Geografía


Europa Física


TEMA 10: EUROPA FÍSICA.

¿Onde Se Sitúa Europa?:

No hemisferio norte do planeta Terra.

Limita con:

- Polo norte co o. Glacial Ártico.

- Polo sur co m. Mediterráneo.

- Polo leste cos Montes Urais, co río Ural e o m. Caspio.

- Polo oeste co O. Atlántico.

É un continente de pequenas dimensións (o 2º máis pequeno do mundo).

Ten gran variedade de formas de relevo e de climas e vexetación.

O Relevo De Europa:

Europa é un continente no que predominan as chairas e os altiplanos, aínda que tamén existen sistemas montañosos. A costa é moi recortada e forma diversas penínsulas. Os mares e océanos bañan as súas costas e neles atopamos numerosas illas que as veces se agrupan en arquipélagos.

Chaira: superficie plana situada a pouca altura sobre o nivel do mar. Sobresae a Gran Chaira Europea.

Altiplano: terreo máis ou menos chairo situado a grande altitude sobre o nivel do mar. Destacan as Alturas do Volga, a meseta de Rusia central e a Meseta da Península Ibérica.

Principais sistemas montañosos:

Norte: cadea Penina Británica, montes Escandinavos.

Centro: macizo Central Francés, montes Metálicos e os montes Tatra.

Sur: os Pireneos, os Alpes, os Balcáns, os Cárpatos, o Cáucaso e a cordilleira Penibética.

Mares e océanos:

Europa atópase rodeada de auga en todo o seu perímetro, excepto polo leste.

Principais mares e océanos: m. Mediterráneo no sur, m. Negro no leste e o. Atlántico no oeste.

Penínsulas:

Europa ten moitas penínsulas. Son grandes porcións de terra rodeadas de auga salvo por unha parte, que as une ao continente.

Sobresaen a península Ibérica, a Itálica, a dos Balcáns, a de Crimea e a Escandinava.

Illas:

En Europa ha numerosas illas, algunhas agrupadas en arquipélagos.

Illas de grandes dimensións:

No o. Atlántico: Gran Bretaña, Irlanda e Islandia.

Illas de mediano e pequeno tamaño:

No o. Atlántico: o arquipélago das Canarias.

No m. Mediterráneo: Sicilia, Sardeña e Córsega, no leste Creta e Rodas e na parte máis occidental o arquipélago das Baleares.

No m Báltico: Gotland.

Os Ríos De Europa:

Son maioritariamente curtos e de pouco caudal, comparados con outros ríos do mundo. Débese á curta distancia entre o nacemento e a desembocadura do río. Agrúpanse en 4 vertentes segundo o mar no que desembocan:

Vertente ártica:

Desembocan no o. Glacial Ártico. O seu caudal é regular e adoitan estar xeados durante todo o inverno.

Vertente atlántica:

Desembocan no o. Atlántico. Son ríos longos e de caudal abundante e regular.

Vertente mediterránea:

Desembocan no m. Mediterráneo. Son ríos curtos e de caudal irregular. Nacen en montañas próximas á costa.

Vertente oriental:

Desembocan no m. Negro ou no m. Caspio. Son os ríos máis longos de Europa porque cruzan a Gran Chaira Europea. O seu caudal é abundante e regular.

Os Climas E Paisaxes Naturais De Europa:

O clima, o relevo e pertencer a unha zona húmida ou seca son os elementos que determinan as paisaxes naturais dunha zona. En Europa existen distintas paisaxes naturais, igual que distintos climas.

Clima e paisaxe natural Atlántico:

- Localízase ao longo da costa occidental europea (dende Noruega ata Portugal).

- Temperaturas: suaves durante todo o ano.

- Precipitacións: abundantes durante a maior parte do ano, en verán máis escasas.

- Vexetación: os carballos, as faias e os castiñeiros; a landa, con herbas baixas e arbustos; e os prados herbáceos, nas zonas máis frías.

- Fauna: o cervo, o raposo, o porco teixo e algunhas aves coma o bufo.

Clima e paisaxe natural continental:

- Localízase na Europa central e oriental, nos territorios máis afastados do mar.

- Temperaturas: en invernos suaves, en verán calorosas.

- Precipitacións: escasas.

- Vexetación: no norte de Europa predominan a tundra (carriza e arbustos ananos resistentes ao frío) e a taiga (coníferas e bidueiros). Nas terras máis cálidas do centro de Europa predominan os bosques de faias e carballos. En zonas próximas ao Cáucaso e ao mar Caspio medran plantas herbáceas adaptadas á seca.

- Fauna: raposos, lobos e roedores coma o lemming, en zonas frías.

Clima e paisaxe natural mediterráneo:

- Localízase ao longo da costa do Mediterráneo, na Península Ibérica, na Itálica e nos Balcáns.

- Temperaturas: no inverno suaves, no verán calorosas.

- Precipitacións: escasas e irregulares, sobre todo en primavera e outono.

- Vexetación: bosques mediterráneos de piñeiros e aciñeiras, o maquis, a garriga e a estepa subtropical.

- Fauna: o coello, o ourizo, o lirio e a gran variedade de aves, coma a perdiz e o paporrubio.

Clima e paisaxe natural de alta montaña:

- Localízase nas cordilleiras máis altas de Europa, como os Alpes, os Pireneos e os Cárpatos.

- Temperaturas: en inverno moi baixas e en verán suaves debido á altitude.

- Precipitacións: abundantes, e en inverno en forma de neve.

- Vexetación: diminúe a medida que aumenta a altitude. Ao chegar aos 2.500 m é escasa, só atopamos herbas que poden sobrevivir durante varios meses baixo capas de xeo e neve.

- Fauna: as propias desta paisaxe son as cabras salvaxes e, nalgúns casos os osos.

Clima e paisaxe natural polar:

- Dáse nunha estreita franxa do norte de Europa: norte de Islandia, norte da Península Escandinava e unha parte dos montes Urais.

- Temperaturas: moi baixas durante todo o ano.

- Precipitacións: abundantes e en forma de neve.

- Vexetación: practicamente non existe vexetación, pois esta queda cuberta polo xeo. Só no verán, cando se produce o desxeo, aparece a tundra.

- Fauna: o oso polar e o raposo ártico.




Descargar
Enviado por:Irevigo7
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar