Literatura


Historias roubadas; Francisco Fernández Naval


1º CONTO

CANDO FALA O FISTOR

Este conto trata da morte de Alexandre Magno cando foi a Asia a loitar cun inimigo que non podía derrotar. Ía o seu exército polo deserto e unha noite na escuridade Alexandre pérdese e tamén perde a memoria. Cando recupérase o encontran un grupo de persoas ás que de seguido Alexandre ponse a traballar para eles de soldado e mentres derrotaba os seus inimigos vai ascendendo de posto. Unha noite na que estaban a celebrar unha victoria os seus compañeiros fano lembrar a súa vida pasada, ¡el estaba a conquista-las terras que noutro tempo gobernara! Como os seus compañeiros xa sabían da antiga identidade de Alexandre o matan cun veleno.

2º CONTO

POR UN SOÑO

A seguinte historia trata da vida de Herculano, que é un rapaz que traballa de paxe nun mosteiro. Nese mosteiro séntese aburrido e decide enrolarse nuns barcos que van loitar para reconquista-las Terras Santas. No camiño ve que tamén vai moita xente doutras razas e costumes. Recorren un largo e cansado camiño no que coñece a unha moza que de súpeto namora dela. Cando marchan entristece moito e xa non quere ir. Chegan á guerra e ve moitas mortes que non lle agradan. Ó final escapa para encontrarse coa moza que tanto lle gusta.

3º CONTO

DE RODEIRO A CASABLANCA

O conto relata a vida dunha rapaza que como os seus pais eran republicanos tiveron que ir ó exilio a Casablanca. Alí coñecen a xente coma eles que escapa do poder dos alemáns, anque alí tamén tiveron problemas cando chegou o líder da resistencia europea contra o nazismo, xa que armaron moito barullo cantando pola súa liberdade e a dos demais.

4º CONTO

BELINDA

Esta historia trata a vida dunha xorda e como un día un forasteiro chega á cidade. Belinda era coñecida por todo o mundo e por iso ela era tan amable coa xente xa que tivo unha boa vida, so que un día chegou un forasteiro que ó ver a Belinda tan amable con el levouna ó bosque. Ela tiña un noivo que traballaba no cine, e unha noite este escoitou algo dentro cando xa había pechado. Viu a unha persoa que levaba un enganche que el lle había regalado a Belinda. Correu detrás do descoñecido e este subiu a un sitio onde había unhas madeiras vellas, estas cederon e o señor morreu. Logo coñeceuse que o descoñecido había violado e matado a Belinda.

5º CONTO

XANEIRO 1959

Aquí se fala do que lle acontece no mes de xaneiro a un taxista galego en Cuba. Este tivo que exiliarse coa súa muller por ser republicanos. A historia tamén conta a toma do poder dos republicanos en Cuba. O que lle acontece a este taxista é que ten que levar e traer á noiva do Che Guevara pero sen quere-lo a súa confianza con ela mellora e namórase dela. Cando llo di, ela vaise a vivir a outra casa e non se volven a ver.

6º CONTO

A COR DUNHA LEMBRANZA

Esta historia fala dun pai que ó remate da guerra non volve a súa casa onde o esperan a súa muller e os seus fillos. Máis tarde coñécese de que o pai enrolouse nun viaxe a “A Habana”. Despois dun tempo os nenos son maiores e deciden marchar a Cuba en busca do seu pai para vingarse. Cando chegan descobren que o pai se había volto a casar e tiña unhas fillas. Alí os fillos cásanse con dúas cubanas e teñen fillos. Máis tarde un fillo volve o seu pobo e o outro queda alí porque o seu pai está moi enfermo. Cando chega a Ourense atopa a súa nai cega e sen memoria.

7º CONTO

O LUGAR PRIMEIRO

Esta historia conta a descrición dunha paisaxe que fai unha persoa que tivo problemas mentais. A persoa está sendo interrogada por un psicanalista para saber o que lle sucedeu á persoa, que di que o que lle pasou é coma si non lle houbese pasado a el e tamén di que o único que quere é volver o seu pobo, xa que solo lembra esa paisaxe que nunca quixo abandonar. Esa persoa solo garda na memoria o recordo da paisaxe do seu pobo: o río, as fincas da xente, os árbores,....., tamén lembra o que facía tódalas tardes do verán cos seus amigos: cando ía coller lagartos, as festas do seu pobo, etc.

8º CONTO

GRUPO SALVASE

Esta historia trata dun día de chuvia no que reúnense dous homes e unha muller e empezan a falar. O home facía películas xunto ó outro e a muller lle dixo unha posible idea para facer unha película pero o outro non estaba de acordo xa que non lle gustaba.




Descargar
Enviado por:Anarquia
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar