Literatura
Vangardas
As vangardas
Diversos movementos artísticos que pretenden una renovación total da arte.
Primeiras décadas do século XX.
-
Características:
-
Ruptura coa tradición cultural e a procura de novos camiños expresivos.
-
Actividade antirromántica e antisentimental.
-
Defenden a total liberdade creativa e reivindican a súa independencia.
-
Propugnan a renovación da linguaxe, a eliminación dos signos de puntuación, una nova función das imaxes.
-
Difunden as súas propostas a través de manifestos.
-
Correntes/ ismos
-
Futurismo. – Marinetti, 1909.
Defensa da modernidade e do futuro, representado na velocidade e nas máquinas.
Lema: “Palabras en liberdade”, supón a ruptura coas normas sintácticas e ortográficas, a eliminación da métrica, o emprego de abundantes tecnicismos e barbarismos e a disposición especial dos versos na páxina.
-
Cubismo.- Movemento pictórico, 1907, Picasso e Juan Gris.
Emprego de formas xeométricas, presentando nun mesmo plano diferentes puntos de vista dun obxecto, e polas colaxes. “Caligramas” Guillaume Apollinaire.
-
Dadaísmo.- Zürich, 1916.
Artistas de distintas nacionalidades durante a Primeira Guerra Mundial, liberados polo romanés Tristán Tzara.
Movemento antiarte e provocador que propoñía una rebelión contra as convencións establecidas.
-
Surrealismo.- Movemento artístico e literario.
Francia > André Breton > 1924 > 1º manifesto surrealista.
Compoñente irracional do proceso de creación, incorpora as ideas da psicanálise de Freud.
Plano literario: supuxo una renovación na linguaxe e a achega de novas técnicas de composición: escritura automática, imaxe visionaria…
-
A xeración do 25/ Xeración das vangardas/ Novecentistas
Nos anos vinte e trinta xorde en Galicia un grupo de escritores, nados arredor do 1900, que leva a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das vangardas literarias europeas.
Manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da Xeración Nós: > Novidades vangardistas coa conciencia nacionalista.
-
As mostras máis significativas das vangardas galegas:
-
O manifesto “Máis alá”, 1922, Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.
-
Revistas literarias [Resol (Santiago, 1933,1935), Cristal (Pontevedra, 1932, 1933), Papel de color (Mondoñedo, 1933, 1935)] se difunden os seus versos e se dan a coñecer os principais vangardistas españois.
As vangardas galegas centráronse fundamentalmente na poesía. Tres movementos ou escolas poéticas principais:
-
Imaxinismo / Animismo / Hilozoísmo > Luís Amado Carballo
-
Neotrobadorismo > Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro
-
Creacionismo > Manuel Antonio
-
Imaxinismo / Animismo / Hilozoísmo
-
Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927)
Iniciador e principal cultivador.
“Proel”1927 ; “O galo”1928 ; “Os pobres de deus”1928 ; Algúns relatos.
Tema principal: Natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións e descrita por medio de imaxes moi plásticas.
Combina a tradición paisaxística procedente do S. XIX coa riqueza das imaxes e metáforas características da poesía de vangarda.
Poesía imaxinista: Gran sensualidade; a súa meta é a creación de imaxes nas que se reúnen elementos visuais e auditivos, con predominio das cores fortes e vivas.
A pegada do imaxinismo foi moi importante na nosa literatura e foron moitos os autores que seguiron a estética desta corrente poética.
-
Neotrobadorismo
-
Fermín Bouza Brey .- “Nao senlleira” 1933
-
Álvaro Cunqueiro .- Cantiga nova que se chama Riveira, 1933
Nace tras a difusión dos cancioneiros da lírica galego-portuguesa medieval, que se produce desde fins do S. XIX.
Os poetas novos, marabillados ante a beleza das vellas cantigas, introducen na súa poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval (tema amoroso, ambientación espacial, paralelismo, refrán…)
Este interese pola literatura galega emprendida polo pensamento galeguista daquel tempo, é dicir, a existencia da literatura medieval demostraba a continuidade da literatura galega.
-
Creacionismo
-
Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930)
Principal figura da vangarda galega.
Poeta máis innovador e orixinal da xeración do 25 e o prototipo do escritor vangardista do seu tempo.
A súa obra caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega, e por unha aposta pola renovación temática e formal.
“De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo.” 1928
19 poemas e estruturado en aparencia como a crónica dunha viaxe con tres etapas.
“Obra completa.” Editada no 1972.
Poemas de catro a catro e outros títulos que permanecerán inéditos.
Manuel Antonio expón as súas ideas acerca da Literatura en dous textos en prosa nos que teoriza sobre o tema:
-
O manifesto “Máis alá”, 1922, xunto a Álvaro Cebreiro.
-
“Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”, 1924.
-
"Máis alá”. – Os autores expresan a necesidade de que os escritores galegos rompan coa tradición e busquen novos camiños, inspirándose nos movementos renovadores da vangarda, aínda que sen adscribirse rixidamente a ningún, senón tomando elementos de cada un e adaptándoos ás peculiaridades de cada escritos, de maneira que cada autor amose a súa independencia e orixinalidade.
Ideal fundamental: absoluta liberdade creativa.
Compromiso coa lingua galega, afirman o seu monolingüísmo e critican os escritores galegos que escollen o castelán como lingua literaria.
-
“Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”. -1924, publicado no xornal Galicia, Manuel Antonio insiste nalgún dos aspectos tratados no manifesto.
Prosa vangardista
-
Rafael Dieste, (Rianxo, 1899-1981)
-
“Dos arquilos do trasno”, 1926.
-
“A fiestra valdeira” , 1927.
Galicia a partir de 1936
-
-
18-Xullo-1936 > Abril-1939
-
-
Iníciase un longo período de silencio e represión, ausencia de liberdade e perda dos dereitos elementais dos cidadáns.
-
Sublevación militar contra o goberno lexítimo da República.
-
Derrota das forzas leais á República e a instauración da ditadura franquista.
-
CONSECUENCIAS
-
-
Paralización da vida política e cultural.
-
Retroceso dos avances conseguidos durante a República.
-
O Estatuto de Autonomía queda sen efecto.
-
Fusilamentos aos vencellados ao nacionalismo e ao mundo da cultura galega.
-
Exilios.
-
Exilio interior (apartalos do seu traballo).
-
Primeiros partidos nacionalistas, nos anos 60, fundados na clandestinidade. Reivindican para Galicia o autogoberno e a oficialidade do seu idioma.
-
UPG. – Unión do Pobo Galego.
-
PSG. – Partido Socialista Galego.
-
-
1975. – Morre Franco, o que posibilita o paso á democracia e a recuperación dos dereitos das nacionalidades históricas.
-
A lingua galega na posguerra.
Durante a ditadura, a pesar da represión, a maioría da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais, xa que o castelán era a única lingua oficial.
Así, intensifícase o proceso de desgaleguización e importantes sectores da sociedade adoptan o castelán por consideralo un modo de ascenso social, mentres que identifican o galego co rural, coa incultura e coas clases máis baixas.
-
Literatura de posguerra.
Co inicio da Guerra Civil, péchanse editoriais, revistas e xornais e paralízase a edición e difusión de textos na nosa lingua.
-
1940-1950
Única produción literaria en galego será a que se leve a cabo no exilio americano: revistas culturais e literarias, créanse editoriais e continúase a produción literaria en galego.
-
Exiliados:
Castelao, Luís Seoane, Rafael Dieste, Blanco Amor, Ramón de Valenzuela…
No exilio americano prodúcese unha poesía de forte denuncia social, cuxos principais representantes son Emilia Pita, Luís Seoane e Lorenzo Varela.
-
Anos 50.
Xorden iniciativas culturais que procuran a defensa e recuperación da nosa lingua e da nosa cultura. Xorden así editoriais como Monterrey, Edicións do Castro, a colección de poesía Benito Soto e, sobre todo, a editorial Galaxia, que inician a recuperación das letras galegas.
-
Anos 60 e 70.
Créanse asociacións culturais que teñen como obxectivo principal a defensa do pobo galego.
-
A narrativa de posguerra.
-
Anos 50.
Continúan o seu labor literario en galego escritores da preguerra como Otero Pedrayo.
Autores máis significativos: Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole.
-
Anos 60.
Xeración que integra o que se denominará “Nova Narrativa Galega” e que vai renovar a nosa literatura mediante a incorporación de novas técnicas e novos temas.
Xosé Luís Méndez Ferrín, Gonzalo Mourullo, Carlos Casares, Xohana Torres, Mª. Xosé Queizán…
-
Anos 70.
Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Fernández Ferriro, Xabier Alcalá… irán consolidando a importancia da narrativa galega.
Eduardo Blanco Amor (Ourense 1897-Vigo 1979)
1919. – Arxentina. – Xornalista (Nós, Céltiga, Terra…).
Proxecto galeguista.
Irmandade Nazonalista Galega.
Defende á República dende América, colabora cos exiliados galegos en actitude de oposición ao réxime franquista.
Actividade cultural (periodista, comentarista de radio, conferenciante, profesor universitario).
Funda o teatro Popular Galego de Bos Aires.
1950. – Publicación das súas obras máis significativas.
1960. – Galicia. – Publica artigos xornalísticos.
É considerado como un dos nosos máis grandes escritores e autor das mellores novelas da literatura galega.
-
Narrativa.
As súas tres principais obras da narrativa, desenvólvense en Auria, trasunto literario de Ourense.
Características:
-
Localización espacial en Auria.
-
Localización temporal nas dúas primeiras décadas do século XX.
-
Protagonismo infantil e xuvenil.
-
Preferencia polo narrador subxectivo que narra en 1ª persona.
-
Interese, reiterado nos prólogos das obras, por facer literatura realista.
-
“A esmorga.”
Primeira novela cunha historia tráxica nun ambiente urbano ou suburbial de Auria.
1ªparte: “Documentación”, un narrador-autor explica como obtivo a información necesaria para escribir a historia que a continuación se presenta.
2ªparte: Conta a historia en si a través de cinco capítulos que recollen a declaración de Cibrán, o Castizo, ante o xuíz. Mediante este interrogatorio reconstrúense as vinte e catro horas de esmorga dos tres personaxes (o Bocas, o Milhomes e o Castizo). Finalmente, Cibrán, único supervivente e por iso tamén único acusado, narra os sucesos acaecidos, o itinerario seguido e as circunstancias da morte dos seus compañeiros.
3ªparte: Reaparece o narrador-autor para dar conta da morte do principal personaxe, deixándonos na dúbida acerca das verdadeiras causas da mesma.
-
“Os biosbardos.”
Conxunto de sete relatos breves protagonizados por nenos e adolescentes nas dúas primeiras décadas do século XX.
-
“Xente ao lonxe.” Novela longa.
Biografía infantil e xuvenil de Suso: Coñecemos a súa historia persoal e a súa evolución e maduración desde a infancia ata a mocidade.
Historia da familia de Suso, (Vilar), vinculada a organizacións de carácter obreiro e sindical.
Crónica da sociedade ourensá de comezos de século, clases traballadoras e acontecementos históricos da España do momento.
170 personaxes. >Novela de protagonismo colectivo <.
-
Poesía
“Romances galegos” 1928.
“Poema en catro tempos” 1931.
“Cancioneiro”1956.
-
Teatro.
Dous volumes que reúnen varias pezas teatrais:
“Farsas para títeres”1973.
“Teatro para a xente”1974.
“Proceso en Jacobusland”1980.
·Fonética·
A fonoloxíaestuda os fonemas.
Os fonemasson as unidades lingüísticas máis pequenas da lingua.
-
Sen significado.
-
Función distintiva (permite diferenciar palabras).
-
Realización fonética.
-
Representación /X/
A fonéticaestuda o son.
O son é a realización física dun fonema.
-
Representación [x]
A ortografíaocúpase do uso correcto das letrasda escrita.
As letras son a representación escrita dos fonemas.
·Sistema fonolóxico galego·
26 fonemas: 7 vocálicos e 29 consonánticos.
-
Modo de articulación
Punto de articulación
Anteriores
Centrais
Posteriores
Pechadas
/i/
/u/
Medias
Semipechadas
/e/
/o/
Semiabertas
/Є/
/Ͻ/
Abertas
/a/
Características dos fonemas:
-
Grao de abertura / modo de articulación.
-
Localización /punto de articulación.
-
Sonoridade.
Ditongos.
-
Vogal aberta/ media + vogal pechada
-
Vogal pechada + vogal pechada
Hiatos.
Descargar
Enviado por: | El remitente no desea revelar su nombre |
Idioma: | gallego |
País: | España |