Psicología
Psicología Comunitaria
PROMOCIÓN E MELLORA DAS RELACIÓNS SOCIAIS ENTRE IGUAIS NO CONCELLO DE LOUSAME
Aspectos introductorios
O concello
Xustificación teórica
Avaliación
Obxetivos e política de actuación
Obxetivos
Fases e actuación
Conexión obxetivos-compoñentes
Recursos
Distribución temporal da implantación do programa
Coste aproximado do programa
Implementación do programa
Evolución
Principais problemas
Mantemento do programa
Contactar co equipo interventor
Avaliación de resultados
Diseminación do programa
1. ASPECTOS INTRODUCTORIOS
O concello
O concello de Lousame sitúase no límite oriental da península do Barbanza, entre os concellos de Noia e Boiro, cos que limita ó norte e ó sur respectivamente. É un dos concellos máis extensos da península do Barbanza. Está composto prácticamente por terreos de monte e non dispón dun núcleo principal de poboación, senón que esta repártese en aldeas dispersadas entre as zonas de monte. Algunha destas aldeas é de acceso moderadamente difícil.
O concello dispón dun Colexio Público ó que lle corresponde asistir á totalidade dos nenos, dunha escola infantil pública na aldea de O Sanguiñal. Tamén dispón dun centro de Atención Médico e de Servicios Sociais, atendido por unha psicóloga. Non dispón de traballador social.
Xustificación Teórica
Esta disposición xeográfica, xunto co carácter tradicionalista do concello (onde a agricultura e a gandería están moi extendidas) é motivo en moitos casos dun déficit de ralación sociais cos iguais. Os rapaces de Lousame relaciónanse cos seus iguais do concello cando asisten á escola. Ó terminaren as clases regresan á aldea, aldeas en moitos casos pequenas, onde as posibilidades de relación se limitan a estar en contacto coas mesmas persoas, básicamente a familia e un pequeño grupo de amigos. Nos fins de semana permanecen continuamente na aldea e só en contadas ocasións se acercan a núcleos urbanos como Noia ou Santiago (esto non é así en todo o concello, pero si en moitas das aldeas máis apartadas). Todo isto é máis acentuado durante a idade escolar do neno, mentras debe permanecer no Colexio Público. Superado este periodo, cando empeza a traballar ou estudiar fora, a situación cambia. Sen embargo considérase que en moitos dos casos este déficit de relacións sociais xogou en contra do adecuado desenvolvemento do neno nun periodo crítico como é o da infancia. . Dous feitos dos últimos anos contribúen a aumentar este déficit de relacións con iguais: por un lado a disminución da taxa de natalidade, que fai que os nenos teñan menos compañía da súa idade disponible, e por outro a migración que dende as aldeas se fai ós núcleos urbanos, e que tan negativamente está afectando ó concello.
Dende hai tempo o goberno municipal ven tentando dar solucións a este problema. Nos últimos anos construeuse unha piscina pública, de libre acceso. Tamén se montou unha escola de tenis subvencionada na maior parte polo concello. Construíronse, ademais, diversas instalacións deportivas: un polideportivo cuberto, varias pistas de futbito (algunhas delas cubertas e con iluminación). Sen duda todo isto axudou a aumentar os contactos sociais con rapaces da mesma idade nos casos máis desfavorables, pero as posibilidades de utilización e disfrute das instalacións e dos medios non alcanzou ó 100 % dos nenos do concello. Un dos grandes problemas é o transporte: o concello é moi amplio e con accesos limitados, e existe unha proporción alta de xente que non dispón na casa de coche ou carnet. Moitas das familias mandarían ós seus fillos a actividades extraescolares beneficiosas, pero non dispoñen de medio de transporte e os autobuses non alcanzan tódolos lugares do concello, ou alcánzanos en horarios moi ríxidos.
Dentro deste marco é onde actúa o programa: para aumentar as posibilidades de relación con iguais dos rapaces de Lousame proponse a creación dunha Escola de Música encargada de formar músicos para a creación dunha Banda Infantil de Música. O grande problema añadido do transporte supérase coa contratación dun número indeterminado de minibuses (esto quedará fixado tras a avaliación inicial) encargados de recoller e devolver ós rapaces ás súas aldeas.
A pertenza a un colectivo de iguais presenta diversos beneficios para o desenvolvemento do neno; así o mostran diversas investigacións (Lewis e Rosemblum, 1975; Lacy, 1978; LeMare e Rubin, 1987, etc). Algunhas delas son:
-As relacións entre iguais favorecen o proceso de socialización.
-Mellora na adquisición de competencias sociais.
-Control de impulsos agresivos.
-Relativización dos puntos de vista.
AVALIACIÓN
Como avaliación inicial propones un programa de entrevistas semiestructuradas entre unha mostra representativa de pais do concello. Debe tratar os seguintes temas:
-En que medida os pais cren que os seus fillos necesitan máis relación con xente do seu igual.
-En que medida cren que os seus fillos teñen posibilidade de levar a cabo este tipo de relacións.
-En que medida apoiarían un programa que estívese enfocado a favorecer as relacións entre iguais.
OBXETIVOS E POLÍTICA DE ACTUACIÓN
3.1. Obxetivos
Os obxetivos do programas son os seguintes:
1. Aumento das posibilidades de relación con iguais dos rapaces do concello.
2. Aumentar a capacidade de coordinación e sincronización co grupo.
3. Favorecer estratexias cooperativas de interacción..
Serían subobxetivos:
4. Educar ó mesmo tempo que se persigue o obxetivo principal.
5. Educar alternativamente á ensinanza musical estandarizada do conservatorio.
3.2. Fases e actuación
A creación dunha banda require unha serie de etapas, que evolucionan do seguinte xeito:
0. Adestramento dun profesor de música en técnicas de dinámica de grupos.
Captación dos futuros músicos.
Ensinanza teórica
Adestramento nas técnicas que se requiren para dominar un instrumento musical.
Inauguración e mantemento da Banda.
3.3. Conexión obxetivos-compoñentes
O obxetivo 1 do programa lógrase coa permanencia e integración do suxeito no grupo. Sabido é que nengún agregado de persoas pode sobrevivir sen que se formen nel grupos informales. Estes grupos poñen en contacto á xente, non só á que forma parte del, senón ós amigos e coñecidos dos que están dentro do grupo. Dase, polo tanto, un efecto de “bola de neve” no que a posibilidades de relación se multiplican, e no que o realmente beneficiado é o individuo.
O obxetivo 2 (“sincronización e coordinación co grupo”) alcánzase a través da experiencia que o individuo vai adquirindo ó interactuar coa xente. O suxeito, como parte do grupo, aprende o que pode esperar de cada un dos membros, e como debe reaccionar ante determinadas situacións. Adquire experiencia que será moi útil na vida.
O obxetivo 3 lógrase coa mesma creación da banda. Precisamente se escolleu como actividade a creación dunha banda porque a pertenza a unha destas formacións favorece a cooperación entre todos os membros do grupo.
Os obxetivos de “educar simultanea e alternativamente alcánzanse na medida en que é o individuo o que guía a súa propia aprendizaxe: non se verá forzado ou presionado a seguir un ritmo nen a superar unha probas ou obter unhas calificacións.
3.4. Recursos
Clasificados segundo as distintas etapas son os seguintes:
Enumerados serían necesarios os seguintes:
Preimplantación do programa.
-
Costeo dos gastos do equipo interventor nos desplazamentos necesarios para realizar o programa de entrevistas no concello.
Fase 0: Adestrador dun profesor de música en técnicas de dinámica de grupos
-
Contratación dun profesor de música que estea disposto a ser o director da banda unha vez esta estea formada. Debe ter experiencia na didáctica musical a nenos e coñecer a técnica dos instrumentos que interveñen nunha banda. Sería tamén aconsellable que residise cerca de Lousame. Ademais, debe estar disposto a recibir un entrenamento (que lle proporcionará o equipo de psicólogos encargados do proxecto) en técnicas de dinámica de grupos e habilidades sociais.
Fase1: Captación
-
Recursos económicos necesarios para poder costear a impresión de folletos informativos e contratación dunha liña telefónica onde se ofreza información personalizada. O reparto de folletos e a información proporcionaráa o equipo interventor e os voluntarios que xurdiran durante a realización das entrevistas na fase de Preimplantación.
Fase 2: Didáctica
-
Contratación dun número concreto de autobuses e conductores que realicen os distintos traxectos que recollan e devolvan ós alumnos ás súas aldeas.
-
Local de ensino e ensaio. O concello de Lousame dispón de varios locales válidos: a Escola Pública Infantil de O Sanguiñal (dispón dun piso que non está ocupado con ninguna actividade), o Edificio dunha escola Pública en A Filgueira, o edificio da Escola Pública Infantil de Tállara, etc.
-
Fase 3: Adestramento nas técnicas que se requiren para dominar un instrumento musical.
-
Instrumentos musicais que interveñen nunha banda: neste punto só se proporcionarán os instrumentos máis caros; o resto dos instrumentos deben ser comprados polo alumno.
Fase 4: Inauguración e mantemento da banda
-
Contratación dun xastre que realicen os traxes para os músicos.
Todos estes recursos deben ser costeados polo concello; sen embargo no referinte á formación da banda e a compra de instrumentos, a Deputación de A Coruña e a Xunta proporcionan determinadas axudas e subvencións para o progreso da banda e a compra de instrumentos. Ademais, unha vez esta está formada, a Deputación de A Coruña remunera determinadas actuacións sinaladas por eles en lugares distantes á zona de orixe da banda, e que teñen por finalidade promocionar a esta.
3.5. Distribución temporal da implantación do programa
Estas seguirían do xeito que a continuación se mencionan:
-Fase 0: Contratación e Preparación dun profesor de música: 4 meses
-1ª Fase: Captación de alumnos. 2 meses.
-2ª Fase: Ensinanza da didáctica: 8 meses
-3ª Fase: Aprendizaxe das habilidades dun instrumento: 1 ano
4ª Fase: Ensaio e formación da banda: 6 meses.
Hai que indicar tamén que a fase 2 e a 3 non se acaban unha vez que se forma a banda, senón que continúan. É conveniente sinalar que a ensinanza aquí proporcionada non ten carácter oficial. Se un alumnos quere quitar os títulos oficiais correspondentes debe acudir a un conservatorio, ben público ou privado.
3.6. Coste aproximado do programa.
-Contratación dun profesor de música por un periodo de 32 meses, a razón de 150.000 pesetas/mes 4.600.000 pesetas
-Gastos de desplazamento do equipo interventor. 50.000 pesetas
-Gastos de impresión de folletos informativos 50.000 pesetas
-Contratación dunha nova liña telefónica 20.000 pesetas
-Contratación de minibuses
-Compra de instrumentos 2.500.000 pesetas
-Compra de traxes (dependerá do número de músicos) 1.600.000 pesetas
TOTAL: 8.820.000 pesetas (sen valorar o coste da contratación dos autobuses)
IMPLEMENTACIÓN DO PROGRAMA.
4.1. Evolución
A implementación do programa faise a través dunha serie de etapas que
requiren, cada unha delas, realizar unha serie de accións. Detalladamente, son as seguintes:
Preimplantación
O equipo interventor será o encargado de levar a cabo o programa de entrevistas no concello. Ademais disto, o equipo fará especial fincapé na necesidade de voluntarios para axudar a levar a cabo la implementación do programa. Os voluntarios axudarán en diversas tarefas durante a implementación do programa.
Contratación e preparación dun profesor en técnicas de dinámica de grupos.
O profesor que sea contratado recibirá determinada instrucción en técnicas que favorezan a dinámica de grupos e a participación activa do grupo. O equipo de psicólogos encargado fará fincapé en que se busca a participación do grupo e que é necesario que, sempre que se poida, as tarefas realizaránse en grupo e non de xeito individual. Esto pode parecer contradictorio, pero a didáctica musical préstase grandemente a movilizar e favorecer a participación activa do grupo. É necesario facer esta aclaración para as fases iniciais de docencia; unha vez formada a banda de música, está garantida a participación de tódolos individuos. Para tocar nun colectivo musical é necesario sempre ter en conta ós demais e pensar dende unha perspectiva grupal.
Captación dos futuros músicos.
Centraráse específicamente en rapaces en idade escolar pertencentes ó concello de Lousame. Sen embargo, non se debe prohibir a entrada a xente doutras idades ou doutros concellos. A única desvantaxe que terán os membros pertencentes a outros concellos e que non poderán disponer do servicio gratuito de autobuses que o concello proporciona ós seus cidadáns. A captación faráse do seguinte xeito.
-Mediante o reparto de folletos polo concello. Débese explicar neles que se desexa formar unha banda de Música e que se ofrece (ensinanza de teoría musical, solfeo e as técnicas básicas para lograr o dominio dun instrumento musical).
-Explicación no Colexio Público Cernadas de Castro ós alumnos da Intención do Concello de formar unha Banda Municipal e entrega de folletos ós alumnos para que os ensinen na casa.
En ámbolos dous casos, nos folletos debe constar un número de teléfono onde se informe detalladamente.
Esta primeira fase de captación de alumnos determinará o número de persoas do concello apuntadas, o cal facilitará o establecemento do número de autobuses necesarios para recoller e devolver ós alumnos ás súas aldeas e as rutas máis necesarias que deben seguir
2. Ensinanza teórica..
Aquí empeza a formación en teoría musical e solfeo. Encárgaráse desta tarefa un profesor de música que reúna as condicións adecuadas. A ensinanza non se realiza ó estilo tradicional de conservatorio, onde é necesario superar exames: aquí cada alumno vai ó seu ritmo. Debe preparar unha determinada lección ou tema na casa e logo mostrarlle ós progresos ó profesor. Sen embargo, o proceso non se fai de xeito totalmente individualizado, senón que se practican en grupos exercicios de coordinación, medida, expresión ou entonación musical. Os manuais de solfeo e teoría musical dispoñen de exercicios para realizar en grupo. Esta ensinanza debe ser realiza durante as tarde da semana, unha vez conclúan as clases. Tamén se pode contar co sábado se así o desexan profesor e alumnos. Tanto profesor como alumnos teñen total liberdade para acordar o número de días que queren recibir ensinanza teórica, a distribución destes durante a semana e a configuración dos horarios.
3. Adestramento nas técnicas que se requiren para dominar un instrumento musical.
Esta fase comeza cando os alumnos disponen xa de certa formación en solfeo e teoría musical. Os alumnos deben comezar a adquirir as habilidades necesarias para tocar un instrumento. Posto que aprender a tocar un instrumento é unha habilidade, e as habilidades necesitan grande práctica, sería aconsellable aumentar o número de días de docencia. En concreto, necesitarianse tres días de docencia como mínimo. Esta docencia realizaráse polas tardes e os días e os horarios concretos deben ser acordados entre o profesor e os alumnos.
Ensaio e formación da banda.
Co comezo desta etapa iníciase a banda como grupo formal. Antes de acudir a actos públicos a banda debe ensaiar un repertorio mínimo e aprender determinadas habilidades, tal como son o paso de desfile. Neste punto é necesario indicar que a ensinanza didáctica e a aprendizaxe das técnicas necesarias para tocar un instrumento non se abandonan de todo, se ben se pode reducir o horario dedicado a elas. Director e músicos teñen completa liberdade para establecer o número de días de ensaio, así como a distribución horaria e a duración destes.
4.2. Principais problemas
Os problemas que xurdan trataránse entre todos os membros do grupo, buscando unha solución que se adapte o mellor posible á totalidade. Se non fose posible encontrar unha solución que satisfaga por igual ó colectivo, elixiráse mediante a conducta de voto, e tomando a decisión votada polo 50% + 1 da xente. Se non fose posible acadar unha solución ó problema nunha soa votación realizaránse varias, ata que se logre o número antes indicado.
4.3. Mantemento do programa
Os expertos consultados, así como a propia experiencia, aseguran que a maior parte das persoas que entran a formar parte dunha banda municipal de música continúan no mundo da música, ben estudiando música a alto nivel en conservatorios e/ou entrando noutras bandas ou aprendendo a tocar novos instrumentos. Deste xeito, cabería esperar que a continuación do programa estívese asegurada unha vez se retiren os recursos ou non pareza adecuado seguir invertindo recursos nel. Os recursos económicos que, nun principio, dependen tanto do concello, van sendo garantidos cada vez en maior medida pola propia banda. Esta, unha vez formada, cando sae a tocar cobra determinadas cantidades polos seus servicios. Aínda que os alumnos absorven unha parte deses beneficios, outra parte queda nos fondos propios para gastos.
A creación dunha banda asegura que o peso dos interventores no programa é cada vez menor e menos necesario, avanzando os seus compoñentes cada vez a maiores niveis de independencia. De todos xeitos, unha vez se retire o equipo interventivo, será necesario designar unha directiva que estea ó tanto dos movementos da banda. Nesta directiva debe haber un tesoreiro/a, un secretario/a, un presidente/a e un consello formado por pais de alumnos.
4.4. Contactar co equipo interventor
Para calquera consulta poden dirixirse a :
5. AVALIACIÓN DE RESULTADOS
Unha vez terminada a implantación do programa realizaráse un programa de entrevistas entre os membros da banda, que tratará os seguintes puntos:
-En que medida a banda axudou a ampliar as súas relacións sociais entre iguais.
-En que medida os individuos consideran o pertencer á Banda unha experiencia significativa.
-Que valoración persoal dan ós coñecementos adquiridos.
6.DISEMINACIÓN.
A difusión do programa faráse a través de dúas vías: presentación dun informe referente ó programa no Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia e envío dun informe ás principias revistas nacionais que se movan dentro do ámbito da Psicoloxía Comunitaria
1
Descargar
Enviado por: | Jrelo |
Idioma: | gallego |
País: | España |