Filosofía y Ciencia
Origen de las sociedades y del Estado
-
Teorías sobre a orixe da sociedade
O termo social se refire a aquela dimensión do ser humano por virtude ca cal está en relación e acción con outros seres.
Diferentes teorias puxeron a orixe do sociedade, ben na satisfacción das necesidades, ben na seguridade persoal e na preservación da propiedade, ben na realización da xustiza.
-
Dimensións do ser humano e a sociedade
-
O seu carácter natural e necesitado
En canto ser natural vivo, o ser humano é un ser de necesidades que requiren ser satisfeitas; en canto dotado de linguaxe e de razón, aspira ó xusto e á liberdade.
-
A súa naturaza política
O se humano mais que social, hai que dicir que é un animal político. Político quere dicir que vive na polis, na cidade nesa comunidade ou sociedade que é, a par, civil e política.
Aristóteles dixo sobre este tema que o ser humano é un animal social e político “por natureza”.
-
Relación entre as súas necesidades e o seu carácter político
O ser humano é, pois, social e político. Éo, a causa das suas necesidades (para poder satisfacelas); a causa, ademais, do seu ser racional e libre.
Isto, encerra non poucas cuestions:
1. ¿Que entender por necesidades e que considerar en cada caso como tales?
2. ¿Que é o racional na organización dunha comunidade social e política?
3. ¿En que cifrar a liberdade e como conseguir a súa garantía e a súa realización?
-
Orixe da sociedade e estado de natureza
-
Significados de “orixe”
Cando falamos da orixe da sociedade, a palabra “orixe” non significa o comezo no tempo de calquera comunidade social. Orixe quere decir as causas ou razons polas que os seres humanos se vinculan naturalmente en determinadas comunidades.
-
Estado de natureza e estado social
A distinción entre estado de natureza e estado civil ou social ten un carácter metodolóxicio: é unha hipotese para elaborar un modelo do que debera ser o estado social do ser humano, o dito modelo, haberá de estar en consonancia co que quizais reclama a natureza do home.
-
Satisfacción de necesidades e realización da xustiza na orixe da sociedade
Por sociedade entendemos tanto a comunidade social que é a familia, como a comunidade social e política que engloba a familia. Propiamente falando no referimos a sociedade política ou estado e á sociedade civil.
Orixe da sociedade e satisfacción das necesidades
A orixe da sociedade está, pois, dun lado na indixencia do ser humano e na satisfacción das suas necesidades.
Seguridade e preservación, na orixe da sociedade
A orixe da sociedade pode encontrarse tamén na busca da preservación e da seguridade, xa da propia vida, xa dos bens ou propiedades, xa desa hipotetica liberdade que se posúe no estado natural.
-
Orixe da sociedade e realización do ben e a xustiza
Podemos dicir que a polis é e debe ser unha comunidade de seres humanos iguais e libres; a igualdade e a liberdade entre eles é o fin que se atopa na orixe da sociedade. É dicir, vivir en consonancia con aquilo que constitua o ben dos seres humanos.
E aquí asaltanos un novo problema: ¿cal é o ben dos seres humanos? ¿Pode, por outra parte, falarse do ben do ser humano se non o é de todos?..... Vemos, polo tanto, a estreitisima relación entre a dimension social e politica do ser humano e a sua dimensión etica.
-
Sociedade civil e Estado
-
¿Qué significa sociedade civil?
Sociedade civil designa o modo de organización e estructuración da sociedade nun momento determinado do seu desenvolvemento, intermedio entre a familia e o Estadojo seu seo despréganse os grupos sociais.
-
Caracteres do Estado de dereito
¿Que se entende por estado?
Elementos na determinación do estado:
-
Esta baseado nun grupo social establemente asentado nun territorio determinado
-
Unha orde xuridica unitaria
-
Un poder xuridico, autonomo, centralizado e territorialmente determinado
Requisitos do estado de dereito
-
Imperio da lei: lei como expresión da vontade xeral
-
Separación de poderes: legislativo, ejecutivo e xudicial
-
Legalidade da administración: regulación pola lei e control xudicial
-
Dereitos e libertades fundamentais
-
A realidade do poder e o concepto de “lexitimación”
-
A complexa realidade do poder
O poder dise de moitas meneiras, e pode ter diferentes suxeitos de atribución. Poder non é, sen mais, forza ou violencia.
-
A interpretación “belicosa” do poder e da política
Como pode apreciarse, entre aquela caracterización do poder e esta concepción do Estado hai unha relación moi estreita, neste tema entran en xogo os termos “forza”, “dominación”, “violencia” e tamén “estratexia”, e “lexitimación”.
-
“Poder” non é o mesmo ca “forza e “violencia”
O poder consiste nunca relación, e ten duas notas fundamentais: é “poder sobre” (relación consensuada de dominación) e é “poder con” (relación de participación)
-
O concepto de “lexitimación”
-
Legalidade e lexitimidade
Fronte á lagalidade -isto é, conformidade a normas xuridicamente promulgadas-, a lexitimidade significa a xustificación dun ordenamento xurídico desde principios de liberdade e criterios eticos de xustiza.
-
Teorias sobre a orixe do estado e a democracia
-
A idea de contrato e os seus supostos
A idea de contrato ten unha función metodoloxica encamiñada a pensar a orixe do Estado, atendendo á lexitimacion do seu poder politico.
-
Teorías e formas do contrato
Expoñense tres teorías fundamentais sobre o contrato que dá orixe o Estado: o contrato como submisión (Hobbes); o contrato liberal (Locke), e o contrato social (Rousseau). Son interpretacións diferentes do Estado e dos seus fins e límites.
-
Unha teoría neocontractualista: John Rawls
Ademais dos conceptos formais de “liberdade”,
“igualdade” e “propiedade privada”, Rawls considera aspectos de
contido, como a distribución dos bens economicos e a igualdade de
oportunidades.
-
Xustiza como imparcialidade; a “posición orixinal” e o “veo de ignorancia”
O acceso racional a eses principios de xustiza está en estreitisima relación co que Rawls describe como “posición orixinal”. Nesa hipotetica posición orixinal os seres humanos en canto persoas libres e racionais, estarian nunha situación de igualdade.
-
Comunidade política e democracia
-
Sentido da democracia na comunidade política
O ser humano é un ser social: con-vive con outros homes, formando unha comunidade socio-politica rexida por unha orde normativa(dereito, ordenamento xuridico) que regula as suas conductas.
-
Cara a unha caracterización da democracia
A democracia establece unha relacion esencial entre o poder e o pobo. Democracia quere dicir “goberno do pobo”, que non é o mesmo ca “gaberno para o pobo”, pois podese gobernar para o pobo sin respectar nin os contidos nin os valores democraticos,e, ademais, sen procedementos democraticos. Democracia oponse radical e totalmente a autocracia.
-
Modalidades de democracia
Modalidades segundo o grao e o modo de participación dos cidadans:
Democracia directa: Son todos os cidadans, reunidos en asamblea, os que exercen os poderes e as funcions do estado e de goberno.
Democracia representativa: A vontade do corpo de electores é representada polo parlamento, e a través dos diferentes organos representativos.
-
Preferibilidade da democracia e educación civica
Que a democracia é preferible a calquera outro modo de organización política parece indiscutible, sobrendo razóns para justificar tal preferencia. Como Sinaloa Norberto Bobbio, hai tres perspectivas fundamentais para tal preferencia. A perspectiva ética, en canto que a democracia posibilita a realización do maximo de liberdade na comunidade politica.
A perspectiva política, en canto que a democracia é o principal remedio ó abuso de poder. E a perspectiva utilitaria, en canto que a democracia considera que son os propios cidadáns, e nieguen no seu lugar, quen mellor interpretan e expoñen os seus intereses.
Descargar
Enviado por: | El remitente no desea revelar su nombre |
Idioma: | gallego |
País: | España |