Historia


Século XVIII a Barroco


Tema 3: O século XVIII, a época do Barroco

1.Os conflitos político-relixiosos do século XVIII

1.1 Protestantes e católicos.

A comezos de século, as Igrexas reformadas continuaban a súa expansión europea (Luteranos nos Países Bálticos e Calvinismo polas Provincias Unidas).

A Igrexa católica continuaba coa súa ofensiva contrarreformista buscando aliados cos soberanos máis poderosos.

A Contrarreforma católica defendía a unión do poder relixioso e político, así coma o absolutismo monárquico.

Deste xeito, naquela época defender o catolicismo equivalía a defender ao poder do rei mentres qe as igrexas reformistas defendían as liberdades individuais ante ao poder real.

1.2 A Guerra dos Trinta Anos.

O emperador Fernando II de Habsburgo quería facer do Imperio un Estado centralizado e católico, algo que desgustou aos protestantes (en especial aos de Bohemia), que non aceptaron ao rei e elixiron outro no seu lugar. Así estalou unha nova guerra de relixión en 1618 que se converteu nun grave conflito europeo.

Malia que Dinamarca entrou a prol dos protestantes, o conflito decantouse cara o emperador, que venceu na batalla da Montaña Branca, recuperando Bohemia.

Suecia e o seu rei Gustavo Adolfo (luterano convencido) entrou na guerra, recuperando boa parte do imperio. Coa súa morte, os católicos venceron de novo.

A guerra resultaba esgotadora, e ambos bandos asinaron unha tregua en 1635.

Francia interviu na guerra (primeiro indirectamente e logo abertamente), xa que o cardeal Richelieu rexeitaba a hexemonía española e axudou ós protestantes colaborando na súa vitoria nas batallas de Rocroi e Lens.

1.3 Europa tras a paz de Westfalia

Finalmente, os dous bandos asinaron a paz de Westfalia en 1648. O emperador estendeu a liberdade relixiosa a todos os súbditos e aceptou a Dieta como asamblea permanente de consulta na toma de decisións.

Francia, Suecia e Bavaria ampliaron os seus territorios, e as Provincias Unidas independizáronse de España. Francia tamén saíu moi fortalecida, aínda que como amenazaba o equilibrio europeo polas guerras que orixinaba, as demáis potencias uníronse contra ela.

A casa dos Austria quedou esgotada. A rama española caeu en crise, e a alemana se centrou nos seus estados patrimoniais, mentres que o resto perdeu o seu vínculo de unión.

2. As transformacións políticas

2.1 Absolutismo e mercantilismo.

Neste tempo, seguiron a configurarse os estados europeos modernos. Os europeos comezaron a identificarse coa súa lingua, cultura e relixión.

Apareceu un novo modelo político: o absolutismo monárquico. Nel, o poder era ilimitado e indivisible. Mantíñase a idea de que os reis eran enviados por Deus á terra para o ben do pobo. Estes, recortaron os privilexios de igrexa e nobres, rodeáronse de corte e protocolo.

Instáurase a teoría do mercantilismo, que supón que a forza dun estado reside na súa economía (reservas de ouro e prata). Para atesouraren este tesoro, evítase a exportación de metais preciosos.

Foi necesario recorrer a expansión colonial, xa que ningún país europeo tiña intención de comprar aos seus veciños, pero necesitaba a toda custa vender os seus propios.

2.2 A Francia de Luís XIV

Luís XIV levou ao seu máximo desenvolvemento o absolutismo. Cría que a súa autoridade procedía de Deus e que solo a él debíalle responsabilidades. Considerábase a encarnación do Estado e coñecía como límite do seu poder as “leis fundamentais” un conxunto de leis tradicionais. (“O Estado son eu”)

Gobernou de maneira persoal, convertendo Francia nun estado centralizado, dividindo o seu territorio en departamentos gobernados por funcionarios chamados intendentes.

Ambiciosamente, quixo convertir Francia nunha potencia hexemónica, mantendo guerras continuas, pero ao final do seu reinado, o país estaba debilitado e arruinado.

2.3 A Revolución Inglesa de 1640

Inglaterra sufriu unha profunda transformación que culminou coa aparición dun novo sistema político, a monarquía parlamentaria.

Como o país era moi próspero gracias ao desenvolvemento agrícola e industrial, favoreceuse a burguesía e a nobreza rural (a gentry). Estes eran os grupos que controlaban o parlamento.

Os reis Xacobe I e Carlos I pretenderon gobernar como monarcas absolutos, prescindindo do parlamento e utlizando o anglicanismo como relixión oficial (as demáis eran perseguidas).

Esto supuso un enfrontamento entre clases sociais no que finalmente impuxéronse parlamentarios, e que fixeron executar ao rei.

No seu lugar instaurouse unha república, a Commonwealth, na que todo o poder estaba nas mans do parlamento. Pero Cromwell, (que era moi popular) disolveuno e gobernou en solitario co título de Lord Proctor ata a súa morte en 1658.

2.4 A Restauración e a Revolución de 1688

En 1660 decidiuse restaurar a monarquía, pero Carlos II e Xacobe II tampoco tiveron en conta ao parlamento, e estaban convencidos do seu papel como monarcas absolutos.

Formáronse dous partidos: os defensores da tradición e do parlamento (whigs) e os partidarios do papel real (tories). Aínda así, ningún simpatizaba co rei.

En 1688, o parlamento ofreceu a coroa a Guillerme de Oranxe (calvinista holandés), que invadiu Inglaterra.

Antes da coroación de Guillerme II e María como reis conxuntos, xuraron que non publicarían leis nin impostos sen consultalo, que respectarían a liberdade de culto (sen incluír aos católicos) e a liberdade de imprenta e propiedade privada.

3. A monarquía hispánica durante o século XVII

3.1 A monarquía hispánica a principios do século XVII

Nos primeiros anos do século, a monarquía hispánica era a maior potencia europea.

Con todo, había grandes problemas: Castela, que sostiña a monarquía, comezaba a dar síntomas de esgotamento polas guerras e enfrontamentos. Estaba moi despoboada e a súa monarquía debilitábase. Por outra banda, os territorios do Imperio eran moi heteroxéneos e difíciles de gobernar.

No ano 1589 subiu ao trono Filipe II, que cedeu as rendas do goberno a un valido (home de confianza), o duque de Lerma. Así, acordouse unha tregua con Francia, Inglaterra e as Provincias Unidas durante doce anos.

Tamén resolveuse un vello problema: a integración dos mouriscos, aos que un decreto real obligaba a converterse ao cristianismo ou marchar. Esto reduciu moito a población.

3.2 Filipe IV e o programa reformista de Olivares.

Cando en 1621 chegou ao trono Filipe IV, con el ascendeu como valido o conde-duque de Olivares. Expiraba daquela a tregua de doce anos e os conflictos exteriores reanudáronse. Olivares pensaba que conveñía meterse na guerra e levou a cabo unha reforma interior para poder afrontar tal esforzo, obligando a cada territorio a contribuír con homes e diñeiro.

Contra esta reforma subleváronse Cataluña e Portugal, que ofreceron Barcelona a Luís XIV. A estas rebelións uníronse moitas outras.

Tales desordes unidas á derrota de Rocroi levaron ao rei a depoñer a Olivares, e coa súa marcha caeu o último intento de recuperar o prestixio europeo.

3.3 A decadencia da monarquía hispánica.

Os territorios da coroa que se habían sublevado volveron pouco a pouco á súa obediencia, agás Portugal, as Provincias Unidas e os territorios perdidos na paz dos Pirineos.

Esta situación foi herdada por Carlos II en 1655, un neno enfermizo que logrou a recuperación parcial da demografía e economía española peninsular. Os problemas exteriores non cesaron.

A guerra con Francia estalou tres veces, arrebatando a España algúns territorios.

Filipe de Anjou, neto de Luís XIV os devolvería máis tarde.

Había moitas intrigas sobre a sucesión española, e finalmente baixo moitas presións, Carlos II fixo testamento a favor de Filipe de Anjou.

3.4 A América Española

Durante o século XVII, a monarquía española comenzou tamén a sufrir perdas territoriais en América. Ingleses e holandeses interceptaban flotas españolas que se dirixían á Península con produtos americanos.

Neste século, a sociedade da América española era dominada polos crioulos.

Baixo as ideas mercantilistas, a Coroa intentou cambiar as relacións coloniais para que comprasen produtos a metrópole, pero foi inútil, xa que a maioría da poboación indiana eran indíxenas pobres. Ademáis, o contrabando era moi frecuente.

4. A expansión colonial europea

4.1 A fin do monopolio de Castela e Portugal

Durante o século XVII, Europa comeza a expansionarse en busca de materiais e mercados.

A expansión máis importante tuvo lugar en ultramar. No Tratado de Tordesillas, Portugal e Castela repartiran o mundo sen contar con outros países. En Castela, as comunicacións coas colonias fixéronse máis difíciles polos enfrontamentos coas potencias europeas e diminuíron as entradas de metais preciosos americanos a España.

Portugal, pola súa banda, practicaba a colonización comercial, utilizando os seus territorios africanos, asiáticos e orientais para comerciar con seda, especias e escravos, conservando a súa hexemonía toda a primeira metade do século XVII.

Pero o Tratado de Tordesillas non tivera ningún valor para o resto das potencias europeas, que axiña comenzaron co contrabando e a instalar colonias permanentes en territorios españoles o portugueses. A esto uniuse Francia, principal rival da monarquía hispánica no continente e tamén en ultramar.

4.2 As colonias europeas en Norteamérica.

Francia ocupou no continente americano parte de Canadá e Terranova, ademáis de unha ampla franxa de México e os Grandes Lagos (Luisiana).

Inglaterra fundou a súa primeira colonia en Jamestown (Virxinia) e a partir de ahí estendeuse pola costa oriental do continente, onde xa estaban colonias das Provincias Unidas.

Os ingleses resultaron ser os máis dinámicos de todos, xa que desenvolveron un intenso comercio cos veciños, porque contaban con protección da Coroa e gran autonomía de goberno.

As tensións que xurdiron entre os colonos dos distintos países europeos levaron a enfrontamentos e rivalidades ata ben entrado o século XVIII.

4.3 Os mercados asiáticos.

Nas chamadas Indias Orientais, a expansión europea adquiriu un carácter eminentemente comercial, e ademáis de seda e especias, interesábanse por esclavos, armas, ferramentas de ferro...

Portugal foi perdendo importancia fronte a Inglaterra, Francia e as Provincias Unidas que ascendían fugazmente.

En 1600 fundouse a Compañía das Indias Orientais inglesa, e dous anos despois a súa homónima holandesa. Contaban coa protección dos seus gobernos, conseguían privilexios de comercio e establecían relacións amigables con estados de Oriente.

Gracias a este próspero comercio, convertéronse nos principais intermediarios ente os mercados ultramarinos e Europa.

Con todo, tampouco cesaron rivalidades neste territorio, onde Inglaterra saíu vencedora en todas as ocasións, aínda que tivo que enfrontarse con Francia, que creara a súa propia compañía de Indias e amenazabacon apoderarse co mercado.

5. O arte e cultura Barroca

Comprende o século XVII e o último terzo do século XVIII.

A arte barroca evolucionou a partir do Renacemento, e xunto con a Igrexa en plena contrarrreforma e a nova Monarquía absolutista, creáronse formas grandiosas e sorprendentes, cheas de decoración rechamante e excesiva, que busca atraer ás multitudes.

Arquitectura:

Destacan os grandes edificios, as líneas curvas e o movemento.

Aparece a columna Salomónica, de fuste retorcido.

As cúpulas son decoradas con motivos relixiosos e alegóricos.

En Italia destaca Bernini, e en España Herrera, caracterizado pola súa solemnidade e austeridade.

Escultura:

As figuras adoptan gran expresividade, con rostros de dolor e angustia

Os ropaxes son moi detallados, os pliegues da roupa están marcados e as extremidades son perfectas.

Bernini tamén destaca na escultura, con figuaras como Apolo y Dafne y El éxtasis de Santa Teresa.

Pintura:

Os temas son relixiosos e alegóricos

Aparecen dúas ideas fundamentais, o tenebrismo, basado no contraste de luces e sombras, e a perspectiva, que trata dar unha idea de profundidade.

Caravaggio, considerado o tenebrista máis importante, pinta o Entierro de Cristo.

Rubens: Las Tres Gracias e El rapto de las Sabinas

Rembrandt: Lección de anatomía (movemento dos corpos, flexión de extremidades, rostros expresivos e iluminados, expectantes. Todos similares)

Velázquez: La fragua de Vulcano, Las meninas, El aguador de Sevilla, Los Borrachos.

Otros pintores españoles: Ribera y Zurbarán.

*Alegoría: Sucesión de simbología (metáforas)




Descargar
Enviado por:Rubia
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar