Biología, Botánica, Genética y Zoología


Salud y enfermedades


A SAÚDE E A ENFERMIDADE

Nalgunhas ocasións o noso corpo ou algunha parte do noso organismo pódese alterar por algún malestar, cando isto ocorre dicimos que padecemos unha enfermidade nalgún órgano.

As causas das enfermidades poden ser moitas; mala hixiene, microbios patóxenos, deterioro do organismo...

A maioría das enfermidades pódense curar gracias ás defensas que temos no corpo, a outros organismos de reparación e tamén podemos axudarnos con vacinas, antibióticos... Deste xeito non temos que estar continuamente enfermos.

SAÚDE E ENFERMIDADE'Salud y enfermedades'

A Organización Mundial da Saúde (OMS) é unha axencia especializada en saúde creada nas Nacións Unidas, establecida en 1948. Según esta organización a saúde é un estado no que o individuo exerce normalmente tódalas súas funcións.

Unha enfermidade prodúcese ando hai algunha alteración máis ou menos grave no funcionamento do organismo.

AS CAUSAS DAS ENFERMIDADES

O corpo está exposto sempre a moitas agresións que poden afectar ó noso organismo. As causas principais das enfermidades son:

  • Os malos hábitos. Hai moitos malos hábitos e que os ten a maioría da xente. Son de moitas variedades: alimenticios, consumo de substancias como drogas ou alcol que producen alteracións no mecanismo, esforzo físico, consumición de tabaco que pode producir enfermidades respiratorias e cardíacas...

  • Os factores ambientais. Poden producir alteracións orgánicas ou psíquicas.

  • Os accidentes. Provocan lesións. Hai accidentes de moi diversos tipos, todos eles producen disfuncións, de maior ou menor tamaño.

  • O deterioro do organismo. O organismo gástase co tempo e con algunhas enfermidades.

  • Os microbios patóxenos.

A HIXIENE

A hixiene é un conxunto de normas que se deben cumprir para manter san o noso organismo.É a mellor maneira de manter ben a nosa saúde é previr as enfermidades coa limpeza das vivendas, lugares públicos...e tamén mantendo a limpeza persoal.

MEDIDAS DE HIXIENE INDIVIDUAIS

  • Practicar deporte: é un conxunto de actividades físicas para que o noso corpo teña un bo desenvolvemento e nos axuda a manter a nosa saúde.

  • Seguir un horario regular: descansar as horas suficientes para non notarse cansados e coller enerxía.

  • Levar unha dieta: para levar unha dieta equilibrada hai que tomar os nutrientes necesarios e variados, dalgúns non é conveniente abusar por que pode afectar á nosa saúde de moitas maneiras.

  • Evita-las substancias tóxicas: son as que máis afectan ó noso organismo, por exemplo o tabaco, que dana principalmente ós nosos pulmóns e outros órganos. As drogas e o alcol tamén danan considerablemente.

  • Cepilla-los dentes: para ter unha boa hixiene dental hai que lavar os dentes despois de cada comida, así axudamos a previr caries entre outras moitas cousas.

  • O aseo persoal: é moi importante e serve para eliminar toda a sucidade que temos no corpo, é conveniente realizar esta limpeza diariamente para evitar a acumulación de microbios.

MEDIDAS DE HIXIENE COLECTIVA

  • Acceso á asistencia sanitaria: para o uso de tódolos cidadáns.

  • O control sanitario: ter un bo control sanitario é moi importante, sobre todo na auga (pode ser potable ou non), nos alimentos (sobre todo os alimentos procedentes dos animais), e na contaminación do aire.

  • O control de residuos: poden ser residuos urbanos; residuos procedentes de augas residuais de fogares, centros públicos...; residuos industriais; etc. que hai que controlar para que non se produzan en exceso nin contaminen o planeta.

  • O control sanitario dos animais: tanto os animais domésticos coma os que non precisan unha revisión cada certo tempo por un especialista (veterinario) para evitar o contaxio de enfermidades.

AXENTES CAUSANTES DAS ENFERMIDADES INFECCIOSAS

As enfermidades infecciosas son producidas por microbios patóxenos que se multiplican facilmente no noso interior.

Os xermes patóxenos son microorganismos que necesitan invadir a outro ser vivo e ás veces lle causan a este unha enfermidade.

TIPOS DE XERMES PATÓXENOS

  • Fungos: organismos unicelulares ou pluricelulares que se alimentan mediante a absorción directa de nutrientes. Algúns son parasitos de organismos vivos y producen graves enfermidades en plantas animais. A disciplina científica que estudia os fungos chámase micoloxía.

  • Protozoos: organismos animais unicelulares, algúns poden formar colonias. Invaden ó sangue e causan enfermidades como pode ser a malaria. Os protozoos se transmiten pola picadura de certos mosquitos, sobre todo nas rexións tropicais y subtropicais. A enfermidade se caracteriza por un cadro de escalofríos, febre y suor y, en ocasións, produce a morte.

  • Bacteria: son organismos unicelulares e microscópicos, que carecen de núcleo diferenciado e se reproducen por división celular sinxela.

A bacteria da salmonela e responsable da febre xifoidea, unha enfermidade infecciosa que orixina febre alta, erupción de manchas vermellas...

  • Virus: é un organismo composto de proteínas e ácidos nucleicos capaz de reproducirse só en células vivas específicas empregando o seu metabolismo. Por exemplo o virus esférico da varicela infecta a moita xente de pouca idade por medio do aire que contén partículas exhaladas polas persoas infectadas, provoca unha febre baixa e un sarpulido de manchas vermellas. Esta enfermidade adoitase ter unha vez gracias a memoria inmunitaria que veremos máis adiante.

A TRANSMISIÓN DE EMFERMIDADES INFECCIOSAS

Os microbios están por todas partes os medios de transmisión son moi variados: o chan, a auga, os alimentos, o aire... As fontes infecciosas son animais e as persoas infectados por xermes.

FORMAS DE TRANSMISIÓN

  • Directa: chamámoslle contaxio e prodúcese cando unha persoa esta enferma, ten un virus, e transmíteo a outra persoa san. Pódese transmitir a través do contacto físico ou a través de partículas que desprende a persoa contaxiosa, con mala saúde.

  • Indirecta: cando collemos os xermes a través do po do aire, alimentos e moitas cousas máis que están o noso redor. Os animais tamén poden ser os causantes de ese xerme, e se denominan vectores da enfermidade, por exemplo o mosquito.

AS VÍAS DE ENTRADA

Para que os microbios poidan entrar no interior do noso corpo teñen que atravesar barreiras que cobren o noso corpo. A pel é unha destas barreiras, per se temos algunha ferida poden entrar facilmente os xermes. Tamén temos as mucosas que non deixan pasar ós xermes ás vías internas, pero algúns xermes patóxenos o conseguen.

VíAS DE ENTRADA:

  • Respiratorias: a través da mucosa respiratoria.

  • Dixestivas: poden penetrar moitos xermes coma o virus da hepatite, que é a inflamación aguda do fígado que pode ser producida por unha infección, por substancias tóxicas.

  • Xenitais: os xermes entran polo pene ou pola vaxina, unha das enfermidades que se pode causar é o sida, por contacto sexual.

O ORGANISMO DEFÉNDESE

No corpo temos unha barreira, formada pola pel e as mucosas, que son necesarias para o equilibrio biolóxico, que evita a entrada de xermes. As veces os microbios entran no noso corpo traspasando esa barreira e se multiplican no interior do organismo.

RESPOSTA LOCAL

Cando, por exemplo, temos unha ferida entran no noso organismo moitísimos xermes que temos enriba da pel. Pasan a primeira barreira e encóntranse cunha segunda formada por fagocitos.

Os fagocitos son células grandes e inmunes que poden dixerir ós invasores estraños.

Estas células reciben a axuda de outras células, como poden ser os monocitos, macrófagos e anticorpos, para protexer o organismo.

Pode ocorrer que a ferida cobre cor e aumente d temperatura polo comportamento non habitual dalgunhas células, isto é a resposta inflamatoria.

A cor vermella da zona afectada prodúcese pola dilatación dos vasos sanguíneos para que circule máis sangue, que leva fagocitos, que destrúen ós xermes.

Cando a temperatura aumenta os fagocitos circulan máis rápido para atacar ós xermes.

Na zona inflamada adoita saír un líquido espeso e de cor variable(entre amarelo e branco) formado por glóbulos brancos mortos e de xermes fagocitados. Este líquido recibe o nome de pus.

RESPOSTA XERAL

O noso corpo consta tamén consta dunha 3ª capa formada por linfocitos. Estas células son un tipo de glóbulos brancos que se xeran na médula. Tamén son os causantes do rechazo a un transplante porque atacan os novos tecidos que entran no corpo a través dos anticorpos que fabrican.

Hai un proceso que elimina por completo os microbios invasores e se producen moitísimos anticorpos, chámase reacción inmunitaria e prodúcese no sistema inmunitario que protexe ó organismo duna amplia variedade de axentes infecciosos que poden ocasionar no organismo que os recibe diferentes enfermidades.

As respostas inmunitarias poden ser innatas (as que ocorren sen exposición previa á sustancia, o organismo ou o tecido alleos) e adquiridas (as que requiren exposición previa ó material alleo).

A resposta inmunitaria ten lugar da seguinte maneira:

  • Un fagocito engloba a un xerme ata telo no seu interior.

  • o fagocito busca a un linfocito que poida destruír ó xerme. Para atopalo expón compoñentes do xerme que quere eliminar.

  • cando se atopa o linfocito adecuado, este se multiplica para poder fabricar un gran número de anticorpos. Estes linfocitos reciben o nome de linfocitos sensibilizados, é dicir, que están especializados nunha función.

  • Algúns linfocitos expulsan os anticorpos que eles mesmos fabrican ó

    exterior, deixándoos na sangue, e axudan a destruír os xermes

    invasores.

    Outros linfocitos recoñecen ás células infectadas e acoden a elas

    para destruílas.

    A MEMORIA DO SISTEMA INMUNITARIO

    Nalgunhas ocasións os linfocitos sensibilizados duran toda a vida e recordan algúns microorganismos agresores mediante a memoria inmunitaria. Cando ese mesmo xerme entra no corpo, os linfocitos actúan de maneira rápida e a enfermidade desaparece de presa sen nin sequera manifestarse. Por exemplo, as enfermidades da varicela e a rubéola só se teñen unha vez na vida (normalmente) por que os linfocitos gardan unha memoria inmunitaria do microorganismo.

    Noutras ocasións o xerme que causa a enfermidade cambia de aspecto, desta maneira os linfocitos sensibilizados non o recoñecen e non actúan tan de presa. Por exemplo podemos ter a gripe moitísimas veces, maniféstase no noso corpo e temos que volver contra ela.

    A MEDICINA AXÚDANOS

    A medicina sérvenos de gran axuda para curar e previr enfermidades. Aínda que as únicas que son capaces son as nosas defensas inmunitarias.

    A medicina ofrécenos as seguintes medidas para axudarnos:

    A VACINA

    Ó rematar de curarnos dunha enfermidade o noso organismo queda protexido do microbio por un tempo. Nós utilizamos esta virtude do noso organismo para previr enfermidades mediante a vacinación. Estas vacinas poden conter microbios mortos, atenuados pola calor ou compoñentes desactivados deles:

    Introducimos o microbio ou un compoñente del do que nos queremos protexer no noso corpo, antes disto eliminamos a súa capacidade tóxica. O noso corpo activa a reacción inmunitaria e fabrica anticorpos como se entrase un verdadeiro xerme con capacidade tóxica no corpo.

    Normalmente as vacinas introdúcense no corpo mediante inoculación, as veces tamén se administran mediante inxestión ou spray nasal.

    As vacinas adoitan ser consumidas por nenos, dende que nacen ata os 14 anos de idade. Existe un calendario de vacinacións para cumprir baixo control médico a estas idades.

    O SORO

    Igual cas vacinas, son preparados artificiais .

    Conteñen anticorpos, estes son extraídos do sangue dalgúns animais inmunizados contra a enfermidade que queremos previr se non estamos vacinados.

    Hoxe en día estes anticorpos fabrícanse industrialmente.

    OS ANTIBIÓTICOS

    Antibiótico (del grego, anti, `contra'; bios, `vida') É calquera composto químico utilizado para eliminar o inhibir o crecemento de organismos infecciosos.

    Alexander Fleming descubriu en 1928 que ó redor dun mofo había una rexión circular onde as bacterias no podían crecer. Este fenómeno levoulle ó descubrimento da penicilina,

    A penicilina é o antibiótico máis coñecido, foi empregado para tratar múltiples enfermidades infecciosas, como a gonorrea, ou o tétanos.

    Penicillium notatum

    Nun principio, o termo antibiótico só se utilizaba para referirse ós compostos orgánicos producidos por bacterias ou fungos que resultaban tóxicos para outros microorganismos. Na actualidade tamén emprégase para denominar compostos sintéticos ou semisintéticos.

    ÍNDICE

    • introducción ............................................................1

    • saúde e enfermidade ............................................2

    • a hixiene ..................................................................3

    • axentes causantes das enfermidades ..............5

    • a transmisión de enfermidades infecciosas ...7

    • o organismo deféndese ........................................8

    • a medicina axúdanos ............................................11

    • bibliografía ...........................................................13

    BIBLIOGRAFÍA

    • libro bioloxía 3º E.S.O

    • diccionario Xerais

    • google

    • encarta

    • enciclopedia Gel

    15




    Descargar
    Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar