Filología Gallega


Relato desde unha perspectiva estructural


  • O relato desde unha perspectiva estrutural

  • A estrutura da novela: historia e discurso

  • Estes dous termos, historia e discurso, aparecen da man do formalista TODOROV que distingue entre fábula e suxeito, aínda que xa ARISTÓTELES diferenciaba entre mito e dianoia.

  • Historia: é o tema, que se ten que presentar en orde cronolóxica e lineal, tendo como base relacións causa - efecto.

  • Discurso: é o xeito no que se dá a coñecer o acontecido.

  • Elementos que constitúen o relato

  • Historia

    Discurso

    Tema

    Narrador

    Argumento

    Tempo

    Gramática do relato

    Espazo

    Motivo

    Personaxes

    Estrutura

    Tempo

    Espazo

    Personaxes


    • TEMA: son limitados, non así o xeito de presentalos, e uns teñen máis importancia ca outros en función do momento histórico.

    • ARGUMENTO: é máis extenso, xa que comprende todos os feitos do relato.

    • MOTIVO: é un concepto que xurde da man dos formalistas (distinción entre fábula e suxeito) e que se define coma a unidade mínima de acción (heroe que rapta a princesa). Poden ser de catro tipos:

  • Libres ou asociados (tamén chamados ligados ):

    • Libres: podemos prescindir deles sen que iso afecte á acción.

    • Ligados: son imprescindíbeis para a acción.

    • Estáticos ou dinámicos:

      • Dinámicos: relacionados coa acción do heroe.

      • Estáticos: descricións e digresións.

      • ESTRUTURA: debemos analizala atendendo ao narrador, o espazo, o tempo... e non ao contido. Pode ser:

    • Comezo cunha introdución moi detallada (Fortunata y Jacinta).

    • Comezo inesperado, in medias res, ex abrupto ( O código Da Vinci).

    • Desprazamentos temporais considerábeis no comezo (Crónica de una muerte anunciada).

    • Estrutura en escaleira: cóntase a mesma historia dende diferentes puntos de vista (O cuarteto de Alexandría; A dama de Shangai)

    • Enfiado: relatos xustapostos que están unidos por un elemento común, por exemplo, un personaxe ( Percival e outras historias de Ferrín, Las Sonatas de Valle - Inclán).

    • Encadre: inclúense unhas historias dentro doutras, metanarración (O Quixote; As mil e unha noites).

    • A historia. As gramáticas do relato ou esquemas actanciais

    • Os esquemas actanciais xorden na Lingüística e logo son trasladados á Teoría Literaria. Consisten en analizar os personaxes dende unha perspectiva distinta: a da súa función. Estas funcións serán os actantes.

    • Propp

    • Propp en Morfoloxía do conto (1928) estuda cen contos de fadas rusos e, tras esta análise, chega á conclusión de que hai nos personaxes ou actores funcións que se repiten. Clasifica estas funcións en trinta e unha, reducíndoas a sete:

    • Heroe: é o que realiza a acción, persigue o obxectivo do matrimonio.

    • Falso heroe: é aquela función que representan os personaxes que se queren facer pasar polo heroe.

    • Auxiliar: é a función desenvolvida polos personaxes que axudan ao heroe (desprazándoo no espazo, transformándoo...)

    • Princesa e pai: a primeira é o obxectivo do heroe e o segundo intenta impedir o matrimonio ou ponlle probas ao heroe.

    • Mandatario: manda cartas, recados... ao heroe.

    • Agresor: loita contra o heroe.

    • Doante: prepara un obxecto máxico, bo ou malo, para o heroe.

    • Greimas

    • Greimas (Semántica estrutural do relato, 1966) é un estruturalista francés que, partindo dos esquemas do lingüista Tesnière e da mesma idea ca Propp elabora a seguinte clasificación de actantes:

      D1 (destinador)

      D2 (destinatario)

      S (suxeito)

      O (obxecto)

      Ax (axudante)

      Aux (auxiliado)

      Op (opoñente)

      • Suxeito: realiza a acción principal.

      • Obxecto: é o obxectivo do suxeito.

      • Destinador: é a forza que promove a acción do suxeito e sanciona o que este fai.

      • Destinatario: é o beneficiario da acción do suxeito.

      • Axudante e auxiliado: son forzas que axudan ao suxeito.

      • Opoñente: dificulta a acción do suxeito.

    • Barthes

    • En Introdución á análise estrutural do relato (1966) distingue entre as seguintes funcións:

      • Nucleares: accións importantes que afectarán noutras posteriores.

      • Catálises: accións sen importancia que poderían suprimirse sen que isto afectase ao desenvolvemento da historia.

      Barthes aplica a súa teoría ás novelas de 007.

    • O discurso. Conceptos e modelos de enunciación narrativa. Niveis de enunciación narrativa. A modalización narrativa

    • Entendemos como narración a administración dun tempo dende unha perspectiva determinada cunha modalidade ou discurso concretos e a aparición de personaxes nun espazo determinado.

    • O narrador segundo NORMAN FRIEDMAN

    • Friedam elaborou unha das primeiras clasificacións do narrador que, se ben está superada hoxe en día, séguese a empregar.

    • Omnisciencia: o narrador sabe todo sobre os personaxes, pode ser de catro tipos:

      • Omnisciencia editorial ou autorial: aparece o autor implícito xulgando, comentando... as funcións do autor poden ser:

        • Metanarrativa: comentarios que non están vencellados ao relato.

        • Ideolóxica: defensa dunha determinada postura, é a máis abundante.

        • Hermenéutica: axuda a entender o texto.

      • Omnisciencia neutral: só aparece o narrador omnisciente, sen existir o autor implícito.

      • Omnisciencia selectiva: o narrador céntrase nun personaxe mediante o estilo indirecto libre.

      • Omnisciencia multiselectiva: o narrador sabe todo pero conta só o que os personaxes, ou reflectors, lle deixan contar. Neste caso o narrador omnisciente non se centra nun só personaxe.

      • O eu testemuña e o eu protagonista: son dúas perspectivas da narración en primeira persoa:

        • Eu testemuña: narra o que escoitou, o que viu ou lle contaron sen el participar neses feitos.

        • Eu protagonista: conta o que el viviu.

      • O modo dramático e o modo cinematográfico:

        • Modo dramático: é o que se dá cando os personaxes dialogan e o narrador non existe como tal. Tamén se inclúe dentro do modo dramático o monólogo interior, porque non deixa de ser un diálogo do personaxe consigo mesmo.

        • Modo cinematográfico: o narrador actúa coma unha cámara cinematográfica que conta obxectivamente o que ve. Responde á corrente psicolóxico - filosófica denominada Condutismo.

      • O narrador segundo GENETTE: a focalización

      • A focalización non implica só o punto de vista do narrador, senón a calidade do que ve ou describe. Pode ser de tres tipos:

      • Focalización cero ou non focalización: o narrador sabe todo dos personaxes sen se limitar a uns personaxes concretos.

      • Focalización interna: o narrador sabe todo o que un(s) personaxe(s) lle permite(n) saber. Pode ser:

        • Fixa: centrada nun só personaxe.

        • Múltiple: centrada nun grupo homoxéneo de personaxes.

        • Variábel: centrada en máis dun personaxe.

        • Focalización externa: o narrador describe dende fóra dos personaxes, é alleo a eles.

        • FRIEDMAN

          GENETTE

          Omnisciencia editorial e neutral

          Focalización cero ou non focalización

          Omnisciencia selectiva

          Focalización interna fixa

          Omnisciencia multiselectiva

          Focalización interna variábel

          Modo dramático e modo cinematográfico

          Focalización externa

          Ámbalas dúas propostas teóricas, a de Friedman e a de Genette, son complementarias, mais para facer un comentario podemos cinguirnos só a unha delas.

        • A voz (GENETTE)

        • A voz refírese a quen fala e pode coincidir ou non con quen ve. Segundo o narrador estea dentro ou fóra da historia podemos atopar as seguintes voces:

        • Homodiexética: o narrador está dentro da historia (é un personaxe, conta un feito vivido...). Unha voz homodiexética pode contar a súa propia historia (eu protagonista), neste caso sería ademais unha voz autodiexética.

        • Heterodiexética: o narrador é alleo á historia que conta.

        • A modalidade narrativa ou discurso interno (discurso do narrador + discurso dos personaxes). DORRIT COHN / HUMPHREY

        • A modalidade narrativa pode ser de catro tipos para os que DORRIT COHN, HUMPHREY e a narratoloxía actual nos dan denominacións diferentes (aínda referíndose ao mesmo fenómeno):

          DORRIT COHN

          HUMPHREY

          DENOMINACIÓN MÁIS ACTUAL

          ELEMENTO NO QUE SE CENTRA

          Siconarración

          Descrición omnisciente

          Narrador

          Monólogo citado

          Soliloquio

          Personaxe

          Monólogo narrado

          Monólogo interior indirecto

          Estilo indirecto libre

          Narrador

          Monólogo autónomo

          Monólogo interior directo

          Monólogo interior, corrente de conciencia (streme of conciousnes)

          personaxe

        • Siconarración ou descrición omnisciente: é o discurso que se corresponde coas omnisciencias (non sempre coa selectiva e a multiselectiva) no que un narrador en terceira persoa e, polo tanto, alleo á historia, conta o que sinte ou pensa un personaxe.

        • Monólogo citado ou soliloquio: é o personaxe quen conta o que pensa ou sinte, non un narrador.

        • Monólogo narrado, monólogo interior indirecto ou estilo indirecto libre, caracterízase polos seguintes trazos:

          • O eu cámbiase por un el, de xeito que vemos pensar ao personaxe a través dun narrador.

          • Confusión entre o narrador e o personaxe, é dicir, non sabemos se ese narrador é o propio personaxe ou é outra persoa.

          • Uso do imperfecto ou do condicional.

          • Abundancia de exclamacións, interrogacións, interxeccións...

          • Ausencia de verba dicendi ou verbos introdutores.

          • Monólogo autónomo, monólogo interior directo ou monólogo interior: o personaxe transmite os seus pensamentos e sentimentos de xeito incoherente e fragmentario, polo que é unha técnica que se achega ao subconsciente.

          • O tempo na novela

          • Xunto co narrador e o espazo é un dos elementos máis importantes na análise narratolóxica. A relación tempo - espazo é indisolúbel (cronotopo).

            O tempo pode ser:

          • Tempo físico: o natural, medíbel polos astros (día, noite).

          • Tempo crónico: tempo domesticado polos aparatos (reloxos).

          • Tempo psicolóxico: non está relacionado cos dous anteriores, xa que é o tempo que alguén cre que pasa dependendo de moitas circunstancias (estado de ánimo...).

          • Tempo narrativo (GENETTE): o tempo narrativo é o que se refire a como o tempo da historia (os feitos en orde lóxica e causal) pasa ao discurso (cómo se contan eses feitos).

          • GENETTE fala de tres elementos no tempo narrativo: orde, duración e frecuencia.

          • Orde: adoitan producirse anacronías ou saltos no tempo entre o punto de referencia inicial e outros secundarios:

            • Analepse ou flashback (pasado).

            • Prolepse ou flashforward (futuro).

            Dentro da orde temos que falar de dous elementos básicos:

            • Alcance: é a distancia que hai entre o punto de referencia inicial e o salto ao pasado ou o futuro.

            • Amplitude: é o tempo que dura ese salto no tempo, a historia que se conta na analepse ou na prolepse.

            Dependendo do alcance e da amplitude hai tres tipos de analepses e prolepses:

            • Externas (a maioría): o alcance e amplitude caen fóra do tempo de referencia inicial.

            • Internas: o alcance e a amplitude caen dentro do tempo de referencia inicial.

            • Mixtas: o alcance cae fora do tempo de referencia inicial, pero a amplitude chega a tocalo.

          • Duración: refírese ás alteracións no ritmo que se producen en tódalas novelas e contos, é dicir, á ANISINCRONÍA. Para estudar a duración debemos ter en conta:

            • O tempo de lectura.

            • As liñas que o autor dedica a descricións, un ou outro acontecemento...

            • Dentro da anisincronía podemos atopar:

              • Elipse: omisión de anacos da historia no discurso, pode ser:

                  • Determinada: menciónase o tempo de duración da elipse.

                  • Indeterminada: non se especifica o tempo de duración.

                  • Explícita: existencia de signos no texto que marcan a elipse (espazos en branco).

                  • Implícita: inexistencia de signos no texto que nos indiquen a presenza dunha elipse.

              • Resumo: non se omiten elementos da historia, pero pasan ao discurso dun xeito máis breve, resumidos.

              • Escena: a historia e o discurso coinciden, como acontece nos diálogos ou no monólogo interior.

              • Pausa: momentos da historia que no discurso se prolongan máis. A pausa pode ser:

                • Descritiva.

                • Disgresiva.

              Elipse

              Resumo

              Escena

              Pausa

              TH > TD

              TH > TD

              TH = TD

              TH < TD

              Axiliza o ritmo

              Mantén o ritmo

              Ralentiza o ritmo

            • Frecuencia: entendemos por frecuencia o número de veces que un ou varios feitos da historia se contan no discurso. A frecuencia pode ser:

            • 1F

              1D

              Frecuencia singulativa (o feito aparece no discurso tantas veces como acontece na historia)

              NF

              ND

              1F

              ND

              Frecuencia repetitiva (o feito aparece no discurso máis veces ca na historia)

              NF

              1D

              Frecuencia iterativa (unificación de varios momentos da historia. Exemplo: “todas as fins de semana...”, non se conta cada fin de semana, senón que se unifican todas)

            • O espazo na novela

            • Debemos entender función coma unha acción feita polo personaxe.

              O Estruturalismo francés é herdeiro do Formalismo ruso. Amais de Greimas non podemos esquecer nomear un dos seus máximos representantes: Genette.

              O narrador está presente e reflicte o que o personaxe pensa ou di. Caracterízase polo uso do imperfecto.

              Termo de Dujardin. Ver punto 2.2. do tema 2.

              Termo acuñado por M. Bajtin que fai referencia á relación do tempo e o espazo cun determinado contido ou siginificado.

              Unha analepse ou prolepse non consisten nunha mera referencia ou pasado ou ao futuro (onte/ mañá) senón que é algo máis complexo, ten que se desenvolver esa historia que acontece no pasado ou no futuro.

              TH: tempo da historia; TD: tempo do discurso.

              F= feito, D= veces que se conta no discurso

              Constitúen o eixo principal do esquema

              A

              B

              A

              B

              B

              A




    Descargar
    Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar