Arquitectura, Obras y Construcción


Os Maios


¿Que Son?

Son construccións ornamentais feitas con canas recubertas de fiúncho e adornadas con flores, que o final da festa son queimadas. A duración do ciclo do maio depende do clima mais soe ser dende a primeira quincena de Abril ata mediados de maio. Cos maios, pretendese despedir o inverno e anunciar a chegada da primavera e que esta sexa boa para as colleitas e o gando.

Este tipo de construccións, realizase en case toda Galicia dende moitos anos atrás, e por iso polo que non debemos perder esa grande cultura ancestral que seguimos vivindo nos nosos días

Procedencia:

Non existe unha orixe clara, baraxanse varias opcións:

Que proceda das antigas culturas greco-latina coma pensaba Manuel Murguía ou Vicente Risco, que proceda da cultura céltica coma pensaba Ramón Álvarez de la Braña ou sueva coma indican B. Vicetto e Fermín Bouza Brey.

De tódolos xeitos, cada pobo adapta as cerimonias ancestrais a súa cultura, polo que ten múltiples manifestacións

Principais manifestacións:

En Galicia, dende sempre houbo practicas vencelladas coa agricultura, coa gandería, co mar, co xogo, co amor e por último, tamén cristiás, que seguramente foron cristianizadas na idade media, coma sucedeu con noutras manifestacións pagás.

Manifestacións agrarias.

A finalidade é favorecer a medra da colleita, arredar o mal das meigas, da climatoloxía ou dos animais (pestes, enfermidades,...)

Manifestacións mariñeiras.

Antigamente, poñíase poliñas de xesta na proa dos barcos para arrendar a mala pesca ou posibles avarías do barco. Por esta tradición, os maios aínda se manteñen en portos de mar coma Marín, Cangas,...

Manifestacións amorosas.

Algúns maios nas súas cantigas tamén se refería a temas amorosos. En Luaña (Brión- A Coruña), o mozo que pretendía unha moza entregáballe nesta data unha póla de xesta florida. E normal este tipo de temas pois a Primavera por toda a súa beleza e singularidade floral é o mes do amor

Manifestacións lúdicas.

A finalidade é anunciar a eclosión primaveral. Os protagonistas son os nenos e os mozos os cales realizan xogos con arcos de flores.

Manifestacións cristiás.

Naceron preto da idade media. Primeiro, foi prohibida por ser unha festa pagán pero despois a igrexa foise introducindo nela, involucrando a santos e virxes con esta celebración ou co relativo a ela, por exemplo, chamandolle ó mes de maio o mes das flores adicado a virxe.

Tipos de Maios:

1.- a palma e a copla.

Son as mais sinxelas destas manifestacións. Consiste en compoñer unha cantiga e mentres a cantan, agasallan a xente cun ramo de flores para que deixen bo aguinaldo.

2.- maios humanos.

Os mozos ou nenos vístense con flores e follas, despois cantan coplas polas rúas acompañados cuns paos curtos para seguilo ritmo da música. Esta manifestación, en cada bisbarra ou pobo, ten distintas variantes. Por exemplo: en Ribadeo son as rapazas as que ían vestidas cunha coroa de flores na cabeza,en Mondoñedo ou A Coruña,celebrase indo un grupo de persoas vestido ou tamén levando a unha meniña vestido de maio.

3.- maios figurados.

Son os maios con figura piramidal ou coniforme, aínda que tamén pode representarse monumentos do lugar, personaxes famosos, construccións típicas (cruceiros, hórreos,...). Son soados os maios de Ourense, Pontevedra, Vilagarcía, etc

4.-Barcos de maios.

Pertencen o grupo dos maios figurados pero a figura é sempre un barco ou unha gamela adornada con bandeirolas e flores. Soen levar 4 rodas para mais comodidade o levalos polas rúas. Danse nas costas galegas, sobre todo nas rías Baixas e as cantigas que cantan fan referencia a anécdotas mariñeiras.

Como construír un maio:

O primeiro busca uns cantos amigos que te podan axudar a facelo. Ide a buscar canas, cas que faredes o armazón ca forma que vos queirades. Cando xa este listo o armazón, ide a por fiúncho. Con fío ou tanza, suxeitádeo a base xa feita anteriormente. Ir buscar flores bonitas con cores rechamantes para adorna-lo voso maio. Xa está todo listo, so vos falta compoñer unha cantigas ou rimas cunhas letras divertidas para entreter o público. Despois da festa, levade o maio a un lugar onde lle poidades prender lume.

1




Descargar
Enviado por:Hempe
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar