Filología Gallega


Xéneros literarios do XVII ao XX


  • Consideración dos xéneros literarios

    • Os xéneros literarios dos séculos XVII - XVIII ao século XX tiveron moi mala sona, e aínda a teñen na actualidade, xa que a Modernidade impuxo a valoración da orixinalidade e o feito de encadrar unha obra dentro dunha determinada categoría era considerado ambicioso. As obras mestras eran só as novidosas e experimentais. As razóns que levaron á desconfianza nos xéneros son:

      • Razón histórica: os xéneros representan un pasado que hai que superar para ser novidoso xa que cada época ten os seus moldes.

      • A orixinalidade: os xéneros son case inalterábeis dende Aristóteles polo que ao adaptármonos ás súas normas á case imposíbel acadar a orixinalidade tan valorada.

      • A expresividade relacionada co Romanticismo, é dicir, a aparición dunha poética expresiva que transmite sentimentos e ideas de seres especiais coñecidos coma xenios. Considérase que estes xenios son os únicos capaces de ser orixinais pola súa diferenciación e superioridade respecto das demais persoas. Polo que non se valora a imitación como se facía en séculos anteriores, cando citar ou empregar ideas de clásicos e contemporáneos ( imitación complexa) era considerado o mellor, como é o caso de Garcilaso.

    • Nos anos 70 do século XX, co Postmodernismo, vólvese a unha valoración do establecido e o rexeitamento do experimental e vangardista por consideralo aburrido. Isto supón que se reivindiquen de novo os xéneros e subxéneros literarios até entón desvalorizados. Os argumentos que defenden o uso dos xéneros son:

      • A necesidade dun concepto superior que permita describir e comprender a literatura xeneralizando e buscando analoxías.

      • Os xéneros serven para adiantar o que vai acontecer na obra e, ademais, tamén se pode acadar a orixinalidade empregándoos mediante a mestura de xéneros ( literarios ou con xéneros non artísticos) ou o uso do xénero menos popular na época. É imposíbel innovar se non se coñecen os xéneros.

    Na actualidade conviven a desconfianza nos xéneros e a consciencia de que son necesarios. Todo o que sabemos dos xéneros depende das épocas ( número, xerarquía, consideración), igual que acontece coa literatura en xeral. É o canon o que decide o que é artístico e o que non.

  • Percorrido histórico polos xéneros literarios

  • Platón ( tema 3, punto 1.1.2.)

  • Aristóteles ( tema 3, punto 1.1.3.)

  • Época alexandrina

  • É unha época de crise na que Grecia sofre unha forte descentralización a tódolos niveis, tamén cultural, xurdindo así novas cosmópoles como é o caso de Alexandría. Dáse un importante auxe da reflexión literaria, non así da creación, xa que se contempla o pasado coma unha época esplendorosa que debe ser lembrada. Deste xeito, no ámbito cultural, mírase ao pasado por primeira vez dende unha perspectiva filolóxica, valorando a importancia da conservación e transmisión das obras literarias. Boa proba disto é a creación da Biblioteca de Alexandría e numerosos museos. Xurde así a necesidade de aclarar, catalogar e xerarquizar as obras, tarefa para que se bota man dos xéneros. Isto consolidarase na tradición retórica latina, especialmente na época do Imperio ( século I d.C.) cando a retórica era considerada coma o marco de coñecemento para os homes de letras e como manual de educación. Segundo verbas do propio QUINTILIANO os bos oradores só teñen que ler as obras mellores, é dicir, deben adestrar lendo e comentando as obras que seguen o canon dos xéneros ( valóranse os xéneros na consideración das obras, non os autores). Isto influirá tamén na concepción renacentista do xénero.

  • Idade Media

  • Durante este período os xéneros serán empregados só como principio de clasificación. Haberá unha grande influencia da Poética de Horacio ( puntos 1.1.5. e 2.1. do tema 3). Será moi importante entón o decoro, é dicir, a existencia dun rexistro para cada personaxe e dun modelo fixo para cada xénero, polo que calquera tipo de experimentación será rexeitada ( como pode ser a mestura de personaxes de diferentes clases).

    Este canon medieval era o dunha literatura moi espiritual, contraria ao paganismo, na que dominaban os personaxes de clase social alta e modélicos, de xeito que predominaba a traxedia e non se elaboraba comedia.

  • Clasicismo: Renacemento, Barroco e Ilustración ( séculos XVI, XVII e XVIII)

  • Renacemento ( século XVI)

  • Xa hai desenvolta unha poética xenérica plena e os xéneros vanse tornar o principal elemento de represión literaria, tanto para a creación coma para a lectura. Modificaranse os xéneros que establecera Aristóteles. Deste xeito engádese a lírica, grazas aos estudos de SEBASTIAN MINTURNO ( 1564) que se dividen en catro partes:

    • Épica.

    • Teatro ( traxedia e comedia).

    • Lírica ou mélica, á que lle dá o mesmo rango. Este feito é moi importante xa que Platón só nomeara a lírica para dicir que non era perigosa para o estado e Aristóteles non falara dela.

    Por outra banda, na Italia do Renacemento estaban moi ben considerados Dante e Petrarca ( a lingua italiana actual baséase no modelo literario destes dous autores) estes autores, amais de Bocaccio ( autor do Decamerón, que influirá en O Conde Lucanor e en As mil e unha noites), mesturan xéneros nas súas obras. Isto non está contemplado na Poética de Aristóteles, polo que no Renacemento a obra aristotélica será revisada para mellorala.

    Os tratadistas renacentistas consideraban que o xénero era unha linguaxe literaria universal, formulouse unha teoría do xénero moi inflexíbel xa que para eles este estaba consolidado dende a Antigüidade Clásica e só admitía pequenas variacións en relación á época. Deste xeito recuperáronse formas coma as odas, elexías ou églogas pastorís.

    Por outra banda, os autores do Renacemento, en contra do que dicían os tratadistas, levaron a cabo unha renovación dos xéneros, creando obras que non encadraban en ningún dos xéneros establecidos ou xéneros mixtos ( coma a traxicomedia).

    Malia isto, o xénero tamén era usado para a valoración das obras, é dicir, aquelas máis próximas aos canons eran boas e as máis afastadas malas. Segundo isto a obra de Petrarca sería mala, mais tiña moita aceptación na época. Os tratadistas cren defender os criterios clásicos aristotélicos, coma o das tres unidades ( acción, tempo e lugar).

  • Barroco ( século XVII)

  • Nesta época dáse unha reacción contra todo tipo de normativa, xa que primaban os contrastes, a sorpresa e a experimentación.

  • Ilustración: clasicismo francés e alemán ( século XVIII)

  • Volve primar de novo a tendencia renacentista: unha fonda rixidez en canto aos xéneros. Considérase que son algo natural que é imprescindíbel seguir para acadar harmonía, reducindo así a literatura a eses principios xenéricos ( leis universais que, segundo a postura do XVIII, rexen a literatura de tódalas épocas).

  • Romanticismo

  • O Romanticismo supón unha auténtica revolución en tódolos aspectos, tamén na concepción do xénero, e é ademais o precedente máis inmediato que temos en canto á clasificación dos xéneros. Pero presenta dous aspectos contraditorios:

  • Tende a favorecer a desaparición do xénero, xa que os autores defenden a liberdade de expresión e a orixinalidade, detestando calquera prescrición. Deste xeito, afóndase na idea barroca de reacción contra as normas impostas. Aparecen novos xéneros coma a balada ou o drama burgués. Ademais defenden que a lingua literaria debe ser máis semellante á lingua do pobo ( Así, Espronceda empregaba unha lingua con menos latinismo e unha sintaxe máis sinxela que na actualidade nos seguiría parecendo dun rexistro culto, pero para a época era máis achegada á do pobo do habitual).

  • Os tratadistas, pola contra, introduciron a tríada tradicional dos xéneros, aos que denominaron épica, lírica e drama ( narrativa, poesía e teatro actuais). Deste xeito os xéneros adquiren moita forza, destacando a figura de HEGEL, que no seu esquema dialéctico expón os xéneros coma entidades vivas, que cambian e están interrelacionadas, xa que cada xénero busca o seu lugar afastándose o máximo posíbel dos demais. O esquema dialéctico do que falamos é:

    • Tese ( obxectiva) narrativa

    • Antítese ( subxectiva) lírica

    • Síntese drama

    • En conclusión, no Romanticismo consolídase unha tripartición dos xéneros que xa aparecera no Renacemento ( Sebastian Minturno) e, por outra banda, existían unhas posicións creativas que valoraban a orixinalidade e o rexeitamento do xénero. Estas últimas influíron fondamente no século XX ( vangardas) e na actualidade, pois aínda hoxe se valora que unha obra sexa orixinal e imposíbel de encadrar en ningún molde xenérico.

    • Finais do século XIX ( despois do Romanticismo e o Positivismo)

    • A teoría de Hegel é aplicada por BRUNETIÈRE, explicando a evolución dos xéneros literarios considerándoos entidades vivas que pasan por varias fases:

    • Aparecen.

    • Desenvólvense.

    • Expándense.

    • Pasan por unha fase de decadencia trala cal poden:

      • Desaparecer.

      • Transformárense noutros novos xéneros.

      • Comezos do século XX

      • No século XX conflúen as posturas que defenden a recuperación do xénero ( narrativa, poesía, teatro e ensaio) e outras que apostan pola súa negación. Así, atoparmos unha postura idealista que avoga pola negación do xénero e a postura dos Formalistas rusos. Estes últimos, entre os que destaca Tomachevski, contemplan os xéneros como dinámicos e en continua evolución. Cómpre nomear tamén a JAKOBSON, primeiro formalista e logo estruturalista, que considera que tódolos arquixéneros teñen, ademais dunha función poética, outra máis que os fai particulares:

        Xénero

        Función

        Persoa

        Épica

        Referencial

        Terceira

        Lírica

        Emotiva ou expresiva

        Primeira

        Darma ou teatro

        Apelativa

        segunda

        Esta teoría de Jakobson, aínda que tivo moita aceptación polo sinxela e simplificadora que é, ten un grande problema xa que non sempre a mesma persoa se corresponde co mesmo xénero.

        Tamén tivo influencia nos xéneros a teoría dos polisistemas de Itamar Even-Zohar.

      • Consideración actual do xénero

      • Na actualidade para evitar ambigüidades a metalinguaxe teórica distingue entre dúas categorías:

      • Arquixéneros, que conteñen os tres xéneros renacentistas ( narrativa, poesía e teatro) e o cuarto xénero engadido na modernidade ( ensaio). Estes arquixéneros son o que os románticos denominaban xéneros naturais ou Teodorov xéneros teóricos. Son construcións teóricas sen existencia real que se elaboran por redución, despois de reflexionar sobre a literatura coñecida.

      • Xéneros históricos: teñen existencia real e chegamos a eles grazas a datos concretos, xa que se dan nunha única sociedade nun determinado momento ( novela, relato, drama burgués, comedia...). Xa que os xéneros históricos son un campo moi amplo existen o que denominamos subxéneros ( novela policíaca, novela sentimental, novela histórica...).

      • Consideración actual do xénero

        Arquixéneros

        Xéneros naturais

        Xéneros teóricos

        Teóricos

        Narrativa

        Poesía

        Teatro

        Ensaio

        Xéneros históricos

        Concretos

        Amplos subxéneros

        Estes xéneros, considerados dinámicos dende o Romanticismo e coma un sistema de oposicións polos Formalistas rusos, ao evolucionaren pasan por tres fases:

      • Primaria ou de simplicidade, que se corresponde coa súa aparición.

      • Secundaria ou de complicación, que se corresponde coa súa estabilización.

      • Terciaria ou de deformación, que se corresponde coa súa paralización.

      • Despois desta terceira fase están condenados a se transformar ou desaparecer, ben por razóns endóxenas ( literarias) ou esóxenas ( económicas, sociais...). Despois desta fase tamén se pode dar aparición de contraxéneros, é dicir, xéneros que se opoñen a outros nalgún punto. Por exemplo, a novela picaresca sería o contraxénero da pastoril ( se na pastoril atopamos idealismo, alteza... na picaresca apreciamos realismo, baixeza...). Malia todo, os xéneros completamente esgotados poden reaparecer tempo despois se cambian as condicións do sistema, así, no Renacemento rexurdiron xéneros da Antigüidade Clásica.

        Para rematar, cómpre matizar que o concepto de xénero, segundo algunhas convencións, non é aplicábel a formas coma o soneto, que sería considerada unha forma poética fixa. De tódolos xeitos, esta convención non se dá en todo o mundo.

        Na Biblioteca de Alexandría conservábanse obras de poetas épicos coma Homero ou Hesíodo; de poetas líricos coma Píndaro; poetas tráxicos coma Esquilo ou Sófocles e dun poeta cómico. Sen embargo, só se conservan obras de tres historiadores e de tres filósofos, polo que a literatura tiña moita máis importancia ca estas outras disciplinas.

        modo

        obxectos

        Imitación pura ou dramática

        Narración

        Superiores

        Traxedia

        Epopea

        Inferiores

        Comedia

        * parodia

        * En realidade Aristóteles non falou deste xénero, mais sería o que encaixaría dentro do modo da narración e do obxecto de seres inferiores. ( Ver punto 1.1.3. do tema 3)

        A regra das tres unidades non é en realidade aristotélica. Na súa Poética en ningún caso emite normas para escribir, só se limita a dicir que na súa época a meirande parte das obras desenvolvían a súa acción nun día, mais isto foi interpretado durante moito tempo coma un precepto a seguir para facer unha boa obra literaria.

        O drama burgués era un teatro no que personaxes de clase media sufrían coitas na súa vida cotiá. Malia ser moi semellante á traxedia presenta unha importante innovación: os personaxes son iguais á media e non superiores coma na traxedia.

        Na dialéctica a tese é unha afirmación calquera que, xa que a realidade non é estática, leva implícito seu contrario, é dicir, unha antítese. A síntese, pola súa banda, sería a superación do conflito de contradición entre a tese e a antítese. Estes conceptos, aínda que se aplican á dialéctica de Hegel, nunca foron empregados por el.

        Así, por exemplo, hai teóricos que consideran a novela moderna unha adaptación burguesa da epopea clásica. Esta teoría, aínda que probabelmente errada, tivo moito peso no século XX.

        Consiste en entender a literatura en relación ao mercado e o marketing ( Ver punto 2.4. do tema 2).




    Descargar
    Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar