Medicina


Transplante de órganos

Transplante de órgan s

Índice
  1. Que é un trasplante?
  1. Tipos de transplantes

2.1 Segundo a natureza do material transplantado

2.2 Segundo a natureza do doante

2.3 Segundo o lugar no que é implantado o órgano

  1. Tipos de doantes

3.1 Doante vivo

3.2 Doante cadavérico

4. Rechazo

  1. Segundo a velocidade coa que se produza

5. Morte encefálica

5.1 Como se diagnostica?

5.2 Que ocorre cando se confirma o diagnostico?

6.Situación actual do transplante de órganos en España

6.1Leis na Constitución

1.Que é un transplante?

O trasplante ou inxerto é un tratamento médico complexo. Permite que órganos, texidos ou células dunha persoa poidan reemplazar órganos, texidos o células enfermas de outra persoa. Nalgúns casos esta acción serve para salvarlle a vida, noutros para mellorar a calidade desta ou ambas cousas. As ventaxas dun trasplante poden ser moitas: a cura dunha enfermidade, que é outra maneira de facer unha terapia xénica ao paciente, que toda esta expresión xénica está baixo control e o máis importante, que o órgano, texido ou célula trasplantadas non van ter marcas dunha enfermidade previa. Da mesma maneira, existen inconvintes a ter en conta: existen problemas co abastecemento, podemos encontrar graves problemas de compatibilidade e rechazo, a ciruxía e a súa monitorización poden ser costosas e como en calquera outro tipo de operación, podemos atopar grandes probabilidades de infección.

2.Tipos de transplantes

Os trasplantes, poden clasificarse seguindo diferentes criterios:


2.1Segundo a natureza do material trasplantado.

  • Trasplante de órganos. (Ril, fígado, pulmóns, páncreas, córnea, corazón, óso, tubo dixestivo, etc.). Precisan intervencións quirúrxicas complexas xa que téñense que reestablecer todas as conexións propias do órgano sustituído. Con frecuencia estes trasplantes son combinados, corazón e pulmón, páncreas e ril...
  • Trasplante de texidos. (Médula ósea, células endocrinas, etc.) O procedento é simple, inxéctanse as células suspendidas, á espera de que éstas se lle implanten no lugar que correspondente.

2.2Segundo a natureza do doante

  • Autotrasplante ou autoinxerto. Doante e receptor son o mesmo individuo. Solen ser inxertos de pel para reparar lesións por queimaduras, ou óseos para estabilizar fracturas.
  • Trasplante sinxénico ou isotrasplante. Doante e receptor son xemelgos, é dicir, xenéticamente idénticos.
  • Alotrasplante ou homotrasplante. Doante e receptor son individuos diferentes xenéticamente pero da mesma especie.
  • Xenotrasplante ou heterotrasplante. Doante e receptor pertencen a especies distintas. Estos clasificanse a súa vez en:
  1. Discordantes. Cando existen no receptor anticorpos preformados contra a especie doante.
  2. Concordantes. Cando estes anticorpos non existen. En xeral, limítanse a material fixado no viable, por exemplo, válvulas cardíacas porcinas; pero xa se está traballando na modificación xenética de cerdos clónicos para usar os seus órganos en trasplantes humanos sen que exista rechazo. Esta técnica supón unha gran esperanza para reducir as listas de espera.

2.3Segundo o lugar no que é implantado o órgano

  • Trasplante ortotópico. O trasplante implántase na zona anatómica que lle é propia.
  • Trasplante heterotópico. A zona na que se coloca o trasplante non é a que lle correspondería nunha distribución anatómica normal. Por exemplo, a colocación do ril doante na fosa ilíaca do receptor.

Nesta fotografía mostrase a uns ciruxáns nunha operación de transplante de fígado

3. Tipos de doantes

3.1Doante vivoNeste caso o doante segue vivo despois da doación

  • De ril ou dun segmento do fígado. Cando un familiar dunha persoa predisposta á doación precisa un ril, ou está necesitado dun fígado e é compatible podese ofrecer a doar en vida un ril ou un segmento do seu fígado. Sempre que se de a circunstancia que se pode garantizar a indemnidade psico-física do doante e do receptor.
  • De texido óseo (cabeza femoral, por exemplo). Nunha intervención de sustitución de fémur por unha prótesis artificial, pódese reservar o texido óseo da cabeza femoral para procesalo para a súa utilización en futuros trasplantes.
  • De médula ósea ou proxenitores hematopoyéticos de sangue periférica. Existen listas de espera de pacientes que para sobrevivir e curarse precisan un trasplante de células sanguíneas precusoras, que son as que se transforman nos glóbulos vermellos, brancos e praquetas que están na sangue periférica. Tamén existen persoas que sensibilizadas por esta situación fixéronse doantes e teñen tipado o seu HLA no rexistro de médula ósea por se coincidira co dalgún paciente a nivel mundial.
  • De cordón umbilical. As embarazadas que estén concienciadas por este tema da doación das células medulares precursoras, teñen a oportunidade de solicitar doar o cordón umbilical no momento do parto e unha vez convenientemente procesado, é unha fonte moi útil de proxenitores hematopoyéticos.

3.2Doante cadavérico

  • Morte encefálica
  • Morte cardíaca

4. Rechazo

Un dos principais problemas que presentan os trasplantes é o rechazo do órgano ou texido trasplantado. Este rechazo consiste nunha resposta bidirecional; por un lado, o paciente pode rechazar o inxerto, pero tamén pódese desarrollar unha resposta inmunitaria do inxerto contra o hospedador. Este último tipo de rechazo conócese como GVHD (do inglés Graft Versus Host Disease) e consiste na resposta inmune por parte das células inmuno competentes do inxerto contra o receptor do trasplante.

Este soamente pódese clasificar segundo un criterio:

4.1Segundo a velocidade coa que se produza

  • Rechazo híper agudo. Prodúcese horas ou incluso minutos despois do trasplante. Hai unha resposta inmune ao momento debido a que o corpo xa ten anticorpos preformados. Polo tanto, o inxerto morre e hai que sacalo.
  • Rechazo acelerado. Manifiéstase durante os primeiros días tras o trasplante. Este tipo de rechazo, como o anterior, soe producirse debido á existencia de anticorpos preexistentes no suero do receptor frente ás moléculas HLA do doante.
  • Rechazo agudo. Prodúcese no primeiro mes postrasplante, ou incluso poucas semanas despois. Débese a unha resposta celular contra o órgano. Ao paciente administranselle esteroides e anticorpos monoclonais. Como é de mal pronóstico, o paciente volve a estar en lista de espera para cambiar ese órgano por outro.
  • Rechazo crónico.Ten lugar meses ou anos despois de que o trasplante tivera lugar. Non existe un tratamiento, ata que dure o órgano.

Recreación de células do doante ante o rechazo

5. Morte encefálica

A morte encefálicaimplica unha lesión do encéfalo de tal magnitude e gravedade que as funcións corporais deixan de funcionar. Esto significa que perden todos os mecanismos reguladores que o encéfalo exerce sobre o resto dos órganos e sistemas do organismo. Noutras palabras, é o cese de todas as funcións corporais, inclusive a respiración e o latido cardíaco.

5.1Como se diagnostica?

  • Primeiro paso: Prerequisitos (condición do paciente e causa da morte).
  • Segundo paso: Examen Neurológico. Verifícase ante falta de respiración e a ausencia de resposta ante un estímulo.
  • Tercer paso: Realízase a proba de Apnea.

5.2Que ocorre cando se confirma o diagnostico?

Unha vez considerado o paciente en estado de morte cerebral pódese levar a cabo o trasplante. Sen embargo, é totalmente necesario que durante a extracción do órgano a trasplantar mantéñase o pulso, o corazón debe seguir latindo.De cada doante multiorgánico pódese beneficiar cun trasplante ata 55 persoas. Despois do transplante ou transplantes considérase ao paciente falecido, fírmase a Acta de Morte e o “paciente” deixaa médica, legal e xurídicamente, de ser persoa.

6. Situación actual de transplante de órganos en España

En España, cumple esta tarea a Organización Nacional de Trasplantes, organismo técnico d Ministerio de Sanidad e Consumo, sen atribucións de xestión directa e cuxa misión fundamental é a promoción, facilitación e coordinación da doación e o trasplante de todo tipo de órganos, texidos e médula. Neste país realizáronse en 1965 os primeiros trasplantes de ril e en 1984 iniciáronse os de corazón e fígado. Polo tanto, dende fai algo máis de vinte años, o número de persoas que viven grazas ao trasplante dun órgano vital é cada vez maior.

6.1Leis na Constitución

A lei nº 19.451, establece normassobre transplantes e doación de órganos:

Art. 1.Para os efectos deste reglamento entenderáse por trasplante de órgano o proceso que implica o procuramento e extracción do órgano dun doante vivo ou morto e a súa implantación ao corpo do receptor.

Art. 2.Os trasplantes de órganos humanos só poderán realizarse cunha finalidade terapéutica, isto é, para propender o restablecemento da saúde da persoa do receptor.

Art. 8.Toda persoa legalmente capaz pode doar en vida un órgano para ser trasplantado a un receptor determinado, previa certificación médica da súa aptitude física compatible coa extracción.

Art. 10. O consentimento debe ser otorgado en forma libre, expresa e informada, mediante a suscripción dun acta, ante o director do establecemento.

Art. 13.Toda persoa legalmente capaz poderá dispor en vida do seu corpo ou partes del para que sexa utilizado con fins de trasplante despois da súa morte,ou onde se efectúe a extracción.

7. Bibliografía

7.1Libros e enciclopedias

  • Título: “Bioloxía e Xeoloxía Vol.1” Editorial: Anaya
  • Título: “Enciclopedia universala Larousse” Editorial: Larousse

7.2Internet

http://www.susmedicos.com/art_muerte_encefalica.htm

http://usuarios.advance.com.ar/cucailapampa/Vin/que_es_la_muerte.htm

http://www.monografias.com/trabajos13/lostrans/lostrans.shtml

http://es.wikipedia.org/wiki/Trasplante




Descargar
Enviado por:Carlos
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar