Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense en 1897, onde comeza a súa labor como xornalista para El Diario de Ourense.
Sendo aínda moi novo emigrou á Arxentina, lugar no que residirá unha boa parte da súa vida. Na emigración desenvolveu múltiples actividades culturais: conferenciante, director e colaborador de revistas, profesor...Dende alí desenvolveu como moitos outros dos nosos autores un importante labor galeguista sempre ó lado da causa republicana.
Blanco Amor regresou a Galicia con 60 anos de idade, pero a súa terra distaba aínda moito da patria coa que el soñara. Falece en 1979.
1.1 Blanco Amor poeta
Faceta que desenvolveu fundamentalmente antes do 36.
Romances Galegos, 1928
Poema en catro tempos, 1931
Cancioneiro, 1956
Blanco Amor dramaturgo
Campo no que mostra un claro afán renovador con respecto ó teatro tradicional galego.
Farsas para títeres, 1962
Teatro prá xente, 1974
Blanco Amor e a narrativa de posguerra
É a de Blanco Amor unha narrativa na que impera o valor do realismo crítico.
A esmorga, 1959
Os biosbaardos, 1962
Xente ao lonxe, 1972
A ESMORGA
Obra de grande importancia por se-la primeira que Blanco Amor publica na nosa lingua e pola introducción do mundo da marxinación na literatura galega sen ter un carácter folclórico ou costumista.
Nela preséntasenos a descrición da realidade social, económica e cultural dunha época de Galicia, a partir duns acontecementos e personaxes concretos.
2.1 Voces narrativas e estructura:
Narrador-autor
Trátase dun narrador que se corresponde co autor, que conta en primeira persoa e que aparece só ó comezo e ó remate do relato. Este, dinos que a historia lle foi contada por distintas persoas en épocas diferentes e intervén ó remate da obra para deixar no lector a dúbida acerca da morte de Cibrán.
Narrador-protagonista
O narrador protagonista é Cibrán, quen conta a historia en primeira persoa dende o capítulo I ata a fin do capítulo V, parte que constitúe o relato propiamente dito.
Os feitos preséntanse mediante o recurso da “técnica telefónica”, a través da cal o lector os vai coñecendo polas declaracións que Cibrán presta ante un xuíz do que non oímo-las preguntas que formula, pero que podemos deducir polas propias respostas do acusado.
2.2 O espacio
O cambio de escenario é continuo na novela, pero trátase sempre dun itinerario urbano que os protagonistas seguen para escapar da xustiza e procura-lo máximo pracer no que pode se-lo seu último día de liberdade.
O espacio narrativo de A esmorga é Ourense (Auria) coas súas rúas e prazas, as súas fontes e igrexas, e sobre todo os seus mesóns, tabernas e prostíbulos dos baixos fondos.
2.3 O tempo
A novela presenta dous tempos:
Os dous días que dura a declaración de Cibrán diante do xuíz (1º día: capítulos I e II; 2º día: capítulos III, IV eV)
As 24 horas que dura o percorrido dos tres esmorgantes desde o seu encontro un luns ó amencer ata que Cibrán é atopado por uns varrendeiros.
Existe ademáis un terceiro tempo, distante do relato, que é correspondente ó momento no que o narrador-autor escribe a “crónica”.
Cómpre ter en conta tamén as historias que cada personaxe vai encaixando no relato principal ó longo do mesmo (recordos de Cibrán, historia da dona do pazo contada polo Bocas, etc.)
2.4 Os personaxes
Cibrán.
A súa presencia é imprescindible posto que el é quen narra a historia. A súa caracterización faise de maneira indirecta, por exemplo a través dos seus alcumes (“tiñica”, “puchapodre”, “castizo”). Cibrán é un obreiro de familia moi pobre que trata de comezar unha nova vida ó carón dunha prostituta á que deixa embarazada (intención que se verá truncada polos fatídicos feitos posteriores)
- O Milhomes.
Tamén chamado “maricallas” ou “setesaias”. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de ser moi burlona, a cal foi consecuencia de numerosas pelexas, como por exemplo a que mantivo co Bocas e que finalmente remata co incendio do pazo.
- O Bocas.
Personaxe que completa o trío dos esmorgantes. Home corpulento, de carácter forte, e por iso, vencedor nas pelexas nas que se ve inmerso e xefe do grupo dos esmorgantes. É de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ó longo de toda a obra.
O xuíz.
Actúa como interlocutor “mudo” na declaración de Cibrán e aparece definido por un guión (-) seguido dunha liña en branco e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo durante as súas declaracións. Pertence ó grupo de personaxes que veñen de fóra de Galicia e descoñecen a realidade da terra, así como a lingua da mesma.
Personaxes secundarios.
Xunto ós personaxes principais xa sinalados, aparece un grande número de personaxes secundarios máis ou menos importantes segundo a súa intervención no relato. En conxunto, estes personaxes completan a representación do ambiente urbano, con todos os estamentos da sociedade ourensá da época: desde as prostitutas ata a fidalguía do señor Andrade; desde os empregados do concello ata os tratantes de gando ou o cego que canta coplas. En fin, toda unha serie de tipos que reflecten o mundo das clases traballadoras e, sobre todo, o mundo dos marxinados .
2.5 Resume
A esmorga nárranos a tráxica historia de tres compañeiros que se encontran un luns ó amencer e deciden pasa-lo día enteiro de borracheira polos baixos fondos da cidade de Auria.
Pero sen querer van deixando tras de sí un rastro de crimes que os obrigará a iniciar unha viaxe-fuxida para evitar ser capturados pola xustiza. Os feitos iranse volvendo en contra deles ata acabaren traicionándose os uns ós outros.
Finalmente, Cibrán, o único personaxe que logra remata-lo día con vida, é apresado pola Garda Civil e verase obrigado a prestar declaración ante o xuíz.
A novela remata coa dúbidosa morte de Cibrán, da cal non se nos desvelarán as causas exactas (suicidio ou tortura).