Periodismo


Periodismo especializado


XORNALISMO ESPECIALIZADO

I PARTE: FUNDAMENTOS E ESTRATEXIA OPERATIVA

LECCIÓN 1. A ESPECIALIZACIÓN NA SOCIEDADE DO COÑECEMENTO.

A especialización está nos contidos e se ademáis eses contidos se dirixen a un público determinado/concreto, esa especilización aumenta.

A especialización dun medio defínese pois polos seus contidos porque se non fose así non poderiamos decir que a práctica xornalística está nos medios xeneralistas.

Imos traballar en como facer os contidos xornalísticos segund as técnicas e metodoloxía necesarias.

Diarios AS / MARCA Xornais monotemáticos - O DEPORTE

Xornais non especializados

Os medios monotemáticos poden ser especializados ou non dependendo dos contidos.

CARACTERÍSTICAS QUE IDENTIFICAN Á SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DO COÑECEMENTO

Cando se especializa a sociedade é porque se especializa o coñecemento. A especialización da sociedade correspóndese coa especialización periodística.

Hai factores externos ós propios medios de comunicación que nos axudan a explicar os cambios que se están operando na sociedade e que teñen moito que ver coa especialización ou coa ampliación de coñecementos e que van facendo unha sociedade máis aberta, máis esperta.

Hai outra serie de factores internos que explican a necesidade de especialización dentro dos propios medios de comunicación.

Entre os factores externos ós medios de comunicación hai que contemplar o fenómeno da globalización, un fenómeno de carácter económico. Entender cómo inflúen as características do tempo no que estamos, é dicir a globalización, dentro do modelo de sociedade da información. A globalización é producto da converxencia entre o que dimana da aplicación das tecnoloxías da comunicación e da información e o que significa o neoliberalismo como ideoloxía que expande o capitalismo contemporáneo.

¿Cómo intervén o factor globalización na especialización periodística:

  • Constátase o que se denomina sociedade global da información. Estamos nun modelo de sociedade que é o resultado da confluencia deses progresos tecnolóxicos en informática e telecomunicacións e a ideoloxía do neoliberalismo que se exporta polo mundo, sobre todo, a partires do fin da Guerra Fría e da caída do Muro de Berlín no ano 1989 e a entrada en crise do chamado socialismo real. O neoliberalismo apodérase do vacío ideolóxico existente e asume os efectos e o poder das novas tecnoloxías para facerse co mercado global.

  • As relacións entre a globalización e a comunicación. Os fluxos económicos que son producto da confluencia anterior, penetran no ámbito da comunicación quedando así sometido, tamén, ás estratexias do mercado global que crea a globalización.

  • A información é materia prima, a enerxía do tempo da industria, e á súa vez é un producto socio-cultural como cando se emprega no xornalismo. Polo tanto, ten un valor económico pero tamén un valor sociocultural. Hai valores contrapostos e enfrontados na información porque, sendo como é materia prima da globalización e multiplicadora de valor económica en tanto que producto socio-cultural, quérese dicir que é un valor democrático enfrontado a un valor de cambio. Esta contraposición materialízase nos medios de comunicación.

  • ¿Qué pintan os medios de comunicación nesa estratexia globalizadora tendo en conta a doble naturaleza da información? As tecnoloxías da información e da comunicación é certo que multiplican a capacidade productiva, caudal da información e tamén a capacidade de influencia social dos medios de comunicación, pola súa accesibilidade. Os medios de comunicación son moitos e fácilmente abordables/accesibles pero á súa vez están tamén máis expostos que nunca a quedaren contaminados polos grandes negocios (grandes concentracións , fusións, conglomerados, místifícanse os capitais). Os medios de comunicación son garantes de liberdades democráticas porque son capaces de vertebrar a unha opinión pública forte na que se asenta a democracia. As empresas mediáticas acaban estando sometidas ás influencias da globalización, a esas tendencias de centralización e de creación de grandes conglomerados.

  • Polo tanto hai que distinguir 2 tipos de comunicación para distinguir cada unha delas e afrontar que os medios de comunicación están sometidos ás leis do mercado. Hai que distinguir entre 2 tipos de comunicación:

    • Comunicación Funcional: é aquela que utiliza información como valor económico e serve para aumentar a productividade económica ou informativa.

    • Comunicación Normativa: é aquela que utliza a información como valor democrático para acrecentar os niveis de coñecemento e da democracia.

    Todo isto dá como resultado que nos vexamos inmersos nun mundo complexo. A complexidade é a característica do mundo da globalización .

    A complexidade explicaríase por algúns dos factores dos que acabamos de falar que caracterizan á sociedade global da información:

    • A complexidade ten que ver coa natureza ou por causa da natureza da globalización. Tendencia a homoxeneizar necesidades e productos simplemente para aumenta-la rentabilidade. Tendencia a homoxeneizalo todo, xa sexa un producto de tipo comercial, cultura ou valores democráticos. De aquí a dificultade nas persoas de diferenciar o que ten valor únicamente económico.

    • A mistura dos valores contrapostos fan difícil a súa diferenciación e crean máis complexidade na sociedade. É o efecto desa homoxeneización e tamén da imposición dun mundo sen reglas. A globalización tende a fixar no mercado global os seus obxetivos para que non sexa máis que o mercado o que regule o propio mercado coas súas reglas ou sen elas. Estamos pois inmersos nun mundo sen reglas e sen criterios só baixo o mito do progreso.

    • Rómpense as fronteiras do espacio e do tempo e non só as fronteiras físicas. Isto gracias ás novas tecnoloxías da comunicación e da información e isto crea unha grande inseguridade. A maioría de nós síntese seguro nun espacio en un tempo e iso vai difuminándose, rómpense tódolos referentes para sentirnos seguros no mundo.

    • Por outra parte, esa complexidade está referenciada no feito de que estamos a pasar dun mundo totalmente xerarquizado a un mundo autoorganizado e polos recursos dos que conta ese mundo, principalmente de carácter tecnolóxico que fai que pareza innecesaria a figura dos intermediarios. Estamos avocados a vivir nun mundo de incertezas , onde nada é predecible, porque todo cambia con demasiada rapidez, e avocados, tamén a asumi-la Velocidade como valor absoluto.

    O resultado final é a integración de sonidos, escrita e imaxe que son capaces de trasladarse á velocidade da luz (Dixitalización).

    A velocidade é un dos mitos deste novo modelo de sociedade e é o resultado da converxencia de trasladar a información de forma axerárquica a múltiples públicos, entre os que non hai relación, pola multitude de medios.

    A velocidade conleva pois á multiinformación. A sobreabundancia de información leva a que a comunicación acabe sendo víctima da información excesiva. Hai tanta información que ó final acabamos sendo incapaces de dixeri-la información e de diferenciar entre comunicación funcional e normativa, e incapaces de interpretar o que acontece ó noso redor.

    Aspectos positivos da globalización e da complexidade da nova sociedade global

    Pero non todo é negativo. As tecnoloxías da información e da comunicación facilitan ese proceso globalizador do capital e dá paso ó proceso homoxeneizador, pero ó mesmo tempo esas tecnoloxías facilitan a desterritorialización de puntos de interese económico, facilitan a creación da sociedade en rede (como a denomina MANUEL CASTELLS) ata tal punto que a rendabilidade dos fluxos económicos non a poden conseguir, a non ser de maneira localizada. Están feitos para seducir a sectores concretos, a grupos concretos e, por iso, sectorializan.

    ------------------------------------------------------------------------------------------------------

    ( Lectura - Fotocopias “La Sociedad Red” de M. Castells)

    (Lecura - Fotocopias “ A Identidade fronte á rede” L. Álvarez Pousa)

    ------------------------------------------------------------------------------------------------------

    Utilizan mensaxes diversificadas para públicos concretos, para cada punto onde as multinacionais teñen intereses, non para servilos mellor senón para rentabilizar.

    Isto conleva a que no campo da información suceda o mesmo. As tecnoloxías facilitan a multiplicación de medios de comunicación e facilta tamén a localización da producción e do consumo da información e nese sentido temos que pensar que existe algo positivo, o que se chama efecto subversivo das tecnoloxías, por unha parte facilitan a multiplicación de medios de comunicación e por outra a localización da producción e do consumo da información facendo que eses mediosd e comunicación sexan accesibles para os usuarios . Se falamos de información falamos tamén de coñecementos e ese é outro aspecto positivo.

    TODO ISTO TRAE CONSIGO CAMBIOS E TRANSFORMACIÓNS TANTO NA ESTRUCTURA SOCIAL COMA NOS ÁMBITOS DE COMUNICACIÓN E INFORMACIÓN.

  • En relación cos cambios na estructura social:

    • a fragmentación da sociedade que comporta á súa vez un gran movemento de fragmentación social. Isto derivase do efecto descentralizador que teñen as tecnoloxías da comunicación e da información o que fai multiplicar a aparición de segmentos sociais e conseguintemente a multiplicación das demandas da información.

    • Pero hai outros elementos que plantexan esta fragmentación como é a revalorización do local como espacio social (non como localismo) e, consecuentemente, como espacio no que se levan a cabo accións deliberativas para activa-la capacidade reivindicativa /subversiva, como manifestacións. É onde estes novos colectivos emerxentes poden activa-la súa capacidade reivindicativa. O local como espacio de deliberación para enfrentarse a tódolos problemas que poden estar violentando a convivencia e os valores desa convivencia ligados á democracia e tamén pola necesidade de manter o pluralismo social. Esta revalorización do local reforza este factor framentador.

    P.ex: en Galicia hai un proceso ininterrumpido de urbanización, na actualidade hai xa un 72% de espacio urbano

    • Por outra parte temos que ter en conta o crecemento educativo e cultural da sociedade. Así os colectivos están máis capacitados para esixir máis información, máis variedade na oferta informativa. Os públicos actívanse demandando información de calidade.

    • Outro elemento é a evolución tecnocientífica, a evolución da ciencia valéndose tamén da tecnoloxía. Isto conleva pois á fragmentación do coñecemento, multiplícanse os coñecmentos e ademáis de xeito nunha feito porque se valen de recursos tecnolóxicos para desenvolvérense. Estamos pasando do “saber” a “saberes”. Cada día estamos recibindo noticias de novos coñecementos ou descubrimentos científicos. Isto ó mesmo tempo comporta unha máis determinante división do traballo, cada vez vanse abrindo na sociedade novos campos/ámbitos de traballo, novos negocios que antes non existían. Polo tanto imponse aboradr o coñecemento e a ciencia de xeito sectorializado/segmentado.

  • En relación ós cambios no ámbito da información e da comunicación:

    • Hai un primeiro estadio tecnolóxico nos medios de comunicación que xeneran unha microrevolución dentro deles que é cando se tecnifica o proceso de producción periodística e cando se introduce o ordenador nas redaccións . Esa entrada crea confrontacións internas nas redaccións que conleva que os periodístas reforcen as súas funcións de control sobre eses procesos de produciión informativa porque se chega a comprobar de seguida que os ordenadores facilitan o traballo e a presencia actuante do xornalista pero tamén contribúen a desprofesionalizar o proceso de información debido a que as fontes teñen acceso a ese proceso electrónico.

    • A dixitalización, que se corresponde co momento actual, acentúa os efectos tecnolóxicos porque os procesos son máis sofisticados, hai unha maior sofisticación das tecnoloxías. A dixitalización conleva unha auténtica revolución nos métodos de indagación da producción e da recepción infrmativa e incide na fragmentación e segemntación progresiva do público receptor. Necesariamente, os medios teñen que innovar na organización das redaccións porque de non modificárense as estructuras organizativas e os procesos da producción informativas impón tamén servidumes ós xornalistas. Ademáis forza a dismunición da importancia do seu papel como profesional ata o punto de que se empece a preguntar pola necesidade ou non de que existan periodistas / intermediarios.

    • Por outra parte, outro cambio ten que ver co perfil do xornalista hoxe en día. A tendencia á concentración induce, na información e na comunicación, á configuración de estructuras organizativas que responden ó modelo multimedia destinándolles ós xornalistas funcións sinérxicas que si ben racionalizan por unha parte a producción da información por outra, reducen a capacidadedo xornalista para cumprir os obxectivos que lle son propios. Dende esas dinámicas de organización multimedia váiselle esixir ó xornalista que sexa máis versátil en medios e de ahí derívase ese perfil tan criticado por esa conciencia crítica sobre como abordar a información do xornalista multiusos, en medios de sociedades democráticas. Pero tamén se lle esixe ó xornalista que sexa especializado en contidos.

    Vantaxes e desvantaxes deste perfíl de xornalista: En todo caso a alternativa é que dende o punto de vista técnico e de coñecementos dos medios debe ser un periodista que esté preparado para traballar en calquera medio (versatil en medios) pero ademáis requíreselle a súa especialización.

    NOVO PERFÍL DE XORNALISTA

    OS CAMBIOS QUE DETERIORAN O ÁMBITO DE COMUNICACIÓN E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

    Imos concretar cales son os cambios que deterioran o ámbito de comunicación e os medios de comunicación. As 4 grandes tiranías que están forzando ese deterioro nos medios:

  • A Tiranía do Mercado: a ideoloxía da globalización céntrase en xustificar os movementos de capitais sen ningún tipo de fronteiras para converter o mercado nun elemento regulador único das relacións humanas e dos medios de comunicación.

  • A Tiranía da Comunicación: o mercado non repara en ningún tipo de recurso e provoca que todo se vexa en función de reforzar a dimensión funcional (comercial) da comunicación en contra da súa dimensión normativa ou democrática. Isto vai en contra do concepto de servicio público ó servicio da comunidade. O mercado manipula facendo que os valores funcionais queden por encima dos normativos, prescindindo de valores humanos. Introduce ruidos para impedir que a normativa se sobrepoña ó funcional.

  • Derivado das dúas anteriores, tamén hay que falar da Tiranía das Audiencias: Dáselle máis importancia ó valor consumo, só se terá en conta ós receptores da comunicación como consumidores e non como cidadáns que teñen dereito a esa información. É o concepto de audiencia exclusivamente como audiencias consumidoras, de ahí que as audiencias debido a estas circunstancias (forzas do mercado), e non por natureza, acaban sendo as que tiranizan todo o que ten que ver coa información e coa programación (as audiencias acaban sendo as que dirixen a programación e a información).

  • A Tiranía do Acontecemento, tamén denominada a Tiranía da Actualidade: a forma de producir informacaión sen barreiras, para que sexa o máis relevante posible, o que fai é provocar grandes transformacións no concept de actualidade. Dende o momento en que a actualidade se ensancha, tanto cualitativa como cuantitativamente, pasa iso.

  • Hai que enfrontarse á actualidade da outra maneira, porque polo cntrario seguiriamos facendo o mesmo. Hai que entender o concepto de actualidade de xeito moito máis amplo. Disto derívase que nós teñamos que esixir outra forma máis rigurosa de tematizar e de producir información cada día, sen estar sometidos (medios e periodistas) ó acontecemento en sí, á capacidade que poida ter un acontecemento. Hai que ir máis alá do impacto, hai que ir máis alá dos feitos para busca-la verdade do sucedido, hai que ir máis alá do que os feitos teñen como novidoso.

    A noticia non é só aquela que acaba de producirse, a noticia debe anchearse, hai que estudiar absolutamente todo o que a conforma. O xornalismo de anticipación é unha proba disto.

    A tv é un medio moi apto para facer unha información meramente descriptiva pero, habitualmente, non ofrece unha información en profundidade. Os medios escritos déixanse arrastrar polos audiovisuais, de ahí, por exemplo, que non se distingan xa os modelos de xornais. Un periódico de calidade como El País, vaise introducindo nas prácticas típicas do periodismo popular.

    A frase “unha imaxe vale máis que mil palabras” é mentira. As palabras son as que levan realmente a información, as imaxes son un plus.

    A ideoloxía da globalización é técnica e consumista, polo cal o emprego que fará da tecnoloxía será para multiplica-lo capital mediante a multiplicación do consumo. Non farán un uso que axude a conquerir os obxetivos da democracia.

    ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Lectura - Fotocopias “La tiranía de la Comunicación” Ignacio Ramonet)

    ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

    Os efectos que produce todo isto e as súas consecuencias.

    Hai, por unha parte e en relación cos efectos:

    • Modifícanse os conceptos básicos do periodismo e introdúcense formas raras e perigosas de ve-lo xornalismo.

    • Modifícase a natureza mesma da información. Agora a información é igual a mostrar a historia en marcha, dándolle a imaxe todo o seu significado.

    • Modifícase o concepto de actualidade. A actualidade agora é aquello que impacta visul e emocionalmente.

    • Modifícase o concepto de tempo da información. Valórase fundamentalmente o instantáneo, na medida en que esa información está máis próxima, ten máis valor.

    • Transfórmase o concepto de veracidade. Agora está todo tan complicado que abonda que algo sexa verosímil para que se lle conceda o estatuto de veracidade. Abonda que un medio o acolla como veraz (verosímil), para que o resto dos medios acollan o que simplemente era verosímil, como veraz, sin comprobalo.

    Entorno ás consecuencias:

    • Instálase no xornalismo a cultura mosaico. O que importa é a acumulación de noticias sen antes estructuralos mediante relacións racionais.

    • Bórranse as fronteiras entre os xéneros, entre os estilos periodísticos. Acéptase o sincretismo e a simplificación coa excusa de que hai que dirixirse a tódolos públicos. Isto sognifica que a identidade do xornalista entra en crise. A súa función como autr desvalorízase e deixa de ser creíble como mediador e intérprete.

    • O mercado é o que dicta a selección e a construcción dos contidos imformativos. Inclus dicta a súa presentación, que debe ser apta para un consumo sinxelo. Primará a busca desesperada de consumidores.

    - Canta maior uniformidade da información, maior perda de pluralismo

    - A maior sincretismo (simplicidade), maior perda de simplificación.

    • Como o mercado valora cada vez máis o tempo de ocio, a información que se produce cada vez camiña máis cara ó entretemento e os espectáculo (ler artigo de J. M. Pérez Tornero “Periodismo vacío, democracias banales”)

    ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Lectura - Fotocopias “Sobre la Comunicación” de Dominique Wolton)

    (Lectura - Fotocopias Tema 1)

    ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

    LECCIÓN 2. O XORNALISMO ESPECIALIZADO: DEFINICIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.

    OBXETIVOS DO XORNALISMO ESPECIALIZADO

    Obxetivos que debería cubrir ese novo modelo periodístico (o xornalismo especializado) para que sexa eficaz nesa confrontación cos factores que degradan a información. Existen 3 bloques de obxetivos:

    A) Considerando o xornalismo especializado como estructura informativa de base científica:

    • Interrelacionar e comunicar saberes que doutro xeito nunca poderían socializarse contribuindo así, xa non só á democratización informativa, senón tamén contribuindo á democratización cultural da sociedade. Neste sentido, este novo modelo periodístico servirá de intermediario entre as elites especializadas e os receptores, a maioría, non especializados.

    • Interrelacionar ós diferentes especialistas. Facilitar a comunicación entre os especialistas que traballan en diferentes ámbitos do coñecemento para que teñan unha visión máis ampla e poidan entender e analizar mellor algunhas parcelas da realidade.

    • Facer periodísticos fenómenos da realidade social que non eran considerados como tales, ampliando así o concepto de actualidade.

    • Profundizar, redimensionar e asentar os modelos organizativos, por áreas, no producto unitario no medio de comunicación do que se trate, sendo isto o que fará que os medios asuman a súa función vertebradora e a súa función integradora de coñecementos. Na medida en que organicemos as distintas realidades sociais en áreas, facilitaremos que os medios cumplan as finalidades que teñen como a de organizar xerárquicamente os contidos (función vertebradora) e tamén integrar coñecementos dunha mesma realidade (función integradora).

    Todo isto, posibilita o xornalismo de indagación e de anticipación, as modalidades máis axeitadas para romper o exceso de estandarización e burocratización dos contidos, para romper mecánicas que existen na práctica do periodismo e que só están guiadas por algo tan mecánico como ter a primicia (obsesión pola primicia) e mesmo para romper co que está sendo asumido como obsesión pola obxetividade, que pode acabar sendo negativa (pode ser enfermiza, pois pode levar a prescindir das técnicas da contextualización e da documentación, precisas para situar un feito dentro dunha realidade)

    Si se poñen en marcha os procedementos, introdúcese un traballo metodolóxico na búsqueda da obxetividade de método (que é distinto que a obxetividade de ritual) Esta é a útl e correcta. A obxetividade de método dá a veracidade.

    Obxetividade de método = Obxetividade de ritual

    B) As rutinas especializadas (técnicas e procedementos habituais nunha redacción que son necesarias). Hai rutinas primarias e hai outras rutinas, as especializadas:

    • Conseguir unha infiltración na realidade como non o podería facer o xornalismo xeneralista, desafiando mellor a explosión informativa que de maneira desorganizada provoca a converxencia das tecnoloxías, influxos e a multiplicación dos medios. Debe permitir unha filtración máis eficaz na realidade xusto no momento no que é máis difícil diferenciar o que ten interese público do que non o ten. Isto faino mellor o xornalismo especializado.

    • Levar a cabo, con profesionalidade e capacidade de iniciativa, a relación coas fontes en termos de negociación xusto no momento en que as fontes cada vez están máis profesionalizadas, especializadas e organizadas para influir máis nos medios e nos propos xornalistas. Así pois, os xornalistas deben ter unha especial cualificación e unha capacidade de negociación para enfrentarse ás fontes.

    • Revalorizar a indagación periodística.

    • Controlar con eficacia, e só en base ó interese social, a construcción da axenda diaria dos medios, é dicir, a actualidade sobre a que vai pensar a sociedade ese día.

    • Anticiparse ós acontecementos e incidir neles en función do interese social.

    • Como resultado de todo o anterior, dar máis credibilidade e rigor á información xornalística de actualidade e conseguir aumentar a credibilidade dos medios e dos profesionais, desactivando así ós axentes externos ó xornalista que se están apropiando compulsivamente das funcións que tradicionalemte lles corresponde ós medios e ós periodistas.

    C) Obxetivos para revalorizar os valores periodísticos tan degradados actualmente:

    • Este modelo xornalístico permitirá reconstruir unha xerarquía da información revalorizando as áreas e os xéneros.

    • Poñer en cuestión (quitarlle importancia) a ideoloxía da transparencia e da inmediatez negando así a ecuación de que aquello que se ve é verdade (imaxe=verdade, imaxe=+ transparencia, o inmediato=o máis importante e impactante). A transparencia é amosar unha realidade en tódalas súas dimensións. O que é actual, o último en producirse é o que ten valor periodístico, é o resultado da degradación do concepto do periodismo.

    O modelo de censura actual é a sobreabundancia de información (ocultar unha información ou prohibila, con outra información) Sen embargo, a censura de antes viña dada, máis ben, polo defecto de información.

    • Este modelo xornalístico poderá ser un antivirus contra o mimetismo (p.ex: reproducción do que se dí na tv ou na radio nos medios da prensa escrita), contra a chantaxe da emoción e contra as falacias que contribuiron a desnaturalizar a información e tamén o xornalismo, p.ex:

    • a falacia de ver = comprender,

    • falacia de + información = + coñecementos,

    • falacia de que unha imaxe vale máis que mil palabras,

    • falacia de que os feitos falan por si mesmos,...)

    • A desbanalización dos contidos da información. Romper a tendencia á banalización da información porque agora o xornalismo especializado daralle sentido á información.

    • Frena-lo proceso de apropiación indiferenciada e masiva, por parte doutros factores externos e interesados, das funcións que máis e mellor contribuiron a definir e avalar o papel mediador do xornalista (= periodismo de fonte)

    Todo isto obrigará a facer cambios nas redaccións, de feito estánse realizando, pois require dunha organización redaccional que teña en conta os distintos campos da información e que rache coas rutinas informativas, o que fará precisa a presencia de xornalistas cualificados e especializados. Por iso falamos de que teñen que ser xornalistas versátiles en medios pero tamén especializados en temas. Esa é a necesidade.

    RELACIÓN DO XORNALISMO ESPECIALIZADO COA PERODÍSTICA E CON OUTRAS CIENCIAS

    CIENCIAS SOCIAIS

    CIENCIAS DA COMUNICACIÓN

    PERIODÍSTICA (Redacción Periodística)

    XORNALISMO ESPECIALIZADO

    Estamos ubicando o xornalismo especializado. É a Ciencia da Comunicación, que pertence ás Ciencias Sociais, a que estudia a subrama da Periodística (ou redacción xornalística) e que, á súa vez, tería ó Xornalismo Especializado entre as distintas disciplinas que soporta.

    O Xornalismo especializado integra todas esas normas que conforman a Periodística. Ademáis, como disciplina universitaria, trata de estudia-la elaboración de mensaxes informativas acerca dos distintos espacios do saber humano, que responden, en clave de actualidade,

    PAUTAS QUE AXUDAN A ESCLARECER O CONCEPTO DE XORNALISMO ESPECIALIZADO:

  • A ubicación científica do xornalismo especializado, forma parte da Ciencia da Comunicación. Ésta á súa vez forma parte das Ciencias Sociais, polo tanto a metodoloxía científica que empregan as CC.SS. será a que utilice tamén a Ciencia da Comunicación e calquera das súas ramas, como a Periodística ou o Xornalismo especializado. Polo tanto, a metodoloxía do Xornalismo Especializado é unha metodoloxía científica propia das ciencias sociais.

  • 2. Como disciplina universitaria, o xornalismo especializado trata de estudiar a elaboración das mensaxes periodísticas acerca das distintas especialidades do saber humano que responde, en clave de actualidade, ós intereses e necesidades da sociedade. Polo tanto trátase dunha disciplina teórico-práctica.

    Dende o punto de vista práctico: o que se entende polo saber facer profesional, saber face-las mensaxes.

    Dende o punto de vista teórico: necesita dunha reflexión teórica de todo o relativo á divulgación de coñecementos especializados a través dos medios de comunicación.

  • Xa que logo a cultura profesional non producirá, en exclusiva, a especialización periodística, saber construir profesionalmente unha mensaxe non comportaría a especialización periodística. Os saberes profesonais non conteñen garantías suficientes de contextualización e de imparcialidade para conducir ós nosos receptores mediante argumentos obxetivados a posibles conclusións , e tampouco poden responder con eficacia ó proceso de progresiva especialización dos saberes científicos e dos fluxos que provocan. Os saberes profesionais, por sí mesmos, non son suficientes para dar cobertura ás espectativas que ten a sociedade actual para cubrir os problemas que a afectan.

  • Os criterios de especialización non se poden circunscribir ó que os saberes profesionais modulan como, rasgos accidentais do discurso periodístico. Para nada ten que ver a especialización cos rasgos que lle son inherentes a cada medio como a periodicidade, a linguaxe, o estilo,... (que reforzan o texto especializado pero non o diferencian como tal) Entón, o que fai especializado un discurso xornalístico será a pertinencia teórica e metodolóxica, ademáis das súas outras esixencias.

  • Para que teña unha pertinencia teórica e metodolóxica a construcción das mensaxes ou de textos especializados teranse que abordar mediante unha estratexia específica que sería o proceso de selección, producción, elaboración, interpretación, valoración, codificación da actualidade (que son tódalas fases do proceso de producción dunha noticia). As técnicas e os métodos que vai empregar esta estratexia específica poden corresponderse coas do, tradicionalmente chamado, Xornalismo de Investigación.

  • A mensaxe periodística especializada non é aquela que vai destinada a un público especalizado determinado, senón que vai ir destinado ó maior número posible de persoas, é dicir, a públicos amplos. Isto conleva e esixe que esa mensaxe sexa codificada dacordo:

    • co nivel divulgativo que requira cada unha das especialidades do saber humano e, tamén, teñen que codificar na escrita, ou na edición desa mensaxe.

    • atendendo ó nivel divulgativo no que estea ubicado o público ó que se dirixe.

    MENSAXE ESPECIALIZADA vai dirixida a Públicos Amplos

    debe

    Ser codificada dacordo ó nivel

    divulgativo de cada especialidade

    do saber humano

  • A necesidade de multidisciplinar calquera tipo de realidade da que se queira informar para darlle sentido global a unha mesma realidade. A grande finalidade do xornalismo especializado é darlle sentido global (completo) a unha realidade.

  • DEFINICIÓN DE XORNALISMO ESPECIALIZADO

    Polo tanto unha definición moi pormenorizada, pero completa, de xornalismo especializados sería:

    “O xornalismo especializado é aquela disciplina científica que estudia o proceso de selección, interpretación, valoración e codificación de mensaxes informativas de actualidade que, estructuradas nun contexto de causalidade múltiple e interdisciplinar e valéndose dun discurso coherente, obxetivado, comprensible e interesante, divulgan, a través dun medio de comunicación e a públicos amplos, as distintas especialidades do saber humano co fin de dotar de sentido global á realidade e satisfacer a demanda de coñecementos que sirvan para interpretar, con visión de futuro, a complexidade do mundo actual.”

    - Existen tres cuestións importantes a destacar desta definición:

    o xornalismo especializado estudia o proceso de selección, interpretación, valoración e codificación da mensaxe.

    - Mensaxe estructurada nun prodceso de causalidade múltiple e interdisciplinar.

    - Estructurada dese xeito a mensaxe divulga as distintas especialidades do saber humano, a través dos medios de comunicación e a `públicos amplos para dotar de sentido unha realidade e así poder interpretar a complexidade do mundo actual.

    OBXETO DE ESTUDIO DESTA DISCIPLINA

    O xornalismo especializado ten como obxeto de estudio, en primeiro lugar, os coñecementos e técnicas aportados pola Ciencia da Comunicación e da Periodística pero profundizando neles e ampliando o seu ámbito de aplicación. En segundo lugar, tamén estudia os coñecementos e técnicas que proceden doutras disciplinas das Ciencias Socais.

    Máis en concreto, os obxetos de estudio, segundo a Profesora Montse Quesada:

    • Estudia a metodoloxía especializada de aplicación en tódolos ámbitos temáticos. Metodoloxía que se basa en poñer en marcha, para calquera realidade, un proceso de documentación e de utilización de arquivos, mediante:

    -unhas técnicas de investigación e de indagación propias das Ciencias Sociais.

    - mediante as técnicas da entrevista de indagación.

    • Estudia os procesos e as rutinas de traballo que implica cada ámbito temático.

    • Estudian as prácticas e rutinas especializadas en cada medio de comunicación ou en cada soporte.

    • Estudia as estructuras e os estilos periodísticos a través dos que comunica información especializada nun medio de comunicación.

    • Estudia a formación do periodista especializado, tanto como comunicador de feitos noticiosos como en calidade de experto nos contidos.

    • Estudia a evolución histórica do xornalismo especializado.

    RELACIÓN DO XORNALISMO ESPECIALIZADO COA PERIODÍSTICA E COA CIENCIA DA COMUNICACIÓN

    O obxeto do xornalismo especializado comporta os coñecementos e técnicas propias da periodística. E en relación con outras disciplinas da Ciencia da Comunicación:

    - Coa comunicación de masas: precisar porqué a comunicación de masas está directamente relacionada coa sociedade de masas. O xornalismo especializado ten o seu marco xenérico na sociedadae

    - Coa Documentación: o xornalismo especializado necesida da documentación para poder contextualiza-los relatos especializados.

    - Co Dereito da Información: o xornalismo especializado garante o máximo de verdade dun feito, contribúe a cumpli-lo dereito que ten a cidadanía á información.

    - Coa Historia Comparada: o xornalismo especializado é un modelo periodístico que se xustifica históricamente.

    O XORNALISMO ESPECIALIZADO EN RELACIÓN CON OUTRAS DISCIPLINAS DAS CIENCIAS SOCAIS

    Relación coas Ciencias Sociais en xeral

    Con todas elas, o xornalismo especializado ten unha doble relación, por unha parte establece unha relación de método porque o xornalismo especializado utiliza a metodoloxía das Ciencias Sociais e, en segundo lugar, porque o xornalismo especializado convírtese nun excepcional instrumento da comunicación para cada unha desas Ciencias Sociais e, mesmo, para a comunicación entre elas (intercomunicación entre unhas ciencias e outras).

    Relación coas Ciencias Sociais por separado:

    • Coa Socioloxía: esta relación é importante para situa-la información no sistema social correspondente.

    • Coas Psicoloxía: moi importante cando hai que manexar conceptos e situarnos en todo o que ten que ver coa Psicoloxía das persoas. Xornalismo especializado vai ter en conta a utilización dos coñecementos que se desprenden da Psicoloxía. Situarse dende dende a ética para abordar unha determinada información, para que a xente non se sinta defraudada. Por exemplo, moitas veces o éxito dunha entrevista está en saber coñecer a sicoloxía dos entrevistados (os seus tics, a súa forma de pensar, etc...)

    • Coa Educación: informar e educar contribúen a socializar coñecementos e a crear unha sociedade máis xusta, máis libre, máis formada e informada para poder así defenderse.

    • Co Dereito: o xornalismo especializado contribúe a facer realidade o dereito a recibir información.

    • Coa Política: o xornalismo especializado vai empregar os coñecementos políticos para introducilos no contexto dunha información de contido político. Polo tanto, isto contribuirá á toma de decisións políticas, e a que os cidadáns estén ben informados ó respecto e así poder labrarse unha opinión e poder participar de forma activa no que se refire ó ámbito político, xa sexa co voto, cunha manifestación, cunha folga, etc...

    O ENFOQUE SISTÉMICO

    -----------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (fotocopias sobre a perspectiva sistémica do xornalismo especializado)

    -----------------------------------------------------------------------------------------------------------

    Ortega y Gasett falaba de barbarie da superespecialización.

    A Teoría Xeral de Sistemas creouse porque decía que había unhas relacións isomórficas.

    No caso do Xornalismo Especializado, entendémolo como un sistema, dende un punto de vista estrictamente científico. Calquera investigador nas Ciencias Sociais require que teña moi claro o obxeto que persigue e na Ciencia da Comunicación pasa o mesmo.

    O periodismo considerado como sistema, ten unha serie de partes que se relacionan entre sí: periodista co personal, periódico co público, o medio coa organizacións políticas ou sociais, tamén hai relacións de carácter macrosocial.

    OS PRINICIPIOS DA ESPECIALIZACIÓN

    Nestes prinicpios da especialización alúdese ás múltiples e variadas maneiras nas que pode aparecer a especialización:

    • Principio Xenérico: cando se limita o campo informativo a un aspecto concreto da actividade.

    • Principio Espacial: cando limita o campo informativo a a unha área xeográfica.

    • Principio Persoal: cando limita o campo informativo a causas personalizadas, p.ex: unha publicación da muller.

    • Principio Institucional: cando limita o campo informativo á información social que asume unha institución.

    • Principio Ocasional: cando limita o seu campo informativo a acontecementos puntuais ou ocasionais, p.ex: un festival de cine.

    A Universalidade chocaría co Xornalismo Especializado, pois non cumple cunha das catro das súas características especiais.

    Na práctica existen publicacións monotemáticas e existen edicións audiovisuais que se circunscriben a campos informativos moi selectivos.

    Por outra parte, esas limitacións vanse reducindo na medida en que se van sustituindo os expertos por xornalistas e na medida en que introduce ós profesionais da comunicación na temática sobre a cal centraban a súa información.

    Esas temáticas selectivas están introducindo profesionais especializados. O Xornalismo Especializado é selectivo.

    A universalidade non impediu que existisen publicacións ligadas a modalidades temáticas. Fanse máis selectivas a medida que se van introducindo profesionais expertos na producción informativa.

    A universalidade ten, dentro de sí mesma, a súa propia contradicción porque nona constitúen tódolos acontecementos senón que son seleccionados, polo tanto na práctica hai que relativizar esa universalidade.

    COMO EVOLUCIONAN OS MODELOS DE PERIODISMO ATA DESEMBOCAR NO XORNALISMO ESPECIALIZADO:

    • O primeiro gran modelo do xornalismo é o ideolóxico: que se asenta nunha etapa de grandes convulsións ideolóxicas no séc. XIX e alóngase ata o fin da 1ª Guerra Mundial. Trátase dun tipo de periodismo excluínte do que se apropiaron as xentes. É un periodismo, fundamentalemnte, doutrinal.

    • O segundo é o xornalismo informativo: aquel que empeza a fructificar despois do final da 1ª Guerra Mundial, coexistindo co xornalismo ideolóxico durante varios anos máis. Esta modalidade ten a súa principal razón de ser na industrialización, no que entra tamén a prensa ó igual que outros sectores económicos. Nese sentido, a prensa tecnifícase e este modelo permite a profesionalización do xornalismo, ata ese momento os periodistas eran os literatos. Modelo de xornalismo baseado na obxetividade, mesmo de maneira obsesiva. Asúmese que o principal valor está en ser obxetivo, principio que se asume como un concepto mítico.

    • O terceiro modelo é o xornalismo explicativo: xurde a partir do momento en que os medios audiovisuais empézanse a apropiar dos espacio da prensa escrita e a competir con ela.Nesta competitividade xurde a necesidade da prensa escrita da evolución do modelo informativo ó explicativo (contextualiza os feitos, análise contextualizadora) Logo o modelo peiodístico explicativo evoluciona a unha contextualización con valoracións: modelo interpretativo. A interpretación introducía xuizos de valor, opinións e interpretacións personais e, tivo unha contestación por aqueles que consideraban que, este modelo, rompía a esixencia da obxetividade. Este modelo tivo fortes detractores pero tamén grandes defensores como Walter Lipman, que defendía a necesidade do xornalismo interpretativo “a necesidade da interpretación por ser, o mundo moderno, tan complicado e difícil de entender”. Dicía que o xornalismo era un sistema aberto, aberto á evolución e, polo tanto, que requería dunha maior carga interpretativa por parte dos profesionais da información. Nese sentido, Walter Lipman, que tamén era xornalista, recalcaba a defensa do xornalismo interpretativo.

    • A evolución do xornalismo interpretativo é o que vai acabar dando lugar a modalidades intermedias, algunhas das cales teñen xa un estatus actualizado de periodística, como o xornalismo de investigación e o xornalismo de precisión.

    • Todas esta s modalidades intermedias poderiamos entendelas como xornalismo en profundidade, pois teñen en común a profundización dos procesos, dos feitos e da temática á que pertencen os mesmos.

    • O xornalismo especializado: sería a culminación, optimización do modelo interpretativo, precisamente, porque utiliza tódalas variedades intermedias dese modelo. Emprega o xornalismo de investigación, tamén o de precisión e, ó mesmo tempo, introduce algo novidoso que ten que ver cos coñecementos, para poder contextualiza-los feitos, para profundizar neles e, tamén, para contextualiza-los no ámbito temático ó cal pertenceran.

    A evolución da especialización periodística na práctica dos medios e na práctica profesional foise xerando na medida en que estes distintos modelos se ían fraguando históricamente.

    Os primeiros síntomas, as primeiras manifestacións de especialización, aínda que únicamente perseguindo un fin divulgativo, xa se encontran no séc. XVIII, nuns casos perseguindo o principi de xornalismo xenérico e noutros no principio persoal de especialización (p.ex: prensa feminista).

    Vai ser na segunda metade do séc. XIX cando s poida falar dun xornalismo especializado ligado moito máis ás finalidades de informaci´n e de interpretación e non só á finalidade divulgativa.

    No último tercio do séc. XIX é cando se da paso dunha prensa de élite a unha prensa de masas gracias, tamén, ó proceso de industrialización, en definitiva a unha prensa consumida por públicos amplos. É entón cando se percibe a capacidade de influencia do xornalismo en tódolos ámbitos, sobre todo, no social.

    Os grandes medios de comunicación decátanse de cómo se atopan grandes intereses de audiencias que son necesarios cubrir. O New York Times empeza a especializar e profesionalizar con rigor os seus contidos. En España hai exemplos coma El Imparcial, El Liberal ou El País.

    Nos anos 20 (1920) hai dúas publicacións que marcan o camiño da especialización de maneira que en publicacións, como a revista “Time” (1923) ou “Newsweek” (1933), xa admitían nas súas redaccións, profesionais especializados.

    Estabilizouse o que se entende que é unha perversión á modalidade interpretativa. Lipman pronúnicase a favor da interpretación pero hai unha defensa desta modalidade e lexitímase por primeira vez, de xeito institucional, a modalidade de xornalismo interpretativo.

    No ano 1947, na Comisión para a Liberdade de Prensa no que estaban asociados tódolos grandes medios da época, reclámase nunha declaración oficial “ relatos verdadeiros, amplos e interesantes dos acontecementos do día nun contexto que lles dea significado”. Esa reclamación é a primeira que nós asumimos para lexitimar a práctica da especialización periodística.

    O chamado periodismo de investigación configura unhadas formas do modelo interpretativo e que nacen cos chamados “Muckrakers” ou buscadores de basura, desligábanse da obxetividade e ían moito máis alá das rutinas de cada día para conseguir feitos ou buscar accións que puideron ser denunciables socialmente. Segue a existir na actualidade. A metodoloxía que se foi concretando académicamente segue sendo útil e o periodismo especializado demostrou que era eficaz.

    O xornalismo especializado empleará a metodoloxía de investigación do periodismo de investigación e a metodoloxía do periodismo de precisión.

    Esa tradición do xornalismo de investigación mantense durante todo o séc. XX e aínda hoxe séguese empregando pero está adquirindo novos procesos. É útil e segue sendo útil, incluso o xornalismo especializado emprega o xornalismo de investigación como unha modalidade que lle aporta unha metodoloxía que é moi fiable e que funciona aínda hoxe, tamén emprega a modalidade do xornalismo de precisión e a utilización que os xornalistas fan de obras especializadas e de autores especializados (datos do CIS,...) para profundizar e precisar o tema. Tamén a utilización de avances científicos que poden ter repercusións sociais e que é preciso comunicar.

    Hoxe en día, polo tanto, é cando a sociedade evoluciona e acaba demandando productos específicos, é entón cando o modelo de xornalismo especializado ten máis valor, ten máis operatividade.

    A especialización vaise impoñer na:

    • Construcción e codificación dos contidos a partir dunha metodoloxía de investigación.

    • Na organización dos contidos.

    OBXETIVIDADE, VERDADE E VERACIDADE

    O modelo informativo baseábase no valor do concepto de obxetividade. Pois ben, ese concepto, entendido como a adecuación entre o que produce o xornalismo e o obxeto sobre o cal construíu a noticia, ten que haber unha total adecuación pero que é metafísicamente imposible porque entre a adecuación que fai o periodista e o obxeto da noticia que logo traslada á audiencia sempre hai unha subxetividade na maneira de observar do xornalista e que logo se notará na mensaxe ou noticia elaborada. Polo tanto, o xeito de observa-la realidade polo xornalista (cada un observa de xeito diferente unha mesma realidade) está condicionando a obxetividade. Non hai observación sen interpretación.

    Polo tanto, debemos poñer en cuestión o concepto de obxetividade que se produce entre a adecuación da noticia elaborada e o obxeto da mesma.

    Hai outro concepto, o de verdade informativa. En función de entender a obxetividade como se ven entenndendo tradicionalmente, o concepto de verdade vense entendendo como o resultado de adecuar a realidade ó producto informativo que se dá ós públicos. De ahí que se falase sempre de que os medios transmiten a realidade como a dun espello. Por iso debemos facer as noticias transmitindo a realidade como se a estivesemos vendo reflectida nun espello. A verdade informativa remítese a que o xornalista fale/escriba/lea/informe sobre o que realmente observou.

    Polo tanto, ó igual que é imposible chegar á obxetividade no seu grao máis puro, tamén é metafísicamente imposible chegar á verdade do sucedido e por iso non debemos quedarnos enclaustrados e non permiti-la interpretación dun feito porque daquela nunca nos achegaremos ó sucedido, nunha porcentaxe óptima. Temos que poñe-los medios suficientes e necesarios para acadar o máximo de verdade informativa dun feito.

    Igualamos verdade informativa a verdade moral. A verdade informativa vai depender da aptitude do profesional, da dilixencia do profesional á hora de poñe-los mecanismos necesarios para achegarnos o máis posible á verdade. Nisto radica o concepto de veracidade. Os feitos non agotan en sí mesmos a verdade e, moito menos, a observación deses feitos. A verdade sempre está moito máis alá dos feitos.

    A verdade está na búsqueda de significación deses feitos, na importancia que se lle dan ós feitos e ó mesmo tempo na contextualización que se faga dese feitos. Tamén da interpretación dos feitos.

    --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Fotocopias - Reflexión - “Acerca de las nociones de verdad y objetividad en la información” de Miguel Catalán González)

    (Lectura - Fotocopias “Fundamentos de la información periodística especializada” de J. Fernández del Moral y F. Esteve Ramírez)

    --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    LECCIÓN 3. A ESPECIALIZACIÓN POR AUDIENCIAS, MEDIOS E CONTIDOS.

    DA TEMÁTICA XERAL Á TEMÁTICA ESPECIALIZADA

    Hai unha corrente profesionalista que adoita identificar a prensa especializada por oposición á prensa ou medios audiovisuais xeneralistas. Evidentemente eso significa que a prensa ou os medios xeneralistas non poderían ter contidos especializados. O mesmo sucedería se aceptasemos que a especialización se identifica cos medios especializados.

    Nós defendemos, polo tanto, que todo tipo de medios comportan a posibilidade de especialización periodística e polo tanto comporta a posibilidade de facer xornalismo especializado neles.

    Diferencia entre:

    • Xornalismo Especializado: independentemente dos medios, da periodicidade, etc..

    • Prensa e medios especializados: aqueles de carácter monotemático que están elaborados por xornalistas especializados e que van destinados a públicos tamén especializados. Pero isto non quita que poidamos facer xornalismo especializado en calqueira outra publicación.

    Distinguimos o xornalismo especializado que se dá independentemente do tipo de medio do que se trate (prensa e medios audiovisuais especializados). O xornalismo especializado pode darse en tódolos medios e prensa e medios especializados serían aqueles de carácter monotemático que están elaborados por xornalistas especializados e destinados a públicos especializados. É aquí cando se dá a especialización no sentido máis óptimo. Pero isto non quere dicir que poidamos facer xornalismo especializado no seu sentido ou grao máis puro.

    Sostemos que a especialización está nas mensaxes (nos contidos) e conseguntemente, a especialización está en todo o que acaba producindo contidos especializados, incluíndo a metodoloxía. Contidos que logo clasificaremos nunha ou noutra área do saber.

    Non será suficiente que un medio presente baixo o rótulo, contidos sobre ese rótulo e que se considere, polo tanto, especializado. Non por iso será especializado.

    Tampouco podemos decir que un medio sexa especializado cando sexa monotemático ou trate dun único tema, dependerá dos contidos e dos métodos especializados que empregue.

    O profesor Héctor Borrat bota man dunha proposta que pode aclarar, definitivamente, o que na linguaxe coloquial se presenta con confusión. Fai unha clasificación, atendendo á presencia dos contidos especializados na superficie redaccional.

    • Fala de prensa ou medios propiamente especializados. Cando a presencia de contido especializado ocupa toda a superficie redaccional.

    • Fala de prensa ou medios dicotómicos, cando os contidos dos medis son mixtos, uns están elaborados polas esixencias da especialización e outros non.

    • Fala de prensa ou medios comúns, cando non hai contidos especializadosen toda a superficie.

    Héctor Borrat, tendo en conta as áreas dese medio, tamén distingue entre:

    • Prensa de información xeral, cando aparecen presentes tódalas áreas de relevancia ou de interese social nese medio.

    • Prensa de información selectiva e monotemática: sería aquela que non presenta tódalas áreas de interese social senón unha soa (p.ex: prensa deportiva)

    Este autor tamén entrecruza as distintas tipoloxías e dí que dese xeito teremos que:

  • Tanto a prensa xeral ou prensa monotemática ou selectiva poden producir actualidade ben segundo os cánones da prensa común, segundo os cánones da prensa dicotómica ou dos cánones da prensa especializada.

  • Deduce que non se pode identificar prensa e medios de información selectiva (p.ex: prensa deportiva) e prensa e medio especializado poruqe do contario teriamos que todo o que non é información xeral é especializado e non é así (p.ex: prensa deportiva = prensa selectiva e monotemática, prensa motor = prensa especializada)

  • ÁMBITO XEOGRÁFICO E TEMÁTICO

    Especialización está na codificación e na organización dos ontidos informativos.

    Cando falamos dos ámbitos temáticos, a organización dos distintos contids informativos, na maioría dos medio de comunicación, é mixta. Por exemplo, en La Voz de Galicia a organización dos distintos contido informativos é mixta. Aparecen paquetes de información baixo rótulos que dan a idea de que están ordeados por criterios xeográficos e/ou temáticos (P.ex: economía, Nacional, Sociedade, etc...)Os medios, nn seguen criterios xeográficos ou temáticos porque sí. Nalgúns priman os criterios de próximidade, noutros non están tan ligados ´local e priman os teáticos, pero case sempre hai mestura (os pequenos tenden máis ó modelo de organización de contidos segundo criterios territoriais)

    Os ámbitos temático e xeográfico non teñen porqué contrapoñerse, senón que teñen que ser complementarios pois non son adversarios. Ademáis xa non só por razóns de tipo profesional (cumprimos mellor a necesidade informativa se damos informción moi especializada) tamén porque comercialmente interesa máis. Hai cada vez demandas máis esixentes que reponden ou que se cubren mediante procedementos informativos cada vez máis satisfactorios. Tódolos feitos precisan dun nivel de indagación, de investigación, se non todos contarían o mesmo (hai que ter capacidade de iniciativa para abordalo).

    Dende o punto de vista profesional, o xornalista ten que ter establecido un método de traballo que non sexa o de ritual dunha redacción, ter coñecementos e poñe-los en práctica para unha maior garantía da calidade e da especialización. Simplemente prque apareza o rótulo (p.ex. economía) a información que aparece non é especializado do ámbito económico. Hai que analiza-los contidos sexa o criterio xeográfico ou temático.

    A tematización

    O fundamental deste novo modelo de xornalismo está na capacidade que teñamos para saber tematizar.

    Un medio de comunicación (un medio de comunicación ten como funcións principais: formar, informar e entreter, pero agora tamén, saber tematizar), principalmente, debe ser capaz de tematizar, é dicir, seleccionar, elexir os temas de máis interese para a xeda dese medio, e isto haino que facer cada día.

    Esta tematización ou selección ten que responder, sempre (mesmo nun medio de comunicación que está asentado territorialmente), ós intereses e ás demandas de información que teñen os distintos colectivos sociais que integran a sociedade onde se produce ese medio (identidade social, cubrir os intereses e as demandas da sociedade) e, ó mesmo tempo, debe ter en conta e responder ós intereses envolventes e ás demandas dos distintos colectivos sociais que integran a unha comunidade xeográfica e xeo-política, é dicir, a identidade cultural e política dunha determinada sociedade (p.ex. Castela-La Mancha non se fala do mar porque nono hai).

    Darlle a información da forma máis específica e completa posible á audiencia cando se ofrece unha información interesante para ese grupo concreto pero tamén ter en conta a pertenza a comunidades xeo-políticas cada vez máis dependentes diso nun mundo cada vez máis globalizado. Isto provoca que as vinculacións internas dentro da comunidade sexan cada vez máis activas que esixn informacións máis interconectadas entre os distintos ámbitos do saber (os colectivos forman parte dunha comunidade moito máis ampla).

    Os xornalistas deben ser cohesionadores da sociedade. Identidade social + Identidade Cultural e política dunha determinada sociedade. A evolución da sociedade marca a tematización.

    A ESPECIALIZACIÓN POR AUDIENCIAS

    A necesidade da especialización está ahí porque, ademáis doutras razóns, as audiencias evolucionan, cada vez están máis preparadas e formadas para acceder ós medios e elexir aqueles que satisfagan máis as súas necesidades (necesidade non só consumista).

    As audiencias xa non só son seleccionadas polos medios senón que son elas mesmas as que seleccionan ós medios que máis lles interesan para satisface-las súas necesidades.

    Así que, xa non só un medio ten que saber elexir ás audiencias para saber canalizar e seleccionar os contidos que demandan esas audiencias, senón que tamén deben saber face-las cousas porque van ser as audiencias as que elixan ou non a un determinado medio, así que debe coñece-lo seu potencial público e as súas demandas.

    Observacións:

  • Cada vez hai máis ofertas mediáticas específicas que van buscando públicos selectivos, de ahí a variedade de emisoras, modelos de comunicación,... hai unha grande dificultade de clasificación dese gran número de publicacións que buscan públicos específicos (Parte do libro de Montse Quesada que fala desta tendnci, sobre todo, na prensa especializada) Cada vez hai máis ofertas específicas para públicos específicos.

  • Do que falamos ate o de agora lévanos a reforza-la idea da especialización dos contidos:

    • En primeiro lugar porque ofrece máis garantías de que o que selecciona cadre cos intereses desa demanda (é dicir, que o que se selecciona está en consonancia coas demandas das nosas audiencias).

    • Por outra parte, eses medios vixilarán moito mellor a entrada interesada de informacións que veñen dende audiencias tecnolóxicamente capacitadas para facelo ( é dicir, o que chega ás redaccións de audiencias, capaces de producir informacións e que entran nos medios) Capacidade para seleccionar e para vixiar e controlar o que vén de fóra e que inunda as redaccións para poder ter crédito (p.ex: as que veñen de gabinetes de prensa, pedindo favores pr parte de fontes interesadas)

    • Garante a confluencia, a intelixencia semántica. A mensaxe que lle traslada o emisor ó receptor vai elaborada de forma que sexa eficaz porque se se trata de xornalismo especializado teñen que saber cal é o nivel de comprensión que teñen as súas audiencias, a linguaxe que teñen que empregar. Favorece a Comunicabilidade e garante o acceso a realidades, mesmo complexas, que serán comprendidas.

    A ESPECIALIZACIÓN POR MEDIOS

    INFORMACIÓN DE EXPRESIÓN = INFORMACIÓN DE SIGNIFICACIÓN

    Cando falamos de medios/soportes sabemos que non son todo iguais, p.ex: os audiovisuais que elaboran a información de xeito distinto a como o fai un soporte escrito. Os soportes son distintos pois teñen diferentes capacidades. Distinguiremos, en primeiro lugar, dos distintos medios e soportes o que é a información de expresión e a información de significación.

    Información de expresión: información de primer nivel que transmite os datos sen que se atenda, especialmente, ós elementos de selección e valoración. ¿Ten interese ou non? Secundario, ¿é valorada convenientemente polo xornalista? Secundario. O que importa é descubri-los feitos e, como moito, explicalos. É o modelo ó que tenden os medios audiovisuais.

    Información de significación: información de segundo nivel que non só responde ós criterios de interpretación, senón tamén ós criterios de especialización e valoración. É ó que tenden os medios escritos ( o que non quere decir que o fagan)

    Estes dous modelos case sempre aparecen misturados nos distintos medios só que nuns sobresae a información de expresión e, noutros, a de significación. Os medios audiovisuais e os electrónicos están condicionados para facer información de expresión tanto pola competitividade como poque son os medios que requiren máis presupostos económicos. Son medios con máis riscos para sobrevivir. Buscan máis a velocidade que a calidade, hai trabas que implican a información de significación. Umberto Eco fala da Neotelevisión, unha especie de supermercado onde se mistura todo (información, publicidade, espectáculo,...) A radio está menos suxeita a esta situación. A televisión ten unha obsesión polo directo e polo tempo real. Vendenos a idea de que ver é igual a coñecer.

    A POTENCIALIDADE DA TV PARA DIFUNDIR INFORMACIÓN ESPECIALIZADA

    A televisión é un medio extraordinariamente vivo e con capacidade para chegar a calqueira lugar do mundo. Hai unha serie de condicionantes, uns ligados á tecnoloxía da televisión (dende o punto de vista sociolóxico) que estarían condicionando o potencial de introducción de información especializada.

    A televisión, cada vez se parece máis a un grande supermercado onde non hai diferenciación clara entre realidade e ficción, información e publicidade, porque todo se vende baixo as mesmas condicións. É un medio sometido, especialmente, as leis do mercado, porque é o medio máis costoso e que require maiores presupostos para sobrevivir e competir (a tv terrestre, por satélite, por cable, ...) todas teñen que sobrevivir autoxerando recursos que o fagan posible, coa publicidade. Isto esixe coñecer cales son os índices de audiencia e estes, canto máis altos, mellor, pois as audiencias masivas son as máis rentables para subsistir económicamente e para facer negocio. Polo tanto, as televisións centraranse na consecución de grandes audiencias, sacrificando o demáis (os contidos, a especialización, etc.). Por iso non teñen reparos en que o medio se lle reconoza por se parecer a un supermercado, a unha feira, en lugar de recoñecerse polo seu bó facer, os seus bós contidos, etc... Esta televisión que parece un supermercado é o que denomina, Umberto Eco, a Neotelevisión. Dende esta perspectiva fenomenolóxica, na televisión, a pesares do seu potencial, hai graves dificultades para producir ese tipo de información especializada. Hai unha grande hibridade na oferta de xéneros que fai a tv. Ademáis a tv tería o potencial para facer información especializada pero hai dificultades para poder producir esa información, moito máis adecuada á sociedade. Coa dixitalización increméntanse esas dificultades pese a que a dixitalización posibilita que por medio da televisión por cable se emitan contidos especializados porque pode acotar e seleccionar audiencias, pero introduce outras cosecuencias que dificultan aínda máis a capacidade de xerar información especializada:

  • Que os contidos sexan elexidos polo espectador. É o espectador o que elixe os contidos, non a cadea, facilítaselles a entrada para seleccionar o que queren.

  • Constátanse as canles de Todo Noticias, que emiten as 24h do día, denotan unha tendencia a producir información continuada co maior número de noticias posible. Non se atenderá á calidade senón á cantidade.

  • As novas variantes tecnolóxicas, provocan e lexitiman a figura do xornalista polivalente ou “videoxornalista”. Esíxeselle que produza a información simultáneamente para medios diferentes (radio, tv, internet, prensa, etc..) Xornalistas Multiusos.

  • A figura dos videoxornalistas ten as súas vantaxes, por exemplo, a maior parte delas ligadas á rendabilidade para a empresa para a que traballan (reducen costos, en vez de ter 4 redaccións teñen unha onde se concentra todo o proceso de producción informativa). Responde básicamente á rendabilidade. Pero a maior parte desta figura son desvantaxes:

    • Pérdese o traballo en equipo. Iso significa que se vai resenti-la calidade dos productos informativos.

    • O producto final estará menos elaborado porque unha persoa non pode profundizar tanto como cando traballa con axuda de máis persoas.

    • Non disporá de tempo necesario para a investigación nin tampouco para negociar coas fontes resistentes e, ás veces, diso se deriva unha gran calidade do producto informativo.

    • Neste tipo de organización da redacción concentrada está, case que liquidado, o denominado modelo de xornalismo de investigación.

    • Deste xeito quedarán excluídos os temas que requiran un tratamento en profundidade, un proceso de investigación que dura o seu tempo. Así, limitarase a oferta informativa e reducirase o interese global da información emitida por ese medio.

    • Ese modelo de concentración nunha única redacción (xornalista multiusos) non require un método diferente pero a forma de concreta-lo resultado final da información en cada medio sí é diferente.

    • Nese modelo de concentración, os xornalistas están máis controlados xerárquicamente, reducindo así: a súa autonomía e o carácter democrático do medio.

    En definitiva, o xornalista multiusos, en maneira algunha garante un tratamento especializado da información e da opinión do medio do que se trate. Se nos plegamos ós condicionantes dese modelo teremos que, o exercicio xornalístico dexenerará nunha simple artesanía, é dicir, nunha simple destreza relacionada coas necesidades da empresa e non coa dos lectores.

    Dende o punto de vista da natureza da televisión

    En primeiro lugar, un informativo de tv (como un informativo de radio) presenta a mesma secuencia lineal de acontecemenos para tódolos espectadores, polo tanto, diferénciase da prensa escrita, onde os lectores escollen a orde, o momento e a forma de le-las noticias.

    Na tv non hai posibilidade de cambio, de retroceso o que dificulta a produción de información especializada, na medida en que non pode atopar segmentos de audiencias especializadas e non permite a información selectiva por parte das audiencias, hai que ir entón a unha especialización común.

    Pero hai aspectos máis concretos que nos axudan a ver as dificultades do medio tv para introducir contidos especializados:

  • As noticias sempre se axustan a unha duración, dá igual importancia ou trascendencia a cada unha delas. Hai unha escaleta á que se teñen que someter tódalas noticias dun informativo. A tv baséase máis na temporalidade.

  • A imaxe sempre leva o peso , e é a que facilita o tratamento espectacular da información e, nese sentido, pode deixar ó marxe as explicacións, valoracións e contextualizacións.

  • As noticias cóntanse baixo unha estructura narrativa. Espectacularízase en exceso. Non só nos temas escollidos senón tamén na estructura dos temas serios, cunha estructura máis dramática. Este tipo de construcción narrativa busca provocar sensacións antes que aportar novos coñecementos.

  • O ritmo ten que ser forzosamente áxil e, para iso, ten que combinar un aspecto visual atractivo e unha montaxe dinámica. Moitas veces sacrifícanse imaxes que aportan significación ó acontecemento poque son imaxes deficientes e empréganse autras que son visualmente máis atractivas pero non máis informativas, en función de conseguir un aspecto visual chamtivo e un ritmo áxil. Polo tanto, precíndese dunha secuencia de imaxes que aportan maior definición informativa pero con deficiencias técnicas. (Montse Quesada, no seu libro, describe a evolución dun modelo de pogramas dentro da tv, o xénero de documentalismo informativo).

  • É importante a doble necesidade de:

    • reivindicación da revitalización dos xéneros periodísticos tradicionais (boa parte dos autores que estudan este tema reivindican unha volta a este tipo de xéneros para que axuden a delimita-la fronteira entre información e espectáculo ou información e dramatización, incluso se investiga na creación de novos xéneros para o mundo audiovisual e o electrónico - internet)

    • e que cada soporte informativo utilice, de todos aqueles xéneros tradicionais, aqueles que millor se adapten a ese medio para producir información especializada.

    Os Soportes Electrónicos: Internet

    Calqueira medio é un potencial productor de información de calidade. Cos medios electrónicos aábrense novos camiños para a especialización porque teñen unha serie de elementos que o permiten. Sem embargo, hai que decir que tamén a producción informativa nos novos medios adoece de boa parte de déficitsque apuntabamos respecto da televisión.

    Internet ofrece información a través dos xornais electrónicos nun mosaico de fragmentos. Fragmentiza e multiplica a información e esa fragmentación múltiple impide o nivel de significación que lle esiximos a unha información de calidade. Tende a xerar, fundamentalmente, unha información de expresión e non de significación (é dicir, contextualizado).

    SOPORTES ELECTRÓNICOS - INTERNET

    Calquera medio é, potencialmente, productor de información. Cos medios electrónicos ábrense novos camiños para a especialización. Pero hai que dicir, tamén, que a producción de información, nos novos medios adolece de boa parte dos déficits da tv.

    Internet ofrece información polos xornais electrónicos, fragmentizando a información, multiplica pois as mensaxes no menor tempo posible. Esa fragmentación impide o nivel que lle esiximos a unha información de calidade. Non está o suficientemente contextualizada. Así que o que por unha parte permite, na práctica dificúltao.

    Vantaxes de internet como medio especializado

    Para non ser negativos, de entrada, e para que calibremos que internet pode ser un gran medio de comunicación si se utiliza ben, estas son as vantaxes:

  • na perspectiva da especialización periodística aporta algo que ten que ver coa ampla contextualización informativa, pois internet facilita a documentación informativa que se necesita para contextualiza-la realidade informativa sobre a que estamos investigando e traballando.

  • Isto facilita a organización da información cunha grande lóxica, entrelazando, ademáis, diferentes puntos informativos que poden ter que ver coa mesma realidade e permite así amplia-lo noso obxectivo de investigación.

  • Favorece a interdisciplinariedade buscada, distintos puntos de vista interrelacionados. Internet danos acceso a expertos en distintas disciplinas.

  • En concordancia co anterior, facilita a investigación de múltiples fontes expertas a partir das cales os xornlistas poderán negociar mellor coas fontes máis resistentes que son as que están implicadas no tema no que estamos traballando.

  • Dificultades de Internet como medio especializado:

  • A identificación do público ou das audiencias vólvese incerta e complexa na rede.

  • O xornalista perde contacto directo coas fontes, pode acceder a moitas máis fontes documentais pero prescinde do contacto directo con elas, e ás veces é moito máis importante o rostro da fonte que o que lle está respostando (p.ex: xesto de medo, dúbida, sorpresa,...)

  • A necesidade de loitar contra o tempo. As decodificacións veñen condicionadas pola necesidade de chegar, con rapidez, a ser posible en tempo real, ás audiencias e nese sentido conleva a unha información excesivamente lixeira carente de información e de análise.

  • Calquera pode empregar internet, calquera pode crear a súa páxina web, isto fai pensar que calquera poida exercer como xornalista ante a sociedade e, neste sentido, hai que preguntarse se o xornalismo é unha profesión en extinción. ¿A quen lle pode, entón, reclamar a sociedade se a información que se difunde non é correcta ou causa algún dano? Non certifican, para nada que sexa un producto xornalístico (pode ser propagandístico) e non se poden someter ás mesmas leis. A responsabilidade está en función de que, previamente, se declare a información como xornalística. En todo caso, queda en entredito a función do mediador que nós temos que reivindicar.

  • ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Libro: Peter DahlGren - La ventana indiscreta - Cap. La democracia electrónica: internet y la evolución del periodismo - Págs: 163-195)

    ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

    FACTORES DETERMINANTES DOS CONTIDOS E COMPOÑENTES DO DISCURSO XORNALÍSTICO ESPECIALIZADO

    Nos contidos está a especialización, en base a que a especialización imponse, en primeiro lugar, na codificación das mensaxes e, en segundo lugar, na organización de todo o que se foi descubrindo e que acabou conformando a mensaxe, na estructura dos contidos.

    Os factores determinantes que nos leva a asegurar a especialización dos contidos son:

  • Criterios noticiosos propios para seleccionar o que vai ir na axenda, entendendo criterios institucionais ou oficiais.

  • Iniciativa propia do profesional que tamén que abordar un traballo de búsqueda sobre a verdade dun feito. Ten que levar él a iniciativa no traballo de búsqueda dos datos que lle poden levar á verdade do sucedido. Debe buscar tódalas informacións que aporten novidades ó feito que se está investigando. O xornalista non debe deixar que as fontes leven a iniciativa.

  • Profundización estructurada ou seguindo un método que, previamente, se manifestou eficaz para un traballo periodístico en profundidade.

  • Diferenciaciónclara de fontes atendonos a 3 esixencias simultáneas:

    • A esixencia de pluralidade de fontes.

    • A esixencia de diversidade de fontes.

    • A esixencia de que as fontes sexan cualificadas en función dos distintos saberes temáticos sobre os que un periodista ten que traballar para descubrir os verdadeiros acontecementos - Cualificación.

    Compoñentes do discurso especializado, de cada contido especializado

    Hai catro grandes características dos contidos especializados, pero dúas delas esíxesenlle a calquera dos textos xornalísticos:

  • Coherencia interna dos textos.

  • Correspondencia das afirmacións, que se fagan neses textos, coa realidade.

  • Pertinencia teórico-temática e metodolóxica (característica específica dos contidos especializados). É unha pertinencia metodolóxica, unha metodoloxía e unhas técnicas amplas para poder abarcar a realidade, se non existe isto o que faremos será facer relatos meramente descriptivos. É preciso unha serie de saberes e coñecementos que nos permitan contextualizar, de maneira temática, uns acontecementos. Os feitos que analizamos deben conlevar unha contextualización fáctica e temática.

  • Relevancia social dos feitos: esta compoñente especial do xornalismo especializado é compartida por outros textos periodísticos. Calquera texto xornalístico ten que estar seleccionado porque ten relevancia pública, interesa ó público ó que nos diriximos, non só dende unha perspectiva común senón tamén dende unha perspectiva temática especializada.

  • LECCIÓN 4: METODOLOXÍA E TÉCNICAS PARA A ESPECIALIZACIÓN DE CONTIDOS

    A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA COMO MODELO

    Tódolos especialistas da investigación xornalística concordan en que a metodoloxía do xornalismo especializado debe atoparse a partires de 2 referentes:

    • Multidisciplinariedade: varias disciplinas que aportan diferentes coñecementos.

    • Experiencia e Práctica Profesional. Hai métodos xa experimentados que se deben asumir, incluso, para milloralos.

    A base metodolóxica do xornalismo especializado apoiarase na confluencia de Métodos Científicos derivados das Ciencias Sociais (de carácter deductivo) e, por outra parte, as Técnicas da Periodística (de base inductiva ou empírica)

    Dominando esta metodoloxía, poderemos conseguir a codificación da mensaxe que dará pé ós contidos especializados, dacordo coas compoñentes esenciais de todo discurso especializado.

    ESTRATEXIA OPERATIVA GLOBAL

    Esta metodoloxía vale para abordar calquera tipo de acontecemento, independentemente da área (logo haberá quedeterse máis en cada área) pero, para que sexa operativa, é moi importante o proceso de documentación.

    Tal e como aparece nas fotocopias, hai que distinguir entre investigación xornalística, Xornalismo de investigación, Xornalismo de Precisión e Xornalismo Especializado.

    Investigación Xornalística: é o método que está aberto a calquera práctica xornalística. Calquera tipo de traballo xornalístico que teña, como traballo, descubri-la verdade de algo, e logo difundilo, require dunha investigación previa.

    Xornalismo de Investigación: modalidade da práctica xornalística que se pecha na investigación que ten por fin a codificación e indagación da información que, por referirse a asuntos fraudulentos, alguén mantiña oculta.

    O Xornalismo Especializado: aproveitando a metodoloxía do xornalismo de investigación, pode ir máis alá e acabar , non só descubrindo as causas que están detrás dun feito, senon tamén dar a coñece-las consecuencias do que ocorreu ca que acapara coñecementos que llo permiten.

    O xornalismo de investigación é a modalidade instrumental para o xornalismo especializado, aportalle a metodoloxía.

    Outra modalidade instrumental é o Xornalismo de Precisión definido, segundo Meyers, como “a aplicación de métodos científicos de investigación social e de comportamento á práctica do xornalismo” (definición Páx. 6 das fotocopias). Tería como condicións que non sexan publicados os traballos sociolóxicos tal e como chegan á redacción. A iniciativa segue a ser fundamental. Os traballos axudan a investigar correctamente a información.

    Debe saber, se non por si mesmo, que valor lle debe dar ós actos.

    Tres procesos: - Profundización

    - Verificación

    - Codificación

    ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Lectura - Libro “Periodismo de Investigación. Teoría y práctica” de J.M. Caminos Marcet - de la pág 146 en adelante)

    (Lectura - Resumen del libro de Montse Quesada “Periodismo Especializado”)

    ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

    O PREZO DA INFORMACIÓN E A ÉTICA PROFESIONAL

    Hai que saber en qué casos se xustifica o fin dos medios que se pretenden utilizar.

    Hai que entende-la diferencia entre estes dous conceptos: Teleoloxismo e Deontoloxismo.

    Teleoloxismo: (telas=fin) o que busca o fin como principio único. Busca a finalidade de xeito que o fin xustifica sempre os medios.

    Deontoloxismo: a ciencia que, na busca da verdade, atende a diferentes principios morais. Conflicto pola confrontación do dereito á información dos que se sinten obrigados, pois se se leva a cabo esa finalidade pode conlevar efectos colaterais (ex: destrui-lo honor dunha persoa). Moitas veces estamos buscando cumplir ese principio de que tódalas persoas teñen dereito a recibir información veraz e acaban poñendo ó descuberto aspectos da vida de certas persoas, aspectos que pertencen á súa intimidade, e que poden afectala dalgún xeito.

    Conflúen unha serie de principios morais. Non hai normas prefiguradas, hai códigos deontolóxicos que serven para orinetar, iluminar,....

    O obxectivo que lexitima o xornalismo é a Búsqueda da Verdade.

    ¿Cómo buscamos esa verdade para descubrila en toda a súa veracidade?

    O camiño é moi difícil. Hai que conseguir que a verdade informativa se acomode á verdade do feito. Pero hai situacións ilícitas. ¿Por qué se presentan estas dúbidas? Porque chocan o dereito á información; o cidadán ten dereito a recibir información veraz; co dereito á intimidade, ó honor e á propia imaxe, a preservación deses sectores sociais máis indefensos (Ex: nenos).

    Ese choque vai aparecer moitas veces e hai que saber como enfocalo.

    Falamos pois de 3 Grandes Tipos de Cuestións Éticas

    - As que aparecen cando as técnicas usadas poñen a proba a ética do xornalista na montaxe:

    1ª CATEGORÍA

  • Técnicas de espionaxe: mediante técnicas que non son ilícitas e son o suficientemente cualificadas e eficaces como para descubri-la vida das persoas relacionadas ou que interveñen nos feitos.

  • Hai que saber cal é a liña divisoria entre o que interesa á opinión pública e o que se corresponde, únicamente, coa vida privada desas persoas implicadas. Ante unha situación así (técnicas de espionaxe), á hora de dilucidar se as utilizamos ou non, hai que ter en conta:

    • Que non se trate de técnicas ilícitas.

    • Constatar, con absoluta claridade, que o tema, sobre o cal imos aplicar técnicas de espionaxe lícitas, reviste relevancia pública e non se trataría, simplemente, dunha invasión da intimidade das persoas.

    • Pese a todo, hai que ter en conta sempre, que a liberdade de información non é absoluta, ten determinadas limitacións. Neste caso, proveñen doutros dereitos establecidos como son o Dereito Constitucional á Preservación da Propia Imaxe.

    • Aínda sendo isto así, hai que ter en conta que ó dereito á información é ó que máis nos debemos, e non se lle poden aplicar límites ata establecer unha auténtica censura previa de todo o que chega ó xornalista e que ten relevancia social, aínda que a información sexa producto da utilización, por outros, de técnicas ilícitas.

    Neste primeiro tipo é onde podemos situa-las escoitas telefónicas para acadar información. Se fan outros a escoita e eu me beneficio, aínda que poida ter consecuencias para a persoa implicada, pode servir.

    Pero está prohibido dar publicidade ó resultado que se obtén das escoitas. Nese caso estariamos incurrindo a lei, estariamos pasando por riba do que dicta a lei (depende do país). Estas son escoitas telefónicas non autorizadas. Nalgúns casos os xuices, para resolver un caso, autoriza facer estas escoitas.

    (P.Ex:En Italia é ilegal empregar escoitas telefónicas antes de que se fagan públicas nun xuizo. En Francia, sempre son ilegais as escoitas telefónicas (e a súa publicación) e están penadas, agás que estean autorixads por un xuiz. O Reino Unido carece dun regulamento xeral , en canto a este tema, pero estará penado ou será ilegal cando haxa unha querella dunha determinada persoa que foi víctima dunha escoita telefónica. En España a lei do ano 94 impón 6 meses e un día de cárcere ata 4 anos e 6 meses, segundo o cal se condenaría a xornalistas que divulguen feitos e datos obtidos a través de escoitas telefónicas ilegais, aínda que non participen nas mesmas.)

  • Intrusismo ou intromisión na vida das persoas que acaban de sufrir algún tipo de desgracia.

  • Traxedias que implican dor e nas que as persoas afectadas poden ser utilizadas para causar sentimentos nos espectadores. Ex: Caso das nenas de Alcaser, asasinato dunha nena en Vilalba.

  • O roubo. Podo roubar un documento que é moi importante porque contén información esencial para descubri-la verdade dos feitos.

  • 2ª CATEGORÍA

  • Infiltración, tipos e técnicas:

    • Información obtida en secreto empregando fontes confidenciais. Usa unha fonte próxima ó que, en principio, está oculto para ó periodista. Este tipo de confidente, non quere que se revele o seu nome, é unha das súas condicións ¿qué facer?, o tema ten interese xornalístico e, polo tanto, seguramente se teña que comprometer, senón xa non terías confianza.

    Nalgúns países, en determinadas ocasións, en caso de conflicto, obrigan ós xornalistas a revela-las súas fontes confidenciais. En España, a lexislación non está clara xa que se defende o secreto profesional dos xornalistas.

    Un periodista non pode fabricar un acontecemento para logo falar del, por moita fama que isto lle revita (p.ex. investigación de Miss España).

  • Técnicas enganosas. Hai 2 situacións que se poden dar:

    • O xornalista faise pasar por outra persoa, tendo en conta que, facerse pasar por outra persoa que existe, é delito. Hai que aterse a cada situación, non hai unha norma común para tódolos csos. Esta técnica sempre foi moi polémica. Hai que distinguir un xornalista que investiga dun detective, pois o fin que persiguen é moi diferente.

    • O xornalista non se identifica como tal e se infiltra nunha realidade, pero nunca dí que é xornalista, moitas veces poque non llo preguntan, constituindose en observador directo da realidade (primerísima fonte de información), pero tamén porque descubrirse pecharalle moitas portas.(casos: xornalista que entrevista a Tony King no cárcere facéndose pasar por avogado, xornalista infiltrado na casa Real británica sen dar a coñecer que era xornalista)

    O xornalista non dí cal é a súa profesión , incluso pode presentarse con outra profesión, é ahí onde se dará o engano.

    O xornalista que non se identifica como tal, en principio, non ten porque xerar conflictos de conciencia, dado que non se violenta nada o único que haberá que sopesar, en función da realidade, a perigosidade de onde un xornalista se infiltra. Hai que valorar ata que punto é perigosa unha infiltración.

  • Técnicas de Manipulación sobre as fontes. Pode plantexarse como unha cuestión ética pero son técnicas para nada reprobables. Tipos destas técnicas:

    • Formulación de preguntas “duras”, que violentan á personaxe. En lugar de darlle opción de negar, este tipo de técnicas forza, ó entrevistado, a que lle diga ó entrevistador o que non lle quere dicir (preguntan que obrigan a respostar ó entrevistado aínda que sexa dalgo do que non quere falar). Violentación da negociación pero segue sendo permisible esta forma de actuar.

    • Secuencia na que se lle fan as preguntas á fonte (resistente). O xornalista esfórzase por demostrarlle que sabe todo sobre o asunto, que forza a negociación e o entrevistado se ve obrigado a da-las respostas correctas.

    • Acusar, directamente, á fonte dalgo que sabe qué é imposible que cometera, así a fonte se ve forzada a trata-lo tema.

    Na autorregulación, o xornalista ten que resolver estes problemas ou situacións de conflicto nun proceso de información. Terá que tomar conciencia do que fai, tendo en conta unha serie de normas e principios do código deontolóxico, que en todo caso non é a norma definitiva, o que importa é que o periodista sexa capaz de autorregularse, someter as súas accións á súa propia vontade.

    [botarlle unha ollada ós códigos deontolóxicos: principios internacionais da ética profesional do xornalismo da UNESCO; Declaración de principios sobre a conducta dos xornalistas (aprobada pola asociación de xornalistas); código deontlóxico da asociación do Colecio de xornalistas; Código Deontolóxico da Profesión Xornalística de Galicia]

    LEI DE SECRETOS OFICIAIS E DEREITO Á INFORMACIÓN

    Existe unha lei de Secretos Oficiais que é susceptible de ser aplicada ó que, por unha parte, responde ós secretos de Estado e, por outra, a información confidencial ou reservada.

    A lei nace en 1968 e foi modificada no 78, pero hai un decreto de desenvolvemento desta lei que non foi modificado e aínda persiste.

    O artigo 4 di quen pode clasificar e desclasificar determinado tipo de información para preserva-la seguridade do Estado, son o goberno, o consello de Ministros e a Xunta de Xefes do Estado Maior.

    A lei segue manténdose moi ambigua. Esa Xunta de Xefes do Estado Maior, no 84, pasa a ser un órgano consultivo do Presidente do Goberno, non tomaría pois ningún tipo de decisións, aínda que seguiría a estar capacitado para clasificar e desclasificar información.

    Os artigos 9 e 13, falan da actuación dos medios de comunicación na información reservado ou secreta. Os medios de comunicación teñen que poñer, a disposición da autoridade, a información que se vaia obtendo a través da investigación. As informacións secretas e reservadas non as poderán publicar.

    En todo caso, xa se deron algúns casos nos que, pese a revelar información reservada ou secreta, ó final non houbo proceso xurídico ningún contra o xornalista ou o xornal que o publicara.

    --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Leer capítulo 6 “LosLímites Legales de la Investigación periodística” del libro de J. María Caminos Marcet - Periodismo de Investigación, Teoría y Práctica.)

    --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    LECCIÓN 5 : OS XORNALISTAS ESPECIALIZADOS

    RESPONSABILIDADE SOCIAL E FORMACIÓN DO XORNALISTA ESPECIALIZADO.

    A responsabilidade social do xornalista. Ten grande responsabilidade polas súas dúas características:

    • a función que ten que desenvolver calquera xornalista: informar e mediar responsablemente.

    • para qué informa e para qué media: pois para contribuir a garanti-la liberdade de información á que temos dereito tódolos cidadáns e para facer posible o coñecemento verdadeiro sobre feitos, ideas e opinións que interpelan ó cidadán no su entorno.

    De ahí que conectemos o xornalismo interpretativo, e dentro deste modelo aquel que é máis eficaz para conectar, coa complexidade do mundo actual, e que conecte ó xornalismo co sistema ou teoría da responsabilidade social. Teoría que nace a contrapelo das teorías autoritarias e liberais de épocas anteriores ós anos 40.

    Nin a autoritaria nin a liberal poden ser entendidas dende un sitema democrático, por iso nos aferramos á teoría da responsabilidade social que arranca a partires do ano 1946 a partires do Informe para a Liberdade de Prensa. Este informe contiña:

  • Que é un deber da prensa, proporcionar un relato de acontecementos diarios, verdadeiros, comprensibles e intelixibles, nun contexto no que quede claro o significado deses feitos.

  • Debe servir de foro para o intercambio de críticas e comentarios.

  • Debe dar unha imaxe representativa dos grupos que existan na sociedade (existencia do pluralismo), polo tanto, debe garanti-lo pluralismo.

  • Debe axudar á representación e clasificación das metas e dos valores sociais (revalorizalos)

  • Debe proporcionar libre acceso ós homes e mulleres que teñen ideas que aportar en cada momento.

  • Con esta teoría da responsabilidade social podemos decir que arranca a Etapa Universalista da Información.

    Unha vez que se asumen os puntos deste Informe asúmese que é o público o auténtico propietario da información, o público convértese no suxeito universal da información.

    En función disto, ós xornalistas correspóndelles saber administrar esa información da que non é propietario, dacordo ós dereitos do cidadán a recibilas con garantía de veracidade e pluralismo.

    Entendendo o modelo periodístico como o interpretativo, dentro del está o xornalismo especializado, teriamos que decir que o xornalista que asume esta maneira de producir xornalismo, aténdose á especialización, debe cumplir as súas funcións de informar e mediar da forma máis óptima posible facerse activo dende que conseguea información ata que as publica, edita e se emiten a través de calquera medio.

    O xornalista especializado responderá ó que se entende por un xornalista garda barreiras, ser seleccionador de información, un “gatekeeper” selectivo, nun tempo onde a muliplicación da información é tan grande que dificulta á poboación a labor de seleccionar a información e isto debe facelo, polo tanto, o propio xornalista. (Xornalista = Gatekeeper =seleccionador - A información seleccionada en función do interese que desperte)

    Así o xornalista pode cumprir con esta responsabilidade social, do seguinte xeito:

  • Todo xornalista debe ter a capacidade para administrar a información dacordo co dereito dos cidadáns de recibila con garantías de veracidade e pluralismo.

  • Debe posuir coñecementos técnicos e metodolóxicos que o habilitan como experto en comunicación:

    • con capacidade para valorar, seleccionar e comunicar o continxente das infrmacións xeradas nas diferentes áreas da realidade social, qué é máis complexa que nunca.

    • Trasmitir as mensaxes con eficacia a través dos distintos medios e soportes.

    • Capacidade para facelo a través de múltiples canles nun contexto de multidireccionalidade da información.

    • Capacitado desta maneira para saber enfrontarse a unha nova orde tecnolóxica e económica que pon en perigo a sustancia da información por canto que tenden a cambiala e transformala.

    • O xornalista terá que ter unha formación académica e cultural moi ampla que sexa complementaria cunha especialización nos ámbitos económico, político, cultural,... nos que unha sociedade aporta ou se manifesta o seu grao de implicación e da participación nesta nova sociedade da información. Polo tanto ten que ter unha información dual.

    • Unha formación académica e cultural moi ampla para que coñeza as reglas do xornalismo e a transmitir mensaxes coherentemente.

    • Un xornalista experto nun ámbito de coñecemento, é dicir, nun ámbito científico de coñecemento que o levará a coñece-lo contexto específico que terá que comunicar.

    E desta maneira quedará cualificado para:

  • controla-lo acceso das informacións ás axendas dos medios.

  • Para dar sentido á construcción da mensaxe de tal maneira que o resultado teña un significado.

  • CARACTERÍSTICAS DIFERENCIADORAS RESPECTO DO XORNALISTA XENERALISTA E DO ESPECIALISTA

    Hai unha diferencia entre o xornalista especializado e o xornalista xeneralista. Non se contrapoñen senón que se complementan, un xornalista especializado necesita as características dun xornalista xeneralista.

    Hai 2 grandes tipos de xornalistas (Tipoloxía)

  • segundo a maneira de informarse sobre a realidade e de comentala:

    • xeneralista

    • especializado

  • segundo a posición que ocupen na orgnización dos medios de comunicación:

    • redactores

    • colaboradores: ata hai pouco tempo estaba máis ligado á especialización, pero diferenciándose no nivel de profesionalidade.

    Pero dende hai algúns anos trátase de orientar ós redactores á especialización (incluindo a crítica cultural en mans de colaboradores, cantos máis haxa, máis pluralidade)

    Hai que reivindicar o papel de expertos para os redactores.

    Cómo diferenciamos os xeneralistas dos especializados

    Antes de concretalo, Hector Borrat di que habería que ter en conta antes de determina-las características diferenciais, hai que ter en conta as compoñentes básicas que determinan ó xornalista especializado:

  • Xornalista especializado: cando aludamos a un xornalista que ten un coñecemento sistemático e sempre renovado, das maneiras de aborda-la actualidade e de narrala ou comentala, logrado mediante a articulación da Periodística (materiais ou disciplinas propias da redacción xornalística) e as disciplinas específicas, que se visualizan nas diferentes Ciencias Sociais.

  • Unha experiencia profesional na área da súa especialización o suficientemente larga e intensa como para asegura-la anterior, así como o coñecemento a fondo de cada unha desas actuacións.

  • Segundo se complementen estas dúas compoñentes básicas poderemos falar de graos de especialización nos contidos que domine ese xornalista.

    Así pois, os xornalistas especializados non se exclúen mutuamente, senón que se complementan, a proba é que unha das necesidades básicas é a que se retire á Periodística, necesaria para tódolos xornalistas.

    Os especializados dan pasos máis alá dos procedementos elementais e imprescindibles para a construcción simple de noticia.

    • Úneos (especializado - xeneralista) a función básica de mediación.

    • Diferénciaos a cualificación desa mediación, porque responden uns e outros a mecánicas, métodos e rutinas diferentes.

    Características dun XORNALISTA XENERALISTA

    • Observamos que no xeneralista se supedita sempre a cobertura dos acontecementos, non ó valor do acontecemento, senón ó ritmo de traballo.

    • Prevalecen as primicias e urxencias pensando sempre máis nesas primicias que nos procesos de documentación e verificación necesarias.

    • Permite, pasivamente, o xornalismo de declaracións.

    • Recurre a fontes organizadas que dan máis seguridade se están organizadas é que teñen canles de información internos.

    • Utiliza habitualmente as mesmas fontes, os mesmos bancos de datos, estandarizando os contidos e NON favorecendo o pluralismo. Ten unha axenda de fontes ás que recurre habitualmente, non se arrisca a buscar outras.

    Isto leva a facer unha información de maneira superficial, que ofrece un escaso grao de credibilidade e fiabilidade, tende a dispersarse á hora de elabora-la información e o seu rendemento profesional é máis ralentizado, carece de coñecementos para afrontar unha realidade rápidamente.

    Hai unha serie de fenómenos externos nos que o xornalista ten que establecer unhas liñas de vixilancia constantes e o xeneralista non está preparado para facelo. As fontes cada vez están máis preparadas.

    • Outro fenómeno externo: multiplícanse os escearios onde se producen elementos diferentes dunha mesma noticia, fainos pensar dun xornalista distinto do especializado.

    • Proliferación de mecanismos electrónicos nos procesos de información. Multiplican a productividade informativa. Necesítase un xornalista capaz de seleccionar en función do interese público.

    • Asunción, polas empresas xornalísticas, do control informativo á marxe dos seus propios profesionais. Marca unha tendencia a construir e seleccionar contidos informativos en base á rendabilidade económica e non ó interese público.

    • Poder de arrastre dos audiovisuais.

    • Retos ós que se teñen que enfrontar os xornalistas de hoxe en día en medio do fenómeno que supón a dixitalización. Os xornalistas teñen que compaxinar as potenciais da comunicaciónco que, pese a todo, permanece no xornalista. Os cambios estánse a producir na forma de chegar á audiencia, pero a forma é a mesma, ligada á búsqueda da verdade para expoñela da forma máis significativa posible ós nosos receptores.

    Esixencias a un XORNALISTA ESPECIALIZADO

    • Capacidade de interpretación e mediación cualificada.

    • Debe ter en conta o criterio de primicia, pero non pode se-lo fundamental, porque o interese desplázase cara ás fontes e cara ó dominio da contextualización dos feitos.

    • Terá que saber documentarse, buscar fontes específicas, consulta-las e relacionarse con elas por negociacións. Saber valora-la relevancia dos acontecementos e saber como traza-las buscando sempre os procedementos máis esixentes para darlle significado ós feitos ou ubicalos nun contexto amplo, tanto de tipo fáctico (multicausalidade) como temático.

    É como o Gate - keeper da actualidade, converténdose no propio autor do seu raballo, seguindo cada un dos pasos.

    Profesionalismo versus Profesionalidade

    - Necesidade dun xornalismo especializado

    - Necesidade de que existan xornalistas que o poidan levar a cabo.

    - ¿Por qué é importante o xornalista? Porque é importante a mediación, por iso é necesario o xornalista.

    - Info entretemento: información para o entretemento.

    • A información está cada vez máis condicionada pola utilidade (económica) antes que pola súa dimensión normativa. Mestúrase a información co entretemento para conseguir maior rendabilidade ou beneficio económico (de ahí o triunfo e proliferación de programas “rosa”)

    Por iso, se reivindica a función dun MEDIADOR ESPECIALIZADO.

    • Outro factor importante é a Responsabilidade, o xornalista debe responsabilizarse da información que lle dá ó público.

    Hoxe todo o mundo pode producir, transmitir información, as novas tecnoloxías permíteno. Isto conleva, como risco, a perda de protagonismo dos xornalistas, e que todo o mundo se poña a producir información sen estar identificado, non teñen ningún tipo de responsabilidade. A información entra en terreo de todos = TERREO DE NINGUÉN, non hai garantía sobre a veracidade do que se nos transmite, desarma moito máis á sociedade receptora desa información. De ahí a necesidade de que existan mediadores recoñecidos como tal que asuman esas responsabilidades e que garantan a veracidade da información.

    Nese senso, a figura do xornalista debería ser revalorizada

    --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    ( “La Ventana Global” de Teodoro Glasser - ten un capitulo no que aborda este tema)

    --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    A Crise do momento actual coa figura do xornalista, podémola centrar no feito de que procesar información xa non será unha función exclusiva dos medios de comunicación e, por tanto, tampouco dos xornalistas. Esta situación, vémola reflexada nos seguintes puntos:

    1. O perigo que significa para os principios básicos nos que se ven asentando, tradicionalmente, a cultura xornalística. Os medios de comunicación e os xornalistas forzan, de tal maneira, as cousas que acaban trastocando os principios importantes desa cultura xornalística (Ex: os medios de comunicación asumen o tratamento da información dende a perspectiva do espectáculo). Utilidade económica por riba da utilidade social.

    2. Os medios de comunicación están pasando de ser empresas de información a ser empresas de contidos. Producir contidos para almacenalos e sacalos ó mercado para obter a maior rendabilidade posible (FACTORIAS DE CONTIDOS)

  • Os xornalistas pasan de ser creadores e comunicadores de información a ser meros productores de contidos. Non se diferenciarán, na práctica, ós outros axentes non xornalísticos que se adican á producción de información.

  • Por outra parte, tanto medios como xornalistas están sometidos a estreitar os seus propios límites porque hai outros axentes colaterais que cada vez se meten máis no ámbito dos xornalistas (ex: RR.PP., Publicistas, axentes de infoentretemento,...) Cada vez, os límites da profesión son máis borrosos.

  • Hai que ver cales serían as ESTRATEXIAS que nos servirían para afrontar eses perigos:

    • Esforzarse por aumenta-lo seu propio grao de cualificación e profesionalidade, en concreto hai 2 aspectos:

    • En primeiro lugar, apostar por unha nova cultura xornalística (revalorizar a profesionalidade do xornalista) que pasa, necesariamente, pola democratización dos procesos de producción da información, no que se sustenta un xornalismo veraz, independente e plural.

    • As funcións básicas e fundamentais do xornalismo e dos xornalistas terá que converxer no obxetivo común da producción de significado.

    A profesionalidade, polo tanto, hase de entender como o enfrontamento con aqueles profesionais non xornalísticos que realizan a función de xestores de coñecemento. Por riba de todo, os xornalistas téñense que esixir, a si mesmos, que saiban relacionar coñecementos, xerarquizalos, interpretalos e valora-los en función do interese social e público. Polo tanto non son simples xestores.

    Ademáis hai que entender a Ideoloxía do Profesionalismo, cómo facer fronte a esa ideoloxía para preservar a Profesionalidade.

    A ideoloxía do profesionalismo, di Glasser, enmascara a autoridade do xornalista individual e a da institución do xornalismo, e faino sobre todousando a obxecividade como reclamo o distanciamento profesional (por riba de todo a obxectividade, pero como hai que entendela).

    Esta maneira de entende-la obxectividade non é máis que unha estrataxema para asegurarse, corporativamente, de non seren tachadas de tendenciosos os medios e os xornalistas.

    Enténdena non como unha virtude do suxeito xornalístico, senón como unha categoría do texto, que obedece a causas funcionais e que se executa mediante fórmulas convencionais.

    A obxectividade de método implica ó periodista no proceso de producción e implicao poque ten que analiza-los procesos de valoración (ten que interpretar, valorar e aportar xuizos de valor do que foi conseguindo mediante unha metodoloxía de traballo - proceso de investigación). O profesional pon en marcha tódolos mecanismos precisos para achegarse o máis posible á realidade, polo que se achegará a unha obxectividade informativa. É a obxectividade de método (deducción).

    Polo tanto, urxe revisa-lo concepto de obxectividade xornalística e facelo sempre en función da verdade informativa, o máximo de verdade sobre os feitos coa maior xusteza posible.

    Urxe, por outra parte, aclara-la confrontación que a ideoloxía do profesionalismo sempre ven acrecentando entre feitos e xuizos de valor. Hai que dar por superada esa confrontación. Iso non quere dicir que na información non se aporte, por parte do profesional (que previamente fixo unha investigación), xuizos de valor que poidan ser demostrados a través do proceso de investigación.

    ¿Cómo contribuiremos a mante-la liña divisoria entre Feitos e Xuizos de valor?

    Farémolo se asumimos ata o máximo estas dúas cuestións:

    • Por exemplo, a idea de que a absoluta imparcialidade do xornalista conséguese ó marxe de que logre explicitar, con antelación, os datos e coñecementos suficientes para selo.

    • A afirmación de que relato informativo, para ser verdadeiro, debe ser neutro, non valorativo. Así, o xornalista non participa.

    Asumindo isto, conseguiriamos a asfixia do xornalista, a incapacidade para producir discursos sociais, aténdese á obxectividade do método.

    Para entender que hai que dar por superada esa separación tan matemática entre feitos e valoracións: confrontación entre acontecementos e a sua explicación, entre o que se observa e o que non se pode observar a simple vista. Non debemos quedarnos só coa descripción senón que a búsqueda do significado hai que facela conseguindo probas, empregando distintos ámbitos, normalmente a través da investigación.

    ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Libro: Peter DahlGren - La ventana indiscreta - Cap. La democracia electrónica: internet y la evolución del periodismo - Págs: 163-195)

    ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

    LECCIÓN 6: AS FONTES E O PROCESO DE NEGOCIACIÓN

    NATUREZA E TIPOLOXÍA DAS FONTES

    Hai que falar de 2 cuestións con respecto á natureza das Fontes:

  • Toda fonte ten unha vertente propiamente informativa: depositaria de datos dispoñibles para a comunicación.

  • Toda fonte ten unha vertente reproductiva: tende a axusta-la realidade a un sistema que desexa conservar e por iso pon en acto, mediante unha estratexia, a mellor administración de información de que dispón en función dese sistema que quere preservar.

  • A natureza das fontes tamén se manifesta nunha serie de características:

    • Dimensión Técnica: toda fonte codifica a mensaxe segundo os criterios que lle impón o seu propio coñecemento especializado.

    • Sesgo ou Perspectivismo: configura e codifica a mensaxe segundo llo impoñan as súas limitacións naturais. Tenden, as fontes, a seleccionar a información que máis se adapte á súa capacidade perceptiva e receptiva. As Fontes son parciais por natureza.

    • Interese Corporativo: tende a configurar e codificar a mensaxe en orde á conservación do sistema ó que pertence. En función dos seus intereses corporativos.

    Despois das características hai que dicir que as fontes son un elemento fundamental do proceso comunicativo pero, en función das características, a súa utilización esixe criterios de actuación profesional e un control á hora de establecer contactos con elas.

    Criterios de actuación

    Para concretar eses criterios de actuación profesional e de control:

    • As fontes actúan mediante a configuración previa dunha estratexia.

    • O xornalista ten, polo tanto, que establecer outra estratexia propia. É unha confrontación de estratexias.

    • Rompe a liña das rutinas da forma de relacionarse de xornalista e fonte.

    Definición de Estratexia Xornalística (de Fishman): a estratexia é aquela á que chega o xornalista despois de ter asimilado os procedementos rutinarios.

    TIPOLOXÍA DE FONTES

    --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Capítulo 9;Las Fuentes de Información y la Investigación Periodística; do libro “PERIODISMO DE INVESTIGACIÓN. TEORÍA E PRÁCTICA” de José María Caminos Marcet).

    (esquema nas fotocopias de Hector Borrat)

    --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    Tipoloxía segundo H. Borrat

    FONTES: - PERSOAIS Públicas

    - DOCUMENTAIS (arquivos, internet, documentos, bibliografía,...)

    Outra Tipoloxía

    Primarias

    Secundarias

    Aliñadas

    Non aliñadas

    Activas

    Pasivas

    OS EXPERTOS: CLASIFICACIÓN, FUNCIÓNS E DISFUNCIÓNS NO PROCESO DE PRODUCCIÓN INFORMATIVA

    Hai un tipo de fontes ás que aluden tódalas tipoloxías, son os EXPERTOS. No xornalismo especializado hai que saber cómo establecer contacto con eles e saber qué tipos hai e as súas características:

    • Fontes Expertas Profesionais

    • Fontes Expertas Non Profesionais

    Hai 3 tipos de Fontes Expertas:

  • Expertos Científicos ou de precisión, en temas non necesariamente ligados á actualidade. Os Sabios. As súas características:

    • Coñecemento científico nun ámbito do saber humano.

    • Usan metodoloxías cinetíficas, propias das Ciencias Sociais para investiga-la realidade.

    • Descoñecen as técnicas e instrumentos comunicativos. Necesitan intermediarios.

    • O obxectivo que persiguen no proceso de comunicación é o de coproducir sentido e argumentación (tentan persuadir).

    • Sería unha fonte selectiva e exclusiva do xornalista. Aportan ademáis información non contradictoria e, á vez, novidosa.

  • Os Intelectuais ou Líderes de Opinión. As súas características:

    • Teñen unha cualificación máis ou menos especializada, recoñecida, socialmente no ámbito da cultura científica ou humanística.

    • Descoñecen tamén as técnicas e os instrumentos comunicativos.

    • O seu obxectivo é coproducir sentido e argumentación.

    • Serían fontes selectas, selectivas e, frecuentemente, exclusivas, que aportan opinión e axudan, na valoración.

  • Especialistas, Comunicadores ou Divulgadores: máis ligados ó dominio das técnicas que son necesarias para divulga-los coñecementos dos expertos. Características:

    • Teñen coñecementos temáticos relacionados coa actualidade.

    • Teñen coñecementos das técnicas xornalísticas e dos instrumentos da comunicación.

    • O seu obxectivo é coproducir, fundamentalmente, sentido pero tamén argumentación.

    • Son fontes selectas, estables, compartidas por tódolos medios e, ás veces, exclusivas.

    [ Xornalismo de Fontes: fontes que son capaces de producir información tal e cOmo a faría un xornalista, como fan os Gabinetes de Prensa ou de Comunicación.]

    A importancia das fontes expertas na extratexia operativa da producción xornalística especializada, é decisiva. Ademáis de contextualizar unha realidade que investigamos, o xornalismo especializado require a integración de coñecementos a partires das múltiples fontes expertas.

    As fontes expertas son productoras de información, de sentido e de argumentación, porque teñen especial incidencia en cada fase do proceso de producción informativa: profundización e documentación; verificación e interpretación (sentido) e codificación (argumentación).

    Cando participan neses procesos coproducen información (na primeira fase), coproducen sentido (na segunda) e coproducen argumentación (na terceira).

    ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Lectura - Fotocopias “Los Expertos en el proceso de producción periodística especializada” - L. Álvarez Pousa)

    ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

    Funcións que cumpre a Fonte ó incidir nesas fases:

  • Lexitimación do xornalista ou de si mesmos ante opinión pública. Fano máis creible.

  • Instrumentación: están indirecta ou directamente interesados nos feitos.

  • Coñecemento: aportan cñecementos que o xornalista ten que integrar para profundizar, de maneira ampla, unha realidade.

  • Disfuncións:

    - Os expertos sono, non só para os medios, senón tamén para os axentes, gabinetes de prensa, empresas que representan, para proxectos científicos ou académicos,... tenderán, coma calqueira outra fonte, pero de forma visible a usa-lo seu sesgo ou reproduci-los intereses dos grupos ou empresas ós que pertenzan.

    ¿Cómo validar o que di unha Fonte Experta? ¿Qué valor darlle? Pois atendendo a 3 aspectos:

  • A súa Fiabilidade:

    • Credibilidade

    • Interese Obxectivo

    • Niveis de Veracidade

    • Corrección

  • A súa Suxestibilidade: tendo en conta elementos máis formais ligados á estratexia argumentativa que ten, a maneira de comunicarse, contradiccións ou non contradiccións, nivel de seguridade, etc.

  • Prestixio Social: segundo a posición que ocupe a fonte dentro dun determinado sistema social-cultural.

  • O XORNALISMO DE FONTE: ACTITUDES E TÉCNICAS DO XORNALISTA RESPECTO DAS FONTES CONVENCIONAIS (gabinetes, etc) E DAS FONTES EXCEPCIONAIS (científicas, etc...)

    Xornalismo de Fontes: fontes que son capaces de producir información tal e cOmo a faría un xornalista, como fan os Gabinetes de Prensa ou de Comunicación

    - OS GABINETES de comunicación ou de prensa

    Existen 4 grandes tipos de Gabinetes:

    • Administración

    • Partidos Políticos

    • Empresas

    • Movementos Sociais

    En principio, os Gabinetes teñen unha función positiva e interesante para os medios de comunicación, porque facilitan o encontro coas organizacións que teñen eses gabinetes e facilitan o acceso á información, necesario para costrui-las axendas dos xornais e para acada-las noticias.

    É un papel necesario, na medida en que os comportamentos internos desas organizacións cada vez teñen máis interese en, non só trasladar unha boa imaxe da empresa, ssenón cada vez máis interesadas en facer explícitas as razóns polas que actúan dunha determinada maneira. Inciden, así, na perspectiva social das súas mensaxes.

    Outra cousa é que, ó mesmo tempo, trátanse de Fontes que xa teñen un determinado sesgo, interés corporativo e interpretan a realidade dende a súa propia perspectiva. Esas fontes teñen unha natureza que implica un coidado especial por parte do xornalista, poden transmitir máis confusión que claridade. Poden desinformar antes que informar.

    Dende este punto de vista, o método tamén introduce determinado tipo de disfuncións para a práctica do xornalismo:

    • Incrementa as rutinas nos sistemas de producción dos medios, pois estandarizan a información. Vai en contra da pluralidade que enriquece os contidos informativos.

    • Influencia excesiva na concrección das axencias de medios. Teñen os gabinetes cada vez máis capacidade para influir na selección de noticias. Na medida en que teñen esta capacidade, están reducindo a relación de asuntos noticiables que configuren a axenda do medio, non só en cantidade, senón tamén en calidade.

    Os Portavoces

    En relación cos PORTAVOCES: é unha figura que se fai intermediaria entre o organo ó que pertence e os medios de comunicación para trasladarlle información e opinión sobre asuntos que teñen interese público. Trátase dunha fonte compartida e, case sempre, ten un nomeamento que se fai público (oficial)

    Hai que analizar esta figura na medida en que o fai o autor Sigal. Él di que gran parte das noticias que se punlican son producto do acoplamento de dúas maquinarias procesadoras da información:

    • os medios de comunicación (noticiosa)

    • o/os Gobernos

    Froito dese acoplamento é a, cada vez máis notoria, supremacía das fontes oficiais, que teñen, nos portavoces, a súa cara pública. Incluso, na propia sociedade está sendo frecuente a aparición de portavoces (coxunturais), ex: portavoz da familia dunha víctima dun atentado.

    A esa figura os xornalistas pediranlle información, pero dará tamén sentido e argumentación.

    Os portavoces, como fontes oficiais, reforzan as canles rutinarias, aproveitan que son fontes necesarias para que os xornalistas recurran a elas sen ningún tipo de prevención (confían en que, por ser oficiais, son garantía de confianza). Sen embargo, intentan aproveitar esas rutinas xornalísticas porque é a técnica xornalística que mellor permite a introducción da información que dan, sen case filtro, no proceso de información.

    Nos medios de comunicación, cando hai un conflicto que perxudica a determinado organismo, se están ben relacionados coa sociedade, intentan adiantarse a un traballo de investigación, dan unha rolda de prensa e os medios quedan convencidos coas razóns que van paralizando a investigación.

    As Fontes Oficiais tenden a provocar un aumento nas rutinas, e os propios medios de comunicación teñen especial predilección por estas fontes, porque garanten o fluxo de información e lexitiman a información que dan ante a sociedade, porque habitualmente teñen un nome.

    Un xornalista, á hora de enfrontarse a fontes organizadas, necesita establecer formas de control sobre todas elas, sobre a chamada “rede de fontes” do medio, que sobre todo son organizadas (gabinetes, portavoces, fontes oficiais), en cambio están marxinados sectores da sociedade que por non estar organizados, non teñen a posibilidade de aparecer nos medios se non protagonizan un suceso.

    Cómo Controla-Las Fontes (Tanto a rede de fontes como as fontes organizadas)

  • Os medios teñen que establecer a súa propia estratexia ó confrontarse coas fontes. Teñen que funcionar como filtro.

  • Facilitando que esa rede se vaia alimentando con outro tipo de fontes non organizadas ás que recurrir nun momento dado.

  • Por outra parte, hai que saber aplicar ás fontes uns criterios claros de cualificación:

    • Fiabilidade:

    • Credibilidade (analizando as mensaxes que nos dá)

    • Veracidade, corrección na forma,...

    • Competencia, criterios que teñen relación cos feitos que tratemos.

    • Suxestibilidade.

    • Posición Social.

    Indo máis á práctica, no exercicio da profesión xornalística, para ser eficaz:

  • unha redacción ten que ter criterios sólidos de noticiabilidade e ter unha defensa para as fontes organizadas que intentarán influir na selección de noticias. Haberá unha negociación para establece-la selección de noticias, en función duns criterios de noticiabilidade estables.

  • Unha vez seleccionados os feitos noticiables e dende o punto de vista do Xornalismo especializado, os xornalistas deberán afrontar catro tipos de práctica:

    • Localizar tódolos ámbitos significativos das fontes que están relacionadas coa temática de que se trata.

    • Hai que localizar, de entre as fontes anteriores, a aquelas que teñen unha especialización moito máis concreta (domina-el área).

    O xornalista ten que saber valorar e controlar, non só a estructura desa determinada área (ex: política), senón, ó mesmo tempo, control dos códigos técnicos específicos desa área, tamén os códigos das audiencias e diversidade de intereses afectados por ese feito e, en función das audiencias, control dos códigos comunicativos para posibilita-las comunicación con ese tipo de audiencias.

    • De entre as fontes, seleccionar aquelas que máis credibilidade, fiabilidade, nos dea. Hai que aplicar criterios de fiabilidade,...

    • Establecer cales son os camiños para chegar a esas fontes seleccionadas e tamén os contidos que esas fontes non poden dar.

    A NEGOCIACIÓN COA FONTE (FOTOCOPIAS Y LECTURAS)

    Hai que entrevistarse coa fonte e este acto de negociar, conleva unha serie de fases.

    A fonte nunca vai ceder información gratuítamente, sempre o fará a cambio dalgo (silencio, económicos,...) Por iso é unha negociación, negóciase información pero tamén sentido e argumentación. Hai que consegui-lo control sobre elas.

    ¿Qué facer despois da negociación?

    • Proceder ó procesamento dos contidos en bruito extraídos da fonte para adaptalas á condición de producto xornalístico destinado a ser recibido e consumido po unha fonte concreta.

    • Eliminar, da mensaxe orixinal da fonte, o sesgo ou interese corporativo que a caracteriza para adaptalo ó interese da audiencia.

    • Verifica-lo grao de correción obxectiva que subxace na mensaxe orixinal, contrastando co existente noutra fontes que están en ámbitos diferentes pero que tratan o mesmo contido.

    (“El Periodismo de Fuente” - LECTURAS)

    LECCIÓN 7: O RELATO ESPECIALIZADO: ESTRUCTURA E XÉNEROS

    -----------------------------

    (Por fotocopias)

    -----------------------------

    A CONSTRUCCIÓN DO RELATO E O XORNALISTA COMO AUTOR DE RELATOS

    O xornalismo especializado baséase, fundamentalmente, na capacidade do xornalista para:

    • Abordar calquera tipo de información seguindo unha metodoloxía de investigación propia.

    • Capacidade para estructurar ese relato co dobre obxectivo de darlle sentido e de facela comunicable.

    O xornalista é un Gatekeeper, dende o primeiro momento (selección) ata o último (construcción e transmisión do relato a públicos amplos).

    O xornalista está forzado a se-lo gatekeeper que actúa como tal dende o primeiro paso ata o último en 3 modalidades:

  • Na selección toma a iniciativa.

  • Procesal: no procedemento de investigación, contextualización, verificación,...

  • No texto: controlador da estructura do texto, interpretación, argumentación, doutros actores sociais.

  • Reconquista da autoría do xornalista

    Na práctica, as fontes seguen tendo un protagonismo por riba do do xornalista (no sentido de autoría e o control da negociación)

    Na medida en que reconquiste a autoría, o xornalista recuperará a súa independencia e autonomía.

    Neste sentido é como hai que entende-lo xornalista como actor social, pois ten capacidade para influir na sociedade, porque acaba sendo creible pola sociedade. E, ó mesmo tempo, o xornalista como autor, na medida en que constrúe; mediante xéneros, estilos, estructuras,...; o relato.

    O relato hai que entendelo como unha estructura informativa: serie de elementos que se estructuran coa finalidade de facer comunicable a mensaxe.

    A estructura formal do relato especializado

    O modelo de relato vai evolucionando ó tempo que o fan os modelos xornalísticos e o mesmo pasa cos xéneros. Cada sociedade, no tempo, ten un modelo xornalístico.

    O xornalismo especializado require un relato específico que se adapte ás necesidades, obxectivos,... que requerirá de xéneros propios.

    Hai dúas dimensións: interna e externa.

    - Interna: aquela que lle dá sentido á mensaxe informativa que sustenta.

    • Externa: aquela que fai comunicable esa mensaxe.

    Están interactivadas, non pode existir unha sen a outra.

    Hai relatos obxectivos e relatos interpretativos. Nós situarémonos no relato interpretativo e non no obxectivo, pois este último só se basa nos elementos esenciais e simples da noticia. Os interpretativos complexifican a estructura ó contextualiza.lo acontecemento, a noticia, de maneira máis ampla e complexa.

    A pirámide invertida non é o método que imos empregar no relato interpretativo especializado.

    [Esquema do relato interpretativo de Concha Fagoaga]

    Os tipos de relato interpretativo que aporta este esquema son:

    • O relato Simple (obxectivo) é, meramente, descriptivo que conlevaría, a maiores, unha base de antecedentes.

    • O relato en Profundidade que vai acoplando os elementos do tipo anterior (datos, background) e ademáis engadeos datos das fontes expertas e implicadas.

    • O relato valorativo que incorpora os datos anteriores e ademáis, o propio profesiona, aporta as súas valoracións sacadas de todo o proceso de elaboración e investigación dos feitos.

    Así que, o relato simple significaría un primeiro nivel de análise do relato, o relato en profundidade significaría un segundo nivel de análise desa realidade e, finalmente, o relato valorativo conlevaría un terceiro nivel de análise.

    O xornalismo epecializado sitúase no relato valorativo, que é o tipo de relato interpretativo máis avanzado (datos, background, expertos, valoracións propias,...).

    Pódense presentar dúbidas se non se diferencia ben información e opinión. Evidentemente, non se trata de valoracións preconcebidas da súa maneira de pensar, senón valoracións que só teñen xustificación no relato se son extraídas do proceso de indagación.

    Polo tanto valoracións obxectivadas, o xornalista ten que arriscar, pero sempre ligadas a un procedemento, intelectualmente honesto, baseándose no que comproba (valorar non é o mesmo que editorializar).

    Xa máis de cara á Parte Práctica: ¿Cales son os elementos da estructura interna do relato especializado?

    Un relato interpretativo valorativo especializado comportaría, necesariamente, Fases ou elementos da Estructura Interna:

  • unha exposición o máis exhaustiva posible do acontecemento.

  • Análise do acontecemento en base ós elementos de background e ás circunstancias actuais que documentan ese acontecemento, dando resposta ós porqués do mesmo (ata busca-la multicausalidade) - 1º Nivel -.

  • Análise da realidade en base a elementos explicativo-valorativos de carácter científico 8expertos) e testimoniais 8implicados) verificados e filtrados durante o proceso de investigación previa, tendo en conta, sempre, o ámbito temático no que esa realidade ou feito estivera inserta e as conexións interdisciplinares ás que puidera dar lugar (multidisciplinariedade) - 2º Nivel -.

  • Valoracións propias do profesional que o xornalista aporta en calidade de experto, tras ter investigado o acontecemento, producto tanto de ter aplicado con rigurosidade os procedementos de indagación como de ter confrontado a realidade investigada cs coñecementos extraídos do ámbito do saber ó que pertence o feito (o relato interpretativo valorativo) - 3º Nivel-

  • A UTILIDADE DAS 6 W

    A regla das 6 W segue sendo útil nalgúns tramos do proceso: buscar tódolos elementos necesarios para compoñe-la noticia, para que non nos esquezamos de nada, polo tanto, con esta regla, damos conta do fundamental da información (Que, Quén, Cómo, Donde, Por que, Cando).

    Pero tamén pode ser útil no momento en que o xornalista se pon a estructurar, definitivamente, o relato. Cando se teñen tódolos materiais hai que organizalos (pero hai que ir máis alá dos feitos).

    De tódolos xeitos, para organizar tódolos elementos que forman a estructura interna, para consegui-lo obxectivo que pretendemos, e para que os receptores crean o que nós creemos gracias á investigación, tamén empregamo-la estratexia retórica.

    -------------------------------------------------------------------------------------------------

    A estructura formal do relato ten dúas compoñentes indisociables: a estructura interna e a estructura interna.

    O xornalismo especializado é a Terceira Dimensión da Análise da Actualidade

    -------------------------------------------------------------------------------------------------

    A ESTRATEXIA RETÓRICA

    Hai que ordear tódolos elementos que imos recollendo ó longo da investigación. Hai que organiza-los dende un punto de vista mental, segundo os obxectivos.

    O obxectivo que persigue é darlle á opinión pública a verdade do sucedido, de maneira que o que lle dá, pareza creible. É por isto que precisa dunha estratexia persuasiva máis propia do xornalismo de opinión (a retórica).

    Valémonos pois da estratexia retórica, non como retórica pura, senón como un instrumento.

    Leis da retórica aristotélica

    Inventio - búsqueda

    Dispositio - organización

    Elocutio - arte de dispoñe-lo relato oral

    Falamos da estratexia retórica porque empregamo-la retórica como un instrumento que nos serve para persuadir ós nosos receptores daquelo do que nós xa estamos persuadidos.

    É decisivo saber organizar para que o traballo previo sexa productivo.

    ESTRUCTURA EXTERNA

    A estructura externa (é indisociable da interna) é a que fai comunicable a mensaxe, o contido. Son os xéneros. Na medida en que evolucionan os modelos de xornalismo, evolucionan, tamén, os tipos de relato, é dicir, os xéneros.

    En determinadas etapas, os xéneros priorizaron a atención dos profesionais. Na etapa do xornalismo informativo-explicativo, a obsesión era o xénero e cómo constituir cada xénero.

    Neste momento, na etapa do xornalismo especializado, a obsesión é polo obxectivismo (unha obsesión pola obxectividade case enfermiza).

    Non podemos quedarnos con ese primeiro modelo, que implicaría quedarnos fóra da realidade e da evolución da sociedade. Isto non se podería facer co modelo obxectivista, hai que busca-la verdade de xeito interdisciplinar e é necesaria a honestidade.

    Hai que entende-los xéneros na súa evolución histórica. Por iso podemos falar, hoxe en día, dunha crise dos xéneros porque teñen máis importancia, agora, os contidos. A especialización está nos contidos. Os xéneros hai que te-los en consideración porque axudarán a facer comunicables eses contidos.

    ¿Qué xéneros optimizarían a capacidade para representar globalmente unha realidade?

    • Non valería a noticia simple.

    • Teñen que garanti-lo seu potencial expresivo.

    • Os que potencien o expresivo - valorativo máis que o descriptivo.

    • Os que fagan posible a comunicación a públicos amplos (saber xogar coa linguaxe,...)

    TIPOLOXÍA - ¿Cales son os Xéneros que seleccionamos porque cumpren esas características?

  • Reportaxe de investigación: o xornalista bota man dos TOPOI explicativos -narrativo/descriptivo- (que, quen, cando, onde, como, por que)para organizar de maneira creativa os materiais que previamente recollera nun traballo de indagación e de inmersión na realidade, poñendo a proba a súa autoría (parte do relato valorativo).

  • Reportaxe en profundidade: ligado ó segundo modelo de relato interpretativo (o relato en profundidade). Este xénero non sobrepasa o feito, recava exhaustivamente tódolos elementos que lle deron realidade a ese feito (a reportaxe de investigación fai eso e, ademáis, vai máis alá do feito, pois a verdade non se agota no feito, hai outras connotacións).

  • Informe: organízanse os datos de forma técnica en base á documentación. Non está tan ligado á observación directa como os outros xéneros.

  • Existe unha variante, o Informe Dossier, que non é un informe único senón que leva varios informes adxacentes.

    Nos medios audiovisuais hai especificidades destes dous xéneros anteriores (Reportaxe e informe), pero precisan da elaboración dun guión previo.

    A reportaxe de investigación e, incluso, o Informe podería identificarse co Documental informativo.

  • Crónica especializada ou Crónica Documentada: O profesional terá que organizar, de maneira creativa, os elementos que fóra recollendo in situ. Ten que ver coa preparación que se fai para a cobertura do acontecemento e logo seguilo in situ.

  • Entrevista de Personalidade ou Mixta: Hai que investigar a personaxe e toda a documentación sobre o tema do que nos vai falar e é experto o entrevistado.

  • Comentario especializado e Crítica especializada: Ámbolos dous están dentro dos xéneros de opinión.

  • 77

    Versatil en Medios

    Especializado en contidos

    Codificar a mensaxe, atendendo ó ámbito do público ó que se dirixa

    Privadas

    Confidenciais

    Expertas

    Non Profesionais

    Profesionais

    Frecuentes

    Permanetes

    Ocasionais




  • Descargar
    Enviado por:Elianinha
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar