Historia
Historia de Galicia: la formación del Estado Liberal (1833-1843)
A implantación do liberalismo. A actuación en Galiza (1833 - 1843)
O carlismo en Galiza
As bases sociais do carlismo galego
Apoios ao carlismo:
-
O clero, como reacción á política das Cortes de Cádiz, leva a cabo actividades de espionaxe, recadación de fondos, propaganda, milita na guerrilla...
-
Boa parte da fidalguía, pero non toda.
-
Grande parte do campesiñado.
Apoios ao liberalismo:
-
Sectores da fidalguía.
-
Sectores do campesiñado.
A primeira guerra carlista (1833 - 1839) en Galiza
Inicio: alzamento de voluntarios realistas en Talavera de la Reina trala morte do monarca Fernando VII.
Desenvolvemento:
-
Os carlistas organízanse en guerrillas ou partidas que:
-
Desgastan o inimigo.
-
Non lles permiten formar un exército regular.
-
Dirixidas por clérigos e fidalgos.
-
A rexente María Cristina busca apoios a favor da causa isabelina e toma medidas contra o carlismo (depuración do exército...)
-
Don Carlos manda proclamas desde Portugal, onde estaba exiliado, a Galiza, que fan que en 1834 comece o conflito en Galiza.
Fin: a guerra estaba decidida desde 1837 e o 29 de agosto de 1839 asínase o Convenio de Vergara, no que se acorda:
-
Obediencia a Isabel II.
-
Amnistía para os oficiais carlistas que se entreguen.
A actuación das institucións
As institucións combinan as súa actividade co apoio á causa anticarlista, algunhas delas son o Gobernador de Lugo ou o Capitán General (Pablo Morillo, nomeado pola rexente María Cristina).
Créase a Junta de Armamento y defensa de Galicia (1835) para combater o carlismo e, posteriormente, as deputacións provinciais (1835).
As partidas carlistas de 1847
Na segunda guerra carlista rexorden en Galiza os apoios a este movemento, especialmente en Lugo e Santiago.
O réxime do Estatuto Real. Proclamación e desenvolvemento en Galiza (1834 - 1836)
Transformacións do réxime levadas a cabo pola rexente María Cristina
Para consolidar a monarquía isabelina a rexente María Cristina promulga o Estatuto Real (1834 - 1836), que supón un tímido paso cara a institucionalización do liberalismo:
-
Pretende corrixir as propostas das Cortes de Cádiz.
-
Moi moderado.
-
Divide as Cortes en dúas Cámaras:
-
Próceres, designados.
-
Procuradores, elixidos (21 por Galiza).
-
Establece o sufraxio censatario (comarcal e provincial).
Reacción dos liberais perante o Estatuto Real
Os liberais non estaban satisfeitos con estas tímidas reformas, polo que:
Constitúen xuntas que crean tensión ente liberais e goberno.
Hai intentos revolucionarios que debilitan o goberno.
O seu obxectivo é:
Cese do conde de Toreno e convocatoria das Cortes.
A presentación dunha lei electoral.
Supresión das ordes relixiosas (o conde Toreno suprimirá algunhas, pero acabará dimitindo).
Logros dos liberais
A chegada ao poder do liberal Mendizábal supón:
-
A submisión voluntaria das xuntas, que crían cumpridos os seus obxectivos.
-
Un paso máis cara a institucionalización do liberalismo: novo exército e lei electoral.
-
A convocatoria de eleccións por mor das diferenzas entre Mendizábal e o Estamento dos Procuradores.
Neste momento configúranse definitivamente dous partidos: o moderado e o progresista e nas eleccións de 1836:
-
O sistema será o elixido polos Procuradores e legalizado por Istúriz (Presidente do Consello de Ministros): elección directa e voto censatario.
-
As listas de electores elaboraranas as deputacións e concellos (en Lugo aumentará respecto das anteriores).
-
En Galiza constituirase a Junta electoral del parido (partidos xudiciais) e a Junta electoral provincial.
En agosto de 1836 prodúcese o levantamento de La Granja, ao que se sumará o liberalismo radical galego, que obriga á rexente a:
-
Proclamar a Constitución de 1812.
-
Dar o poder a un progresista (Calatrava).
O réxime progresista de 1837 e a súa implantación en Galiza
Constitución de 1837 e lei electoral
Entre 1837 e 1845 moderados e progresistas están continuamente enfrontados, elaborando estes últimos a Constitución de 1837:
-
É unha vía intermedia entre a Constitución de Cádiz e o Estatuto Real.
-
A Coroa pode disolver as Cortes e ten control sobre o Senado.
-
As Cámaras teñen iniciativa legal.
-
Recoñécese a soberanía nacional.
-
Non se fai referencia a unha confesionalidade estatal.
-
Liberdade de imprenta.
-
Autonomía dos municipios.
-
Milicia nacional.
Nese mesmo ano promúlgase unha nova lei electoral:
-
Sufraxio censatario.
-
Representación directa por provincias.
-
A representación de Galiza era maior cá da media do Estado.
Simpatizantes e detractores do progresismo
O progresismo galego estaba representado nas distintas cidades: Compostela (intelectuais e universitarios), Vigo (Ramón Buch), Pontevedra (Martelo Núñez), Lugo (José Becerra, Juan Diego Osorio), Ourense (Mauricio García).
A oposición ao progresismo dividíase en:
-
Sector moderado histórico (Borrego).
-
Moderados que actuaban na clandestinidade.
As eleccións de 1837, 1839 3 1840
Trala caída do goberno de Calatrava, celébranse as eleccións de 1837 nas que os moderados acadan a maioría, iniciándose así o Trienio Moderado (1837 - 1840).
En 1839 os progresistas gañan as eleccións, resultado que non é respectado polos moderados, feito que cuestionaría Espartero.
En 1840 os moderados repiten as eleccións e xorden proxectos restritivos coa liberdade de imprenta e as eleccións (limítase a participación).
O pronunciamento de Espartero
A oposición entre progresistas e moderados fai que en 1840 Espartero opte pola vía insurreccionista. En Galiza:
-
É seguido nos cuarteis, clubs progresistas e polos universitarios.
-
Créase a Xunta Suprema Central de Galicia e outras xuntas nalgunhas cidades.
A rexencia de Espartero e a resposta de Galiza (1840 - 1843)
No enfrontamento entre María Cristina e Espartero este último sae vencedor e:
A rexente renuncia e exíliase a Francia en 1840.
En 1841 Espartero é elixido rexente polas Cortes.
En Galiza serán o exército e sectores progresistas de Vigo, Pontevedra e Lugo os apoios de Espartero.
A rexencia de Espartero caracterízase por unha grande inestabilidade:
O partido progresista divídese en esparteristas e os líderes civís e o moderado inicia prácticas conspiratorias.
Hai movementos insurreccionais aos que Espartero responde moi violentamente, o que lle fai perder popularidade. Estes movementos son:
-
Conspiración moderada de 1841.
-
Revoltas de Barcelona de 1842.
-
En 1843 prodúcese unha sublevación dirixida por Narváez, na que tamén estaba implicado O'Donnell e subvencionada por María Cristina que fai que Espartero teña que fuxir trala batalla de Torrejón de Ardoz.
-
En Galiza:
-
Créanse as Xuntas de Vixilancia e Defensa para facer fronte ás insurreccións.
-
O progresismo divídese en esparteristas (Lugo, Ferrol, Vigo, Pontevedra) e antiesparteristas (Santiago, Ourense, A Coruña).
-
Os esparteristas perden prestixio, Antolín Faraldo describiraos como corruptos.
-
Trala sublevación contra Espartero só Ferrol e algúns sectores pontevedreses permanecen fieis ao rexente durante algún tempo e constitúense xuntas:
-
Xuntas locais
-
Xuntas provinciais
-
Xunta central constituída polas provinciais.
-
A construción do Estado Liberal e a súa repercusión en Galiza (1843 - 1868)
-
A década moderada
-
O GOBERNO DE NARVÁEZ (3 de xaneiro de 1844 - 11 de febreiro de 1846):
-
Constitución de 1845:
-
Sufraxio por capacidades.
-
Soberanía compartida entre as Cortes (senadores e deputados) e Monarca, quen pode disolvelas e cuestionalas, amais de presentar iniciativas lexislativas.
-
Non hai unha separación de poderes estrita.
-
Eleccións:
-
Distrito como unidade electoral.
-
Menos electores.
-
Manipúlanse.
-
En Galiza:
-
Reprímese o progresismo.
-
Manipúlanse as eleccións.
-
Permisividade co carlismo.
-
Medo aos contactos e posíbeis pronunciamentos dos esparteristas exiliados en Inglaterra e Francia.
-
Levantamento do 2 de abril de 1846:
-
Desenvólvese nas capitais galegas.
-
Está dirixido por Miguel Solís.
-
Lévano a cabo:
-
Reformistas moderados.
-
Progresistas.
-
Provincialistas que defendían o autonomismo, encabezados por Antolín Faraldo.
-
Organización do territorio ocupado:
-
Xuntas: a Xunta Suprema do Goberno Galiza publica un Manifesto en La Revolución de carácter provincialista.
-
Asemblea en Compostela dirixida por Solís.
-
Fin do levantamento: as tropas de Solís son derrotadas por Concha o 26 de abril, os dirixentes son fusilados en Carral e ordénase a depuración da Universidade de Santiago de alumnos simpatizantes co levantamento.
-
REGRESO AO PODER DE NARVÁEZ (1847 - 1851): un goberno dividido que pretende manter a orde e frear a revolución que en 1848 se estendía por Europa.
-
GOBERNO DE BRAVO MURILLO (1852): goberno autoritario que leva a cabo unha reforma da Constitución de 1845 e reformas administrativas.
-
O bienio progresista e o seu desenvolvemento en Galiza (1854 - 1856)
-
Un pronunciamento militar moderado.
-
Insurrección progresista.
-
Mobilización popular.
-
Redactarase a Constitución “non nata” (1856).
-
Levarase a cabo a desamortización de Madoz (1855), que fracasa (enfrontamentos entre o goberno e a raíña Isabel II).
-
En Galiza:
-
Crearanse xuntas nas principais cidades.
-
Hai un importante descontento pola situación económica, circunstancia que quererán aproveitar os carlistas para que haxa outro levantamento en Galiza.
-
Os progresistas, entre eles moitos dos que participaran no levantamento de 1846, son a primeira forza política.
-
O'Donnell e Espartero dimitirán en 1856.
-
A Unión Liberal (1858 - 1863)
-
Unión de varios partidos no goberno con O'Donnell como presidente.
-
Posición liberal conservadora.
-
Nova desamortización.
-
Coincide cunha etapa de desenvolvemento económico antes da crise que afecta a toda Europa entre 1865 e 1866.
-
Pouco apoio popular: goberno aristócrata atacado pola oposición (republicanos e demócratas) e con sublevacións coma a dos campesiños andaluces.
-
En 1863 dimite O'Donnell.
-
Un cambio xeracional na representación política de Galiza
-
Os novos: supoñen o 50% da representación galega e acadan importantes postos na administración estatal.
-
Os reselados: antigos progresistas.
-
Os enfeudados: deputados con experiencia política no moderatismo.
-
A construción do Estado democrático e a súa repercusión en Galiza.
-
O sexenio revolucionario (1868 - 1874)
-
A revolución de 1868, “A Gloriosa”
-
Co Pacto de Ostende no que se rexeita aos Borbóns e se acorda a redacción dunha nova constitución que recoñeza o sufraxio universal masculino.
-
A abdicación da raíña, que foxe a Francia.
-
O Goberno Provisional (1868 - 1871)
-
O reinado de Amadeo de Saboya (1871 - 1873)
-
A Primeira República (1873 - 1874)
-
Repercusión en Galiza
-
A revolución de 1868 en Galiza
-
Créanse xuntas nas principais cidades de Galiza, destacando as reclamacións da Xunta Revolucionaria de Tabeirós (liberdade de imprenta, supresión da Guardia Civil...)
-
Coa chegada de Serrano ao poder constitúese o Goberno Provisional e disólvense as xuntas.
-
As clases populares son as protagonistas da revolución.
-
1869 - 1875
-
O descontento popular:
-
Provocado polas levas e os tributos.
-
É aproveitado por federais e carlistas para instigar amotinamentos no campo galego.
-
Así, prodúcense movementos en toda Galiza:
-
Lugo, Ourense, Pontevedra en 1870.
-
En 1872 prodúcese unha sublevación armada en Ferrol e créase unha Xunta Revolucionaria. Este movemento disolverase e os participantes exiliaranse ou serán reprimidos.
-
Durante a Primeira República:
-
Créanse xuntas e comités republicanos.
-
Propostas do republicanismo galego para crear as bases sociais da República:
-
Estado laico e federal.
-
Supresión das levas e impostos.
-
O federalismo galego:
-
Radicais: insurrección dun batallón de voluntarios francos “Galaicos” para combater os carlistas. Esta insurrección é freada polo exército e moitos dos que participaran dela refúxianse en Portugal.
-
Moderados: burgueses que buscan o autonomismo e que apoian a Constitución de 1873.
-
Político, liderado por Nocedal.
-
Bélico, organizado en partidas en toda Galiza.
Trala sublevación contra Espartero decrétase a maioría de idade de Isabel con 12 anos e comeza a exercer como raíña. Nesta década na que os moderados están no poder impúlsase a construción do Estado Liberal e caracterízase pola estabilidade, pero tamén pola oligarquización e a corrupción.
Esta etapa xorde como consecuencia da revolución de 1854, unha revolución na que se dá:
O goberno estará presidido por O'Donnell e Espartero, dous xenerais con fins contrapostos e durante o Bienio Progresista:
Neste momento prodúcese un corte xeracional na representación política de Galiza e os deputados galegos divídense, en 1859, en tres grupos que se integrarán na Unión Liberal sen renunciar ao moderatismo:
Revolución burguesa contra a raíña, encabezada polos xenerais Prim, Serrano e Topete, que remata:
Redacta a Constitución de 1869 (sufraxio universal masculino, liberdades, división de poderes, recorte de poderes do monarca) e, mentres se debate quen debía ser o rei, Serrano será rexente.
Supón un intento fracasado de establecer unha monarquía constitucional, unha etapa de inestabilidade na que o pobo rexeita ao rei por ser estranxeiro.
É unha coalición de republicanos, socialistas e liberais radicais presidida po Pi i Margall. Remata co pronunciamento do xeneral Pavía en 1874 e despois tómase a “solución alfonsina”, de xeito que Alfonso XII será o novo monarca.
Entre 1872 e 1875 mantense en Galiza o carlismo:
En Galiza crearase a Junta Auxiliar Consultiva de Galicia, logo a Junta de Armamento y Defensa de Galicia e, finalmente, xa con Mendizábal no poder, as deputacións provinciais.
8. A formación do Estado Liberal (1833 - 1874)
7
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Descargar
Enviado por: | LuZinHa |
Idioma: | gallego |
País: | España |