Historia


Revoluciones liberales burguesas


AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS:

- A REVOLUCIÓN supón algún cambio, a chegada de algo novo. Producese de forma rápida e drástica.

-BURGUES: Habitantes das cidades que se adican ó sector servicios (administración, hostelería, comercio,limpeza, policía...) e artesanía.

Dentro da burguesía hai dous tipos:

-Alta burguesía: Os mais ricos, xente con fortuna. Un gran comerciante.

-Baixa burguesía: Os que teñen menos medios económicos. Un artesán.

Neste momento estaba o ANTIGO RÉXIME (s.XVI - XVIII):

REXIMEN POLÍTICO:

A figura principal é o rei absoluto, que vai ter no seu poder os seguintes poderes:

-Poder Lexislativo: É o que fai as leis (normas escritas referidas a tódolos asuntos que teñen que ver coa sociedade). O Parlamento.

-Poder Xudicial: Xuzgan segundo as leis. Os tribunais.

-Poder Executivo: Decide de acordo coas leis. O Goberno.

O rei absoluto tiña moito que ver con tódalas cousas e xustificaba o seu poder pola orixe divino, é dicir, que Deus quere que reine el.

O GOBERNO:

-O rei nomea e depón ministros.

-O rei pode tomar en calquer momento decisións de goberno.

O PARLAMENTO:

-O rei convoca e disolve ó parlamento.

-O rei fai leis sen pedirlle consello a ninguén.

OS TRIBUNAIS:

-Escolle e depón ós xuízos.

-Pode intervir nas decisións xudiciais.

Os reis hoxe en día non teñen nada que dicir nin pode tomar decisións en ningún dos tres poderes.

PROBLEMAS DO ANTIGO RÉXIME:

Os que fan a revolución o que queren é pasar dun rei absoluto a un rei como o que temos hoxe en día.

Antes o pobo non podía intervir para nada e so tiña a obrigación de obedecer.

O rei as veces tiña un abuso de poder.

RÉXIMEN SOCIAL:

ESTAMENTOS: Son grupos sociais pechados con dereitos e deberes distintos. É moi difícil, case imposible pasar dun estamento a outro. Según o que fan estes grupos teñen máis dereitos ou deberes.

No antigo réxime pódense distinguir tres clases sociais:

NOBREZA:

A súa función é a guerra; son os que “defenden” o resto dos cidadáns.

Os seus privilexios son:

-Non traballa, so entrénase para a guerra.

-Son os que acaparan os principais postos.

-Non paga impostos.

-Son os propietarios da terra que traballan os campesiños.

-É xuzgado segundo un código propio e os que os xuzgan teñen que ser da súa misma clase social. Vai a haber moitos favoritismos.

As características para poder pertenecer á nobreza:

-Por herdanza é case a única forma.

-Tamén poden ser por mercar o título ó rei; pero esta xente non serán considerados nobres e terán verdadeiros problemas para relacionarse co resto da nobreza.

CLERO:

Rezan polo resto da xente e celebran misas. Son os intermediarios entre o pobo e Deus. Vai estar dividido en dous grupos:

-O ALTO CLERO: Formada polos nobres, son unha minoría e van a ser os que controlen a igrexa. Serán os abades, canónigos, bispos, arcebispos, cardenais, papas.

-O BAIXO CLERO: Son a maioría, pero por ter menos cartos teñen que obedecer o alto clero. Esta formada por xente procedente do estado llano. Serán os frades, monxas/monxes, párrocos.

É moi difícil que un membro do baixo clero pase a ser do alto clero.

Os seus privilexios son:

-Non traballan (aínda que as veces si pero por penitencia). O único que fan é rezar e celebra-la misa.

-Non pagan impostos.

-Controlan unha parte importante das terras, pero tampouco as traballan.

-Son xuzgados polos seus iguais e teñen un código propio.

-Van ter durante moitos séculos o monopolio da cultura. Son os únicos que saben ler, escribir e manexar libros ata o século XV. Saben ler e escribir porque lles fai falla para realizar o seu traballo.

-Saber escribir e ler lles facilitará o acceso ó goberno.

As características para poder pertenecer ó clero son:

-Por herdanza.

-Pero tamén hai nobres e membros do estado llano, xa que non é moi doado que a xente da igrexa teñan fillos que herden os seus cargos.

O ESTADO LLANO:

Traballan para o resto das clases sociais. É o estamento máis baixo, aínda que é necesario. Son os burgueses e os campesiños. Non teñen privilexios.

As desvantaxes do estado llano ou tercer estado:

-Teñen que facer traballo manual.

-Son os que pagan impostos.

-Ós campesiños teñen que manter os nobres e eclesiásticos.

-Van a ser xuzgados por outros estamentos, que van a ser moi inxustos con eles.

-Non teñen posibilidades de chegar os principais postos do estado.

O criterio para pertenecer ó estado llano é por herdanza.

REXIME ECONOMICO:

O sector primario é o predominante, o que da mais diñeiro é a agricultura, qeu é onde traballa mais xente. A sociedade está bastante retrasada.

A propiedade da terra esta protexida, é dicir, non se pode mercar e vender libremente. O que se busca con esa protección é manter a terra nas mans dos grupos privilexiados.

-A terra da nobreza:

Os nobres a conservan gracias ó MAIORAZGO, que fai que os pais lle pase o seu primoxénito toda a terra que teñen, está prohibido vendelas ou dividilas, xa que a lei o impide. O que non teñen prohibido é mercar máis.

-A terra do clero:

Se conservan as terras gracias á MAN MORTA, que fai que a xente que teña a terra se la herede a seguinte persoa que teña o seu cargo; tampouco poden vendela.

+Inexistencia da liberdade económica na industria e no comercio:

GREMIOS: Asociación de comerciantes e artesáns que se agrupan según o oficio (gremios de panadeiros, zapateiros...) e que traballan na mesma localidade.

Os gremios non teñen relacións cos outros gremios.

As persoas mais importantes dos gremios son os mestres.

Mentres que sigan existindo gremios non vai a haber progreso nin novidades, tampouco vai poder haber liberdade economica, xa que teñen un control absoluto da producción e a venda.

Hai unha lei que di que di que a determinada materia dun certo lugar so se lle pode vender a un determinado gremio e a ninguén mais, por iso non hai ningunha posible competencia. O premio ó que se vende a materia prima o pon os gremios, por iso e un prezo moi barato. Mentres que a xente que vende a materia ten que acceder o prezo que pon o gremio, xa que se non lle compra a materia o gremio ninguén o vai facer.

Tamén eles determinan o número de obradoiros que ten que haber en cada localidade. Por iso se alguén intenta abrir outro obradoiro non lle deixan (salvo que crezca moito a cidade) e por iso non hai nin competencia nin progreso. É un impedimento a liberdade económica.

Tamén eles deciden os soldos, as condicións e os horarios de traballo.

Polo que os mestres van poñer os soldos mais baixos posibles traballando moitas horas (ó redor de 15 horas). Non se deixa que ningún obradoiro traballe mais que outro porque así un gañaría moito e seria malo para o resto dos obradoiros.

Tamén regulan o numero de produccións; o gremio busca un número ideal de elementos que producir. O número non pode ser moi alto para que non baixe o prezo do producto nin tampouco moi baixo para que non suba e xente non vaia a mercar os productos a outro sitio.

O gremio é completamente contrario a calquera innovación, xa que nese momento os mestres artesáns estaban moi ben e non querían cambiar a estructura so gremio. É preciso suprimir os gremios para que haxa progreso.

OBXETIVO DAS REVOLUCIÓNS BURGUESAS:

Instauración dun réxime liberal:

REXIME POLÍTICO:

División de poderes: Se intenta que os poderes sexan iguais e que estén equilibrados. O primeiro que vai dicir como hai que facer a división de poderes foi un pensador francés chamado MONTES QUIEV.

Temos tres poderes que están dirixidos pos órganos distintos que non dependen un do outro. Cada poder ten que ter uns recursos para defenderse dos outros poderes e poder estar nas mesmas condicións.

Poder executivo (goberno):

-Contra o poder lexislativo: pode disolver o parlamento e convocar eleccións para crear outro novo se este non apoia ó goberno.

-Contra o poder xudicial: Poden pedir axuda ó CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL, xa que o goberno elixe a parte da xente que forma o consello. Isto se fai se os tribunais non apoian e xuzgan mal a membros do goberno.

Poder lexislativo (parlamento):

-Contra o poder executivo: Pode destituír o goberno se funciona mal mediante un mecanismo que se chama NOCIÓN DE CENSURA, o que se fai é que se presenta un candidato e se hai maioría absoluta (a metade mais un) ponse el no goberno.

-Contra o poder xudicial: O parlamento nomea tamén a parte do Consello Xeral de Poder Xudicial. Se un xuíz quere procesar a un membro do parlamento e se acude ó consello, ten lugar o SUPLICATORIO, o que se fai é que se vota e se hai maioría absoluta o membro non é procesado.

Poder xudicial (tribunais):

-Contra o poder executivo: Poden procesar os membros do goberno se fan algo inxusto. O Tribunal Supremo é o único que pode procesar a un xuíz.

-Contra o poder lexislativo: Poden procesar a parlamentarios se fan algo inxusto. O mecanismo é o do Suplicatorio.

A INTERVENCIÓN DO POBO NO RÉXIMEN POLÍTICO:

O que fixou as pautas para isto foi o francés ROUSSEAU. O mecanismo que se vai utilizar para que a intervención do pobo sexa posible son as votacións (eleccións de representantes). O que rixe é a lei da maioría.

Por votacións se elixe:

-Ó parlamento; este elixe ó goberno e estes dous elixen os tribunais. Este sistema é o que se ten en España e na maioría dos países europeos.

-Outro sistema é:

Por un voto directo se elixe o parlamento e o tribunal. Mentres que por voto indirecto se elixe o presidente, é dicir, primeiro se escolle a un representante de cada estado e logo estes elixen ó presidente. Este sistema é o que se ten en EE.UU.

A CONSTITUCIÓN:

Son o conxunto das leis mais importantes, están recollidas nun libro. Estas leis non se poden alterar, e se o fan é moi difícil, xa que para que se aprobe o cambio dunha lei ten que votarse e ten que haber unha maioría de 2/3 no congreso e no senado.

(En EE.UU. levan mais de 200 anos coa mesma constitución).

As constitucións soen empezar dicindo os dereitos do home.

Dereitos humanos:

Estes dereitos son para todos por igual.Son inviolables e ningunha autoridade pode ir contra eles. Divídense en dous grupos:

-Dereitos naturais: Son os que ten o home simplemente polo feito de pertenecer a especie humana. (Dereito á vida, á liberdade de decisión, á vivenda, ó traballo, á educación...).

-Dereitos políticos: Son os dereitos que ten que ter unha persoa no aspecto político; (dereito a voto, liberdade de expresión, liberdade de asociación, liberdade de reunión...).

Os dereitos políticos van a ser dereitos limitados, hai excepcións:

-Esíxese a maioría de idade.

-Sexo masculino (dende o século XVIII á finais do XIX). Non se deixaba votar as mulleres porque se dicía que non tiñan capacidade mental suficiente como para votar e tamén porque a muller estaba destinada a ser ama de casa e non podía distraerse coa política.

-Riqueza e educación: entre os homes so poden votar os que teñan educación (que sepan ler e escribir) e tamén os que teñan certo nivel de riqueza, xa que se dicía que so ós homes ricos e con propiedades lles interesaba que o pais fose ben, mentres que os pobres lles daba igual.

PARTIDOS POLÍTICOS:

Asociacións de persoas que teñen as mesmas ideas politicas. Os partidos políticos pretenden presentarse ás eleccións e así ter a posibilidade de chegar ó poder se obteñen a maioría.

REXIMEN SOCIAL:

En vez de estamentos hai clases sociais. Estas clases son grupos sociais abertos (si que é posible pasar dunha a outra) e o que define a que clase perteneces é o grao de riqueza.

Distínguense tres clases sociais:

-CLASE ALTA: Adicábanse ó exercito e á diplomacia. Estaban nesta clase social a ALTA NOBREZA, a ALTA BURGUESIA e o ALTO CLERO. Os burgueses a pesar de ser os que fixeron a revolución deixábanlle estes postos as persoas que ocupaban no antigo réxime os estamentos mais privilexiados xa que a pesar de todo seguían crendo que eran inferiores a eles.

-CLASE MEDIA: a BAIXA NOBREZA, o BAIXO CLERO e a BAIXA e MEDIA BURGUESIA.

-CLASE BAIXA: os CAMPESIÑOS e o PROLETARIADO, que eran obreiros que traballaban nas novas industrias e aparecen coa revolución industrial. Vai aumentar cada vez mais gracias ó campesiñado, xa que estes se van vivir as grandes cidades porque o soldo do proletariado é mais alto e traballan en mellores condiciones que eles.

REXIMEN ECONÓMICO:

Hai unha liberdade económica:

-LIBRE DISPOSICIÓN DAS TERRAS: Para iso se elimina a lei do maiorazgo e a da man morta; agora os que posuían as terras xa poden vendelas. Para iso se pon a DESAMORTIZACIÓN que o que fai é que se a xente non quere vender as súas terras se lles expropian e se realiza unha subasta para ver quen se queda con elas. Os beneficiarios disto é a alta burguesía, xa que eran os únicos con diñeiro suficiente como para mercar as terras.

-SE PROHIBEN OS GREMIOS xa que ían contra a liberdade económica.

-ELINIMAN CALQUER TIPO DE INTERVENCIÓN DO ESTADO NA ECONOMIA: O estado so poñía unhas leis básicas e non facian nada mais relacionado coa economía. Esta é a lei da OFERTA E DA DEMANDA, é a lei que controla o prezo e a calidade. Así que as empresas boas que están ben dirixidas e sepan adaptarse a esta lei prosperarán e, as que non, pecharan. Teñen que deixar que as empresas se autorregulen e que a economía funcione por si mesma. Os mais beneficiados son a alta burguesía, que eran os mais innovadores e os que tiñan mías cartos.

REVOLUCIÓN AMERICANA:

1ª revolución liberal (2ª ½ s.XVIII)

Ocurre en Norteamérica, no actual territorio dos Estados Unidos, no que se chamaban as Trece Colonias (costa este de EE.UU.). Son colonias británicas.

COLONIAS: Territorios conquistados por un pais que están lonxe deste. A poboación son os COLONOS, xente do pais que conquista (a METROPOLE) que van vivir o pais conquistado.

As colonias dependen en tódolos aspectos do pais que as conquista.

Normalmente os habitantes que estaban anteriormente nas colonias morren ou ben por matanzas e malos tratos ou porque os brancos traian enfermidades que os nativos non poden superar e morren.

CAUSAS DA REVOLUCIÓN:

-Inexistencia de dereitos políticos para os colonos británicos por vivir nestas colonias:

# Non poden enviar representantes ó concello británico.

# Non poden influír nas decisións e na composición do goberno.

# Deben aceptar ó GOBERNADOR nomeado pola coroa.

Esta situación é un dos principais motivos da revolución; aínda que dentro das súas colonias si que poden ter liberdade e tomar decisións, xa que as colonias tiñan certa autonomía (asambleas, gobernos locais...)

-A segunda causa da revolución é que o goberno e a coroa aproveitando que os colonos non teñen capacidade de influír no goberno e andan mal de diñeiro lles obrigan a pagar unha serie de impostos abusivos:

# O imposto do timbre: É o imposto que se lle coloca a todo o que se publica impreso (libros, revistas...).

# O imposto do té: O té era a bebida mais importante e vai a haber un imposto por tomala.

INICIO DA REVOLUCIÓN:

MOTÍN DO TÉ (BOSTON):

Uns colonos británicos que estaban xa cansados da súa situación o que fan é que se suben vestidos de indios a un barco que chegaba de Inglaterra cargado de té e o tiran todo ó mar. Isto é o comezo da revolución, os británicos toman represalias e ten lugar unha guerra que dura oito anos e, sorprendentemente, salen victoriosos os revolucionarios e conseguen ser independentes de gran Bretaña.

AS CAUSAS DESTA VICTORIA PODEN SER:

- O exercito británico era mercenario (profesional) é dicir, que está composto por cidadáns británicos que cobran por loitar, que é o seu oficio e se non lles pagan non loitan.

Ademais facía a guerra á europea, é dicir, cun xeito de loitar moi vistoso e chamativo pero que non se adapta moi ben ó terreo, xa que era moi accidentado, o que tiña que facer o exercito británico era avanzar en masa perseguindo ós revolucionarios.

Polo outro lado o exercito dos revolucionarios era moito mais entusiasta e sacrificado, xa que loitaban por unha causa xusta que lles afectaba directamente a eles.

O exercito revolucionario loita facendo emboscadas, como coñecen moi ben o terreo o que fan é escondéndose e de repente atacan ós británicos, matan a uns cantos soldados e volven a esconderse. Isto fai que Gran Bretaña vaia perdendo pouco a pouco ós seus homes e sobre todo os desmoraliza moito, xa que loitan contra un inimigo que non ven.

-O apoio duns países que están en contra de Gran Bretaña, como España, Francia e Holanda, mandan cartos e armas para axudar ós revolucionarios.

ORGANIZACIÓN DO NOVO PAIS:

É o actual Estados Unidos.

As trece colonias convirtense en estados que formaran o novo pais. Van facer unha constitución común para as trece colonias.

Vai ser un ESTADO FEDERAL: Temos dous tipos de ORGANIZACIÓN:

Organización federal:

É aquela que funciona para tódolos estados sin excepción. É a que se encarga das relacións exteriores, da guerra, da economía, etc. Ten tres poderes:

-PODER EXECUTIVO: O presidente, sae do voto popular indirecto. É unha figura moi importante e as súas decisións se aplican en tódolos estados.

-PODER LEXISLATIVO: Congreso (parlamento). Sae do voto popular directo. Ó senado se mandan representantes de tódolos estados.

-PODER XUDICIAL: Tribunal Supremo. Este tribunal é elixido polo presidente, pero é independente porque aínda que se cambie o presidente os membros do tribunal están alí durante toda a vida.

Organización estatal:

É aquela que funciona dentro de cada estado. Tamén hai tres poderes:

-PODER EXECUTIVO: O gobernador. Voto directo.

-PODER LEXISLATIVO: O congreso. Voto popular.

-PODER XUDICIAL: Esta formado por un tribunal que nomea ó gobernador.

Vai a haber moitas diferencias entre os estados. Pódense dividir en dous grupos:

-ESTADOS DO NORTE: Hai diferencias de todo tipo (climáticas, educación...); pero sobre todo hai unha gran diferencia económica e industrial. Os estados do Norte eran os que estaban máis poboados e desenvolvidos.

-ESTADOS DO SUR: Eran mais pobres e sobre todo adicabanse á agricultura. Tiñan economía de plantación e grandes extensións cultivadas sobre todo de TABACO e ALGODÓN, estas terras as van traballar os escravos, que son necesarios para que traballen as terras porque senón non serían rentables os cultivos. Que haxa escravos contradí as ideas que defendían os revolucionarios; os estados do sur estaban a favor da existencia da escravitude mentres que os do norte estaban en contra.

Estes dous grupos de estados a causa da economía van acabar enfrontándose na GUERRA DE SECESIÓN, unha guerra terrible que durou cinco anos e que foi porque os estados do sur querían separarse dos do norte. Ó final salen victoriosos os estados do Norte xa que tiñan máis recursos (diñeiro, homes...)

REVOLUCIÓN FRANCESA (1789)

Faise para pasar dunha monarquía absoluta a un réxime liberal, é un cambio moi brusco.

CAUSAS DA REVOLUCIÓN:

-A monarquía entra nunha serie de crisis:

# CRISIS ECONÓMICA: É una crisis agraria, debida a causas naturais, xa que son anos moi fríos e se perden as colleitas dun producto básico, O CEREAL, que era o que se usaba para facer o pan, o alimento mais comido. Tamén hai unha producción excesiva de viño, polo que o prezo baixara moitísimo e non lles merecera a pena vendelo. Hai un empobrecemento xeral dos campesiños e esto leva a que comecen a pasar moita fame.

Por outra parte, a xente que vive nas cidades tiña unha condición moito peor que os campesiños, xa que os alimentos teñen que chegar do campo. Hai unha fame aguda nas cidades e a xente comezará a asaltar panaderías e casas onde se pensa que hai cereais agachados. Os que pasan mais fame son a baixa burguesía, aínda que a alta burguesía e os mais ricos tamén comezan a ter problemas.

A nobreza e o clero tamén van ter un pequeno problema, non de moita fame, senón de que vai a haber unha reducción do seu diñeiro, xa que a maioría dos cartos que tiñan venian das colleitas. O que van facer para gañar mais diñeiro é cobrar mais impostos. O que vai facer que os campesiños teñan mais motivos para queixarse.

A parte da crisis dos campesiños a crisis agraria vai producir unha crisis xeral da economía. sobre todo do comercio artesán, xa que a maioría da xente so tiña diñeiro para mercar comida e non para mercar outras cousas. A xente vai ir morrendo pouco a pouco de fame e moita xente vai ir ó paro.

# CRISIS FINANCIEIRA: O estado francés estaba na ruína e non podía mercar trigo doutros países para que o seu pobo poda comer. Ademais Francia está endeudada, hai un déficit constante, xa que hai moitos mais gastos que ingresos. Ninguén quería prestarlle mais cartos polo que ninguén sabia de onde sacar o diñeiro.

Causas desta pobreza:

-Unha das causas pode ser tódalas guerras nas que se metía.

-A CORTE: Xa que o rei tiña moitos privilexios para demostrar que era moi poderoso e tiña que ter grandes pazos, vestiduras, organizar moitas festas... E todo iso o pagaba o estado. Esto vai facer que o prestixio do rei se vaia perdendo, xa que o pobo pensa que mentres eles morren de fame o rei organiza festas cós súes cartos.

A solución que se vai intentar poñer para mellorar a situación económica vai ser facer pagar impostos á nobreza e ó clero. Pero estos se negan a face-lo porque era un dos privilexios da súa condición. Por iso vai comezar a revolución; pero o terceiro estado está a favor do rei porque así se igualaban un pouco mais as clases sociais. Vai a haber unha resistencia fortísima por parte do clero e a nobreza que incluso preferen comezar unha revolución antes ed. Pagar os impostos.

# CRISIS POLITICA: Vai a haber tamén posturas enfrontadas:

- O REI (Luís XVI) : Quere seguir sendo un rei absoluto. O problema é que vai estar cada vez mais illado, xa que dende que sube o trono vai ter moi mala fama porque se decia que era un rei feble e atraia moi pouco a simpatía da xente.

-A NOBREAZ E O CLERO: Queren pasar a un réxime no que se comparta o poder estre o rei e eles.

-TERCER ESTADO: Esta encabezado pola alta burguesía. Queren chegar a un réxime liberal, no que o pobo interveña no poder por votación.

# CRISIS SOCIAL: Temos dous grupos que queren cousas distintas:

-NOBREZA E CLERO: Queren seguir cos privilexios e os estamentos.

-TERCER ESTADO: Queren que non haxan diferencias entre as clases sociais.

INICIO DA REVOLUCIÓN:

O que se decide facer por acordo de tódalas clases sociais va a ser a CONVOCATORIA DOS ESTADOS XERAIS:

Convócanse elección e elíxese xente que represente ó pobo para entre todos dar solucións.

Xa, no principio vai a haber discusions de como ten que se ser o parlamento:

-PARLAMENTO ESTAMENTAL: Cada clase social vota ós seus representantes (un nobre non podía votar ó representante do clero).

Características:

# En cada estamento temos o mesmo numero de representantes: 50 nobres, 50 clerigos, 50 do estado llano.

# Os representantes de cada estamento non se reúnen nunha mesma cámara, salvo cando o rei reúne a todo o parlamento, pero nesos casos non se discute, son actos ceremoniais.

# A votación dos asuntos fase por estamentos. Cada estamento un voto, hai unicamente tres votos, polo que o terceiro estado vai estar constantemente en minoría; xa qeu os dous votos da nobreza e do clero anulan o voto do terceiro estado. Por esta razón o parlamento estamental favorece moitísimo ós nobres e ó clero.

O terceiro estado vai intentar cambiar o parlamento e conseguir un parlamento NON ESTAMENTAL:

# O terceiro estado pide ter o dobre numero de representantes que a nobreza e o clero, baseándose en que eran a maioría da poboación. Os privilexiados se o conceden, xa que como siguen estando as outras dous características do parlamento estamental isto non ía a variar nada.

# Tamén piden que haxa reunións conxuntas, pero non llo van conceder.

# Tamén, que haxa un voto por persoa e non por estamento, xa que así gañarían e saldrian victoriosas as súas ideas.

Establecese unha loita xa que o clero e a nobreza néganse as dous ultimas cousas que pide o terceiro estado. Legalmente non se pode facer nada xa que o parlamento que se reúne un parlamento estatal e necesitan dous votos para lograr cambialo.

Van a optar por un medio non legal, a formación da:

-ASAMBLEA NACIONAL:

Consiste na reunión dos representantes do terceiro estado, e o que fan é decidir que eles son os únicos que poden tomar decisións, xa que eran maioría, e o que fan e invitar a reunirse con eles ós representantes da nobreza e o clero.

Uns poucos membros da nobreza reúnense, pero estaban contra eles o rei, o clero e a maioría da nobreza. O terceiro estado di que non se van a disolver se o rei non acepta as condicións que lle pedían dun parlamento non estamental, ó final o rei cede, a pesar de que pouca xente apoiaba esta opción, debido a que no resto de Francia teñen lugar as:

-SUBLEVACIÓNS POPULARES:

O pobo levantase para apoiar os seus representantes. Hai unha revolución urbana en Paris, xa que o pobo inquietase porque ve que xente da súa clase social é apresada pola xustiza en Versalles.

O pobo se Paris para demostras a súa forza fai o ASALTO Á BASTILLA (que nese momento era unha cárcere, era un castillo medieval moi vello que non estaba preparado para defenderse) o asalto, militarmente, é moi pouco importante, pero simbolicamente é moi importante xa que é o pobo de París asaltando unha fortaleza real. Asaltan a Bastilla porque alí hai pólvora e eles non a tiñan; entonces a roubas porque así xa tiñan moita munición para enfrontarse contra o rei.

Tamén hai unha sublevación rural, chamada o GRANDE MEDO, xa que non hai un motivo concreto para a sublevación, senón que hai medo de rumores que se foron propagando polo campo que fai que toda a xente no campo este intranquila.

Os campesiños son os protagonistas do ASALTO OS CASTELOS:

Era para darlle un aviso á nobreza. O que facia eran ir ós castelos e quemar todo. Especialmente os documentos de propiedade, xa que se non había documentos os campesiños non tiñan porque pagar nada á nobreza.

Estes asaltos dos campesiños e dos membros do terceiro estado fan que o rei se de conta de que o pobo esta contra el e de que xa non ten forza para que a xente lle obedeza. Entón cede e dálle todo o que pedían ós membros do terceiro estado. Dende ese momento hai un parlamento non estamental e comeza a revolución.

ETAPAS DA REVOLUCIÓN:

1ª ETAPA ( 1789-91): ASAMBLEA NACIONAL CONSTITUINTE:

É un parlamento que vai intentar a reforma total de Francia e é una etapa na que se intenta borrar todo o do antiguo réxime e crear unha constitución.

Nesta etapa quen goberna é a Asamblea Nacional, e ten que tomar algunhas decisións de emerxencia. Unha das principais resolucións é a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO HOME:

- Dereitos naturais: os que ten o home polo simple feito de selo.

-Dereitos políticos: son os dereitos que ten unha persoa por ser cidadán dun país ( a voto, liberdade de expresión, de asociación...)

Despois de esta declaración de dereitos, outra resolución que se toma casi en seguida vai ser A ABOLICIÓN DOS DEREITOS FEUDAIS: Elimínanse todas aquelas rendas inxustas que cobraban os nobres e o clero aos membros do terceiro estado. O único que queda é o que no se considera inxusto, por ex. A renda que lle ten que pagar o campesiño polo feito de poseer a terra. Alí hai dous grandes daña dos, a nobreza e o clero, pero sen embargo a alta burguesía acepta esta medida no Parlamento, xa que era a única forma de calmar ós campesiños que estaban moi revolucionados.

Outra medida que vai ter moita repercusión mais tarde é a PROHIBICIÓN DAS ASOCIACIÓNS DE ARTESANS OU DE OBREIROS: Se lles prohibe formar partidos, asambleas, o dereito á folga e a manifestarse. É reducilos dereitos políticos a aqueles grupos dos que a alta burguesía (que eran os que mandaban no Parlamento) desconfía.

Con isto non se vai levar á práctica a declaración dos dereitos humanos, xa que sigue habendo esclavos e hai grupos con menos dereitos que outros.

Outra decisión vai ser A REFORMA DO CLERO: É o grupo privilexiado que se vai ver mais afectado pola revolución. Isto se vai facer por medio de:

-DESAPARICIÓN DO CLERO REGULAR: que eran os que vivían nos mosteiros e a única función que tiñan era rezar polo resto da humanidade. Esta función na antigüedade podía ser moi importante porque a xente era moi relixiosa, pero nesta época non tiña sentido e considerábase innecesaria polo que desaparece.

-O CLERO SECULAR VAI SER REFORMADO: O que se vai facer é que os curas e os bispos van ser votados pola xente do pobo. A xente de cada parroquia elixen os sacerdotes, e estes elixen ó bispo.

-DESAMORTIZACIÓN: En canto se desamortiza a terra pasa a o Estado. O que favorece a alta burguesía, xaque esta terra se subastaba e a mercaba xente con mais diñeiro.

O único corpo do clero que vai permanecer é o clero secular, e isto va a provocar que comece A DIVISIÓN DO CLERO, xa que había membros que aceptaban a reforma e outros non.

O clero vaise dividir en:

-Un clero que apoia a reforma secundados polo Parlamento.

-E un clero que non acepta estas medidas e que mais tarde vai apoiar ós campesiños que se sublevan.

2º ETAPA (1791-92):

A constitución entra en vigor e consagra unha MONARQUÏA CONSTITUCIONAL ou PARLAMENTARIA. Hai unha divisións de poderes:

-PODER EXECUTIVO: O decisivo é a figura do rei e exerce ese poder executivo en compañía duns ministros que pode escoller e depor. Son os que forman o goberno.

O rei tamén é o xefe do exercito e ten o dereito ó veto que é que se o parlamento comeza a facer unha lei que a el non lle gusta pode non aceptala e que non se faga.

-PODER LEXISLATIVO: Esta formado por unha asamblea. Hai un voto censatario, so botan os que teñen un poder economico moi forte e para poder ir ó parlamento aínda te esixen ser mais rico.

-PODER XUDICIAL: Outra vez hai un voto censatario para elixir ós xuíces.

O reximen entra en crise:

Xa que o rei aínda que acepta todo isto da revolución vaise resistir porque non lle gusta perder tanto poder. Nunca aceptan isto voluntariamente, senón pola forza porque non lle queda mais remedio.

Tamén é porque en toda Europa se ten medo de que a revolución de Francia se pase ós outros países que rodeaban ó pais e que tiñan unha monarquía absoluta. Os reis dos outros países non queren esa situación no seu pais, polo que ten lugar unha guerra exterior. En Francia aparecen basicamente dúas posturas hacia a guerra:

-REI E NOBREZA (EMIGRADOS): Son os nobres que se van do pais e están axudando o rei para que haxa guerra. Este se alía cos países estranxeiros que teñen monaquia absoluta e quere que haxa unha guerra na que o seu pais saia derrotado para que así se poida instaurar outra vez unha monarquia absoluta. Pretenden que os franceses morran e moitos se deixen gañar para que volva a haber un reximen absoluto.

-OS REVOLUCIONARIOS: Tamén queren que haxa guerra, pero por unha causa diferente, porque pensan que o pobo dos outros países se revolucionaran tamén e desapareceran tódalas monarquías absolutas de Europa.

A guerra comeza en 1798 e os exércitos franceses perderon moitas batallas.

Francia é invadida e, cando os s exércitos dos outros países chegan á porta de París descubrese a traizón do rei.

Hai un asalto as TULLERIAS (palacio do rei en Paris). O pobo asalto o palacio e o rei é deposto. Toda a súa familia vai a prisión e un ano despois é executado. É o fin da monarquía constitucional.

3ª ETAPA (1792-94):

O réxime que temos a continuación é unha REPUBLICA. Pero xoga un papel moi importante a CONVENCIÓN (parlamento).

É unha república un pouco rara, xa que non hai división de poderes debido a que era unha época moi mala e a maioría do pobo pensaba que era mellor concentrar todo o poder .

A convención vai ser escollida polo pobo por voto directo. É un poder lexislativo moito máis democratico do que houbo anteriormente e do que van depender moitísimo os outros dous poderes:

-PODER EXECUTIVO: Esta exercido polos COMITÉS: Pequenos grupos de persoas que exercen as competencias que hoxe en día exercerían os ministerios (comité de economía...).

A convención nomea e depón os membros dos comités e tamén pon os seus poderes.

-PODER XUDICIAL: A convención interven no poder xudicial mediante o que se chama REPRESENTANTES EN MISIÓN. Son unha especie de xuíces supremos e as súas decicións están por riba das dos xuíces normais. Son membros das convencións que exercen poderes excepcionais en zonas onde hai problemas. Toman decisións moi rápidas e as veces inxustas e terribles.

Dende o comezo da república vai a haber divisións na convención:

-XIRONDINOS: Chámanse así porque os principais dirixentes deste grupo proceden dunha rexión chamada Xironda (cerca de Burdeos). A maioría destes homes son da media burguesía e moitos avogados. É a chamada Burguesía do Talento.

Os seus ideais son:

# Defenden a guerra porque cren que si a hai Francia vai vencer e vai a haber revolucións no resto de Europa.

# Defenden o predominio do poder na clase alta. Queren volver ó voto censatario.

# Son partidarios dun Estado Federal, pretenden que non todo se decida dende París (a capital), senón que as distintas rexións de Francia teñan competencia entre si.

-XACOBINOS: Chamábanse así porque as primeiras reunións fixéronse no convento dos Dominicos, que en francés é Xacobinos. A maioría eran membros da media burguesía e moitos eran avogados. Son de Paris.

Os seus ideais son:

# Son pacifistas, non queren a guerra. Din que a revolución se ten que estender doutra forma que pola guerra.

# Son partidarios do Sufraxio Universal e de que haxa dereitos políticos para todos.

# Defenden que tódalas decisións se tomen dende París.

Estes dous grupos se van a enfrontar na convención. Os xirondinos son maioritarios na convención e logran no 1792 exercer o poder democraticamente.

Pero os Xacobinos van ter moito apoio dun grupo que se chama os Sans Culotes, que eran parisinos da clase baixa. Estes van sublevarse para que os Xacobinos cheguen ó poder, xa que democraticamente non se podía facer nada. O que van facer e entrar no Parlamento e deter ós Xirondinos, que mais tarde serian executados na guillotina.

Os Xacobinos ó final chegan ó poder no 1793. Están dende 1793 ó 94. É unha especie de dictadura e o seu líder principal é RobesPierre.

De inmediato van a tomar medidas para solucionar a situación de Francia:

-LEVA EN MASA: Consistía en reclutar a tódolos mozos de Francia en idade militar e crear exércitos novos para lograr gañar a guerra que tiñan con toda Europa.

Esta leva en masa vai conquerir os primeiros éxitos franceses; logran deter a invasión, botar fora do pais ós exércitos inimigos e incluso van eles a comezar a conquistar territorios.

-UNHA SEGUNDA MEDIDA: é que RobesPierre vai intervir na economía, controlando os prezos e os salarios. Que el controle os prezos vai favorecer a clase baixa, que era a xente que o apoiaba, xa que se subían moito os prezos non podían mercar comida.

O tope dos salarios vai favorecer á burguesía que era a xente que tiña que pagar os soldos.

-A POLÍTICA DO TERROR: É a resposta de RobesPierre á xente que está en contra da revolución. Esta politica consiste na execución masiva dos sospeitosos para que a xente deixe de sublevarse. Se comeza polo rei.

Esta é unha politica que xera prexuízos contra este réxime e é a causa de que os Xacobinos vaian caer. Esta política chegou un momento en que a calquera persoa que non tivese xusto as mesmas ideas de RobesPierre era executado.

Os xacobinos van caer pola REACCIÓN TERMIDORIANA: A xente que está na convención montan un exercito contra RobesPierre, é unha especie de golpe de estado. RobesPierre é asasinado e termina esta especie de dictadura.

4ª ETAPA (1794-99):

É unha nova forma de república. O DIRECTORIO:

Outra vez hai un predominio da burguesía, que van coller moitas ideas dos Xirondinos. No directorio hai unha división de poderes para evitar que haxa unha dictadura:

- PODER EXECUTIVO: Está en mans dos DIRECTORES. Son seis, unha especie de ministros, cada un encargase dun asunto. As decisións as toman en común. Hai un director que ten mais poder cos outros: o 1er director.

-PODER LEXISLATIVO: Hai dúas cámaras que se escollen por voto censatario. Ó haber dúas cámaras se resta poder.

-PODER XUDICIAIS: Tribunais independentes. Os outros dos poderes non poden intervir nas decisións dos tribunais.

Vai a haber unha forte oposición contra o Directorio por parte de:

- A PARTE MAIS CONSERVADORA: Monárquicos absolutistas.

-OS XACOBINOS.

Estes dous grupos están intentando constantemente chegar ó poder. De forma legal por medio de eleccións e de forma ilegais por golpes de estados.

Ante esta forte oposición o directorio vai ter que acudir constantemente ó exercito. Un xeneral, NAPOLEÓN, pensou que se estaban constantemente acudindo a el, podía tomar o poder. E o fixo co golpe de estado de BRUMARIO.

5ª ETAPA (1799-1814):

No reinado de Napoleón hai dous réximes distintos (consulario e imperio) nos que el é a figura que realmente manda. A única diferencia básica entre os dous é que no imperio Napoleón manda sen contar con ninguén.

CONSULARIO (1799-1804):

-PODER EXECUTIVO: No consulario se necesita outra vez que haxa un poder máis forte cos outros para tomar decisións rápidas.

Este poder está dirixido por tres cónsules. Aínda que Napoleón era o cónsul vitalicio e os outros dos cónsules non tomaban ningunha decisión; de vez en cando daban algún consello pero nada mais.

Napoleón ten no seu poder ó exercito, que seguira con el mentres continúe no poder; tamén á policía, que lle ten informado de todo o que pasa no pobo e das conspiracións de golpes de estados; tamén ten nas súas mans á censura, a prensa nese momento xa cumpre un papel moi importante, os periódicos con ideas contrarias a Napoleón son pechados, o mesmo pasa cos libros.

Tamén están os GOBERNADORES DOS DEPARTAMENTOS que son os representantes de Napoleón por Francia e este os pode depor e nomear.

-PODER LEXISLATIVO: Esta sometido ó poder executivo. Hai tres cámaras, polo que é moi difícil que cambien as leis e a situación do pais. Hai sufraxio universal por medio dun voto indirecto moi complicado que é moi fácil de manipular, polo que ó final o sufraxio universal non sirve para nada. Estas cámaras son completamente ineficaces para enfrontarse contra Napoleón, xa que incluso algúns membros das cámaras están nomeados por el.

-PODER XUDICIAL: Os xuíces son nomeados e depostos por Napoleón, polo que os xuíces aplicaran as leis de Napoleón.

O IMPERIO (1804-14):

Napoleón se coroa e se proclama emperador do Imperio. Ten todo o poder, é unha monarquía absoluta camuflada, xa que Napoleón sigue mantendo tódalas leis do consulario.

O que vai facer que este imperio caia van ser as guerras que había no exterior, xa que a xente de dentro de Francia non facía nada para mellorar a súa situación.

Dende 1793 a 1808 hai unha época de victorias constantes contra unha alianza de países que son: AUSTRIA, PRUSIA, RUSIA e GRAN BRETAÑA.

No 1808 Austria, Rusia e Prusia son derrotados e firman a paz con Napoleón. Pero queda Gran Bretaña, á cal os franceses non poden vencer gracias a súa situación xeográfica.

Estas victorias crean unha expansión territorial e chega un momento que gran parte de Europa occidental esta baixo o poder de Napoleón. É o chamado GRAN IMPERIO NAPOLEÓNICO que esta formado por:

- Francia + Bélxica + Holanda + o norte de Italia.

- Logo tamén están os chamados REINOS FAMILIARES, que son os reinos que están feitos a medida para que os dominen os familiares de Napoleón. España e Nápoles serán os reinos familiares que mais duraran.

- Territorios aliados:

# A confederación do Rin (a actual Alemania).

# A confederación Helvética (a actual Suíza).

# O Grande ducado de Varsovia (parte da actual Polonia).

A partir do 1808 comezan os problemas con Gran Bretaña. Ó mellor é porque era demasiado territorio para ser controlado por un so pais. O primeiro que vai intentar facer Napoleón para invadir Gran Bretaña é enviar unha flota, pero é derrotada.

Xa que non podían atacar por mar, os franceses o que fan é cortar as comunicacións, xa que Gran Bretaña era unha illa que necesitaba moito do comercio, o que intentan conseguir é que os ingleses se vexan obrigados a rendirse pola fame. Esto é chamado o BLOQUEO CONTINENTAL e implica despregar barcos e tropas por tódalas costas de Europa, isto fai que se necesiten moitísimos cartos e tropas, polo que se exerce mais presión sobre o pobo.

Outro problema ten lugar en España pola GUERRA DA INDEPENDENCIA ou A GUERRA DAS GUERRILLAS. É unha guerra que Francia ó principio non sabia como abordar, xa que tiña que loitar contra todo un pobo. Calquera podía ser guerrilleiro (mulleres, vellos, nenos...) o que vai desconcertar moito a Napoleón.

Tamén se teñen que acostumar a que era unha guerra sen normas onde se pode matar e atacar en calquera momento e a que todo o mundo é un inimigo. O exercito francés non sabia contra quen loitar, xa que era un exercito non uniformado e non sabian onde atopalo.

O exercito francés non vai mellorar ata que vai a España Napoleón en persoa e, aun así, cando este se va volve a empeorar a situación.

Os franceses comezan a perder territorios na península, o que fai que tivesen que poñer moitos cartos para poder seguir mandando exércitos e loitando contra España.

Outro problema é que Napoleón a pesar de tódolos conflictos que tiña, lle declara a guerra a RUSIA (1812).

Francia forma un exercito de mais dun millón de loitadores e se vai decidido a conquistar Rusia.

Pero os rusos deféndense dunha forma que eles tampouco saben atacar; o que fan é que mentres os franceses avanzan, os rusos retroceden e van queimando todo o territorio que deixan atrás para que os franceses non teñan nada que comer nin lugares nos que refuxiarse.

No comezo do inverno os franceses chegan a Moscú e toman a cidade, pero estaba queimada e ademais alí Napoleón deuse conta de que non podían seguir, xa que non estaban preparados para o frío que facia. Cando decídense a retroceder os exércitos rusos atacan e a guerra é perdida. Napoleón perde todo o seu prestixio.

A coalición de países que habían loitado contra Francia anteriormente volven a unirse, consiguen conquistar o pais e depoñer a Napoleón.

RESTAURACIÓN (1815-30):

Teñen un papel moi importante as potencias vencedoras de Napoleón:

PRUSIA, AUSTRIA e RUSIA } que eran monarquías absolutas.

E tamén GRAN BRETAÑA.

Están tres potencias que tiñan monarquías absolutas o que querían era volver ó pasado, volver ó antigo réxime e crear en toda Europa un equilibrio pacífico.

Para VOLVER Ó ANTIGO REXIME se van tomar as seguintes medidas:

- Se intenta aplicar o LEXETIVISMO: consiste en intentar colocar outra vez no trono ás dinastías que habían sido desaloxadas durante a revolución francesa:

# En Francia reinou Luís XVIII. Un borbón.

# En España Fernando VII. Un Borbón.

# e en Nápoles outro Borbón.

Se esparaba que estes reis instaurasen unha monarquía absoluta.

Para conseguir EQUILIBRIO e PAZ EN EUROPA se van tomar as seguintes medidas:

-POLÍTICA DE CONGRESOS: Consiste en que estes países póñense de acordo que no caso de que apareza un conflicto entre eles non facer guerra; senón mandar a uns representantes de cada pais a un congreso e facer unha reunión para discutir e resolver pacificamente os problemas.

-CRECIÓN DE ALIANZAS: Os países mais importantes de Europa están aliados na:

# Santa Alianza: Os países de Rusia, Prusia e Austria.

# Quintuple Alianza: Os países de Rusia, Prusia, Austria, Francia e Gran Bretaña.

-INTERVENCIONES ARMADAS: O que interesa é evitar a guerra e as revolucións, para iso, as veces, hai que botar mans das armas.

Hai moitas intervencións, unha de elas é a de España en 1828.

Vai a haber CAMBIOS TERRITORIAIS para darlles mais territorios a estes tres países e quitarlle territorios a Francia.

Incremento territoriais das potencias:

-RUSIA: Parte de Polonia + Finlandia.

-PRUSIA: Parte de Polonia + Renania.

-AUSTRIA: Parte de Polonia + Parte de Italia.

-GRAN BRETAÑA: Algunhas illas do Mar do Norte, do Atlántico e do Mediterráneo. É o pais que menos territorios recibe pero os seus territorios son extranxeiros.

ILLAMENTO DE FRANCIA:

-Perde algúns territorios como: Bélxica, Holanda, Norte de Italia.

-Ponse unha barreira de Estados ó este de Francia para que quede completamente illada das grandes potencias:

# Bélxica + Holanda.

# Renania Prusiana.

# Suíza.

# Piamonte.

LOITA CONTRA A RESTAURACIÓN:

Hai unhas revolucións no 1830 e outras no 1848.

IDEOLOXIAS OPOSTAS Á RESTAURACIÓN:

- Liberalismo: Son os que defendían o réxime liberal.

- Romanticismo: É un movemento que adicase fundamentalmente ós diferentes ámbitos da cultura (literatura, musica, historia...).

O mais importante para os románticos é o sentimento e o subxetivismo. Polo que os románticos van loitar pola liberdade absoluta, xa que o que querían era facer o que quisexen en calquera momento.

A traves das obras que escribían defendían o Liberalismo.

- Nacionalismo: Relacionase moito co Liberalismo e o Romanticismo. O principal é o concepto de NACIÓN: Grupo humano con unhas características comúns:

# Os habitantes falan a mesma lingua, que era o que expresaba a psicoloxía de cada Nación.

# Teñen unha historia común e costumes propias.

# Esta identificada cun territorio específico no que leva vivindo moitísimos anos.

# Ten unha economía propia bastantes diferentes ás das outras racións.

Outra cousa que apoian os nacionalistas é que cada nación é un estado independente, pero non é así polo que se van a aplicar dúas politicas:

# SECESIÓN (separación): É o que hai que aplicar cando hai un estado que ten dentro moitas nacións; segun os nacionalistas hai que crear con cada unha destas nacións un estado.

# UNIFICACIÓN: unha nación repartida en moitos estados. O que hai que facer é unilos. Era o q ue pasaba nesa época con Alemaña e Italia.

Estas tres ideoloxías son as que forman as bases para as revolucións. As revolucións de 1830 e 1848 son moi repetitivas, é dicir, todas teñen o mesmo ESQUEMA:

-Primeiro hai unha crise economica (agricultura, industria e finanzas). Estas crises son pos causas naturais.

-Da crise económica pasamos á crise política e desde alí pasamos á revolución.

-Temos grupos dirixentes que son a burguesía.

- E tamén masa revolucionaria que son as clases baixas, a xente que está pasando fame.

O desenlace da revolución é que a burguesía faise co poder, forman o goberno, logo reprimen o pobo para que volvan as súas casas ( o cal é unha traizón á revolución). A burguesía usa este poder para crear un réxime que lle favoreza.

AS REVOLUCIÓNS DO 1830:

-Revolucións triunfantes:

# A DE FRANCIA: Onde se intenta aplicar ó liberalismo. Vai facer pasar dun réxime de CARTA OUTORGADA ( o réxime que instaura Luís XVIII que é un hibrido de liberalismo e absolutismo, xa que aínda que o rei ten bastante poder non é un rei absoluto. A Carta Outorgada é unha especie de constitución feita polo rei. Case é un rei absoluto). O desenlace final vai ser unha monarquía constitucional con sufraxio censatario. A monarquía de Luís Felipe.

# A DE BELXICA: O que mais importancia ten é o liberalismo e o nacionalismo.

Bélxica estaba integrado con Holanda nun so pais, eran nacións perfectamente diferenciadas. Os belgas están moi mal tratados e moi discriminados no pais.

A revolución belga consiste na SECESIÓN, se separan de Holanda e crean un rexime constitucional.

-Revolucións Fracasadas:

Teñen un compoñente nacional e liberal.

# POLONIA.

# ITALIA.

# ALEMAÑA.

Se intenta levar adelante unha unificación e que tivesen réxime liberal, pero estas revolucións fracasan.

AS REVOLUCIÓNS DO 1848:

-Revolucións triunfantes:

# A DE FRANCIA: Empeza por unha crise económica e industrial que afecta bastante ós ferrocarrís. Xa que unha fabrica que había moi importante en Paris ten que pechar, e isto, vai facer que tamén pechen moitas más fabricas que estaban relacionadas con ela (a fabrica de facer vagóns...) e vai haber un gran incremento no paro.

Esta crise vai afectar en seguida ó réxime, a monarquía constitucional de Luís Felipe, que non sabe como actuar nin como cambiar a situación e comezan as protestas.

A revolución vai acabar cun réxime favorable á burguesía, o II IMPERIO:

O vai dirixir Napoleón III, sobriño de Napoleón I, é case unha repetición do réxime do seu tío. É a mesma burguesía que comeza a revolución a que vai poñer no poder a Napoleón III, xa que tiñan medo de que non foran capaces de controlar ó pobo e que este lles quitase poder.

-Revolucións fracasadas:

En todas vai a haber ideas nacionalistas e liberalistas.

# A DE ALEMAÑA.

# A DE ITALIA.

Nestes países séguese intentando, igual que nas revolucións do 1830, que as nacións repartidas en varios estados se unan nun so. Pero outra vez os nacionalistas fracasan.

# A DO IMPERIO AUSTRIACO: Era un imperio multinacional. Varias destas nacións van a ser protagonistas de intentos de revolución:

-AUSTRIA: Intenta instaurar un réxime liberal. O foco principal desta revolución esta en Viena.

-CHEQUIA e HUNGRIA } Piden a secesión.

Nestes intentos de revolucións o que acaban con elas son os tres países da Santa Alianza.

CONSECUENCIAS DAS RESVOLUCIÓNS:

As revolucións fracasadas o que fan é convencer ós monarcas absolutos de que non poden seguir con este réxime, xa que o único que causa é que siga habendo revolucións. Por iso os reis de convencen de que o mais intelixente é ir cambiando o réxime pouco a pouco e adoptar reformas liberais e democraticas.

Esta é a causa de que non haxa casi mais revolucións a partir do 1848.




Descargar
Enviado por:Lucía De Cesero
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar