Historia


Historia de la Edad Contemporánea


CIENCIAS SOCIALES: 3º TRIMESTRE PRIMER EXAMEN:

Tema 7:

4-CAPITALISMO E SOCIEDADE BURGUESA

Liberalismo e capitalismo:

Adam Smith estableceu os principios do capitalismo. Sistema económico baseado na propiedade privada dos instrumentos de producción. O estado non debe intervir.

A falta de planificación da como resultado crises de sobreproducción e creban as empresas.

Bancos e finanzas:

Sociedades anónimas: o capital dunha empresa se fragmenta en accións, isto realizase nunha bolsa de valores.

Os bancos suministran préstamos, compra de accións.

Sociedade burguesa:

Burguesía: propietarios de industrias e negocios

Proletariado: man de obra

Gran burguesía: banqueiros, industriais e rendistas

Burguesía media: empresarios, comerciantes, funcionarios

Pequena burguesía: tendeiros, artesáns

Vivían en casas ricamente decoradas, con servicio doméstico...

5-RESPOSTA OBREIRA

Proletariado industrial e urbano.

Facían os traballos das fábricas.

Obreiros

Tiñan unha xornada laboral de 14 horas, traballaban homes mulleres e nenos.

Os obradoiros non tiñan condicións hixiénicas.

Os obreiros vivían en barrios moi sucios, e as epidemias de tifo e cólera extendíanse moi rápido.

Primeiras asociacións obreiras

Ludismo: oposición ó maquinismo por ser responsable do paro

Conciencia de clase: déronse conta de que eran unha clase social distinta

Sociedade de Socorrros Mutuos: axudar ós membros en paro

Sindicalismo

Sindicatos: agrupaban distintos oficios

“Asociación de Teceláns de Barcelona” o seu obxetivo era mellora-las condicións de traballo dos obreiros.

6-MARXISMO, ANARQUISMO E INTERNACIONALISMO

“IDEOLOXIAS OBREIRAS”

Xurdiron pensadores que denunciaron a miseria dos obreiros. Prupuxeron novos modelos baseados na propiedade colectiva.

Marxismo e Socialismo:

Karl Marx e Friedich Hengels denunciaron a explotación da clase obreira pola burguesía e defenderon a revolución obreira para destruir o capitalismo, e o proletariado crearía un Estado Obreiro.

Sociedade comunista: sociedade sen clases e sen Estado.

Os marxistas propuxeron a creación dos partidos obreiros socialistas o seu obxetivo era realizar a revolución proletaria e presentarse ás eleccións (sufraxio universal das mulleres, imposto progresivo sobre a renda, xornada laboral de oito horas)

Anarquismo:

Pensadores (Proudhon, Bakunin, Kropotkin) criticaban a propiedade privada e defendían a propiedade colectiva, e o rexeitamento a autoridade) Querían destrui-lo Estado. Os anarquistas non querían participar na vida política. Algúns defendían a violencia contra o Estado, ou sindicatos revolucionarios (anarcosindicalismos)

Internacionalismo:

Marxistas e Anarquistas querían loitar contra o Capitalismo (internacionalismo proletario) Crean a Asociación Internacional de Traballadores (I Internacional) Desaparece polas diferencias entre marxistas e anarquistas.

Algúns socialistas fundan Internacional Socialista (II Internacional) Esta era unha asociación socialista que creou o Día dos Traballadores.

TEMA 8: españa XIX

1-A CRISE DO ANTIGO RÉXIME (1808-1814)

Gerra da Independencia:

A reacción da monarquía española frente a Revolución Francesa foi declararlle a Guerra a Francia (1793-95)

A partir de 1799, Manuel Godoy, un ministro de Carlos IV con ideoloxía francesa, aliouse con Napoleón para enfrontarse contra Gran Bretaña.

Asinou o Tratado de Fointeneblau ( autorización ós franceses para pasar por España ata chegar a Portugal, para atacalo por ser aliado dos británicos)

Os españois estaban descontentos por isto, e Provocaron o Motín de Aranxuez, que fixo dimitir a Godoy, e a abdicación do rei no seu fillo Fernando VII.

Napoleón convoca a pai e fillo (Carlos IV e Fernando VII) para nomear ó seu irmán Xosé Bonaparte rei de España. (abdicacións de Baiona)

Conflicto bélico:

Houbo unha rebelión popular contra os franceses. Se inicia un movemento de resistencia para loitar contra eles. Crease a Xunta Central Suprema, e un sistema de guerrillas.

No ano 1812 Napoleón tivo que mandar parte das súas tropas a Rusia (campaña de Rusia)

A axuda das tropas británicas baixo o mando de Wellington, fixo que os franceses marcharan de España. Asinase en 1813 o Tratado de Valençay, Fernando VII recupera a coroa e Napoleón marcha.

Cortes de Cádiz:

Os españois nunca quixeran a Xosé de Bonaparte (Pepe Botella)

As Xuntas querían iniciar un proceso de reformas e poñer uns representantes lexítimos.

En 1810 a Xunta Central convoca en Cádiz unha reunión de Cortes para redactar unha Constitución.

Esta Constitución de 1810, reflectía os principios do Liberalismo Político:

Soberanía Nacional, división de poderes, dereitos do cidadán, e sufraxio univ. masculino.

Estas cortes de Cádiz aprobaron leis para abolir o Antigo Réxime. (supresión dos señoríos, abolición dos gremios, supresión da Inquisición...)

Coa Guerra da Independencia iniciouse un primeiro intento de Rev. Liberal pero a situación bélica impediu aplicar as leis das Cortes de Cádiz.

Non todolos revolucionarios apoiaban as reformas, había liberais e antigos privilexiados, que querían volver á situación anterior.

2-A RESTAURACIÓN DO ABSOLUTISMO (1814-1833)

Volta de Fernando VII (o deseado)

Fernando VII volve a España en 1814. Os liberais querían que xurase a Constitución pero os absolutistas querían que restaurase o absolutismo.

O rei impulsou un Golpe de Estado, clausura as cortes e anula a Constitución.Restaura o Antigo Réxime. Os liberais seguían organizando pronunciamentos.

Trienio Liberal:

O pronunciamento en 1820 do Coronel Riego triunfou inaugurando o Trienio Liberal. O rei tivo que aceptar a Constitución de 1812.

As Cortes restauraron as reformas de Cádiz, crearon a Milicia Nacional (voluntarios que defendían ós liberais)

Este proceso de reformas non lle gustaba a Fernando VII e pediulle axuda as potencias europeas para restaurar o absolutismo. Os Cen Mil Fillos de San Luis (intervención militar de Francia para axudar a España) baixo o mando do Duque de Angulema, derrotaron ós liberais e puxeron a Fernando VII como rei.

Creba do absolutismo:

A volta o absolutismo foi seguida dunha represión contra os liberais e contra o Trienio Liberal. O país tiña problemas e o goberno de Fernando VII non era capaz de resolvelo.

A Guerra da Independencia e a independencia das colonias americanas puxera ó país en bancarrota.

Tiñan que facer unha reforma para que os privilexiados pagasen impostos, pero os privilexiados eran os defensores do aboslutismo e non lles podían atacar.

A todo isto se uniu o conflicto dinástico (orixe das guerras carlistas). Fernando VII tivera só fillas e a lei sálica impedía o goberno de mulleres. O rei quería que gobernara a súa filla Isabel e dictou a Pragmática Sanción, para quitar a lei sálica. Os absolutistas non querían isto e protestaron porque querían que reinara Carlos o irmán de Fernando VIII.

3-INDEPENDENCIA DAS COLONIAS AMERICANAS (1808-1826)

(vocabulario)

Nas décadas iniciais do XIX produciuse a independencia da maioria das colonias americanas.Este proceso contribuiu a acelera-los problemas económicos.

Causas da Independencia:

A comezos do XIX nas colonias americanas estalou a Guerra da Independencia.

Contribuiu a isto: a difusión das ideas ilustradas da Rev Francesa, e a Independencia dos EEUU. Tamén o descontento dos crioulos porque os españois se aproveitaban deles e lles impedían desenvolverse economicamente.

Fin do Imperio Americano:

Formáronse Xuntas nas colonias Americanas, coma un movemento de resposta a invasión española e tamén organismos de poder propio.

Os membros destas Xuntas eran crioulos. Un dos máis importantes rexentes destas Xuntas foron: Simón Bolívar (Venezuela) Xosé de San Martín.

Insurrección:

Coa restauración do absolutismo as tropas españolas restablecen o dominio colonial, pero volve haber revolucións (insurreccións) a partir de 1816:

-o Xeneral San Martín derrota ós españois ern Chabuco, independencia de Chile

-Simón Bolívar derrota ós españois e funda Gran Colombia

-Antonio Xosé de Sucre derrato ós españois en Ayacucho, emancipa Perú e Bolivia

-Rebelión de México que logra a independencia de toda Centroamérica.

Problemas cas novas repúblicas:

Os intereses dos novos caudillos locais fixeron imposible unha América Unida, e fragmentouse en Repúblicas. Esquecéronse os intereses da clase popular.

4-REVOLUCIÓN LIBERAL (1833-1843)

Guerras Carlistas:

Cando morre Fernando VII, a súa filla Isabel tiña 3 anos, e a súa muller María Cristina foi raiá rexente. Os absolutistas querían que reinara o irmán de Fernando, don Carlos.

María Cristina quería defende-la súa filla e buscou apoio dos liberais, créase unha Guerra Civil entre absolutistas (carlistas) e liberais (isabelinos)

*Os que apoiaban ó carlismo eran:

A xente do antigo Réxime (nobres clero e campesiños)

Defendían a monarquía absoluta, foros...

*Os que apoiaban ó isabelismo eran:

Burgueses, clases populares urbanas e nobres vinculados á Corte.

A guerra dura 7 anos, os carlistas non conseguen nada. O Convenio de Vergara púxolle fin a Guerra.

Triunfo do Liberalismo: Progresistas ó poder

María Cristina forma un goberno liberal, os liberais estaban divididos en:

Moderados e Progresistas.

María Cristina deulle o poder ós moderados, pero suben ó poder os progresistas (Mendizábal) Implantan un réxime liberal.

Constitución de 1837: soberanía nacional, dereitos individuais, sistema censatario.

Rexencia de Espartero:

Os moderados quixeron darlle un xiro conservador, María Cristina os apoia e enfrontase cos progresistas, e dimite Mª Cristina.

Espartero (progresista) e nomeado rexente. Logo dimite e Isabel II é raiña con 13 anos.

5-CONFIGURACIÓN DO RÉXIME MODERADO

Década moderada:

Baixo o xeneral Narváez institucionalizouse o novo estado liberal moderado. Predominio da burguesía conservadora, querían afastar ós carlistas pero tamén ós progresistas.

Promulgan a constitución de 1845 de sufraxio moi limitado.

Concordato coa Santa Sé Estado confesional (católico)

Administración estatal centralista.

Reformaron a Facenda, Código Penal e crearon a Garda Civil.

Bienio Porgresista:

1854 Pronunciamento militar en Vicálvaro, por progresistas e moderados descontentos (Unión Liberal) liderado por O'Donell. Fixeron a “desamortización de Mendoz” e a construcción do ferrocarril.

Crise do sistema Isabelino:

A última etapa do poder de Isabel II estivo alternada por moderados e Unión Liberal.

Política de conseguir colonias. (Guerra de África)

Xorden novos grupos coma:

Demócratas: Sufraxio Universal

Republicanos: Non Monarquía

6-SEXENIO DEMOCRÁTICO

Revolución de 1868

Os unionistas, progresistas e demócratas se sublevan contra a monarquía., e se unen para presentar unha alternativa ó sistema “Pacto de Ostende

Este movemento encabezado por Prim e Serrano estala ca sublevación de Topete. As tropas da raiña son vencidas en Alcolea.

Formouse un goberno provisional con sufraxio Universal, e a Constitución de 1869 (democrática)

A monarquía democrática

A Constitución establecía a monarquía como forma de goberno, buscaron un rei con concepción democrática, Amadeo I de Savoia, pero os carlistas e a Igrexa estaban na súa contra porque non era un borbón. Algúns demócratas se pasaron ós republicanos e deixaron de apoialo. Dimite no 1873.

Primeira República:

Cando abdica Amadeo, proclaman a República, pero os deputados eran monárquicos.

Tiñan un programa de reformas sociais. Tívose que enfrontar as guerras carlistas e cubanas. E dividíronse en:

Rep. Federal (Pi e Margall)

Rep Unitaria (Castelar e Salmón)

Un golpe de Estado do xen Pavía entregoulle a presidencia a Serrano pero a xente xa se decidira polos Borbón.

7-RESTAURACIÓN MONÁRQUICA

Alfonso de Borbón fillo de Isabel II sae coma rei, a Restauración Monárquica e ben recibida polos conservadores.

Sistema Canovista:

O novo sistema encabezado por Antonio Cánovas era conservador e pouco democrático.

-Partido conservador Cánovas partidario da Igrexa..etc.

-Partido liberal Sagasta con carácter democrático.

Os dous partidos defendían a monarquía, un Estado centralista, constitución..

Alternancia no poder:

Os conservadores e liberais alternaronse no poder (Quenda pacífica)

A alternancia no goberno foi posible por un sistema electoral corrupto. Algúns individuos (caciques) influían no voto da xente.

Constitución de 1876 e nacionalismos

Nova Constitución moderada. O Estado centralista provocou movementos nacionalistas en Cataluña (Unio Catalanista) Pais Vasco (PNV) Galicia (Rexurdimento)

Crise do 98

1895: insurrección cubana. España non quería que Cuba comerciase con EEUU.

España vai para cuba para parar a insurrección. EEUY lle declara a guerra a España e a derrota, qitandolle Filipinas Porto Rico e Cuba.

Movementos Rexeneracionistas: rematar cos caciques.

TEMA 10 A EPOCA DO IMPERIALISMO

1-EXPANSIÓN COLONIAL

explotación económica das colonias

Os paises ricos querían vender os seus restos, mercar materiais baratos e man de obra barata.

Os países máis avanzados ocuparon lugares do mundo coma África e Asia. (colonialismo)

Os principais países que se botaron a estas conquistas foron: Francia, Alemaña, Bélxica, Italia, EEUU e Xapón.

Outras causas do colonialismo

Exceso de poboación dos paises ricos: marchaban a países cun clima parecido coma Australia

Competencia político-militar: Ocupar as rutas comerciais

Prestixio dos Nacionalismos : Orgullo por aumentar colonias

Xustificación do colonialismo

Pensaban que tiñan que civilizalos, de forma relixiosa educativa, e con paz social.

Isto desembocaba no racismo, pola superioridade da raza branca.

2-CONQUISTA, ORGANIZACIÓN E EXPLOTACIÓN DAS COLONIAS

Conquista doada

A superioridade militar dos paises colonizadores, facía moi rápida esta colonización.

Enfrontaban a tribos entre sí, ou lexións.

Tipos de colonias, organización diversa

De explotación económica: un gobernador mantiña a administración, os funcionarios eran indíxenas.

Facían plantacións (cacao, café, té) pu extraían metais preciosos.

A man de obra eran os indixenas obrigados a traballar por un baixo salario. Estes paises non podían comerciar con outros porque a metrópole mandaba neles.

Colonias de Poboamento:

Tiñan unhas condicións climáticas parecidas á das metrópoles, e os brancos ían vivir alí.

Ex: Canadá, Australia, Nova Zelanda...

Protectorados: a metrópole mantiña as autoridades indíxenas pero controladas por altos funcionarios.

Ex: Marrocos, Exipto.

Segragación racial

Non había boa relación entre brancos e negros. Os matrimonios entre ambas etnias estaban prohibidos, e aplicábase o “apartheid”

Os colonos vivían en barrios luxosos, e os indíxenas na miseria.

3-GRANDES IMPERIOS COLONIAIS

Imperio Birtánico: Extenso e Rico

A finais do XIX Gran Bretaña tiña o Imperio máis rico. Os británicos emigraran cara a Canadá, Australia e Sudáfrica, India.

No Canadá: cultivo de cereais

Australia: exportadora de la

Sudáfrica: minas de ouro

India: A máis importante, a raíña Victoria foi Emperatriz da India.

Repartición de África

As potencias europeas facían “carreiras” por quen tiá máis colonias.

Os Británicos e os Franceses querían crear imperios continuos (de costa a costa)

Os Alemáns e Italianos, chegaron tarde á repartición.

Reuníronse na Conferencia de Berlín onde repartiron África.

Dominio das grandes rutas marítimas

Gran Bretaña tiña bases no Atlántico e no Pacífico.

Cando construen a canle de Suez, Gran Bretaña ve que é moi importante porque reduce o camiño ata a India.

Estados Unidos e Xapón, a súa expansión colonial

Os Estados Unidos facíano co Caribe e o Pacífico.

Xapón, apoiado por Gran Bretaña interveu para deter ós rusos.

4-CAUSAS DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

Colonialismo e Nacionalismo

  • Europa sufriu unha guerra moi cruel. Causas:

  • Disputas entre potencias colonizadoras: Alemaña e Francia, enfrontábanse con Gran Bretaña por ter Marrocos.

    Exaltación Nacionalista: Alemaña e Francia estaban enfrontados porque Alemaña ganara unhas terras de Francia.

    Conflicto dos Balcáns: Os serbios, albaneses e búlgaros querían a Independencia do Imperio Astrohúngaro e Turcootomano.

    Paz Armada

    Austria quería ocupar Serbia, e rematar cas protestas dos serbios. Pero Rusia tiña que protexer a tódolos pobos eslavos (paneslavismo) e quixo defender a Serbia. Este malestar orixina a carreira de armamento. Había que comprar armamento e construir barcos de guerra.

    Alianzas militares

    Alemaña, Austria-Hungría e Italia Triple Alianza

    Francia, Rusia e Gran Bretaña Triple Acordo

    Estoupido da guerra

    A guerra estoupa nos Balcáns, o principe do Imperio Austrohúngaro é asesinado por un estudiante serbio.

    Austriahungría intenta rematar con Serbia, Rusia protexe a Serbia e Alemaña ameaza ca guerra.

    Francia e Gran Bretaña non querían facer guerra pero tiveron que apoiar a Rusia.

    5-A GRAN GUERRA

    Desenvolvemento do conflicto

    Guerra de movementos:

    Os alemáns atacaron Francia, e os Rusos atacaron Alemaña. Isto salva ós franceses na “batalla de Marne”

    Guerra de Trincheiras:




    Descargar
    Enviado por:Crc
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar