Historia


Historia de España


Tema 0:

A PREHISTORIA:

Denomínase prehistoria ó período, do cal non hai probas escritas; o antecesor máis antigo que se coñece, poboador de Europa, é o Home Antecesor, do que se atoparon restos nos depósitos de Altamira; Burgos. Correspondese; a 800.000 anos a.c.

Cabe diferenciar dous períodos xerais o paleolítico e neolítico:

O Paleolítico caracterízase porque os homes vivían da caza, xa que eran nómadas e non dispuñan de xerarquización social,m nin coñecían a agricultura ou gandería. Este pódese dividir en:

-Paleolítico inferior ( 100.000 a. C) desta época hai restos en Soria(cova de Torralba ou Hambrona), daquela, o home cazaba grandes animais, como elefantes ou cabalos.

-Paleolítico medio (90.000-35.000 a.c) aquí comézanse a observar prácticas de rituais funerarios, como os atopados en covas de Cantabria: El Castillo ou cova Morín.

-Paleolítico superior (10.000 a.c) aquí empézase a desenrolar a litoloxía, arte mobilar e arte rupestre. Destacan as pinturas rupestres da cova de Altamira, Tito Bustillo, Pindel ou el Castillo, as pinturas basábanse nun obxecto naturalista, mentres que as atopadas no levante peninsular tenden á esquematización: Cogull( Lérida).

O Neolítico(7000), é unha etapa importante na que se produce unha revolución, xa que os poboadores establécense nun lugar fixo, pois non teñene que buscar alimento, ó coñece-la agricultura ou gandería, ademais nótase unha crecente xerarquización e prácticas rituais. Distínguense, tamén distintas fases:

-O neolítico inferior: aquí dedicábanse sobre todo á gandería, aínda que houbo algún cultivo tamén; destacase a producción en cerámica(denominada “cardial”), que se adornaba con conchas de moluscos; estos poboadores establecéronse por Valencia, Cataluña ou Andalucía.

-O neolítico superior (4.000 a.c ) destaca por se dedicar sobre todo á agricultura e por comezar os enterramentos individuais agrupados en necrópoles, “cultura dos sepulcros de fosa”.

A partir do terceiro e segundo milenio a.c dase un gran xiro á cultura desarrollada ata momento, esto se debe a aparición do cobre, primeiro, e do bronce, despois; ademais, destacan as tumbas megalíticas, grandes fosas de lousa.

No segundo milenio, temos que destacar, a cultura dos Millares (Almería), cun poboado fortificado, dotado dunha gran metrópole. Ademáis, produciron o “vaso campaniforme”; feito con cerámica que cegaba a toda Europa.

Arredor do 1.700, encontramos o depósito de “el Argar” en (Almería), onde se observa a utilización do bronce, así como a cultura taliótica das Baleares; consistente na elaboración de “taliots”(fortificacións); “taulas”(non se sabe o seu uso, a modo de mesa) e “navegats”( elementos funerarios).

A partir de aquí cabe salientar a entrada de pobos á península, destacando a entrada dos pobos indoeuropeos(fenicios, gregos e cartaxineses) e pobos iberos cara o norte, onde salientamos a cultura dos castros en Galicia.

POBOS INDÍXENAS:

A partir da primeira metade do primer milenio (a.c) temos constancia , por primeira vez escrita, da presencia de distintos poboadores, denomínase protohistoria, porque foron pobos colonizadores da península Ibérica os que escribiron a historia dos pobos que habitaban na noso península; cabe destacar dous ramificacións; as emigracións indoeuropeas e os pobos comerciantes mediterráneos.

Dende finais do século XI ó sec. IV antes de Cristo, destaca o asentamento na península de pobos indaeuropeos; provenientes do centro de Europa, que falaban unha lingua pertencente o sustrato indoeuropeo, e que coñecían a agricultura, gandería; así como a fabricación de ferro. Establecéronse en Cataluña e na meseta, dende onde se espallaron cara ó norte e oeste.

Como a Península era rica en distintos minerais, como se ve na creación da ruta do estaño, entraron distintos pobos Mediterráneos, co obxectivo de comerciar, ó tempo que colonizaban o territorio:

  • Os primeiros en entrar foron os fenicios. Estes estableceron distintos puntos baixo o seu poder, como Gadir.

  • No século VIII entraron na península os gregos, que estableceron o seu poder en Ampurias.

  • Por último, no século VI-V penetraron os cartaxineses, controlando Cartagonova ou Ibiza.

A entrada destes pobos foi moi importante, porque prodúxose un avance, sobre todo na agricultura, dos pobos autóctonos. Introduciuse o arado, ou novos cultivos e técnicas, ademais progresou a metalurxia do ferro e as actividades artesanais. Introduciuse o sistema monetario e a reducción do alfabeto.

Cabe destacar a lenda ou o misterio que recorre ó reino de Tartesos, do que os gregos deixaron constancia escrita da súa existencia, pero do que só se encontraron tesouros, xa que este pobo adicábase a minería da prata, ouro e cobre.

No século V , a península encontrábase dividida, por duas culturas de pobos distintos:

-Os iberos (bastéanos, turdetanos...), estes eran un grupo de pobos, que tiñan lazos comúns, provintes das culturas púnica e grega; pero nunca constituíron unha estructura política ou territorial común. Adicábanse o cultivo da vide, cereal e oliveira; así como a minería do ferro, destacnado a creación de armas. Desenrolaron tamén actividades artesanais, como o cultivo de plantas para o textil(liño) ou a cerámica, o que produxo unha evolución no comercio así como no sistema económico; desenvolvéndose a escritura. A súa organización social baseábase na tribu, e tiñan unha certa xerarquización social: poder económico e militar.

-Os celtas(lusitanos, galaicos...) eran pobos menos coñecidos e desenvoltos cós iberos, combinaban elementos autóctonos, indoeuropeos e celtíberos, instaláronse nas zonas máis o norte da penónsula, como no sistema central e Ibérico, estes poboadores adicábanse a gandería, mentres que os asentados nas chairas meseteñas, adicábanse ó cultivo de cereais. Os pobos situados en Galicia, eran menos coñecidos, tal vez debido a súa periferia e relevo inhóspito; vivían en castros, falaban unha lingua indoeuropea e non coñecían a escritura.

A ROMANIZACIÓN:

A partir do sec III a c e V d c prodúxose a Romanización da península, cando o Imperio romano empezou a decaer, prodúxose o asentamento de pobos xermánicos na peninsula.

Os romanos penetraron na península, debido á segunda guerra púnica que estaban a manter cos Cartaxineses, para impedir o paso de Anibal cara Italia o exército romano, desembarcou en Ampurias no ano 218 a.c. e comezou a proceso de Conquista que duraría ata o ano 202 a.c.

O proceso de conquista pódese dividir en dúas fases; a primeira, tratouse do exterminio do poder cartaxinés, e a segunda foi unha longa guerra contra os pobos asentados na península (iberos e celtas); xa que destacou a resistencia dos lusitanos e celtíberos, pero estos perderon resistencia, cando Viriato, lider dos lusitanos foi asasinado polos seus mesmos oficiais, xa que estes asinaran un pacto de rendición con Roma, a cambio de privilexios, o seguinte paso dos Romanos, foi a conquista da capital deste pobo, Numancia, e finalmente acabaron cas tropas rebeldes de cántabros e satures. Así foi como se deu por finalizado o periodo de conquista romana.

Unha vez conquistadas as terras da península, tíñase que iniciar a súa reorganización e para isto implantáronse as medidas romanas en tódolos territorios: diferencias de clases sociais según a riqueza, cidade como centro do troco e comercio, avances na agricultura: latifundios, propiedade privada da terra, man de obra escrava e a utilización da moeda.

A cidade era o centro da vida comercial, pero tamén administrativa, non só abranguía o núcleo urbano, senón tamén as áreas rurais e as terras individualizadas dos arredores. Estas terras enchéronse do urbanismo romano, creando así obras e edificios característicos, coma anfiteatros, acueductos...ademáis destaca o adianto nas redes de comunicación, facendo grandes estradas, como a <via augusta> que unía Andalucía con Roma, ou a <via asturicaq augusta> que a unia con Astorga.

Cabe destacar que a economía romana, tamén viviu un gran adianto, xa que evolucionaron as actividades agrarias, aumentando os cultivos, coma o trigo; e tamén se explotaba a minería, a prata en Serra Morena, o ouro nas cuncas do Sil, o ferro( para producción de armas) en Calatayud, o cobre en Almería, o mercurio en Almadén, así coma a producción de panos e Xátiva e salgaduras na Bética.

Ademáis desta introducción de elementos económicos e administrativos romanos, tamén se introudicu unha serie de elementos sociais e culturais, proceso que se coñece co nome de “romanización”, así se adquiriu a relixión romana, e despois a cristiá, e adoptouse o latín coma lingua peninsular, ademais concedeuselle a cidaddania; unha mostra do asentamento da cultura latina en Hispania, foi a mostra de que grandes filósofos como Séneca ou emperadores como Adriano, cultiváronse aquí.

A partir do século III d.c iniciouse a decandencia para o imperio romano, foi debida a concesión da cidadanía a mayoría da pobación doutros territorios, o que supuso a diminución da man de obra; e o cese de conquistas, que se traduxo nun cese nos ingresos do Estado. Todo isto supuso un estancamento no comercio e actividades artesanais, polo que as cidades despoboáronse e os emperadores non souperon facer fronte á crise, pois reinaban de maneira dictatorial e o exército quedaba en mans das autoridades locais que pagaban polos seus servicios.

Ademáis o feito de defender as fronteiras (guerra cos persas...) supuso un colapso do comercio que sufriron as provincias de Hispania, polo que aumentou o illamento do imperio Romano. Aproveitando esta situación os saqueos de pobos coma os francos e alamáns foron constantes, e a poboación revelábase constantemente.

A partir deste momento Hispania non se volveu recuperar desta crise, e sufriu un proceso de recesión, ruralizouse a súa economía e a penas se utilizou o sistema monetario, volvendo o troco ; e a fragmentación do poder supuxo a caída do Estado.

OS VIDIGODOS:

O imperio romano empezou a súa decadencia no século III d.c debido a grande presión que os pobos xermánicos ou os saqueadores influían sobre a Península, xa que entraban nela sen maior resistencia, debido a isto os romanos contactaron cun pobo xermano, que xa estaba romanizado, os visigodos, e pediulles que se instalaran nas fronteiras de Hispania para defende-lo territorio, estes conseguiron reduci-los suevos a Galicia, reprimi-las bandas de saquadores e vencer os vandalos e alanos.

Coa caída do Imperio romano, no 476, os visigodos, fixéronse independentes, e a súa vez eran expulsados da Galia. Eurico establecera o seu dominio sobre a Terraconensi (provincia de Hispania), establecnedo a sua influencia dende o Loira ata o Texo.

Coa súa independencia, vironse cun reino por gobernar e formaron unha monarquía, que as veces debido o seu caractec electivo, trouxo rencillas ó redor do rei. Como ocorreu coa sucesión do rei Witiza, os visigodos pediron axuda a tribus do norte de África e así entraron os musulmáns na península, pero unha vez dentro este supéronse facer co poder.

Os visigodos eran moitos menos que os Hispano-romanos, xa que só eran uns 200.000 pero para conseguir facerse dominar sobre a península organizaron o seu establecemento e conquista dunha forma ordeada.

-Primeiro conseguiron a unión territorial, para isto expulsaron os suevos, retiveron o poder dos francos e conquistaron terras os bizantinos.

-Despois dunha union territorial, proseguiron coa unión política; o seu goberno estableceuse sobre unha monarquía de carácter electivo, que a miudo acababa por ser hereditaria( Recaredo, Witizia); ademáis axudábanse de distintas organizacións do goberno; como a “Aula Rexia”, integrada por membros da aristocracia, clero ou funcionarios; e os “Concilios de Trento”, reunións de carácter civil e militar.

-Por último lograron a unión relixiosa e xudicial; comezou o labor, Recesvinto, cando aboliu a lei que prohibia os matrimonios mixtos (entre visigodos e hispano-romanos), Recaredo converteuse ó cristianismo e Witizia creou o “Foro Xulgo”, unha única lei para os distintos pobos da península.

A economía ruralizouse, pois os visigodos basaban o seu medio de vida na agricultura e gandería; quedando as terras traballadas por campesinos libres ou arrendamentos de servos. O comercio quedou en mans de comerciantes extranxeiros, e o troco nas cidades fixose menos frecuente, polo que a economía ruralizouse.

A sociedade estaba dominada polas clases altas dos visigodos e hispano-romanos; e así os altos cargos administrativos pagábanse con terras, o que creou un gran número de notables, que actuaban como señores, sen depender da monarquía.

Na cultura cabe destacar que expresábanse en latin, lingua romana, e creouse unha literatura de base relixiosa, procedente de mosteiros e sés eclesiásticas, os libros contaban as vidas ou milagres de santos, un importante literato é Isidoro de Sevilla.

Na arte destácase a ourivería e arquitectura; creándose numerosas igraxas de pedra despois da conversión de Recaredo; como en Ourense a de Sta Comba de Bande, ou en Burgos a de Quintanilla de Viña. Os elementos artísticos que destacan son as cruces, coroas votivas, que tenñen influencia xermánica e bizantina.

AL-ALANDALUS:

No ano 711 chegaron á península, procendetes do norte de África, unha tribu de berbérebes, xa que os visigodos, partidarios do herdeiro Witizia, pactara cos árabes, pero estes fixéronse rapidamente co control da Península. Esta conquista fíxose, case, de forma incruenta, pois moitos nobres visigodos, pacataron cos árabes: pagarían tributos a cambio de conserva-las suas terras.

Ata o ano 755 a península dependía dunha serie de <wallis> dependentes de Damasco (capital dos árabes), e a estructura do poder da península era moi inestable; cando chega Abd el Raham, descendenta da dinastía Omeia( xa que escapou a Oriente, debido a unha matanza á sua familia), fundou en España un emirato independente; o emir era a figura política que reunía o poder civil e militar, pero a población tiña que rendir culto cara Oriente, por iso con Abd el Raham III auniránse os tres poderes(civil, militar e relixioso), para centraliza-lo estado; que perdurará ata o século XI, cando acabe o esplendor do reino de Granada, sendo o ultimo en incorporarse os reinos cristiáns. Pois a partir deste século a sociedade disgrégase, e a propietarios, comerciantes enriquecidos, aristocracia...enfróntanse, dando como resultado a descomposición en 25 reinos de Taifas, que debido á presión dos pobos cristiáns, serán incorporados de novo na Reconquista durante o século XIII.

Os musulmáns conservaron as estructuras tradicionais, pero a agricultura, gandería e comercio sufriron unha ventaxosa evolución. Debido, na agricultura á introducción de novas técnicas ( a de regadío) ou cultivos, que eran destinados á comercialización (laranxas, oliveira, vide...) ou a actividade textil(liño).

O comercio evolucionou, espallandose cara o Mediterráneo, e a moeda musulmana tivo gran difusión (o dirham).

As cidades foron o foco principal da vida económica, cultural e social; esta dividíase en varias partes: o zoco era a zona onde estaban as distintas artesanías (textil, cerámica...), o centro da cidade era a Medina, e rodeando sempre estaban as murallas, dentro delas atopabamos tamen a zona comercial, as alcaicerías; e fora da cidade, os suburbios. No séuclo X o reino de Granada, converteuse na cidade máis cultural e grande de Europa occidental.

A sociedade estaba estructurada según as etnias musulmanas: os baladíns, eran os que tiñan mayores privilexios; xa que tiñan raíces islámicas; os berbérebes, prcedentes do norte de África, os muladis, que era os cristianos convertidos ó islam, e por último dúas etnias non musulmáns que cargaban co maior peso da economía: os mozárabes (cristians en solo musulmán) e os xudeus.

Referente a vida cultural, os árabes deron unha grande evolución sobre todo nas ciencias prácticas: matemñaticas, astronomía...pero tamén na filosofía ou historia. Crearonse numerosas blibiotecas en tódalas cidades (para uso de todos).

Na arte, cabe dicir, que aínda que non eran orixianais, pois copiaban estilos, introduciron algúns elementos como o arco de ferradura, mosaicos, ornamentación en xeserías ou arcos policromados; ademais deixaron mostra dunha xenial arquitectura na Mezquita de Córdoba ou na Alabar de Granada.

OS REINOS HISPANO-CRISTIÁNS:

A partir do século XI o Califato de Córdoba empezou a romperse, contituídose os reinos de Taifas; no norte establecéranse unha serie de reinos cristiáns que van pasar por dúas fases para a súa formación: configuración e autodefinición e por último unha expansión militar.

A orixedo establecemento destos reinos, ven unida a mítica batalla de Covadonga, en Asturias, dirixida por Pelaio; os musulmásn renunciaron gobernar este reino e unha serie de hispano-visigodos, vanse asentar nas zonas de Galicia e Asturias, reivindicando a tradición visigoda, así como a relixión cristiá.

Por outra parte, nos Pirineos, dende Navarra ata Cataluña, había comunidades cristiás que permaneceran libres ó dominio musulmán; estos foron testigos da expansión do imperio franco, coa creación das “Marcas Hispánicas”, que coa desaparición do imperio Carolinxio (de Carlo Magno), van dar como resultado unha serie de estados pirenaicos que formarán os condados cataláns: Barcelona, Urguell...Na zona máis occidental dos Pirineos, Pamplona, transformouse no reino de Navarra, que absorverá o condado de Aragón que por aquel entonces ocupaba Xaca.

Nos séculos seguintes os reinos cristiáns sofren un proceso de asentamento político e militar; así as terras astur-leonesas únense no reino de Castela; aínda que sifrirán a separación de Portugal, pero a Coroa de Aragón ,formada por Aragón e os estados cataláns, dominan territorios ó outro lado dos Pirineos, como Occipitania, e tamén esparxcen o seu control cara o Mediterráneo; dominando Sicilia, Nápoles, Sardeña, Atenas e Neopatria. Navarra pola súa contra, vese limitada polo reino de Castela e Aragón, polo que non pode aumentar o seu poder, e únese máis á nobreza francesa.

Paralelo o proceso de Reconquista dos reinos cristiáns, lévase a cabo unha repoboación. Este proceso non é homoxéneo, nin ocorre na mesma época en tódala península, debido a que non se pode levar a cabo, debido o dominio de Al-alandalus e a debilidade dos reinos cristiáns.

-Nunha primeira fase, en tempos de Alfonso III, as terras de Asturias, convertense en reino de León, limitado polo leste polo reino de Castela, e polo sur polo Douro. A repoboación destas terras encárgase a nobres e eclesiásticos, que ofrecen grandes privilexios ós novos repoboadores, nestas zonas non se deu a vasalaxe, como ocorría nas demaís partes de Europa, pois os campesinos gozaban da “carta-poboa” e tomaban posesión das terras sen dono “afrissio”.

-Nos séculos XII e XII, levouse a cabo a repoboación dos vales do Texo e Ebro, a pesar de que os almorávides e almohades, se infiltraran na peninsula, para recompone-lo seu poder, o seu reino descompuxose de novo en taifas. A partir de aquí Castela conquistou Toledo, Portugal: Lisboa e Aragón: Barcelona, Zaragoza, Tortosa e Lleida. Aquí estendeuse a repoboación de concellos, os repoboadores gozaban de privilexios, a cambio de que estableceran a protección das fronteiras, naceron así os cabaleiros e o desexo dos cam,pesiños de marchar cara esta zona.

- O século XIII é propiamente o século da Reconquista, levouse a cabo, despois de vencer ós almohades na batalla das Navas de Tolosa, en Xaén. Os grandes reinos botáronse á conquista de terras: Castela de Andalucía, Córdoba, Xaén, e Sevilla, só quedaba o reino de Granada por incorporarse; pois Aragón conquistou: Valencia, Murcia e Baleares.

A meseta sur e Valencia, encargáronse da súa repoboación os nobres, por iso aquí desenrolouse o poder feudal e a figura señorial, o que deu lugar a aparición de castelos, e enormes extensións dadas ás ordes militares.

Na Coroa de Aragón, deuse unha convivencia entre Cristiáns e mudéxares (a permanencia dos musulmáns).

Os tres reinos peninsulares: Castela, Aragón e Navarra, baseábanse en estructuras políticas semellantes(cortes, monarquí e municipios), ainda así tiñan claras diferencias.

En Castela o poder feudal non tivo tanta importancia como no reino de Aragón, debido o tipo de repoboamento, e o rei gozaba de poderes máis extensos, podía vetar certas leis, etc. Sen embargo en Aragón, viuse desenvolvido o “pactismo”, a monarca víase sometido á nobreza e a tradición do pobo. “Utsages” código feudal máis antigo.

O auxe socioeconómico das cidades produxo na burguesia o desexo de querer incorporarse á vida política, o que contribuiu á creación das Cortes, en Aragón, Castela, León ou Valencia.

Sen embargo non todas tiñan a mesma consideración, xa que en Castela, tiñan un caráceter consultivo, mentres que en Aragón gozaban de poder lexislativo e votaban impostos. Os municipios tiñan autonomía e xurisdicción propias e estaban no poder de cabidos abertos, ata que no século XIII os monarcas expandiron os seus desexos centralizadores. En Castela xurdiu a figura do corrixidor, representante directo do rei, mentras que en Aragón os órganos de goberno estaban en mans da burguesía.

Económicamente, ó principio os tres reinos baseábanse na explotación dos bosques, agricultura e gandería.

Castela desenrolou con máis ventaza a gandería, debida os privilexios que outorgaba a Mesta(para propietarios enriqucidos) (privilexio de paso, ou a trashumancia), sobre todo debido o ganado ovino, xa que se producía la, que despois se comercializaba cara o Mediterráneo e Atlántico.

Aragón desenvolveu tanto a agricultura como gandería. Cataluña consolidouse como unha potencia comerciante, e o porto de Barcelona tivo un desarolo espectacular, nela medrou tamén artesanñia metalúrxica e de construcción naval. Debido a isto desenvolveuse unha potente burguesía comercial.

A época que vai dende o inicio da peste negra ata o reinado dos RR CC foron para España, ó igula que para toda Europa anos de crise económica, social, enfrontamentos civís, transformacións políticas e catastrofes demográficas, ainda así istos feitos non facía máis que anunciar o cambio cara a época moderna.

En Aragón a peste afectou sobre todo a Cataluña, o que se saldou cun gran descenso demográfico, así moitas “masías” foron abandonadas e a agricultura resentiuse, isto foi aproveitado polos señores para reforzar os seus vínculos feudais. Así xurdiron as revoltas dos Remensas. Na cidade o comercio colapsouse, e os artesáns tiveron que reducir a sua producción, mentres que os banqueiros vían crebar os establecementos de troco. A crise económica concidiu coa crise política, que enforntou as clases sociais; a monarquía aliouse cos campesinos para facer fornte ás esixencias da nobreza, e os comerciante enfrontáronse cos artesáns, produciuse unha guerra civil.

En Castela, fortaleceuse o papel da nobreza e as estructuras económicas, así qeu a depresión agraria foi aproveitada polos señores para aumenta-lo seu poder. A nobreza enforntouse ós monarcas, que quería centraliza-lo seu poder e esto desmbocou nunha guerra civil. A pesar de esto, Castela estableceuse como a potencia máis poderosa da península, no século XVI, no plano militar, demográfico e económico. Sen dúbida algu ha a unión dinástica entre os RRCC serviu para consolida-lo papel de Aragón.




Descargar
Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar