nelas un coñecemento e que tipo de xuicios utiliza para averiguar se esas condicións se cumplen na metafísica.

    3. Condicións xerais do coñecemento. Kant entre o racionalismo e o empirismo.

    (A interpretación de Kant como xiro copernicano).

    Aínda que a preocupación filosófica de Kant é máis ampla (as condicións que fan posible a racionalidade e a liberdade), tivo unha influencia decisiva no pensamento occidental pola interpretación do coñecemento. Neste aspecto vai a ter presentes as solucións do Racionalismo e do Empirismo:

    • Para o Racionalismo o coñecemento era posible a partir dunhas ideas innatas e por sucesivas deduccións chegábase a calquera outra verdade. Dado que se refire a relacións de ideas que se basean nos principios lóxicos da Razón, este coñecemento era universal e válido sempre, pero facíase problemático o coñecemento da realidade exterior ó mundo que se garantía co teoloxismo gnoseolóxico. En calquera caso, era un dogmatismo porque se presupoñen unhas ideas innatas e dedúcese a partir destas sen ningunha comprobación.

    O Empirismo fundamentaba o coñecemento na experiencia e, segundo Hume nas impresións, pero sendo éstas particulares e concretas, non hai posibilidade dun coñecemento universal; para Hume, precisamente, por partir das impresións e da crítica á causalidade, non existe sequera un coñecemento científico verdadeiro absolutamente, senón, so probabilidades ou crenzas. É pois un escepticismo.

    Kant, sen embargo, está convencido de que existen coñecementos universais representados polas ciencias, e máis en concreto a física de Newton que el admiraba.

    En principio asume as teses racionalistas (Wolff), pero “a lectura de Hume espertouno do seu sono dogmático” por considerar que a experiencia é unha garantía para o coñecemento.

    Sen embargo, a experiencia só proporciona coñecementos particulares,(”e o escepticismo é un lugar de descanso para a razón pero non un lugar de residencia permanente”) polo que a universalidade do coñecemento non pode provir desta senón do suxeito: todo o coñecemento debe cumprirse na experiencia pero no todo o que hai nel pertence á experiencia.

    Dado que, seguindo as teses empiristas (o coñecemento como “copia”) non hai esa universalidade, Kant considera que debe estar no propio suxeito cognoscente como formas a priori do coñecemento, co que se produce unha especie de xiro copernicano na interpretación do coñecemento:

    “Ata agora supoñíase que era o obxecto o que influía no suxeito no proceso cognoscitivo, pero non garantindo isto a universalidade do coñecemento, supóñase que sexa o suxeito o que inflúe no obxecto, da mesma maneira que Copérnico, non conseguindo explicar satisfactoriamente os movementos celestes, supoñendo que todo o exército das estrelas xiraba en torno ó espectador que estaba quieto, ensaiou de supoñer que fose o espectador o que xirase en torno ás estrelas que permanecían inmóbiles”.

    Así pois, para Kant hai dúas condicións necesarias para todo o coñecemento.

  • Condicións ou elementos materiais, que son os datos empíricos que proveñen da experiencia e cos que se vai a validar calquera proceso cognoscitivo.

  • Condicións ou elementos formais, que son propios do suxeito cognoscente cos que o suxeito organiza tódolos datos empíricos.

  • Estas condicións formais son as formas a priori, que se chaman así, precisamente, por dar forma a ese material empírico e por ser independentes e anteriores á experiencia.

    Tamén se chaman condicións transcendentais, pois, aínda sendo propias do suxeito, deben referirse a unha realidade exterior, a diferencia do Idealismo Dogmático do racionalismo, e do escepticismo do empirismo a interpretación de Kant chamase pois Idealismo Trascendental.

    Con este plantexamento está claro que para Kant o coñecemento non pode ser unha simple copia da realidade, senón unha descrición desa realidade pero unha vez asimilada e transformada polas formas a priori que, sendo do suxeito fan posible a universalidade. En definitiva, a Razón é a que determina o obxecto coñecido e desta maneira convértese en verdadeira lexisladora da Natureza á que impón as súas propias leis.(“a razón ten que achegarse á Natureza levando nunha man os seus principios e na outra o esperimento que ela proxectara...”)

    Tipos de Xuicios.

    En relacións co plantexamento da posibilidade da metafísica e as condicións do coñecemento, Kant plantexa tamén analizar que tipo de xuicios ou proposicións son científicas.

    Neste aspecto distingue entre:

    • Xuicios analíticos, nos que o predicado está incluído no suxeito (analizando este). Por exemplo “O todo é maior que as partes” semellante ás verdades de razón de Leibniz.

    Por basearse nos principios lóxicos da Razón son universais.

    • Xuicios sintéticos. O predicado non está incluído no suxeito (engade algunha información) semellante ás verdades de feito de Leibniz. “Os habitantes de X miden 1:90”.

    En relación á súa comprobación ou validación, os xuicios poden ser:

    • A priori cuia validez non depende da experiencia (é anterior a esta) como o exemplo anterior dos analíticos.

    • A posteriori, a súa validación depende da experiencia, como o anterior dos sintéticos.

    Segundo Kant, nin os xuicios analíticos a priori, nin os sintéticos a posteriori, son válidos para a ciencia, pois os primeiros, aínda tendo validez universal, non ofrecen ningunha información, e os segundos, aínda ofrecendo información, non teñen validez universal por depender da experiencia.

    Os xuicios verdadeiramente científicos como os axiomas ou postulados das matemáticas, ou principios da física teórica, son xuízos sintéticos a priori, pois ofrecendo información acerca da realidade, a súa validez é universal independente da experiencia, ou, o que é o mesmo, cúmprese sempre en toda a experiencia.

    “A recta é a distancia menor entre dous puntos” (sintético, a priori)-(xuicio científico)

    O predicado non está incluído no suxeito e non é preciso comprobalo.

    Sintético. A priori.

    Así pois, tratárase de averiguar si a metafísica utiliza xuízos sintéticos a priori.

    4. Niveis de coñecemento e partes da “Crítica da Razón Pura”.

    Aparte da introducción, Kant divide a C.R.P. en tres partes fundamentais:

    • Estética transcendental. Analiza o coñecemento sensible e a posibilidade das matemáticas como ciencia.

    • Analítica transcendental. Analiza o entendemento e a posibilidade da física como ciencia.

    • Dialéctica transcendental. Analiza a Razón e a posibilidade da metafísica como ciencia.

  • Estética transcendental.

  • Nesta parte da Crítica da Razón Pura, analiza Kant a sensibilidade e a posibilidade das matemáticas como ciencia; emprega o termo “estética” no seu significado etimolóxico de “aiszesis” (ou “aisthesis” que significa sensación). A sensibilidade ou coñecemento sensible é o primeiro eslabón do coñecemento. Para que este se produza son necesarias, seguindo o plantexamento xeral do coñecemento, dúas condicións:

  • Unhas condicións ou elementos materiais propias da experiencia (concretas e particulares) que serían o conxunto de impresións alleas ó suxeito (sons, cores, formas, ...).

  • 2. Unhas condicións ou elementos formais que son propios do suxeito cognoscente como formas a priori da sensibilidade e que son concretamente o Espacio e o Tempo. Chámanse tamén condicións trascendentais do coñecemento pois aínda sendo suxeito deben cumplirse en calquera experiencia.

    Espacio e tempo non son propiamente “realidades”, senón formas de organizar a realidade a nivel sensible; non pertencen ás cousas senón ó propio suxeito; chámase “formas” porque dan formas a esas impresións que, sen elas, poderían ser caóticas, e son “a priori” porque son independentes e anteriores á experiencia. Tamén as chama Kant “intuicións puras”, pois pertencen o propio suxeito como modo de organizar a realidade sensible. O espacio, forma a priori da sensibilidade externa e o tempo, forma a priori de toda sensibilidade e particularmente da interna.

    Kant chegou a esta conclusión por considerar que non se pode imaxinar ningunha impresión fora dun espacio ou un tempo, polo que considera a estes propios do suxeito e non da realidade. O resultado do coñecemento sensible é o fenómeno, tamén co sentido etimolóxico de “aquelo que aparece e tal como aparece”, é dicir, a realidade sensible organizada espacial e temporalmente, que é a realidade para min”.Esa organización da realidade sensible dende o suxeito ten certo antecedente no pensamento escolástico de que “todo o que se recibe, recíbese á maneira do recipiente”.

    O fenómeno ou realidade para min ten como correlato ou correspondente unha realidade independente do coñecemento humano ou realidade en si”, dende un acto de creacción que Kant chama NOUMENO (cousa en si mesma).

    Esta realidade, independente do coñecemento humano, en si mesma ten un senso negativo como realidade imposible de coñecer, pois no caso contrario sería realidade para min (fenómeno) e é entendida como un límite do coñecemento.

    Ten tamén un senso positivo como realidade que sería obxecto dun coñecemento superior ó humano (coñecemento divino) que poidese acceder a esa realidade en si.

    Na Estética Transcendental analízase tamén a posibilidade das matemáticas como ciencia:

    As matemáticas formulan xuicios a cerca do espacio (a xeometría) e o tempo (a aritmética, a sucesión dos números é unha sucesión temporal, segundo Kant). Agora ben, como espacio e tempo son as condicións necesarias para comprender ou experimentar calquera fenómeno, os xuicios a cerca destes serán sempre universais (cumpriranse en tódalas experiencias).

  • Analítica transcendental.

  • Nesta parte da “Crítica da Razón Pura” analízase as funcións do entendemento e a posibilidade da Física como ciencia.

    O feito de ter impresións ou incluso percibir fenómenos non significa, pola contra pensalos ou coñecelos. Esta facultade que permite ó pensamento que se manifeste nos xuicios é o entendemento.

    Para que algo poida ser pensado e incluído nun xuicio precísase, segundo Kant, como en calquera nivel do coñecemento, unhas condicións materiais e unhas formais:

  • Os elementos Materiais, neste caso, son os fenómenos, que teñen xa un contido empírico como resultado do coñecemento sensible.

  • Os elementos Formais, propios do suxeito, é dicir, os elementos a priori ou transcendentais son, neste caso, as CATEGORÍAS ou CONCEPTOS PUROS.

  • Os Conceptos son condicións indispensables para calquera xuicio ou pensamento. Agora ben, os Conceptos, poden ser “empíricos”, cando proveñen da experiencia, por exemplo o concepto de “casa”, “home”, “árbore”, etc..., nos que se engloban unha serie de datos sensibles, e, ademais, os “conceptos puros ou categorías”, que, según Kant, son o fundamento da posibilidade de emitir calquera xuicio, por exemplo o xuicio “A calor do sol funde a cera”, aparte dos conceptos empíricos de “calor” ou “cera”, establecese un tipo de relación entre eles que é determinada polo entendemento dun xeito a priori e esa relación é a causalidade, que é posta polo suxeito cognoscente e non provén do exterior.(Enténdese que o calor é a causa de que se funda a cera).

    Dado que as Categorías son a posibilidade de emitir calquera xuicio, e dado que na Lóxica Tradicional existen doce tipos de xuicios, deben existir, polo tanto doce Categorías; por exemplo, a “Categoría de Realidade” correspondería ós Xuicios Afirmativos; “Substancia” ós Xuicios Categóricos; “Causalidade” ós Xuicios Hipotéticos; “Necesidade” ós Xuicios Apodícticos.

    No exemplo anterior, que se podía formular como “se hai calor sobre a cera, ésta fúndese” é un xuicio hipotético e, polo tanto, fundaméntase na “Categoría de Causalidade”.

    Estas categorías como conceptos puros do entendemento, que serven, pois, para pensar e coñecer os fenómenos, teñen que aplicarse sempre a datos da experiencia, pois, as intuicións empíricas sen conceptos, son cegas, e os conceptos sen intuicións, valeiros”. Pertencen á propia estructura ou dinamismo do suxeito, que, dunha maneira inmediata, a través da imaxinación, aplica éstas os fenómenos por medio doutro proceso intermedio que se chama “Esquematismo transcendental” (axiomas da Intuición, anticipacións da percepción, etc.) que a súa vez emprega outros procesos como os axiomas da intuición, sempre en función dun Suxeito Trancendental ou “Eu penso”.

    Nesta parte tamén se estudia a posibilidade de Física como ciencia, sobre todo da física teórica nos seus enunciados ou leis básicas, que, segundo Kant, son “xuicios sintéticos a priori”e polo tanto, universais e necesarios. Universalidade que se basea, precisamente en que son xuicios sobre categorías, é dicir, sobre as propias formas de estructurar a realidade.

    Hume criticaba a posibilidade da ciencia como enunciados universais, por considerar que o fundamento do coñecemento é a experiencia, e ésta é sempre particular, por exemplo, no caso anterior de que a calor funde os corpos, é, segundo Hume, un enunciado empírico, e polo tanto, particular.

    Para Kant, Hume confundía os enunciados concretos de causalidade, que si dependen da experiencia, coa Lei de Causalidade Xeral: “todo o que empece a existir ten unha causa” que é un enunciado a priori, universal e non depende da experiencia.

    Este enunciado, como “en todo cambio, a materia permanece constante” ou “É igual a acción que a reacción”, son enunciados básicos da física, que por ser enunciados sobre as propias categorías son sempre universais e necesarios, e, polo tanto, xuizos sintéticos a priori.

    Do mesmo xeito que os fenómenos non son propiamente a realidade senón a percepción desa realidade, os obxetos, coñecidos e xulgados polo entendemento, son o resultado da síntese entre categorías e fenómenos, e o entendemento é o que impón as súas propias leis á Natureza, de tal maneira que se coñece dela, dunha maneira universal e válida, aquelo que previamente xa estructurara o entendemento coas categorías.

  • Dialéctica transcendental.

  • É a terceira parte da Crítica da Razón Pura, e nela analiza a posibilidade de coñecemento segundo a Razón e a posibilidade da Metafísica como ciencia, partindo do presuposto de que “o coñecemento empeza polos sentidos, pasa de aí ó entendemento e acaba na Razón”.

    Se o entendemento era a facultade de pensar e coñecer os fenómenos establecendo relacións entre eles por medio dos xuicios, co que se completa o coñecemento obxetivo, a Razón é a facultade de razoar, é dicir, de establecer relacións entre xuicios.

    Estas relacións ou razoamentos sempre tratan de partir de premisas ou principios cada vez máis xerais, nos que se fundamentan.

    O xuicio “Tódolos sabios son mortais” fundamentase noutro máis xeral: “Tódolos homes son mortais”, éste noutro máis xeral: “Tódolos vivintes son mortais”, e así sucesivamente ata chegar a un principio que conteña en si toda a serie de condicións ou relacións entre xuicios.

    Segundo Kant, tódolos razoamentos parten de tres principios da Razón que el chama “Ideas” nun sentido semellante ó de Platón, pero incluso tratando de comprender o seu significado máis alá do que pensaba Platón, é dicir, como fundamento do coñecemento, Arquetipos ou Claves da experiencia. Estas Ideas son:

    • Idea de Mundo. Contén en si as condicións que sintetizan a experiencia externa.

    • Idea de Eu. Contén en si as condicións da experiencia interna.

    • Idea de Deus. Contén en si as condicións de calquera experiencia.

    Estas “Ideas” ou principios cos que se unifica a actuación da Razón representan o “Incondicionado, que conten en si o principio da síntese do condicionado”.

    Estos principios ou Ideas Puras da Razón, son soamente ideas, pois non hai para eles un contido empírico co que producir a síntese necesaria para a validez dun coñecemento que supón sempre unhas condicións materiais e unhas condicións formais:

    • Do Mundo como totalidade non hai experiencia senón soamente dos fenómenos concretos.

    • Da Alma como suxeito substancial constante tampouco hai experiencia senón soamente das afeccións ou impresións psíquicas.

    • De Deus tampouco existe ningunha experiencia.

    Son, pois, Elementos Puros da Razón ou Elementos Formais desta, que non teñen ningunha referencia obxetiva, polo que non é posible nin sequera plantexarse o seu coñecemento.

    A Metafísica Tradicional tiña por obsecto, precisamente, o estudio do Mundo (Cosmoloxía), da Alma (Psicoloxía) e de Deus (Teoloxía).

    Precisamente os seus erros e a falta de progreso científico propio da Metafísica débese, segundo Kant, a considerar estas ideas como verdadeiras realidades, confundindo o que vai a chamar “Uso Constitutivo” por “Uso Regulativo das Ideas e da Razón”.

    Neste senso a Metafísica incurriría en erros e contradiccións que, no campo da cosmoloxía, Kant chama Antinomias ou “Razoamentos Contradictorios”, pois, por exemplo, tratábase de demostrar racionalmente con argumentos convincentes que o Mundo tiña un principio no tempo ou era limitado no espacio como que era eterno e ilimitado.

    Respecto á Psicoloxía había razoamentos que chama Paraloxísmos determinados por confundir o “Eu” ou “Alma” con un suxeito substancial do que non había experiencia fenoménica; e respecto á Teoloxía, tamén se cometían falsos razoamentos que chama Ideal da Razón Pura coas distintas probas sobre a existencia de Deus:

    O Argumento Ontolóxico non é válido para Kant porque a “existencia” non pertence á mesma orde que a esencia, pois non é un predicado real da esencia, senón que é unha categoría, do mesmo xeito que as probas cosmolóxicas incurren no erro de aplicar a “causalidade”, que tamén é unha categoría, mais alá dos fenómenos, polo que non son válidas.

    En definitiva, a Metafísica non é valida como ciencia nin é válida na utilización da Razón no seu “Uso Constitutivo” cando trata de constituir as ideas como realidades obxetivas.

    Sen embargo, a Metafísica ten un valor e unha posibilidade, que é analizar os límites do coñecemento e descubrir esa “Ilusión Trascendental” na que incurre a Razón respecto das súas ideas.

    Ademais, éstas teñen un valor positivo no seu “Uso Regulativo” cando son utilizados para buscar máis posibilidades de organización e análise científica.

    5. A Moral. Crítica da Razón Práctica

    O tema da moralidade é tratado por Kant na Crítica da Razón Práctica e na Fundamentación da Metafísica dos Costumes.

    Dunha forma semellante á Crítica da Razón Pura, onde pretendeu xustificar a universalidade do coñecemento como determinada polas formas a priori que ten o propio coñecemento: do mesmo xeito Kant pretende buscar unha ética universal (válida para todos) cuia universalidade sexa garantida pola forma da conducta(e que se vai a fundamentar na noción de deber). A este respecto distínguese entre Éticas Materiais e Éticas Formais.

    As Éticas Materiais chámanse así por ter unha materia ou contido que é un conxunto de normas ou peceptos que se consideran de obrigado cumprimento para o fin que se considera tamén como bon (poden ser materialistas ou espirituais segundo o fin sexa máis material ou espiritual).

    Estas éticas son, ademais:

    • A posteriori. É dicir, que a súa validez depende da experiencia, polo que os seus preceptos ou enunciados son particulares como calquer enunciado deducido da experiencia.

    • De Imperativos Hipotéticos. Da forma de “Si queres A fai B”, por exemplo, dentro da ética hedonista de Epicuro, unha das súas máximas era: “Se queres o pracer evita os excesos”. Esta característica das éticas materiais determina tamén a súa particularidade, é dicir, que son éticas particulares, pois só obrigan ós que se poñen baixo tal condición ou hipótese.

    • Heterónimas. Pois os imperativos ou máximas que deben observarse na conducta, veñen impostos dende o exterior do propio suxeito.

    En definitiva, tódalas éticas que teñen un contido son particulares, é dicir, non teñen validez para tódolos homes (non son universais).

    Kant, sen embargo, pretendía unha ética que tivera validez universal, polo que debía ser carente de contido e determinar a súa universalidade pola forma. Unha Ética Formal que determine, non que tipo de accións se deben facer, senón como se debe de facer calquera acción.

    A forma da conducta que vai a determinar as boas accións estará determinada, á súa vez, exclusivamente pola Vontade, que é o criterio definitivo para distinguir as boas das malas accións: “nin neste mundo nin en calquera dos mundos posibles hai algo bon absolutamente a non ser unha boa vontade”.

    A vontade vai a estar determinada pola Razón Práctica e asimílase a ela na realización da conducta considerada boa éticamente. Neste senso, a acción debe estar realizada por “deber”.

    Respecto o deber distingue Kant entre:

    • Accións contra o Deber. Non son éticas por ser realizadas en contra da norma.

    • Accións conforme o Deber. Son aquelas realizadas dacordo coa norma ou deber; por exemplo, o comerciante que non cobra prezos abusivos ós clientes. Éstas non son boas absolutamente, pois segundo Kant, hai nelas intereses, motivos concretos e, en definitiva, Egoísmo. Pertencen máis ó campo da legalidade e non da moralidade.

    • Accións por Deber. Son aquelas nas que se actúa por repecto ó deber, é dicir, á lei.

    Este “deber” ou “lei” é o que a Razón imponse a sí mesma e, polo tanto, á vontade como aquello que debe facerse e que se concreta nun imperativo:

    - Imperativo Categórico. A diferencia das éticas materiais, que tiñan Imperativos Hipotéticos, e polo tanto paticulares, a ética formal é de Imperativos Categóricos, é dicir, de imperativos impostos pola propia Razón e que obrigan universalmente. Kant formula de distintas maneiras o Imperativo Categórico:

    “Obra de tal maneira que queiras que a túa forma de obrar se convirta en Lei Universal”, co cal universaliza a propia conducta.

    “Obra de tal maneira que consideres á humanidade, na túa persoa e na persoa dos outros, sempre como un fin, e nunca como un medio”, formulación que establece o reino dos fins.

    “A vontade de todo ser racional convírtese en lexisladora universal”.

    Para Kant, a ética formal incide exclusivamente na forma da conducta determinada pola vontade e, a súa vez, pola Razón Práctica. É, ademais :

    • A priori (pois a súa validez é independiente da experiencia).

    • Autónoma; a Razón imponse a si mesma na norma moral.

    Libertade, Inmortalidade e Existencia de Deus. Postulados da Razón Práctica.

    Na Crítica da Razón Pura, Kant negara a posibilidade de coñecemento do Mundo, Alma e Deus, por ser ideas da Razón, sen contido empírico.

    Sen embargo, na Crítica da Razón Práctica e na Fundamentación da Metafísica dos Costumes considera como postulados necesarios para a vida moral a Liberdade, Inmortalidade e a Existencia de Deus.

    A Liberdade é un postulado necesario que xustifica as accións boas en canto que éstas supoñen a superación das tendencias ou impulsos que levarían ó home a actuar en outras condicións. A vontade debe ser libre para actuar ben éticamente.

    A Inmortalidade é un postulado necesario, pois segundo Kant, nesta vida ou existencia non se chega a realizar plenamente o ben, é dicir, non existe unha identificación entre o ser e o deber ser, ou entre a vontade e a santidade (non existe unha vontade terrenal plenamente santa);este proceso de acercamento de querer facer aquelo que debe facerse supo un proceso que vai mais alá desta existencia e, polo tanto, á inmortalidade da alma.

    En canto a Deus, é outro postulado da Razón Práctica, pois representa o Ser Supremo onde se realiza plenamente a Santidade, e polo tanto, a Felicidade.

    Así pois, na ética de Kant, aquelas realidades consideradas incognoscibles pola Razón na Crítica da Razón Pura, van a ser retomadas como postulados necesarios para a vida moral na Crítica da Razón Práctica.

    De maneira semellante á teoría do coñecemento, a moral Kantiana, con antecedentes na concepto de “sentimento” e “conciencia moral” de Rousseau, é o intento de universaliza-la ética e “a doutrina, non de cómo somos felices, senón de cómo podemos ser dignos da felicidade”.

    Contextualización.

    Para Hegel, Kant representaba a culminación da Ilustración, e del era o lema de ésta:

    “Atrévete a utilizar a túa propia Razón”.

    Pero dunha maneira máis concreta, a filosofía de Kant supuxo unha serie de plantexamentos innovadores que tiveron unha influencia decisiva en todo o pensamento posterior.

    No aspecto do coñecemento fixo unha síntese superadora do dogmatismo racionalista e do escepticismo empirista co Idealismo Transcendental.

    No campo da ética, pretende tamén unha universalización da moral, con certos antecedentes en Rousseau, e baseandose nos conceptos de “deber” e “´Razón Práctica”.

    No aspecto da política, segue en xeral o contexto ilustrado de “pacto social” e fai aportacións decisivas na “Paz Perpetua”, que pode considerarse fundamento de algunhas constitucións modernas.

    Aínda que a sua filosofía ten un plantexamento amplo, os eixos fundamentais desta, en relación coa propia aspiración ilustrada de racionalidade e liberdade, é evidente que foron o coñecemento e a conducta: “dúas cousas enchen o meu ánimo de respecto e admiración: o ceo estrelado sobre min e a lei moral dentro de min”.

    A súa influencia vai a ser decisiva en toda a filosofía posterior, tanto no aspecto da interpretación política, como na ética e, sobre todo, na do coñecemento.

    Dunha maneira inmediata, influe no idealismo alemán de Fichte e Hegel, que pretenden reducir os dualismos kantianos (fenómeno - noumeno; suxeito - obxeto) ó Suxeito ou Idea.

    Esta influencia chega ata o plantexamento epistemolóxico do neokantismo (Cassirer) e incluso ata a psicoloxía cognitiva contemporánea, como no caso de Lorenz: “O a priori kantiano á luz da psicoloxía moderna”.

    TERCEIRAS PREGUNTAS

    1.KANT, TEÓRICO DA ILUSTRACIÓN.

    A Ilustración é un amplo movemento de ideas que abarca tódolos aspectos da vida e da cultura ó redor do século XVIII, entre as dúas revolucións liberais burguesas, inglesa e francesa.

    Pretende ser, en síntese, unha clarificación racional de tódalas crenzas, costumes, dogmas ou coñecementos. Ten antecedentes remotos na mesma racionalidade grega, e máis próximos na independencia da razón que propuxera Ockam no século XIV.

    Este século (XVIII), por tratar de someter todo ó “tribunal” da razón, denomínase tamén Século das Luces ou Iluminismo

    Tivo distintas manifestacións, segundo os países onde se desenrolou:

    • En Inglaterra Locke, Hume. Cuestións epistemolóxicas, éticas ou políticas.

    • En Francia ten unha manifestación relevante na Enciclopedia (Voltaire, D' Alembert, Montesquieu , Rosseau).

    • En Alemania e máis tardiamente ten certa manifestación en distintos ámbitos e incluso, na teoría do coñecemento, por influencia do racionalismo (Wolff).

    A razón ilustrada pode caracterizarse sintéticamente por ser::

    • Autónoma, libre e independente de outras influencias.

    • Crítica, referida ás súas influencias e a sí mesma..

    • Secularizada, independente definitivamente da Fe e da Relixión.

    • Analítica experimental, en oposición á racionalidade innatista (do racionalismo) cargada de contidos, fundamentalmente na experiencia, representada na ciencia por Newton: Mecánica e lei de gravitación coa que se une definitivamente no mesmo sistema “os ceos e a Terra”.

    Segundo Hegel, Kant representa a culminación da Ilustración, posiblemente por influencia da ciencia de Newton e a lectura de Hume e Rosseau na década de 1760 (aínda que non só debe circunscribirse a esto) e pode considerarse un pensador ilustrado por:

    • Promover unha crítica da Razón, é dicir, analizar a Natureza da Razón para determinar as súas posibilidades e os seus límites, tarefa que está recollida, sobre todo, na “Crítica da Razón Pura”e na “Crítica da Razón Práctica”.Para Kant “A Ilustración é a idade da crítica”.

    • Por fomentar a autonomía da Razón que representa, precisamente, o lema da Ilustración: “A ilustración é a saída do home da súa culpable minoría de idade de Razón, que consiste na incapacidade de servirse do propio entendemento sen axuda doutro. Esta incapacidade constitúe unha falta moral cando se debe, non ó entendemento, senón a unha falta de enerxía propia da vontade. Sapere aude (atrévete a saber). Atrévete a utilizar a túa propia Razón”.

    • Por considerar como meta da Ilustración a dignidade humana como a xeralización da Razón e Liberdade. Liberdade que consiste na posibilidade de utilizar a Razón en público, con tódalas súas consecuencias. Unha liberdade civil e de conciencia concretada, sobre todo, en asuntos relixiosos, para pasar máis a diante a asuntos públicos.Os homes vanse modelando pouco a pouco a si mesmos deixando a rudeza, con tal de que non se faga o esforzo intencionado de mantelos artificialmente nela. Neste aspecto admiraba ó Emperador Federico II de Prusia que puxera as bases no seu Estado da posibilidade de liberdade de Razón e tivo enfrontamentos co seu sucesor Federico Guillermo pola publicación da obra “A relixión dentro dos límites da Razón”.

    Para Kant aínda non se acadara unha verdadeira época ilustrada, pero a liña de aspiración debía ser precisamente a búsqueda das condicións que fagan posible a xeralización da racionalidade e da liberdade.

    2.O SENTIDO DA EXPRESIÓN XIRO COPERNICANO EN KANT.

    Aínda que a preocupación filosófica de Kant é máis ampla (as condicións que fan posible a racionalidade e a liberdade), tivo unha influencia decisiva no pensamento occidental pola interpretación do coñecemento. Neste aspecto vai a ter presentes as solucións do Racionalismo e do Empirismo:

    • Para o Racionalismo o coñecemento era posible a partir dunhas ideas innatas e por sucesivas deduccións chegábase a calquera outra verdade. Dado que se refire a relacións de ideas que se basean nos principios lóxicos da Razón, este coñecemento era universal e válido sempre, pero facíase problemático o coñecemento da realidade exterior ó mundo que se garantía co teoloxismo gnoseolóxico. En calquera caso, era un dogmatismo porque se presupoñen unhas ideas innatas e dedúcese a partir destas sen ningunha comprobación.

    O Empirismo fundamentaba o coñecemento na experiencia e, segundo Hume nas impresións, pero sendo éstas particulares e concretas, non hai posibilidade dun coñecemento universal; para Hume, precisamente, por partir das impresións e da crítica á causalidade, non existe sequera un coñecemento científico verdadeiro absolutamente, senón, so probabilidades ou crenzas. É pois un escepticismo.

    Kant, sen embargo, está convencido de que existen coñecementos universais representados polas ciencias, e máis en concreto a física de Newton que el admiraba.

    En principio asume as teses racionalistas (Wolff), pero “a lectura de Hume espertouno do seu sono dogmático” por considerar que a experiencia é unha garantía para o coñecemento.

    Sen embargo, a experiencia só proporciona coñecementos particulares,(”e o escepticismo é un lugar de descanso para a razón pero non un lugar de residencia permanente”) polo que a universalidade do coñecemento non pode provir desta senón do suxeito: todo o coñecemento debe cumprirse na experiencia pero no todo o que hai nel pertence á experiencia.

    Dado que, seguindo as teses empiristas (o coñecemento como “copia”) non hai esa universalidade, Kant considera que debe estar no propio suxeito cognoscente como formas a priori do coñecemento, co que se produce unha especie de xiro copernicano na interpretación do coñecemento:

    “Ata agora supoñíase que era o obxecto o que influía no suxeito no proceso cognoscitivo, pero non garantindo isto a universalidade do coñecemento, supóñase que sexa o suxeito o que inflúe no obxecto, da mesma maneira que Copérnico, non conseguindo explicar satisfactoriamente os movementos celestes, supoñendo que todo o exército das estrelas xiraba en torno ó espectador que estaba quieto, ensaiou de supoñer que fose o espectador o que xirase en torno ás estrelas que permanecían inmóbiles”.

    Así pois, para Kant hai dúas condicións necesarias para todo o coñecemento.

  • Condicións ou elementos materiais, que son os datos empíricos que proveñen da experiencia e cos que se vai a validar calquera proceso cognoscitivo.

  • Condicións ou elementos formais, que son propios do suxeito cognoscente cos que o suxeito organiza tódolos datos empíricos.

  • Estas condicións formais son as formas a priori, que se chaman así, precisamente, por dar forma a ese material empírico e por ser independentes e anteriores á experiencia.

    Tamén se chaman condicións transcendentais, pois, aínda sendo propias do suxeito, deben referirse a unha realidade exterior, a diferencia do Idealismo Dogmático do racionalismo, e do escepticismo do empirismo a interpretación de Kant chamase pois Idealismo Trascendental.

    Con este plantexamento está claro que para Kant o coñecemento non pode ser unha simple copia da realidade, senón unha descrición desa realidade pero unha vez asimilada e transformada polas formas a priori que, sendo do suxeito fan posible a universalidade. En definitiva, a Razón é a que determina o obxecto coñecido e desta maneira convértese en verdadeira lexisladora da Natureza á que impón as súas propias leis.(“a razón ten que achegarse á Natureza levando nunha man os seus principios e na outra o esperimento que ela proxectara...”)

    3. A POSTURA DE KANT ANTE O RACIONALISMO E O EMPIRISMO.

  • CIENCIA E METAFÍSICA EN KANT.

  • Posibilidade da metafísica como ciencia.

    Na introducción da “C.R.P.” e nos “Problegómenos de toda metafísica futura”, plantexa Kant a posibilidade da metafísica como ciencia e polo tanto, a posibilidade dun coñecemento científico dos obxectos ou temas desa disciplina: Alma ou Eu, Mundo e Deus. Todo isto por dúas razóns fundamentalmente:

    • A metafísica como filosofía dende a antigüidade non parece haber seguido o camiño seguro da ciencia, pois, as distintas filosofías presentan solucións distintas e incluso contradictorias, sobre todo, nos temas da metafísica.

    • As ciencias e, en concreto, as matemáticas e a física, como ciencia da natureza, tomaron un camiño máis seguro, pois, as matemáticas xa dende a antigüidade e máis tarde a física, presentan resultados que son comunmente aceptados e teñen validez universal.

    Así pois, non hai que preguntarse se son posibles as ciencias e o coñecemento científico, pois estes están dados, senón como son posibles, é dicir, baixo que condicións existe nelas un coñecemento e que tipo de xuicios utiliza para averiguar se esas condicións se cumplen na metafísica.

    A posibilidade da Metafísica como ciencia analízase partindo do presuposto de que “o coñecemento empeza polos sentidos, pasa de aí ó entendemento e acaba na Razón”.

    Se o entendemento era a facultade de pensar e coñecer os fenómenos establecendo relacións entre eles por medio dos xuicios, co que se completa o coñecemento obxetivo, a Razón é a facultade de razoar, é dicir, de establecer relacións entre xuicios.

    Estas relacións ou razoamentos sempre tratan de partir de premisas ou principios cada vez máis xerais, nos que se fundamentan.

    O xuicio “Tódolos sabios son mortais” fundamentase noutro máis xeral: “Tódolos homes son mortais”, éste noutro máis xeral: “Tódolos vivintes son mortais”, e así sucesivamente ata chegar a un principio que conteña en si toda a serie de condicións ou relacións entre xuicios.

    Segundo Kant, tódolos razoamentos parten de tres principios da Razón que el chama “Ideas” nun sentido semellante ó de Platón, pero incluso tratando de comprender o seu significado máis alá do que pensaba Platón, é dicir, como fundamento do coñecemento, Arquetipos ou Claves da experiencia. Estas Ideas son:

    • Idea de Mundo. Contén en si as condicións que sintetizan a experiencia externa.

    • Idea de Eu. Contén en si as condicións da experiencia interna.

    • Idea de Deus. Contén en si as condicións de calquera experiencia.

    Estas “Ideas” ou principios cos que se unifica a actuación da Razón representan o “Incondicionado, que conten en si o principio da síntese do condicionado”.

    Estos principios ou Ideas Puras da Razón, son soamente ideas, pois non hai para eles un contido empírico co que producir a síntese necesaria para a validez dun coñecemento que supón sempre unhas condicións materiais e unhas condicións formais:

    • Do Mundo como totalidade non hai experiencia senón soamente dos fenómenos concretos.

    • Da Alma como suxeito substancial constante tampouco hai experiencia senón soamente das afeccións ou impresións psíquicas.

    • De Deus tampouco existe ningunha experiencia.

    Son, pois, Elementos Puros da Razón ou Elementos Formais desta, que non teñen ningunha referencia obxetiva, polo que non é posible nin sequera plantexarse o seu coñecemento.

    A Metafísica Tradicional tiña por obsecto, precisamente, o estudio do Mundo (Cosmoloxía), da Alma (Psicoloxía) e de Deus (Teoloxía).

    Precisamente os seus erros e a falta de progreso científico propio da Metafísica débese, segundo Kant, a considerar estas ideas como verdadeiras realidades, confundindo o que vai a chamar “Uso Constitutivo” por “Uso Regulativo das Ideas e da Razón”.

    Neste senso a Metafísica incurriría en erros e contradiccións que, no campo da cosmoloxía, Kant chama Antinomias ou “Razoamentos Contradictorios”, pois, por exemplo, tratábase de demostrar racionalmente con argumentos convincentes que o Mundo tiña un principio no tempo ou era limitado no espacio como que era eterno e ilimitado.

    Respecto á Psicoloxía había razoamentos que chama Paraloxísmos determinados por confundir o “Eu” ou “Alma” con un suxeito substancial do que non había experiencia fenoménica; e respecto á Teoloxía, tamén se cometían falsos razoamentos que chama Ideal da Razón Pura coas distintas probas sobre a existencia de Deus:

    O Argumento Ontolóxico non é válido para Kant porque a “existencia” non pertence á mesma orde que a esencia, pois non é un predicado real da esencia, senón que é unha categoría, do mesmo xeito que as probas cosmolóxicas incurren no erro de aplicar a “causalidade”, que tamén é unha categoría, mais alá dos fenómenos, polo que non son válidas.

    En definitiva, a Metafísica non é valida como ciencia nin é válida na utilización da Razón no seu “Uso Constitutivo” cando trata de constituir as ideas como realidades obxetivas.

    Sen embargo, a Metafísica ten un valor e unha posibilidade, que é analizar os límites do coñecemento e descubrir esa “Ilusión Trascendental” na que incurre a Razón respecto das súas ideas.

    Ademais, éstas teñen un valor positivo no seu “Uso Regulativo” cando son utilizados para buscar máis posibilidades de organización e análise científica.

    6.O PROBLEMA DA MORALIDADE EN KANT.

    O tema da moralidade é tratado por Kant na Crítica da Razón Práctica e na Fundamentación da Metafísica dos Costumes.

    Dunha forma semellante á Crítica da Razón Pura, onde pretendeu xustificar a universalidade do coñecemento como determinada polas formas a priori que ten o propio coñecemento: do mesmo xeito Kant pretende buscar unha ética universal (válida para todos) cuia universalidade sexa garantida pola forma da conducta(e que se vai a fundamentar na noción de deber). A este respecto distínguese entre Éticas Materiais e Éticas Formais.

    As Éticas Materiais chámanse así por ter unha materia ou contido que é un conxunto de normas ou peceptos que se consideran de obrigado cumprimento para o fin que se considera tamén como bon (poden ser materialistas ou espirituais segundo o fin sexa máis material ou espiritual).

    Estas éticas son, ademais:

    • A posteriori. É dicir, que a súa validez depende da experiencia, polo que os seus preceptos ou enunciados son particulares como calquer enunciado deducido da experiencia.

    • De Imperativos Hipotéticos. Da forma de “Si queres A fai B”, por exemplo, dentro da ética hedonista de Epicuro, unha das súas máximas era: “Se queres o pracer evita os excesos”. Esta característica das éticas materiais determina tamén a súa particularidade, é dicir, que son éticas particulares, pois só obrigan ós que se poñen baixo tal condición ou hipótese.

    • Heterónimas. Pois os imperativos ou máximas que deben observarse na conducta, veñen impostos dende o exterior do propio suxeito.

    En definitiva, tódalas éticas que teñen un contido son particulares, é dicir, non teñen validez para tódolos homes (non son universais).

    Kant, sen embargo, pretendía unha ética que tivera validez universal, poo que debía ser carente de contido e determinar a súa universalidade pola forma. Unha Ética Formal que determine, non que tipo de accións se deben facer, senón como se debe de facer calquera acción.

    A forma da conducta que vai a determinar as boas accións estará determinada, á súa vez, exclusivamente pola Vontade, que é o criterio definitivo para distinguir as boas das malas accións: “nin neste mundo nin en calquera dos mundos posibles hai algo bon absolutamente a non ser unha boa vontade”.

    A vontade vai a estar determinada pola Razón Práctica e asimílase a ela na realización da conducta considerada boa éticamente. Neste censo, a acción debe estar realizada por “deber”.

    Respecto o deber distingue Kant entre:

    • Accións contra o Deber. Non son éticas por ser realizadas en contra da norma.

    • Accións conforme o Deber. Son aquelas realizadas dacordo coa norma ou deber; por exemplo, o comerciante que non cobra prezos abusivos ós clientes. Éstas non son boas absolutamente, pois segundo Kant, hai nelas intereses, motivos concretos e, en definitiva, Egoísmo. Pertencen máis ó campo da legalidade e non da moralidade.

    • Accións por Deber. Son aquelas nas que se actúa por repecto ó deber, é dicir, á lei.

    Este “deber” ou “lei” é o que a Razón imponse a sí mesma e, polo tanto, á vontade como aquello que debe facerse e que se concreta nun imperativo:

    - Imperativo Categórico. A diferencia das éticas materiais, que tiñan Imperativos Hipotéticos, e polo tanto paticulares, a ética formal é de Imperativos Categóricos, é dicir, de imperativos impostos pola propia Razón e que obrigan universalmente. Kant formula de distintas maneiras o Imperativo Categórico:

    “Obra de tal maneira que queiras que a túa forma de obrar se convirta en Lei Universal”, co cal universaliza a propia conducta.

    “Obra de tal maneira que consideres á humanidade, na túa persoa e na persoa dos outros, sempre como un fin, e nunca como un medio”, formulación que establece o reino dos fins.

    “A vontade de todo ser racional convírtese en lexisladora universal”.

    Para Kant, a ética formal incide exclusivamente na forma da conducta determinada pola vontade e, a súa vez, pola Razón Práctica. É, ademais :

    • A priori (pois a súa validez é independiente da experiencia).

    • Autónoma; a Razón imponse a si mesma na norma moral.

    Descargar
    Enviado por:Antonio
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar