Derecho


Monarquía vs Replública


Autores:

Alba García Gargallo

Manuel Baelo Alvarez

Iván Castillo Otero

Rubén Iglesias Pazos

Marcos Otero González

-INDICE-

1-EVOLUCIÓN HISTORICA DA MONARQUÍA E DA REPÚBLICA

  • O REPUBLICANISMO

  • A MONARQUÍA

  • 2- O DEBATE DURANTE A TRANSICIÓN (1975-78)

    2.1- DIMENSIÓN INTERNA: A SOCIEDADE

  • DIMENSIÓN EXTERNA: INFLUENCIAS DOUTRAS FORZAS NON NACIONAIS:

  • 3.2.1- CONTEXTO HISTORICO

    3.2.2- ACTORES E ESTRATEXIAS

    3.2.3- INFLUENCIA NO PROCESO DEMOCRÁTICO

    3.2.4- CONCLUSIÓNS

  • O DEBATE DESDE OS CÍRCULOS POLÍTICOS

  • 3- A CONFIGURACIÓN DA MONARQUÍA PARLAMENTARIA COMO FORMA POLÍTICA DO ESTADO NAS CORTES CONSTITUINTES

    3.1- DEBATE DA MONARQUÍA COMO FORMA DE ESTADO OU DE GOBERNO

    3.2- MONARQUÍA PARLAMENTARIA

    3.3- O TITULO II: DA COROA

    4- CONCLUSIÓNS

    5- BIBLIOGRAFÍA

    1. EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA MONARQUÍA E DA REPUBLICA

    A Primeira República

    Antecedentes

    Sexenio revolucionario(1868-1874).Fase revolucionaria que segundo Sánchez Albornoz é análoga á Revolución Francesa; tra-la división do bloque isabelino e sucesivos pronunciamentos militares, Isabel II abandoa España cara París constituindose unha Constitución liberal cuxas bases emanan do liberalismo máis radical (Separación de Poderes, Soberanía Nacional, Sufraxio Universal, Liberdade de culto...) é aquí onde se empezan a fraguar as ideas do republicanismo español tra-lo pacto de Ostende; anque a xefatura recae na corona dos Saboya (Amadeo I de Saboya , fillo de Víctor Manuel, rei liberal que chegou a enfrontarse ó Papa).

    Proclamación

    A crise do Goberno de Amadeo surxe a partir do asasinato do seu valedor Prim, sen apoios, ca oposición política dos republicanos e dos carlistas, e debido ó pouco arraigo que tiña entre as altas esferas e entre a cidadanía; ó consideralo extranxeiro e non castizo(non-Borbón), abdica, proclamando así as Cortes o 11 de setembro de 1873 como solución ante o valeiro de poder e a súa idea continuista da constitución do 69, a I Republica Española, nun só ano sucederonse catro presidentes, pasando por un periodo de Republicanismo Federal a un periodo Presidencialista Unitario dominado polos militares e concluido cunha nova Restauración da Monarquía en Alfonso XII.

    Obra de Goberno e Influencias

  • Proclamación de España, como unha Republica Federal.

  • A obra Constitucional de 1873.

  • Teses do Federalismo español, o seu pater é Pi y Margall “La convivencia en España se ha de basar en el Republicanismo, la descentralización y la secularización de la sociedad”

    • RepublicanismoAs súas bases emanan do liberalismo máis radical europeo, do krausismo e das ideas do emerxente socialismo. Tamén dos modelos federais xa existentes(Suiza, Alemaña, EEUU...)

    • DescentralizaciónDivisión territorial nas que os novos Estados serían os antiguos reinos da monarquía; organizándose como provincias ou outras formas territoriais que eles conveñan. De carácter localista e cantonal aparente apuntalaba a unha unidade maior: A Federación de Estados Española. Os librepensadores tíñan a convicción de que por medio deste modelo podíanse resolver os emerxentes problemas territoriais-nacionalismos- coloniais-Cuba-.

    • SecularizaciónSeparación Igrexa-Estado, como cauce primordial para a consecución da obra republicana.

    • A Segunda República

      A proclamación da II República o 14 de abril de 1931, foi considerada unha gran festa política ,sen unha gota de sange foi o froito do resultado das eleccións municipais do 12 de abril de 1931, cun claro triunfo dos republicanos en case tódalas provincias.

      Antecedentes

    • Ideas e partidos republicanos surxidos tra-la I Republica: O “Partido Radical” de A.Lerroux populista, anticlerical, de masas ca convicción de que a Republica chegará pola loita política e non por medio dun pronunciamiento militar e o “Partido Reformista” de Melquíades Álvarez, un partido de cadros; máis moderado que incluiu ós xoves intelectuais da xeración do 14. Mais posibilista que o Radical só tivo gran influencia na zona astur-leonesa

    • Acotamento do modelo político monárquico fronte á presión da burguesía intelectual e das masas obreiras.

    • Desprestixio provocado polo apoio de Alfonso XII á dictadura de Primo de Rivera.

    • Necesidade dunha urxente modernización económica política e social(reforma agraria, ámbito territorial das nacionalidades e a cuestión militar).

    • Necesidade dunha autentica democracia liberal.

    • Obra de Goberno e Constitución de 1931

        • Reforma AgrariaOs librepensadores pensaban que unha das lacras que afectaban a España era a desigualdade da propiedad da terra, por iso se crea o Instituto de Reforma Agraria como método para mellorar a estructura productiva, mellorar a explotación e redistribuir da propiedade da terra(non bastaba con cultivala mellor, senón que fora para os xornaleiros e non dos terratenentes).Debido á sucesión de gobernos ata o 36´ non se puido aplicar, e ainda na actualidade a terra non está equitativamente distribuida.

        • A Cuestión MilitarAzaña veu no exército un inimigo á República, debido á súa hiperoficialidade, a existencia de numerosas capitanías xerais e ó carácter frentista e proclive ó pronunciamento ante os reximes liberais; dahí que creara a figura da reserva, e da Garda de Asalto.

        • Descentralización territorialA II República era un Estado integral -nin centralista nin federal-,no que existían diversos centros de poder. Un exemplo era o Estado Catalán dentro da República Española. Os Estatutos de Autonomía eran a forma que se debía empregar para resolve-las tensións nacionalistas, ainda que o modelo non tivo tempo para desenvolverse plenamente

        • A Constitución de 1931A obra teórica da II República plasmase nesta Constitución da que destacamos as siguientes ideas:

        • Poder parlamentario, civilista e con posibilidade de autonomía.

        • Estado aconfesional e laico: “España ha dejado de ser Católica”.

        • Republica democrática de traballadores de toda condición e clase.

        • UnicameralNon existe o Senado.

        • República Integral.

        • Conclusións sobre as experiencias republicanas

                • Ambos intentos foron frustrados por pronunciamentos militares, en favor dun cambio tradicionalista e menos liberal. No caso da I República co xeneral Pavía e na segunda a Sanjurjada do 32´ e o levantamento do 36´.

                • Tiveron o apoio da masa obreira e dos intelectuais, que vían na monarquía o inmovilismo e a corrupción.

                • As súas Constitucións foron moi avanzadas (cuestión territorial, separación Igrexa-estado, Divorcio, Unicameralismo...)

                • A sociedade española non puido asimila-las reformas levadas a cabo debido a que era demasiado atrasada para as correntes de pensamento europeo da época cunha gran masa de analfabetismo e unha poboación maioritariamente campesiña.

                • No caso da II República existiu unha gran tensión entre os paridos políticos republicanos reformistas(Acción republicana), antisistema(CEDAgobernou, anque considerou á República ilexítima)e revolucionarios(CNT-FAI, PSOE e PC).

                • A I República é unha republica sen republicanos, que nace cando Amadeo I de Saboya abdica (rei liberal), na II Republica Alfonso XIII fuxe debido á perda de lexitimidade que ten entre o pobo(intrusismo, destitúe presidentes...).

                • A II República nace no momento histórico menos adecuado para a súa constitución debido ó auxe do ascenso dos totalitarismos en Alemaña e Italia, e dos efectos da crise económica do 29´; a pesar diso a República asentouse e consolidouse: ser Republicano supuña casi un acto relixioso.

          A Monarquía Española

          Monarquía electiva-Visigoda

          -Electiva, teocrática (rei unxido polo Obispo en representación de Deus Alianza trono-altar), non hereditaria senón que o monarca é elexido entre os membros da aristocracia, o que causa moita inestabilidade política.

          Monarquía fragmentada medieval de carácter feudal

          -Proceso de progresiva asunción do carácter hereditariomais estabilidade ante a infiltración árabe. Adquiren a lexitimidade plena no ámbito relixioso na loita contra o infiel.

          -Carácter patrimonial O reino considerase propiedade do monarca que o divide entre os seus fillos.

          Monarquía autoritaria dos reis Católicos e dos Austrias

          -Catro grandes reinos cristiáns na penínsulaCastilla, León, a Corona de Navarra e Aragón, e o reino de Portugal.

          -Reis CatólicosUnidade pseudo-territorial formada dunha confederación de reinos baixo a presencia dos monarcas.

          -AustriasA monarquía adquire un carácter universal(as colonias de Carlos V), o conde duque de Olivares intenta afianzar a unidade entre as distintas coroas o que provoca a unidad de Cataluña. Forte centralización fronte ós poderes locais.

          Monarquía absolutista dos Borbóns

          -Decretos de Nova PlantaUnificación administrativa do Estado(desaparece o modelo confederal).

          -Centralismo burocrático a imaxe do francés de Luís XIVDinastía, figura do rei que asume a unidade territorial, Dereito divino”Elexido por Deus e non polo pobo”.

          -Monarquía absolutistaDespotismo Ilustrado. Carlos III.

          Monarquía Constitucional Isabel II- Alfonso XIII

          -Consecuencia da Revolución Francesa

          -As Cortes de CádizMonarquía Constitucional; “O Rei coas Cortes”, o Rei está sometido ó imperio da lei que emana da Soberanía Nacional, ainda que sigue sendo elexido por Deus e non se cuestiona o seu carácter hereditario.

          -Sexenio RevolucionarioRuptura ca monarquía de Isabel II que supuña o neocatolicismo, a unidade relixiosa, a confesionalidade do Estado frente ás teses Krausistas da Gloriosa que se fundamentaban nun catolicismo liberalConcilia-la practica individual ca independencia política. Alzase a Gloriosa , Isabel II abandoa España, redactase e aprobase a Constitución de 1869Liberdade de culto, preferencia pola Igrexa Católica, Separación administrativa Igrexa-Estado, medidas económicas de carácter librecambista, elección como Rey de Amadeo I de Saboya.

          Restauración (1873-1923)

          Periodo estable desde o punto de vista político e institucional. Ë un réxime liberal oligárquico, posteriormente matizado polos progresistas.

          Obxetivos:

          • Asegura-la monarquía, evitando a republica e reforzando a dinastía borbónica.

          • Combati-lo monopolio político isabelino por medio do turnismo e a alternancia pacífica.

          • Búsqueda da oligarquíaAlonxar cada vez máis a participación política das clases populares.

          Figuras e obra do goberno:

          • Canovas e Sagasta.

          • FuncionamentoTurnismo e redes clientelares.

          • Constitución de 1876Como forma de estado a Monarquía e como forma de Goberno a Monarquía constitucional, o parlamento ten un papel secundario. Existe unha co-soberanía( a Monarquía , como Tradición e Historia; e a Nación como vontade dos individuos). O Rei ten dereito a veto.

          Oposición:

          • CarlismoIntegranse gracias ó Papa León XII. Repudian ó monarca apoiando a Carlos María Isidro.

          • EsquerdaRepublicanos. Catro partidos republicanos. Melquíades Álvarez, Lerroux, Ruiz Zorrilla, Castelar.

          • Movemento Obreiro e partidos de esquerda: UGT CNT PSOE.

          • Movementos rexionalistasProxectos nacionais alternativos ó sistema español: Cataluña, País Vasco, Galicia e Valencia.

          O sistema non é capaz de integrar estas forzas opositoras polo que surxe a dictadura de Primo de Rivera.

          Reinado de Alfonso XIII

          Continúa o turnismo, pero a alternancia é cada vez máis difícil. A súa practica política resumese en:

        • Intervensionismo sistemático na vida política. Empregou os seus poderes nas crises Orientais ou de goberno (o cambio de goberno estaba mediado polo Rei e o seu intrusismo: Derrivaba e poñía Gobernos).

        • O Rei desde o principio asume a súa condición de Xefe do Estado (relación entre o monarca e os xefes militares sen mediación do Goberno). Era un modo de garantir que os militares non se sublevaran contra o Rei.

        • O rei non permite que se consoliden lideres políticos no seu reinado, ainda que se asentan varios intentos de rexeneracionismo: Maura ou incluso a dictadura de Primo de Rivera, aceptada polo Rei, manifestando a necesidade dun goberno de ferro.

        • A Republica no Exilio

          A contenda conclúe en 1939, i é sustituida por unha dictadura militar. No interior os republicanos aparecen dispersos, sen cadros, fortemente represaliados polo réxime; a voz da clandestinidade dos cadros republicanos aparece por medio da Asemblea Nacional de Fozas Democráticas ( ADNFD) formada por socialistas, cenetistas e republicanos intentando que se reestableza a orde republicana, no interior por medio da organización dos movimentos opositores (maquis) e no exterior colaborando cos republicanos exiliados, confiando en que a victoria aliada trouxera a democracia a España.

          A importancia dos republicanos no interior concentrouse durante os años 40-50, pouco a pouco foron perdendo importancia as súas técnicas opositoras ó rexime.

          No exilio os partidos republicanos iniciaron un proceso de reorganización, formando unha fronte unida: ARE(Acción Republicana Española), Izquierda Republicana, PSOE, PC, UGT e os reductos da CNT-FAI... o exilio republicano encamiñouse principalmente cara Latinoamérica( México e Arxentina) e Francia.

          Intentase restablece-la legalidade republicana conseguindoo gracias ás axudas de entidades privadas, afíns á causa republicana, e ás axudas materiais, morais e políticas do goberno mexicano e francés.

          Gobernos Republicanos no exilio

          • Primeiro goberno. México 17 de agosto de 1945. O seu presidente foi Diego Martínez Barrio, nel formaron parte tódolos partidos a excepción do PC, ainda perduraban latentes as tensións internas que calificaban ós partidos republicanos como reformistas e burgueses. A súa obra centrase en intentar que a ONU solucione o problema, pero o único que se consigue é unha condena moral.

          • Segundo Goberno. 1947, presidido por Rodolfo LLopis, entran a formar parte del tódolos partidos no exilio.

          • Tercer Goberno. Presidido por Sánchez Albornoz do que forman parte os republicanos de IR, UR e o PRF. Os partidos tradicionalmente obreiros van perfilando as suas propias estratexias abandoando pouco a pouco as suas raíces republicanas ou desvirtuandoas a un plano de acción secundario.

          O exilio político da Republica íase desvanecendo, se ben nos anos 40-50 países como Francia, México, Guatemala, Panamá, Venezuela, Polonia, Iugoslavia, Rumania, Checoslovaquia, Hungría, Albania, Bulgaria... recoñeceron oficialmente ó goberno republicano no exilio, ata 1977 só mostraron o seu apoio México e Iugoslavia. Cada vez máis empiezase a poñer dificultades ó Goberno republicano, non só por parte dos gobernos senón que a súa función para encabezar un movimento opositor ó réxime foi nula collendo o relevo os partidos obreiros tradicionais no interior.

          Os gobernos Republicanos rexionais no exterior tamen se organizaron( Cataluña J. Irla e J. Tarradellas....Vasco Aguirre en New York) mantenendo relacións de colaboración co goberno da Republica ó que apoiaron na súa defensa da lexitimidade institucional

          2.1 Debate entre monarquía e republica no ámbito socio-cultural da transición española.

          O desenrrolo dos anos sesenta produce importantes cambios na estructura social e económica de España. Estes cambios teñen importancia nas mentalidades e actitudes da maioría da poboación, socabando as bases sociais sobre as que se asentaba o franquismo.

          A sociedade durante o réxime era mayoritariamente republicana, porque quizais era o que mais contrastaba coa sociedade do momento e tamen debido ás influencias de outras repúblicas europeas.

          Neses momentos finais do réxime e nomeado xa Xoan Carlos de Borbón o sucesor de Franco a sociedade non sabia como actuaría o rei.o papel que este desempeñou tra-la morte de Franco foi fundamental para o rápido transito democrático e por suposto para a lexitimación do sistema monárquico ante o españois en ningún momento da transición se falou de revanchismo nin de revisión da etapa anterior, polo que foi como partir de cero o rei puido así demostrar o seu compromiso cunha sociedade democratica e moderna.

          A morte de Franco actuou como catalizador do proceso político nun primeiro momento os sectores que apostaban póla continuación do réxime levaron a iniciativa, guiados por Arias Navarro.

          Rápidamente comproban que carecen de forza para impoñer o seu modelo, pero tamén se comproba que a oposición, co respaldo de amplios sectores populares tampouco pode impoñerse esta situacion resolveraa o rei coa sustitución de Arias por Suarez.

          Destituindo a Arias Navarro e nomeando presidente a Suarez deulle un forte impulso ó proceso e tamén se viu claramente a súa intención renovadora.

          E verdade que o papel do Rei foi importante, así como o de Suárez e outros moitos actores políticos e sociais, pero o que tamén e verdade e queda fora de toda dúbida e que cando nunha sociedade como a española se producen cambios de tal magnitude no sistema político non pode deberse en exclusiva á actuación de figuras clave que ainda que si que foron importantes non foron tan determinantes como as profundas transformacions que tiveron lugar na raíz da sociedade.

          Ó asumir o rei o protagonismo dende o principio e ser un gran impulsor do cambio democratico tendo baixo o seu mando ó exército da nación e o destino do pais xa nin sequera se plantexou a dúbida de se a república sería mellor que a monarquía senón que se deu como algo decidido por todos que a democracia debía estar unida a unha monarquía.

          A sociedade española era unha sociedade despolitizada e non acostumada ó xogo democrático das eleccions pólo que tivo que adaptarse de xeito inmediato os rapidísimos cambios que estaban a darse o primeiro paso foi o referendun sobre a lei de reforma política nas recomendacions á sociedade o rei e o propio presidente Suárez encargaronse de que o concepto de democracia e Monarquía se asimilasen como algo unido.

          Dirá Suarez nun discurso a favor do sí no referéndum: “votar si es mantenerse en la linea mas limpia de asentimiento al sistema democrático que preconiza la monarquía para la continuación de la convivencia nacional y para la mejor y más libre organización política del país.”

          Nas suas primeiras palabras ás cortes o rei Xoan Carlos afirmou:”quiero ser el rei de todos los españoles” con estas palabras quedaban excluidas todas as parcialidades ou discriminacions de grupo a que conduce, inevitablemente, un sistema político que negue a democracia.

          Para engadir unha opinión mais obxetiva xa que ven dende o exterior podemos citar a obra de Ricardo Paseyro “l`Espagne sur le fil”na que di:”el postfranquismo se ha organizado mejor que el salto mortal de la monarquía de Alfonso XIII a la republica de Azaña pese a la zancadilla de la izquierda rupturista y de la extrema derecha, el plan de reforma política es el mejor posible y corrobora la voluntad liberal de Juan Carlos I”

          Hai que destaca-la importancia na sociedade española de valores como a armonía interna,a paz ou a seguridade do estado e así podemos comprender mellor por que case nin se cuestionou a existencia da monarquía como forma de estad.a monarquia supuña unha reforma do réxime anterior e ó mesmo tempo era como unha continuidade ó ser o rei o escollido por Franco para sucedelo era entón ben visto polos reformistas e polos que añoraban o antigo réxime.

          A postura conciliadora pola que apostaba a sociedade española non vería con bos ollos a postura republicana que apostaba mais pola ruptura que pola reforma según enquisas dos anos 70 a sociedade dáballe mais importancia a vivir con seguridade, orde e paz que á desaparición das desigualdades económicas e sociais.

          A plataforma ideolóxica sobre a que se asentan os valores e crenzas predominantes nesta etapa,ainda que reservan un lugar importante á reducción das desigualdades sociais,non pode decirse que este a favor dun igualitarismo,que posibilitara a ploriferación de situacions extremistas.A orde en canto valor socio-político ocupa un lugar destacado e incluso prioritario.de ahí que calquer intento de ruptura brusco que puxera en perigo o camiño de prosperidade emprendido nos sesenta non seria ben recibido-polo tanto os sectores mais extremistas tiveron que modificar os seus programas e actuacions,para non quedarse forra e colaborar no proceso de transición.

          Un papel importante no establecemento en España da monarquía tamén se lle pode atribuir ó Partido Comunista, e en concreto ó seu lider Santiago Carrillo que renuncia ás súas aspiracions republicanas a pesar de que esto lle faría perder votos de certos sectores mais radicais de esquerdas Carrillo quería evitar unha confrontación seria que quizais rematase tráxicamente, xa que o mais importante era lograr o transito democrático. Por outro lado, o partido comunista tiñase que mostrar dialogante para poder ser legalizado.

          Pero este suposto papel moderado non e compartido por todos xa que dende algúns sectores acúsase a Carrillo de ser instigador do terrorismo que buscaba desetabilizar o proceso democrático. Jose Maria Ruiz-Gallardon denunciará esta actitude de apoio ó terrorismo nun artigo publicado no ABC en víperas do referéndum para a lei de reforma política.

          A reinvindicación republicana non volverá á boca dun lider do partido comunista español ata a chegada de Anguita.

          2.3 DIMENSIÓN EXTERNA: INFLUENCIA DOUTRAS FORZAS NON NACIONAIS

          Tendo en conta o número de traballos existentes sobre o fenómeno da transición política española, resulta curioso a pouca importancia que se lle soe dar á dimensión exterior de dito proceso. Non nos resulta sinxelo, polo xeral, aceptar realidades alleas ou contrarias ás que en todos os ámbitos da vida temos máis ou menos preestablecidas, nin moito menos aceptar a soa teoría de que en Europa, desde fai moitos anos, non só deciden os europeos. Teóricos como Schmitter marcaron tamén unha importante liña de pensamento neste senso; para el “as transicións desde o autoritarismo e as perspectivas inmediatas da democracia política deben explicarse en función de forzas e cálculos nacionais” xa que “os actores externos tenden a desempeñar un papel indirecto e xeralmente marxinal.

          Na nosa opinión a relación entre as “forzas nacionais” e os “actores externos” é algo máis complexa do que suxire Schmitter. Ninguén dubida que no caso español os protagonistas principais do cambio fosen os propios actores nacionais, pero os seus pasos e estratexias foron, demasiado a menudo, modeladas ou dirixidas alén das fronteiras españolas. Tampouco resulta doado discernir ata que punto esta influencia exterior resulta determinante. Para iso, e logo dunha pequena reseña histórica, pasaremos a analizar os principais actores externos e o porqué da súa implicación na transición.

          Os inicios da dictadura

          O réxime franquista, nacido ás portas da Segunda Guerra Mundial, e absorbido moi cedo pola zona de influencia da Alemaña Nazi, desenvolveuse tra-lo esfarelamento desta e até o seu último alento, nas trazas marcadas polas potencias vencedoras no conflicto. A pesares de tratarse dun réxime dictatorial, moi alonxado dos patróns democráticos que, cando menos públicamente, propugnaban as democracias occidentais logo do seu triunfo sobre os fascismos, e dos que foi aliado non declarado -e sen a axuda dos cales, a guerra civil que o creou probablemente tivese tido outro fin-, a situación estratéxica tanto a efectos territotiais como de capital físico e humano, e sobre todo na configuración do bloque militar atlántico que fixese fronte aos Estados comunistas encadrados no Pacto de Varsovia, fixeron trocar aos decisores políticos mundiais o pronto final que o franquismo parecía ter aparellado: un forzoso illamento político e económico ou, ¿ por qué non supo-lo? unha intervención directa en territorio español. A sublevación nacional tivo moito andado, cando as democracias occidentais desoíron as peticións de intervención do goberno republicano, mentras que os sublevados contaban co capital e recursos bélicos de Italia e Alemania para resolver a “cuestión interna” española.

          Poderían ser moitos as excusas esgrimidas polos vencedores, e moi poucas as voces discordantes, para quitar do medio á recen nacida dictadura, e sen un gran desgaste económico, nen tan sequera militar; e ben puido ser este ultimo o futuro que lle esperaba á España franquista: cando en 1942-1943 EE.UU preparaba o desembarco do seu exército no continente europeo e unha das variantes retidas era facelo por Euskadi, os seus servivios especiais sondearon ao PNV e ao goberno vasco no exilio que recibiu axuda material norteamericana. Idéntica medida recomendaba o 17 de Outubro de 1942 o alto mando británico ao de EE.UU. para o suposto de que Franco se opuxese ao desembarco de tropas en África. O xeneral Eisenhower, que ao longo da guerra contra Alemaña, desbaratou sucesivas iniciativas británicas de intervención en España, sustituiu a proposta de ocupación de Canarias pola de Ceuta, Tánxer e o Marrocos baixo o control español. Se o réxime de Franco fose belixerante entón xunto con Alemaña, ¿que sería del, logo da intervención en España da coalición antixermana, ao estilo do que uns anos máis tarde protagonizaría o exército norteamericano nas costas de Normandía?

          En calquera caso, o devir da historia e dos acontecementos en Europa deparábanlle ao réxime do caullido un futuro máis prometedor. Derrotado Hitler, o fascismo deixou de ser o inimigo para os EE.UU, reconvertindo a administración Truman a alianza antifascista pola anticomunista, vendo así na URSS, a pantasma que noutrora representara Alemaña e o III Reich. O concepto comunista ou roxo encadraba aquí ás persoas e organizaciónq que tiveran un tinte socializante, promovesen a independencia nacional do seu país ou simpatizaran con reivindicacións de sectores sociais populares. Este amplo e difuso concepto, levou a Estados Unidos á necesidade de cambiar de alianzas políticas, e aí é onde comezou a tomarse en consideración en Washingtong o que ocorría na Península Ibérica. Ao mesmo tempo, a perevisible derrota do Eixo fascista, fixo que Franco reorientase desde antes de rematar a guerra, a súa estratexia cara o bando aliado.

          De feito, a perseverancia en solicitar a intervención das Potencias, e a confianza en que esta chegaría, tiña fondas raíces entre os monárquicos españoles, pero contaba con adeptos entre algúns dos republicanos derrotados en 1939. Sen embargo as autoridades norteamericanas nunca compartiron semellante impaciencia por rematar coa ditadura española, máis ao contrario: sumida España no ostracismo e repudio político por parte da ONU a fins de 1947, Franco nunca se sentiu amenazado; Os mandos militares de EE..UU apoiaron activamente a continuidade de Franco e seu réxime até o último momento, pois representaba un fiel aliado, sin custe nin risco, para a coalición da Guerra Fría, que buscaba apoios naquel entón, dentro da expansión económica derivada do Plan Marshalll, cuia protección foi equivalente en toda a area mediterránea calquera fose o seu réxime político. A pertenza de España ao bloque occidental, constituía un feito universalmente recoñecido en vísperas da morte de Franco. España era una peza de importancia dentro do tableiro xeo-estratéxico europeo, xa que podía actuar de plataforma de suministro e de replegue no caso de producirse unha agresión soviética en Europa Central. Ao mesmo tempo as súas costas eran un inmellorable emprazamento para o control do acceso ao Mediterráneo occidental, zona decisiva en calquera conflagración a grande escala. Así, a pesar da aparente situación periférica de España, todo o que lle sucedese concernía moi directamente tanto á OTAN como á CE, con cuios países membros compartía fronteiras. Desde 1945, Franco e o seu réxime militar aportaban aos vencedores de Alemaña seguridade militar, territorio e vantaxes económicas.

          Estando o presente así consolidado, para os EE.UU tratábase de anticipar a posible reivindicación polos españoles da súa soberanía interna e externa cando chegase a dictadura ao seu fin; o obxectivo prioritario consistía en evitar que a morte do dictador se traducise nunha alteración sustancial das forzas a favor da URSS. Esto requería garantir a permanencia das súas bases militares en territorio español, e a ser posible obter o ingreso de España na OTAN, ao cal se opoñían diversos gobernos europeos debido á natureza non democrática do réxime de Franco.

          En canto á outra grande superpotencia, a URSS, durante toda a Guerra Fría, resignárase ao caracter pro-occidental do réxime español: os soviéticos eran partidarios dun cambio na medida en que os beneficiase no equilibrio de forzas contra os EEUU. Ante todo desexaban que a morte de Franco non permitise un maior aporte de España á defensa occidental. Sen embargo, a postura soviética para con España estivo marcada por dúas grandes paradoxas: mentras que os gobernos español e soviético melloraban relacións durante os primeiros anos da década dos setenta, o PCUS e o seu teórico aliado natural en España, o PCE, rachábanas logo da condena dos comunistas españois á invasión soviética de Checoslovaquia en 1968. Tra-la morte de Franco a URSS fixo todo o posible por establecer plenas relacións diplomaticas con Madrid; podería mesmo ter influído no proceso de demomocratización se se negaran a recoñecer á nova monarquía ata que esta legalizase ao PCE, pero preferiron entablar relacións canto antes. Pola súa parte o PCE facía todo o posible para non vincular públicamente o seu futuro á vontade da URSS, ao tempo que converxía co eurocomunismo que caracterizaba aos restantes partidos comunistas europeos, ata o punto de tentar o seu lider Carrillo, crear unha pseudo-internacional formada non só por italianos e franceses ( os partidos comunistas máis exitosos no momento) senón tamén por australianos e xaponeses.

          Por outra banda, a postura das principais potencias europeas ante a democratización española era cualitativamente distinta á dos EE.UU. Mentras que para estes, tratábase básicamente dun problema de militar e de seguridade, para os gobernos europeos era moito máis importante a vertente política, e así, ao contrario que a postura norteamericana, ao longo de toda a transición os Estados europeos -sobre todo Alemaña-, apoiarían activamente o proceso democratizador en España. A pesar do que parece, e pese ao notable incremento das relacións comerciais rexistrados nos anos sesenta, os gobernos europeos mantiveron as distancias co réxime franquista, proba do cal é que ningún Xefe de Estado ou de Goberno visitase oficialmente España durante estes anos, e se abstivesen de enviar representantes de alto nivel ao funeral do dictador, o cal contrastaba coa presencia de mandatarios na cerimonia de coroación do Rei, celebrada pouco despois. Con todo a influencia ideolóxica e sobre todo económica destes países resultou vital á hora de conformar o noso sistema político actual, pois desde que se comezaba a vislumbrar o fin do Caudillo, os gobernos occidentais comezaron a intervir activamente e de xeito sistemático -como veremos máis adiante- en apoio dos dirixentes da oposición democrática, amenazando ao réxime co escándalo internacional, presión que tivo moito que ver no incremento considerable do custe de represión e unha maior tolerancia coa oposición moderada, xeralmente ben relacionada co exterior.

          Por último, resulta obrigado mencionar o papel que algúns dos organismos internacionais que operaban no momento, desenvolveron no proceso español, xa fose dun xeito máis ou menos activo; entre eles destacan as Comunidades Europeas e o Consello de Europa, como expresión colectiva das democracias europeas, sendo as dúas únicas institucións gubernamentais internacionais que se negaron a aceptar como membros a Estados non democráticos, rexeitando en todo momento a entrada de España mentras non garantise no seu territorio “practicas enteiramente democráticas, así como o respecto ás liberdades e dereitos fundamentais.”.

          Tamén importante foi o papel de organizacións internacionais non gubernamentais, as cales procuraron contribuir á instauración dun sistema democrático de corte occidental, e entre as que destaca a Internacional Socialista (IS) que xogou un destacado papel debido en parte ao lugar que sempre ocupara España na conciencia colectiva da esquerda europea desde a Guerra Civil, tentando desde un principio aislar e afundir ao réxime en virtude dun dos seus principios fundacionais: “toda dictadura, onde queira que estea, representa un perigo para a liberdade das nacións”. O recoñecemento e apoio político e monetário que lle deu ao PSOE (que entre 1974 e 1977 pasou de 4.000 a 50.000 militantes, sen ningún tipo de subvención estatal) resultou vital á hora de que este partido se fixese co espacio político de centro-esquerda, pois dotouno da lexitimidade política da que doutro xeito carecería. As fundacións políticas alemanas e as organizacións internacionais democristianas son os últimos expoñentes, pero non por elo os menos importantes, da intervención e influencia de poderes extranxeiros na transición.

          Na época que precedeu á morte de Franco, producíronse unha serie de conflictos, algúns relacionados entre sí, que aumentaron o valor xeoestratéxico de España para Occidente: a crise económica desencadenada pola alza dos prezos do petroleo no ano 1973 convirteu ao Mediterráneo oriental nunha das zonas potencialmente máis inestables do planeta; en Outubro dese ano comezaba a guerra árabe-israelí do Yom Kipur e en Abril do ano seguinte a Revolución dos Caraveis poñía o punto e final á dictadura salazarista en Portugal, (un dos Estados fundadores da OTAN). Outros países da zona como Grecia ou Turquía víronse involucrados en conflitos de pequena escala, sempre coa Guerra Fría como telón de fondo. En Febrero de 1961, por primeira vez desde 1939, puido unha organización obreira organizar unha folga prolongada -na cuenca hulleira de Asturias-, duramente reprimida polo goberno do que era ministro Manuel Fraga Iribarne. En Washington evaluaron a folga como un sinal de alarma. En outubro seguinte un estudio patrocinado polo Pentágono - proxecto Vulcano-, elaborado polo Grupo de Estudios Especiais do Institute for Defense Analises, no que participaba Samuel P. Huntington incluía a España entre as dictaduras protexidas por EE.UU, pero con crecente posibilidade de violencia interna e interferencia internacional. Para Huntington “a necesidade de intervención militar directa das forzas norteamericanas aumenta en proporción á decrecente probabilidade de victoria dos grupos cos que estamos aliados”. As solucións propostas para preservar aos reximes dictatoriais dunha eventual evolución adversa aos intereses de EE.UU foi a denominada intervención preventiva; así falaba Huntington ao respecto:

          “O que se necesita é unha estratexia de intervención premilitar, intervención indirecta e acción positiva para conformar o curso político e fortalecer aos grupos comprometidos ao noso lado ou que con mayor probabilidade manteñan a estabilidade, antes de que a situación chegue a ser tan grave que plantexe a necesidade da intervención militar directa”.

          A todo isto non era alleo o dictador, nin o seu entorno, como así o atestiguan numerosos documentos. Así, o xeneral F. Franco Salgado Araujo, secretario persoal do Caudillo, anotaba o 27 de maio de 1967 o seu dialogo con este:

          “A obsesión da CIA é conseguir que o noso Estado tolere primeiro, e legalice despois , a acción de dous partidos, un de carácter socialista e outro democrático, que deberán ter a súa expresión en dualidade similar no campo universitario e sindical {...}A CIA cre que con estas actividades cumpre o deber de prever o futuro, pois do contrario ao réxime débil sucederíao o caos, e a este o comunismo. A súa excelencia dime: o goberno está ben informado destas actividades, que segue de preto”

          Planes semellantes se aplicaron ao conxunto de países hispanos.

          En marzo de 1971 o presidente Nixon encargaba a Vernon E. Walters (agregado militar en Italia e coronel dos servicios de intelixencia) a misión confidencial de transmitir a Franco que “España era vital para o Oeste e Nixon non quería ver desenvolverse unha situación caótica ou anárquica. Nixon expresou a esperanza de que Franco entronizara ao xoven Príncipe Xoan Carlos” ao tempo que retía para sí a xefatura vitalicia das FF.AA; “o Presidente entendía que esta sería unha situación ideal que aseguraría unha transición pacífica e ordenada que o propio Franco supervisaría. Alternativamente, se Franco quería continuar como Xefe de Estado, Nixon pedíalle que se desprendese da función de Presidente de Goberno a favor dunha persoa que asegurara, cando Franco falecese, a “pacífica e ordeada” entronización de Xoan Carlos de Borbón.

          Franco cumpriu coa segunda opción ofrecida e en Xuño de 1973 designou presidente do goberno ao seu asesor Luis Carrero Blanco. Pero para infortunio deste último a probada lealdade a Franco valíalle o nomeamento pero tamén auguraba inestabilidade sociopolítica. O almirante Carrero garantía a subordinación de España á coaliciónda Guerra Fría, pero a súa identificación co Caudillo podía dificultar manter a stability interna durante a transción ao posfronquismo. O que podería ter sido un contratempo, cesou cando en Decembro de 1973, en medio de mobilizacións sociais contra a dictadura, o almirante Carrero saltaba polos aires no seu automóbil. O atentado, atribuído oficialmente a ETA segue sendo materia de especulación case trinta anos despois, debido ás extrañas circunstancias que o rodearon.

          Se entre 1939 e 1975 Franco estabilizou” España mediante os instrumentos da súa cruel

          dictadura, o seu sucesor debería logralo dentro dun sistema de partidos democrático. Cunha módica inversión político-monetaria, aproveitando a febledade que a dictadura provocara na sociedade -ilegalizados todos os grupos democráticos, perseguidos outros- desde os anos sesenta aplicáronse os plans de cooptar , financiar e protexer grupos das máis variadas etiquetas.

          O 19 de Xullo de 1974, tres meses despois da revolución portuguesa, Franco era aqueixado duna enfermidade que anunciaba o fin da súa vida. De inmediato, desde o partido no goberno da RFA financiabase a convocatoria en Francia (Suresnes) dun cónclave de xoves socialistas escindidos anos atrás do PSOE, e que situou na súa cabeza a Felipe González Márquez, acto que contaba co apoio de Washington e o coñecemento dos servicios de información de Franco, ao tempo que unha subseguinte campaña de marketing introducía ante a opinión pública nomes até entón descoñecidos, que acabarían illando aos militares da Unión Militar Democrática e, en xeral, a quenes eran reacios que España entrara na CEE e a OTAN sen condicións, e calquera que fose o custe. Os grupos que en 1977 foron legalizados e emerxeron controlando a escena política eran precisamente os selectivamente financiados desde os gobernos da coalición da Guerra Fría. Pola súa parte, Santiago Carrillo xa antes de que morrese Franco comprometera ao Partido Comunista en “non mover nin un dedo até que Don Xoán Carlos sexa coroado Rei” e en “recoñecer á monarquía a cambio da legalización do seu partido”.

          O postfranquismo non pode entenderse cabalmente sen considerar que se iniciaba con equipos cooptados , aunque revestidos alguns con siglas históricas, que de pronto apareceron á luz dunha cidadanía privada durante corenta anos de organizacións e dereitos políticos. Mortos, desaparecidos ou exiliados os representantes políticos da democracia da II República, os cooptados ocuparon a area política vivindo de gobernos e entidades extranxeiras -até acceder aos presupostos públicos-, de aí que en asuntos de trascendencia estratéxica eses equipos satisfaceran con prioridade as esixencias das súas fontes de sostemento, máis que aos compromisos cos seus electores e afiliados.

          O maior problema para o establecemento dunha monarquía constitucional en España era precisamente ese forte sentimento popular, en particular nas zonas industriais das cidades, contra unha restauración, por moi limitado que constitucionalmente estivese ese monarca. Líderes políticos de esquerdas eran reacios a tal opción, non só polo que significaría abandeirala diante dun electorado que sabían desfavorable, senón ante a posibilidade en sí.

          Sen embargo, en 1977, a operación sucesoria foi relativamente sinxela. Externamente, a maior parte de quenes nas eleccións do 15 de Xuño aparecían ao fronte de siglas de ascendencias democrática levaban principios republicanos nos seus programas: pero xa entón esto era propaganda para captar votos. Os propios xefes políticos cooptados designaron aos candidatos en listas cerradas e bloqueadas de ámbito provincial, asegurando así o control parlamentario, e a conseguinte aceptación da forma monárquica do Estado. Era un significativo cambio, aparentemente enigmático, entre o dito e o feito en canto á soberanía interior

          Do mesmo xeito, e tal como ocorrera con respecto á soberanía interior, nas eleccións parlamentarias de Outubro de 1982, Felipe González repetiría a operación en canto á soberanía exterior: mentras en público se identificaba cun electorado maioritariamente contrario á coalición bélica, unha vez conseguida a maioría absoluta no parlamento, ordeou aos seus parlamentarios votar a definitiva integración nunha Alianza Atlántica coa que España xa colaborara e de cuia órbita non podía saír. Para dar mayor lexitimidade cara a opinión pública, mesmo se plebiscitou en Marzo de 1986, nunha campaña de desinformación e coacción cara os votantes, aos que se alarmou coas nefastas consecuencias que para España traería o illamento de Europa ( de EEUU habería que dicir), que conlevaría ademais deixar ao país sen goberno, pois tanto o seu como o resto de partidos rexeitaban gobernar fora da OTAN. A excepción era daquela o Partido Comunista- que para entón xa marxinara a Carrillo e apenas contaba co 10% da Cámara de Deputados.

          A sucesión do réxime franquista foi iniciada con Kissinger no poder. O goberno Arias Navarro realizou un cambio político bastante limitado ata o ano 1977 que, (casualmente se se quere), rematou coa chegada ao executivo norteamericano da administración demócrata de Carter, momento no que comeza o proceso de legalización de partidos, sindicatos obreiros e recoñecemeno da autonomía das nacionalidades. As estructuras do poder socioeconómico legado do franquismo, aceptaron a reforma política na medida en que as consolidaba e, ao tempo, as adaptaba á realidad da Europa da Guerra Fría. Pero non todos os grupos políticos existentes en 1977 poideron presentar candidatos as eleccións lexislativas, nin en igualdade de condicións os que nelas participaron. Aqueles que non transixiron á restauración da monarquía sen previo referéndum, continuaron ilegalizados. Só na medida en que os equipos políticos -cooptados ou non- demostraban que asumían as condicionas prefixadas, se lles permitiu participar na cita electoral. Aos exponentes republicanos, da esquerda nacionalista vasca, galega e catalana, non se lles recoñeceron os dereitos políticos ata que moito despois do 15 de Xuño de 1977, o espacio electoral e o Parlamento estiveron ocupados polos comprometidos coa propaganda da reforma. Así durante a campaña electoral do mesmo ano, os medios económicos e audiovisuaais, públicos e privados, dosificaron adecuadamente o seu apoio aos grupos e persoas comprometidos cos programas de cambio, contribuíndo así ademais a modelar os comicios: conformar un parlamento asentado en torno a un polo de centro dereita e outro de centro esquerda (ambos en mans de persoas que aceptaban os contidos da reforma).

          A Fundación Konrad Adenauer, vinculada á CDU, financiaría a súa ascente sobre os democristianos españois, tanto dos que estaban dentro como fora do partido gubernamental; a liberal fundación Neumann fixo o propio sobre os liberais de dentro e fora da UCD; a socialdemócrata Fiedrich Ebert, da órbita da SPD, sobre o equipo de F. González, mentras que a Fundación Hanns Seidel, próxima á CSU de Strauss, que contou cun programa internacional a partir de 1976, apoiou públicamente a Alianza Popular desde o momento mesmo da súa creación. Sen embargo, Adolfo Suárez non puido sobrevivir na presidencia do goberno máis duna semana despois de que Jimmy Carter saíse da casa Blanca. O 29 de xaneiro de 1981, dun xeito tan inesperado como inexplicado, renunciaba á Presidencia do Goberno e da UCD.

          Outros sucesos da transición, como o xa mencionado atentado a Carrero Blanco, ou a trama golpista do 23-F (e a implicación ou connivencia das máis altas esferas económicas, políticas e sobre todo militares, xa non só de España, senón desde outros estamentos da Coalición da Guera Fría) permanecen demasiado escuras na historia recente de España, e só parecen atopar explicación e coherencia entroncados nos plans que entre as potencias aliadas, circulaban para a Península Ibérica desde 1945, con vistas a manter a situación internacional desexada.

          A transición á democracia percorreuna España, sen trocar a penas nada que afectase ás cuestións de fondo. O debate entre forma de Estado monárquica e Republicana, decantouse do lado da primeira, porque simplemente non houbo debate. O cambio foi elaborado, implantado e finalizado por grupos e élites que ou ben eran as mesmas que detentaran o poder na ditadura, e polo tanto favorables a todo cambio que os mantivese na mesma posición, ou polo contrario pertencían a segmentos de vellos partidos que aceptaban as regras de xogo: non cuestionar a monarquía e non provocar a ruptura social e histórica.

          Pola súa parte D. Juan Carlos, lexitimado ante os militares “porque fora designado por Franco, e no exército non se discutían as ordes de Franco”, buscou tamén a súa lexitimación democrática, facilitando con elo a recuperación das liberdades políticas e civís; o principio que moveu ao xefe de Estado desde o momento de ser entronizado foi en palabras do protagonista “non facer, a ningún prezo, dos vencedores da Guerra Civil, os vencidos da democracia” o que na práctica se traduciu na exclusión de calquera tipo de revisión crítica da Dictadura, tanto do seu orixe como da súa obra, o que postergou a recuperación da memoria histórica cidadá, deixando sen tan sequera reflexión a cuestión de por qué, á morte do dictador, unha parte sustantiva da poboación identificaba “España” coa negación dos seus dereitos nacionais e cidadáns.

          L. Whitehead é da opinión de que nunha transición pactada as forzas democráticas soen manter as distancias respecto a posibles apoios exteriores, que poderían minar a autenticidade dun acordo nacional. Sen embargo, no caso español, exemplo de transición pactada, os partidos meteron en liza aos seus aliados externos de forma claramente visible, sen que por iso resultase mermada a súa credibilidade, máis ben ao contrario. O caso español parece confirmar a hipótese de que as transicións con maiores posiblidades de éxito son aquelas que non plantexan unha ameaza ao sistema imperante de alianzas, así como as que tenden a preservar os lazos coa potencia dominante; a este respecto, o proceso democratizador en España non cambiou nada referido ao sistema económico e defensivo occidental.

          Falar pois de formas de Estado, resulta cando menos irrelevante. Os ideais republicanos que parecían acomodarse nas ilusións dos españois, mellor que calquera outra opción política, reunían ademais a lexitimidade da que as demais formas previstas carecían. A ela se amoldaban os resultados das derradeiras eleccións democráticas ás que acudiu o electorado español até case 40 anos despois de rematar a Guerra Civil, e que marcou o fin da II República saída deses comicios. Sen embargo, como xa quedou dito, non houbo lugar a tal opción. A monarquía estaba asentada na Xefatura de Estado antes de que Frasco falecese, e os escollidos para a posterior e vital tarefa constituínte, da que nacería o texto de 1978, saíron dun parlamento ao que só accederon os “elexidos”. Ninguna voz republicana alterou a elaboración dunha Constitución, que recollía a forma de monarquía parlamentaria, establece clara e diafanamente “a liberdade de empresa e de mercado” erguéndose neste tema na Carta máis explicitamente obstruccionista a eventuais veleidades socializantes ou simplemente nacionalizadoras de cantas atopamos en Europa, a vez que conta cunhas cesións de soberanía prácticamente ilimitadas ( hai que situarse no contexto do sistema construído en Alemaña e Italia baixo o dominio dos seus vencedores para atopar en Europa ou EEUU algo semellante aos art. 96.1 ou 94.1, entre outros) que permiten que un goberno con maioría nas Cortes teña as mans libres para comprometer ao Estado con calquera pacto internacional, sen que poida deixalo sen efectos un goberno posterior que o xulgue perxudicial, pois “só poderán ser derogados, modificados ou suspendidos nas formas previstas no propio tratado” (en Francia esíxese cláusula de reciprocidade (art. 55) e en EE.UU calquera tratado pode ser anulado por unha disposición lexislativa posterior, non podendo ningun tratado autorizar o que a Constitución prohíbe), ao tempo que se prescinde do “trámite” parlamentario en calquera acordo que non sexe de índole política e militar, deixando comprometido así aos gobernos sucesivos (as Constitucións da inmensa maioría de países capitalistas -francesa art. 53, estadounidense art. 1 [8], suíza arts 8 e 85, xaponesa art. 73, grega art.28...- esixen que os tratados económicos e comerciais sexan aprobados polo Parlamento.

          Con todo a clave desta adaptación política reside na estructura do Estado. Na cima sitúase o rei, mentras que ás FFAA continúaselles encomendando a defensa do ordeamento constitucional (art. 8) - nexo de continuidade co ordeamento xurídico do Estado da Dictadura, de cuia esencia militar permanece cal eslabón este art. 8 da Constitución (reproduce sen maiores cambios, o artigo 38 de Lei Orgánica do Estado de Franco). Con semellante a tribución ás FF.AA, a Constitución abre a porta a posibles intervencións militares ante situacións críticas do entramado estatal, distanciandose neste punto do resto de Cartas democráticas europeas, e apróximandose máis ás dictadas en réximes dictatoriais (Corea, Brasil, Chile..).

          Á vista de todo o dito ata aquí, parecen perder significado (ou cando menos parecen ficar sempre relegados á mera teoría politolóxica) termos como soberanía popular ou lexitimidade, toda vez que o auténtico motor do cambio, nunca estivo en mans do “pobo” ( como ocorre sempre, por outra banda) nin tan sequera, na de élites que se movesen por algo parecido ao que debera ser a representación dos interese dos seus electores ( hoxe máis que nunca, acontece o mesmo). Os españoles de entón “elixiron”, entre seguir co mesmo, ou cambiar ao que fose. Tocou a monarquía, tal e como estaba previsto.

          2.3 -A DECANTACIÓN POLA MONARQUÍA COMO FORMA POLÍTICA-

          O contexto no que nos atopamos ven ser o dos momentos previos á elaboración da Constitución española de 1978, momentos en que resulta imprescindible mencionar que a superación da extrema polaridade da sociedade do pasado e a elevación xeralizada do nivel de vida, contribúen a crear un clima de rexeite de calquer proxecto que pudiera implicar riscos de enfrontamento civil ou incertidumes e inestabilidade. Na España dos setenta, tal e como analizamos na dimensión interna da transición, a seguridade política e a estabilidade social eran valores fundamentais para a gran maioría da sociedade.

          Desta forma, foise difundindo un amplio consenso social favorable a un proceso de cambios políticos que conduxesen a unha situación inequívocamente democrática. Así, aqueles partidos políticos que ó longo da Transición souberon conxugar as ideas de seguridade política e dunha situación democrática á que aspiraba a maior parte do pobo español, foron os que mereceron sistematicamente o apoio do mesmo. Chegado este punto, o debate Monarquía-República parece quedar excluido a un segundo lugar para os políticos que se encargarán de levar ó país polas sendas da Transición, primando entón a necesidade de configurar un sistema auténticamente democrático como superación da etapa dictatorial anterior, ainda que sen dúbida, a opción monárquica, -se foi unha opción-, merece do noso estudo e non se pode considerar irrelevante.

          Parece que nestes anos, as virtuais vantaxes que ofrece a Monarquía para a Transición desde o sistema autoritario ó democrático, son en realidade un punto de encontro intelectual e político. É frecuente atoparnos, entre os autores hispanos que van ir preludiando a Transición, alusións á cualidade inherente da forma monárquica de adaptabilidade e moldeabilidade, para servir, ca moderación e discreción que se lle espera, ó necesario tránsito á democracia.

          Deste modo, a Monarquía parece en principio non ser cuestionada nin na sociedade española nin no círculo político e intelectual. A partir deiquí, iremos configurando unha evolución, presente nestes anos, que culminaría ca decantación da Monarquía como forma política do Estado durante o periodo constituinte que versa desde o 15 de xuño de 1977 ata o 6 de decembro de 1978. Falaremos, pois, de dous periodos ben marcados para a Monarquía:

        • Durante a Dictadura.

        • Desde o fin da Dictadura ata a configuración da Monarquía Parlamentaria nas Cortes Constituintes.

        • A) Os primeiros pasos que nos anticipan a posibilidade dunha forma monárquica de goberno veñen da man de Franco. Segundo Fernández- Carvajal González , a institucionalización do sistema franquista tendía a “insertar unha Monarquía limitada no tronco dunha dictadura constituinte e de desenrrolo”. Referimonos ás denominadas Leis Fundamentais de dito sistema, as cales suscitaran serias reflexións por aquel entón en canto á posible evolución do réxime, a partir do punto de apoio da Monarquia como “forma política” do Estado. O Principio VII da Lei de Principios do Movimento Nacional de 1958 referíase á Monarquía xa introducida como elemento estructural básico pola Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947 como “forma política do Estado. Non son poucos os estudosos que puxeron de manifesto a semellanza desta última expresión co tenor literal do artigo 1.3 da Constitución vixente, con ser tan pronunciadas as diferencias contextuais entre ambas formas monarquicas, pero isto xa o analisaremos posteriormente. No referente á Lei de Sucesión, é necesario destacar igualmente a súa importancia, posto que ésta vai ser a que lexitimará ó Rei para actuar durante a Transición, xa que segundo a mesma, -art. 2- ó dictador estáballe reservado o dereito de designar ó seu sucesor, tal e como faría o 22 de xullo de 1969; o xeneral decidiu nomear a Don Xoan Carlos de Borbón, fillo de Xoan e neto de Alfonso XIII, o seu sucesor na Xefatura do Estado a título de Rei (¿Por que a Xoan Carlos e non a seu pai, lexítimo herdeiro e pretendente ó trono? Nas conversas que mantiveron o xeneral e D. Xoan poucos acordos se lograron. Quizais o único fose a negociación da educación que recibiría o fillo mayor do pretendente ó trono español. A causa fundamental parece se-la inclinación de D. Xoan pola implantación dunha monarquía liberal, o que inquietou seriamente ó Xefe de Estado dese momento) Así pois, diremos que a fórmula non restauraba a Monarquía realmente senón que Franco dispuxera quen lle sucedería como Xefe do Estado, e con que título; dispoñendo tamén como sería esta maxistratura; por un lado, ben diferente da súa propia, que resultaba omnímoda na práctica, pero, por outro lado, o deseño da mesma asemellabase máis a unha Monarquía limitada que ás suás homologas europeas. Para finalizar este percorrido da Monarquía durante a Dictadura e por entre as Leis a través das cales intentaría o xeneral deixar “ben atada” a súa sucesión, citaremos a última Lei de 1971 pola que se atribúen as funcións de Xefe do Estado a Xoan Carlos I en caso de ausencia ou enfermidade do titular da Xefatura, o cal dará ó Rei lexitimidade para actuar posteriormente.

          B) Continuando ca nosa andadura sobre como se vai perfilando a Monarquía durante a represión franquista, chegamos ó devir da mesma xa ca morte do xeneral o 20 de novembro de 1975. Dous días despois, o 22 de novembro, D. Xoan Carlos I é proclamado Rei de España, polo Consello de Rexencia, xurando fidelidade ós principios do Movimento Nacional ante as Cortes franquistas, e dí o novo monarca no seu discurso: “Hoy comienza una nueva etapa en la historia de España... Una sociedad libre y moderna requiere la participación de todos en los foros de decisión, en los medios de información, en los diversos niveles educativos y en el control de la riqueza nacional. Hacer cada día más cierta y eficaz esa participación debe ser una empresa comunitaria y una tarea de gobierno” Deste modo, e cun discurso ben distinto do que prefiriría o Xeneralísimo, comeza a andadura do Rei polos camiños da Transición, andadura rápida e firme que daría os seus froitos ca plena lexitimación da Monaquía como forma política do Estado español no referéndum do 15 de decembro de 1976 no que se aproba o proxecto de reforma política. Pero antes precisaremos como foi esa andadura e que forzas interveñen na elaboración de dita lei para a reforma política.

          O primeiro problema que debe afrontar o Rei Xoan Carlos, é decidir quen colocar nas presidencias do Goberno, do Consello do Reino e das Cortes. Decide finalmente manter a Carlos Arias Navarro como Primeiro Ministro, seguindo os consellos da familia de Franco, dos conselleiros do Reino e do Cardenal Tarancón. E ca axuda de Arias Navarro consigue que o seu antigo preceptor, Torcuato Fernández Miranda, sexa nomeado Presidente das Cortes e do Consello do Reino. É un catedrático de Dereito Político hábil e intelixente, tímido pero brilante, pero antipático e distante, odiado polos franquistas que ocupou interinamente a presidencia do Goberno tra-la morte do almirante Carrero Blanco, e que ten estudiada a forma en que se pode producir a reforma do Réxime. Pero de pouco lle van servir os coñecementos a Arias Navarro, pois será destituido polo Rei en xuño de 1976. Esta sería unha das actuacións máis importantes do monarca, xunto ca oferta que proporá a Adolfo Suarez para presidir un novo Goberno. Dous pasos relevantes anteriores á elaboración da Lei para a Reforma Política pois nesta Suárez xoga un papel fundamental.

          Así todo, ¿en que circunstancias recibe Suárez a oferta do Rei e cal parece ser a razón; que perfil político representa Suárez? Neses días, o Rei realiza a súa primeira visita de Estado ós Estados Unidos. Alí provoca o aplauso xeral e entusiasta nun discurso ante senadores e congresistas no que nada do que dí ten que ver co que defende o seu Primeiro Ministro en Madrid. Nada máis volver a Madrid, o seu propósito é o de cesar a Arias Navarro, pero atopase con que é o estamento militar quen lle remite unha carta pedíndolle a destitución de Arias, acusado de ser demasiado tolerante e feble ante as folgas e manifestacións xeradas nas rúas. Así o Goberno Suárez xura o seu cargo ante o Rei o luns 15 de xullo, non sendo ben recibido por ninguén, nin polo búnker (seguidores de Franco) nin pola oposición democrática, nin polos “reformistas”: nin Fraga nin Areilza queren seguir no Goberno. Suárez é un anónimo funcionario franquista, ministro do gabinete de Arias pero que a partir deste momento, como é ben sabido por todos, xogará un papel esencial na configuración dun tránsito cara a Democracia en España, así como favoreceu do mesmo xeito a decantación da Monarquía como forma política, -non fai falla decir que Suarez fará todo o posible porque o Rei continúe no trono-.

          Desde esta última vertente, hai un paso refrendado polo pobo español, xa en condicións de liberdade e democracia pluralista, que é o punto de arranque para a nova legalidade que puidera surxir posteriormente; tamén a norma constitutiva lexitimadora das propias Cortes Constituintes. Si se aceptara esta premisa e se considerara a Lei para a Reforma Política como marco xurídico lexitimador da actividade do Estado (tamén da labor constituinte) ata a entrada en vigor da nova Constitución debemos reparar en que o artigo 3.3 da Lei para a Reforma Política 1/1977, de 4 de xaneiro, dispón que, antes de “sancionar unha Lei para a Reforma Constitucional”, o Rei “terá que someter o proxecto a Referéndum da Nación”, o cal resulta moi significativo para a Coroa.

          O referéndum que aprobou dita Lei con aquiescencia do 94.7% dos votantes, produxo un xiro considerable no plantexamento da cuestión monárquica, que ata ese momento debatíase entre se-lo froito do reinado de Alfonso XIII e, polo tanto, como algo imposto e non desexado. Ó redor da Monarquía circulaba a idea de que habería que abortala mediante un referéndum aclaratoria sobre cal era a forma de Goberno que se quería, Monarquía ou República, se embargo, como dixemos, o referéndum do 15 de decembro de 1976 foi presentado como un remedio indirecto daquela premisa. As forzas moderadas non consideraron convinte unha consulta tan brusca e tallante, cando se estaban intentado construir uns cimentos sólidos, esto é, unha democracia estable e duradeira. No Proxecto da Lei para a Reforma Política mencionabase ó Rei, logo a pesar dos rodeos, ahí estaba aprobada por unha abrumadora maioría. A oposición, que predicou a abstención naquela consulta, foi cedendo paulatinamente ante o descubrimento de que o verdadeiro problema non estaba na dicotomía, como mencionamos ó principio de Monarquía ou República, senón o binomio democracia / dictadura. Sen embargo, cabe destacar que este non será un plebiscito democrático pola simple razón de que as forzas da oposición ainda non están legalizadas, polo que só hai campaña institucional en favor da participacón do voto e polo sí. Asimesmo, diremos que este refendo supón un paso imprescindible cara a democracia e que non existe a posibilidade de dar marcha atrás: nese momento era o único que existía e a mellor fórmula entre as alternativas inexistentes. Agora ó Rei só lle quedará esperar ás eleccións de xuño de 1977 para saber como se perfila a institución que representa, pois que a Monarquía vai continuar a súa andadura xa está aprobado.

          A lexitimidade dinástica queda posto de manifesto así cando o 14 de maio de 1977 D. Xoan de Borbón cede os seus dereitos dinasticos á Coroa, na persoa do seu fillo. Asimesmo, segundo o profesor Fernando Badía, as eleccións de xuño de 1977, ademáis de plantexar un novo cadro político e de marcar a senda pola que debería discurrir a Transición, proporcionaría a concurrencia da tercera das lexitimidades que coinciden co Rei Xoan Carlos: a democratica.

          En xullo de 1977, momento no cal se abre a lexislatura constituinte, a Monarquía pasara o periodo de proba máis difícil e o debate que se centra na elaboración do texto constitucional versa sobre o deseño da Monarquía que se prefire, pero non sobre a sua existencia, punto sobre o cal non se plantexa discusión algunha, a pesar de que o PSOE manteña un voto a favor da república, o cal analisaremos a continuación no debate no Parlamento.

          A cuestión secular Monarquía / República dificialmente se resolvería de forma satisfactoria sen o complexo proceso de consenso que entre distintas forzas políticas, especialmente pola esquerda, foise realizando desde moi comezos da Transición. Esto poría de manifesto xa a partir da Lei para a Reforma Política e nas negociacións inmediatas que o Goberno mantivo ca oposición democrática. Así pois, con estos antecedentes, hai que suponer que o texto elaborado pola Ponencia Constitucional (art. 1.3 que dí: “A forma política do Estado español é a Monarquía Parlamentaria”) non terá grandes debates internos como expuxemos ó principio, pero o PSOE, manterá tal e como dixemos, alomenos formalmente, un voto a favor da República, ó igual que os nacionalistas vascos e cataláns obviamente.

          Así, haberá en relación a este tema, tres grupos ben diferenciados polas súas posturas ante esta cuestión:

          No primeiro grupo inscribense os sectores mais radicalizados nacionalistas (catalán-vasco) onde a Monarquía terá unha cuestionabilidade grande. Forma de Goberno (Monarquía-Republica) e formade Estado (federalismo-centralismo/autonomismo e mesmo, confederación) entrelázanse, política e doctrinalmente, na interpretación e extensión do concepto e titularidade da soberanía. Besamos algunhas das intervencións dos deputados e senadores pertencentes a estes grupos:

          O deputado Barrera, lider de Esquerra de Catalunya, dirá na súa enmenda para a sustitución da fórmula proposta pola Ponencia: “El Estado español, formado por una comunidad de pueblos, se constituye en una República democrática y parlamentaria, que propugna como valores superiores de su ordenamiento jurídico la libertad, la justicia y la igualdad y el respeto al pluralismo político”. Na súa defensa da enmenda, Barrera recoñecería “las grandes cualidades políticas y personales demostradas por el Rei” pero afirmaría que “una autentica y efectiva democracia no es posible en España sin la restitución previa de la soberaníoa a las naciones que integran el Estado y sin una forma de Estado republicas, pues no puede haber Republica democrática viable sin nacionalidades soberanas”. Criticará os razonamentos pro-monárquicos considerando que a racionalidade e solidez democráticas residen na aplicación estricta do principio da soberanía popular / nacionalidade. Mais tarde proporía un referéndum previo sobre Monarquía ou República.

          Na mesma liña argumental manisfestaranse os senadores Audet e Bajo. Para Audet, de Ezquerra Republicana de Catalunya, reñecendo tamén a actuación democrática do Rei e do mesmo xeito que a cuestión fundamental “no es República o Monarquía sino democracia o dictadudra”, argumentará en favor da República sobre a base destes tres supostos: a) a Monarquía, como privilexio, vai en contra da igualdade de tódolos cidadáns, b) a Monarquía sustitúe o poder do pobo soberano e c) a República significa a concreción do principio de racionalidade da organización do poder político. Contraporía igualmente o fracaso das Repúblicas en España ó fracaso das Monarquías e proporía tamén un referéndum previo, igual que faría despois o senador Bajo. Éste sinalará que a forma de Estado “no puede ser sustraída a este principio general de la soberanía popular” e que “un Rei no puede entrar por la puerta falsa”, aludindo á necesidade de convocar un referéndum previo que lexitimara unha sustitución das orixes franquistas da Monarquía.

          Resumindo estas intervencións, diremos que a Republica aparece defendida periféricamente e como un supostao que incide en formulación federais, confederais ou incluso, encubertas, de pre-independencia.

          O segundo grupo conformaranno quenes están por unha defensa testimonial da República, sen solicitar un referéndum específico e previo, esto é, o PSOE. Este voto particular haberá que entendelo como unha concesión testimonial á súa tradición historica en base ós prinpicios clásicos de interpretación da soberanía popular. Así, Gómez Llorente, deputado socialista dirá que “ la forma Republicana de estado es mas racional y acorde bajo el sistema de los principios democráticos”, pero que “no vamos a cuestionar el conjunto de la Constitución por esto(por la Monarquía) de forma que atacamos democráticamente la ley de la mayoría”. En termos moi análogos dirá outro deputado socialista, Martín Toval, “ser republicano hoy puede significar salvar a la Monarquía de sus adherencias no democráticas, pero recordando que solo la Monarquía por asi decirlo, Republicana, puede tener legitimidad para los demócratas”. Cumplíase así como sinalamos en páxinas anteriores co recoñecemento e colaboración ca Monarquía tendo en conta a complexa realidade social e política española, á analise do dirixente socialista Luis Araquistáin, que reiteraba que o problema non estaba na dicotomía Monarquía-Republica senón na alternativa democracia-dictadura.

          No terceiro e último grupo, hai sectores políticos ou persoalidades independentes, que apoian á monarquía. Nel hai que incluir ó PC, UCD, Alianza Popular e PSP, con matizacións dos sectores vascos e cataláns moderados e outros grupos e independentes.

          A actitude pro-monárquica máis significativa vennos da man dos comunistas, expresada no Congreso polos deputados Solé-Tura un dos poñentes constitucionais, e, sobre todo, por Santiago Carrillo ¿Cómo explican o que, de feito, xa se pactara ó comezo da Transición? Varios argumentos empregará Carrillo a favor do apoio á Monarquía e a unha Monarquía sen referéndum: en primeiro lugar que o cambio non se produciu por ruptura, senón por reforma desde o poder constituido, o que implicaba a necesidade do pacto e o consenso; en segundo lugar, como xustificación deste consenso, as esixencias da realidade social e política española: “Un partido político -dirá Carrillo- que se propone transformar la sociedad no puede prescindir de la realidad”; en terceiro lugar, pola persoalidade, actuación e compromiso democrático o Rei Xoan Carlos; e, en cuarto lugar, a aceptación/colaboración da Monarquía establecida terá uns límites expresos: o seu carácter constitucional e democrático; así, dirá Carrillo, que “mientras la Monarquía respete la Constitución y la soberanía popular, nosotros respetaremos la Monarquía”. Deste modo, os plantexamentos políticos e estratéxicos primarán sobre os doctrinais e o asentamento da democracia, a política de reconciliación nacional, e a aceptación do cambio non rupturista enmarcarán unha decisión pragmática.

          Nese grupo, incluironse outros sectores políticos e persoalidades independentes que se ben non cuestionaron a Monarquía, si matizarán a súa adxetivación, pero esto analizaremolo no capítulo posterior. Era evidente que nin UCD, nin AP, plantexarían o problema Monarquía-República, no caso do PSP, a pesar de moverse pola órbita da esquerda, sempre mantivo unha actitude pro-institucional monárquica.

          Para rematar este capítulo, faremos un intento de síntese, dicindo que o protagonismo do Rei durante os meses que durou a Transición e o proceso constituinte, estivo amparado en gran parte por unha norma -a Lei para a Reforma Política, aprobada en decembro do 76- pero derivado sobre todo dun peculiar xeito que adpotou a nosa Transición, na que o Rei acabou sendo -ata a celebración das eleccións en xuño de 1977- a única institución que, fundando a súa lexitimidade orixinaria na Dictadura que se quería superar, disponía dos medios legais precisos para abrir un proceso de cambio susceptible de posibilitar o establecimento dunha nova lexitimidade. Podería dicirse, así, que a Monarquía se restaura pola Dictadura e se instaura con posterioridade, tras unha decisión democrática, primeiro do constituinte e, despois do corpo electoral.

          Concluida, pois, a nosa labor de abordar como se chega ó consenso duna Monarquía como forma política do Estado español, quedará estudar a decantación máis especifica por unha Monarquía Parlamentaria nas Cortes Constituintes, traballo que se exporá o seu seguinte capítulo, non sen antes mencionar para rematar éste que a opción monárquica non tiña outro camiño que o que facilitara o réxime parlamentario.

          3. DISCUSIÓN E CONFIGURACIÓN DA MONARQUIA NA CONSTITUCIÓN DE 1978

          La forma política del estado español es la monarquía parlamentaria

          Constitución Española (art. 1.3))

          Polo que respecta á configuración do estado español en torno á idea da monarquía, ésta foi froito de importantes discusións durante o periodo constituinte. Había unha división sustancial entre os partidos monárquicos, polo papel que debía xogar a Coroa, por unha parte, Alianza Popular pretendía dotar ó Rei, dun rol político activo, a pesar das teses sostidas por Fraga uns anos antes. A UCD pola súa banda estaba partida entre partidarios da posición de A.P. como López Rodó, cunha Coroa con importantes atribucións e un orgao que acompañara ó monarca nas súas decisións como o Consello do Reino doutras epocas; e outros que ca intención de alonxar ó rei do protagonismo político foron os que nuclearon o consenso cos partidos de esquerdas. Dous temas centraron o debate:

          • Distinción entre monarquía como forma de estado ou de goberno.

          Dun lado, M. Fraga ou Ollero sostiñan un termo amplo e elástico de estado, que lles permitía xustificar a súa opción pola forma de estado, xa que se vía que isto situaría á coroa como mellor garante da unidade e da permanencia por enriba dos cambiantes réximes políticos.

          Pola súa parte, Ruiz del Castillo, determina a anfiboloxía do termo goberno, que pode referirse tanto a un órgano do poder estatal como organización política global, ou M. Aragón quen afirma que a forma de estado é democrática, artigo 1.1 (citando a Kelsen, quen só recoñecía como formas de estado, con significación xurídica, á democracia e á autocracia) e que a monarquía é forma de goberno, primeiro porque a soberanía reside nos cidadáns e porque, forma de estado monárquico, reservase únicamente ó absolutismo, xa que como forma de estado aludiría á preeminencia ou supremacía do órgao da Coroa, ou de forma de goberno que daría a condición de órgao que cualifica unha forma de organización dos poderes, pero non deixa á coroa como como columna vertebral do estado. Tamén o socialista Martín Toval afirma como en ninguna monarquía europea se califica de forma de estado.

          O por que de manter a forma intermedia, e dicir, como forma de estado entendida no máis amplo sentido, era porque como dí M. Aragón, a coroa fixo posible a Constitución porque actuou na transición como forma de estado, como orgao preeminente, guiando os pasos do país cara o transito pacífico. A idea e a preocupación son as mesmas: situar á monarquía lonxe da disputa política e garantir a permanencia e unidade do estado español.

          • Monarquía parlamentaria

          O debate sobre a cuestión de se debía definirse como parlamentaria ou constitucional, non tivo demasiadas complicacións, mesmo algúns como o Prof. Ollero abogaban pola súa supresión, “porque hai republicas que non son parlamentarias, pero toda monarquia democrática ten que ser parlamentaria”

          O que se pretendía, sobre todo no Titulo II, era non dotar á coroa de poderes, pouco acorde ca monarquia parlamentaria como eran a convocatoria extraordinaria das Cortes ou a do referendo, non permitindo, como nos casos belga ou británico, outorgar á coroa funcións dos tres poderes clásicos, senón que na Constitución española , a parlamentarización supón:

          • A imposibilidade de suspensión rexia das Cortes

          • Necesaria aprobación parlementaria do candidato á presidencia do goberno, a proposta do Rei

          • Non dotalo de poderes implícitos ou de reserva

          • E as fórmulas de control máis directas do parlamento: o xuramento do rei ante as Cortes (art. 61), a posibilidade de inhabilitar do seu cargo ó Rei por repetidas vulneracións do sistema constitucional e o nomeamento das Cortes do que será o rexente, en caso de non poder cumplirse as disposicións do artigo 59.

          Este entramado de control parlamentario, configura ó Rei como unha institución de representación social. Isto degrada ós principios da tradición histórica da monarquia en auspicio do principio de igualdade nos que se fundamentan a maior parte das críticas republicanas: o carácter vitalicio e hereditario da institución, a non responsabilidade da coroa (que non do Rei como persoa, xa que éste pode ser inhabilitado) e a xestión persoal, e sen control algún, da partida orzamentaria que as Cortes lle asignan polos orzamentos xerais do estado destinada á Casa Real.

          A sucesión na coroa sigue os cauces historico-tradicionais (art. 57): primeira liña de consanguineidade, á frente da cal estará o fillo primoxenito lexítimo, antes que as posteriores, o home antes que a muller, e en caso de coincidencia do anterior, será preferible a persoa de máis idade sobre a menor. Neste tema, dous foron os puntos controvertidos, o principio de igualdade de sexos que sostiveron algúns senadores, acollendose ó artigo 14 da propia Constitución, finalmente a enmenda non prosperou; e a da calificación da dinastía como “lexítima” ou “histórica”, optar pola de lexítima suporía considerar ilexítimo as fórmulas políticas que na historia de España non foran monárquicas, polo que se optou por calificar á monarquia de histórica, termo moito menos conflictivo.

          As funcións constitucionalmente atribuidas ó Rei agrupanse en:

          • Símbolo: exercer a xefatura do estado non significa encarnar a soberanía, senón a unidade do poder estatal, a unión entre os seus órganos, asume a máis alta representación do estado nas relacións internacionais, o mando supremo das Forzas Armadas, a xustiza exerce no seu nome, correspondelle o alto patronazgo das Reais Academis e confire os empregos civís e militares así como os honores e distincións.

          • Moderador: pese a que se lle atribúa a ordenación do funcionamneto regular das institucións, que sanciona e promulga as leis, que convoca e disolve as Cortes Xerais, que expide os decretos acordados en Consello de Ministros e que nomea ós Presidentes das Comunidades Autonomas, éstes son “actos debidos”, polo que a función moderadora nos se diferencia gran cousa da función simbólica. O rei só culmina o acto que outro órgano decide e acreditao como acto estatal, revestindoo ca súa firma da solemnidade propia.

          • Arbitro: moi discutida esta función, por ser árbitro aquel que interpreta as reglas de xogo e fainas cumplir, e o rei non ten ningún tipo de poderes implícitos ou de prerrogativa para cumplir como tal; o único que lle queda é a mediación entre executivo e lexislativo á hora da proposta de candidato á presidencia do goberno, e hai bastante acordo en que o Rei ten daquela un certo protagonismo, principalmente cando o resultado electoral non foi claramente favorable a algunha das forzas políticas.

          A fórmula monárquica supuxose virtualmente aprobada, ca aprobación por referendo da constitución.

          Tra-la entrada en vigor da Constitución, Adolfo Suárez decidiu convocar novas elecións, nas que volveu obter maioría suficiente para continuar ó frente do Consello de Ministros, pero as divisións no seo da Unión de Centro Democrático facían cada vez más difícil a laboura de goberno, e o Presidente acabaría presentando a demisión ó Rei en xaneiro de 1981. Por outro lado, ETA intensificara a súa acción terrorista. Un suceso veu a suliñar o grado de deterioro da situación política: durante unha visita dos monarcas á sala de Xuntas de Guernica, membros de Herri Batasuna provocaron incidentes. Don Xoan Carlos pronunciou entón unhas palabras que definen a actitude da Corona, daquela e hoxe, ante o problema separatista: "Frente a quenes practican a intolerancia, desprecian a convivencia, non respetan as institucións nin as normas elementais dunha ordeada liberdade de expresión, quero proclamar, unha vez máis, a miña fe na democracia e a miña confianza no pobo vasco".

          Pero sen dúbida o momento providencial de intervención do monarca, en defensa da Constitución e das liberdades, produxose o 23 de febreiro do 81, cando, na votación en Cortes do candidato a Presidente do Goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo, irrumpe no hemiciclo un grupo de gardas civís, á fronte dos cales o tenente coronel, Antonio Tejero, lidera un golpe de estado, invocando a persoa do Rei e o artigo 8 da Constitución. O monarca, no seu papel de mandatario supremo das Forzas Armadas interven tentando sofocar os ánimos dos militares golpistas e en defensa da soberania popular e o pluralismo político, representado nos deputados retidos, e fronte ás pretensións dictatoriais e de involución cara un partido único. A pesar de que se discute que as actuacións do monarca aquel día non foron correctamente refrendadas e que se extralimitou no uso dos seus poderes rexios, a actuación real non puido ser máis respetuosa ca orde constitucional

          -CONCLUSIÓNS-

          Chegados a este punto do traballo, é necesario que nos cuestionemos a saúde da nosa Monarquía actual, facendo unha especial refrencia ó seu pasado e ó seu futuro máis próximo, esto é, ¿Está a Monarquía o suficientemente lexitimada como para soportar calquer vaivén que poña en dúbida a súa relevante posición do sistema?

          En primeiro lugar, e sobre a lexitimación da Coroa, xa aclaramos ó longodo traballo, que ésta consiguese dun xeito indirecto, pois a capacidade de acción do Monarca víñalle dada do Rexime anterior e durante os primeiros anos, ata o refrendum do 15 de decembro do 77, non haberá unha cuestionabilidade con respecto á Monarquía, xa que neses momentos o debate e problema principal era o da dicotomía democracia-dictadura. Sabemos que moitos problemas, ademais do da Coroa, quedarán sen resolver e o debate parlamentario será ambiguo con respecto á elección Monarquía-República ó igual que con temas como o papel das autonomías, o novo modelo economico-social, ou a posición do exército ou a Igrexa no sistema. Todos estos serán temas a ignorar polas clases políticas, pois o momento requería a mellor simplificación posible nos temas a debatir, convertindose o consenso, como sabemos, na palabra clave de todo o proceso.

          Así pois, xa sabemos que a Monarquía quedaría lexitimada democráticamente a través do referendum do 15 de xuño de 1977, que solicitaba un “sí” á sociedade española para un cambio de Rexime cara a democracia con Monarquía incluida, pois non existirá n referendum específico que cuestionara a poboación se prefería un sistema político republicano ou monárquico.

          Con todo, a actuación do Rei nestes anos será recoñecida política e socialmente como exemplarmente democrática, gañando o monarca o favor posterior da opinión pública do país. Deste xeito, ¿existe algún tipo de cuestionabilidade ou debate actualmente que poña en entredito a Monarquía e abogue por unha República? Non cremos que a estas alturas alguén pense que o sistema vaia a cambiar, alomenos nun futuro próximo, nin que por fin se plantexara un referendum pola elección especifica da forma política do estado español. Do mesmo xeito, pensamos que ainda que se plantexara o referendum, a seriedade e a falta de escándalos do Monarca e a súa familia afluirán na maioría das conciencias españolas (moitas delas “xoan-carlistas”) outorgandolle o seu “beneplácito” ó xefe do estado.

          Por outra parte, pensamos que na actualidade non escasean os escándalos, -sobre todo na monarquía británica- e que calquer día poden afectar ó impoluto curriculo da Familia Real española. Chegado este punto, debemos nomear á noreguesa Eva Sannum polo balbordo social e político qeu causou a modelo ó coñecerse o seu noivazgo co Principe de Asturias, futuro Monarca: ¿por que toda a preocupación cae sobre a “coroa” desta muller? É obvio que a súa nacionalidade extranxeira e a súa profesión de modelo non son precisamente características favorables para unha futura Raiña, segundo din os monarquicos, pois os republicanos xeralmente non din nada en contra xa que todo lles parece o mesmo: teóricamente o único requisito que debe reunir o Xefe do Estado é saber asinar, sin ter sequera que saber ler ou escribir. Polo tanto ¿ por que tanta cuestionabilidade? ¿Acaso esta muller, que fala 5 idiomas rompería o equilibrio e a estabilidade da Monarquía se chegase a converterse en Raiña de España? Realmente, estamos seguros de que si repercutirá desfavorablemente na imaxe de Casa Real, non por ser modelo, senón porque por exemplo resultara Eva ser unha prostituta, esto traería consecuencias sociais que quizais poderían derivar en cambios institucionais, pois non olvidemos que un dos papeis máis importantes de xoga a Monarquía é a súa función psicolóxica e sociolóxica, de estabilidade, unidade e dignidade. Se este papel chegara a peligrar, como no caso de Inglaterra, quizais si cabería algún replantexamento na forma política do Estado, pois, a diferencia dos nosos veciños británicos, nin estamos tan acostumados ós escandalos reais, nin é tan continuada e estable a nosa tradición monarquica.Temos que remarcar que o escandalo que puidera salpicar á familia real tería que ter unhas dimensións relativamente grandes e afectar dun xeito directo á figura que ocupa o trono; unha crise profunda.

          Nunha orde diametralmente oposta, tamén nos cuestionamos as aportacións que unha forma política republicana suporía para a sociedade española, especialmente no referente ós gastos inherentes a ambas. Presuntamente, os gastos da Xefatura do Estado deberian selos mesmos para a Monarquía como para un Presidente da República, ca salvedade importante que supón o non sometimento ó control por parte do Tribunal de Contas da “partida” real, isto é , ninguén sabe cales son os gastos necesarios do Rei nin, como se distribuen, privilexio e orixinal da antigas monarquías europeas, así como de calquer outro réxime en que as condicións e dereitos de igualdade pasa a xogar un papel formal, e non material dentro do sistema: o sexo, a idade ou o sangue resultan pois condicións indispensables nalgúns “recovecos” dos actuales sistemas políticos.

          BIBLIOGRAFÍA

          - Pablo Lucas Verdú (1983) LA CORONA Y LA MONARQUÍA PARLAMENTARIA EN LA CONSITUCION DE 1978 Edt Facultade de Dereito da Universidade Complutense.MADRID

          • Papell, A (1980).LA MONARQUIA ESPAÑOLA Y EL DERECHO CONSTITUCIONAL EUROPEO Edt. Labor BARCELONA

          • Aragon Reyes, M(1990):DOS ESTUDIOS SOBRE LA MONARQUIA PARLAMENTARIA EN LA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA.Edt. Civitas MADRID

          - Joan E. Garcés SOBERANOS E INTERVENIDOS, ESTRATEGIAS GLOBALES, AMERICANOS Y ESPAÑOLES.Siglo XXI de España Editores.

          - Charles T. Powell DIMENSIÓN EXTERIOR DE LA TRANSICIÓN ESPAÑOLA

          Charles T. PowellSacado de Internet

          - Leopoldo Calvo Sotelo MEMORIA VIVA DE LA TRANSICIÓN.Edt. Plaza y Janés

          • Manuel Rivas e Xoan I. Taibo OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALIZA.Edt. Jdo Ruiero

          - R. Morodo LA TANSICIÓN POLÍTICA.Edt. Tecnos (temas claves de la constitución española)

          - Alcantara.(1997)POLÍTICA DE GOBIERNO EN ESPAÑAEdt. Tirant lo Blanch VALENCIA

          - Mariano García Canales (1991) MONARQUIA PARLAMENTARIA ESPAÑOLAEdt. Tecnos. (temas claves de la constitución española) MADRID

          - Jose Felix , R. Cotarelo y compañía (1989) LA TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA ESPAÑOLA Edt. Sistema MARID

          - Paloma Román (1995)SISTEMA POLÍTICO ESPAÑOL Edt. Mc Graw Hill MADRID

          - Roberto Blanco Valdés (1998)INTRODICCIÓN A LA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978 Edt. Alianza MADIRD

          - Nigel Townson EL REPUBLICANISMO EN ESPAÑA 1830-1977Alianza Universidad

          - Comellas García-Cleva, José Luís HISTORIA DE ESPAÑA MODERNA Y CONTEMPORÁNEA (1464-1965)

          - Angel Bahamonde HISTORIA DE ESPAÑA SIGLO XX, 1875-1939Edt. Cátedra

          -Javier Tusell HISTORIA DE ESPAÑA EN EL SIGLO XX

          - Gabriel Jackson (1980) Aproximacion a la españa contemporanea 1898-1975 Dimensiones hispanicas

          la nueva españa -viernes 4 de junio del 1976

          la nueva españa-miercoles 15 de junio del 1977

          ABC -15 de diciembre del 1976

          PAXINAS WEBS CONSULTADAS

          http://www.vespito.net/historia/transicion/html

          http://www.geocities.com/fororeal/html

          http://www.rebelion.org/spain/polo261200/html

          http://www.foros.hispavista.co/politica-españa/856/html

          UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

          FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS

          MONARQUÍA

          VS.

          REPÚBLICA

          CURSO 2001-02




    Descargar
    Enviado por:Iglesias
    Idioma: castellano
    País: España

    Te va a interesar