Teoría de la Poesía

Poesía. Grecia. Roma. Catulo. Idade Media. Renacemento. Sebastian Minturno. Romanticismo. Hegel. Seculo XX. Poesía lírica

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 5 páginas
publicidad
publicidad

  • Introdución

  • Ao falarmos de poesía debemos matizar en primeiro lugar a diferenza entre poesía e lírica, pois a lírica é só un tipo de poesía. De tódolos xeitos, na actualidade ámbolos dous termos son practicamente intercambiábeis.

    Por outra banda este arquixénero presenta un importante problema: a ausencia de tradición clásica. Nin Platón nin Aristóteles fan referencia á poesía, será no Renacemento cando Sebastian Minturno poña a poesía á mesma altura cá narrativa e o drama.

    Ademais, na actualidade aínda non existe unha definición universal que sexa quen de englobar tódolos tipos de poesía de tódolos tempos. Xeralmente os tratadistas reduciron o concepto atribuíndolle só as características do que eles consideraban poesía, pero nunca conseguiron unha definición capaz de abranguer todo tipo de poesía. Así, por exemplo, en 1948, W. KAYSER di que “ na interxección ai! está, por así dicilo, a raíz de todo o lírico”. É dicir, para este autor calquera exclamación é a forma máis primitiva da lírica. Esta proposta, moi seguida, é moi radical e imposíbel de aplicar, xa que non poderiamos definir as orixes da poesía lírica. Ademais, a exclamación humana tanto pode ser un berro coma unha expresión sofisticada feita coa consciencia de actuar sobre a realidade coas palabras.

  • Percorrido histórico

  • Manifestacións máis primitivas

  • As primeiras manifestacións literarias son poéticas e están intimamente vencelladas a rituais colectivos e/ou relixiosos. Así, civilizacións coma a babilonia ou a siria xa posuían unha lírica que máis tarde perfeccionarían os exipcios e hebreos.

    As modalidades desta poesía están en relación coa vida comunitaria. Deste xeito atopamos cancións de traballo, himnos triunfais... que representan actitudes moi diferentes ( festiva, solemne...).

    Nesta lírica máis primitiva destacan dous factores:

  • Carácter oral da interpretación e a transmisión, que leva consigo a creación de fórmulas fixas para a memorización e a posibilidade de que se produzan variacións. Os poetas adoitaban declamar dende un escenario acompañados pola lira e a actuación de danzaríns.

  • Consideración social do poeta, que tiña as funcións de máis prestixio dentro da comunidade: poderes sobrenaturais e proféticos. Despois o poeta acabaría por converterse no depositario da memoria colectiva ( bardo) encargado de fortalecer a identidade e os sentimentos do pobo ao que pertence xa que os pobos sen escritura necesitaban alguén que lembrase o pasado e o unise co presente.

  • Grecia

  • No século III os sabios alexandrinos elaboran un canon de nove poetas, de xeito que estes saen por primeira vez do anonimato. Neste momento as modalidades poéticas diferéncianse por:

  • O número de intérpretes:

    • Un só intérprete: lírica monódica, na que destacan poetas coma Safo, Alceo, Anacreonte... Esta lírica era recitada en Grecia, pero en Roma líase.

    • Varios intérpretes: lírica coral, na que destaca Píndaro.

    • Os temas tratados:

      • Lírica elexíaca

      • Lírica iámbica

      • Nesta lírica case non hai subxectividade, as composicións adoitan ir dirixidas a alguén e ser de carácter público ( agás algunhas de Safo e Alceo). O poeta actúa sinxelamente coma un axente das Musas e está moi integrado na súa comunidade ( tanto na lírica arcaica coma na helenística).

      • Roma

      • En Roma, especialmente con Catulo, vai aparecer xa a subxectividade na lírica que xa adiantaran Safo e Alceo. O paso da estrutura lineal á espiral fai que estes poemas que se concentran na interioridade do poeta e non nos problemas comunitarios estean concibidos para a escrita e non para a transmisión oral. Catulo denomina este tipo de poemas nugae ( parvadas), xa que aínda non é consciente do que fai e, ademais, vive nun contexto literario no que a poesía se entende coma unha forma retórica que debe ser fermosa e basearse nos tópicos. Pouco despois, en HORACIO, a proporción de poemas persoais sería aínda menor.

        Existe en Roma unha lírica coral ( introducida por Séneca nas súas traxedias) e unha lírica monódica de forte influencia helénica e destinada á lectura, non ao canto. Outros autores a destacar son OVIDIO, VIRXILIO, HORACIO...

      • Idade Media

      • Na Idade Media ensinábase a clasificación de xéneros proposta por Diómedes no século IV:

        • Genus imitativum: teatro.

        • Genus enarrativum: relatos, poemas didácticos.

        • Genus commune: heroica species ( Ilíada e Eneida) e lyrica species ( Arquíloco e Horacio)

        Nesta época séguese a escribir en latín, pero a proposta de Diómedes non ten repercusión nas emerxentes literaturas das linguas romances, na que podemos atopar:

        • Poesía popular que xorde allea á tradición clásica, como é o caso da cantiga de amigo.

        • Poesía de carácter máis culto con novas formas poéticas que aparece na Provenza.

      • Renacemento

      • Retómase a doutrina dos xéneros clásicos e a lírica é equiparada á épica e á escénica por SEBASTIAN MINTURNO. Os límites da lírica eran difusos, polo que se incluíu dentro dela todo aquilo que non encaixaba dentro dos esquemas dos demais xéneros. Ademais actualízanse formas líricas clásicas e aparecen outras novas coma o soneto.

        Cómpre destacar poetas coma PETRARCA, SHAKESPEARE, GARCILASO DE LA VEGA, GÓNGORA, QUEVEDO...

      • Romanticismo

      • Catulo non fai máis ca comezar simbolicamente o que PERE BALLART ( El contorn del poema) denominaría a lenta e longa viaxe da literatura occidental do nós ao eu. Dende Catulo preferiuse o personalismo, tanto nos temas coma na expresión, pero este longo proceso subxectivizador sería concluído por Mallarmé no século XIX ( Romanticismo). Esta progresiva subxectivización leva consigo unha progresiva perda de prestixio social do poeta, xa que este deixa de dedicarse ás cuestións da comunidade para dedicarse ás pequenas historias persoais.

        Hai dúas características que se repiten na poesía dende o Romanticismo:

          • Canto maior é o contexto social menor é o ámbito de recepción dos poetas e máis solitario o seu exercicio. O poeta imaxina un tipo de público potencial, pero non pode chegar a saber o que ese público espera ou se entenderá o que di. Polo que o poeta áchase a un paso do soliloquio, escribe coma se non se dirixise a ninguén porque considera que o exterior é alienante e as súas sensacións dificilmente compartidas ou comprendidas.

          • O poeta é un incomprendido pola sociedade burguesa, que o considera un parasito, un rebelde que acabará na miseria ou tolo. Isto repercute na forma de escribir do poeta, que non terá necesidade de instruír, agradar ou ser entendido. Isto levarao a buscar unha lingua persoal, busca que será a principal preocupación do poeta avalada polo carácter autónomo da arte ( KANT). Mais isto trae consigo contradicións:

          • A linguaxe poética provén da común polo que o poeta, malia asegurar a autonomía da arte, usa un instrumento que comparte co sistema. Ademais o poeta diríxese aos cidadáns até nos poemas máis introspectivos, porque quere ser lido.

          • Por outra banda, aínda que negue a realidade e cree mundos descoñecidos, ten que coñecer o que nega por iso está, en certa medida, sendo consciente da realidade.

        Hegel distingue entre:

        • Formas propiamente líricas: poesía mélica, coral, elexíaca, odas, sátira, epístola, salmo, canción...

        • Formas mixtas: épico - líricas ( romance, poemas de circunstancias...) e dramático - líricas.

        A pesar de todo, esta teorización de Hegel non se reflicte na práctica, xa que aparecen diferentes formas de poesía lírica que teñen en común a evasión dunha realidade conflitiva e adversa.

      • Século XX

      • Da reflexión feita no século XX arredor dos xéneros literarios en xeral e da lírica en concreto podemos destacan:

        • Predominio da emotividade fronte á narratividade (TOMACHEVSKI).

        • Relación dos xéneros literarios coas persoas: JAKOBSON ( punto 2.5.6. )

        • A expresividade coma a principal característica da lírica ( KAYSER: “ na interxección ai! está, por así dicilo, a raíz de todo o lírico”).

        • Contraposición á narrativa, ao teatro ( inmobilidade do tema, aspecto contemplativo) e ao ensaio ( non ten como finalidade a ampliación de coñecementos).

        • TOMACHEVSKI : “ Intencionada incertidume dos límites que separan suxeito e obxecto”.

        • Simbolismo da linguaxe ( musicalidade, fonemas) que se percibe especialmente desde o Postrromanticismo, cando simbolistas e modernistas inician unha ruptura que culminaría coas vangardas ( carácter suxestivo da linguaxe poética).

        • A lírica contemporánea, que aparece tras as vangardas, ten para os teóricos do século XX os seguintes aspectos a destacar:

          • FRIEDRICH: o mundo exterior coma un obstáculo para o home e a súa descomposición.

          • BAUDELAIRE: fantasía poética ou creación de mundos novos a partir dese mundo exterior coñecido, xeralmente recollendo o máis baixo e trivial ( RIMBAUD: excitante dinámico).

          • MALLARMÉ, VERLAINE, JUAN RAMÓN JIMÉNEZ, JORGE GUILLÉN: Corrente da poesía pura ou achegamento á esencia das cousas mediante o rexeitamento do cotián ( o que ORTEGA GASSET denomina deshumanización da arte).

          • Uso do humorismo e do absurdo ( Dadaísmo)

        Dende o Romanticismo até a actualidade a poesía lírica seguiu diversas vías expresivas, pero até na máis experimental presta atención ás esixencias do sistema. Así, a introspección vaise substituíndo por unha personalidade irónica na que calquera experiencia humana se pode compartir e ser transcendente, estando próxima a tódolos lectores. De tódolos xeitos o poeta procura achegarse a aqueles lectores que cre que o poden entender mellor, aos máis afastados do sistema. Por iso se considera que é o escritor máis autónomo e menos condicionado polo mercado.

      • Características da poesía lírica

          • É o vehículo da subxectividade.

          • A intensidade do seu significado, vencellada coa brevidade e complexidade. Así, a poesía lírica sería a linguaxe afectiva ( patética).

          • A elaboración da forma que fai que a atención non se centre no referente, senón na mensaxe ( función poética).

          • A motivación do signo lingüístico, é dicir, este é empregado coa intención de provocar certas sensacións ou reaccións no lector. Isto está relacionado coa elaboración da forma. Exemplos desta motivación do signo lingüístico son as onomatopeas, aliteracións...

          • Usa a lingua natural como materia prima ( semiótica).

          • SUSANA REISZ DE RIVAROLA baseándose en KARLHEINZ STIERLE vai contra os discursos sociais establecidos, que é o antidiscurso, xa que o que fai é servirse de discursos non literarios para traelos á literatura, polo que nela collen tódolos discursos que se refiren a outros. Por isto é, ademais, o xénero que máis se renova.

          • Segundo CARLOS BOUSOÑO a poesía é unha forma de coñecemento, xa que é o xénero que ten máis relación coa verdade. Non en van é un xénero que non entretén e precisa dun esforzo maior por parte do lector debido á súa complexidade. As verdades que traslada a poesía non se poden expresar de ningún outro xeito.

          • Para MOLINO e TAMINE a poesía é “a aplicación dunha organización métrico - rítmica á organización lingüística ”.

          • ROSA NAVARRO DURÁN dinos que o único criterio obxectivo para definir un poema é a súa relación co marco da páxina.

        Catulo escribe un poema no que fala consigo mesmo e que vai dirixido a unha rapaza da que está namorado e xa non o corresponde. É un poema cunha estrutura espiral, non lineal, polo que non sería válido para transmitir oralmente malia conter repeticións de fórmulas. Podes ler o poema aquí ( páxina 14)

        Primeiro é un contexto cortesán, logo urbano e por último metropolitano.