Literatura
Literatura galega contemporánea
1.Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Obras representativas e características da súa escrita.
Noriega Varela
Nace en 1969 en Mondoñedo, é o máis vello dos poetas da xeración que M. Ferrín chama “ Antre dous séculos” . É un fácil versificador, comezou a ser recoñecido despois de gañar un famoso certame poético en Mondoñedo. Autor dunha única obra que foi ampliando ó longo da súa vida “Montañesas” que a partir da terceira edición para a chamarse “Do ermo”, que indica un cambio de tendencia na súa obra.Apoia a loita agraria e únese ó grupo NÓS.
-
ruralismo costumista: destaca pola riqueza da súa lingua, a descrición de paisaxes, e a métrica popular.
-
Lirismo da natureza: poesía paisaxística mais refinada e culta,sinte aprecio polo humilde e influenciase de poetas portugueses.
Cabanillas
Nace en Cambados en 1876, marcha con 30 anos á Habana, é coñecido como
“O poeta da raza” porque recolle a inquedanza de Rosalía,o celtismo de Pondal, e a protesta de Curros, aparte de introducir elementos innovadores.
-
etapa pregaleguista: “ No desterro” “ Vento mareiro”, de carácter intimista que mostran solidariedade polos labregos(Foros). Algúns poemas “Acción galega” chegan a ser símbolos populares.
-
etapa galeguista: “ Da terra asoballada” reivindica a liberdade de Galicia fronte a Castela.
-
etapa mítica: “ Na noite estrelecida” está formada por tres partes e narran as historias do Rei Arturo e o Santo Graal, pero galeguizándoos..(nun mosteiro de Ourense), escribe teatro contemporáneo “A man santiña” e verso histórico “O mariscal”
-
etapa de posguerra: “Samos” libro cheo de desengano e morriña.
2.Os movementos de vangarda. Características.Autores e obras.
Escritores nados a redor de 1900, renovación, introducen vangardas europeas. Promoven a creación do Seminario de Estudios Galegos, algúns deles morren novos e outros quedan marcados polo drama da guerra civil. Destacan principalmente na poesía.
-Nacen importantes revistas coma: Alfar, Ronsel, Resol,Papel de Cor... etc.
Poesía:
-Neotrobadorismo: Tradición medieval, cantigas de amigo ,de amor, empregan recursos coma o leixaprén e paralelismos.
- Álvarez Blázquez “Cancioneiro de Monfero” ( fai crer que é antigo)
- Bouza Brey “Nao Senlleira”(20 poemas neotrobadorescos)
- Cunqueiro:“Cantiga nova que se chama riveira”novo vs tradicional.Amancio Prada.
-Hilozoísmo : continúan a tradición paisaxística, imaxes vangardistas baixo unha forma tradicional aberta ós sentidos. Os obxectos humanízanse.
- Amado Carballo: morre moi novo con 26 anos “Proel” “O Galo” (póstumo).
-Surrealismo: busca a liberdade interior humana.
- Cunqueiro: “Poemas do si e do non” de tema amoroso, recolle elementos típicos de todas as vangardas, pero non hai automatismo nin dramatismo propios das demais.
-Creacionismo: o poeta crea unha realidade autónoma(Deus).
- Manuel Antonio: manifesto “Máis alá” (ós vellos de fai séculos) “Sempre e máis despois” “ De catro a catro”(caderno de bitácora) paisaxe mariña, técnico-natural
Prosa:
Dieste: “Dos arquivos do trasno” psicoloxía galega, maxia en perspectiva realista.
3.A xeración NÓS. Características autores e obras.
1920, Ourense sae o primeiro número da revista NÓS (Risco,Cuevillas,Pedrayo,Castelao)
Esta revista estendese a toda Galicia, vese interrompida pola guerra civil. É de tipo cultural, nela fálase de etnografía, arqueoloxía,historia e literatura.
Todos estes autores son moi cultos, políglotas, europeizadores. Participan activamente no Seminario de Estudios Galegos, Irmandades da Fala,Partido Galeguista...
Risco: Nace en 1884 en Ourense,no seo dunha familia acomodada comeza a súa formación coas lecturas vangardistas europeas, funda a revista “La Centuria”.
As súas obras máis importantes son:
-
“Teoría no Nacionalismo Galego”(ideario das Irmandades da Fala)
-
“Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros” (mundo de ultratumba)
-
“O Porco de Pé” ( Sátira de Don Celidonio)
-
“O bufón d´el rei” (teatro)
Pedrayo: Ourense, no seo dunha familia liberal,estudia filosofía e letras.
-
“Os camiños da vida” decadencia da fidalguía
-
“Arredor de si” un mozo en busca da súa identidade.
-
“O fidalgo” unha das mellores mostras de narrativa breve.
-
“Teatro de máscaras”
Cuevillas: Ourese, cursa farmacia pero non chega a exercer.
-
“Prosas galegas” homenaxes a escritores e estudiosos galegos.
Castelao: Rianxo, de familia mariñeira, ten facetas de político participa nas Irmandades da Fala a constitución e Partido Galeguista, deputado nas cortes e loitador polo Estatuto.
Como artista gráfico é moi coñecido ten unha gran sensibilidade, conta tamén cunha ampla obra ensaística : - “ As cruces de pedra na Galiza” “Sempre en Galiza”
Como narrador:
- “Un ollo de vidro.Memorias dun esquelete”(ultratumba)
-
“Cousas” 45 relatos de humor e denuncia.
-
“Os dous de sempre”dosu tipos de ser humano fundamentais.
-
“Retrincos”momentos autobiográficos.
Como dramaturgo: - “ Os vellos non deben de namorarse” (3 actos, tópico universal)
4.A literatura galega no exilio.Autores e obras.
En Galicia, a nosa lingua foi retornada á categoría de dialecto (castelán mal falado)
-
aldeanismo, (atraso) América latina como refuxio para os exiliado, evitan que a cultura se apague ( 18 libros en galego de 1940 a 1944) Buenos Aires, capital da cultura galega ,(revistas ( céltiga, Galicia), programas de radio, conferencias).
-
Autores:
-
Castelao: “sempre en Galicia” “ os vellos non deben de namorarse”
-
Dieste: anterior ó exilio, “ Dos arquivos do trasno”
-
Blanco Amor: “ A Esmorga”
Narrativa:
Silvio Santiago: “ Vilardebós”
Ramón de Valenzuela: “ Non agardei por ninguén” “O naranxo”
Antón Alonso Ríos: “Da saudade: amore arte e misticismo” “Nidia”
Poesía:
Luís Seoane: “Fardel de eisiliado” “Na brétema” “ Sant-Iago” “As cicatrices”
( pretende devolver a conciencia da historia colectiva da patria esquecida)
Teatro: “ A Soldadeira” “ o irlandés astrólogo”
Lorenzo Varela: “Catro poemas para catro gravados” (épica)
“Lonxe”(guerra civil e consecuencias)
Emilio Pita: “Jacobusland” “ Serán”
Florencio Delgado Gurriarán: (neorromántico)
Ramón Rey Baltar: “A gaita ó falare: lembranzas e maldicións”
Ernesto Guerra da Cal: “ Seis poemas galegos”
Características: En xeral son escritores antifranquistas, que lembran a súa terra, defenden os dereitos dos galegos exiliados, e critican duramente ó réxime e a guerra.
6. Tendencias da narrativa galega de posguerra.Autores e obras.
A guerra civil creba na literatura, a producción Bos Aires.
1950(“A xente da barreira”) comezase a publicar (Fole, Cunqueiro,Amor) liñas diversas.
-Anxel Fole: “ A Lus do Candil”contos relacionados entre si ,estructura sinxela e encadramento
“ Terra brava” descrición da paisaxe do pais ,temática misteriosa, tradición oral.
-Cunqueiro: “ Merlín e familia” explora a materia de Bretaña, Merlín resolve problemas
“ As crónicas do Sochantre” peripecias dun músico, cambio de narrador.
“ Se o vello Simbad volvese ás illas” , Simbad retirado máis paisaxe de Galicia.
-Blanco Amor: “ A esmorga” narra a realidade opresiva e triste cun gran realismo.
“ Xente de lonxe”explora diferentes técnicas narrativas na súa obra, forte pegada.
Finais de 1950 e 1960, Nova Narrativa Galega.
-Características: Punto de vista omnisciente, obxectivo-cámara,influenciados por Joyce, Kafka, Faulkner, innovacións técnicas coma o monólogo interior, varios narradores,tempo desfigurado, antiheroe amagado pola sociedade, o poder da historia, a angustia, impotencia, escenarios indefinidos ou exóticos,adaptación da psicoánalise, mundo dos soños.. Todos universitarios, inquietudes galeguistas,dominio de idiomas e viaxes.
Autores: - Gonzalo Mourullo: “Nasce unha árobre”
“ Memorias de Tains” vangardas narrativas
- Méndez Ferrín : “ Percival e outras historias”
“ O crepúsculo e as formigas” libros fantásticos.
- Xohana Torres: “ Vento ferido”
- Neira Vilas: “ Memorias dun neno labrego” de gran éxito, a súa producción(afastada dos da NNG) destaca en dúas grandes correntes que son: o tema de Galicia e a vida campesiña;A emigración dende a perspectiva dos derrotados, destaca pola linguaxe directa e estructura aparentemente sinxela que fan doada a lectura.
7.O teatro no século XX.Tendencias autores e obras.
Teatro anterior á guerra civil:
“Fonte de xuramento” Fco Mª Iglesia en 1882.
ambientación rural < Irmandades da Fala(Conservatorio Nacional da arte galega,Escola dramática galega Leandro Carré, (representan obras de Shakespire e Molière)) < gaña prestixio social.
Autores: Vilar Ponte: “O mariscal”
Cabanillas: “ A man santiña”
Dieste: (Unha visión nova do mundo) “A fiestra baldeira”
A xeración NÓS, non lle concede tanta importancia ó teatro pero aínda así o fai participar nas correntes europeas.
Autores: Risco: “O bufón d´El Rei”
Pedrayo: “A Lagarada” “Teatro de máscaras”
Castelao: “Os vellos non deben de namorarse”
Teatro na emigración e no exilio:
Feito polos inmigrantes(técnicas novas) sentimento, morriña, orgullo de ser galego.
Compañía Galega Maruxa Villanueva” (actores, Maruxa, Fernando Iglesias) representan obras de Varela Buxán: “A xustiza dun mariñeiro”, Castelao: “ Os vellos non...”
Teatro de posguerra:
40,50 censura obras folclóricas se ridiculiza ós galegos. Aínda así se escriben obras que non poderán ser representadas.
Autores: Franco Grande“Choído”Manuel Mª “Auto do taberneiro”Marinhas“A revolta”
Álvaro Cunqueiro: “O incerto do señor Lamlet”
Nos últimos anos destaca o grupo: Abrente, de Ernesto Chao, xorden grupos independentes, e autores como Manuel Lourenzo, Vidal Bolaño. Destaca en 1984 a creación do Centro Dramático Galego.
8. Os modelos narrativos de finais do século XX. Características.Autores e obras.
Podemos diferencias dúas liñas temáticas claramente diferenciadas
-
de quiosco( policial, científica, oeste, erótica)> sen grandes pretensións
-
Autóctona ( Realista, histórica,feminina,intimista,GC,experimentalista)
Promocións:
de 1970 “Xeración de cambio” consolidan o proceso da NNG
Xosé Fernández Ferreiro. Explora liñas temáticas máis diverxentes
-
“ A morte de Frank González” primeira novela do oeste galega
Alfredo Conde.
-
“ Breixo” superpón a fantasía coa realidade, rompe a secuencia temporal.
-
“Sempre me matan” reflexión sobre a emigración.
Xavier Alcalá.
-
“ A nosa cinza” visión retrospectiva da infancia da súa xeración.
Destaca nesta época tamén a literatura galega en Latino América.
de 1980, deixa paso a unha xeración de novos escritores con gran éxito
Manuel Rivas.
-
“ Un millón de vacas” , relatos de ironía amable
-
“ O lapis do carpinteiro”
-
“¿ Que me queres,amor ?”
Suso de Toro
-
“ Polaroid” experimentalismo técnico, realismo feísta, rexistros coloquiais.
-
“ Ambulancia” xénero policial
Outros autores: Freixanes,Xohán Cabana, Cid Cabido “Panificadora”
de 1990
X.C Caneiro, dous premios mais importantes de Galicia “Ébora” Pentaloxía , “ O infortunio da soidade”.. Ramón Caride “ Os ollos da noite” Marilar Aleixandre “ Teoría do caos”
9.Tendencias actuais da lírica, da narrativa,da dramática e da ensaística.
Lírica: 80: idade de ourorenovación, distanciamento poeta-sociedade, integración de elementos da cultura urbana e marxinal:drogas,depresión,influencia M.Antonio,preocupación formalista
Autores: XMA Cáccamo: “Praia das furnas”Manuel Vilanova“E direivos eu do mester de cobras”
-
Carácter individualista de cada poeta, linguaxe directa,temas cotiáns,predominio de recitais,novas sensibilidades: ecoloxismo,feminismo..
Autores: Pilar Pallarés, Marica Campo,Iolanda Castaño e máis os autores dos 80.( en madurez)
Narrativa: Galego no ensino literatura xuvenil, novas editoriais(Ir Indo),exploración de novos temas, ten menos éxito do esperado pola influencia do ensaio, o xénero con maior difusión é o policial “ Crime en Compostela” destaca tamén a novela negra crítica social .
Continúa tamén a novela histórica Darío Xohan Cabana, que segue o tratamento de Cunqueiro.
Autores: Suso de Toro:“Polaroid,Tic-tac”Manuel Rivas“O lapis do carpinteiro” XC Caneiro“Ébora”
Drama: É posiblemente o xénero que menor desenvolvemento acadou, como avances ,os grupos profesionalízanse,( Antroido, Troula) aparecen outros coma(Teatro do Morcego) a fundación do Centro Dramático Galego, proliferan revistas dedicadas ó teatro (Revista Galega de Teatro) , ábrense novas salas, liñas: Crítica( ironía), e Culta.
Autores: Candido Pazó, Anxo Mourado.
Ensaio: Ten acadado maior pulo, debido a : “ A trabe de Ouro” (revista),creación de colección nas editoriais e a galeguización da universidade.Desenvolvese diferentes temáticas:
-Economía: Carlos Mellas “ A Galicia posible”
-Historia: situación do galego ensaios sociolongüisticos; “ O galego e as leis” Pilar García Negro.
-Teolóxico: “ O misterio do lume” Chao Rego
-Etnográfico: “Cultura popular” Mariño Ferro
-Feminista: “ Recuperemos as mans” Mª Xosé Queizán,
Descargar
Enviado por: | Alexandra |
Idioma: | gallego |
País: | España |