Política y Administración Pública


Políticas lingüísticas en Galicia


Índice:

I. A situación das comunidades lingüísticas obxecto de estudo........................... páx 2.

I.1. Definición de comunidade lingüística.............................................. páx 2.

I.2. A situación da lingua, ¿quen a fala?................................................. páx 3.

I.3. O idioma nos estes públicos............................................................ páx 5.

  • O idioma nas administracións públicas... ........................... páx 5.

  • O idioma no ensino............................................................... páx 7.

  • Outras institucións públicas.................................................. páx 10.

  • Admon Xurídica........................................... páx 11.

  • Servicio Postal.............................................. páx 12.

  • O camiño de Ferro........................................ páx 12.

  • Sinalizacións Viais........................................ páx 13.

  • Mass-Media................................................... páx 13.

  • Cultura........................................................... páx 15.

  • I.4. O idioma no ámbito privado.............................................................. páx 15.

    II. Os Aspectos legais, principais diferencias entre a España e a Bélxica............ páx 19.

    II.1. Os criterios de implementación de políticas lingüísticas.................. páx 19.

    II.2. Bélxica e España, dúas vertentes opostas...................................... páx 20.

    III.Conclusión........................................................................................................ páx 26.

    IV. Bibliografía.................................................................................................... páx 30.

  • A SITUACIÓN DAS COMUNIDADES LINGÜÍSTICAS OBXECTO DE ESTUDO.

  • I.1. Definición do concepto de comunidade lingüística.

    A declaración universal dos dereitos lingüísticos de Barcelona de 1996, firmada por institucións coma o CIEMEN e baixo o amparo da UNESCO entende por unha comunidade lingüística “toda sociedade humana que, asentada historicamente nun espacio territorial determinado, recoñecido ou non, autoidentifícase como povo e desenvolveu unha lingua común coma medio de comunicación natural e de cohesión cultural entre os seus membros. Coa denominación de lingua propia dun territorio faise referencia ó idioma da comunidade que historicamente se estableceu neste espacio”.

    Partindo entón desta definición podemos considerar como tal comunidade ó conxunto de galegos que teñen coma medio de comunicación propio e habitual a lingua galega (tanto das dentro das fronteiras administrativas estipuladas na C.E. para a Galiza coma aqueloutros falantes da chamada Franxa Exterior) e tamén, aqueles belgas de lingua xermana que viven nos territorios de Eupen e St. Vith (adheridos, entre outros, polo reino belga en 1920 segundo o Tratado de Versalles coma botín de guerra) e de Montzen, Bocholz e Arelerland (estas últimas zonas situadas na Rexión Valona onde non se recoñecen os seus dereitos).

    Ambas comunidades van se-lo obxecto central deste estudo, procurando dar unha visión comparada da situación de ambas coma tamén a lexislación á que se ven sometidas dentro dos Reinos da España e da Bélxica.

    I.2. A situación da lingua, quen a fala?.

    Os datos dos que dispomos amosan que ambas linguas atópanse nunha situación similar tanto nas súas zonas legalmente recoñecidas coma naquelas onde non o están. En ambas primeiras decláranse en torno ó 90% dos habitantes como capacitados para fala-la, no tocante as segundas consta da existencia en torno ós 50.000/100.000 falantes nas zonas onde o idioma non ten cobertura legal (non se ten en conta ó medio milleiro de emigrantes galegos espallados polo mundo que aínda utilizan a súa lingua). A povoación galega é, segundo o último censo, un 6% do total do estado español; fronte o 1% que os nove municipios xermanófonos supoñen ó total da povoación belga. Pese a isto ambos estados danlle semellante cobertura legal, aparecendo coma linguas de segunda fronte as oficiais a tódolos efectos, castelán, francés e neerlandés:

    Fig.1 Comunidades lingüísticas do e. Belga

    Políticas lingüísticas en Galicia

    Fig. 2. Comunidades lingüísticas do e. Belga:

    Repartición da povoación por comunidades lingüísticas, en milleiros

    1991

    1993

    1994

    1996

    1998

    Rexión de lingua neerlandesa

    5.795

    5.847

    5.866

    5.880

    5.912

    Rexión de lingua francesa

    3.276

    3.305

    3.313

    3.315

    3.327

    Rexión de lingua alemana

    68

    69

    69

    69

    70

    Bruxelas capital (bilingüe)

    951

    949

    948

    951

    953

    Fonte: Páxina oficial do Governo Belga en Internet.

    Fig 3: Comunidades lingüísticas do e. Español:

    Idioma

    Falantes

    porcentaxe

    Catalá (Catalunya)

    4.800.000

    12%

    Catalá (P. Valencià)

    2.200.000

    5,5%

    Catalá (I. Balears)

    576.000

    1,44%

    Galego (Galiza)

    2.403.000

    6%

    Euskera (Euskadi)

    588.000

    1,47%

    Euskera (Nafarroa)

    80.000

    0,2%

    Castellano (E. Español)

    29.353.000

    73,3825%

    Nota: non se achegan os datos de aqueles membros de estas comunidades lingüísticas residentes en zonas fóra do recoñecido pola C.E. como áreas xeográficas destes idiomas, así coma datos sobor do uso do occitano no Vall d´Arán e aquelas linguas non recoñecidas (bable, aragonés).

    Fonte: Elaboración propia a partires de datos doutros estudos.

    Fig 4. Area de influencia do idioma galego.

    Fig 5. Area de influencia do idioma alemán.

    Políticas lingüísticas en Galicia

    I.3 O idioma nos entes públicos.

  • O IDIOMA NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

  • O alemán e unha lingua maioritaria na “Nova Bélxica” en situación de igualdade co idioma estatal, o francés. Con respecto a lexislación que regula o uso do alemán nos concellos onde esta recoñecido o seu uso, ambas se atopan maiorizadas. No caso do galego na súa propia área de influencia, vese en desvantaxe fronte o castelán no que a lexislación se supón; o galego é unha lingua maioritaria minorizada, i revés que o castelán, lingua minoritaria maiorizada.

    No referido unicamente ó punto que nos ocupa pódese dicir que ambas son utilizadas pola administración, se ben en ambos casos as administracións centrais usan a lingua oficial estatal: castelán e francés respectivamente. Aínda así dende a última reforma constitucional o Governo da Rexión Valona e os seus ministerios procuran utiliza-la lingua xermana nas súas comunicacións co que se da en chamar Nova Bélxica pro non a administración mailo governo federal. En Galiza a Xunta de Galiza utiliza o idioma galego primordialmente.

    Por outra banda nas administracións locais en Galicia o criterio escollido é que o cidadán recibe as súas comunicacións e servicios no idioma que el mesmo prefira; utilizándose na maioría dos casos comunicados bilingües. No tocante á zona de Eupen e St Vith as administracións locais exprésanse integramente en alemán mentres que en Malmedy e Arelerland coma en todo o oficial utilizase o francés.

    Aínda así entre os entes públicos de ambas comunidades existe unha diferencia crucial cando se fala do trato que recibe o idioma: no caso alemán calquera persoa que pretenda ser titular dun posto de traballo público dentro da rexión da comunidade alemana que veña de fóra da mesma, deberá de coñecer e manexa-lo idioma alemán tendo que pasa-las provas correspondentes, que nun período de tempo variable poden eximilo do seu posto de traballo facéndose requisito indispensable. En Galiza pola contra unicamente se realizan unhas provas para determinar un mínimo coñecemento do idioma, pero que en caso de non ser superadas en ningún momento serán causa de inhabilitación para ese posto de traballo.

    b. O ENSINO

    No referido á educación a lei belga de 1963 establece para a comunidade xermanófona o seguinte:

    Fig 6 o alemán no ensino:

    Area

    Alemán: Obrigatorio/opcional

    Consideración do alemán

    Ano de inicio

    Eupen, St. Vith

    obrigatorio

    Idioma oficial do ensino

    Preescolar

    Malmedy

    Obrigatorio1

    Idioma estranxeiro

    Segundo ano

    Arelerland

    Obrigatorio2

    Idioma estranxeiro

    Quinto ano

  • Na metade sur é considerada como materia opcional.

  • En certas zonas é materia opcional escollible no primeiro, terceiro e cuarto ano.

  • Os libros de texto proceden na súa maioría de Alemaña. A excepción son aqueles materiais que se usan no caso do ensino do idioma coma lingua estranxeira e tamén de aqueles referidos a cuestións propias de Bélxica. Na chamada vella Bélxica (Malmedy e Arelerland) o alemán non é o medio de instrucción de ningunha institución educativa; mentres que pola contra, na Nova Bélxica (Eupen e St. Vith) en 1987 de 4.402 alumnos en catorce escolas secundarias 3.864 son ensinados integramente en alemán. Os 538 restantes asisten a clase en institucións dos departamentos francofalantes.

    No correspondente o coñecemento do idioma por parte dos profesores o capítulo cuarto, artigos de trece a dezaseis estipulan as medidas estatutarias aplicables. O profesorado en Bélxica basicamente ten que demostrar que eles coñecen e dominan o idioma no que a escola onde piden destino imparte o ensino e o do departamento onde van a traballar (implica en moitos casos coñecer 2 dos tres idiomas do país). Na practica isto tradúcese na pouca mobilidade dos ensinantes que soen preferir aqueles postos sitos na súa propia rexión. No caso da Bélxica xermanófona oficial existen dous colexios encargados de impartir clase ós profesores que son destinados a Nova Bélxica e non coñecen o idioma.

    Na Vella Bélxica non existe este requisito así como o coñecemento do idioma limítase a súa transmisión oral na casa.

    En Galiza vívese unha situación similar, peor en certos aspectos:

  • Nas garderías e preescolar os nenos sons tratados polo seu mestre en galego nun 20% aproximadamente e sobre un 44% en galego e castelán á vez fronte un 70% dos nenos de Eupen e Malmedy que son tratados en alemán (a porcentaxe restante e de povoación francófona e e persoas de outras procedencias).

  • No caso da ensinanza secundaria a situación é un pouco máis parellos porcentaxes (entre o 64% e o 89% reciben en galego parte da súa educación, fronte a un 88% dos nenos de Nova Bélxica) pero cunha diferencia salientable: así como se viu na figura 6 o alemán e o idioma oficial do ensino na rexión polo que nas escolas da mesma impártense tódalas materias integramente en alemán excepto as de idioma estranxeiro; no caso galego a porcentaxe faise sobre aqueles que reciben parte da educación no idioma da zona. É moi a ter en conta que o galego está considerado coma materia obrigatoria da que calquera persoa nada fóra da Galiza pode quedar exento de recibi-la se llo solicita a administración. Esta estipulado que certas materias sexan impartidas en tal idioma pero estas non son a maioría das que se teñen a disposición do alumno. As materias “de ciencias” non teñen por que ser impartidas en galego e soamente algunhas materias “de letras” teñen a obriga de se-lo en galego coma historia, xeografía ou historia do arte. É de salientar que apelando a “liberdade de cátedra” no ensino obrigatorio cada profesor remata impartindo as clases no idioma que utiliza habitualmente, ben sexa en galego ou en castelán, sendo, iso si, maior a negativa dos castelanfalantes ó emprego do galego que viceversa.

  • No caso das provas para o coñecemento do galego por parte do profesorado existen como moito, para os vidos de fora, as mesmas que para o resto do funcionariado xa mencioadas antes, as cales non eximen de poder ser titular dun posto público de tal cariz.

  • Fig 4 o galego no ensino:

    Lingua/nivel

    Primaria

    Secundaria

    Superior

    Castelán

    52%

    47%

    50%

    Bilingüe

    29%

    39%

    28%

    Galego

    14%

    14%

    22%

    Nota: datos do ano 1991 conseguidos dun dossier do instituto de sociolingüística da u.o.c na súa páxina de internet.

  • A situación do ensino naquelas zonas galegófonas e xermanófonas que non son recoñecidas pola lei é moi similar. A principal diferencia reside en que no segundo caso os alumnos poden escoller, coma mal menor, o seu idioma como idioma estranxeiro a estudiares, cuestión que na Franxa exterior non é posible. Neste caso so é posible o seu ensino fora do fogar en certas asociacións e organizacións privadas. Ambos estados negan neste caso a existencia destas comunidades lingüísticas negándolles os seus dereitos e protección algunha. Isto ten coma consecuencia obvia que a situación noutros aspectos da vida pública atópase na mesma situación que o ensino. O caso español é máis sangrante, xa que a povoación galego falante estimada na Franxa é superior ó número de individuos que compendio a comunidade xermanófona belga que ten certos dereitos recoñecidos. Este é un dato que amosa que a sensibilidade do país centro europeo é maior á do peninsular. Aínda así e de destacar que un dos problemas máis importantes que existen para a normalización do ensino do alemán en Malmedy e Arelerland (situación que nesta segunda zona abarca tamén o luxemburgués) reside na pouca aceptación que ten o alemán estándar por parte dos falantes xermanos na rexión, xa que consideran os dialectos que empregan (Moselle-franko, Baixo franko e limburgiano) como códigos distintos ós por el empregados.

  • OUTRAS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS.

  • No referido a outras institucións públicas coma o servicio postal, o camiño de ferro, os sinais das estradas ou os mass media públicos obsérvanse, criterios deferentes dun a outro país:

    c.1. O Idioma nas autoridades xudiciais:

    Dende que o alemán non é lingua oficial na Vella Bélxica case non é utilizado polas autoridades xudiciais da zona, cuestión á que tamén se enfrontan os galego falantes da Franxa Exterior, onde o galego simplemente non é utilizado. En Malmedy o uso do alemán pode ser empregado, sendo posible a solicitude dun intérprete. Na Nova Bélxica é falado nas cortes. Se un individuo vive fóra da área xermanófona e solicita que o procedemento sexa levado a cabo en alemán o seu caso será trasladado ó xulgado de Eupen; esta cuestión é hoxe impensable para a enorme comunidade de galego falantes que residen fora dos límites da comunidade autónoma xa que serían xulgados polo titular da zona onde foi realizado o suposto delicto, sen o dereito a utiliza-lo galego por estaren fora da zona onde é recoñecido e non asistírenlle o dereito individual a utiliza-lo (sen ter en conta a obriga constitucional de coñece-lo castelán). Na Bélxica en moitos casos non son necesarios os interpretes alemán/francés, se ven nestes casos o xuízo terá lugar onde ámbalas dúas partes conveñan (outro aspecto impensable dentro do marco xurídico español). No caso galego a lei de normalización lingüística establece o dereito dos galegos de utiliza-lo seu idioma nas súas relacións coas autoridades xudiciais, insta a que os documentos e a validación dos mesmos ademais do procedemento sexan realizados como mínimo en ambos idiomas, os oficiais deben de acredita-lo seu coñecemento do idioma e a traducción so é necesaria e requirida no caso de que sexa solicitada (esixida) por unha das partes ou que se este fóra das fronteiras da Galiza. A creación do Tribunal Supremo da Galiza supuxo, sobre o papel, unha axuda ó desenvolvemento do idioma no ámbito xudicial galego, pero na práctica a súa utilización en vistas orais por parte dos maxistrados e moi reducida. Outra diferencia é que o idioma alemán soamente se ve inhabilitado para ser empregado perante o Tribunal de Apelación, mentres que os galegos non poderán dispoñer da súa lingua no caso de ter que presentarse ou ter algún tipo de relación cun xulgado sito fóra de Galiza.

    c.2. O servicio postal:

    Na Nova Bélxica é de carácter bilingüe alemán-francés ó igual que en Galiza. Nestoutra dende os últimos 5 anos as comunicacións son bilingües, aínda que a meirande parte dos cartaces anunciadores sitos nos edificios postais seguen estando en castelán. Os empregados utilizan o alemán no primeiro caso (teñen a obrigatoriedade ademais de coñece-lo francés para prestarlle servizo a esta comunidade lingüística) e galego ou castelán no segundo, dependendo moitas veces na lingua que empregue o cliente, sobre todo no caso de empregados galego falantes (esta tendencia diminúe co paso do tempo, ó igual que tamén o fai a tendencia dos usuarios do servizo a utilizalo castelán).

    c.3. O camiño de ferro:

    Vense na mesma situación que o servizo do punto anterior. So hai a salvedade que no caso Eupen e St Vith a situación tórnase totalmente xa que o idioma máis empregado é o francés por ser un servizo compartido co resto da rexión valona pero coa obriga de coñecer e manexa-lo alemán para poder traballar nas liñas que comunican con esta zona. Os topónimos son bilingües neste caso e unicamente en galego na Galiza. As comunicacións e informacións orais das estacións son bilingües en ambos casos.

    c.4. Sinalizacións viais:

    repítese a situación toponímica do camiño de ferro, sinais bilingües no caso xermanófono e só en galego no caso da Galiza.

    c.5. Mass media públicos:

      • Radio: en ambos casos sucede o mesmo, en Galiza e na Nova Bélxica existe unha emisora pública no propio idioma de ambas zonas que poden ser escoitadas na Franxa exterior e na Vella Bélxica: son a Radio Galega e a Belgisches Runkfunk- und Fernsehzentrum con 450.000 e cerca de 1 millón (o seu rango chega máis alá da ribeira do Rhin, polo que escoitada por moita xente fora da bélxica) de oíntes habituais.

      • Televisión: Na Galiza existe unha canle pública a Televisión Galega que emite unhas 100 horas semanais. Na Nova Bélxica a existe unha canle en provas ; as canles da Alemaña Federal poden ser vistos sen problema ningún, tanto as públicas coma as privadas.

      • Computadoras & Internet: Existe pouco software en Galego, o procesador de textos wordperfect ten unha versión en galego financiada pola Xunta (pese a que nos seus ordenadores non a usa) e hai varios correctores, incluídos algúns para as normativas non oficiais. No caso dos alemáns da Nova Bélxica estes dispoñen de todo o software en alemán o utilizar coma lingua oficial o alemán estándar. Existen un número considerable de páxinas en galego sempre que se teña en conta o pouquiño software existente; incluso páxinas coma o google teñen a posibilidade dentro das súas preferencias posibilidade de utiliza-lo galego como idioma da busca e textos da páxina, aínda así hai moitas máis páxinas en castelán con Galiza de orixe; sobre todo as que son de carácter privado.

    c.6. Cultura (literatura, música...):

      • Literatura: Na Galiza a media de libros publicados en galego ó ano é de uns 760 títulos, comprendendo libros de texto, poesía, prosa, ensaio, estudos científicos ou literatura infantil nun amplo habano de estilos. A Xunta subvenciona parte dos libros destinados ó ensino e, pese a existencia dun grupo de consumidores habituais de literatura galega (cuns 200 anos de tradición contemporánea) a maioría da povoación foise enfrontando o problema de non estar acostumados ó idioma na súa forma escrita (a penas dende principios dos oitenta existe unha normativa, non totalmente aceptada -existen dúas máis que no seu momento non foron aceptadas-). Pero este problema é menor a medida que pasa o tempo, ademais de aumentou o número de traduccións de obras extranxeiras ó galego. O galego non escapa ó problema da diminución de lectores que sofren hoxe en día unha grande parte dos idiomas escritos do mundo. No caso da Nova Bélxica a aceptación da tradición escrita do alemán estándar coma propia fai que as publicacións realizadas na rexión redúzanse a un pírrico número de tres libros por ano cuestión que non é grave polo comentado anteriormente.

      • Música: No que se refire a música tamén en Galiza existe un forte movemento no que respecta a música tradicional con dúas tendencias básicas enfrontadas (Foxistas contra o resto do mundo) unha das cales, a menos aceptada no gremio é a que maior apoio institucional ten por parte Xunta de Galicia. Pese ós graves problemas de distribución que sofren a maioría dos grupos (so escapan a el buques insignia coma Milladoiro, Luar na Lubre, Berrogüeto ou Carlos Núñez) a súa saúde é considerable. Existe tamén un polo nos últimos anos no que respecta á outras músicas contemporáneas coas letras en galego pero que carecen das axudas das que dispoñen os tradicionais. No tocante ó alemáns da Bélxica, estes seguen mantendo con boas saúde a súa tradición musical pero non é comparable en absoluto o caso galego.

    I.4. O idioma no ámbito privado.

    A modo de introducción deste punto a frase que inexorablemente se introduce no tinteiro e que é neste apartado é onde reside a clave. É neste aspecto onde se ve a concienciación e consideración dun idioma por parte da súa comunidade lingüística, o seu uso nos nomes de empresa, a utilidade que se lle da para o traballo, as políticas das empresas da zona en cuestión de idiomas, a preocupación polo uso da lingua nos entes públicos ou o seu uso por aqueles que detentan profesións de prestixio. É aquí onde o alemán da Bélxica ten a súa principal forza fronte o francés e unha menor protección legal e, pola contra, a grande materia do galego. No primeiro caso todo é favorable, pero no segundo segue considerándose coma lingua de segunda pola maior parte dos seus falantes cotiás.

  • Uso no marketing e publicidade: Na Nova Bélxica toda a publicidade esta en alemán -excepto a de grandes marcas coma coca-cola- estática radios ou televisión. En Galiza a publicidade é maioritariamente en castelán aínda que nos últimos anos esta a aumentar timidamente a escrita en galego. Tódolos anuncios radiofónicos son en castelán excepto os da radio galega ou os de días sinalados coma o das Letras Galegas ou o día do Patrón de Galiza; o resto dos anuncios en galego son esporádicos. O mesmo sucede na televisión pero co agravante de que a metade dos anuncios da TVG están sen traducir ó galego e se

  • poden considerar coma rarezas aqueles anuncios publicitarios que teñen os textos escritos das imaxes en galego.

  • A importancia do idioma no traballo: coma condición para obter un posto de traballo a situación é a seguinte:

    • Na Nova Bélxica o coñecemento do alemán é un requirimento implícito e indispensable cando se aspira á maioría dos traballos. Os test de selección están en alemán e nas oficinas locais non se promove a ninguén que non coñeza sobradamente o idioma. En Galiza pola contra o coñecemento do galego non é un criterio considerado polas empresas, non se considera indispensable para poder ter un posto de traballo. Claro está que en moitos casos sería moi indicado para postos de cara ó público, pero non existe como criterio establecido (ademais en moitas tendas ou oficinas, os dependentes galegofalantes atenden ós descoñecidos en castelán).

    • Fig.5. O Galego no traballo.

      Galego

      Castelán

      Esencial

      Útil

      Non necesario

      Esencial

      Útil

      Non Necesario

      Comprende-lo

      27%

      59%

      14%

      43%

      39%

      18%

      Falado

      28%

      60%

      12%

      50%

      37%

      13%

      Lido

      13%

      54%

      33%

      44%

      36%

      20%

      Escrito

      14%

      43%

      43%

      54%

      34%

      12%

      Datos de 1991

      Fig. 6 Lingua das admón. das compañías.

      Maiormente en castelán

      40%

      Ambas por igual

      15%

      Maiormente en galego

      43%

      Outras

      2%

      O máis salientable destes datos é a pouca importancia que se lle concede ó galego escrito, pese o aumento da producción bibliográfica e a súa escolarización. Isto é debido principalmente a dous factores: o primeiro é a vella pirámide de povoación de Galiza, cuestión que coincide con que a maioría dos galego falantes sitúanse nos segmentos máis altos da mesma, polo que non foron ensinados a escribir ou ler o galego, prohibido na época de Franco.

      Fig.7. Política lingüística das compañías.

      COMpleta

      6%

      Parcial

      5%

      Existe pero non é aplicada

      9%

      Non existe

      80%

      3) Os mass-media privados: Existe unha gran diferencia neste aspecto entre ambas comunidades, xa que na Nova Bélxica poden dispoñer das canles privadas da televisión alemana, cuestión que en Galiza é imposible xa que as canles portuguesas non están consideradas coma “propias”. No tocante á radio a situación é tamén favorable ós belgas, principalmente porque dende as rexións xermanófonas emiten varias emisoras privadas (Radio Hermann, Studio Kelmis, Radio Aktivität, Radio Rewi...) mentres que en Galiza so se poden constatar pequenas emisoras piratas cun radio de acción local coma é o caso de “Radio Kalimero” na zona de Compostela. Mención aparte merecen os xornais. Na Galiza so se pode constatar 1 xornal diario en galego O Correo Galego cunha tirada duns 5.000 exemplares que sobrevive polas subvencións do Governo autonómico. A parte do anterior existen máis publicacións periódicas íntegras en galego como a revista Tempos Novos, Novas da Galiza, o semanario A Nosa Terra, a revista xuvenil Golfiño e algunhas máis. O caso da Nova Bélxica é máis esperanzador, para unha comunidade dunhas 70.000 persoas existe un xornal propio integramente en alemán o Grenzecho cunha tirada en torno ós 15.000 exemplares. A maiores o diario alemán Aaclhener Volkseitung ten unha páxina especial titulada Eastern Belgium. Existen máis publicacións periódicas coma Der Wochenspiegel, Grenzlanderport, Der Bauer, Zwischen Venn und Schneifel ou Der Wegweiser.

    • Os aspectos legais, principais diferencias de criterio entre a España e a Bélxica.

    • II.1. Os criterios de implementación de políticas lingüísticas.

      Son fundamentalmente dous: a implementación en función do dereito individual ó uso de un idioma e a implementación segundo os dereitos dunha comunidades lingüística no seu territorio. Pódense dar diferentes combinacións de ambos ou considerarse coma dous extremos dunha mesma escala gradual. Por descontado vai que estes dereitos levan implícitos as súas consabidas obrigas.

      O dereito individual: Consiste basicamente na potestade que ten o individuo para expresarse en tódolos ámbitos, formais e informais, nun idioma concreto dentro dun estado - coa condición de que este recoñecido polo ente impersoal con tal status -, indiferentemente da localización xeográfica do individuo dentro do mesmo (dentro ou fóra da rexión da súa comunidade xeográfica). Como exemplo está Canadá. O bilingüismo oficial Canadiano (francés e inglés) está fundado sobor dos dereitos individuais sen límite territorial, isto é, un francófono fóra da única rexión onde a súa lingua é maioritaria (Quebec) pode utiliza-la súa lingua nos aspectos formais despois de realizar unha solicitude expresa e o mesmo lle sucede a un anglófono no Quebec. Mención aparte ten o seu carácter de estado Federal, que se reflexa en que cada estado ten a súa propia política lingüística en razón da realidade propia, fundamentada na lei federal que establece ás dúas linguas coma oficiais.

      O dereito territorializado (ou da comunidade lingüística): Parte da base de que as linguas en concorrencia nun estado multilingüe están separadas territorialmente en zonas diferentes. Entón o criterio é que os dereitos son da comunidade lingüística dentro do territorio onde é maioritaria.rexión xeográfica onde se vai utilizar, para cuestións formais ou informais, a lingua desta, podéndose perder os dereitos lingüísticos o avandoaren dita rexión, dependendo do grao de aplicación do criterio.

      II.2. Bélxica e España dúas vertentes opostas.

      Coma introducción pódese comentar que ambas parten do criterio territorial:

      • Constitución española, artigo 3.1. “El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla” e 3.2. “Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con los Estatutos”.

      • Constitución Belga, artigo 4. “ Bélxica comprende 4 rexións lingüísticas, a rexión de lingua alemana, a rexión de lingua francesa a rexión de lingua neerlandesa e a rexión bilingüe de Bruxelas(...)”

      Na comparanza destes artigos vese de forma clara a aplicación por parte belga do criterio territorial e como o estado español utiliza un criterio de dereitos persoais territorializados para as linguas minoritarias. Cabe recordar aquí que ambos estados parten duns principios territoriais constitucionais opostos, mentres Bélxica e un estado Federal descentralizado en sentido ascendente, no caso español este é un estado unitario cuxa descentralización administrativa é realizada en sentido descendente, a modo de concesión do$poder central. Este criterio básico vai se-lo que coherentemente sexa aplicado no que se refire as linguas.

      Entón o governo belga vai recoñecer tres consellos de governo en materia lingüística, un por cada unha das comunidades recoñecidas, é fará extensible o uso do idioma de cada unha de elas a tódolos poderes, ámbitos e administracións que teñan a súa localización en cadanseu territorio. Isto na práctica supón que o idioma no que ata o estado federal se vai a expresar na rexión de fala neerlandesa - coincidente coa rexión federal de Flandes - é esta mesma; igual sucederá no caso da Valonia, rexión que é a da comunidade francófona. En Bruxelas aplícase este criterio a ámbolos dous idiomas. No caso da comunidade xermanófona a situación é diferente. Ó ser unha pequena comunidade de 70.000 persoas dentro da rexión valona (francófona) non forman unha rexión federal, polo que os seus dereitos vense un pouco reducidos. O estado federal non emprega este idioma pero si o fai o governo Valón no que atinxe ós nove municipios que teñen recoñecida a súa lingua, e tamén tódalas institucións de rango inferior ó Federal (pero os seus funcionarios na rexión teñen a obriga de coñece-lo idioma). Está recoñecido coma oficial o texto da Constitución Belga en alemán, cousa que non sucede co texto da española nos idiomas que non son o castelán. Nestoutro caso pódese ver como os dereitos de aquelas linguas distintas do castelán están minorizadas nas súas zona de influencia. O estado belga recoñece ás tres como oficiais cada unha no seu territorio, o español recoñece 1 lingua oficial para todo o estado e un dereito individual limitado ó territorio para as demais. O punto onde se di deber implica que todo cidadán do estado está obrigado a coñece-la aínda que non sexa o seu idioma materno, e onde se di dereito implica que non pode ser rexeitada en ningún lugar do estado español. Isto tradúcese en que unha persoa procedente dunha rexión monolingüe en castelán que vaia a residir noutra onde se da a cooficialidade pode esixir o emprego de este idioma para con el, sen te-la obriga de coñece-lo idioma da rexión nin ser inhabilitado por elo en ningunha situación; en Bélxica un francófono que se estableza en Flandes ten a obriga de aprender e dominar o neerlandés e o seu descoñecemento será inhabilitador para a ocupación de calquer posto público (quedaralle a posibilidade de solicitar o estado federal o emprego do francés nas relacións para con el) . Isto é o artigo 3 permite o uso de outras linguas distintas do castelán utilizadas de forma maioritaria en certas zonas sempre e cando non vaian en mingua do uso do castelán, mantendo unha salvagarda constitucional para épocas de “guerra lingüística”. Este aspecto é demostrado en estas dúas sentencias do tribunal constitucional de 1983, ante as leises de normalización lingüística euskera e galega:

      • Sentencia TC 82/1986, de 26 de junio. Recurso de inconstitucionalidad nº 169/1983 interpuesto por el Abogado del Estado, en representación del Gobierno de la Nación contra determinados preceptos de la Ley 10/1982, de 24 de Noviembre del Parlamento Vasco, Básica de Normalización del Uso del Euskera(...) Fallo: ha decidido estimar parcialmente el recurso de inconstitucionalidad y, en consecuencia, declarar la inconstitucionalidad de los arts. 8.3. y 12.1(...).” o que se declara inconstitucional nesta sentencia son os artigos e títulos da lei onde se desenrola o art. 6.1. do estatuto do País Vasco onde se di : “el euskera, lengua propia del País Vasco, tendrá, como el castellano, carácter de lengua oficial de Euskadi, y todos sus habitantes tienen el derecho a conocer y usar ambas lenguas”, lexislando o deber de coñecer neste caso o euskera. O caso galego, que veremos a continuación, é moito máis claro neste aspecto.

      • Sentencia TC 84/1986, de 26 de junio. (...) Recurso de inconstitucionalidad registrado con el núm. 678/1983, promovido por el Presidente del Gobierno, representado por el Abogado del Estado, contra los arts. 1.2. y 7 de la Ley 3/1983, del Parlamento de Galicia, de 15 de junio de 1983, de normalización lingüística.(..) El apartado segundo del art. 1 es impugnado (...) en cuanto impone a los gallegos el deber de conocer el idioma gallego (...) tal deber no viene impuesto por la Constiución y no es inherente a la cooficialidad de la lengua gallega.(...) declarar inconstitucional el inciso “deber de conocerlo” (...).”

      Como se pode comprobar existe unha cooficialidade onde un idioma ten un rango superior a outro, para un a oficialidade implica o deber de coñece-lo idioma pero para as demais non, encontrándose estas en clara desvantaxe coa lingua maioritaria do estado español, incluso nas zonas onde estes idiomas son maioritarios.

      A lexislación belga busca a harmonía lingüística, a igualdade de estauts para os falantes de cada unha das linguas empregadas con certo arraigo no seu territorio, considerándoas propias de vontade e con feitos: dándolles o mesmo status legal. Hoxe en día España incumpre a Carta europea para as minorías lingüísticas, non de forma tan flagrante coma Francia pero incúmprea ( á vez que se lles impón o seu estricto cumprimento ós candidatos a entrar na unión coma o caso de Romanía, obrigada a escolarizar a húngaros, serbios, croatas, alemáns ou búlgaros cada un no seu propio idioma). A lexislación española non favorece o máis mínimo as linguas minoritarias, as que por esta mesma condición deberían de ser as que tivesen maior protección. Non é unha boa forma de preservar “la riqueza lingüística española” cando un galego falante, na Galiza (onde o seu idioma é maioritario), ten o deber de coñecer o castelán pero non o de coñecer o idioma que se falou durante xeracións na súa familia. Non é igualitario que un castelán falante que resida en Catalunya, Euskadi, Balears, Pais Valencià ou Galiza poida esixir o emprego do castelán a calquer institución pública, e un galego, euskaldun, balear, valencià ou català, non poida esixi-lo mesmo trato nas zonas monolingües en castelán. Un flamenco e un valón teñen exactamente os mesmos dereitos en situación de minoría que en situación de maioría, soamente os xermanófonos teñen algún dereito menos, que se reduce ó Tribunal de Apelación e a lingua do estado Federal, isto é 70.000 persoas están en mellor situación na Nova Bélxica que galegos, catalàs, euskaldunes, baleares e valenciàs todos xuntos.

      Ademais o art 120 da constitución belga establece que nas zonas fronteirizas entre as rexión lingüísticas os cidadáns teñen o dereito individual de acollerse a xurisdicción e lexislación do Consello lingüístico do idioma o que pertenzan aínda no caso de non estar dentro do territorio que e ten delimitado. Esto é impensable para os extremeños galego falantes ou os aragoneses que falan català.

      • III. Conclusión.

      Coma se pode observar nos datos que son expostos nos puntos anteriores existe un aspecto crucial, ó marxe da lexislación, que diferencia a situación de ambas linguas nos seus respectivos contextos. Este factor é de carácter interno: estamos a falar da conciencia e consideración que cada unha das comunidades lingüísticas lle outorga ó seu propio idioma. Neste aspecto a balanza é claramente favorable os xermanófonos da Bélxica fronte os galego falantes da España. Se ben é un factor a considerar que estes alemáns teñen o respaldo implícito da Alemaña (inflúe o dereito de sangue a ser alemán e tamén o celo con que se coida dende Alemaña as “súas” minorías espalladas por Europa) a cuestión de maior transcendencia é , pese a falar unha forma dialectal concreta de alemán, a aceptación da comunidade de considera-lo alemán estándar como a lingua escrita propia, cuestión que facilita moito a supervivencia do idioma ó entroncarse con unha tradición cultural forte, consolidada e respeitada. Na Galiza non pasa isto, a lingua galega é da familia da lusofonía, pero a antiga soberanía da España no territorio, xunto co continuo desprezo ó galego fixo que estas se separase totalmente do portugués. Outra cuestión está que o chamado Rexurdimento decimonónico e case que tódalas expresións en favor do idioma consideraban a este coma unha lingua propia separada do portugués e, por suposto, do castelán. O mutuo descoñecemento dos falantes do que antano foi unha mesma lingua na fala e na escrita parece hoxe unha dificultade moi complicada de salvar.

      O segundo aspecto que xustifica esta cuestión tamén ten arraigo histórico. O prestixio dun idioma ven, non so da súa tradición literaria, senón da cultura media do seus falantes e os postos que estes desempeñan na súa sociedade. No caso alemán non existiu o problema de que os empresarios de importancia, os profesores, médicos, avogados ou outras profesións “liberais” falasen nun idioma que non fose o alemán. Claro está que estiveron na obriga de emprega-lo francés durante moito tempo para as súas comunicacións oficiais co estado belga e que este non o recoñeceu durante un período moi longo de tempo, pero non se debe esquecer a época onde esta rexión estivo baixo dominio alemán e o máis importante: que estas clases procedían da rexión e o seu idioma habitual en comunicacións privadas ou públicas de carácter informal foi sempre o alemán. No caso galego, dende finais da idade media as clases detentoras do poder económico e político proviña de fora, falaban castelán e non mostraban ningún tipo de aprecio pola lingua do país considerada durante moitos séculos coma dialecto do castelán. Xa na historia contemporánea os movementos da primeira metade do século XX que lograran un lixeiro status da lingua e unha dignificación da mesma, víronse obrigados o exilio (os que non foron presa da morte) por seren os militares da Galiza favorables ó golpe militar do exército Fascista que pelexaba en África. Xa victorioso este, o galego sufriu unha nova degradación - carteis tan significativos coma “no sea usted animal, hable castellano” - voltando a ser perseguido e prohibido polas autoridades. Entre o medo e a vergonza que se lles infrinxiu ós galego falantes durante corenta anos a situación actual móstranos como a xente que sofreu tales aldraxes agora e remisa a usa-la lingua en público, con estranos ou de educar ós filhos en galego, educándoos en moitos casos nun mal castelán ( o dato de que en tres xeracións se pasou dun 80% aproximado de falantes totais en galego a un 40% e moi significativo). Outra cuestión é o atraso xeralizado do país con Europa incluída Nova Bélxica.

      En definitiva, a solución depende da dignificación do galego en cada un e de cara ós demais nos aspectos cotiás do emprego da lingua, xunto co impulso dunha reforma da lexislación española ( comezando pola propia constitución) que free a erosión que o castelán infrinxe o galego, converténdoa nunha lingua maioritaria minorizada.

      Para rematar o art. 3.3 da constitución española establece que se coidará o patrimonio e “riqueza cultural de las distintas modalidades lingüísticas españolas(...)” en referencia a fabla aragonesa, o occitano no Val D'Aran ou o Bable en Asturies; linguas que quedan relegadas á 3ª clase pola constitución; pese a ter algunha máis falantes que o alemán na Nova Bélxica (bable).

      Claro está que a supervivencia depende en primeiro lugar dos seus propios falantes, da autoestima e conciencia de comunidade diferenciada, con un código de comunicación propio e diferenciador de outras comunidades. Isto é, de asumir a definición de comunidade dada ó principio do traballo de forma positiva, de estende-la diversidade coma riqueza. Unha lexislación coma española senta uns mínimos pírricos, por descontado innegociables; pero agocha na clave do deber de coñecemento do castelán o blindaxe da lingua maioritaria, da que está a reemprazar ás outras no seu territorio en vez de protexer ás que son ameazadas e inxuriadas na súa propia casa. Nun a lectura da lexislación un tanto extrema poderíase dicir que o malo é que as linguas “periféricas” recuperen o seu número de falantes e melloren o seu status.

      Para rematar podería rematar cunha cita ós clásicos galegos, cunha enfeitizada elexía o noso idioma, pero vou escoller este fragmento dun estudio da Carta Magna española do coñecido e prestixioso constitucionalista Ramón Tamames, que reflexa fidelmente a actitude que aínda campea no Estado Español : “(...) Y cabe también que el día de mañana cuando Gibraltar se incorpore a España, el inglés sea igualmente un habla peninsular, reconocida y garantizada en su ámbito por el eventual Estatuto gibraltareño de autonomía”.

      IV. Bibliografía:

      • Costas, Xosé Henrique: Guía das linguas de Europa, Edicións Positivas, 1ª edición, ano 2002, Compostela.

      • García Negro, María Pilar: Direitos lingüísticos e control político, Edicións Laiovento; 1ª edición ano 2000, Compostela.

      • Páxinas de internet:

        • www.troc.es/ciemen/mercator.

        • www. Linguistic-declaration.org

        • www.uoc.es/euromosaic.

        • www.xunta.es

          • Textos xurídicos:

        • Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias aprovada polo comité de ministros do Consello de Europa. 1992

        • Constitución Belga (modificación de 1994), Lei sobre dereitos lingüísticos de 1963 e Lei do idioma alemán no poder xudicial de 1988. (internet)

        • Constitución Española 1978. Introducción a la CE de Laura y Ramón Tamames. Alianza Editorial, quinta edición, 1991, Madrid.

        • Estatuto de Autonomía de Galiza, Lei de base 3/1983 do Parlamento de Galicia de normalización lingüística, Compendio de Lexislación sobre a Lingua Galega nas Administracións Local e de Xustiza.

        • Resolución Europea sobre as linguas e culturas das minorías rexionais e étnicas da comunidade europea.

        • Resolución sobre a situación das linguas na comunidade e da lingua galega.

        • Sentencias do TC 84/1986 e 82/1986.




    Descargar
    Enviado por:Maeloc
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar