Historia


Pedro Sarmiento de Gamboa


GAMBOA

Naceu en Alcalá de Henares no 1530 e morreu ó redor do 1592. Era fillo de Bartolomé Sarmiento e de María de Gamboa.

Dedicou os seus primeiros anos ó estudio da astronomía, o latín e as matemáticas.

No 1550 iniciou os servicios ó Rei e en 1555 estaba no Perú onde se dedicou a navegación. No 1564 e no 1575 foi acusado, detido e procesado pola inquisición, que o responsabilizó de afirmar que cando na cidade de Lima eran as doce do día, en España era xa de noite. Esta proposición foi considerada de herexía.

Coa inesperada visita dun pirata as costas do Pacífico americano demostrou a necesidade de controla-lo acceso do estreito de Magallanes, si se quería manter ese océano como un mare nostrum español , pero nesos momentos o mais urxente era deter o corsario inglés.

En Lima, decidiuse preparar algunha nave para que partira na súa procura, e a dirección desta empresa encargouse a Sarmiento de Gamboa. Sen embargo, o corsario xa había recorrido moito camino e non se encontrou.

A Sarmiento se lle mandou practicar un reconocemento ó estrecho, buscando asentamentos extranxeiros e os puntos mais apropiados para construir fortes que controlasen o paso. Ademais, debía levantar unha carta xeográfica dos lugares que recorrera.

No primer viaxe de reconocemento, as duas naves zarparon cara o estreito dende o Callao o 11 de outubro do 1579 . A finais do Xaneiro do seguinte ano, debido a unha tempestade, tiveron qur separarse e Villalobos partiu cara Valdivia.

A nave comandada por Sarmiento, Nosa señora da Esperanza, alcanzou a boca occidental do estrecho e en Febreiro chegou a península de Brunswick onde desembarcou, e celebrouse a primeira misa nesa rexion. O 12 de Febreiro de 1580 tomoou posesión do lugar e enfilou a proa cara España.

En España, Sarmiento se entrevistou co Rei, a quen lle presentou un proyecto de colonización do estreito de Magallanes, o que foi aprobado polo soberano, enviándose dezaoito naves e dous mil colonos. En Septembro de 1581, a expedición comandada por Sarmiento saiou de San Lúcar de Barraneda. O traxecto non foi fácil, xa que os viaxeiros tiveron que enfrentarse a todo tipo de dificultades: Tormentas, pérdida de naves, extensos períodos de calma, ataques dos ingleses e febres tropicais que foron contraídas polos tripulantes durante os sete meses que debieron permanecer no Brasil, na espera de que as condicions de navegación mejoraran.

Só en Febreiro do 1583 puideron arribar na desembocadura do río da Prata, pero novas tempestades lles impediron entrar no paso interoceánico, debiendo regresar a Río de Xaneiro. A inicios do 1584, se levou a cabo otro intento que terminou coa fundación do poboado Nome de Xesús, na desembocadura oriental do estreito. En Marzo estableceuse a aldea Rei Don Felipe.

Xa en inverno, Sarmiento viaxou cara Nome de Xesús, pero unha tormenta o arroxou o Atlántico. Partiu a Río de Xaneiro, dende onde intentaría enviar en repetidas ocasions socorros para as fundacións e, finalmente viaxou cara España. Neste traxecto foi capturado por naves inglesas. Os amplos conocementos de Sarmiento causaron boa impresión entre os seus captores. En Inglaterra poido entrevistarse coa raiña Isabel I, coa que falaría en perfecto latín, según contan, ela o tratou con deferencia, o liberou e lle facilitou o seu retorno a España.

Nembargante, a mala sorte parecía un sino inevitable para Sarmiento. No seu paso por Francia, camino a España, foi capturado polos hugonotes cando chegaba a fronteira. Os captores solicitaron un rescate o rei de España, o que se negou polo alto do monto, pero unha rebaixa no pedido rematou liberando o prisioneiro.

Por mais que Sarmiento tratou de enviar auxilios os colonizadores, todo resultou imposible. A sorte corrida polos habitantes do rei Don Felipe e Nome de Xesús só se conoce gracias o testimonio de Tomé Hernández, quen foi rescatado por polo corsario inglés Thomás Cavendish, en Xaneiro do 1587. Según o supervivinte, as provisions se esgotaron a mediados do 1584 e durante dous anos puideron manterse gracias a recolección de mariscos.

No 1585, á chagada de Cavendish só quedaban cincuenta pobladores en Nome de Xesús. Hernández foi o único que aceptou ser rescatado. Na colonia rei Don Felipe, o corsario inglés non atopou mais que cadáveres.




Descargar
Enviado por:Carla
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar