Literatura


As botas; María Xosé Queizán


I. TEMPO

  • ORDE

  • ANACRONÍAS

  • ANALEPSE INTERNAS, EXTERNAS, MIXTAS

  • PROLEPSE HOMODIEXÉTICAS, HETERODIEXÉTICAS

  • DURACIÓN

  • PAUSA

  • ESCENA

  • SUMARIO

  • ELIPSE

  • FRECUENCIA

  • RELATO SINGULATIVO

  • RELATO REPETITIVO

  • RELATO ITERATIVO

  • II. MODO

  • DISTANCIA

  • RELATO NARRATIVIZADO

  • RELATO TRASPOSTO

  • RELATO RESTITUIDO

  • PERSPECTIVA

  • FOCALIZACIÓN

  • FOCALIZACIÓN CERO

  • FOCALIZACIÓN INTERNA

  • FIXA

  • VARIABLE

  • MÚLTIPLE

  • III. VOZ

  • NARRACIÓN

  • INTERCALADA

  • SIMULTÁNEA

  • ANTERIOR

  • ULTERIOR

  • PERSONA

  • HETERODIÉXESE

  • HOMODIÉXESE

  • PROTAGONISTA AUTODIEXÉTICO

  • NARRADOR - TESTIGO

  • Temos aquí un texto de María Xosé Queizán, titulado “As botas”, que analizaremos segundo as normas dadas polo estructuralismo francés, que son as expostas anteriormente no esquema.

    Segundo os estructuralistas as partes máis importantes ou a destacar dun relato ou texto son: o tempo, o modo e a voz.

    Analizando, polo tanto, o primeiro deles, o tempo, cómpre falar da orde temporal dos acontecementos e da orde na que están dispostos no relato. Sabemos, pois, que o tempo dos acontecementos ou tempo da historia (TH) abarca toda unha tarde e o tempo do relato (TR) abarcaría o que se conta no presente mailas analepses ou voltas ó pasado (neste caso a infancia da protagonista ou recordos de días pasados).

    Así, podemos falar de anacronías, que poden ser de dous tipos: analepses, unha volta atrás no tempo, a un acontecemento pasado, e prolepses, anticipación dun relato futuro. Ademais poden ser internas, externas ou mixtas e homodiexéticas ou heterodiexéticas.

    Non se atopa ningunha prolepse, pero si varias analepses que expoñemos:

    Páx. 420: liñas 9-12 “Aborrecinas... canesú...”. Externa heterodiexética.

    liñas 23-25 “Antes de... non me chame”. Interna homodiexética.

    Páx. 420-421: liñas 26-22 “De pequena... a figa”. Externa homodiexética.

    Páx. 422: liñas 2-15 “Os domingos... ben tesas”. Externa heterodiexética.

    liñas 25-28 “A xente... pero vingativa”. Externa heterodiexética.

    liña 35 “De regreso á casa. Ela...”. Externa heterodiexética.

    Páx. 424: liñas 18-27 “Como aquela... de belén”. Externa heterodiexética.

    liñas 30-38 “Como... vermellas”. Externa heterodiexética.

    Páx. 426: liñas 4-10 “Ben sei... Heillo contar”. Externa homodiexética.

    liñas 14-17 “Un día... llas diga?”. Externa homodiexética.

    Páx. 426-427: liñas 35-20 “Dura... sangue!”. Externa homodiexética.

    Ademais da orde, outro elemento dentro do tempo é a duración, na que atopamos catro movementos fundamentais: pausas, escenas, sumarios e elipses.

    Pausas: TR= n, TH= 0.

    Páx. 420: liñas 2-7 “Están desde... de peluche”.

    liñas 30-31 “O pelo estirado polo fixador, un fío de...”.

    Pax. 421-422: liñas 36-2 “As rosas... da cabeceira”.

    Páx. 422: liñas 15-19 “Agora,... volven romper”.

    Páx. 424: liñas 19-20 “Tiña rizos postizos. Seguro que...”.

    liña 21 “cheas de aneis con pedrolos brillantes”.

    Páx. 426: liñas 23-26 “Esquecer... e tortura”.

    Páx. 427: liña 23 “Larva sesos, fura vida, ansiansiansia”.

    Escenas: TR= TH.

    Páx. 423: liñas 19-38 “Tes ollos... Non están”.

    Páx. 424-425: liñas 3-17 “¿Sabes... descoñecido”.

    Páx. 425-426: liñas 35-20 “¿Sabes... imaxe fixa”.

    Páx. 427-428: liñas 29-24 “Sentimos... máis fortes”.

    Sumario: TR<TH

    Páx. 419: liñas 1-3 “Como tantas... a casa por nós”.

    Páx. 422: liñas 2-15 “Os domingos... ben tesas”.

    Elipses: TR= 0, TH= n.

    Páx. 425: liña 32 “Reborda...”.

    Páx. 426: liñas 34-35 “Nese intre seríamos quen... Dura un intre”.

    Despois de analiza-la duración e seguindo co esquema estructuralista, pasamos a ve-las frecuencias, que, como se pode comprobar, son de tres tipos: relato singulativo, relato repetitivo ou relato iterativo. En concreto, todo o texto é un relato iterativo, dado que a narradora cóntanos unha soa vez un feito que sucede n veces.

    Pero onde podemos ver claramente que se trata dun relato iterativo é nas seguintes liñas:

    Páx. 419: liñas 1-3 “Como tantas... a casa por nós”.

    liña 16 “Imos para o cuarto onde Ela...”.

    liñas 18-20 “Sempre... os camisóns”.

    Páx. 420: liñas 9-12 “Aborrecinas... canesú...”.

    Páx. 421: liñas 23-25 “Entramos no leito... nunca aprendemos”.

    Páx. 422: liñas 2-15 “Os domingos... ben tesas”.

    liña 25 “A xente déixanos paso os domingos...”.

    páx. 424: liña 1 “Ela levounas coma sempre que sae polas tardes”.

    Respecto do modo deste relato hai que mencionar en primeiro lugar a distancia que mantén a narradora respecto do narrado. Esta distancia é, en ocasións, narrativizada ou contada, posto que a narradora asume o discurso dos personaxes cun certo distanciamento sen deixarse caer no sentimentalismo; ademais, tamén pode ser un discurso trasposto, é dicir, en estilo indirecto ou, pola contra, restituido ou en estilo directo que supón un acercamento da narradora ós personaxes, posto que lles cede a voz.

    En concreto, este relato é, en xeral, restituido.

    En segundo lugar cabe dicir que a perspectiva ou focalización desta narración é de tipo interna fixa, xa que se axusta ó punto de vista dun só personaxe (unha das irmás), aínda que podería ser tamén unha focalización variable, dado que na páxina 424 nas liñas 28-29 aparece un segundo narrador omnisciente.

    E, por último cabería falar da voz, dentro da cal atopámo-lo tempo de narración que se nos presenta e o tipo de protagonista-narrador.

    Respecto do tempo da narración é de tipo intercalada xa que combina o presente co pasado.

    Con respecto da persoa sabemos que é un discurso homodiexético, dado que a súa narradora é o personaxe que conta a historia e, ademais, dentro desta última cabe dicir que se trata dun narrador-protagonista extradiexético-homodiexético, é dicir, que a narración está en primeira persoa autobiográfica.

    Cerrando xa o comentario habería que falar da función da narradora dentro desta historia, que ten unha función testimonial ou de atestación, posto que a narradora oriéntase hacia si mesmo e hacia as súas relacións, aínda que cabería a posibilidade de ter unha función comunicativa, xa que no fondo todo o relato está dirixido dunha das irmás á outra.




    Descargar
    Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar