Antropología


Os maios # Los mayos


'Os maios # Los mayos'

UNIDAD

DIDÁCTICA

“Os Maios”

  • TITULO: Os Maios

  • PRESENTACIÓN DA UNIDADE

  • 2.1. CARACTERÍSTICAS DO CENTRO

    É un colexio público ubicado nas aforas da cidade. As familias que envían ó colexio os seus fillos son de clase media.

    O colexio está constituído por seis unidades de Educación Infantil, que acolle a nenos dende os tres ata os seis anos. Tamén está constituído por doce unidades de Educación Primaria, que atenden ós nenos de seis a doce anos de idade durante os tres ciclos.

    É un edificio practicamente novo, ten dez anos, está ben coidado e é grande. Ten un patio cuberto con pista de fútbol e baloncesto, e outro patio ó aire libre.

    Ó estar situado ás aforas da cidade, dispoñemos de un comedor con capacidade suficiente para dar de comer a todos os nenos o mesmo tempo, aínda que os separamos por ciclos/etapas.

    2.2. OS NENOS

    Esta unidade didáctica prográmase para nenos de 4/5 anos. Para unha semana do mes de maio. O grupo natural da clase está constituído por un total de vintedous alumnos, quince nenos e sete nenas, que asisten con regularidade a clase. O seu desenrolo madurativo xeral é normal, a participación nas actividades propostas é positiva e o interese, que demostran polas invitacións da mestra, é bo. Non contamos con nenos que deban de participar en programas de reforzo e o proceso de aprendizaxe estase desenrolando de maneira completamente normal.

  • OS OBXECTIVOS XERAIS DA ETAPA RELACIONADOS CO TEMA DA UNIDADE DIDACTICA

  • Descubrir, coñecer e controlar, progresivamente o propio corpo, formándose unha imaxe positiva de si mesmos, valorando a súa identidade sexual, as súas capacidades e limitacións de acción e expresión, e adquirindo hábitos básicos de saúde e benestar.

  • Observar e exploralo entorno inmediato cunha actitude de curiosidade e coidado, identificando as características e propiedades máis significativas dos elementos que o conforman e algunha das relacións que se establecen entre eles.

  • 3.1. OBXECTIVOS XERAIS DAS ÁREAS CURRICULARES

    3.1.1. ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA PERSOAL

    • Coñecer as súas posibilidades e limitacións e actuar de acordo con elas.

    • Coñecer e utilizar as súas posibilidades motrices, sensitivas e expresivas, orientadas ás actividades que realiza cotiamente.

    • Adquirila coordinación e o control do seu propio corpo para a realización das súas actividades cotiás e de xogo e a expresión de sentimentos e emocións.

    • Utilizala coordinación viso manual para manexar obxectos.

    • Identificalos seus propios sentimentos, emociones e necesidades para podelos expresar e respectalos dos demais.

    • Tomala iniciativa, planificación e secuenciala propia acción para resolver tarefas sinxelas.

    • Adecualo seu comportamento ás necesidades dos outros nenos ou dos adultos.

    3.1.2. ÁREA DO MEDIO FÍSICO E SOCIAL

    • Participar nos grupos cos que se relaciona nas actividades, tomándoos en consideración.

    • Coñecer as normas e os modos de comportamento social dos grupos de que forma parte.

    • Orientarse e actuar nos espazos cotiás.

    • Valorala importancia do medio natural e da súa calidade para a vida humana, manifestando actitudes de respecto e coidado.

    • Establecer relacións entre as características do medio e as formas de vida que nel se establecen.

    • Mostrar atención e curiosidade cara a comprensión do medio físico e social.

    3.1.3. ÁREA DA COMUNICACIÓN E A REPRESENTACIÓN

    • Expresar sentimentos, desexos e ideas mediante o linguaxe oral.

    • Comprendelas intencións e mensaxes que lles comunican outros nenos ou adultos.

    • Interesarse pola linguaxe escrita.

    • Interpretar e producir imaxes como unha forma de comunicación e disfrute.

    • Interesarse e apreciar as produccións propias e dos seus compañeiros.

    • Utilizalas diferentes formas de representación e expresión para evocar situacións, accións, desexos e sentimentos reais ou imaxinarias.

    • Utilizar técnicas e recursos das distintas formas de representación e expresión.

    3.2. OBXECTIVOS DIDACTICOS

    • Aprendela tradición cultural da súa comunidade.

    • Escoitar, aprender e reproducir coplas.

    • Utilizar diferentes elementos para a construcción dos Maios.

    • Aprender a traballar en equipo.

    • CONTENIDOS

    • 4.1. CONCEPTOS

      Os Maios:

      • As estacións do ano.

      • A tradición galega.

      • Relacións espaciais: interior, exterior, arriba, abaixo.

      • Cuantificadores: pouco, moito, cheo, valeiro.

      • Coplas

      • Flores: margaritas, chuchameles.

      4.2. PROCEDEMENTOS

      • Visualización de diapositivas sobre os Maios.

      • Identificación das estacións do ano.

      • Posta en común dos coñecementos previos dos alumnos sobre os Maios.

      • Participación na realización dunha copla.

      • Escoita e reproducción dunha copla.

      • Realización dos distintos tipos de flores que vamos a aprender.

      • Exploración, observación e coidado dos lugares nos que se encontran as flores, musgo, carrabouxos, ...

      • Recolecta no monte dos materiais necesarios para a realización do Maio: flores, carrabouxos, musgo, follas, ...

      • Recolecta de cada neno na súa cas de materiais útiles para os Maios: laranxas, ovos, ...

      • Preparación do material para a realización do Maio.

      • Realización do maio seguindo as instruccións do profesor/a.

      • Reproducción da copla arredor do Maio.

      4.3. ACTITUDES

      • Valoración dos ambientes limpos e coidados.

      • Interese e curiosidade pola identificación das distintas flores.

      • Actitude de axuda a colaboración cos compañeiros.

      • Interese pola recolecta de materiais e polas cousas novas que van a descubrir.

      • Respecto e valoración pola tradición.

      • Valoración da colaboración dos compañeiros.

      • Respecto polos compañeiros.

    • CRITERIOS METODOLÓGICOS

    • • Se seguirán destacando y cuidando las rutinas de los niños.

      • Si algún niño quiere traer algún objeto relacionado con la unidad se le permitirá que lo traiga para fomentar la participación.

      • Se le asignarán a los niños responsabilidades para favorecer su autogobierno.

      • Se potenciará el protagonismo de todos los niños, teniendo el cuenta las actitudes de cada niño.

      • Se les dará a los niños el tiempo necesario para la realización de las diferentes actividades, respetando el ritmo de cada niño, y no permitiendo que ningún niño deje una actividad a medio hacer.

      • Se partirá de lo concreto a lo abstracto, utilizando la imitación, teniendo en cuenta el proceso enseñanza-aprendizaje.

    • AVALIACIÓN

    • Consideramos a avaliación coma unha actividade continua que non ten fin, cada momento da sesión indúcenos á reflexión, á corrección dos errores, a introducción dos cambios que sexan necesarios. A avaliación débenos introducir nun proceso de reflexión que non acaba, a mellor maneira de progresar no camiño da calidade da ensinanza é reflexionar sobre a práctica para adecuala ás realidades que nos esixen as circunstancias.

      O proceso de avaliación é continuo e a observación é o instrumento utilizado. Esta técnica permitiranos manter viva dinámica a acción educativa. As demandas dos nenos deben ser respectadas porque unha resposta favorable permitiranos estimular a súa curiosidade e ter captado o seu interese.

      A avaliación é unha actividade que debe realizarse polo conxunto de mestres que forman o Equipo Docente da Etapa, por iso é bo que o rexistro destas observacións se faga en conxunto.




    Descargar
    Enviado por:Emma
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar