Historia del Arte
Alhambra de Granada
Alhambra de Granada
A Alhambra constrúese por riba do río Darro nunha montaña de Serra Nevada con arxila vermella sacada da mesma a cal dará nome á fortaleza. Na cal podemos ver un conxunto palacial con dúas partes ben diferenciadas: por unha parte o Palacio do Xenelalife, o primeiro que se constrúe (data do último cuarto do S.XIII, que será reconstruído posteriormente), e por outra parte o entorno amurallado coñecido como A Alhambra. Foi Muhammad I, fundador da dinastía nazarí que rexeu o destino de Granada como reino independente durante 250 anos constrúe un recinto amurallado para protexer a montaña, así como o recinto militar da alcazaba que había de complementar o amurallamento, tamén abastece de auga o cerro ou outeiro construíndo a Acea Real desde o río Darro. A alcazaba presenta unha planta en forma de trapecio irregular, destaca a Torre da Vela e a Torre do Homenaxe, a parte máis alta da Alhambra estaba reservada á residencia dos sultáns.
Dos 22 sultáns que formaron a dinastía nazarí, só algúns realizan obras arquitectónicas. Entre eles destacan Yúsufu I, que constrúe diversas portas de acceso: a da Xustiza, a das Armas, reforma o Baño Real, constrúe a Torre da cativa e a Torre de Comares; e o seu fillo
Mohamed V que constrúe o Palacio dos Leóns, completa o Palacio de Comares, remodela o Mexuar do mesmo palacio, e abre a Porta do Viño. A figura so sultán granadino exercía o poder relixioso e político; o seu poder estendíase a todos os ámbitos, incluídos o artístico.
No renacemento, o emperador Carlos V demoleu parcialmente algúns palacios para construír el un palacio renacentista que leva o seu propio nome.
A Alhambra, está deseñada a escala humana; disimula con xeso a pobreza dos materiais ( argamasa para os muros e ladrillo para arcos, bóvedas e piares) e non lle daban maior importancia ós aspectos estruturais. A Alhambra, parece a materialización da crenza musulmá de que o paraíso é un xardín. Nela a arquitectura dáballe paso á natureza. A vexetación e a auga, interrelacionan os diferentes recintos e danlles unha unidade.
O PARTAL
É o palacio máis antigo da Alhambra, construído por Muhammad III. Está formado por un pavillón cuberto por unha cúpula, unha torre anexa, e unha ampla alberca diante. Trátase dun palacio de recreo.
Atopámonos cun pórtico precedido dun sereno estanque (como era normal) e formado por cinco amplos arcos, sendo o central máis alto e ancho que o resto. Na súa orixe o soporte dos arcos serían piares que foron cambiados por finas columnas nazaríes durante a restauración de 1965. O pórtico cóbrese cunha alfarxe plana, afuracado por unha pequena cúpula central.
No interior destaca unha estancia central de planta cadrada. Na parte occidental elévase unha torre observatorio, a que na época de Muhammad V se lle adosaron vivendas.
PALACIO DE COMARES
Tamén se coñece co nome de Arrayans. O palacio está formado por a Torre de Comares, obra de Yusuf I, debéndose o Palacio á profunda reforma realizada polo seu fillo Muhamad V.
Consta de 2 patios, un o chamado do Cuarto Dourado que comunica co Menxuar (ou sala de administración e xustiza) e no que se localiza un pequeno oratorio; e o outro que articula a estrutura palacial e é o que denominamos como Patio dos Arrayans
e que ten, unha característica forma rectangular. Nos lados menores deste patio ábrense pórticos. Fórmanos columnas sobre bases moi estilizados, realizadas en mármore. Posteriormente atopamos o chapitel que combina dous modelos: ambos presentan forma cúbica, un destaca polas súas follas de acanto e atauriques, o outro modelo presenta decoración de mocárabes. Os arcos son de medio punto, aínda que lixeiramente apuntados, e presentan así mesmo dous modelos de decoración: ou son arcos angrelados ou son de mocárabes.
En ámbolos casos, máis que arcos con función arquitectónica trátanse de pantallas visuais, sendo por tanto a sucesión de pilares superpostos os que en realidade actúan como soporte da estrutura arquitectónica.
SALÓN DO TRONO
No interior da torre de Comares atópase o Salón do trono ou de Embaixadores.
O enorme grosor das paredes de esta torre permite abrir tres alcobas. A situada no lado Norte atópase o Trono de Yusuf I. En este Salón os Sultáns granadinos celebraban os seus actos solemnes.
A decoración é a habitual no conxunto palacial: zócalo inferior de alicatados e sobre el decoración de xesería que nun alarde de horror vacuii emprega todo tipo de recursos ornamentales, lacería, ataurique e epigráfica.
Cóbrese a Sala cunha enorme teitume de madeira con apariencia de bóveda esquifada, con decoración de mocárabes no cubo central e estrelas de 8 e 16 puntas, máis de 7 círculos concéntricos nos faldóns. Podería tratarse de unha representación simbólica dos sete ceos do paraíso islámico, co trono de Deus situado no oitavo ceo.
Nos lados menores do Palacio de Comares dispoñíanse as estancias máis importantes como era normal nos palacios musulmáns. As do lado sur destruíronse a causa da construción do palacio de Carlos V. No lado norte consérvase a Sala da Barca a cal se incendiou o século pasado.
PALACIO DOS LEÓNS
A función deste palacio era a mesma que o de Comares, de tal xeito que a intención de Muhammad V ao construílo sería a de levantar unha réplica ao palacio de seu pai, colocando no seu trono o chamado Mirador de Lindaraja e establecendo o seu despacho na chamada Sala das dúas irmás.
A súa construción data do primeiro período do reinado de Muhammad V entre 1354 e 1359, porque cando volve ao trono en 1362, o Palacio serve de marco ás festas da súa nova entronización.
A estrutura do palacio presenta planta rectangular con unha fonte no medio, co que segue o esquema característico de patio de cruceiro. Disponse nunha estrutura cruciforme con dous templetes nos lados menores, que avanzan cara o patio, de tal forma que a interrelación espacial é plena, non se distingue facilmente cando comeza o xardín e cando acaba a edificación.
Nos catro lados do patio ábrense pórticos ou galerías, a base de arquerías sobre columnas de mármore. Estas distribúense exentas ou repartidas en grupos de dous ou tres.
Os chapiteis son de dous tipos: o de follas de acanto moi estilizadas ou de mocárabes. Os arcos seguen actuando como pantallas visuais, sendo ou ben de mocárabes ou ben de festoneados.
A decoración é igualmente profusa, con azulexos en zócalos, e encima xeso e madeira, que reproducen todo un repertorio infinito de temas epigráficos , atauriques e lacerías.
O redor do Patio dispóñense no lado Norte, a Sala das dúas irmás, ó sur a Sala dos Abencerraxes, e nos lados maiores, ao oeste, a Sala dos Mocárabes, e ao este a Sala dos Reis.
O BAÑO REAL
Ao Este do Palacio de Comares localízase o Baño Real que foi construído por Ismall I pero contén inscricións alusivas a Yusuf I.
Desde o patio dos Arrayans accedíase aos Baños. Primeiro á propia vivenda do sultán, e despois ás dependencias características de unha terma ou baño: o que se chamou Sala das Camas, Sala Caliente.
A decoración é a habitual, aínda que habería que engadir que nas sala caliente claraboias cenitales de forma estrelada nas bóvedas, como elementos de iluminación e para sangrar o vapor. Ditas bóvedas atázanse en forma de canón apuntado.
4
Descargar
Enviado por: | El remitente no desea revelar su nombre |
Idioma: | gallego |
País: | España |