Relacións Internacionais

Ciencias sociales # Sociedade Internacional. Historia. Política. Ciencia. Realismo. Teoría de Sistemas. Autores. Rasgos sociales

  • Enviado por: Belén F
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 86 páginas
publicidad
publicidad

Sen profundizar é o estudio da realidade social. O estudio da realidade social desde un punto de vista científico abarca todo, esa globalidade tamén é estudiada por outras materias (psicoloxía, etc).

Hai que analizar os actores ou grupos intervintes: persoas, grupos étnicos, os Estados; hai teorías que intentar superar o paradigma do Estado, pero este segue prevalecendo. Internacionalidade significa relacións que traspasan as fronteiras deses grupos étnicos.

As Relacións Internacionais son o resultado de múltiples interacción deses actores xa centrados nunha época determinada e concreta. A comunidade internacional só fai referencia ós Estados, os suxeitos primarios das Relacións Internacionais. Suxeito de Dereito Internacional: organizacións que participan na elaboración de leis, son responsables e poden cumplir esas leis.

Os lazos de unión deses actores son relacións internacionais directas: as que os dous actores realizan (negocían un tratado) e as indirectas (nas que intervén un terceiro actor).

Se son inorgánicas ou informais hai que pensar que existen organizacións internacionais polo medio (a organización internacional xorde da Historia porque os Estados se dan conta que hai materias que non poden solucionar eles, entón creanse organizacións internacionais para eses asuntos en concreto -proliferan no século XX-). Unha organización internacional ten órgaos de xestión propios e permanentes. Unha Conferencia Diplomática consiste en que un determinado número de Estados para resolver un problema en concreto e acabar a xuntanza desaparece (estas conferencias existían antes da segunda metade do século XX). Exemplos de organizacións internacionais son a UNESCO, OTAN, FAO.

Segundo o número de participantes, se son Estados serán organizacións interestatais, esa é a diferencia coas ONG nas que participan persoas a título individual e non Estados.

Un conflicto non supón necesariamente o uso da forza (España-Gran Bretaña co Peñón de Gibraltar). Poden ser de conflicto bélico se para solucionar ese problema utilízase a forza. Os actores poden ser interestatais, pero son relacións internacionais se se trata de grupos de presión, ONG, etc. porque traspasan os interereses nacionais.

As Relacións Internacionais son as relacións entre individuos e grupos humanos e étnicos que afectan á Sociedade Internacional. Comunidade Internacional fai referencia ó Estado, suxeito por excelencia das Relacións Internacionais. Sociedade Internacional fai referencia a grupos de presión, ONG, individuos, todos os demais que interveñen na vida humana de relación sempre no marco humano de relacións.

Evolución das Relacións Internacionais:

1) xorde un sistema europeo de estados soberanos que fan e desfán, aplicando a forza cando convén polo propio dereito deses estados soberanos. Xorde a diplomacia permanente, establecendo embaixadas, máis que nada para regular o comercio.

2) Sociedade de Estados civilizados que son os Estados Europeos, son de corte monárquico e aristocrático. Onde sigue imperando a soberanía. A Revolución da Independencia en EE.UU. contra Inglaterra fai que imperen novas ideas: federalismo, republicanismo, principio da autodeterminación (Declaración de Filadelfia e Virxinia).

3) Perde o obxectivo cristiano e pasa a ser unha sociedade civilizada. Consolídanse relacións con Asia. Época do colonialismo, onde se empezan a regular relacións a través de conferencias diplomáticas. Apartir da Segunda Guerra Mundial, coa aparición da Guerra Fría, xorde en Bandung, no 1953 o grupo de paises non alienados, desentendéndose do gurpo do capitalismo e do comunismo.

Ata 1943 o Dereito Internacional considérase como Clásico, a partir da Carta das Nacións aparece o dereito internacional contemporáneo que delimita a propia Carta das Nacións Unidas.

As Relacións Internacionais designan un sector da realidade social así como o punto de vista científico desa realidade social, pero as Relacións Internacionis como sector da realidade social foron obxecto de múltiples definicións que enfocan caracteres diferentes das relacións internacionais, tradicionalmente viñéronse barallando catro criterios para definir as Relacións Internacionais:

  • o criterio do obxecto específico das Relacións Internacionais.

  • o criterio dos actores desas Relacións Internacionais.

  • o criterio da internacionalidade das Relacións.

  • o criterio da superación do paradigma do Estado.

  • O primeiro destes criterios fai referencia a considerar que as Relacións Internacionais teñen unha natureza específica que a diferencia doutras relacións sociais. Este criterio é seguido polos realistas norteamericanos quenes consideran que a política internacional é a loita polo poder, sen embargo, nas Relacións Internacionais a violencia e o uso da forza armada desempeñan o papel primordial e único. Esta é a posición que defende MORGENTHAU.

    O segundo dos criterios é o dos actores implicados nas Relacións Internacionais aínda que é frecuente combina-lo co criterio anterior. Os autores partidarios deste criterio como HOFFMAN parten do suposto do paradigma do Estado e en consecuencia, consideran que son os estados como unidades políticas os actores privilexiados das Relacións Internacionais, en consecuencia, segundo este criterio están separando o Dereito Interno do Dereito Internacional. Dentro deste mesmo criterio hai outro sector que considera ademais a existencia doutros actores, así por exemplo, DUNN considera que as Relacións Internacionais ocúpanse daquelas cuestións que xorden entre grupos políticos autónomos dentro dun sistema mundial que non se centra nun punto determinado e concreto e pola súa prte VIRALLY define as Relacións Internacionais como as relacións entr poderes públicos cuio centro vén constituído polas relacións interestatais; e pola súa parte, CHEVALIER sinala que se trata dun entrelazamento das relacións de toda clase entre os diversos sistemas dentro do marco xeral que se denomina sociedade internacional (son os Estados, ós ollos do Dereito Internacional, que deben cumplir tres requisitos: a poboación, a organización interna e a territorialidade). En cambio a comunidade internacional non só fai referencia ó Estado senón a outros actores: organización internacionais, a persoa humana, etc. Por suxeito internacional entendemos os que participan na elaboración de normas e poden ser padecentes e poden perseguir a que as infrinxe. Por actor internacional entendemos o axente que ten unha relacións internacionais.

    Esta nota de internacionalidade aproxímanos ó terceiro criterio que é a internacionalidade que foi acuñado por HUBER para quen as Relacións Internacionais poden definirse como o conxunto de fenómenos sociais que expresan relacións inmediatas dos estados entre sí ou inflúen directa ou indirectamente nesta relacións.

    Unha relación é internacional cando se refire ás relacións entre grupos sociais que están determinados por poderes estatais distintos e a esta nota de internacionalidade dalle un estricto sentido xurídico -son as relacións de estados independentes e soberanos con outros estados-. O máis característico deste terceiro criterio é a ampliación que fan do concepto de Relacións Internacionais pois dentro deste concepto inclúen as relacións sociais, as económicas, ideolóxicas e culturais.

    O derradeiro criterio son aquelas concepcións que intentan superar o paradigma do Estado, este criterio é en consecuencia unha derivación lóxica se se leva o criterio de internacionalidade ás súas derradeiras consecuencias, para os autores que seguen este criterio as relacións internacionais soamente se poden definir facendo referencia á sociedade internacional. Es España o concepto de sociedade internacional como elemento definitorio das Relacións Internacionais encontrou en TRUYOL, en MEDINA ORTEGA, e en MESA GARRIDO os expoñentes máis claros. TRUYOL parte na súa definición das Relacións Internacionais do criterio de internacionalidade e considera que son aquelas relacións entre individuos e colectividades humanas na súa orixe e no seu desenrolo non se agotan no seo dunha comunidade diferenciada e considerada como un todo que en definitiva é o Estado, senón que trascende os seus límites.

    MEDINA HORTEGA ó definir as Relacións Internacionais parte do concepto de Sociedade Internacional que afirma que só interesan os fenómenos internacionais non polo simple feito da súa internacinalidade, é dicir, porque rebasen as fronteiras senón porque constitúen un sistema social e político e dentro deste sistema social e político xorden relacións, pero non só entre os Estados senón entre os individuos e os grupos particulares a través das fronteiras estatais.

    E finalmente, MESA GARRIDO considera que nos atopamos en presencia dun complexo relacional no que teñen cabida todos os grupos sociais ou individuais e cuios intereses lles fan saír do límite nacional e desenrolar ou completar as súas actuacións no marco institucional.

    Partindo de todo o anterior pódese afirmar que a relación internacional é o resultado de articular várias interaccións entre actores internacionais nun marco espacial e temporal ben definido, de tal modo que constitúen un proceso considerado como un todo e fóra dese marco espacial e temporal carecen de todo significado.

    Existen varios criterios para clasificar as Relacións Internacionais, en primeiro lugar polo número de actores as relacións serán bilaterais, multilaterais e globais. Polo grado de vinculación entre os actores existirán relacións directas e indirectas, segundo sexan os actores interesados quenes as exercen ou se se realizan a través dun terceiro . Pero a clasificación tradicional é aquela que considera ás Relacións desta forma: en primeiro lugar relacións de cooperación, en segundo lugar relacións de conflicto e en terceiro lugar relacións asociativas e de comunicación.

    A primerirra delas, pola cooperación, poderán ser de carácter xeral ou de carácter sectorial aínda que tamén poden ser relacións interestatais ou interorganizativas.

    O segundo criterio, por conflicto, entende que habrá conflictos por recursos ou conflictos por valores segundo se intenten conseguir recursos materiais ou impoñer unha determinada ideoloxía, tamén poden ser conflictos violentos ou conflictos non bélicos, un exemplo do primeiro sería a guerra e outro do segundo sería o terrorismo ou as revoltas ou golpes de Estado.

    E finalmente, relacións asociativas son aquelas que xorden da desiguladade de poder que existe entre os actores internacionais pero a súa finalidade principal é garantizar a coexistencia pacífica a través dunha orde internacional e da imposición de certas institucións que van a permitir axustar os intereses e as demandas dos membros da sociedade internacional.

    AS RELACIÓNS COMO CIENCIA E COMO DISCIPLINA

    É necesario distinguir os antecedentes das Relacións Internacionais como disciplina científica o que significa o desenrolo das teorías xerais sobre as Relacións Internacionais , así como a evolución como disciplina científica e académica e existe unha diferencia clara xa que a existencia dunha teoría internacional é moito máis antiga que a ciencia das Relacións Internacionais. A teoría internacional inicíase coas primeiras interpretacións do mundo internacional, é dicir, desde os tempos máis remotos da Historia os problemas relativos á convivencia dos pobos foron obxecto de reflexión humana, en cambio a ciencia das Relacións Internacionais é recente, aínda que os antecedentes sitúanse na Idade Media, o certo é que a evolución prodúcese despois da Primeira Guerra Mundial, pero ó longo desta evolución van a xurdir unha serie de factores que a van a impulsar, desenrolar ou incluso perfeccionar. A Historia diplomática, a diplomacia e o dereito internacional van a ser esos factores que a van a impulsar, pero non podemos esquencer outros factores que tamén inflúen como é a filosofía política que se vai a desenrolar paralelamente ó concepto de Estado-soberano xurdindo entón a teoría clásica das Relacións Internacionais.

    O primeiro factor ou fito é a Historia Internacional que desempeñou un papel de primeiro plano coa aparición do Estado e a configuración máis tarde dun sistema de Estados Europeos, é cando a Historia e maís concretamente a Historia dos Tratados pasa a ocuparse das Relacións Internacionais. Nun primeiro momento, a Historia dos Tratados está dominada polo carácter xurídico, xa que os tratados teñen o carácter de fonte formal, e nunha etapa posterior estudíanse as causas que orixinan os tratados.

    Neste proceso de evolución vaise chegar a unha individualización do obxecto que estudia as Relacións Internacionais, pero é o século XIX onde se van a configurar a Historia dos Tratados e así vaise a definir como unha rama da Historia Xeral que ten como campo específico, o estudio das relacións entre os Estados ou como dí REUNOVIN, é o estudio do papel que desempeñan os homes, os xefes de estado e os seus axentes.

    É despois da Primeira Guerra Mundial cando van a xordir novas forzas e novos actores que fan que os historiadores tomen conciencia de analizar esos fenómenos sociais, xa non se estudían as relacións ente os gobernos senón as relacións entre os pobos.

    O segundo factor é o dereito internacional, os profundos cambios económicos, políticos e sociais van a aportar novas ideas ata entón o dereito de xentes baseábase nun dereito natural, pero estas ideas entran moi pronto en crises e comezan a fundarse en ideas políticas para pasar máis tarde a centrarse no Estado, é dicir, xa non vai a ser a sociedade internacional o punto de partida das Relacións Internacionais senón que vai a ser o propio Estado e esta concepción vai a permanecer ata o século XX onde o dereito internacional vai a seguir anclado no concepto de Estado ignorando realidades sociais, económicas e políticas. Pero é nesta segunda metade do século XX cando van a xurdir concepcións sociolóxicas que intentan superar as insuficiencias formais anteriores ó tempo que se van perfilando novas disciplinas científicas engloban a realidade internacional surxindo así a Historia das Relacións Internacionais.

    O terceiro factor é a diplomacia, pero entendida como a Historia das Relacións entre os Estados, é no século XVI cando van xurdir as embaixadas permanentes e comeza o desenrolo do dereito diplomático. Esa raíz da Revolución Francesa e posteriormente co Congreso de Viena cando se consolida como ciencia definíndose como a ciencia das relacións e dos intereses dos estdos e dos pobos. E como disciplina científica as Relacións Internacionais inicíanse a partir da Primeira Guerra Mundial, e esto débese a estos factores:

    • a influencia dos movementos políticos e sociais.

    • a heteroxeneidade da sociedade internacional.

    • o protagonismo doutros actores distintos dos Estados.

    • o desexo de restaurar a paz e a seguridade en Europa.

    En definitiva, non é nada máis que a incapacidade doutras disciplinas para estudiar a realidade social e as súas transformacións, xorden entón nos EE.UU. a Fundación para a Paz Mundial e a Fundación Carnegie para a paz. Despois da Segunda Guerrra Mundial, EE.UU. abandona a súa política de aillamento adquirindo xa un protagonismo mundial, pero os anos sesenta, a crise do sector industrial, a fracaso do programa Kennedy sobre a educación e a reforma social, e a Guerra de Vietman van a por en entredito o enfoque dos EE.UU. no mundo, estudiándose a continuación novos factores que ata entón se ignoraban. En Gran Bretaña fúndase despois da Segunda Guerra Mundial o Real Instituto de Asuntos Internacionais que actualmente impulsa o estudio das Relacións Internacionais cara ós problemas máis agobiantes da humanidade. En Francia o estudio das Relacións Internacionais está todavía presidido polo estudio do Dereito Internacional. En Italia a situación é moi similar, e en España aínda que son asignaturas independentes seguen tamén dominadas polo dereito internacional.

    O OBXECTO MATERIAL DA CIENCIA DAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    O obxecto material dunha ciencia defínese por aquel sector da realidade que intenta estudiar a través de diversas teorías e métodos científicos. En materia de Relacións Internacionais contemplan as relacións internacionais dende o punto de vista das relacións de forza que é o que se coñece como “realismo político”. A esencia do “realismo político” resúmese nesta idea: “ a política internacional é unha loita polo poder, calquera que sexa o fin da política, o poder sempre será o seu fin inmediato”. As premisas do realismo son as seguintes:

  • o carácter exclusivo das Relacións de poder como parte inseparable da política internacional.

  • o predominio da dimensión conflictiva sobre outras formas de relación entre os actores.

  • a persecución do interese nacional.

  • Unha variante doctrinal dentro do realismo é introducir a nota da internacionalidade ou a nota de localización. A internacionalidade é o conxunto de fenómenos sociais que expresan relacións inmediatas dos Estados entre sí ou inflúen directa ou indirectamente nesas relacións. Será internacional esa relación cando afecten a grupos sociais que están determinados por poderes estatais distintos. A localización será o conxunto de transaccións que rebasan as fronteiras dos estados. Estes dous criterios todavía son imprecisos por dúas razóns:

  • porque moi poucas relacións ou fenómenos afectan directa ou indirectamente ó Estado.

  • porque sigue centrado na idea de Estado.

  • Outro sector doctrinal fíxase na sociedade internacional e considera que a sociedade que posúe unha estructura diferente da do Estado e incluso outros autores fíxanse no criterio da relevancia e así serán as relacións entre grupos, entre grupos e individuos que afectan de modo esencial á sociedade internacional. En consecuencia pódese definir a realidade social obxecto das Relacións Internacionais, como aquelas relacións sociais que xeneran os actores e van a ser internacionais cando contribúan dun modo eficaz á formación da sociedade internacional, considerada como unha sociedade diferenciada. En consecuencia, as Relacións Internacionais investigan esas Relacións Sociais xa se desenrolen entre individuos, entre grupos ou entre ambos, pero tendo sempre presente que as relacións entre estos grupos ocupan un lugar preferente nas relacións entre os Estados.

    O OBXECTO FORMAL DAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    É dicir, cal é o alcance e o método das Relacións Internacionais? Hai autores que negaron que o estudio das Relacións Internacionais sexa unha ciencia autónoma porque sempre se precisa o auxilio doutras ciencias afíns. Os efectos e as consecuencias das dúas guerras mundiais produciron unha toma de consciencia sobre a sociedade internacional e este debate trasladouse á Ciencia Política e á Socioloxía. Tras discusións doctrinais entre os partidarios da ciencia política e da socioloxía actualmente utilízase unha perspectiva científica que é a multidisciplinariedade que sería o esforzo de conxugar outros coñecementos e experiencias sobre a realidade internacional, que son apartados por outras disciplinas. Pero nas Relacións Internacionais é tradicional distinguir entre ciencias auxiliares xerais e ciencias auxiliares parciais. As xerais aportan conceptos e métodos que afectan ó conxunto das relacións internacionais, e neste punto inclúense a Historia, o Dereito e a Socioloxía. En cambio as parciais veñen dadas por áreas concretas das Relacións Internacionais polo que será necesario en todo caso acudir a sectores máis pequenos.

    O REALISMO POLÍTICO

    O realismo político que se basa nos seguintes puntos, en primeiro lugar a política está gobernada por leis obxectivas que nacen da propia natureza humana. En segundo lugar é o interese do estado definido como o poder, que é a unión entre a razón e os feitos. En terceiro lugar, os principios morais universais non poden ser aplicados ós actos estatais. En cuarto lugar as aspiracións morais dunha nación non son compatibles con leis morais e finalmente a política é autónoma, é dicir, que os actos políticos só poden ser xuzgados con criterios políticos.

    Según o realismo hai tres clases de política:

    • Conservar o poder.

    • Incrementar o poder.

    • Demostrar poder.

    A segunda concepción é a socioloxía internacional que ten por obxecto o estudio da estructura e evolución da sociedade internacional, ó igual que os individuos e grupos sociais.

    A terceira concepción científica é a socioloxía histórica que ten por obxecto o estudio das relacións sociais pero dende o punto de vista da propia sociedade, segundo esta concepción o termo “sociedade” ten dous significados: en primeiro lugar a propia existencia social e en segundo lugar un tipo concreto de relacións sociais. Estas relacións sociais que poden ser de tres clases:

  • relacións entre partes que non recoñecen ningunha forma social común.

  • relacións entre estados heteroxéneas que soamente recoñecen uns procedimentos para solucionar un conflicto permanente.

  • e finalmente, relacións entre estados homoxéneos que recoñecen unha forma de moral común.

  • A cuarta concepción fai referencia ás Relacións Internacionais como historia. Todas as relacións de estado no marco político, económico, social e demográfico serían o seu obxecto sempre que estas relacións rebasen as fronteiras. Se se trata de relacións de estado a estado serán relacións internacionais ou política exterior, pero se se trata de relacións entre grupos entón falaremos de vida internacional.

    A derradeira concepción é a do funcionalismo que sostén que o Estado é cada vez máis incapaz de satisfacer as necesidades da humanidade só polo feito de que se circunscribe a un territorio, xa que as necesidades da humanidade rebasan as fronteiras, por eso os estados están obrigados a unha cooperación internacional ou incluso a unha cooperación funcional, pero no marco da seguridade colectiva.

    A TEORÍA DE SISTEMAS E O SISTEMA INTERNACIONAL

    A Teoría de sistemas pódese definir como unha totalidade que funciona como tal en virtude da interdependencia que teñen as súas partes e o método a través do cal se trata de descubrir cómo se produce ese sistema que se denomina teoría xeral de sistemas.

    Un sistema é un conxunto de variables en interacción que compoñen unha totalidade a través das influencias das accións, cada sistemas ten necesariamente estos catro puntos: 1) os elementos; 2) as relacións ou interaccións entre os elementos; 3) totalidade ou conxunto deses elementos e 4) as funcións que desempeñan.

    A maior parte das teorías sistémicas siguen considerando ó Estado como eixo central das Relacións Internacionais, sen embargo, as novas concepcións céntranse na sociedade internacional. Calquera teoría dos sistemas obedece a tres principios fundamentais:

  • as normas teñen que estar en equilibrio, é dicir, que calquer cambio que se produzca en calquera delas produce un cambio polo menos en outra delas.

  • un cambio no conxunto destas normas producirá un cambio no sistema.

  • un cambio no sistema producirá á súa vez un cambio no entorno do sistema.

  • Tradicionalmente viñeron considerando como clásicos estes seis sistemas internacionais:

  • Sistema de equilibrio de poder: tendo as seguintes características: en primeiro lugar os actores son sempre nacionais, en segundo lugar o obxectivo que persegue é conseguir a seguridade nacional, en terceiro lugar as armas das que dispón son sempre nucleares e finalmente, cada actor recurre a alianzas para conseguir os seus obxectivos.

  • Sistema bipolar flexible: as súas características son as seguintes: en primeiro lugar existencia de dous bloques encabezados cada un por actores nacionais, en segundo lugar a existencia doutros actores nacionais que non se integran neses bloques, e en terceiro lugar as armas tamén son nucleares.Este sería no suposto da sociedade internacional despois da Segunda Guerra Mundial.

  • Sistema bipolar ríxido: cuias características son as seguintes: a desaparición do actor universal, só existen actores nacionais integrados en dous bloques e finalmente entre ambos bloques non existe cooperación.

  • Sistema internacional universal: as características son as seguintes: é un sistema integrado e solidario, en segundo lugar outóganselle competencias xurídiciais, económicas ou políticas, e finalmente a súa estabilidade depende do maior ou menor grado de competencias que se ceden. Este sería o suposta da Unión Europea.

  • Sistema xerárquico internacional: que se deriva do sistema internacional universal, pero que adopta a forma democrática, pero no suposto de que algún dos actores liderase a un dos bloques desembocaría nunha forma autoritaria.

  • Sistema internacional de veto por unidade: neste caso coexisten varios actores nacionais, cada un dos cales posúe un armamento nuclear suficente para tomar a iniciativas dun ataque e destruír gran parte do potencial bélico do inimigo. Sen embargo, o atacante é vulnerable ou ben pola capacidade de resposta nuclear do atacado ou ben polo posible ataque dun terceiro actor. Ambas circunstancias limitan o risco dunha guerra.

  • Os sistemas internacionais refírense sempre ás relacións entre estados e estos sistemas axudan a determinar os resultados da política mundial a través destas catro vías:

  • A interacción das políticas estatais regulará o comportamento nacional en caso de guerra.

  • O sistema internacional axuda a manter a paz proporcionando os medios e os recursos que necesitan os estados.

  • A propia estructura do sistema vai a determinar a paz ou a guerra.

  • O éxito dun sistema en manter a paz dependerá dun sistema de interconexión que establecerá ou tivera establecido.Os obxectivos son sempre do Estado e as técnicas serán a diplomacia, a negociación, a preparación militar e a transformación económica da nación.

  • PROCESO DE TOMA DE DECISIÓNS

    Esta teoría da toma de decisións vai a xurdir na década dos cincuenta e supón o abandono das concepcións tradicionais para centrarse en concepcións ceientíficas. Segue considerándose ó Estado como o eixo central das Relacións Internacionais, pero ademais e ó seu lado estudia, tamén, a figura dos gobernos; que actúan no plano internacional en nome dos estados. Ademais fíxase, tamén en que os gobernos non son bloques unitarios, senón que están cosntituidos por seres humanos, que son en definitiva, quenes toman a decisión na política exterior.

    Son moitas as teorías que sobre o análise do proceso da toma de decisións se formularon, pero todas elas teñen estas características:

  • Tratan de explicar o comportamento do Estado, desde o prisma analítico do Estado. É dicir, pola súa actuación; e non desde o punto de vista do sistema internacional.

  • Os órgaos decisorios, ou mellor dito, os individuos que teñen a responsabilidade de adoptar unha decisión, inflúen tanto na vida nacional como na internacional.

  • A decisión aparece como o resultado de varios factores externos ó que toma a decisión.

  • As teorías máis importantes pódense reducir ás seguintes:

  • A postura formulada por Bruck e Sapin que afirman que para captar o comportamento do Estado habrá que situar a análise a nivel do propio Estado, pero o modelo do que parten estes dous autores non é un Estado real, senón de ficción, pero que ten unhas características tales que van a permitir establecer uns caracteres válidos para todos os Estados; e así falan do estado como actor nunha situación. En opinión destos autores, o primeiro obxectivo da análise, é observara propia decisión, tal e como a ven os propios órgaos decisorios. En segundo lugar hai que ter en conta unha serie de factores, cosntituídos polas relacións non gubernamentais que estos dous autores denominan marco.En definitiva a decisión, para estos autores, é un proceso que conduce á selección a partir dun número determinado de proxectos alternativos, que van a conseguir un determinado estado das cousas.

  • Outra teoría é a formulada por Atlison que distingue tres modelos: o clásico, basado en métodos clásicos lóxicos para conseguir os obxectivos. O segundo coñécese co nome de “Organizational Process Model” que consite en considerar o comportamento gubernamental non como resultado dunha postura racional e deliberada senón como o resultado da acción de distintas organizacións que están parcialmente controladas polo goberno. O terceiro modelo é o da política burocrática, segundo esta postura o goberno é visto como un conxunto de individuos, cada un dos casi posúe un campo de acción determinado. O poder está dividido, e o resultado será un compromiso entre os diferentes puntos de vista.

  • A CONCEPCIÓN TRANSNACIONAL

    Nos anos setenta, xorden nos EEUU unha serie de teorías como consecuencia da crise interna que se produce en Norte América con motivo da Guerra do Vietman, do cambio de modelo de sociedade e da crise internacional que provén do enfrentamento Norte-Sur. Neste contexto prodúcese unha toma de consciencia de que é necesario facer frente ós problemas que agobían á sociedade internacional. Son moi variadas as teorías que se formularon, pero todas elas teñen uns rasgos comúns: 1) é necesario que o realismo político vaia acompañado dalgunha nota distintiva de idealismo político; 2) a preocupación céntrase agora nos problemas reais da sociedade internacional; 3) a política internacional terá que resolver os conflictos humanos, será necesario para elo, reformar a sociedade internacional, xa que as estructuras vixentes ata entón non son satisfactorias.

    Esta concepción transnacional caracterízase pola afirmación de que é necesario cambiar o paradigma do Estado como centro da teoría internacional por un paradigma da política mundial. Os partidarios desta concecpción, critican o paradigma tradicional, non porque crean na comunidade internacional senón porque as fronteiras estatais xa non coinden coas realidades internacionais.

    Segundo estos autores, as relacións transnacionais serán aquelas que se producen a través da fronteira dun Estado; mentres as Relacións Internacionais serán aquelas que teñen lugar a través de unidades estatais.

    En 1970 Kaiser examina a sociedade internacional desa época co fin de interpretar a política mundial e afirma que existen tres modelos posibles: 1) a toma de decisións multiburocráticas; 2) a integración; 3) a política transnacional. Esta política transnacional defínea como os procesos políticos entre os gobernos nacionais que foron postos en marcha por unha acción dentro dunha sociedade internacional.

    Define tamén as interacciópns globais que fan referencia á información, ós obxectos físicos ou incluso ós pobos, pero a través das fronteiras do Estado. En consecuencia a política mundial serán todas aquelas interaccións entre actores significativos nun sitema mundial, podendo ser actor significativo calquer organización ou individuo que controla os recursos sustanciais e participa nas relacións políticas con outros actores a través das fronteiras estatais.

    O enfoque tradicional, segundo os partidarios da postura máis radical desta concepción presenta varios defectos: 1) o estado cando aplica a súa política enfréntase con outros actores que non se circunscriben a un territorio; 2) as concepcións anteriores fixábanse nunha perspectiva mundial co que se produce un desequilibrio entre a dimensión territorial do estado e os procesos políticos que trata de dominar; 3) o reparto dos coñecementos técnicos e das riquezas, é desigual ante esta situación, a idea do estado como actor único está superada, en consecuencia, para analizar a política internacional será necesario aillar a ese grupo estatal e o eixo central da súa atención será a política mundial.

    Os partidarios desta postura tratan de explicar os fenómenos da desigualdade e do subdesenrolo que caracteriza á sociedade internacional, sobre a base da dependencia desenrolan un novo concepto que é o sistema-mundo que se basa na idea de que existe un conxunto planetario con vida propia e independente das sociedades nacionais que o constitúen e que ten os seus propios mecanismos políticos, económicos e culturais. Desenrolando este derradeiro punto, outros autores afirman que estariamos en presencia dunha nova disciplina, que eles denominan mundioloxía, e que tería por obxecto o estudio da estructura e dos mecanismos do sistema mundo no seu conxunto. Diferenciaríase doutras disciplinas porque considera ó mundo non como un conxunto de estados independentes e cunha estructura social interrelacionada senón que tería unha estructura social transnacional propia; en definitiva, trátase dunha das consecuencias do proceso descolonizador, e é que os países do Terceiro Mundo, toman consciencia da súa propia identidade e da súa propia cultura, por eso non falan de Relacións Internacionais senón de relacións interculturais.

    Merle define as relacións interculturais como os intercambios entre sistemas de valores e de representacións que no sirven de referencia para a identificación de grupos nacionais e supra-nacionais, e en consecuencia caben tres posicións: 1) considerar que esa dimensión é un producto da actividade política dos estados que non ten autonomía propia; 2) considerar que esas relacións interculturais si teñen autonomía e dinámica propia; 3) considerar que o factor cultural non pode delimitarse a un espacio limitado, xa que en definitiva vai a ser o elemento determinante do comportamento dos actores internacionais.

    AS CONCEPCIÓNS SOBRE O ORDE MUNDIAL

    Nos anos sesenta, aparecen na escena internacional novos problemas ou xorden con maior virulencia os xa existentes como son o fenómeno do demográfico ou problemas no plano económico, cultural ou enerxético, que provocan novas teorías nas Relacións Internacionais, surxindo así o que denominou novo contexto para as Relacións Internacionais que esixen un reprantexamento da situación anterior, e neste sentido fálase que o fruto da humanidade e da sociedade internacional descansa non só en resolver os conflictos internacinais, senón nunha nova dinámica que resolva os problemas que están xurdindo entón, e así, dentro das Relacións Internacionais aparecen un novo sector que se denomina futuroloxía que trata de predecir o futuro con métodos científicos, e dentro deste sector inclúense aquelas teorías que nacen da Primeira Guerra Mundial. As que nacen a raíz da Segunda Guerra Mundial e en terceiro lugar as que nacen a raíz da chamada criese planetaria. Estas teorías pódense arroupar en tres grupos:

  • Aquelas teorías que se centran na estructura política do actual sistema internacional, propoñendo a súa reforma.

  • Aquelas teorías que chaman a atención dos problemas que tiña entón prantexada a sociedade internacional, e que responden a iniciativas de gobernos, de organizacións internacionais e de organizacións non gubernamentais.

  • En 1970 o Club de Roma publica un informe sobre os problemas que ten prantexada a sociedadeinternacional e cales serían a súas solucións, pero céntrase fundamentalmente en problemas como o crecimento demográfico, o agotamento dos recursos e alimentos ou a contaminación. Este informe recibiu moitas críticas, porque se limitaba a prantexar os problemas e non a aportar solucións, esquecéndose sobre todo do descubrimento de novos recursos.

    En 1974 este Club de Roma, presenta outro informe que intenta redefinir o modelo anterior e no 1976 publica o terceiro informe que se coñece co nome de Reconstrucción do Orde Internacinal; neste informe pretende dar solucións para un período de cuarenta anos, tratando de adiviñar cal sería a evolución da sociedade internacional, intentando reducir as desigualdades internacionais, e intentar establecer un marco global e xeral onde se establezan as reglas e solucións da humanidade.

  • Teñen como denominador as futuras alternativas mundiais, parten da idea de que a crise que ameaza a humanidade é planetaria e proxecta un novo orde internacional. Faise preguntas como cales serán os cambios que habría que introducir para reducir os peligros actuais, e cales serían as estratexias que hai que seguir para introducir esas innovacións. Parten da idea de que as institucións e as ideoloxías son incapaces de resolver os problemas actuais, analizan o futuro e as chamadas “utopías relevantes” que son a proxección dun modelo de comportamento capaz de resolver os problemas da humanidade.Os principais sistemas futuros, na súa opinión redúcense ó chamado sistema actual, a un sitemas do mundo de cinco poderes que estaría integrado por: EEUU, a Federación Rusa, China, Xapón e a Unión Europea. Outro sistema sería o de rexións, o do sistemas de goberno mundial e un sistema dominado polos EEUU.

  • TEORÍA DAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS NA DÉCADA DOS OCHENTA

    Nesta década xordennovas concepcións, sobre todo na Europa Oiental, e que teñen como base un respeto ás teorías occidentais.

    Pódese resumir nos seguintes puntos:

  • As relacións Internacionais como teoría e como disciplina teñen que superar as concepcións clásicas e orientarse cara ó paradigma da política mundial.

  • Ten que prestar atención ás relacións entre grupos de individuos.

  • Terá que estudiar os problemas actuais da sociedade internacional actual.

  • Ë necesario elaborar unha teoría xeral das Relacións Internacionais que sexa, á vez, analítica e normativa.

  • As Relacións Internacionais son xa interdisciplinares, pois incorpora e analiza as aportacións dun gran número de Ciencias Sociais; terá que analizar os retos da sociedade internacional e entre eles, superar o paradigma do estado, e sobre todo a cultura occidental, intentar comprender ós actores da cultura non occidental.

  • APORTACIÓN ESPAÑOLA Á TEORÍA DAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    En España atopámonos cunha serie de autores que tratan de estudiar as Relacións Internacionais como disciplina científica e outros autores que tratan de elaborar unha teoría xeral das Relacións Internacionais. Esta derradeira dimensión nace en España como o resultado de dous factores: o pensamento previo e as condicións do momento, é dicir, dunha serie de estudios realizados con anterioridade, tómase conciencia da necesidade de analizar a sociedade internacional á luz da realidade internacional desos momentos. Entre os antecedentes lonxanos citan, os autores, á Escola Española do Dereito Internacional do século XVI, nos que se atisba por primeira vez unha noción de comunidade internacional. Entre os antecedentes cercanos cítanse os traballos de Aguilar Navarro ou Antonio Luna que nos anos cincuenta dan un novo enfoque ó Dereito Internacional; a partir de consideracións histórico-sociolóxicas, Fraga Iribarne, aporta novas concepcións basadas na filosofía de Hobbes, frente á concepción dominante que era o enfoque dominado por Grocio. Actualmente tres autores españois como Medina Ortega, Mesa Garrido e Celestino del Arenal, intentan elaborar unha teoría con obxetivos globalizadores na que defenden a sustantividade das Relacións Internacionais como disciplina, pero recoñecen o seu carácter multidisciplinar. Estos tres autores que constitúen a chamda tradición española dan diversos enfoques. Mesa Garrido defende a concepción marxista das Relacións Internacionais, mentres que Del Arenal dalle un enfoque inspirado na filosofía de Kant.

    CONCEPTO DE SOCIEDADE INTERNACIONAL

    Para respostar á pregunta: ¿qué é a sociedade internacional? Tradicionalmente a doctrina seguiu tres correntes: 1) uns autores consideran que é imposible definir a sociedade internacional e o único que fan é estudiar os seus membros e a súa evolución; 2) outro sector da doctrina fíxase, exclusivamente nos elementos ou rasgos típicos da sociedade internacional; e 3) finalmente outros autores definen a sociedade internacional e estudian as relacións entre os membros que a compoñen e a definen dicindo que é unha sociedade global que comprende a todos os grupos de poder, incluídos os estados que manteñen unhas relacións recíprocas, intensas e duradeiras sobre as que se constitúe un orde común internacional. A primeira destas notas é que se trata dunha sociedade global de referencia, é dicir, que en esa sociedade todos os grupos sociais desde a familia ata os estados, pasando polas organizacións internacionais e as ONG todos atópanse insertos nesta sociedade, independentemente do seu grado de desenrolo, da súa evolución e do seu poder; por eso algún autor califica á sociedade internacional como sociedade de sociedades. O segundo elementos é que a sociedade internacional é distinta da sociedade interestatal, aínda que o estado sigur sendo o eixo central da vida internacional. Sempre existiron outros grupos sociais cuia autonomía lles permitiu participar nas relacións internacionais. O terceiro elemento é que a sociedade internacional require unha dimensión de relación, é dicir, que non se pode considerar que existe unha sociedade internacional se non manten esos grupos que a compoñen unhas relacións mutuas, intensas e perdurables; non sendo válidas as relacións esporádicas. E finalmente, a sociedade internacional ten un orde común, este orde común o constitúen todos os actores que participan na vida internacional; incluso aqueles actores que aspiren a cambiar ou modificar, tanto dun modo pacífico como dun modo violento o orde social establecido.

    ESTRUCTURA DA SOCIEDADE INTERNACIONAL

    Todo grupo social dispón dunha estructura interna que se pode calificar de estructura social, que se pode definir como o conxunto de posicións mutuas, mediante as casi se poden explicar as relacións de todos os actores que compoñen a sociedade internacional.

    Esta estructura ten os seguintes elementos:

  • Extensión espacial: A sociedade internacional é unha sociedade territorial. Esta sociedade internacional experimenta transformacións na súa estructura e dinamismo, e é precisamente o dinamismo o que provocou ó longo da historia conflictos e grandes cambios. Cambios que a veces foron profundo e radicais, que incluso contribuíron á desintegración de comunidades, almacenamento doutras novas ou incluso, á desaparición do orde internacional entón vixente.

  • Diversidade estructural: En toda sociedade internacional existen tres subestructuras ou estructuras parciais diferentes entre sí, pero que están intimamente relacinadas.

  • A primeira é a subestructura económica, que é a base material e inprescindible para a existencia de grupos humanos que integran a sociedade internacional.

  • A segunda subestructura é a político-militar, composta por comunidades políticas ou por organismos internacionais que en virtude de normas xurídicas manteñen relacións que poidan ser de autoridade ou de dominación, ou, en derradeiro termo do recurso á guerra.

  • A terceira sub-estructura é de carácter ideolóxico-cultural, esta estructura parcial está formada por actores desenrolados a partir da existencia de coñecementos, valores ou ideolóxicos, que son comúns a distintas sociedades humanas. A dimensión cultural da sociedade internacional caracterízase pola diversidade e pola fragmentación; a diversidade refírese ás ideoloxías ou incluso á ausencia de valores morais de aceptación universal, como serían por exemplo os dereitos humanos ou a paz internacional; e a fragmentación refírese á necesidade de convivencia de culturas distintas.

  • Os estratos xerárquicos: Na sociedade internacional existen niveis ou estratos, segundo a desigualdade de poderes. Estos niveis teñen unha xerarquía, un orde de maior a menor importancia nos asuntos internacionais. Estos estratos xerárquicos poden definirse como o conxunto das diferentes posicións que ocupan os actores internacionais en cada unha das tres subestructuras que compoñen a sociedade internacional.

  • Os cambios parciais que se producen nestos niveis xerárquicos que veñen como consecuencia das alteracións do poder, se son a corto prazo denomínanse movilidade conxuntural da sociedade internacional; estos son xerais e afectan dun modo fundamental ós distintos niveis internacionais, entón denomínase movilidade estructural da sociedade internacional.

  • Polarización: É a capacidade dun ou varios actores internacionais para tomar decisións ou impoñer comportamentos que son aceptables polo resto dos actores internacionais e mediante os cales se acada unha posición hexemónica, é dicir, que os polos son os actores que impoñen e establecen a forma das principais Relacións internacionais. Hai tres tipos de polaridade:

    • Monopolaridade: cando un só actor dirixe dun modo decisivo a vida internacional. Un exemplo témolo no Imperio Romano despois da derrota de Cartago.

    • Bipolaridade: cando son dous os actores que dirixen a vida internacional. Exemplo: os EE.UU. e a antiga URSS.

    • Multipolariedade: cando son varios os actores que dirixen a vida internacional. Exemplo: as potencias económicas como EE.UU., Xapón ou a Unión Europea.

  • Homoxeneidade e heteroxeneidade: A homoxeneidade internacional prodúcese cando se aprecían similitudes internas entre os actores dunha das tres estructuras parciais, internacionais e en caso contrario prodúcese a heteroxeneidade.

  • Institucionalización: É un conxunto de normas ou de órgaos que son aceptados pola xeneralidade dos actores internacionais, permitindo desta maneira ou certo orde internacional.

  • RASGOS CARACTERÍSTICOS DA SOCIEDADE INTERNACIONAL NOS NOSOS DÍAS

    A comunidade internacional caracterízase na actualidade por un protagonismo do Estado. En opinión de Reuter existen tres estructuras diferentes:

  • A estructura de xustaposición, neste caso os estados non están unidos entre sí, senón xustapostos en relacións horizontais; e os conceptos de soberanía e de igualdade xurídica son conceptos básicos. Neste suposto as relacións son bilaterais porque non hai unha instancia superior.

  • Intereses comúns: neste caso o concepto de soberanía do estado non se opón á existencia de intercambios internacionais, e as relacións interestatais son multilaterais.

  • Organización: prodúcese unha forte institucionalización da sociedade internacional. Aparecen as primeiras organizacións internacionais e creanse instancias superiores ós estados para que estos resolvan pacificamente as súas controversias internacionais.Dupuy considera que existen dúas clases de sociedade internacional: en primeiro lugar a sociedade relacional que se caracteriza por unha rotunda descentralización do poder político dos estados, excluíndo ó individuo; en segundo lugar está a sociedade institucional neste suposto prodúcese unha concentración do poder dos estados a través das organizacións internacionais, nas que xa participaba o individuo.

  • Os rasgos básicos da sociedade internacional actual son os seguintes:

  • Composición interestatal, a sociedade internacional fórmana todos os estados, aínda que existen outros organismos ou actores que non son os estados como ocurre no caso das organizacións internacionais, as organizacións gubernamentais e incluso a persoa humana.

  • A súa estructura é paritaria, no sentido de que non existe unha instancia superior, pois é unha consecuencia do principio de igualdade xurídica dos estados ante o dereito internacional.

  • O número de suxeitos que compoñen actualmente a sociedade internacional é todavía moi reducido, xa que fórmana os estados; pero actualmente vaise ampliando este número de suxeitos como son as organizacións internacionais e a persoa humana.

  • O seu ámbito é universal, obliga a todos os estados da Terra.

  • A comunidade internacional é inorgánica, xa que non existen órgaos de carácter estable e permanente.

  • A sociedade europea tal e como se vai configurando nos século XV e XVI é a herdeira da cristiandade medieval e xorde como consecuencia do universalismo imperial e pontificio. Esta crise que se acentúa na época do Renacemento e vai a dar orixe ó nacemento do estado moderno, tal como se produce na actualidade. A idea xerárquica de dous poderes: o emperador e o Papa, é superada e comenza, xa a falar dunha pluralidade de estados soberanos que non recoñecen unha instancia superior e que son xuridicamente iguais. Desde o punto de vista da historia fálase do paso da Cristiandade a Europa, e desde o punto de vista político, esta evolución significa o nacemento do que se denominou o sistema europeo de estados; que nace coa paz de Wesfalia en 1648. Ë, a partir do Renacemento cando o termo Europa empléase en sentido político e cultural, e non xeográfico como ocurría na Idade Media. Despois da ruptura da unidade relixiosa en Europa, a cristiandade deixa de identificarse co catolicismo e xorde, xa unha pluralidade relixiosa que se vai a acentuar co descubrimento e coa colonización de América, é dicir, que a cristiandade perde o seu sentido e o seu contido.

    Todo este proceso de transformación en Europa, vai a repercutir en otras zonas do mundo, non só porque as relacións de conflicto armado que se producen cos países do Islam que xa tiñan outra base consolidada dun dereito, por eso as Relacións Internacionais nestos países van a ser moito máis fluídas que con outras colonias do novo mundo.

    A primeira alteración do sistema de estados europeos vai a ter lugar coa secesión das trece colonías inglesas de América, despois de ter proclamado a súa independencia no 1776. Coa independencia dos EEUU, comezan a chegar novas ideas políticas e xurídicas a Europa, e así chegan noticías dunha república de corte federal, frente ó estado monárquico europeo, ou o princípio de autodeterminación dos pobos. Coa Revolución Francesa de 1789 coménzase a perfilar as novas concepcións do home e do cidadán, xordindo novas ideas sobre unha declaración do dereito de xentes, e así rexéitase, xa por primeira vez, as guerras de expansión e de conquista, pero esta política dexenerou en agresións e conquistas ó resto dos estados europeos baixo a apariencia da liberación dos pobos oprimidos.

    O Congreso de Viena de 1814 pon fín ás guerras napoleónicas e o seu mérito principal radica en que vai a instaurar un estado de cousas, un novo orde estable en Europa. Esa raíz deste Congreso de Viena, cando Europa empeza a estabilizarse, pero se vai fragmentando en repúblicas pequenas; Polonia queda dividida en reinos, algúns dos casi únense ó Imperio Ruso e outras cidades decláranse libres e neutrais; Bélxica únese con Holanda para formar os Países Baixos, e Suíza recupera a súa independencia declarándose estado neutral. Regúlase por primeira vez o dereito fluvial internacional. Establecéndose o principio da libre navegación aqueles ríos que separan ou atravesan varios estados, concretamente para os ríos Rhin e Danubio. Declárase a abolición da trata de seres humanos, considerándose como contraria ós principios de humanidade e contra a moral universal. Regúlase tamén a actividade dos cónsules e axentes diplomáticos, sen embargo, este Congreso de Viena, todavía, estaba presidido polo principio da lexitimidade. Estas bases van a formar o que se coñece co nome de Concerto Europeo.

    O CONGRESO DE VIENA E A EUROPA DO SÉCULO XIX

    O Congreso de Viena estaba marcado polo principio da lexitimidade dinástica, incluso os defensores deste principio eran partidarios dun dereito de intervención para restaurar o orde político comenzado.

    O Tratado de París de 1815, despois da derrota definitiva de Napoleón, senta as bases dun concerto permanente de carácter europeo, e que en liñas xerais pódese considerar como o primeiro ensaio dunha organización internacional de carácter xeral, este concerto europeo constituíu, en definitiva, unha escena de goberno internacional pola frecuente reunión de congresos internacionais. En 1830 prodúcense as primeiras rupturas, a primeira frente ó Imperio Otomano e a segunda coa secesión de Bélxica dos Países Baixos e que proclama a súa neutralidade, a partir de 1856 séntanse as bases xurídicas deste novo orde como é a Declaración sobre dereito marítimo de 1856, regúlase o bloqueo naval esixíndose o requisito da efectividade.

    A Conferencia de Berlín sobre África, crea o estado independente do Congo, pero baixo a administración belga, establécese o principio de libre navegación polos ríos Congo e Niger: co Extremo Oriente intensifícanse as Relacións Internacionais, sobre todo a partir de 1842 cando Gran Bretaña abre catro portos chinos ó comercio internacional; o resultado de toda esta situación é o dereito internacional hexemónico, cuia máxima expresión son os tratados desiguais, xa que foron impostos polas potencias occidentais, obligando a China a establecer zonas de influencia occidental, a outorgar concesións e territorios en arrendamento ás potencias occidentais, e como derradeiros pasos das normas xurídicas do concerto europeo regúlase na Conferencia de Washington, as sinais marítimas e o salvamento de naufragos, créase a unión postal universal e regúlase a protección internacional sobre a propiedade intelectual, industrial e artística. Créase o comité internacional da Cruz Vermella a quen débenselle os convenios de Xenebra sobre feridos, enfermos e naúfragos e a prohibición do lanzamento de proxectiles explosivos, e polos convenios da Haya regúlanse os usos da guerra terrestre.

    A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL E OS TRATADOS DE PAZ

    As causas que motivaron a Primeira Guerra Mundial foron obxecto dunha abundante literatura no século XX, pero tradicionalmente vense admitindo a expresión de Renouvin como unha maquinación diabólica dos dirixentes políticos alemáns, sinalando este autor tres causas:

  • Cando estala a guerra as potencias centrais non crían nunha guerra xeneralizada, senón nunha guerra limitada e utilizada en Europa.

  • Alemania pretendía que Rusia aparecese como responsable do inicio da guerra, o que motivaría que Inglaterra permanecese neutral.

  • Foi a propia Alemania quen xeneralizou o conflicto desde que ataca a Bélxica e a Francia.

  • Como consecuencia desta Primeira Guerra Mundial desaparece o Imperio Otomano e o Austro-Húngaro, pero antes de que finalizase esta guerra sucumbe o réxime zarista como consecuencia da Revolución Bolchevique de 1917, revolución que ten un signo diferente de todos os anteriores porque vai a poñer en tela de xuízo todo o orde económico e social no seu conxunto. Se se compara o Tratado de Versalles de 1919 co Congreso de Viena do século anterior, obsérvanse varias diferencias:

  • A participación de EEUU, en razón do seu papel decisivo na guerra, pón de manifesto duramente o fin do concerto europeo, pois é a primeira vez que un político non europeo intervén nos asuntos europeos.

  • Outra innovación foi o artigo 231 polo cal os aliados declaraban e Alemania recoñecía que era responsable de todos os daños e pérdidas, como consecuencia da guerra, por eso Alemania terá que indennizar pola agresión.

  • Todo o Tratado de Versalles sometía ó Emperador Guillermo II a pública acusación pola ofensa suprema á moral internacional e á sagrada autoridade dos tratados internacionais. Sería xuzgado por un tribunal penal internacional composto por cinco xuices nomeados polas principais potencias victoriosas.O xuízo non se levou a cabo pola negativa holandesa a entregar ó emperador alemán ós aliados.

  • O principal reto que tiveron os vencedores foi poñer en marcha un sistema de seguridade colectiva e a creación da Sociedade de Nacións foi a resposta, idea que foi concebida polo presidente norteamericano Wilson.

  • A Sociedade de Nacións estaba dividida nunha Asemblea, un Consello e un Tribunal permanente de Xustiza Internacional, pero esta organización tiña varias imperfeccións:

  • Estaba ligada á victoria de 1918 e dominada polas potencias aliadas.

  • Os EEUU non ingresaron como aliados da sociedade.

  • O problema fundamental foi que a sociedade non soubo resolver o problema do estatuto político de Europa.

  • Nos primeiros anos de vida a Sociedade de Nacións consagrouse un espíritu pacifista e así asegura o “status quo” de Europa Occidental, consigue algúns éxitos como é o Tratado de París de 1928, polo cal renúnciase á guerra como instrumento da política nacional, é dicir, como un medio de resolver as controversias entre os estados, sen embargo, entrou en crise moi pronto, xa que non soubo resolver conflictos internacionais, fracasou co conflicto Chino-Xaponés de 1931, coa invasión italiana de Etiopía, non soubo intervir na guerra civil española de 1936, tampouco interviu na ocupación alemana da marxe esquerda do Rhin, nin tampouco coa anexión nazi de Austria, e ainda que condenou á URSS como agresora pola invansión de Finlandia,a Segunda Guerra Mundial xa comezara.

    A GRAN CRISE DO 29

    A crise económica do ano 29 estalou na bolsa da Nova York o 24 de outubro. O exceso de producción industrial, o desenrolo sen control do crédito e a distribución de dividendos que non se corresponden co valor real nas empresas, unido a unha baixada de precios nas materias primas, son as causas que se veñen sinalando como as principais da crise económica do 29.

    Esto motiva que os EEUU interrumpan os seus créditos a Europa, que se iniciaran ó finalizar a Primeira Guerra Mundial. Esta crise afecta tamén a Gran Bretaña, Francia e Alemania, concretamente ás actividades productivas e incluso ás estructuras sociais, o que vai a provocar unha crise de desconfianza e un rexurdimento do nacionalismo.

    Inmediatamente despois da Primeira Guerra Mundial os estados europeos insisten na idea de crear unha Unión Europea coa finalidade de evitar guerras mundiais, pero durante moito tempo, esta idea de Unión Europea confundíase coa organización dun sistema de seguridade colectivo, e lémbranse os proxectos de paz perpetua de Saint-Pierre, sen embargo, non faltaron voces que propoñían a creación dunha federación europea; concretamente KALERGI publica o seu manifesto “Paneuropa” e o danés HEERFORT publica a súa obra “Europa Communnis” onde realiza unha crítica da sociedade da Nacións propoñendo crear unhas institucións comúns dun gran estado federal europeo.

    Neste contexto sitúase a proposta do francés BRIAND de crear a Unión Europea Federal, pero todas estas ideas basábanse en vínculos federais pero que non deberían afectar á soberanía dos estados membros que formasen parte da Unión. Pero esta postura era inequívoca, o que provocou numerosas obxeccións, soamente Iugoslavia e Bulgaria mostraronse partidarias deste proxecto. Inglaterra ofrecía unha simple colaboración ó facer valer os seus dereitos sobre a COMANWELL e Italia ofrecía unha simple cooperación.

    Xa desde antes de finalizar a Primeira Guerra Mundial establecéronse uns reximes políticos que se van a opoñer ó orde internacional que se establece nos Tratados de Versalles de 1929.

    O advenimento do marxismo na Unión Soviética, o fascismo en Italia e o nacismo en Alemania que comportan unha visión totalitaria do estado produciu un abismo coas democracias occidentais.

    As ideas marxistas, propugnadas pola Unión Soviética supuñan un estado de hostilidade permanente co mundo capitalista mentres o resto do mundo non adoptase o marxismo soviético, entre a URSS e os estados burgueses, non habría máis relación que o que se KOROVIN denomina “Dereito Internacional de Transición” pero como a implantación marxista tardaba en chegar foi o que motivou que a URSS abandonase o seu aillacionismo e solicitase o seu ingreso na Sociedade de Nacións.

    O fascismo de Mussolini mantiña en liñas xerais a unidade de acción con Francia e Gran Bretaña, pero a raíz da agresión italiana contra Etiopía e a política de sancións da Sociedade de Nacións contra Italia empuxou a Mussolini ó lado da Alemania nazi que inicia unha política de reivindicación constante de territorios, de rearme, de negativa a pagar indemnizacións e de denuncia das clausulas do Tratado de Versalles véndose impotente a Sociedade de Nacións para frear a Alemania.

    Nos primeiros anos da II Guerra Mundial, Francia e Gran Bretaña non tiñan nada clara a idea política dos fins da guerra, por eso acercábanse a unha concepción democrática das Relacións Internacionais.

    En 1941 Churchill e o presidente norteamericano Roosvelt reúnense en augas do Atlánticod e elaboran a “CARTA DO ATLÁNTICO” que está inspirada nos 14 puntos que en 1918 o presidente Wilson proclamara ante o Congreso americano.

    Estos oito puntos foron confirmados na Declaración das Nacións Unidas o 1 de Xaneiro de 1942, onde se sentan as bases do novo orde mundial que nacerá da II Guerra Mundial. Estos oito puntos son os seguintes:

  • Renuncia a toda expansión territorial.

  • Prohibición de cambios territoriais contra a vontade dos pobos.

  • Respeto ó dereito que teñen os pobos a escoller libremente a súa forma de goberno.

  • Libre acceso de todos os estados ó comercio de materias primas.

  • Colaboración de todos os estados en materia económica.

  • Establecemento dun sistema de seguridade que permita ás nacións vivir en paz dentro das súas fronteiras.

  • Liberdade de mares.

  • Prohibición do uso da forza e desmilitarización dos países vencidos.

  • No ano 1942 comezan as primeiras desavenencias entre os aliados con motivo da conducción da guerra, sen embargo, ingleses e norteamericanos vanse unir frente ó dominio soviético na Europa central e oriental.

    En 1943 na Declaración de Moscú fálase do desexo de paz e de crear unha organización internacional que manteña a paz. En novembro de 1943 os Aliados reúnense en Teherán, onde se establece que Alemania, tras o final da guerra será dividida en cinco estados independentes.

    Sinálase que esta organización que se apuntara na Declaración de Moscú quedará estructurada nun comité executivo en un directorio cuia misión será manter o orde e a paz. Prantexáronse reivindicacións territoriais que se intentaron resolver en outra conferencia que se vai a celebrar posteriormente no Cairo e onde se sinala que Xapón tería que devolver os territorios ocupados. Corea será un país independente e a URSS podrá ocupar parte do territorio xaponés.

    En 1944 a URSS ocupa os paises de Europa central e oriental, instalando gobernos comunistas neses paises. Os aliados occidentais protestan ante o goberno soviético porque a URSS non respeta os acordos de Moscú e Teherán nos que acordan que serán os aliados occidentais quenes liberarán estos paises.

    Cada vez son máis frecuentes as controversias entre occidente e a URSS. As controversias franco-soviéticas inquietan ós aliados occidentais, pois o xeneral De Gaulle manifesta o seu desagrado ó ver a Francia postergada a unha potencia de segundo orde.

    A URSS vai consolidando a súa influencia na Europa Central, en Grecia estalla unha guerra civil, en Italia existe unha profunda inestabilidade política e os EEUU están volcados na creación dunha organización mundial e dun sistema de seguridade colectiva.

    En 1945 iníciase en Ialta unha Conferencia Internacional onde se presenta un proxecto de Carta das Nacións Unidas onde se define a organización por primeira vez como a encarregada de manter o orde, a paz e a seguridade internacional e se ten moi enconta o non repetir erros do pacto da Sociedade de Nacións. Sen embargo, os problemas fundamentalmente estaban sen resolver:o sistema do veto ou quenes serán os membros do Consello de Ministros. O plan norteamericano non foi aceptado, acordouse celebrar outra Conferencia en San Francisco.

    Esta Conferencia de San Francisco quedou estructurada en catro comités xerais que eran: dirección, executivo, coordenación e verificación; e catro comités: disposicións xerais, asemblea xeral, consello de seguridade e organización xudicial.

    Fianlizada xa a guerra en Europa: EEUU, Gran Bretaña e a URSS reúnense en Postdam con dous obxectivos fundamentais:

    • Arranxar as diferencias entre os aliados.

    • Establecer os princípios básicos da administración interaliada en Alemania que fundamentalmente consistía en descentralizar e democratizar a Alemania. Para descentralizar estableceríanse unha axencias económicas en cada zona de ocupación co fin de adoctrinar ós futuros dirixentes alemáns e para democratizar Alemania derrogase a lexislación nazi, os tribunais de xustiza e xuzgarse ós políticos alemáns como criminais de guerra.

    A Segunda Guerra Mundial supuxo que o orde internacional se globalizara, é dicir, realizouse o sistema anterior que estaba feita a medida de Europa, é dicir, Europa non vai dominar os asuntos mundiais xa. Este orde internacional vaise axustar a dúas realidades:

  • O sistema vai a ser moi ríxido polo que o plan de manobra dos outros actores internacionais respecto das dúas superpotencias vai a ser moi limitado.

  • Este novo sistema vai a ter que absorber os novos actores procedentes das descolonizacións que van a rexeitar o sistema nacido a partir de 1945.

  • A Conferencia de Ialta establecería dous principios básicos:

    • A celebración de eleccións libre en Europa co fin de establecer gobernos democráticos.

    • A acción común das potencias occidentais para facilitar estos procesos. Actuacións que van a chocar frontalmente coa postura da Unión Soviética, este principio vai a ser, precisamente, unha das notas típicas do novo orde internacional, nacido despois de 1945 que será un novo orde bipolar de enemigos e de non-alienados.

    O sistema estructúrase arredor de dous polos opostos; a URSS, por un lado e EEUU polo outro que van a constituír dous bloques pechados tanto en termos xeográficos como en termos ideolóxicos. Mentres a URSS intenta exportar a súa ideoloxía e a súa economía marxista, os EEUU pretenden organizar o sistema internacional intentando equiparar o mundo libre coa idea do mundo libre de mercado.

    En 1946 a desconfianza entre os antigos aliados xa é un feito. Stalin afima que “o sistema capitalista de economía leva en sí mesmo os elementos da guerra” esta frase motivou unha situación de alarma de guerra nos EEUU e Churchill fala do Telón de Aceiro que caeu sobre Europa.

    Os EEUU céntranse non só no aspecto militar senón tamén no económico, elaborándose o Plan Marshall para Europa.

    En 1948 recrudécese a Guerra Fría: o bloqueo soviético de Berlín, a guerra civil en Grecia e Moscú firma varios tratados defensivos cos paises de Europa Oriental.

    É o aumento da Guerra Fría que ARON describe como un estado de guerra improbable e de paz imposible. A Guerra Fría combina dous elementos:

    • A loita ente liberalismo e comunismo, acompañado por unha propaganda masiva, calquera conflicto local que xorde vaise a bipolarizar.

    • Militarización e a guerra de armamentos: frente á ameaza soviética o mundo occidental ampárase no potencial nuclear dos EEUU.

    Rapidamente comezan as negociacións en marzo de 1949, para o nacemento dunha organización defensiva internacional firmándose en Washington o 4 de Xaneiro de 1949 o tratado que dá nacemento á OTAN co fin, dise no seu preámbulo, de salvagardar a liberdade e a civilización dos pobos fundados na democracia e liberdades individuais.

    Mentres tanto van xurdindo un grupo de países que van a rexeitar este sistema bipolar creando un movemento antisistema que rexeita a Guerra Fría e o non alienarse con nengún dos dous bloques e así, en 1945 reúnense en Bandung paises afroasiáticos que pretenden un novo modelo de Relacións Internacionais e teñen tres ideas fundamentais:

    • A descolonización frente ó sistema tradicional das potencias europeas.

    • O neutralismo frente á política de bloques.

    • Coexistencia pacífica.

    Esta coexistencia pacífica baséase en dez puntos coñecidos como PRINCIPIOS DA COEXISTENCIA PACÍFICA:

  • Respeto ós dereitos humanos.

  • Respeto a todas as soberanías das nacións.

  • Todas as razas e nacións son iguais.

  • Non inxerencia nos asuntos internos dos Estados.

  • Rexeitamento ó sistema de seguridade colectiva, tal como a concibe a Carta das Nacións Unidas.

  • Rexeitamento ós acordos de defensa colectiva porque sirven ós intereses das grandes potencias.

  • Abstención do uso da forza contra a integridade territorial dos estados.

  • Arranxo pacífico das controversias internacionais.

  • Fomento da cooperación.

  • Respeto á xustiza e ás obligacións internacionais.

  • En definitiva, trátase dun rexeitamento ó sistema europeo occidental ó que acusan de superioridade social e cultural.

    A DESCOLONIZACIÓN

    O período seguinte á finalización da Segunda Guerra Mundial caracterízase pola creación de múltiples estados independentes; en 1949 India e Pakistán adquiren a independencia, o imperio holandés en Asia desaparece, en Vietnam prodúcese unha rebelión contra Francia que se ten que retirar despois dunha sonora derrota militar. En 1954 en Xenebra prodúcese unha conferencia diplomática e pon fin á guerra con Francia, e supón a división política de Vietnam; pero onde máis se notou a expansión colonial foi en África. En 1956 Francia perde os protectorados de Marrocos e Túnez, e en 1958 en Kenia iníciase unha loita contra Gran Bretaña para o exercicio do dereito de autodeterminación, que se pode considerar como a orixe dos actuais movementos de liberación nacional, Guinea e Nixeria adquiren tamén a independencia, o mesmo que o Congo Belga, despois de grandes loitas que supoñen a intervención de Nacións Unidas.

    O fenómeno da descolonización, que é chamado por algúns autores, o maior acontecemento político do século XX adquire unha dimensión relevante desde o momento en que interven Nacións Unidas, e así a resolución 1514 de 1960 considerada como a Carta Magna da descolonización, establece os seguintes puntos básicos:

  • A suxección dos pobos a unha dominación e explotación extranxeira cosntitúe unha dexeneración dos dereitos humanos fundamentais, é contraria á Carta das Nacións Unidas e compromete á paz internacional.

  • Todos os pobos teñen o dereito á libre determinación e, en consecuencia determinan libremente a súa condición política e o seu desenrolo económico, social e cultural.

  • A falta de preparación no orde político, económico e social e cultural, así como no terreo educativo serviranos de base para retrasar a independencia.

  • A fin de que os pobos dependentes poidan exercer pacifica e libremente o seu dereito á independencia, debe cesar toda acción armada ou medida represiva dirixida contra eles.

  • Nos territorios con fidei-comiso asumirán o máis pronto posible todos os poderes sen condicións nen reservas, e sen distinción de raza, credo, color ou relixión.

  • Todo intento encamiñado a quebrantar total ou parcialmente a unidade nacional ou a integridade territorial dun país é incompatible cos propósitos e principios das Cartas das Nacións Unidas.

  • Todos os Estados teñen o deber de observar fielmente as disposicións da Carta, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a presente resolución.

  • A loita para levar a cabo a descolonización vense realizando polos chamados movementos de liberación nacional, que poden definirse como a organización eixo dun pobo que ante unha situación insoportable, e co fin de exercitar o dereito á libre autodeterminación, recurren en última instancia ó da forza, pero sempre que este dereito á autodeterminación non sexa compatible coa unidade política ou integridade territorial dun estado, a súas características son as seguintes:

  • Suxeitos de dereito internacional.

  • Nacen con motivo dunha situación de belixerancia e extínguense con ela.

  • Para a súa existencia ante o dereito internacional non é necesario un recoñecemento previo por parte de nengún suxeito de dereito internacional.

  • Non é necesario que exerzan xurisdicción sobre o seu territorio.

  • A súa personalidade xurídica é maís amplia que a dos belixerantes.

  • O NON-ALINEAMENTO

    A Conferencia de Bandun en 1955 supón un xiro nas Relacións Internacionais contemporáneas. Esta conferencia foi convocada polos xefes de estado de Birmania, India, Pakistán e Indonesia. As razóns desta convocatoria foi a inquietude que producía a guerra que sostiña Vietnam contra Francia, tamén o influxo do aumento da tensión entre China e EEUU e as dificultades económicas dos países que recentemente aquiriran a independencia.

    Para este movemento de non-alineados, era necesario interpoñerse entre os bloques, os do Este e os do Oeste, partían do principio xeral da coexistencia pacífica establecendo como decálogo estos puntos:

  • Respeto ós dereitos humanos.

  • Respeto á soberanía e á integridade territorial das nacións.

  • Igualdade de todas as razas e todas as nacións.

  • Non intervención nos asuntos internos dos estados.

  • Respeto ó dereito que teñen todas as nacións para defenderse individual ou colectivamente de conformidade coa carta.

  • Rexeitamento ós acordos de defensa colectiva porque serven ós intereses das grandes potencias.

  • Respeto ó principio de proxección do uso da forza.

  • Solución de todos os conflictos por medios pacíficos.

  • Fomento da cooperación.

  • Respeto ás obligacións internacionais.

  • Este decálogo supón un rexeitamento ó sistema occidental establecido na conferencia de Ialta e esto vén motivado por un resentimento contra os europeos pola súa actitude de superioridade cultural e racial, que levou ó presidente Leopoldo de Senghor (Senegal) a afirmar que esta decálogo era a dignidade dos pobos de color que son os pobos pobres do mundo. Os obxectivos desta conferencia de Bandun era amosar ó mundo a vontade de África e de Asia de participar no sistema internacional e protestar contra a guerra fría; a partir de 1961 institucionalízanse as xuntanzas de este movemento qu alcada o seu esplendor nos anos setenta, en que comezan as súas debilidades; por un lado os intentos da China comunista e da Unión Soviética de dominar o mesmo, a desaparición dos seus líderes máis carismáticos e a multitude de conflictos bélicos xurdidos entre países pertencentes a este movemento, son as razóns que levaron a un progresivo debilitamento internacional do mesmo a raíz da Declaración de Arxel de 1973 coa adopción do novo orde económico internacional. Cando se identifica este movemento cos países en vías de desenrolo, os conflictos do Sáhara, Vietnam e de Irak, fixeron que este movemento perdese o seu punto de partida.

    Se este movemento desaparecese produciríase unha agudización das deficiencias tanto no terreo cultural como no da civilización, e ese oco sería ocupado polo Islam, que comeza a ter máis forza, sobre todo a raíz da revolución relixiosa iniciada por Homeini en 1979.

    A COEXISTENCIA PACÍFICA E A DISTENSIÓN

    Finalizada a Segunda Guerra Mundial establécese entre as dúas superpotencias unha situación de Guerra Fría que se caracteriza polo antagonismo e o recurso á confrontación bélica directa, pero existía un equilibrio estratéxico bipolar que facía impensable unha confrontación bélica xa que o inmenso poder destructivo das dúas superpotencias supoñía que en caso de guerra non habría vencedora nen vencida. Almacenábanse armas termo-nucleares, non para atacar ó enemigo, senón para disuadilo dun ataque coa ameaza dunha resposta fulminante, sen embargo, a partir de 1956 os líderes políticos das dúas superpotencias danse conta dos riscos desta situación, e esto conducíu a poñer certos límites á carreira armamentística, e de aí nace o Tratado de Moscú de 1963 sobre a prohibición parcial de probas nucleares ou o Tratado de Londres de 1968 sobre non proliferación de armas nucleares, que se complementan cos tratados START-1 e START-2 de 1991 e 1993, respeitivamente, sobre eliminación de misiles de corto e medio alcance, e co Tratado de Otawa de 1992 sobre ceos abertos.

    Pero no caso de conflicto armando, Europa sería a rexión máis sensible a esa tensión bipolar, e con ese motivo unido a liquidar o máis pronto posible as consecuencias da Segunda Guerra Mundial fírmase en 1975 a acta final de Helsinki cuia finalidade vai a ser a paz e a seguridade internacional e os dereitos humanos que constitúen, dise, expresamente un factor esencial para a paz, ó tempo que se sinala que a distensión rebasa o aspecto militar para desembocar na seguridade e na cooperación. Contémplase nesta acta final de Helsinki a cooperación nos ámbitos económicos, tecnolóxicos, científico e do medio ambiente; en países do ámbito da Unión Soviética prantéxase se todos estes novos retos van a ter resposta por parte do dereito internacional ou dito con outras palabras se o dereito internacional vai a ter validez universal.

    Sexa cal sexa a resposta na acta final de Helsinki, recóllense dez elementos comúns que se coñecen co nome de decálogo de elementos comúns nas súas tradicións e elementos, e que se pode resumir nos seguintes:

  • Igualdade soberana dos Estados.

  • Prohibición de recurrir ó uso da forza.

  • Inviolabilidade das fronteiras nacidas tras a II Guerra Mundial.

  • Inviolabilidade das fronteiras dos Estados.

  • Arranxo pacífico das controversias internacionais pero con liberdade de elección de medios para resolver estas controversias.

  • A non inferencia nos asuntos internos dos Estados.

  • Respeto dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.

  • Igualdade de dereitos e libre determinación dos pobos.

  • Cooperación entre os Estados.

  • Cumprimento de boa fe das obligacións contraídas de conformidade co dereito internacional.

  • Este decálogo de Helsinki non é nen máis nen menos que unha reiteración ou posta ó dia dos principios recollidos na declaración de principios de dereito internacional que rixen as relacións de amistade e cooperación entre os estados que aparecen recollidos na resolución 26-25 de 1970 e que contén unha serie de principios que Elisa Pérez Vera agrupa en dous aspectos:

  • Principios que supoñen a aceptación da estructura política da sociedade internacional.

  • Principios que aspirana a regular o cambio social da comunidade internacional.

  • Dentro do primeiro grupo inclúense a igualdade soberana dos estados, o arranxo pacífico das controversias, a cooperación entre os estados e a obligación de cumplir de boa fe as obligacións internacionais.

    No segundo grupo inclúense a non inxerencia nos asuntos internos dos estados, a prohibición do uso da forza, a igualdade de dereitos e a libre determinación dos pobos.

    A SEGUNDA GUERRA FRÍA

    A partir da Guerra de Corea, EEUU consideraba que o recurso do arsenal atómico era a única garantía dunha victoria militar, victoria que viría dada pola necesidade dunha ofensiva nuclear, en primeiro lugar contra o exército soviético e en segundo lugar contra as cidades soviéticas, esta ofensiva realizábse por dúas vías:

  • Dispoñer de forzas nucleares suficientes que impedisen á URSS respostar nuclearmente.

  • Establecer un sistema defensivo contra a capacidade de resposta nuclear soviética, que permitise ós EEUU realizar unha nova escalada nuclear, o que se coñecía co nome do terceiro golpe, e para esto contaban con un sistema de detención e control dos posibles lanzamentos soviéticos, así como un sistema de protección antimisiles que destrozasen os cohetes soviéticos antes de chegar ó seu destino.

  • Cando chega Reagan á presidencia norteamericana iníciase o desenrolo da iniciativa de defensa estratéxica, máis coñecida como a Guerra das Galaxias, que permitiría a EEUU detectar e destruír os misiles soviéticos, unha vez inciado o seu lanzamento, ó tempo que se establece un paraguas nuclear sobre occidente. Nestos anos, a URSS invade Afganistan e EEUU Granada, mentre a Unión Soviética desplega misiles SS-11, SS-20 e SS-25, e os Pershing. Mentres en Europa prodúcense protestas e disturbios de todo tipo, producíndose un alonxamento das posturas entre ambos superpotencias.

    O ESCENARIO INTERNACIONAL DOS ANOS NOVENTA

    En 1985 Mijail Gorbachov chega á presidencia da URRS con dúas ideas: desglogalizar as relacións internacionais e aceptar a realidade dominante, é dicir, a vontade de integrarse na economía mundial e na reducción do armamento nuclear como factor perigoso para a humanidade.

    Inicia as súas políticas de Perestroika e Glonost, que van a provocar á larga o afundimento dos réximes comunistas e a partires deste momento, os acontecementos prodúcense rapidamente: reunificación de Alemania, a Carta de París para unha nova Europa de 1990 que significa o enterro da Guerra Fría; a disolución do Pacto de Varsovia, a desintegración da URSS que acepta os postulados occidentais de democracia plural, respeto dos dereitos humanos e un estado de dereito; soamente falta superar a evasión norte-sur, pero coa recuperación da liberdade por parte dos países da Europa Oriental e Central, e amparándose no principio da libre determinación. Dos pobos xorden novos nacionalismos en Europa, que van a provocar novos conflictos armados, ó tempo que acceden á vida internacional novos estados nacidos da desintegración dos antigos estados, poñéndose en tea de xuízo vellas teorías do dereito internacional, o recoñecemento de Estados e a sucesión de Estados.

    En 1991 desintégrase a URSS e nace a comunidade de Estados independentes a raíz do pacto de ALMA-ATA de 1991 que trata de aglutinar ás ex-repúblicas soviéticas, toda esta panorámica prantexa ó dereito internacional varios retos ós que vai a ter que dar resposta, en concreto, á inestabilidade na Europa Central, a problemática da excisión Norte-Sur, o proceso migratorio cara ós países industrializados de Occidente e a problemática do medio ambiente.

    A SOCIEDADE INTERNACIONAL COMO SOCIEDADE INTERESTATAL

    A Sociedade Internacional caracterízase polas seguintes notas:

  • A súa composición interestatal, formada por todos os estados.

  • Estructura paritaria, o que quere dicir que por encima dos estados non hai unha instancia superior, é dicir, todos os estados son iguais xuridicamente, a pesares das diferencias no seu desenrolo económico, cultural e tecnolóxica; esta diferencia é o que se denomina heteroxeneidade do sistema planetario.

  • O número de suxeitos é reducido, só os estados son suxeitos principais de dereito internacional, ainda que estos e as organizacións internacionais provocan que a sociedade internacional teña un certo grado de institucionalización.

  • O seu ámbito é universal xa que obliga a todos os estados da terra.

  • É inorgánica, xa que non existen órgaos estables e permanentes. Todo esto coa finalidade de manter e tutelar a seguridade e existencia dos estados, o mesmo que preservar ós pobos e ós individuos.

  • Referente ós pobos fomentar e desenrolar o principio de autodeterminación e en canto ós individios a garantía dos dereitos e liberdades fundamentais, ainda que ultimamente vense presionando para incluír como suxeito de dereito internacional o concepto de patrimonio común da humanidade, sobre todo en dous aspectos: 1) o referente ós fondos marinos e oceánicos; 2) os espacios polares e o espacio ultraterrestre.

    É necesario distinguir as situacións entre suxeito de Relacións Internacionais e aspecto de dereito internacional, a primeira conleva a calidade de actor das Relacións Internacionais no marco sociolóxico, mentres que o segundo supón ser titular de dereitos e obligacións a tenor do dereito internacional, e esta distinción supón resaltar o feito de que algunhas entidades que actúan en dereito internacional, tais como as ONG ou as empresas multinacionais, independentemente da súa importancia económica, non son suxeitos de dereito internacional, pois a súa actividade comercial regúlase polo dereito interno dos estados. É certo que a propia evaluación do dereito internacional foi ampliando as categorías do suxeito do dereito internacional, o que Boorquin denomina renovación cuantitativa do dereito internacional.

    Actualmente pódese falar dunha pluralidade de suxeitos do dereito internacional, independentemente dos estados, e esto vén motivado pola propia evolución e dinamica do acontecer social internacional, conservando os estados a pesar delo o carácter de suxeitos principais e orixinarios de dereito internacional e esta premisa oblíganos a preguntar casi son os requisitos que deben concurrir para que un estado poida ser considerado como un suxeito de dereito internacional. A resposta non é clara, pois mentres un estado posúe a totalidade de dereitos e obligacións dunha organización internacional, os dereitos e obligacións dunha organización internacional dependen das funcións que lle outorgue o tratado que dá orixe a esa organización internacional.

    Os estados son suxeitos necesarios e plenos de dereito internacional pero ó lado de estos existen outros suxeitos que reciben o nome de derivados porque nacen dos suxeitos orixinarios ou plenos (que son os estados) e estos suxeitos derivados son as organizacións internacionais.

    O estado, neceariamente, desde o prisma do dereito internacional debe resumirse en tres elementos: 1) Territorio; 2) Población e 3) Organización Política.

    O territorio é o espacio físico dentro do cal a organización estatal exercita esa plenitude, a potentade de goberno, excluíndose calquer outro poder análogo de outros estados. É irrelevante a maior ou menor extensión do territorio ou incluso a discontinuidade xeográfica.O territorio abarca a superficie terrestre, os espacios marítimos e o espacio aéreo supraxacente. O territorio estatal está delimitado polas fronteiras, pero non é necesario que estas aparezcan fixadas con precisión, xa que a demarcación fronteiriza pódese realizar con posterioridade ó nacemento do estado, exemplos delo témolos coa creación dos Estados Unidos ou de Israel, incluso cos estados de recente independencia. Nestes dous casos séguese o principio UTI POSSIDETIS IURIS. En virtude da súa soberanía o estado ten o dereito exclusivo de exercer a súa potestade nas vertentes políticas, xurídicas e económicas, e elo amparándose no principio que prohibe atentar contra a integridade territorial do estado. Existen tamén, territorios que están administrados por outro estado, é o caso de aqueles territorios baixo a dominación colonial, que segundo o establecido na resolución 26/25 teñen unha condición xurídica propia, distinta e separada do territorio que o administra.

    A poboación é o conxunto de persoas que dun modo permanente habitan no territorio dun estado co que se atopan vinculados pola nacionalidade. É indiferente a maior ou menor magnitude da poboación e tamén é irrelevante a maior ou menor homoxeneidade desta nos aspectos étnicos ou culturais. Cando decimos que a poboación debe ser permanente referímonos á estabilidade sobre ese territorio e esta pode quedar ameazada, polo que en dereito internacional se denomina “prácticas odiosas” como son o xenocidio ou a limpeza étnica. O feito de que se identifique co nacional non é óbice para que o estado exerza unha competencia sobre os non nacionais, é dicir, os extranxeiros e os apatridas. Sempre e cando que estos residan no territorio dese estado dun modo permanente, ou ben, ocasionalmente e esta competencia exténdese incluso a aqueles supostos en que os súbditos dun pais, saen ó extranxeiro que é o que se coñece co nome de extraterritorialidade das leis nacionais.

    O goberno é a expresión da organización do estado político e esta maniféstase a través dos órgaos encarregados de levar a cabo a actividade estatal tanto no aspecto interno como no externo. Pero esta actividade debe ser efectiva no sentido de que o estado debe estar en condicións de desenrolo, as funcións propias da súa soberanía tanto no aspecto interno como no externo para facer frente ós compromisos do estado, e este punto é a razón de ser do que expresa o artigo catro da Carta das Nacións Unidas, cando establece que todo estado ten que estar capacitado para cumplir as obligacións que impón a Carta das Nacións Unidas.

    O aspecto básico da proxección exterior da soberanía é a independencia que se define na resolución 26/25, cando dí textualmente: “que todos os estados de iguais dereitos e iguais deberes, son por igual membros da comunidade internacional, pese ás diferencias de orde económico, social ou doutra índole, é dicir, é unha igualdade xurídica ante o dereito internacional que garantiza a integridade territorial e a independencia de cada estado e en consecuencia cada estado é libre de escoller en plena liberdade o seu sistema político”.

    Outro principio que se deriva da soberanía é a non intervención en asuntos internos doutro estado. Na resolución 26/25 dise que nengún estado ten dereito a intervir directa ou indirectamente calquera que sexan os motivos nos asuntos internos doutro estado; en consecuencia, a intervención armada, a ameaza ou calquera outra forma de inxerencia, son violacións da Carta das Nacións Unidas.

    A soberanía significa en primeiro lugar: a exclusividade da competencia estatal, é dicir, que se exclúe a competencia de calquer outro estado extranxeiro e en segundo lugar, supón a autonomía do estado, é dicir, a liberdade de decisión en virtude da cal ese estado actúa segundo o seu propio criterio, o que supón unha plenitude de competencias co fin de distinguir a competencia do estado doutras competencias estatais.

    CRISE DO ESTADO

    A doctrina que se vén preguntando como se forma historicamente o estado, se hoxe en día o concepto estado está en crise ou se se identifican os conceptos de pobo ou nación. Estos conceptos, pobo e nación, respostan a realidades sociais distintas, cuios conceptos formáronse ó longo de tres etapas:

  • O pobo como identidade xurídico-política. Esta etapa desenrólase durante a revolución francesa e baixo o concepto de pobo englóbanse estas dúas ideas: a igualdade e a liberdade (entre todos os cidadáns que integran a colectividade, cuns límites xeográficos e históricos comúns, a nación, e unha organización política que sería o estado).

  • O pobo como unidade cultural. Esta idea xorde na primeira metade do século XIX e resalta a idea dunha cultura propia do pobo que vai no vínculo de unión de todos os individuos.

  • O pobo como masa popular. A propia Revolución Industrial fixo unha distinción entre a clase traballadora e a burguesía, pero o marxismo parte da consideración de que o pobo é unha realidade social formada polo proletariado.

  • Ultimamente, no século XX, está moi estendida entre os gobernos norteamericanos unha postura que considera que o verdadeiramente esencial para construír un pobo é que os seus membros compartan unha comunidade de significados, de comunicacións, de tal forma que poden comprenderese, dunha forma efectiva, un amplo ámbito de diferentes temas. O que verdadeiramente define ó pobo é a conxunción destes tres elementos:

  • A configuración como grupo social, organizado e diferencial doutro tipo de organizacións sociais menores, como serían as clases sociais, os grupos étnicos, lingüísticos ou relixiosos.

  • O desenrolo dunha conciencia política propia que vai a ser o vínculo de unión entre os seus membros.

  • A participación política plena nunha estructura estatal independente.

  • O estado é unha forma de organización das relacións político-económicas que ten unha comunidade territorialmente definida mediante a conxugación de poder e solidariedade. O estado é a forma de organización á que aspiran os pobos para considerar plenamente a súa existencia ou incluso a súa identidade política. Ainda que o estado é o encargado de organizar e representar ó pobo, tanto no plano interno como nas Relacións Internacionais; o pobo tamén está representado polos partidos políticos e incluso polos movementos de liberación nacional.

    O protagonismo internacional dos pobos colonizados foi recoñecido nas resulucións 1514 e 1541 onde se afirma textualmente que todos os pobos teñen dereito á libre determinación, e en virtude deste dereito determinan libremente o seu estatuto político e determinan libremente o seu desenrolo económico, social e cultural.

    A resolución 1803 sobre o dereito dos pobos á soberanía permanente sobre os seus recursos naturais, é outro dereito fundamental que aparece recollido nos dous pactos internacionais: o primeiro referente ós dereitos civís e políticos, e o segundo referente ós dereitos económicos, sociais e culturais e tamén aparecen na “Declaración Universal do Dereito dos Pobos” aprobada en Arxel o 4 de Xullo de 1976.

    A DISTRIBUCIÓN DO PODER NA SOCIEDADE INTERNACIONAL: CONCEPTO DE POTENCIA

    Dentro da sociedade internacional atopámonos con que os principais membros, os estados, desenpeñan un protagonismo maior ou menor en función do poderío e da súa diferente capacidade de intervención nos asuntos mundiais, e esta consideración lévanos á idea de potencia.

    Unha potencia é aquel estado máis ou menos poderoso segundo a súa capacidade de controlar e impoñer as reglas do xogo en varios ámbitos da vida internacional, acadando con esto algunha avantaxe.Dentro do concepto de potencia atopamos a idea de gran potencia que se pode definir como aquela cuia acción exércese en toda a extensión do ámbito da sociedade internacional en cuio marco opera, é dicir, que as grandes potencias son aqueles estados que teñen o potencial e a vontade para intervir ou ameazar con unha intervención militar e esto dunha forma decisiva, exercendo a súa influencia e hexemonía en toda a sociedade internacional. Tradicionalmente vense admitindo la distinción entre gran potencia e “IURE” e “DE FACTO” (de dereito e de feito), é dicir, aqueles estados que non xuntando os elementos propios dunha gran potencia síguense considerando como gran potencia, e polo contrario, aqueles estados que tendo as características das grandes potencias non foron recoñecidos como tais polo resto da sociedade internacional.

    Os elementos para considerar a un estado como gran potencia son:

  • A potencialidade material, ou simplemente a forza potencial, é dicir, o conxunto de recursos humanos, materiais ou organizativos de que dispón cada estado. Entre estos recursos inclúense os seguintes:

  • A riqueza material, é dicir, aqueles recusos naturais que son suficientes para ese estado, de tal maneira que non dependen do exterior.

  • Os recursos de monográficos, o que lle vai a permitir a máxima expansión da capacidade productiva dese estado.

  • Un desenrolo político e tecnolóxico, o que permite unha utilización óptima dos recursos que permitirá unha expansión económica e militar sen estar suxeitos a condicións externas.

  • Unha capacidade militar disuasoria, é dicir, a posibilidade de participar en conflictos armados internacionais, con garantías de éxito.

  • A autonomia e control económico.

  • A forza actual, é dicir, a mobilización efectiva de todas as capacidades estatais, para intervir no panorama internacional con fin de acadar os obxectivos que se fixasen en política exterior do goberno dese estado.

  • A vontade política, é dicir, o vínculo de unión entre os elementos interiores, e que consiste nunha capacidade de decisión e de execución que permite utilizar adecuadamente todos os recursos dispoñibles para acadar e manter unha posición dominante. A ausencia desta vontade política de convertirse nun gran potencia, ainda no suposto de que se dispoña de todos os recursos que permitan acadar unha posición dominante fará que nunca chegue a ser unha gran potencia, este sería o caso por exemplo dos EEUU durante o derradeiro cuarte de século XIX ata a súa participación na Primeira Guerra Mundial.

  • Dentro do concepto de potencia atopámonos coa noción de superpotencia que se pode definir como aquel estado con capacidade e vontade de exercer unha hexemonía absoluta na sociedade internacional, xa que dispón dun poderío militar de natureza nuclear susceptible de provocar unha guerra de destrucción masiva e que é capaz así mesmo, de poñer en perigo a propia existencia de toda a humanidade, dispoñendo asemade dun potencial económico e técnico que lle vai a permitir manter, e incluso incrementar o seu poderío militar e todo esto co obxecto de garantizar a súa capacidade disuasoria.

    Da definición de superpotencia despréndese unha serie de caracteres que nos permiten asimilar este concepto de superpotencia ó concepto de grandes potencias; ambos conceptos teñen o obxectivo de ocupar un lugar dominante no sistema internacional, ambos conceptos requiren unha capacidade e unha vontade de intervencionismo de carácter político, militar e económico nos asuntos mundiais, e finalmente caracterízanse estos conceptos polo feito de que no caos de conflicto armado estas potencias teñen moitas posibilidades de gañar a guerra, ainda que neste caso de que non chegue a estalar este conflicto armado o seu protagonismo internacional baséase na disuasión.

    A parte destas analoxías existen diferencias entre ambos conceptos:

  • As superpotencias dispoñen dun potencial bélico moi cualificado como é o armamento nuclear, cuia utilización provocaría o desencadeamento dun conflicto armado, cuios efectos terían que soportar toda a humanidade, independentemente do grado de participación no conflicto. En cambio as grandes potencias teñen capacidade para incorporar a un conflicto armado a terceiros países como belixerantes, en cambio as superpotencias poden por sí soas iniciar e concluír un conflicto armado sen necisidade de que interveñen terceiros países.Desta capacidade de destrucción real derívase unha capacidade disuasoria total, para poder manter esta capacidade disuasoria as superpotencias deben ter unha estructura económica e tecnolóxica que sexa susceptible de explicar o potencial bélico do inimigo, e deste potencial militar derívanse tres observacións:

  • Soamente pode atribuírse o carácter de superpotencia ós EE.UU. e á antiga URSS. Os restantes países ten un armamento nuclear moi limitado que non lles permite competir no campo da disuasión nuclear.

  • A mesma natureza do conflicto nuclear e sobre todo dos efectos que se derivan dun desencadeamento nuclear, tanto para as superpotencias como para os demais estados debilita e limita a violentada política de empregar o armamento nuclear.

  • Ainda que as superpotencias aspiran a exercer unha hexemonía mundial, esta debilidade de utilizar o armamento nuclear produce unha erosión nas aspiracións hexemónicas da superpotencia xa que son conscientes de que os seus intereses nacionais non poden conseguirse ó precio dunha guerra total que poña en perigo a humanidade.

  • Caracteres do concepto superpotencia:

  • Unha extensión territorial de grandes dimensións, esto supón un primeiro lugar que está garantizado o abastecemento de materias primas así como dos recursos enerxéticos e alimentarios, e por outro lado supón o despliege dos misiles nucleares con unha gran disposición, impedindo así a súa destrucción total en caso dun ataque inicial e por sorpresa do inimigo.

  • Un importante recurso demográfico, o que supón garantizar a producción que esixe a guerra armamentística.

  • Un control dos recursos económicos e tecnolóxicos.

  • Unha estabilidade política interior, xa que unha desestabilización no plano interior debilita a posición hexemónica exterior da superpotencia.

  • Un potencial nuclear convencional coa capacidade disuasoria suficiente.

  • Co desplome da antiga URSS, este concepto de superpotencia foi superado e fálase actualmente de potencia hexemónica que se aplica unicamente ós EEUU, xa que é a única potencia con influencia suficiente para establecer as reglas do xogo en todos os ámbitos mundiais. En segundo lugar existen as potencias medias, que son aquelas que debido ás súas dimensións e ós seus recursos naturais e materiais, unido á súa capacidade e vontade, están en vías de convertirse en grandes potencias.

    Finalmente existen as potencias rexionais, que son aquelas que carecendo de capacidade e vontade de exercer a súa hexemonía a escala mundial, interveñen económica, política, ideolóxica e militarmente nunha área xeográfica máis restrinxida.

    A función típica das potencias medias non é a de establecer elementos estables entre as superpotencias, senón de producir relacións hexemónicas nunha determinada rexión, a diferencia dos pequenos estados, as potencias medias desempeñan unha función catalizadora, e esta función de mediación prodúcese dunha maneira doble:

  • Atraen cara a sí a totalidade das demandas de transformación das estructuras internacionais dos pequenos estados, convertíndose desta forma en portavoces ante as grandes potencias.

  • As potencias medias manteñen unha políticas exteriores que responden ó protagonismo hexemónico dos grandes estados.

  • Durante moitos séculos o dereito internacional era o ordenamento xurídico dunha sociedade que estaba composta por estados europeos occidentais, que eran soberanos, xuridicamente iguais e entre eles existía unha gran homoxeneidade que se manifestaba nos aspectos políticos, económicos, sociais e culturais. O ser xuridicamente iguais estos estados, as relacións internacionais eran horizontais (de igual a igual).

    Actualemente a sociedade internacional experimentou unha profunda transformación pois xa non é exclusivamente interestatal e tampouco é homoxénea, senón que é heteroxénea como consecuencia da expansión dos suxeitos internacionais e entre eles as organizacións internacionais.

    Os Estados foron conscientes de que moitos dos problemas non podían ser resoltos no plano estrictamente nacional, xa que as súas solucións pasaban necesariamente pola cooperación entre eles como por exemplo na materia de telecomunicacións, ferrocarrís internacionais ou a navegación por ríos internacionais. Para realizar efectivamente esta navegación e ante a crenza institucional que ten a sociedade internacional; os estados recurriron a conferencias internacionais así como a tratados multilaterais. Estas dúas técnicas resultaron insuficientes e por eso recurriuse a crear uns mecanismos institucionalizados de cooperación permanente, nacendo desta maneira uns entes propios independentes co fin de acadar uns obxectivos colectivos, nacendo así as organizacións internacionais que en primeiro momento eran moi rudimentarias e só para aspectos técnicos.

    Actualemente diversificáronse e ocupan un lugar significativo na vida internacional, pero esto non supón nen o desprazamento do estado, que continua sendo a espiña dorsal da sociedade internacional, nen tan sequera a configuración dun goberno mundial, xa que non hai nengunha organización internacional nen tan sequera a ONU ou a Unión Europea que teñan unha competencia xeral que se poida comparar coa dun estado.

    Por outro lado, a expresión actor internacional, ponnos de manifesto unha realidade social de grupos que actúan e que se relacionan; actores internacionais serán aqueles grupos que teñen capacidade efectiva para xerar e participar en relacións internacionais con outros grupos que pertencen á identidade internacional, por tanto, eres actor internacional non por pertencer a un grupo social determinado senón por posuír a capacidade para crear e participar nas relacións internacionais.

    En canto á clasificación, habrá:

  • Actores internacionais, se a súa actuación se vincula a un ámbito xeográfico concreto, por exemplo: o estado.

  • Actores funcionais, se temos en conta a eficacia das súas funcións como por exemplo: as organizacións internacionais e as organización non gubernamentais.

  • Actores principais, que serán aqueles estados con maior capacidade de xerar relacións internacionais ou incluso organizacións internacionais supranacionais como sería o caso da Unión Europea.

  • Actores secundarios son aqueles que actúan en ámbitos que lles permiten os estados, ainda que a cooperación entre colectivos políticos é un fenómeno coñecido desde a Antigüidade como por exemplo: as confederacións das cidades gregas e ainda que houbo autores que xa propugnaban unha unión ou federación das nacións cristiáns ou civilizadas como por exemplo: as posturas do Abate Saint Pierre, que propugnaba que no século XV a creación da paz perpétua, ou as posturas de Kant ou de Bentham.

  • O certo é que a orixe das organizacións internacionais iniciouse no período que vai desde o final das guerras napoleónicas ata a Primeira Guerra Mundial.

    Neste período van a xurdir dous fenómenos que van a facilitar o nacemento das organizacións internacionais e que son as conferencias diplomáticas e o establecemento de estructuras institucionais permanentes.

    O primeiro destos fenómenos trae consigo o desenrolo da diplomacia. As potencias vencedoras nas guerras napoleónicas reúnense periodicamente en conferencias diplomáticas onde adoptaban unha serie de decisións que van a constituir un mero orde europeo, incluso, máis tarde intentarase solucionar os problemas que motiva a expansión colonial, xorden así conferencias diplomáticas para a paz, como as da Haya de 1889 e 1907. Estas conferencias todavía non son verdadeiras organizacións internacionais porque non teñen órgaos propios permanentes, é dicir, que vai a ser o segundo elemento, o que vai a propiciar o nacemento das organizacións internacionais, é dicir, institucións de carácter permanente e esto vén como consecuencia do desenrolo de transportes e da tecnoloxía, e así nacen xa as primeiras comunicacións fluviais que regulan xuridicamente a navegación por certos ríos internacionais.

    O paso seguinte é a creación de unidades administrativas internacionais que van a analizar dunha maneira permanente a acción concertada dos estados membros pero en sectores moi concretos e así xorde a unión telegráfica internacional en 1865, a unión postal internacional en 1874 ou a oficina para a saúde pública no 1904.

    Aunión destos dous procesos, a cooperación internacional e estructuras orgánicas é o que posibilita o nacemento das oganizacións internacionais, nacendo en 1919 a Sociedade de Nacións que é o primeiro paso dunha organización internacional de carácter universal e de competencia xeral, fracasou ó non poder impedir o estallido da Segunda Guerra Mundial e é a partir de 1945 cando vai a xurdir unha verdadeira proliferación de organizacións internacionais motivadas pola recitalización de organismos técnicos e polo rexionalismo internacional. Ó primeiro destos dous últimos fenómenos coñéceselle co nome de sistema das nacións unidas e o segundo destes fenómenos, é dicir, o rexionalismo xorde como consecuencia do fracaso do sistema de seguridade colectiva establecido na carta das Nacións Unidas e así xurdiu a OTAN, a Unión Europea Occidental ou o disolto pacto da Varsovia.

    Sen embargo, esto non significa que o fenómeno das relacións internacionais está en crise, senón que a tendencia xeral reflexa un incremento e unha consolidación das organizacións internacionais e así moi recentemente, naceu MERCASUR (Mercado Común do Sur), tamén xorde a Organización de Cooperación Africana e a Organización de Cooperación Económica do Mar Negro.

    Podemos definir á organización internacional como unhas organizacións voluntarias de estados, creadas por un tratado internacional que ten órgaos permanentes propios e independentes que van a xestionar intereses colectivos e que son capaces de expresar unha vontade xuridicamente distinta da dos seus membros.

    A súa composición é de carácter interestatal, é dicir, que están constituíndas case por estados, e esto permítenos distinguilas doutras entidades como son a confederación de estados ou os estados federais.

    O segundo elemento é que se crean por un tratado internacional, por regla xeral son actos propios dos estados e por eso as organizacións internacionais son suxeitos derivados ou secundarios, se se lle quere dar unha forma solemne a ese acto de constitución da organización internacional, entón, o acto fundacional, denominarase: carta, pacto, constitución ou estatuto. E este punto é precisamente o que diferencia ás organizacións internacionais das ONG, que son asociacións, fundacións ou institucións privadas froito da iniciativa privada, excluíndose todo acordo intergubernamental ou interestatal que se constituise de forma duradeira por persoas privadas, xa sexan físicas ou xurídicas, incluso de distinta nacionalidade que persiguen sen ánimo de lucro un obxectivo que é de interese internacional e que se crean de conformidade co dereito interno dun estado.

    O terceiro elemento é unha estructura orgánica, permanente e independente. Estos órgaos permanentes non é necesario que existan en todas as organizacións internacionais, basta con que existan órgaos administrativos que permitan o funcionamento normal da organización internacional.

    En toda organización internacional existen este tipo de órgaos:

  • Os órgaos deliberantes que son os dos estados membros, expoñen as súas opinións sobre asuntos de competencia da organización.

  • Os órgaos de decisión, que son aqueles que deciden os asuntos concretos para a marcha da organización.

  • Os órgaos adiministrativos, como son o secretario, o director xeral ou o presidente.

  • Os órgaos de control, este control pódese exercer de tres maneiras:

  • Un control xurídico, que o efectúan os tribunais.

  • Un control político, que o efectúan as asembleias ou parlamentarios.

  • Un control financieiro, que se realiza a través dos chamados tribunais de contas.

  • Os órgaos consultivos, que son aqueles que emiten opinións ou dictámenes sobre materias concretas que lle son requeridas polos órgaos superiores da propia organización.

  • Como derradeiro elemento, a autonomía xurídica. Todas as organizacións internacionais teñen unha personalidade xurídica distinta dos estados membros que forman a organización e ela é necesaria para o cumplimento dos fins para os que foi creada esa organización. E esta propia personalidade internacional maniféstase nunha vontade xurídica que é a competencia, que pode ser competencia interna, ou tamén chamada competencia Ad Intra, que permite que esos órgaos se doten dun regulamento interno para o seu propio funcionamento e en segundo lugar dunha competencia externa ou tamén chamada Ad Extra que lle vai a permitir establecer relacións internacionais con outros estados ou con outras organizacións internacionais.

    Por último en canto á súa clasificación as organizacións internacionais pódense clasificar en base a tres criterios:

    En primeiro lugar polos fins e así emos organizacións de fins xerais e organizacións de fins específicos. As primeiras son aquelas cuias materias interesan a todos os estados, como sería por exemplo o caso das Nacións Unidas e no segundo suposto as actividades céntranse en ámbitos moi concretos e así existen organizacións de carácter militar como sería o caso da OTAN ou da UEO. Tamén poden ser de carácter económico como o Fondo Monetario Internacional o incluso de carácter social como sería a OIT (Organización Internacional do Traballo).

    En segundo lugar pola súa composición e así habrá organizacións de ámbito universal e de ámbito rexional. As primeiras son aquelas que intentan satisfacer uns fins que interesan a todos os estados, e a ela pertencen as organizacións pertenecentes ó chamado sistema das Nacións Unidas e os de ámbito rexional son aquelas organizacións restrinxidas a un número determinado de estados, entre os que existen afinidades xeográficas, económicas, políticas ou incluso relixiosas, como por exemplo: a Unión Europea ou a Liga de Estados Árabes.

    En terceiro lugar polas súas competencias e así habrá organización de cooperación e tamén chamadas de coordenación, que son aquelas nas que as funcións desa organización desenrólanse a través da cooperación para acadar obxectivos comúns pero respetan a soberanía de cada un dos estados membros. En cambio, os de integración ou tamén chamados de unificación, cédesa voluntariamente o exercicio de competencias dos estados membros a órgaos comúns da organización que son os que van a dictar as pautas que necesariamente teránq ue seguir e obedecer os estados membros en aquelas materias sobre as que se cederon o exercicio da competencia.

    PRINCIPIOS E PROPÓSITOS

    A ONU é o intento máis amplio e acabado de toda a historia da humanidade de crear unha organización internacional que sexa capaz de manter a paz e a seguridade internacionais. E ademais é o primeiro propósito segundo establece o párrafo primeiro do artigo primeiro da Carta das Nacións Unidas.

    A ONU é unha organización internacional creada polo estados a través dun tratado internacional que se coñece co nome de Carta de San Francisco por selo lugar onde se firmou.

    A ONU non xurdiu dunha forma improvisada, senón através dun proceso laborioso no que cabe distinguir os antecedentes remotos e os antecedentes próximos desta organización internacional.

    Entre os antecedentes remotos atópase a Sociedade de Nacións pero finalizada a Segunda Guerra Mundial, os estados vencedores plantearon a cuestión de manter a Sociedade de Nacións ou de crear unha nova organización e optaron pola segunda postura, tendo en conta as amargas experiencias da Sociedade de Nacións. Non só por non poder impedir as anexións e reivindicacións territoriais de Hitler senón tamén por non haber podido impedir a Guerra Civil en España, ainvasión italiana en Etiopía, a invasión soviética a Finlandia e porque os EEUU non firmaran a Carta que deu orixe ó pacto das Nacións Unidas.

    Como antecedentes próximos á ONU atopámonos coa Declaración dos Aliados firmada en Londres o 12 de Xuño de 1941. Outro hito fundamental é a chamada Carta do Atlántico, do 14 de agosto de 1941 firmada nun lugar do Atlántico entre o presidente americano Roosevelt e o primeiro ministro inglés Churchill. A continuación vén a declaración de Washington, tamén coñecida como Declaración das Nacións Unidas, do 1 de Xaneiro de 1942, onde se establecen oito puntos sobre os casi vaise concebir as Nacións Unidas. Estos oito puntos son os seguintes:

  • Renuncia a toda expansión territorial.

  • Prohibición de cambios territoriais, contra a vontade dos pobos.

  • Respeto ó dereito que ten cada pobo a escoller libremente a súa forma de goberno, é dicir, o principio da autodeterminación dos pobos.

  • Igualdade de acceso para todos os estados ó comercio en materias primas.

  • Íntima colaboración dos estados en materia económica.

  • Establecemento dunha paz entre Nacións, que lles permita vivir con seguridade dentro da súas fornteiras e libres do medo ós homes.

  • Liberdade de mares.

  • Renuncia ó uso da forza e desarme dos países vencidos.

  • O cuarto punto fundamental na creación das Nacións Unidas, é a Declaración de Moscú, do 30 de Outubro de 1943, onde se volven a confirmar os puntos da declaración anterior e onde se crea un comité de expertos gubernamentais que comenza a redactar a Carta das Nacións Unidas. Este comité de expertos reúnese en Dumbertom Daks, onde se presenta o primeiro borrador da Carta das Nacións Unidas, pero faltaban por resolver problemas importantes como era, por exemplo, o dereito de veto, que se vai a resolver na Conferencia de Yalta no 1945 cando xa hai unha clara oposición e enfrentamento entre os aliados occidentais e a URSS.

    Outros problemas xurídicos que se van a resolver na Conferencia de San Francisco que ten lugar en xuño de 1945, co fin de poñer en funcionamento a nova organización. Esta conferencia estructúrase en catro comités, que son os seguintes:

  • Verificación (da firma da plenipotencia).

  • Dirección.

  • Executivo.

  • Coordenación.

  • Esta conferencia tamén se dividiu en catro comisións, que eran: 1) Disposicións Xerais, 2) Asembleia Xeral, 3) Consello de Seguridade -que se divide nunha permanente composta por cinco países: EEUU, Gran Bretaña, Rusia, China e Francia que teñen dereito de veto, e unha non permanente na que existen uns dez países; 4) Organización Xudicial.

    Estas comisión subdividíronse á súa vez en comités técnicos, e subcomités especiais.

    Para poñer en marcha todo o mecanismo de Nacións Unidas, tal como se prevee na Carta, firmouse un novo tratado que se coñece co nome de disposicións provisionais. A Asemblea Xeral de Nacións Unidas reúnese por primeira vez en febreiro de 1946 en Londres, unha vez que a Carta xa estaba en vigor, coa firma dos chamados catro grandes: Estados Unidos, Gran Bretaña, Rusia e China.

    O artigo 109 regula a revisión da Carta, sinalando que se celebrará unha conferencia xeral para revisar a Carta na data e lugar que determinen o voto das dúas terceiras partes dos membros da Asemblea Xeral e o voto de calesquera dos membros do consello de seguridade.

    Por medios non previstos na Carta, revisado pola resolución R/3349 de 1974, na que se pedía ós gobernos que formulasen propostas para un mellor funcionamento de Nacións Unidas pero que non supuxese reformar a Carta. O Secretario Xeral remitiu ós estados membros da organización un cuestionario sobre a revisión da Carta. Dos informes dos estados despréndense estas dúas posicións:

  • Unha revisión total da Carta suprimindo referencias arcaicas á II Segunda Guerra Mundial como por exemplo: estados enemigos, ou estado amante da paz.

  • Aqueles estados que pretenden unha reestructuración administrativa como serían, por exemplo, fortalecer o papel da Asemblea Xeral, modificar as condicións de ingreso na organización, crear unhas forzas permanentes para o mantenemento da paz (é dicir, cascos azuis) e crear un consello de dereitos humanos en sustitución do chamado comité dos vintecatro ou comité da descolonización porque este practicamente xa cumpliu todas as súas funcións.

  • PRINCIPIOS E PROPÓSITOS DA CARTA

    A Carta das Nacións Unidas comenza cun preámbulo no que se dí que nós, os pobos das Nacións Unidas proclamamos e a continuación veñen unha serie de intencións comúns que comezan xa a desenrolarse no capítulo primeiro, cuia rúbrica é propósitos e principios.

    Bretton sinala que os propósitos que constitúen a razón de ser da organización son o conxunto de fins comúns, mentres que os principios son os métodos e as normas reguladoras con arranxo ás casi a organización intentará cumplir os obxectivos comúns. O primeiro artigo da Carta sinala como principios os seguintes:

  • Manter a paz e seguridade internacionais, e a tal fin tomará as medidas colectivas para previr e eliminar as ameazas á paz, suprimir os actos de agresión e outros quebrantamentos da paz.

  • Fomentar entre as nacións relacións de amistade basadas no principio de igualdade de dereitos e da libre determinación dos pobos co fin de fortalecer a paz universal.

  • Cooperación internacional para solucionar problemas internacionais de carácter económico, social, cultural e humanitario, sen facer distincións por motivos de raza, sexo, idioma ou relixión.

  • Servir de centro que harmoniza os esforzos das nacións para acadar estos propósitos comúns.

  • O primeiro propósito é a acción coxuntural da pacificación. O mantenento da paz internacional é o obxectivo fundamental da organización ata o punto de que xa áparecía recollida na Declaración de Moscú de 1943. Cando dí que é “paz internacional” está dando a entender que Nacións Unidas non se vai a misturar en conflictos armados internos, coa excepción, cando éstos poñan en perigo a paz e seguridade internacionais. Pero ademais este propósito non só é un obxectivo da ONU senón de toda a Comunidade Internacional e esa é a razón pola cal no propio preámbulo da Carta dise que os pobos das Nacións Unidas están resoltos a preservar ás xeracións venideiras do perigo da guerra que durante dúas veces na nosa vida causou á humanidade sufrimentos indecibles.Este principio de manter a paz ten dúas vertentes, por un lado, a seguridade colectiva e por outro, o arranxo pacífico das controversias internacionais.

    O segundo propósito é a pacificación e democratización das relacións internacionais. Este propósito é de carácter amplio e comprende medidas de carácter moi amplias tanto de carácter político, económico ou social. O que no período de entreguerras coñecíase co nome de cambio pacífico. Este propósito supón fomentar a cooperación entre as nacións, a igualdade de dereitos e o principio da libre determinación dos pobos.

    O terceiro propósito é a cooperación para o progreso, é dicir, o incremento do benestar da poboación de cada estado. Cooperación que se manifesta en dous aspectos que son moi sensibles para os estados porque pertenecen á súa xurisdicción interna e que son as materias económicas, sociais e humanitarias que a ONU pretende que pasen a integrarse como dun obxectivo global do desenrolo. A segunda materia son os dereitos humanos e liberdades fundamentais.

    Finalmente, Nacións Unidas serve de centro harmonizador para acadar os propósitos anteriores.

    Os principios aparecen recollidos no artigo 2 da Carta, que constitúe o marco xeral no que se desenrola a actuación da propia organización e dos membros de Nacións Unidas pero non todos os principios aparecen neste artigo 2 senón que, o propio desenrolo da organización foi elaborando outra serie de principios que teñen a mesma validez e que aparecen recollidos na resolución 26/25 de 1970.

    Os principios comúns ó artigo dous da Carta e á R/26/25 son estos catro:

  • A igualdade soberana dos estados. O artigo 2 da Carta sinala que a organización baséase na igualdade soberana de todos os membros, esta é a razón pola cal a ONU non pode ser considerada como un estado ou superestado e a R26/25 matiza ademais que este principio ten dous elementos: todos os estados teñen dereito a vivir en paz con outos estados e en segundo lugar, todos os estados teñen dereito a elexir libremente a súa forma de goberno.

  • A boa fé. Todos os estados teñen que cumplir de boa fé as obligacións contraídas por eles de conformidade coa Carta das Nacións Unidas.

  • Arranxo pacífico das controversias internacionais, é dicir, que os estados arranxan as súas controversias por medios pacíficos de tal forma que non poñan en perigo nen a paz nen a seguridade internacionais nen a xustiza. Este principio supón dúas obligacións:

  • A escolla dos medios para arranxar pacificamente a disputa cuio fin é un arranxo pronto e xusto.

  • Que os estados se absterán de adoptar calquer medida que perxudique o arranxo pacífico da controversia e de calquer outra medida que agrave a situación que deu orixe á controversia.

  • Prohibición do uso da forza. Prohibición que ten a súa orixe na doctrina medieval da Guerra Xusta así como no Tratado de París de 1928 tamén coñecido como o Tratado de Briand-Kellogg e na Doctrina Calvo e na Doctrina Drago-Porter aparece recollida esta prohibición no artigo dous párrafo cuarto cando sinala que os membros da organización absteranse de recurrir ó uso da forza contra a integridade territorial ou a independencia política dun Estado. Esta prohibición ten o carácter de Ius Cogeus (normas imperativas recollidas no Ius Cogeus, normas que non admiten pacto contrario que só pode ser derrogada por outra de igual rango).O alcance obxectivo desta prohibición limítase ó uso da forza armada e así a resolución 33/14 sinala que esta prohibición exténdese non só ó uso da forza armada cuia infracción constitúe un crime contra a paz senón tamén que se inclúen dentro desta prohibición, o organizar ou fomentar a organización de forzas irregulares ou bandas armadas incluídos os mercaderes para facer incursións no territorio doutro estado, tamén se inclúe organizar ou axudar en actos de guerra civil ou de terrorismo internacional. Como excepción ó uso da forza, recóllese o dereito á lexítima defensa como reacción a un ataque armado, esta lexítima defensa pode ser individual ou colectiva o que explica que se invoque para a constitución de alianzas militares preventivas.

  • PRINCIPIOS PRIVATIVOS DA CARTA

  • O principio de asistencia a Nacións Unidas, é dicir, os membros axudarán á organización e absteranse de axudar a calquer estado contra o que a organización estivera exercendo algunha acción coercitiva.

  • Autoridade das Nacións Unidas sobre os estados non membros da organización e elo na medida en que sexa necesario para o mantenimento da paz e a seguridade internacionais e esto explícase unicamente polo carácter de universalidade que ten a propia organización, é o que Francisco Victoria denominaba autorictas totius orbis.

  • Excepción da xurisdicción interna dos estados, é dicir, Nacións Unidas non intervirá nos asuntos internos dos estados, a non ser que poñan en perigo a paz e a seguridade internacionais.

  • Finalmente, a resolución 26/25 establece outros tres principios que son privativos desta resolución:

  • A non intervención, é dicir, a non inxerencia.

  • Cooperación pacífica entre os estados, cooperación que se realizará independentemente das diferencias nos sistemas políticos, económicos e sociais e a súa finalidade é promover o progreso da economía mundial, o benestar xeral das nacións e a cooperación internacional sen nengún tipo de discriminación.

  • Igualdade de dereitos e a libre determinación dos pobos. Libre determinación que consiste no establecemento de estado soberano, a libre asociación ou integración noutro estado independente ou na adquisición de calquer outra condición política libremente decidida por un pobo, pero ten como contrapartida o deber de respeto polos outros estados e a prohibición do separatismo e da resistencia.

  • ESTRUCTURA E FUNCIONAMENTO DE NACIÓNS UNIDAS

    A condición de membro de Nacións Unidas supón gozar de todos os dereitos e cumplir todas as obligacións que impón a Carta. A Carta fai unha distinción entre membros orixinarios e membros admitidos, esta diferenciación é ós meros efectos de admisión xa que tanto uns como outros teñen os mesmos dereitos e as mesmas obligacións.

    O artigo 3 da Carta sinala que son membros orixinarios todos aqueles estados que participaron na Conferencia das Nacións Unidas ou firmaron a Declaración das Nacións Unidas de 1942, sempre e cando firmen esta Carta e a notifiquen, é dicir, que teñen a consideración de membros orixinarios todos aqueles países que loitaron ou simplemente declararon a guerra a Alemania durante a Segunda Guerra Mundial.

    O artigo 4 da Carta sinala que son membros admitidos todos aqueles estados que non sexan orixinarios e que sexan estados amantes da paz, que acepten as obligacións da Carta, que a xuízo da organización estén capacitados para cumplir ditas obligacións e que atopen dispostos a facelo.

    O primeiro destes requisitos é ser un estado, é dicir, que deberá cumplir os tres requisitos esenciais para ser considerado un estado no marco do dereito internacional: poboación, territorio e organización política.

    O segundo requisito é ser un estado amante da paz, este requisito é de carácter político e non de carácter xurídico. Hai moitas interpretacións acerca do que debe entenderse por amante da paz, para algúns estados significa haber declarado a guerra a Alemania mentres que para outros un simple incidente fornteirizo significa non ser amnte da paz. Actualmente este requisito carece de significado ó haber ingresado na ONU a maioría dos estados da terra.

    O terceiro requisito é aceptar as obligacións da Carta, é un requisito innecesario e superfluo xa que a firma da Carta supón loxicamente que se aceptan as obligacións e os dereitos.

    O cuarto requisito é que os estados estén capacitados para cumplir esas obligacións. Este é un requisito de carácter subxectivo que actualmente non ten moito significado.

    O derradeiro requisito é que o estado esté disposto a cumplir as obligacións. Este é outro requisito de carácter subxectivo ademais de superfluo e que actualmente non ten moito significado. Actualmente unha comisión da Asemblea Xeral, traballa para elaborar uns novos requisitos da admisión na organización.

    Os futuros membros da organización ademais de cumplir estos cinco requisitos, sométense a un proceso da adminsión, que decide a Asemblea Xeral a recomendación do Consello de Seguridade.

    O artigo 5 da Carta prevé que calquera estado que fose obxecto dunha acción preventiva ou coercitiva por parte do Consello de Seguridade poderá ser suspendido pola Asemblea Xeral e a recomendación do Consello de Seguridade do exercicio dos dereitos e privilexios inherentes a todo membro da organización.

    O artigo 6 da Carta prevee a expulsión de calquer membro da organización que violase sistematicamente os principios xerais da Carta. Na práctica non se produciu na historia das Nacións Unidas nen unha soa expulsión. Non está prevista na Carta a retirada voluntaria da organización, o único caso que se produciu foi a de Indonesia, que, en Xaneiro de 1965, anunciou a súa retirada voluntaria da organización a onde voltou en septembro de 1966, polos incidentes bélicos que se produciran en Malasia. Pero cando regresou mantivo a data orixinaria da súa incorporación á organización.

    En canto á estructura da organización, o artigo 7 da Carta di que son órgaos principais da organización: a Asemblea Xeral, o Consello de Seguridade, o Consello Económico e Social, o Consello de Administración Fiduciaria, o Tribunal Internacional de Xustiza e a Secretaría Xeral. Cada un de estos órgaos principais poderá crar todos os órgaos subsidiarios que estime necesarios para a consecución dos seus fins.

    A Asemblea Xeral está composta por todos os membros da organización, no que están representados por medio de cinco delegados e cinco suplentes. O seu funcionamento non é permanente. Reúnese unha vez ó ano en sesión ordinaria, sesión que comeza o terceiro martes de septembro de cada ano. Tamén pódese recurrir en sesións extraordinarias e sesións extraordinarias de emerxencia. As decisións en cuestións importantes adoptanse pola maioría de dous tercios dos membros presentes e votantes e o resto das cuestións apróbanse pola maioría simple dos membros presentes e votantes.

  • A Asemblea Xeral funciona en pleno ou en comisións. Existen comisións de seguidade, de asuntos económicos, de asuntos sociais, de administración fiduciaria e a comisión xurídica e política especial. Hai dúas comisións tamén de procedemento e que son: a) a Mesa da Asemblea que a forma o presidente da Asemblea Xeral, vinteún vicepresidentes e os presidentes de todas comisións; b) a segunda comisión de procedementos a de verificación de poderes, a competencia é amplísima e de carácter xeral, creáronse órgaos subsidiarios como a Comisión de Observación da Paz, o Tribunal Administrativo de Nacións Unidas, a Unicef, a Comisión de Desarme, o Comité Especial sobre as operacións de mantemento da paz e o Programa da Nacións Unidas sobre Medio Ambiente.

  • O Consello de Seguridade, a súa misión capital é o mantenemento da paz e da seguridade internacional. Está composto por quince membros, cinco deles de carácter permanente, que se coñecen co nome de cinco grandes e que son: EEUU, Francia, Reino Unido, a Federación Rusa e China; e dez non permanentes, que son escollidos por un período de dous anos. Pero segundo a resolución 1991 (do período de sesións XVIII) para a súa escolla terase en conta a distribución xeográfica equitativa e tendo en conta a si mesmo os distintos sistemas xurídicos imperantes no mundo.

  • O funcionamento do Consello de Seguridade é de carácter permanente por eso cada delegación ten que ter en cada momento un representante na sede de Nacións Unidas. Reúnese en sesións ordinarias e en sesións de urxencia dadas as súas competencias relativas á paz e á seguridade internacionais. Normalmente reúnese na sede das Nacións Unidas en Nova York, ainda que pode reunirse en calquer parte do mundo como ocurriu, por exemplo, en 1972 cando se constituiu en Addis-Abeba ou en Panamá en 1973.

    Creou tres tipos de órgaos subsidiarios: a) comisións principais, como a de desarme ou a comisión de estado maior para operacións do mantemento da paz; b) comités permanentes, como o de expertos ou o de admisión de novos membros e c) comités especiais, que pode ser de dúas clases: temporais que son creados para un conflicto determinado e concreto e aqueles que son creados para certas propostas que sinalan os membros permanentes do Consello de Seguridade.

    En canto ás rotacións distínguense dous tipos:

  • Cuestións de procedemento, nas que se require para a súa aprobación o voto afirmativo de novo membros e para as decisións das demais cuestións requírese o voto de novo membros afirmativos pero cinco deles teñen que ser necesariamente o de cinco dos membros permanentes do Consello de Seguridade. Esto supón que se un calquera dos membros permanentes vota en contra do proxecto de resolución, ainda que o resto vote a favor, non habrá decisión sobre a cuestión prantexada. Este sistema coñécese tecnicamente co nome de dereito de veto ainda que a Carta, denomínao, unanimiedade das grandes potencias.

  • En ocasións utilizouse o que se coñece co nome de doble veto que consiste en votar dúas veces en contra, a primeira cando se propón que unha cuestión sexa considerada ou non como unha cuestión de procedemento e a segunda, referente ó fondo do asunto. Hai varias técnicas para evitar o exercicio do dereito de veto como son, por exemplo, cando un membro permanente do Consello está ausente, enténdese que non exercita o dereito de veto como son, por exemplo, cando un membro permanente do Consello está ausente, enténdese que non exercita o dereito de veto, en segundo lugar, cando se abstén de votar, enténdese que non está exercitando o dereito de veto e en terceiro lugar, cando o presidente do Consello resume o debate sobre a cuestión, saca as conclusións, pegunta ós Estados se estas conclusións son en sentido xeral, en caso afirmativo adóptase a resolución sen que sexa necesaria a votación, é o que se coñece co nome do consenso.

  • Tribunal Internacional de Xustiza, é o órgao xudicial principal da ONU. O seu estatuto que por aplicación do artigo 92 da Carta, forma parte da mesma e que está composta por setenta artigos, constitúa un órgao autónomo da ONU. Son parte no estatuto do Tribunal ou da Corte, todos os estados membros das Nacións Unidas e todos os estados non membros de Nacións Unidas. O Tribunal ten dous tipos de competencias ou funcións:

  • Función contenciosa, que comprende tres aspectos:

  • Sobre aqueles asuntos que as partes o sometan, é o que se coñece co nome de compromiso.

  • Nos casos previstos nos tratados internacionais en vigor.

  • En aqueles asuntos que os estados non membros de Nacións Unidas lle sometan voluntariamente aquelas controversias internacionais que lles afecten, recoñecendo loxicamente a súa xurisdicción.

  • Emitir dictámenes sobre todas aquelas materias, sobre cuestións xurídicas que os estados membros ou organismo de Nacións Unidas o sometan.

  • Esta fomado por quince xuices ou maxistrados escollidos por un período de nove anos con posibilidade de reelección. As eleccións celébranse cada tres anos e afectan a cinco maxistrados. As condicións ou requisitos dos maxistrados é que reúnan unha alta consideración moral e cumplan as condicións que se esixan para acceder ó Tribunal Supremo de cada país ou gocen dunha alta competencia de coñecementos en dereito internacional.

  • Consello Económico e Social (ECOSOC). Composto por 54 membros, escollidos pola Asemblea Xeral segundo un reparto equitativo, xeográfico e son reelexidos. Nas súas sesións poden participar os estados non membros e reúnese dúas veces ó ano, unha vez en Xenebra e outra en Nova York e as súas sesión duran como mínimo un mes. Actúa a través de comités permanentes como son: recursos naturais, empresas transnacionais ou asentamentos humanos, actúa tamén en comisións técnicas como estatística e poboación, dereitos humanos e condición xurídica e social da muller ou ben comisións económicas rexionais que son cinco: para Europa, America Latina, África, Asia Occidental e para Asia e o Pacífico.

  • Consello de Administración Fiducidiaria, que creouse co fin de supervisar o réxime de administración dos territorios fidei-comisos pero actualmente cumpliu practicamente a súa función ó acadar practicamente todos os estados a independencia. O artigo 86 da Carta sinala que a súa función é tripartita, xa que está composto polos estados administradores destos territorios, polos membros permanentes do Consello de Seguridade e por todos aqueles membros que sexan necesarios para que haxa un equilibrio entre os administradores e as colonias administradas. Na práctica ó ter acadado os estados a independencia, esta composición é inviable e de feito está funcionando exclusivamente cos membros permanentes do Consello de Seguridade.

  • O Secretario Xeral. O artigo 97 da Carta establece que a organización contará cun Secretario Xeral e de todo o persoal que requira a mesma. A propia carta define ó Secretario Xeral como o máis alto funcionario administrativo da organización. As circunstancias políticas e a propia vida da organización influiron para que as súas funcións rebase a idea primitiva dun funcionario administrativo.

  • O Secretario Xeral é designado pola Asembleia Xeral a recomendación do Consello de Seguridade. O seu mandato é de cinco anos e é prorrogable. O persoal da Secretaría noméao directamente o Secretario Xeral. As funcións tanto do Secretario como do persoal da secretaría son de carácter internacional e en consecuencia non poderán recibir instruccións de nengún goberno nen de nengunha autoridade axena á organización, por eso o propio secretario tendrá que absterse naqueles actos que sexan incompatibles co carácter internacional da súa función. E por esta mesma razón os Estados non poderán influír no desempeño das súas funcións.

    A propia vida da organización foi ensanchando as funcións do Secretario Xeral, actualmente as funcións pódense reducir ás seguintes:

  • As de carácter administrativo.Neste punto inclúense funcións de carácter económico, organizativo e administrativo propiamente dito.

  • As de carácter xurídico. Como é por exemplo, o ser depositario dos tratados e da súa publicación.

  • As de carácter asesor. Como por exemplo, a presentación do informe anual sobre a organización.

  • As funcións coordenadoras. Como sería, por exemplo, cumplir e facer cumplir as decisións dos distintos órgaos da organización.

  • As de carácter político, diplomático e representativas.

  • AS ORGANIZACIÓNS ESPECIALIZADAS DE NACIÓNS UNIDAS

    Coa expresión, organismos especializados, faise referencia a unhas organizacións intergubernamentais que mediante un tratado internacional vincúlanse coa ONU e neste tratado internacional fíxanse as reglas da súa competencia e as condicións desa vinculación. Pódense distinguir grandes grupos:

  • Carácter económico, incluíndose neste grupo:

  • O Fondo Monetario Internacional creado en 1944, a súa función é garantizar a estabilidade dos tipos de cambio entre as distintas divisas, así como axudar ós países membros a facer frente ós desaxustes na balanza de pagos.

  • Banco Internacional de Reconstrucción e Desenrolo que está constituído por tres institucións: polo propio Banco Internacional de Reconstrucción e Desenrolo, pola Corporación Financieira Internacional e pola Asociación Internacional para o Desenrolo. Esta última ten como misión conceder préstamos ós países membros a intereses moi baixos e a longo prazo. E a Corporación Financieira Internacional ten como misión, conceder préstamos a empresas privadas nas mesmas condicións que a corporación anterior.

  • Organizacións de carácter técnico e científico. Inclúense: a Organización Meterolóxica Mundial, cuia misión é fomentar centros de investigación meterolóxica que permitan obter datos sobre os cambios climatolóxicos. En segundo lugar, a Organización da Enerxía Atómica, cuio fin é fomentar o uso da enerxía atómica por fins pacíficos.

  • Organizacións de carácter de transporte e comunicacións. Incúense: a Unión Postal Universal cuio fin é crear un territorio postal único; a Unión Internacional de Telecomunicacións cuio fin é asignar bandas de frecuencias para o uso de ondas radioeléctricas; e a Organización Marítima Internacional, cuio fin é garantizar a seguridade da navegación marítima.

  • Organización de carácter cultural. Inclúense:

  • A UNESCO, cuio fin é o desenrolo da educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións.

  • A Organización Mundial da Propiedade Intelectual, co fin de protexer os dereitos do próximo.

  • Organización de carácter social e humanitario. Inclúense:

  • A Organización Internacional do Traballo que adopta normas en materia de seguridade laboral e dereitos sindicais.

  • A FAO, cuia misión é erradicar a fame no mundo e para esto desenrola dous tipos de estratexia: en primeiro lugar, aportar recursos alimenticios a aquelas rexoóns que padecen fame; en segundo lugar, promover programas de explotación agrícola ou gandeira co fin de garantizar o autoabastecemento dos países máis pobres.

  • Fondo Internacional de Desenrolo Agrícola, que é unha organización dependente da FAO e cuios proxectos os financia ou ben directamente o fondo ou ben a través de outras institucións como o Banco Mundial ou o Banco Africano de Desenrolo.

  • Organización Mundial da Saúde. O seu fin é lograr que os estados almacenen o maior nivel de saúde posible e a súa actividade oriéntase á tención primaria da saúde e a erradicar as enfermedades endémicas, as enfermidades contaxiosas e todas aquelas que producen unha elevada mortandade.

  • A EVOLUCIÓN XERAL DA ORGANIZACIÓN

    Sendo Nacións Unidas unha organización política xeral e que posúe unha vocación de universalidade e unha composición case universal, é lóxico que os acontecementos ocurridos desde 1945 impactasen na organización, cuia evolución pódese resumir en tres etapas:

  • A primeira constituiría a chamada Guerra Fría. Caracterízase por un enfrentamento bipolar entre as dúas superpotencias. O centro de gravedade estaba no Consello de Seguridade que se viu paralizado na súa actividade polo exercicio do dereito de veto. A solución a este problema era desprazar este centro de gravedade cara á Asemblea Xeral, e esto en virtude da resolución R/377(K) do 3-11-50, que autoriza que se pasen as funcións do Consello de Seguridade cara á Asemblea Xeral cando a primeira está paralizada polo dereito de veto.

  • A segunda etapa é a descolonización. É o Consello de Seguridade o que toma conciencia de que a descolonización é un verdadeiro problema de dereito internacional. Esta segunda etapa ten tres eixos básicos que son: a R/1514 (XV), cuio título é Declaración de Independencia dos Países e Pobos Coloniais. O segundo hito nesta evolución é a R/1541 (XV) cuio título é si con motivo da independencia dos países e pobos coloniais existe ou non obligación de trasmitir por parte dos estados membros da organización e a título informativo o Secretario Xeral, toda a información que fose necesaria para transmitir as condicións económicas, sociais e educativas sobre os territorios non autónomos. O terceiro hito é a resolución R/2625 (XXV) ciuo título é Princípios que deben rexir as relacións de amistade e cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas.

  • A terceira etapa da evolución de Nacións Unidas é anova percepción dos fins e funcións da organización. Esta terceira etapa xira entorno a dúas ideas eixo:

  • A responsabilidade da organización ne posta en marcha de actividades operacionis tanto para conseguir o mantenemento da paz internacional como para conseguir o desenrolo e benestar das nacións.

  • A responsabilidade de Nacións Unidas respecto ó prantexamento de problemas globais que afectan á comunidade internacional no seu conxunto.Un destes problemas é o desenrolo e tratamento dos dereitos humanos.

  • CONSTITUCIÓN E DESENROLO

    As raíces históricas da idea europea remóntanse ó chamado movemento da unión paneuropea, fundado en 1924 polo Conde Kalergi que pretendía establecer unha especie de vínculo federal entre os estados europeos, idea que foi apoiada polo ministro francés de Asuntos Exteriores, Briand.

    Ë despois da II Guerra Mundial cando comezan a plasmarse os proxectos europeistas como conveniencia da división entre os dous bloques no mundo. E así a raíz do Plan Marshall norteamericano, créase unha organización que é a orixe da actual OCDE. Para levar á práctica estos proxectos europeístas celébrase na Haya en 1945 unha conferencia internacional na que se van a debatir dous conceptos básicos: si se crea unha organización de cooperación pero que non afectase á soberanía dos estados membros ou ben crear unha organización de integración de carácter xeral.

    En liñas xerais, Europa era partidaria da segunda idea, idea que foi obstaculizada por Gran Bretaña polo que cando se crea o Mercado Común este país vai a ser deixado de lado creándose unha organización de integración que vai a dar orixe á chamada Europa dos seis.

    O nove de maio de 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman dí que Europa non se construirá de golpe, senón mediante realizacións concretas creando previamente unha solidariedade de feito.

    Esta proposta francesa foi apiada inmediatamente por Alemania, Bélxica e Italia. Luxemburgo e os Países Baixos negocían rapidamente un tratado polo que se crea en París o 18 de abril de 1951 a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA).

    Ó mesmo tempo coménzase a negociar, dado o problema da Guerra Fría e a URSS, un tratado que daría orixe á Comunidade Europea de Defensa que establecería a creación dun exército europeo que non chega a constituirse porque o Parlamento francés non chega a ratificar este tratado.

    Sen embargo a construcción comunitaria non quedou detida e para continuar desenrolando esta idea comunitaria de integración os Ministros de Asuntos Exteriores da Europa dos Seis reúnense en Mesina para dar un impulso á construcción europea, impulso que se coñece co nome de “Rélence europeense”, do que nace no 1957 polo Tratado de Roma a Comunidade Económica Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (CEEA) ou tamén EUROATOM.

    A primeira ampliación da Europa dos Seis prodúcese no 1972 coa adhesión do Reino Unido e Dinamarca e aínda que Noruega solicitara a mesma esta non foi aprobada polo Parlamento Noruego quedando desta forma ó marxe do Mercado Común.

    A segunda ampliación da Europa Azul prodúcese no ano 1981 coa incorporación de Grecia. No ano 1986 incorporouse España e Portugal. O 1 de Xaneiro de 1987 fírmase a Acta Única Europea firmada simultaneamente na Haya e en Luxemburgo. O 7 de Febreiro de 1992 fírmase en Mastrich un novo tratado polo cal esta Europa pasará a denominarse Unión Europea.

    Este Tratado de Mastrich que entrou en vigor o 1 de Novembro do 1993 establecía que pasados cinco anos se reunise unha Conferencia Intergubernamental, que se reuniu en 1196 en Corzó que estableceu un proxecto do cal nacería o Tratado de Amsterdam do 2 de outubro do 1997 e que entrou en vigor o 1 de maio de 1999.

    As disposicións finais do Tratado de Amsterdam prevén a súa reforma dentro de cinco anos co fin de acadar unha nova ampliación para os países da Europa Central e Oriental. Este Tratado de Amsterdam non outorga personalidade xurídica internacional á Unión Europea, pero sí mantén a personalidade xurídica internacional das tres comunidades europeas.

    As comunidades europeas están dotadas dunha personalidade xurídica internacional que se recolle nos seus tratados constitutivos. Estos tratados sinalan unha serie de obxectivos específicos, ainda que as tres comunidades baséanse nos mesmos princípios, que veñen a ser como unha especie de aspectos parciais da integración europea. Estos princípios comúns inclúen as ideas básicas da estructura institucional das comunidades, así como das normas básicas escritas e non escritas.

    No Tratado da Comunidade Europea postula que os Estados firmnates se declaran conscientes de que Europa non se constituirá máis que con realizacións concretas que creen, en primeiro lugar, unha solidariedade de feito, e mediante o establecemento de bases comúns de desenrolo económico.

    O Plan de Integración comprende o que Opheüls denominou unha planificación interna, contida en cada tratado e que son os obxectivos que ten cada unha das tres comunidades, e contén temén unha planificación externa, que se refire ó proceso global de integración.

    Este plan unitario céntrase en tres obxectivos:

    • A renuncia progresiva á soberanía.

    • A integración económica como medio principal de conseguir a evolución.

    • Consecución de obxectivos coas institucións xa existentes.

    As comunidades teñen uns órgaos principais e quedaron unificados en virtude do chamado Tratado de Fusión e que se poden reducir ós seguintes:

  • A Comisión. Tamén se lle coñece co nome de conciencia das comunidades por ser a encargada da facer cumplir os tratados e o chamado dereito derivado. A comisión está formada por 17 membros que exercen as súas funcións con independencia do Estado que os nombrou e só actúan en interés das comunidades. O seu nomeamento será de catro anos e as súas funcións redúcense ás seguintes:

  • Defensa do dereito comunitario. En caso de infracción tanto do dereito orixinario como do dereito derivado, a Comisión iniciará un procedemento ante o Tribunal de Xustiza Comunitario.

  • Ten o poder de iniciativa lexislativa, é dicir, elabora os proxectos de normas comunitarias.

  • Ten facultades de decisión propias, como por exemplo, en materia de medidas de salvagarda.

  • Ten competencias en materia de relacións externas e incluso formulou declaracións como o respeto dos dereitos humanos ou as relacións este-oeste.

  • O Consello é o segundo órgao principal. É o órgao supremo decisorio da Unión Europea. Está composto por un membro de cada un dos estados-parte na Unión Europea. As súas competencias son as seguintes:

  • A facultade de decisión pois é o órgao que determina as liñas xerais da política comunitaria.

  • Harmoniza os intereses nacionais co interés comunitario, de aí que o seu carácter sea ambivalente, pois, por un lado, é unha institución comunitaria que exerce funcións comunitarias e que adopte obxectivos comunitarios e, por outro lado, os seus membros ó participar na adopción das decisións comúns están actuando en representación dos seus respectivos estados. Para adoptar as decisións sigue por regla xeral ó principio da maioría simple e excepcionalmente adopta a regla da uninimiedade.

  • O Consello está asistido polo Comité de Representantes Permanentes, coñecido co nome de COREPER, que se creou polo Tratado de Fusión de 1965, e a súa misión é preparar os traballos do Consello e executar os mandatos que esta dispuxese. Está formado por representantes permanentes dos Estados membros ante as comunidades co rango de embaixador.

  • O terceiro órgao principal é o Parlamento Europeo. É un órgao común ás tres comunidades. Actualmente está integrado por máis de 600 representantes escollidos nos Estados-membros por sufraxio universal e directo. Co Parlamento Europeo realízase o princípio de representación dos pobos dos estados reunidos na Comunidade. A organización interna do Parlamento Europeo inspírase nos Parlamentos Nacionais, é dicir, que ten plenos, comisións e presidencia. Pero os seus representantes, independentemente da súa nacionalidade, agrúpanse por afinidades políticas. As súas funcións non se parecen ás dun parlamento nacional. Ten:

  • Competencias consultivas, é dicir, emite dictámenes cando o esixen os Tratados consultivos ou o Consello.

  • Competencias de control, que se producen cando calquer membro do parlamento prantexa preguntas ou a comisión que está obligada a respostar.

  • Tamén realiza un informe anual sobre as actividades da Unión Europea; pode realizar unha moción de censura sobre a xestión da Comisión, decisión que terá que ser adoptada pola maioría de 2/3. Neste caso, os membros da Comisión terán que abandonar colectivamente as súas funcións.

  • Ten tamén competencias para aprobar o presuposto da Unión Europea e ten que emitir dictámenes en relación coa adesión de novos membros.

  • O cuarto órgao principal é o Tribunal de Xustiza Comunitario, que ten como misión asegurar o respeto ó dereito e facer a interpretación da lei e dos tratados. Está formado por trece xuíces que están aistidos por seis abogados xerais. As súas competencias son as seguintes:

  • Conter as infraccións do dereito comunitario.

  • Controlar a legalidade da actividade ou da inactividade dos órgaos comunitarios.

  • O exame da chamada cuestión prexudicial. Cando se prantexa esta cuestión ante un tribunal nacional, este poderá remitir ó Tribunal de Xustiza Comunitario a cuestión prexudicial. Este Tribunal non se pronunica sobre o fondo do asunto, senón sobre a interpretación do dereito comunitario ou sobre a validez do acto.

  • Tamén resolve o Tribunal os litixios entre os funcionarios da Unión Europea e as tres comunidades, así como as controversias que xorden entre a Unión Europea e os Estados membros.

  • Tamén emite dictámenes sobre a compatibilidade das disposicións dun tratado da Unión Europea e un proxecto de acordo sobre unha norma comunitaria.

  • O 24 de Outubro de 1988, creouse un Tribunal de primeira instancia que está composto por doce membros e as súas funcións son resolver recursos que interpoñan as persoas físicas ou as empresas e contra a sentencia que dicta esta tribunal poderase interpoñer recurso de cesación ante o Tribunal de Xustiza Comunitario.

    O Consello Europeo creouse inicialmente á marxe dos Tratados de Roma e de París e foi constitucionalizado pola Acta Única Europea de 1967, en cuio artigo 2 sinálase que estará composto por todos os Xefes de Estado ou de Goberno dos Estados-membros, que estarán asistidos polos Ministros de Asuntos Exteriores e por un membro da Comisión. Reunirase dúas veces ó ano.

    A orixe do Consello Europeo son as Conferencias Intergubernamentais celebradas na cumbre, é dicir, coa participación dos Xefes de Estado ou de Goberno dos Estados membros. A súa función é, fundamentalmente, a cooperación política, polo que a súa natureza é doble: por un lado, son reunión intergubernamentais de cooperación políticas celebradas ó máis alto nivel, e por outro lado, trátase dun órgao comunitario. Está asesorado por un Comité Político así como por unha Secretaría e aínda que as súas funcións son fundamentalmente de cooperación política, tamén ten competencias en política exterior.

    O Tratado de Mastrich do 7 de Febreiro de 1992, introduciu varias modificacións con respecto ás comunidades europeas, creándose o mero marco xurídico necesario para o proceso de integración baixo a denominación de Unión Europea, cuia misión , dí o artigo 4, será organizar de modo coherente e sólido todas as relacións entre os Estados membros e entre os pobos.

    Este Tratado de Mastrich teoriza os tres pilares sobre os que se apoia a Unión Europea:

    • O primeiro pilar son as comunidades europeas.

    • O segundo pilar é a política exterior e a seguridade común.

    • E o terceiro pilar é a cooperación nos ámbitos de xustiza e interior.

    O Tratado de Amsterdam, de outubre de 1997, que entre en vigor o 1 de maio de 1999, sinala no artigo 2 os novos obxectivos da Unión Europea: promover o progreso económico e social creando un espacio sen fronteiras interiores, fortalecer a cohesión económica que implicará unha moeda única, realizar unha política exterior e de seguridade común que conducirá a unha defensa común, desenrolar un espacio de liberdade, seguridade e xudicial controlando as fronteiras exteriores e regulando o asilo, a inmigración, así como a prevención eloita contra a delincuencia.

    O artigo 6 establece os principios nos que se basea a Unión e que son a liberdade, a democracia e o respteo ós dereitos e liberdades fundamentais, así como ó estado de dereito.

    O DEREITO COMUNITARIO

    Como caracteres do dereito comunitario sinálase a obligatoriedade,a complementariedade, que establecen uns principios comunitarios básicos que son a primacía, a aplicación directa e o efecto directo.

    Pódese dividir en varios apartados:

  • O Dereito orixinario, que o forman o Tratado de París de 1951 polo que se cosntitúe a CECA (Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro), o Tratado de Roma de 1957 polo que se crea a CEEA (Comunidade Europea da Enerxía Atómica, tamén chamada Euratom). Forman parte deste dereito orixinario tamén todas as modificacións destos tres tratados, e que son:

  • O chamado Tratado de Fusión de 1965, polo que se crea unha comisión e un consello único.

  • As actas de adesión de Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido de 1972, a adesión de Grecia no 1979, a de España e Portugal no 1985 e a adesión de Austria, Suecia e Finlandia de 1994.

  • Tamén se inclúe dentro do dereito orixinario, a Acta Única Europea de 1986, o Tratado de Maastrich do 7 de febreiro de 1992 e finalmente o Tratado de Amsterdam do 2 de outubro de 1997 e que entrou en vigor o 1 de maio do 1999.

  • O segundo grupo é o do dereito de vivedo dentro deste apartado inclúese:

  • O regulamento que é a norma comunitaria por excelencia e pode ser de dúas clases:

  • Reglamentos de base, que son aquelos que resultan directamente dos tratados.

  • Reglamentos de execución, que son aquelos que desenrolan ós anteriores.

  • As características son as seguintes:

  • Teñen un alcance xeral, é dicir, lexíslase abstractamente.

  • É obligatorio en todos os elementos.

  • É de aplicación directa, é dicir, que unha vez publicado pola Unión Europea incorpórase directamente e dentro do dereito interno, tendo ademais efecto directo, é dicir, que pode ser invocado polos particulares e ten primacía, é dicir, prioridade sobre calquer norma ou lei de calquer rango nos Estados membros da Unión.

  • A directiva é fundamental na segunda norma. A directiva non é de carácter xeral, obliga unicamente a uns destinatarios, é dicir, ten rango de lei, todos os estados están obligados ó seu cumplimento, é dicir, ten alcance xeral (obxectivo de carácter xeral). A súa finalidade é fixar un obxectivo que obliga en canto ó resultado, quedando en mans das autoridades nacionais a competencia en canto e os medios e as formas. Os medios son as institucións xurídicas que van a conseguir o resultado indicado; en cambio, as formas son as técnicas lexislativas.

  • A decisión. As súas características son as seguintes:

  • Pódese dirixir a un estado ou a un particular.

  • É obligatoria en todos os seus elementos en todos os seus elementos, é dicir, que o destinatario non ten unha marxe de apreciación.

  • Ten un carácter ambivalente porque cando se dirixe a varios estados membros, entón, participa do carácter da directiva, xa que son os estados os que teñen a obligación de facer e, polo contrario, cando se dirixen ós particulares entón teñen o carácter de regulamento, é dicir, que os particulares teñen a obligación de cumplilo integramente.

  • En canto á súa formalidade externa, teñen que ser firmados ou motivados polo refrendo externo.

  • En canto á súa elaboración, pódeas propor o Consello ou a Comisión e entran en vigor cando son notificadas ós seus destinatarios, unha vez publicadas no DOCE (Diario Oficial da Comunidade Europea).

  • Recomendacións e dictámenes. Non teñen forza obligatoria e polo tanto non vinculan, son simplemente instrumentos útiles de orientación. Os dictámenes expresan unha opinión mentres que as recomendacións son invitacións e adoptan unha determinada conducta.

  • O dereito nacido dos tratados internacionais que firmen cada un dos estados membros con outros estados ou con organizacións internacionais.

  • As fontes non escritas. Neste grupo inclúense:

  • A costume, que é practicamente inexistente na Unión Europea e elo débese a que a costume necesita moito tempo para que un uso poida ser considerado como costume e o dereito comunitario é unha ciencia do dereito moi nova.

  • A xurisprudencia formulada polo Tribunal Internacional de Xustiza que emprega uns métodos de interpretación como son o sistemático ou o teleolóxico e establece o Tribunal uns principios xerais comúns a todos os estados membros e que se poden reducir nos seguintes:

  • Dereitos fundamentais da persoa.

  • Principio da seguridade xurídica, como por exemplo a prescripción ou o principio de non retroactividade das leis.

  • Principio de igualdade sen discriminación de nacionalidade ou de sexo.

  • Principio de protección contra as intervencións arbitrarias ou desproporcionadas.

  • Principio da proporcionalidade, é dicir, que as normas comunitarias téñense que limitar estrictamente ó obxectivo buscado e tan só require os mínimos sacrifícios que son posibles para alentar os obxectivos sinalados.

  • OS FUNDAMENTOS DA UNIÓN EUROPEA: LIBERDADES E POLÍTICAS

    RELACIÓNS EXTERNAS

    As Comunidades Europeas teñen unha personalidade xurídica internacional de carácter funcional, é dicir, que dispoñen dunha capacidade de obrar limitada polos tratados fundacionais. As súas competencias exteriores céntranse na celebración de Tratados, en relacionarse con outras organizacións internacionais, no dereito de legación activo e pasivo (enviar e recibir embaixadores) e a responsabilidade internacional.

    Estas competencias exérceas o Consello e tamén as Comunidades Europeas teñen competenicas expresas en materias de réxime monetario, medio-ambiente, desenrolo tecnolóxico, en materia político-comercial común, en materia de política de explotación e exportación comercial. Tamén ten unhas competencias subsidiarias co fin de paliar as insuficiencias das súas facultades para a consecución dos seus obxectivos.

    Os Tratados Internacionais son o principal instrumento da Unión Europea para exercer as competencias en materia de relacións exteriores. A negociación do Tratado corresponde á Comisión pero seguindo as liñas xerais do Consello e será o Tribunal Internacional de Xustiza Comunitaria quen vai a controlar a legalidade desas relacións exteriores e a súa compatibilidade co dereito comunitario.

    A Unión Europea mantivo relacións con otras organizacións internacionais como por exemplo a FAO ou coa Organización Mundial do Comercio. Ten dereito a acreditar axentes diplomáticos a nivel de calquer rango, ou ó chamado dereito de legeción activo, e pode recibir a todos aqueles axentes diplomáticos que se acrediten ante eles, é o chamado dereito de legeción pasivo.

    A POLÍTICA DE COOPERACIÓN Ó DESENROLO

    O artigo 8 do Tratado da CEE prevee o desenrolo progresivo dun mercado común no prazo de doce anos, pero a súa implantación foi un fracaso. Por eso a Acta Única Europea no seu artigo 8ª, que se corresponde co actual artigo 17 do Tratado de Amsterdam, establece un segundo período progresivo de mercado interior.

    Este mercado interior supón eliminar todas as trabas ós intercambios intracomunitarios co fin de fusionar os mercados nacionais nun mercado único que funcione como un verdadeiro mercado interior, e esto supón a creación dun espacio sen fronteiras interiores onde se garantice o exercicio das catro liberdades fundamentais da Unión Europea:

  • A libre circulación de mercancías que é o verdadeiro núcleo do mercado común e esto supón:

  • Por un lado, eliminar as prohibicións que obstaculicen a libre circulación intercomunitaria dos productos.

  • Por outro lado, a implantación dun arancel único común de carácter exterior.

  • A libre circulación de persoas que perminten ós nacionais dos estados-membros da Unión desprazarse dun estado a outro membro da Unión co fin de exercer unha actividade económica.

  • A libre circulación de traballadores consiste na posibilidade que teñen os nacionais dun estado-membro para desprazarse a outro estado-membro da Unión co fin de exercer unha actividade económica asalariada ou por conta allea.

  • A libre circulación de servizos que está constituída polo exercicio de actividades non asalariadas sen insteleción, é dicir, a prestación de servizos por nacionais dun estado-membro que se establece nun país da Comunidade Europea pero que non é o destinatario da prestación.

  • O Tratado de Maastrich preveía a Unión Monetaria que conlevaba necesariamente estos dous elementos:

  • A deteminación dos tipos de cambio das moedas dos estados-membros entre sí e o seu tipo de cambio en relación co EURO.

  • Supón tamén a sustitución progresiva das moedas nacionais por unha moeda única: o EURO.

  • O funcionamento dun sistema europeo de bancos centrais a través do Banco Central Europeo que vai a ter un carácter federal.

  • Por outro lado a política exterior e os ámbitos de xustiza e asuntos de interior cosntitúen os dous pilares que se complementan co outro pilar que é as comunidades europeas, e sobre estos tres pilares susténtase actualmente a Unión Europea; pero estas políticas son de cooperación intergubernamental, é dicir, foron creadas ó marxe das comunidades europeaspols estados-membros.

    A orixe desta organización entre os estados-membros da Unión ten a súa orixe no informe de Luxemburgo de 1970 que se regula xuridicamente por primeira vez na Acta Única Europea. O Tratado de Mastrich establece certos cambios nesta materia de política exterior que comprende todas aquelas cuestións de política exterior alleas á Unión Europea pero que son de interese común para os estados-membros da Unión.Os principios básicos en materia de política exterior e de seguridade común son os seguintes:

  • Coherencia entre todas as accións da Unión Europea.

  • Respeto á independencia e integridade da Unión de conformidade coa Carta das Nacións Unidas.

  • Fortalecemento da seguridade da Unión en todas as súas formas.

  • O Tratado de Amsterdam de 1999 engade as consolidacións das democracias e do estado de dereito.

  • Como obxectivos a esta política exterior o Tratado de Amsterdam no seu artigo 11 establece estos catro puntos:

  • Defensa dos valores comúns e independencia da Unión.

  • Fortalecemento da Unión.

  • Mantemento da paz e seguridade internacionais de conformidade coa Carta das Nacións Unidas, de conformidade coa Acta Final de Helsinki e de conformidade coa Carta de París para unha nova Europa.

  • A consolidación da democracia e do Estado de dereito.

  • Para conseguir o anterior o Consello Europeo vai a sinalar as directrices de política exterior e seguridade común, en segundo lugar o Consello vai a ser a base desa política exterior en relación co seguinte mecanismo: o Presidente do Consello, asistido polo estado-membro que exerceu previamente a presidencia, xunto co estado-membro que vai a desempeñar a presidencia, o que en argot comunitario se coñece co nome da “troika”, que vai a representar á Unión Europea en materia de política exterior. O Tratado de Amsterdam desenrola a figura do representante do Consello en materia de política exterior.

    O Tribunal de Xustiza Comunitario non vai a controlar as normas comunitarias nesta materia de política exterior, excepto naquelas materias que reciben o nome de pasarelas; finalmente en materia de cooperación nos ámbitos de xustiza e asuntos internos (J.A.I.), os estados poden efectuar consultas ó Consello, pero o Tratado de Amsterdam introduce o título VI que actualmente constitúe o terceiro pilar da Unión, e que comprende os arículos 29 e 42, ambos inclusive, que recolle o JAI, que se denominan como asuntos de cooperación policial e xudicial en materia penal. O artigo 35 do Tratado de Maastrich establece a competencia dos en materia de mantenemento do orde público e seguridade interior.

    O terceiro pilar de política exterior vai a ser o Consello, o que execute as directrices xerais da Unión Europea, o Tratado de Amsterdam no título VI sobre cooperación policial e xudicial sinala como obxectivos da Unión Europea ofrecer ós cidadáns un alto grado de seguridade dentro dun espacio de liberdade, seguridade e xustiza nos ámbitos policiais, xudiciais e a loita contra o racismo e a xenofobia.; para esto loitarase contra a delincuencia organizada e concretamente contra o terrorismo, a trata de seres humanos, os delitos contra os nenos, contra o tráfico ilícito de drogas e de armas e contra a corrupción e o fraude; e esto conseguirase a través da creación dunha oficina europea de policia de policia, a EUROPOL, a a través dunha harmonización da lexislación interna dos Estados.

    O artigo 30 do Tratado de Amsterdam establece a acción común en materia policial, cooperación que califica de operativa, concretamente na recollida, almacenamento, tratamento, análise e intercambio información a través da EUROPOL o que significa intercambio de funcionarios policiais e a creación dunha rede de investigación, documentación e estatística sobre delincuencia tranfronteiriza.

    A COOPERACIÓN POLICIAL E XUDICIAL EN MATERIA PENAL

    O artigo 31 do Tratado de Amsterdam fala de cooperación xudicial e inclúe estos cinco puntos:

  • Cooperación entre autoridades xudiciais en relación cos procedementos e a execución da sentencia.

  • Unificar dentro do posible a lexislación interna dos estados para facilitar unha maior cooperación nesta materia.

  • Facilitar a extradición.

  • Fevitar os conflictos de xurisdicción entre os estados.

  • Adoptar as medidas que sexan necesarias para o establecemento dunhas normas mínimas, relativas ós delitos referentes á delincuencia organizada, o terrorismo e o tráfico ilícito de drogas.

  • O artigo 34 establece que o Consello poderá adoptar decisións marco co fin de unificar as disposicións legais dos estados-membros e poderá celebrar tamén tratados internacionais co fin de conseguir os obxectivos da Unión Europea.

    O artigo 35 do Tratado de Amsterdam sinala que o Tribunal de Xustiza Comunitario segue sendo competente sobre a cuestión prexudicial e sobre a interpretación das decisións marco, sen embargo non é competente, é dicir, non pode xuzgar aqueles actos relativos ó mantemento do orde público e seguridade interior, e se é competente, é dicir, que pode xuzgar as controversias que xordan entre os estados membros da Unión referente a todos aqueles actos que calquer estado realizase en materia de cuestión prexudicial.

    O artigo 42 regula a posible comunitarización de determinadas materias que terá que ser realizada polo Consello e previa consulta do Parlamento Europeo.

    O capítulo VII fai referencia á cooperación reforzada ou de doble velocidade. Poderán realizala voluntariamente os Estados da Umión en determinadas materias pero con arranxo a estos requisitos:

  • Que sexa co obxectivo de impulsar os principios e obxectivos da Unión.

  • Que se respeten estes obxectivos e principios da Unión.

  • Que sexa como derradeiro recurso, sempre que os tratados da Unión non o consegiran.

  • Que sexan practicamente maioría os estados que se impliquen nesta cooperación reforzada, que non afecte ós dereitos e obligacións do resto dos estados e que se deixe a posibilidade de que o resto dos estados participen voluntariamente nesta cooperación reforzada.

  • Dentro da política de cooperación ó desenrolo no artigo 177 do Tratado da Comunidade Europea (CE) sinálanse estos obxectivos:

  • O desenrolo económico e social duradeiro dos países en desenrolo.

  • A inserción progresiva dos países en desenrolo na economía mundial.

  • A loita contra a pobreza nos países en desenrolo.

  • O desenrolo e consolidación da democracia do Estado de Dereito e o respeto ós dereitos humanos e liberdades fundamentais.

  • Este derradeiro obxectivo consíguese a través das chamadas clausulas de democracias e clausulas de dereitos humanos. Clausulas que se materializan a través de dous tipos de medidas:

  • As chamadas accións positivas que son aquelas que van dirixidas a formentar o respeto ós principios democráticos e dos dereitos e liberdades fundamentais.

  • A través das chamadas accións negativas que consisten na supresión ou reducción das axudas en caso de violacións destos principios ou dereitos, podendo chegar incluso á suspensión ou á tramitación dos acordos desta cooperación no caso de violación sistemática dos principios e dos dereitos e liberdades fundamentais.

  • INTRODUCCIÓN

    Unha diferencia fundamental entre, por un lado, os estados e as organizacións internacionais, e por outro, as ONGS, as empresas transnacionais, os movementos de liberación... estriba en que os estados e as organizacións internacionais son suxeitos de dereito internacional na mesma medida en que este ordenamento os prevee dunha serie de dereitos e deberes (recibir axentes diplomáticos, ser responsables internacionalmente...) A diferencia desto, as ONG, empresas transnacionais, etc. non teñen unha subxectividade plena, tan só teñen unha capacidade xurídica parcial.

    Todos os suxeitos do dereito internacional son ademais actores da sociedade internacional pero non todos os actores da sociedade internacional chegan a ser suxeitos do dereito internacional.

    As forzas transnacionais da sociedade internacional son definidas polo profesor Truyol como os elementos democráticos da sociedade internacional. A profesora Gardel definiunas como aqueles fluxos que parten dunha iniciativa privada e non pública e como corresponde a todo actor internacional inflúen na sociedade internacional.

    Por ONG entendemos as forzas transnacionais que escapan en gran medida ó control das autoridades gubernamentais. En concreto a definición do profesor Merlé, que entende todo grupo, asociación ou movemento constituído de forma duradeira por particulares pertenecentes a diferentes países con finalidade non lucrativa. As razóns da existencia das ONG poden ser as seguintes:

  • O crecimento rápido e incluso vertixinoso das comunicacións.

  • A toma de conciencia dunhas necesidades que nen os gobernos, nen os estados nen tan sequera as ONG poden satisfacer.

  • Os caracteres concretos das ONG poden ser os seguintes:

  • A iniciativa privada, é un rasgo inherente ás ONG. As ONG nacen á marxe de toda iniciativa gubernamental e intergubernamental. Podríanse atopar excepcións, pero non excepcións concretas, existen casos de ONG creadas por iniciativa de certos organismos internacionais e por medio da UNESCO. Reune a particulares que non teñen porque recibir as súas consignas de nengunha autoridade de carácter gubernamental ou intergubernamental.

  • A espontaneidade que se combina coa solidariedade dos particulares que pertenecen a distintos estados. Cabe observar unha vocación internacional, na maioría dos casos as ONG están constituidas por movementos ou individuos que pertencen a distintos estados. A combinación de solidariedade e espontaneidade vai a permitir ós particulares participar na dinámica da sociedade internacional e a rede de intercambio que se establece vai a crear progresivamente un tecido social que pode actual nun doble sentido que a veces incluso é oposto porque por un lado a actuación das ONG amortigua o choque que existe entre os individuos e os gobernos e por outro lado pode actuar en contra da solidariedade nacional como xeradora de tensións que afectan á colisión entre os estados.

  • A heteroxeneidade, a diversidade deixase ver en varios ámbitos:

  • Implantación xeográfica: se houbese que destacar un lugar privilexidado é o continente europeo onde se agrupan a maioría das ONG, a este séguelle o continente americano, o continente asiático e africano sitúanse ó final da cola.

  • Estructura e organización das ONG. Hai grandes diferencias porque certas ONG reclutan ós participantes en diversos estados, outras ONG en cambio son federacións de asociacións nacionais e por tanto conservan unha autonomía moito maior.

  • Obxectivos a perseguir. A actitude das ONG interesa a un amplísimo abano de posibilidades, abarcan todos os sectores posibles da rama social. Esto é unha proba da internacionalidade cada vez maior que experimentan os problemas percibidos polos individuos.

  • A función das ONG ten que abordarse en función das relacións que se ven obligadas a manter por un lado cos estados e por outro coas organizacións gubernamentais de carácter internacional. A pesar da heteroxeneidade que as caracteriza, todos teñen un dato en común: son tratadas de igual forma polos interlocutores con que se vén obligados a tratar (estados e OIG).

  • As relacións cos estados. A situación das ONG en relación cos estados definiuse en moitas ocasións como unha situación incómoda, esta realidade débese a que o colectivo nunha outorgou ás ONG un estatuto xurídico adecuado á súa natureza e ás funcións que deben realizar. Estas relacións dependen da lexislación internacional de cada un dos estados onde decidiron fixas a súa sede. O problema que xorde neste punto é que as distintas lexislacións estatais son moi diferentes, hai lexislacións estatais protectoras das actividades das ONG, e outras limitadoras das actividades que as ONG levan a cabo no seu territorio. O caso belga caracterízase por dispoñer dunha lexislación infavorecedora das actividades da ONG. A pesar da ausencia dun estatuto internacional axeitado para que as ONG leven a cabo as súas funcións nos distintos estados, non se pode dicir en xeral que as relacións entre os estados e as ONG sexan malas. De todas formas tamén chegouse a xustificar que pode ter ventaxas o feito de que non exista un estatuto internacional axeitado. Esta pretendida ventaxa sería a posibilidade de evitar os riscos de intromisión das autoridades nos asuntos internos das ONG. Existen certos textos normativos, por exemplo, a Convención da Haya (que nunca chegou a entrar en vigor), a Convención de 1985 sobre o recoñecemento da personalidade xurídica das ONG (que sí entrou en vigor e agora mesmo agrupa no seu seo a máis de corenta estados, pero que non tivo unha aceptación xeralizada en todos os estados).

  • Relacións ONG-OIG. Esta relación non chegou a formalizarse a partir da instalación dun certo carácter de relacións na Carta das Nacións Unidas de 1945. No artigo 61 desta Carta introduciuse a posibilidade de conceder o estatuto consultivo a certas organizacións de carácter gubernamental. Este estatuto consultivo que agora mesmo teñen máis de mil ONG no mundo non se trata máis que dunhas reglas decididas e aplicadas por cada unha das OIG con respecto ás ONG para organizar a consulta coas ONG. A concesión ou a revocación do estatuto consultivo son regulados por cada unha das OIG e o recoñecemento de personalidade moral ou nengunha condición de subxectividadexurídica. Non implica máis que o recoñecemento dun mecanismo de consulta. Este mecanismo considérase como moi eficaz. As OIG encarnas os intereses dos estados (por exemplo, a ONU), en cambio as ONG representan intereses opostos, representan a individuos, grupos ...Así gracias a este estatuto consultivo chégase a poñer en relación ós indivios co Estado. De todas formas o estatuto consultivo chegou a sufrir en algúns momentos unha crise que se manifesta pola perda de confianza que certas OIG sufriron polas ONG, o que chamou a establecer un código en 1968, trátase dunhas disposicións que regulan a conducta que deben ter as ONG.

  • O PAPEL ACTUAL DAS ONG E AS SÚAS PERSPECTIVAS DE FUTURO

    Despois da Segunda Guerra Mundial celebrouse unha Conferencia anual onde se xuntaron corenta e dúas ONG. Agora mesmo, no ámbito mundial calcúlanse aproximadamente unhas 18000 ONG e máis de 1300 teñen o estatuto consultivo.

    As ONG xogaron sempre un papel moi importante no mundo das Relacións Internacionais, estiveron presentes en multitude de consultas realizadas por especialistas, gobernos, institucións e organizacións internacionais...Actualmente asistimos a unha multiplicación das ONG no ámbito das relacións internacionais en xeral e no ámbito das Nacións Unidas.Así dase un novo pluralismo que é o reflexo dun mundo cada vez máis interrelacionado.

    Ademais do sensible incremento de cooperación entre das ONG e a Organización das Nacións Unidas en determinados ámbitos como as accións humanitarias, no ámbito dos dereitos humanos, etc. lanzouse, desde finais dos 90, unha idea innovadora de crear unha segunda cámara popular no seo das Nacións Unidas.Esta idea conta con moitos apoios. Nesta idea de crear unha segunda cámara, podría estar formada por representantes das ONG e que os membros desta cámara podrían estar escollidos por sufraxio universal en todo o mundo. Esta proposta todavía completase con outra segunda proposta, no sentido de elevar o rango consultivo das ONG na ONU ó rango codecisionario. Esta iniciativa xeral xorde con forza no seo da Secretaría Xeral das Nacións Unidas no ámbito dos funcionarios, das ONG e entre os representantes de diversos estados.

    No que hai común acordo é en que debería constituírse un foro permanente da sociedade civil na ONU, canalizado a través das ONG.

    O actual Secretario das Nacións Unidas convocou para setembro a Asembleia dos Pobos do Milenio e iniciou as consultas e debate sobre esa Asembleia. A derradeira Conferencia Mundial da ONG celebrouse en Xapón o ano pasado, reunindo ás principais ONG co fin de establecer as bases da cooperación e os modos de reforzar a influencia da sociedade civil na consecución das metas da ONU, que tamén se consideran metas comúns das ONG. Neste cúmio estiveron convocados outros actores non estatais (alcaldes, medios de comunicación, etc.).Os pilares desta conferencia eran os seguintes:

  • Considerábase crucial atopar a maneira de aumentar a lexitimidade da participación das ONG no traballo das OIG, así tamén como o modo de persuadir ós gobernos desta lexitimidade.

  • A pretensión de proceder a un estudio da maneira en que as capacidades diversas das ONG poder ser mellor apreciadas polas estructuras intergubernativas.

  • Lograr unha evaluación das vías a seguir para que a tensión entre os gobernos nacionais e as ONG sexan manexadas en beneficio de ambos frentes.

  • No ámbito concreto da organización das Nacións Unidas estímase que as ONG poden chegar a ter un gran papel e contribuír a limitar o carácter marcadamente estadocéntrico da ONU, a democratizar a comunidade internacional institucionalizada no marco da ONU, a lograr unha maior transparencia na organización da ONU, a que se rebaixen os niveis de burocratización e a profundizar e xeralizar a labor da ONU en certos ámbitos como na colaboración para o desenrolo, protección dos dereitos humanos, para o desarme, das enerxias humanitarias. As ONG poden ter un papel moi importante de cara á eliminación do doble raseiro, á profundización das labores e á súa xeneralización.

    Podríase dicir que esta amplia realidade constituída polo movemento das ONG empeza a dar certos froitos tanxibles como un fenómeno a nivel mundial como na xa existente lexitimación en ámbitos cada vez máis amplios, autorregúlanse, xeraron códigos de conducta no marco internacional para garantizar a gobernabilidade mundial, conseguiron éxitos de xestión en campañas moi significativas.

    Outro punto que se pode considerar de cara ó futuro é que nunha realidade de crecente desemprego estarán empezando a xogar un papel chave ó manter unha gran parte da poboación activa.

    Ainda que as ONG non poden lograr unha solución para todos os problemas, agora mesmo supoñen o elemento máis esperanzador da sociedade civil, na medida en que poden aportar maior democratización, flexibilidade, pericia, coñecementos, uns sistema de redes internacionais que superan os límites da soberanía estatal e da territorialidade, etc. En definitiva, co seu papel de memoria, de crítica pública constitúen a vía para lograr unha reforma da sociedade internacional institucionalizada no marco das Nacións Unidas.

    AS INTERNACIONAIS DOS PARTIDOS POLÍTICOS E AS INTERNACIONAIS SINDICAIS

    Hai que empezar aludindo as diferencias que posúen tanto as internacionais dos partidos políticos como a dos sindicatos coas ONG. As ONG teñn como obxectivo exercer unha presión sobre o poder político (grupos de presión). A peculiariedade dos partidos políticos e os sindicatos é que non se contentan en actúar con un grupo de presión, o seu obxectivo non é só presionar, baséanse nunha identidade que deriva da ideoloxía política, que ten como fin ocupar os órgaos de poder.

    As internacionais dos partidos políticos nun primeiro momento configúranse como agrupación ideolóxica e non tanto como verdadeiras organizacións políticas. Durante a primeira mentado do século XIX os distintos sistemas políticos estaban fragmentados por un gran antagonismo político que permite ver a división entre conservadores e liberais. Este conflicto ideolóxico non foi o único, na segunda metade do XIX tivo lugar o gran conflicto entre socialistas e capitalistas. Realmente estas profundas discusións ideolóxicas marcaron a evolución posterior dos partidos políticos. Hai que dicir que os partidos políticos non se configuraron de maneira inmediata en organizacións ou internacionais políticas, tivo que haber unha serie de circunstancias.

    Causas que contribuíron á consolidación das organizacións internacionais:

  • A importancia que progresivamente adquire o comportamento nacionalista.

  • O feito de que os partidos políticos orientan a súa estratexia de acción ó acceso ó poder; eso implica que de algún modo teña que ver cos vínculos de solidariedade internacional que se crean basados nas afinidades ideolóxicas. Refórzanse estos núcleos por varios motivos que teñen que ver coas características peculiares da sociedade internacional.

  • A traxectoria histórica das internacionais dos partidos políticos iníciase coa AIT (Asociación Internacional de Traballadores) que foi promovida por Marx e por Engels e contou coa participación de varios representantes de países europeos.A pesares de que é citada como o primeiro exemplo de internacionalidade dun partido, non pode ser citada como tal porque tiña un compoñente sindical, pero marca o punto de partida de todas as demais internacionais. Foi disolta e o seu papel foi seguido pola II Internacional fundada en París, proseguiu coas actividades desenroladas pola I Internacional.

    Había que facer unha referencia á Internacional Obreira Socialista constituída no 1919 frente a asociacións comunistas, o desencadeamento da Segunda Guerra Mundial provocou a súa disolución.

    En 1946 constituíuse no Reino Unido o Comité da Conferencia Socialista Internacional que vén a continuar coas labores da internacional anterior.No 1951 modifica o seu nome polo de Internacional Socialista, que todavía se conserva na actualidade. Disfruta do estatuto consultivo ante as Nacións Unidas e celebra os seus congresos internacionais cun certa periocidade (3 anos).

    Pero hai máis internacionais de partidos políticos:

    • A Internacional Comunista: resultado da crise na Internacional Socialista antes da Primeira Guerra Mundial. Tamén recibe o nome de III Internacional, influíndo na súa formación a revolución bolcheviche.Foi fundada en Moscú por Lenin no 1919 e contou sempre coa tutelo do Partido Comunista da Unión Soviética.

    Existen outra serie de internacionais políticas que nacen con posterioridade á Segunda Guerra Mundial, etapa que marca os inícios da sociedade internacional contemporánea e na que se percibe unha doble tendencia, marcada por unha parte polo que se coñece como a apertura do espectro político, existe un novo abanico de posiblidades de organización política; a segunda tendencia é que emerxen tendencias rexionalistas que ó combinarse coa aparición de novas formas de organización política dase orixe a internacionais de partidos políticos de alcance rexional.

    Tras a disolución da Internacional Comunista e o acceso ó poder de partidos comunistas en Europa Central e do Este, empézase a poñer en evidencia a necesidade de organizar de forma internacional as accións dos partidos políticos.

    Así constitúese en 1947 a Oficina de Información dos Partidos Comunistas de todos os países excepto China, Grecia e Alemania. Esta oficina atravesou por diversas etapas, un momento crítico foi o que tivo lugar co conflicto ruso-iugoslavo que acabou coa organización.

    Outra internacional dos partidos políticos é a que nace ó terminar a Segunda Guerra Mundial en Oxford en 1947, trátase da Unión Liberal Mundial ou Internacional de Partidos Liberais integrada por partidos liberais de Europa Occidental, EEUU, Canadá, India e Israel. A súa sede fixouse en Londres e non tivo un papel protagonista debido a que a actividade política nos países de Europa Occidental xiraba en torno a unha polaridade máis ideolóxica.

    Hai que mencionar tamén a Organización Cristiano-Demócrata de América que nace no 1947, que ten que ver coa tendencia rexionalista e ten a súa sede en Santiago de Chile. Un pouco máis tarde fúndase a Unión Cristiano-Demócrata, que se fusiona coa anterior e forma a Unión Cristiano-Demócrata con sede en Roma. Que se viu reforzada polo papel excepcional que os partidos demócrata cristián desenrolaron no proceso de integración europea. No 1983 constitúese en Londres a Unión Democrática Internacional que agrupa a partidos de corte conservador.

    Sería necesario diferenciar as internacionais dos partidos políticos e os partidos políticos transnacionais. Os partidos políticos transnacionais é unha das formas máis características de organización non gubernamental de natureza política, tamén son ONG; non actúan só como grupos de presión senón que pretenden acceder a certos órgaos de poder político ainda que non sexan nacionais. Teñen un auxe espectacular a partir dos oitenta e a súa traxectoria vai unida ó proceso de integración europea. Pódense diferencias tres características esenciais dos partidos políticos transnacionais:

  • O marco político no que se desenrolan posúe unha configuración peculiar, fundamentalmente desenrólanse no marco da Europa Comunitaria, polo tanto, desenrólanse nun marco de supranacionalidade, é un marco institucional.

  • Nacen a partir da decisión comunitaria de celebrar eleccións ó Parlamento Europeo por sufraxio universal e directo. Os partidos políticos nacionais non bastaban para ofrecer uns programas políticos a nivel comunitario.

  • Refírese a que de algún modo o nacemento destos partidos políticos transnacionais considérase unido ás súas tendencias ideolóxicas máis que á súa procedencia nacional.

  • Os partidos políticos transnacionais máis importantes son os seguintes:

      • A Unión Europea Cristiana Demócrata.

      • A Unión dos Partidos Socialistas (mediados dos 70).

      • Partido Popular Europeo.

      • A Federación de Partidos Liberais e Democráticos da Unión Europea.

    As Internacionais Sindicais

    Xéstanse no século XIX a consecuencia da Revolución Industrial e coa aparición dun movemento obreiro inspirado polas ideoloxías marxistas e católicas. O primeiro exemplo é a AIT (Asociación Internacional do Traballo) como funcións políticas e sindicais. Posteriormente vaise promover a división das funcións e comenzan a ter traxectorias autónomas. Posteriormente, a crise da Internacional Socialista propiciou máis cambios: a constitución da Federación Sindical Internacional e a súa existencia vai a continuar ata 1945. Cun marco de acción exclusivamente europeo. A súa existencia permitiu a participación obreirana Organización Internacional do Traballo (OIT).De todas formas esta Federación acabou por desaparecer nos anos cuarenta.

    Tras a Segunda Guerra Mundial aparecen órgaos sucesorios: Confederación Mundial do Traballo (que xa tiña antecedentes nos anos 20), obreiros con ideoloxía cristiana, tamén Secretarías Profesionais Internacionais que se manteñen con vixencia ata os nosos días. A súa peculiariedade é que se integran polo ámbito sectorial ó que se dedican en lugar de fixarse pola procedencia nacional (por exemplo: FITIM-Federación Internacional de Traballadores da Industria Metálica-, FISQEG-Federación Internacional de Sindicatos Químicos da Enerxía-, Unión Internacional de Asociacións Aliadas de Traballadores da Alimentación.

    Tras a Segunda Guerra Mundial consúmense a desorganización que sufrían as internacionais sindicais. En 1945 ábrese unha nova etapa que se ve propiciada por varios factores: a propia conclusión da guerra e a colaboración político-militar que se desenrolara. En definitiva, inténtase un proceso de unificación das desigualdades internacionais, sobre todo dos comunistas e socialistas. Esto dá orixe ó I Congreso Mundial de Sindicatos. A sede estableceuse en París e todavía é a primeira organización sindical polo número de afiliados.

    Anos máis tarde, sobre a década dos sesenta-setenta empezaron a crarse organizacións de ámbito rexional: CESS (1973), CISS (1953), ORIAT (1951) e FSPA (1961).

    Tamén se constituiron internacionais empresariais, destaca a organización internacional de empleadores industriais que se creou en 1919 en Washington. Tras a Segunda Guerra Mundial cambiou o seu nome por Organización Internacional de Empleadores. Está composto por membros duns noventa países e goza dun Estatuto Consultivo ante o Consello Económico da ONU.

    ORIXE HISTÓRICO

    As empresas transnacionais son verdadeiros actores internacionais e prantexase se teñen capacidade xurídica internacional, teñen certa capacidade, pero todavía non acada o estatus de suxeito internacional, estatuto que só teñen os estados e as ONG, ainda que o camiño para conseguilo é case inmediato.

    A súa orixe histórica ten que ver co colonialismo, non é un fenómeno novo, ten que ver coas condicións en que se foi extendendo o capitalismo no século XIX.Neste momento as potencias coloniais foron creando empresas en numerosos territorios dependentes. Trátase de empresas europeas, fundamentalmente francesas, británicas e alemanas (e ó principio tamén americanas).

    Implantánse as empresas en territorios extranxeiros dependentes dos estados europeos para asegurar o control de aprovisionamento de materias primas e para asegurar a saída dos excedentes de producción. Foi necesaria a ruptura destas dependencias para que se romperan esos lazos e se remprazaran esas empresas extranxeiras. É a partir deste momento cando se toma consciencia da necesidade de obter un estudio desde diferentes ópticas: dereito internacional, economía...

    O proceso descolonizador non foi un feito sufiente por sí só para chegar a ese estudio. Hai outra serie de factores que implican esa toma de consciencia: multiplicación do número de empresas internacionais, o campo das súas actividades extendeuse e diversificouse, o volume da súa cifra de negocios experimenta un crecemento imparable, as crises periódicas parece que lle afectan menos que ás empresas nacionais, a creación de megaempresas (progresiva función de grandes empresas).

    O concepto das empresas multinacionais ou transnacionais. Para que unha empresa se considere que é multinacional é que debe desenrolar as súas actividades en varios países extranxeiros. Hai que facer fincapé tanto neste último como na necesidade de que o desenrolo destas actividades impliquen que adopta unhas determinadas formas de adaptación: unha filial e unha sucursal.

    As implantacións no estranxeiro teñen unha serie de obxectivos: trata de reducir os costes de producción favorecéndose dunhas circunstancias máis beneficiosas, diversificar as actividades da firma (topográfica e sectorialmente) e repartir os riscos en distintos tipos de producción. Este obxectivo cobrou unha nova vida nos últimos anos porque pretende expandirse nos mercados e competir nos propios estados.

    O lugar de orixe destas empresas sitúase nos estados capitalistas, destacan EE.UU., Xapón e os estados da Unión Europea.

    Pero tamén nos anos setenta tiñan presencia nos estados pertencentes ó bloque comunista, e en estados en desenrolo: Singapur, India, Arxentina, Brasil, China, Kuwait...

    As formas de implantación son:

  • Proceder ó establecemento dunha sucursal. Ofrecerase un determinado número de prestacións pero que non disfrutará dunha autonomía con respecto á sociedade matriz, de sede. Ex: venta de coches.

  • Creación de filiais. Adaptanse ás formas xurídicas vixentes no país de implantación. Aquí a sociedade matriz conserva o control global e as filiais só funcionan como puntos de apoio. Ex: empresas de informática como IBM.

  • A través da compañía de inversión en virtude da que se pode obsorver unha empresa que xa existía ou adquirir o control por medio de compra de accións.

  • As relacións que manteñen cos estados nas que teñen a súa sede e cómo son as relacións entre empresas transnacionais e estados de acollida. Tratamento colectivo que reciben:

  • Relación que manteñen cos estados nos que teñen a súa sede. Analizaouse que as relacións poder ser boas ou malas. Son boas naqueles casos en que certos gobernos están dispostos a defender os privilexios que a firma chegou a obter en territorio extranxeiro. Exemplo: Compañía United Fruit de EEUU. Estas boas relacións tamén se dan cando o goberno sírvese de capitais privados para asegurarse do control dos recursos máis importantes que se atopan fóra do seu territorio. A esta pódenselle unir as empresas que teñen no extranxeiro firmas nacionalizadas nas que o estado participa. As relacións malas danse cando o goberno ve con ollos críticos as filiais no extranxeiro desas empresas. En primeiro lugar, pode ser orixinada por unha saída de capital; descenso de producción e reducción dos postos de traballo.

  • Relacións entre empresas transnacionais e estados de acollida. En liñas xerais, esta situación é de dependencia en supostos en que unha soa empresa controla a parte esencial dos recursos dun estado, esto foi habitual nos anos 50,60,70, nos estados que foron colonias. Ós estados de acollida quédanlle varias posibilidades de acción ou de reacción: nacionalización dunha empresa extranxeira (países productores de petróleo), gama intermedia de procedementos para debilitar a influencia de firmas extranxeiras instaladas no propio territorio (adopción de medidas que supoñan o control dos beneficios; obligación de investir en parte os beneficios nese país; medidas fiscais que contrarresten o exceso de actividade non desexada) e intentar atraer capitais doutro orixe para intentar neutralizar os efectos das influencias extranxeiras. No programa de NOEI (Novo Orde Económico Internacional), ano 1974, considerabase que o problema estaba nos medios de control e reglamentación das actividades das firmas transnacionais. A través dos “decenios para o desenrolo das Nacións Unidas” proponse actuar de tal forma que estas sociedades proporcionen ós estados en desenrolo, máis condicións equitativas e favorables en materia de xestión. En conclusión, ata agora considerouse que son maiores os beneficios na implantación de empresas transnacionais noutros países.

  • Tratamento colectivo que reciben polo conxunto da comunidade internacional tal e como está representada no marco das distintas organizacións internacionais, como pode ser a ONU, OCDE,UE ...A organización na que se levou a cabo o tema foi a OCDE (Organización para a Cooperación do Desenrolo Económico) onde se elaborou un código de boa conducta que se adoptou en 1966 e que constituíu o modelo para iniciativas posteriores. Esta declaración comprende máis directrices que conceden a igualdade de trato ás empresas transnacionais qeu ás nacionais. Pero este código tamén vai dirixido a ditas empresas: proponse qeu se absteñan de toda intervención dos asuntos internos do estado de acollida, efectúase a petición de que respeten as reglas de competencia, a fiscalidade e o dereito laboral, tamén que dun informe periódico sobre a súa situación financieira e as súas actividades nacionais e internacionais. Agora ben, esto é unha petición, non é obligatoria porque non ten carácter xurídico polo que non sempre se impoñen sancións. Outro gran inconveniente é o feito de que este código de boa conducta só impón un control a posteriori que é tardío poque non se dedica a previr iniciativas que poden ser perigosas para os estados.

  • O progresivo protagonismo da persoa humana nas relacións internacionais nótase en catro aspectos:

  • Suxeito de dereitos individuais (aparición nas normas internacionais)

  • Capacidade de actuación ante determinados organismos internacionais.

  • Protección dos dereitos humanos.

  • Responsabilidade internacional.

  • O INDIVIDUO E O SEU PAPEL NAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    Nun plano xeral hai que dicir que o individuo non tiña engún papel qeu xogar nas relacións internacionais a principios de século. A súa subxectividade empezar a prantexarse ó acabar a Segunda Guerra Mundial, pero todavía agora se cuestiona se o individuo é un verdadeiro suxeito no dereito internacional público.

    A resposta é que non é un suxeito de pleno dereito e en absoluto se pode comparar ó estado ou ás oganizacións internacionais. Ningén duda que é un actor das relacións internacionais, pero a súa subxectividade é cuestionada e limitada.

    En realidade, a súa capacidade vese restrinxida na práctica ó ámbito da actuación de certas organizacións internacionais.

    A existencia de certas normas xurídicas internacionais que se refiren ó individuo.

    Mediante acordos internacionais os estados estableceron normas xurídicas dirixidas á protección de intereses de persoas, pero que o individuo sexa protexido por esas normas non o convirte en suxeito de dereito internacional, pero sí significa que non os considera como un mero obxecto, como no pasado. Porque no pasado as relacións internacionais articulábanse só entre estados soberanos e os individuos eran considerados como obxectos das normas internacionais.

    Este avance destos acordos vense observando en diversos aspectos: no que se refire á protección da vida das persoas, prohibición da piratería, reglas aplicables ós conflictos armados.

    Tamén cabe ver reglas protectoras no campo laboral, onde se contempla tamén o individuo como suxeito de certos dereitos: tamén no que respecta a normas que protexen a liberdade das persoas: é moi gráfica a evolución que seguiu a esclavitude, reglas que protexen a saúde dos individuos, producción e tráfico de estupefacientes, etc.

    Este desenrolo normativo tivo unha plasmación moito máis rica a partir da Segunda Guerra Mundial en varios círculos institucionais: por un lado, un ámbito universal, a Organización das Nacións Unidas, e polo outro, ámbitos rexionais entre os que destacarían o Consello de Europa, a Organización dos Estados Americanos, a Organización para a Unidade Africana.

    A capacidade do individuo para actuar ante organismos internacionais segue sendo moi limitada pero existe, non como no pasado. A regla xeral é que os individuos non podemos recurrir no plano internacional ante un organismo internacional para reclamar por un acto internacionalmente ilícito cometido por un estado se este estado non é o da nosa nacionalidade. Ainda que hai algunhas excepcións a regla xeral é esta.

    A responsabilidade internacional segue sendo unha frente moi novedosa. A capacidade do individuo en xeral no campo das relacións internacionais, vaise aumentando pouco a pouco a través do recoñecemento da súa capacidade para ser responsable internacionalmente. No pasado o dereito internacional non podía alcanzar ó individuo. En caso de omisión de actos internacionalmente ilícitos a responsabilidade só atañería ós estados de nacionalidade. Pouco a pouco o sistema cambiou, pois, ó coñecer o individuo unha vertente pasiva da súa responsabilidade potenciouse a súa capacidade nas relacións internacionais.

    Hai que distinguir tres frentes onde se manifeste o incremento da capacidade do individuo para ser responsable internacionalmente:

    • Crimes contra a humanidade e crimes de guerra.

    • Actos de xenocidio.

    • Actos de terrorismo.

    É común todo o anterior a estos tres planos e faise palpable despois da Segunda Guerra Mundial.

    En relación ós crimes de guerra e contra a humanidade o punto de referencia histórico para observar un início de preocupación a este respecto prodúcese despois da Segunda Guerra Mundial coa creación dos Tribunais para coñecer dos crimenes máis crueles que se cometeron polos dirixentes dos países vencidos. Son dous xuízos: Nuremberg e Tokio. Ambos sentanse sobre a base da responsabilidade dos individuos, que son capaces de responder a actos ilícitos.

    Este principio estipúlase tomando como punto de referencia catro categorías de crímenes, delitos imputables:

    • A conspiración e complot.

    • Crímenes contra a paz. Entre eles incluíase a preparación, o desencadeamento e a prevención dunha guerra de agresión en violación dos acordos internacionais.

    • Crímenes de guerra, como poden ser os malos tratos ou a deportación de poboacións civís ou asesinatos de prisioneiros de guerra, detencións non xustificadas, etc.

    • Crímenes contra a humanidade, en cuio seno podriamos entender incluídos a reducción á esclavitude, o exterminio. Esta categoría foise ampliando moito.

    Cando os Tribunais concluiron o seu traballo a Asemblea Xeral das Nacións Unidas encargou á CDI a elaboración dunha formulación dos Principios de Nuremberg que serviran de base a estos tribunais. É dicir, un proxecto de códigos de delitos contra a paz e a seguridade. Pasaron máis de cincuenta anos e todavía non se convertiu este código en tratado que era a idea principal. Pero non se chegou a aprobar un tratado internacional só se aprobou un Proxecto de Código sobre Delitos contra a Paz e a Seguridade Internacional.

    Neste Proxecto de Código (1996) recóllense os seguintes delitos: crimes de guerra, no mesmo sentido que os Tribunais pero máis detallados; crímenes contra a humanidade, e non observa un desenrolo respecto á categoría recollida polos Tribunais, consideraranse as violacións sexuais sistemáticas, reducción á esclavitude, exterminio; delitos dirixidos contro o persoal das Nacións Unidas, este apartado foi polémico; e tamén se incluiron os actos de xenocidio, que se poden considerar como un dos crimes contra a humanidade. Xeralizouse a idea dos tribunais puntuais non permanentes.

    O xenocidio non se incluiu con este nome nos Estatutos de Nuremberg e de Tokio, entre outras razóns, porque o termo foi inventado ó finalizar a Segunda Guerra Mundial.

    As atrocidades cometidas na Segunda Guerra Mundial pesaban na conciencia dos estados e adoptaron unha convención internacional: a Convención Internacional para a Sanción e a Prevención do delito de Xenocidio. Foi aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Desde a súa aprobación considérase o xenocidio como un dos crimes contra a humanidade máis graves.

    Tal e como se define na Convención Internacional sería xenocidio calquera dos actos seguintes:

    • Matanza dos membros dun grupo.

    • Producción de grandes vexacións mentais e corporais ós membros dun grupo.

    • Sumisión deliberada dos membros dun grupo a condicións de vida calculadas para conseguir a destrucción total ou parcial.

    • A imposición de medidas encamiñadas a evitar os nacimentos dentro dun grupo.

    • A transferencia forzada de nenos dun grupo a outro.

    Para que estos actos constituian xenocidio é necesario que concurra un elemento intenciobnal, de vontade, constituido por que os actos sexan cometidos co propósito de destruír total ou parcialmente a un grupo racial, étnico, relixioso ou nacional.

    Esto deu lugar a moitos conflictos, porque hai grupos qeu non están incluídos nestas categorías, pero que sufriron na práctica exterminios. É dicir, falta unha referencia ós grupos políticos e culturais.

    O terrorismo foi outro frente moi polémcio no que se foi abrindo pouco a pouco a responsabilidade do individuo. Ainda que non existe un concepto de terrorismo; existen moitos intereses políticos.

    Pero ainda que non existe un concepto, esto non impediu que a Comunidade Internacional reaccionase frente a determinados actos de violencia ou de ameaza de violencia cometidas por individuos ou grupos contra individuos.

    Reaccionouse adoptando unha serie de convencións internacionais, coñecidas como convencións antiterroristas. A maioría elaboráronse no marco de institucións internacionais, a maioría deles no marco da ONU. As máis importantes: Convención de Tokyo de 1963; Convención da Haya de 1970; Convención de Montreal de 1971; Convención de Nova York de 1973 para a represión e prevención de delitos contra persoas internacionalmente protexidas; Convención de Nova York de 1976; Convención de Roma de 1978 para a prevención e represión dos actos ilícitos dirixidos contra a seguridade da navegación marítima.

    Todos estos Tratados aséntanse sobre a base da responsabilidade penal individual. Pero en derradeiro termo, son os estados os que teñen que tipificar estos delitos nuns regulamentos internos e os que teñen que recoñer os mesmos. Para esto establécese a obligación de xuzgar ou extraditar ás persoas que cometeron algúns destos delitos e que se atopan no seu territorio.

    A PROTECCIÓN INTERNACIONAL DA PERSOA HUMANA

    O primeiro que hai que dicir é que o dereito internacional experimentou un proceso de humanización. Este proceso faise visible a partir da segunda metade do século XX. En concreto, maniféstase a través da elaboración dun conxuto de normas e a institución dunha serie de órgaos ou institucións cuia misión é intentar facer efectivo o cumplimento dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais.

    Hai moitos antecedentes na protección dos dereitos humanos. Os principais son:

    • A historia inglesa que xa establece no século XVI algúns dereitos.

    • Coas revolucións americana e francesa establécense algúns dereitos con carácter xeral e non só para os cidadáns. Declaración de Virxinia e Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán.

    Desde entón a maior parte das constitucións do mundo consagran unha parte do establecemento de dereitos e liberdades fundamentais.

    Pero producíronse moitos avances, por exemplo, a internacionalización. Este fenómeno prodúcese co paso da sociedade internacional clásica á moderna. Esto sucede da seguinte maneira: gracias á forza dos medios de comunicación modernos e ós foros adecuados ponse de relieve que moitas veces é o estado o violador dos dereitos e que existía unha relación innegable entre o respeto ós dereitos humanos dentro dos estados e o mantemento da paz e da seguridade internacionais.

    Na sociedade internacional clásica o ordeamento xurídico internacional non se ocupaba da protección dos dereitos humanos, só se ocupaba do trato que os estados dispensaban ós extranxeiros. En contraste, o dereito internacional contemporáneo si incorpora normas de protección non só dos dereitos dos extranxeiros senón tamén dos nacionais. Toda esta preocupación plásmase por primeira vez en 1945 ó elaborar a Carta da ONU, pero non se ten nen un elenco de dereitos, nen unha definición dos mesmos, nen sistemas de control que conteñen simplemente referencias ós dereitos dentro dos fines da organización.

    Pero o campo xa está abonado e o próximo texto que se elabore constitúe un avance respecto á Carta da ONU. É a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que xa contén unha enumeración e unha definición dos dereitos pero non contén un sistema de control, o que é o máis importante.

    Esas técnicas de control chegan máis tarde, a partir dos anos 50 vanse creando en diferentes ámbitos certos mecanismos de control para verificar o cumplimento dos dereitos e liberdades fundamentais. A partir de entón lévanse a cabo numerosas conferencias internacionais cunha inxente tarefa codificadora: a Convención para a prevención e sanción do xenocidio de 1948, a Convención Internacional sobre a eliminación de todas as formas de discriminación racial, a Convención para a eliminación do crime de segregación racial, Convención sobre o estatuto dos refuxiados no 1951, a Convención para o estatuto dos apátridas de 1954, Convención sobre a nacionalidade das mulleres casadas, Convención sobre o consentimento para o matrimonio, a idade mínima para contraer matrimonio, Convención para a represión da tratra de persoas e a explotación e a prostitución allea, Convención contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhaumanas ou degradantes, Convención sobre dereitos do neno de 1989, Pacto de dereitos civís e políticos e Pacto de dereitos económicos, sociais e culturais.

    Estes sous derradeiros pactos de 1966 instauran tres técnicas, tres grandes mecanismos de control:

    • A través dos informes que os estados teñen que proporcionar periodicamente para xustificar o cumplimento dos dereitos establecidos por esos pactos no interior do seu territorio. Este mecanismo de control é obligatorio, é dicir, polo feito de ser parte nos pactos, os estados teñen a obligación de proporcionar esos informes. As outras dúas técnicas son facultativas.

    • O que se refire ás reclamacións que un estado pode facer respecto a outro estado parte no pacto.

    • Unha reclamación de individuo a estado, é dicir, as persoas que foron víctimas das violacións dos dereitos establecidos no pacto poden presentar unha reclamación contra o estado infractor.

    Pero a segunda e a terceira técnica, a diferencia da primeira, non son obligatorias.Polo simple feito de ser partes no pacto os estados non se ven obligados a aceptar outros procedementos, senón que é necesario que a través dunha ratificación posterior acepten a competencia do órgao de control: Comité de Dereitos Humanos.

    A primeira técnica é común para ambos pactos, en cambio a segunda e a terceira son privativas do Pacto dos dereitos civís e políticos. Pero a chave estriba na aceptación do Comité de Dereitos Humanos e hai poucos estados que o fixeran.

    Estas tres técnicas son extrapolables a outros ámbitos, por exemplo, existen no Consello de Europa. Son instaurados pola Convención de Roma para a protección dos Dereitos Humanos de 1950. Neste ámbito o órgao de control é o Tribunal de Estrasburgo.

    Todos os mecanismos de control funcionan cando se agotaron os recursos do estado en cuia xurisdicción nos atopemos.

    A OPINIÓN NACIONAL E INTERNACIONAL E A SÚA INCIDENCIA NAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    Existen discrepancias acerca do verdadeiro valor desta forza transnacional, da opinión pública. Algúns autores atribúenlle a cualidade de constituír un instintivo motor internacional memtres outros rebaixanos á categoría de forza internacional.

    Na nosa sociedade circula información a través de múltiples medios: radio, televisión, internet... en definitiva, a comunicación internacional é unha auténtica relación social mediante a cal as sociedades inflúense nas súas conductas e nas súas estructuras.

    Unha das principais consecuencias dos procesos de comunicación é a aparición de certas formas de agrupación social que supoñen un resultado da recepción simultánea de noticias polos individuos de distintos países. Estas formas simultáneas de agrupación social configuran os públicos internacionais ou transnacionais. Calduch define o público como o conxunto de individuos que participan de forma regular en certos procesos de comunicación, como consecuencia dos cais acadan unha conciencia de pertencia grupal que en ocasións pode chegar a institucionalizarse e a influír nos seus comportamentos.

    O mesmo autor define o público internacional como a forma de agrupación social constituída por individuos ou grupos de distintos países que adquiren imaxes e realizan valoracións comúns sobre os acontecementos internacionais.

    Esto fai emerxer os públicos internacionais como unha nova categoría de forza internacional ou como un novo actor social.

    A pesar da forza transnacional que ten o público existen limitacións importantes impostas ós públicos internacionais á hora de influír nas relacións internacionais. Estos límites son:

    • A variedade de fontes comunicativas e de informacións transmitidas a través dos medios de comunicación de masas vai a xerar unha variedade de públicos diferenciados.

    • As diferencias económicas, culturais (educativas, ideolóxicas, relixiosas ...) e nacionais que existen entre os individuos de diferentes sociedades. As diferentes sociedades nacionais acentúanse cada vez máis polo que habría que facer máis fincapé nas duas primeiras diferencias. Debido a estas diferencias xorden distorsións comunicativas e de información. Polo tanto, o resultado é, que se fragmenta, que non existe unha única opinión pública internacional.

    • Os públicos internacionais só de modo excepcional acadan un grado de organización suficientemente desenrolado para convertirse en actores internacionais. É este dato o que fai que a xuízo de moitos autores os públicos internacionais non sexan un actor internacional.

    Tamén habría que facer unha referencia ó protagonismo que poden ter estos públicos no plano internacional. Non deciden, móvense no terreo da presión, pero este acto pódese orientar a presionar ós centros de decisión de poder nacional. Pero tamén podemos ver como os públicos inflúen tamén nos centros de decisión internacional (exemplo: protección do medio ambiente). Outra terceira orientación con eficacia real é que pode contribuír á creación de novos centros internacionais de referencia e tamén pode contrubuír á formación de institucións máis estables como as ONG.

    O FENÓMENO RELIXIOSO NAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    Trátase de ver a influencia que pode ter nas relacións internacionais os movementos relixiosos de carácter transnacional. Non se van a considerar en canto doctrinas que intentan dar unha resposta transnacional, senón que ímolos examinar en canto grupos sociais ou institucións que desempeñan unha participación activa na vida internacional.

    Son numerosos os autores que destacan o protagonismo dos movementos relixiosos nas relacións internacionais: Truyol y Serrra, Calduch, etc. A maioría deles considéranos actores secundarios, pero afectan á dinámica xeral da sociedade internacional.

    A participación das distintas forzas relixiosas nos asuntos internacionais vaise ver condicionada por unha distribución xeográfica desigual, por exemplo, o cristianismo, nas súas diversas manifestacións, ten o seu centro de gravedade en Europa e en América, mentres que outras relixións como o budismo ou o induismo atópanse localizadas en Asia. O islamismo na franxa norocidental de África ata Oriente Medio. Esta distribución implica que a súa influencia va a ser fundamentalmente de tipo rexional.

    O certo é que os movementos relixiosos interveñen na vida internacional en moitos casos dando respostas, de forma que as doctrinas relixiosas que elaboran pretenden aportar grandes solucións a grandes cuestións internacionais. Ou incluso, son os acontecementos internacionais os que terminan por afectar á existencia de certos grupos relixiosos, noutras ocasións. Nestes casos terminan por formar ideas que forman parte dun credo relixioso.

    En definitiva, o seu estudio é imprescindible para entender as múltiples conexións que se producen no escenario das relacións internacionais.

    Polo que respecta ó cristianismo, hai que ter en conta os diversos movementos relixiosos que se engloban baixo este termo. Todos teñen un mesmo tronco doctrinal e histórico que lles permiten establecer certos vínculos. Ímonos a deter no catolicismo.

    Hai que poñer de relieve o particular estatus de que goza a Iglesia Católica pois foiselle recoñecendo personalidade xurídica internacional á Santa Sede, de feito constitúe a única forza relixiosa no mundo que se logrou constituír en estado. Este recoñecemento ten múltiples implicacións políticas e xurídicas. As máis importantes: pode celebrar tratados internacionais con estados (concordatos) e con organizacións internacionais; gopza do dereito de legación, é dicir, ten capacidade para acreditar representantes diplomáticos ante terceiros estados e recibir axentes diplomáticos acreditados por terceiros estados.

    No que se refire ós aspectos doctrinais, a Iglesia Católica tamén tivo un papel destacado na evolución do dereito internacional, sobre todo no dereito internacional clásico, e de feito a Escola Española do Dereito de Xentes, conformada por autores como Victoria, Suárez ou Vázquez de Mechate, que estudiaron as relacións internacionais e o ordenamento internacional utilizando presupostos filosóficos católicos. Tamén se podría destacar a teoría da guerra xusta.

    O Islam constitúe a segunda forza relixiosa do mundo, polo número de fieis e exténdese nunha amplia banda xeográfica desde o extremo norooccidental de América ata o Extremo Oriente.

    En canto ós aspectos doctrinais, o factor que inflúe no feito de que neste movemento aparezcan ideas auténticamente internacionais é que o Islam baséase nunha ideas que teñen pretensións universalistas e exclusivas respecto das demais relixións. O “Jihad” é a guerra xusta pola que se logra a transformación do mundo dos non crentes no mundo dos crentes.

    No que se refire ós aspectos doctrinais, este movemento podría aludir a que pode chegar a xustificar o uso da violencia para o logro da conversión universal ó Islam.

    Tamén habría que destacar que un dos seus aspectos máis sobresaíntes é a aparición e desenrolo do panislamismo: ideoloxía político-relixiosa que pretende lograr a organización e a fusión dos diferentes países confesionalmente islámicos a partir do reforzamento dos vínculos relixiosos.

    O xudaismo non posúe a importancia dos outros dous grupos relixiosos, na medida, de que a súa importancia numérica é un pouco menor. Tamén difire dos outros dous movementos en que non se lle pode atribuír unha particular concepción doctrinal do mundo internacional na medida en que non existe unha estructura institucional xerarquizada e internacionalizada como no catolicismo.

    Tampouco existe unha convenciópn coas estructuras políticas dos estados nos que se desenrola.

    O que pode destacarse é a existencia dos vínculos profundos entre este movemento relixioso e o estado de Israel, tras a súa cosntitución en maio do 1948. De todas formas a activa participación do movemento xudio no panorama internacional desenrolouse a través das distintas ONG de carácter cultural, relixioso e humanitario. Por elo o que máis caracteriza no que respecto ós aspectos internacionais do xudaismo sería o feito de que a relixión xudía impulsou a creación de ONG e constituíu a forma que caracteriza este movemento relixioso para influír en asuntos internacionais.

    OS POBOS. A LIBRE DETERMINACIÓN

    O concepto de pobo dalgún modo identificouse co de nación. Hai un consenso amplio en entender que a palabra pobo define o mesmo contido que a palabra nación. Serían só matices os que acompañan a un e a outro termo.

    A palabra nación evocaría á idea de estado-nación qeu nace coa Idade Moderna e acadaría o seu esplendor como base do estado. Cando entra en crise xorde o concepto de pobo para sustituílo.O concepto de pobo tamén designa á comunidade humana sobre a que se asenta o estado. Así, os concetos de estado e de pobo designarían as mesmas realidades.

    Hai múltiples teorías para explicar o marco conceptual do principio de determinación dos pobos, que se poden reconducir a dúas grandes concepcións:

    • Obxectiva, de orixe xermánico, atendíase ós datos obxectivos da comunidade humana, especialmente os datos máis perceptibles de forma externa: a raza e a lingua. Esta teoría viña a reflexar nun plano moi secuandario a vontade.

    • Subxectiva, de orixe francés, poñía a base na vontade da comunidade afectada de constutuírse como nación.

    Tanto a unha como a outra teñen deficiencias e non se sosteñen de forma pura.

    Debido á consideración de que cada unha das dúas concepcións podería dar lugar a resultados inxustos, foise impoñendo unha teoría intermedia no terreo doctrinal entre ambas teorías.

    Esta teoría intermedia consensuarase na medida na que o concepto de nación e o de pobo deben englobar elementos obxectivos e subxectivos simultaneamente. Os elementos obxectivos son de índole moi variada: territorio, unidade de raza, lingua, cultura común, tradición e costume, pasado común, un sentimento de patria e de conciencia nacional. A ausencia de varios destos elementos pode compensarse. O requisito subxectivo consistiría na vontade colectiva de compoñer unha nación independente. Debe ir acompañado dos elementos obxectivos.

    O principio que soe ir acompañando ó concepto de pobo é o principio de libre determinación dos pobos, que nace a principios do século XX. Nace alentado desde posicións ideolóxicas contradictorias: nace ó calor do liberalismo (por exemplo: o presidente liberal de EE.UU. Wilson), pero tamén está conectado co marxismo e o leninismo que conceptualiza a libre determinación para devolver ó proletariado a soberanía.

    O feito de que nen EEUU nen a URSS fosen membros fundadores das Nacións Unidas provocou que non se constituíse unha referencia explícita ó principio de libre determinación na Carta Fundacional das Nacións Unidas. Pero aparece posteriormente, sobre todo gracias á presión destes dous estados.

    O principio de libre determinación dos pobos ten un marco xurídico que hai que contextualizalo na descolonización:

    • Resolución R/1514 -1960. Carta Magna da Descolonización.

    • Resolución R/1541 -R/1564. A partir dos cais se crea o Comité dos Vintecatro, creado para verificar a explicación da R/1514. Reúnese periodicamente e ten que redactar un informe sobre a situación actual da descolonización pendente.

    APLICACIÓN DO PRINCIPIO DE LIBRE DETERMINACIÓN DOS POBOS Á DESCOLONIZACIÓN

    En virtude das Resolucións da AGNU (Asembleia Xeral das Nacións Unidas) pártese da consideración de que o territorio colonial está desvinculado respecto do centro da metrópolis. Esto supón que van a ter unha condición xurídica autónoma e separada e supón que o estado colonial se escuda no principio que prohibe a intervención nos seus asuntos. Esto significa que teñen dereito ós seus recursos naturais...polo tanto o estatuto separado é un beneficio para a colonia. Polo tanto, o estado colonial non pode intervir na colonia.

    O pobo colonial identifícase coa poboación que habita o territorio da colonia e a poboación que é relevante deber ser unha poboación que non se sometera a políticas demográficas susceptibles de obstaculizar un exercicio auténtico do dereito de libre determinanción (pobación que non experimentase demasiadas transformacións).

    A descolonización produciuse de forma masiva durante as décadas dos cincuenta, sesenta e setenta e todavía quedan diferentes supostos. Quedan casos que se poden resolver, pero todavía quedan, por exemplo, na lista do Comité dos Vintecatro os seguintes casos: Xibraltar, Nova Caledonia, Sahara Occidental e Malvinas. Na sección de pequenos territorios inclúe un número bastante grande de illas.

    Hai supostos que tamén se poden considerar e que non están incluídos nesta lista como as Illas Melgadas, os territorios franceses de ultramar... Tampouco non están incluidos outros casos cuia calificación é máis dudosa, como o Tibet, o norte de Chipre, etc.

    Hai que engadir dous datos de actualidade sobre a clasificación pendente:

    • A perda de protagonismo da Asembleia Xeral das Nacións Unidas (AXNU) e dos seus órgaos subsidiarios.

    • A tendencia actual diríxese cara a modos efectivos de libre determinación de baixa intensidade.

    En canto á perda de protagonismo da AXNU, hai que destacar que a descolonización masiva dos 50-70 levouse a cabo da man da AXNU e os seus órgaos subsidiarios. Hoxe endía tanto unha como a outra perderon moita autoridade. Por exemplo, o Comité dos Vintecatro desdibuxouse, só é un punto de referencia actualmente. Por exemplo, o caso da descolonización de Palestina estase levando á marxe da ONU, coa súa supervisión e apoio pero á marxe. O mesmo sucede con Timor Oriental, o Sahara Occidental, Xibraltar e Malvinas.

    Enc anto ós modos de libre determinación de baixo nivel, amósanolos os feitos. O exercicio deste dereito non ten porque acabar na condición de estado, de autoridade soberana. Esta dato ilústrano algúns casos, como é o das Illas Marianas, as Illas Carolinas ou a república das Illas Marshall que se acolleron a un convenio de libre asociación con EEUU.

    ¿Existe unha parte do contido de libre determinación que se pode aplicar en outros aspectos? Porque ultimamente vense confundindo o principio de libre determinación coa descolonización. O tema prantéxase porque hai moitos supostos na práctica nos que se prantexa se sería posible a aplicación do principio de libre determinación. Por exemplo: disolución da URSS, disolución de Iugoslavia, disolcuón de Checoslovaquia, o asunto de Quebec, o Ulster, é dicir, prantexase en diferentes círculos políticos en moitos estados en relación con determinadas minorías.

    Os principios rectores desto o punto de vista xurídico:

    • O dereito internacional protexe a integridade territorial e a independencia política dos estados. Desde este punto de vista non alenta a secesión. É compensible pensando que os estados son os creadores e destinatarios do dereito internacional. De todas formas, o dereito internacional é bastante neutro (non prohibe o dereito da libre determinanción). Pero sí tivo unha virtualidade práctica nos supostos que afectan á antiga Iugoslavia e en calquera caso, no que respecta a outros supostos que non acadaran o estatus de estado. Hai que apuntar a vertente interna do principio de autodeterminación que fai alusión a unha serie de obligacións específicas qeu van máis alá do respeto ós dereitos fundamentais. Estas matizacións específicas teñen que ver coa protección activa das peculiaridades de certas minorías.

    OS MOVEMENTOS DE LIBERACIÓN NACIONAL

    Son entes que representan a pobos que loitan pola súa autodeterminación. En moitos casos a súa aspiración é acadar a independencia política plena, conseguir a secesión dunha parte do territorio ou a conquista do poder.

    Son actores da vida internacional, tiveron un papel principal desde a descolonización masiva e pouco a pouco foron ampliando o seu estatus.

    Non teñen unha capacidade plena, pero teñen importancia en determinados sectores: relacións diplomáticas (teñen os privilexios e as inmunidades necesarias para desempeñar a súa función), nos tratados internacionais (non teñen capacidade de negociar, pero sí de participar na negociación ou en resolucións importantes con dereito a voz), o sector que atañe ó dereito internacional dos conflictos armados (houbo varias novedades: no 1977 asúmese qeu as guerras de liberación nacional son supostos de conflictos internacionais ainda que suceden dentro dun estado ).

    En definitiva, incrementaron o seu protagonismo, pero para que sexan movementos de liberación nacional (MLN) sóese pedir un recoñecemento por algún tipo de organizacións internacionais de carácter rexional.

    OS POBOS INDÍXENAS

    Un dos progresos que se detenta neste campo ten que ver coa terminoloxía: o emprego da palabra pobo en lugar de poboación. Esta nova terminoloxía xa se ve na nova Convención da OIT (Organización Internacional do Traballo)

    Aqueles que descenden das poboacións do país e é necesario que á marxe do seu estatuto político conserven as súas institucións sociais, culturais, etc. e que manteñan a súa vontade e conciencia da identidade indíxena e tribal.

    A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou que teñen dereito á autonomía ou autogoberno en relación ós seus asuntos propios, en particular, á cultura, relixión, vivenda, emprego, medioambiente, acceso de persoas que non son membros ós seus territorios, etc.

    Por sociedade internacional debemos entender aquela sociedade global que comprende a aqueles grupos que teñen un poder social autónomo entre o que destacan os estados que manteñen unhas relacións recíprocas, intensas, duradeiras e desiguais sobre as que se asenta un orde común.

    Este concepto lévanos ás seguintes consideración:

    • A sociedade internacional é unha sociedade global, é dicir, que nela insértanse todos os grupos sociais independentemente do seu grado de evolución e de poder. E nesta sociedade de sociedades ou macrosociedade xorden e se desenrolan todos os grupos humanos, desde a familia ata o estado, pasando polas organizacións internacionais e as ONG.

    • A sociedade internacional é unha sociedade distinta da sociedade interestal. Os estados seguen sendo os actores principais da vida internacional, pero elo non é óbice para que, en principio, se poida identificar á sociedade internacional cos estados.

    • A sociedade internacional esixe unha dimensión de relación. Non se pode concebir unha sociedade internacional se non se manteñen unhas relacións mutuas, intensas e perdurables no tempo, pois as relacións esporádicas non bastan para considerar a existencia dunha sociedade internacional.

    • A sociedade internacional ten un orde común. Esta afirmación é unha consecuencia lóxica dunha dimensión societaria do mundo internacional. Os seus protagonistas, desde o momento en que participan na vida internacional, contribúen á existencia dun orde social internacional, incluso cando pretenden estos actores modificar ese orde dunha forma pacífica ou violentamente.

    O orde internacional pode emanar dunha simple correlación de forzas e poderes entre os actores internacionais. É unha forma de ordenación da realidade internacional basada na dominación. O colonialismo, por exemplo, foi un tipo de orde internacional común ás metrópolis e ás colonias vencidas polo poder das primeiras sobre as segundas e que se legalizaou a través das ideoloxías institucionais e normas internacionais.

    Os caracteres da sociedade internacional pódense resumir nos seguintes:

    • A sociedade internacional é complexa, pola impresionante lista de problemas que están pendentes de resolver dentro da sociedade internacional: o aumento da poboación, a extrema pobreza de moitos países ou a contaminación do medio ambiente.

    • A sociedade internacional é dinámica pola intensidade e importancia dos cambios que se producen no seu seo.

    Elementos da sociedade internacional:

  • Unha extensión espacial. A sociedade internacional é unha sociedade territorial, por eso non nos pode extrañar que en cada sociedade internacional o primeiro elemento sexa precisamente o territorio; incluso, algún sector da doctrina máis moderna fala de que precisamente o estado non se desenrolou a través dun proceso de sedentarización, estimulado por motivos políticos, económicos e culturais. Como consecuencia desto, a sociedade internacional experimenta transformacións sustanciais na súa propia estructura, chegando a acadar incluso unha dimensión planetaria. Fenómenos como o agotamento das riquezas naturais, o crecemento da poboación, o deterioro medioambiental ou a contaminación son os novos retos que oblequen á sociedade internacional a efectuar unha reestructuración social.

  • A diversificación estructural. Na estructura da sociedade internacional existen tres estructuras parciais ou subestructuras:

  • A primeira delas é a subestructura económica que é a base material e productiva indispensable para a existencia de grupos humanos na sociedade internacional.

  • A segunda estructura parcial é a político-militar que está composta por comunidades políticas e organismos internacionais así como por relacións de autoridade e dominio que se impoñen en virtude dun poderío militar e en último extremo, a través do recurso á guerra.

  • A terceira subestructura é a cultural-ideolóxica, que está formada polos actores e relacións internacionais desenroladas a partir da existencia de valores ou ideoloxías comúns a varias sociedades humana.

  • O terceiro elemento é a estratificación xerárquica, que se pode definir como o conxunto das diferentes posicións que ocupan os actores internacionais en cada unha das subestructuras que constitúen a sociedade internacional. Os cambios secundarios ou parciais que se producen nesta estratificación xerárquica como resultado das alteracións que se producen nas relacións de poder coñecense co nome de movilidade coxuntural da sociedade internacional. Pero se estos cambios son xerais e afectan dunha forma fundamental a esta terceiro elemento que é a estratificación xerárquica, denomínase movilidade estructural da sociedade internacional.

  • O cuarto elemento é a polarización, que é a capacidade que teñen un ou varios autores internacionais para adoptar normas, decisións ou comportamentos que veñen a ser aceptados polo resto dos actores internacionais e en virtude dos cais acadan unha posición hexemónica. Existen tres tipos de polaridade internacional:

  • A mono polaridade que se produce cando un só actor é capaz de dirixir dunha maneira decisiva a dinámica que se produce nunha determinada estructura parcial da sociedade internacional. Un exemplo delo témolo nos EEUU tras a desintegración da URSS.

  • A bipolaridade prodúcese cando a dirección dunha subestructura realízase simultaneamente por dous actores internacionais. Un exemplo delo témolo nos EEUU e a URSS antes da súa desintegración, ou en Roma e Cartago ou Esparte e Atenas.

  • A multipolaridade prodúcese cando concurren máis de dous actoes internacionais nunha subestructura internacional. Un exemplo desto témolo nos EEUU, Xapón e a Unión Europea en materia económica.

  • O quinto elemento é o grado de homoxeneidade ou heteroxeneidade. Existe homoxeneidade internacional cando se aprecian identidades internas fundamentais entre os actores que pertencen a unha mesma subestructura institucional. No caso de que existan diferencias internas entre esos actores, falaremos entón da heteroxeneidade internacional.

  • O derradeiro elemento é o grado de institucionalización. O grado de institucionalización dunha sociedade internacional está formado polo conxunto de órgaos que son aceptados e respetados pola maioría dos actores internacionais. O que vai a permitir o establecemento dun certo orde común internacional. Ben é certo que os cambios que se producen na sociedade internacional van a afectar ás subestructuras, pero sen embargo os órgaos e as institucións continuarán funcionando, o único que vai a producir esos cambios son unha transformacións políticas que van a producir a instauración dunha serie de principios que se van a ser aceptados pola maioría dos actores internacionais. Exemplo desto témolo na doctrina bolchevique a raíz da Revolución Soviética de 1917, no proceso de descolonización dos anos sesenta, no principio da efectividade para o recoñecemento de gobernos ou na doctrina Stimson.

  • A sociedade internacional, como calquera outro sistema social, nace e desenrólase polas actuacións dos seus membros que xeneran uns vínculos influintes e estas actuacións que reciben o nome de interaccións sociais constitúen a base da sociedade internacional.

    No concepto de interacción hai que examinar dous puntos de referencia:

    • O actor que realiza as actuacións.

    • As relacións co resto dos actores internacionais.

    En consecuencia unha interacción social será todas aquelas accións recíprocas que realizan os actores ou grupos sociais con poder autónomo e cuios efectos deixanse sentir no contexto internacional no que operan e nas súas estructuras internas.

    Toda relación internacional conxúgase con unha diversidade de interaccións que constitúen o seu primeiro elemento, é dicir, as interaccións claves, e son estas interaccións claves as que nos proporcionan os criterios para clasificar ou descubrir a natureza das relacións internacionais.

    Tradicionalmente viñeronse empregando tres criterios para clasificalas:

  • Polo número de actores, as interaccións serán bilaterais, multilaterais e globais, segundo interveñan dous, máis de dous ou a totalidade dos membros dunha sociedade internacional xa sexa esta rexional ou mundial.

  • Polo grado de vinculación que se establece entre os actores, habrá interaccións directas e indirectas. A vinculación recíproca pódese alcanzar dun modo inmediato ou mediante a colaboración de terceiros actores que van a actuar de intermediarios ou destinatarios das relacións internacionais. No primeiro caso serán interaccións directas e no segundo indirectas.

  • Pola natureza destas interaccións, habrá de carácter político, económico, cultural ou xurídico, pero incluso cabe a posibilidade de unha combinación destas interaccións. Neste caso habrá interaccións de natureza mixta.

  • Partindo da base desta clasificación das interaccións as relacións internacionais pódense clasificar:

      • De cooperación.

      • De conflicto.

      • Asociativas.

      • De comunicación.

    En canto ás primeiras, as de cooperación. Cooperación internacional é unha relación entre actores co fin de satisfacer os seus propios intereses, empregando para elo os seus respectivos poderes. Este tipo de cooperación pode ser de carácter xeral ou de carácter sectorial, pero si nos centramos no compromiso dos actores, habrá unha operación normativa, que podrá regular conductas desos actores e unha cooperación operativa se o obxectivo é realizar accións coordinadas ou executar determinados programas internacionais. Polas formas, habrá unha cooperación inorgánica e unha cooperación orgánica. A primeira non require a existencia dunha estructura orgáncia internacional, en cambio a segunda sí esixe que seca de carácter estable ainda que é suficiente coa existencia dunha comisión ou dunha conferencia internacional.

    Pola natureza dos actores, habrá unha cooperación interestatal, unha cooperación interorganizativa, unha cooperación transnacional ou unha cooperación combinada: segundo interveñan respectivamente, estados, organizacións internacionais, entre empresas multinacionais e organizacións non gubernamentais ou entre actores que pertencen a diversas categorías.

    As relacións de conflicto. Moi tradicionalmente, véñense asociando conflicto ó concepto do conflicto armado, o certo é que existen formas de relacións internacionais conflictivas que non xeneran o uso da violencia. Conflicto é unha relación social pola que dous ou máis colectividades aspiran a satisfacer os seus intereses ou as súas demandas incompatibles empregando diversos niveis de poder que poden chegar incluso ó uso da forza.

    A incompatibilidade dos intereses pódese deber a razóns obxectivas, como sería o caso, por exemplo, da disputa por un territorio fronteirizo entre dous estados; o ben as razóns subxectivas, como serían os conflictos de índole ideolóxica ou relixiosos.

    Estas relacións pódense clasificar da seguinte maneira:

  • Por razón dos obxectivos, habrá conflictos por recursos ou conflictos por valores. Os primeiros pretenden acadar recursos materiais, humanos ou organizativos, mentres que os segundos intentan impoñer, defender ou modificar valores ou ideas.

  • Polos medios habrá conflictos violentos e conflictos pacíficos, segundo se empreguen ou non medios violentos. Dentro dos violentos inclúense os conflictos armados e os conflictos non bélicos como serían os actos de terrorismo, as graves alteracións de orde público ou os golpes de estado.Os conflitos políticos supoñen o uso de medios económicos, políticos, xurídicos ou diplomáticos.

  • Pola natureza dos actores, habrá conflictos interestatais, se os intervintes son entidades estatais soberanas; conflitos transnacionais, se os actores que se enfrenten non son estados, como sería o caso das empresas transnacionais; e os supranacionais, cando interveñen entidades como poderes supranacionais, como sería o caso, por exemplo, dun conflicto comercial entre a Unión Europea e os EEUU.

  • Pola extensión do conflito, habraos bilaterais e multilaterais e dentro destos últimos podrá haber conflictos rexionais ou conflictos mundiais segundo enfrenten á globalidade dos actores da sociedade internacional ou ós actores dunha xeografía determinada.

  • En canto ás fomas de intervención, pódense contemplar desde tres puntos de vista:

  • Desde un marco xurídico que no caso das organizacións internacionais de integración se vai a producir unha cesión do exercicio de competencias por parte dos estados e uns órgaos comúns e que se caracterizan por supoñer a atribución de poderes a esos órgaos que son independentes dos estados. Estos órgaos independentes pronuncíanse por maioría no caso de estar formados por representantes gubernamentais ou ben polo seu propio regulamento interno, como pode ser a maioría cualificada ou o voto ponderado. Estos órgaos comúns e independentes dictarán normas que son obligatorias para os estados membros que teñen primacía sobre o dereito interno dos estados e teñen efecto directo, é dicir, que poden ser invocados polos particulares.

  • O segundo punto de vista é a integración política que pode definirse como un proceso a través do cal os actores transfiren as súas expectativas soberanas e unha nova autoridade ou comunidade superposta ós estados nacionais.

  • O terceiro punto de vista é a comunidade de seguridade, qeu é aquela que intenta conseguir que dentro dun territorio determinado existe un sentido de comunidade, pero que esté o suficientemente extendida para que poida asegurar un cambio pacífico entre a poboación, é dicir, habrá comunidade de seguridade cando exista a certeza de que os membros desta comunidade non van a loitar fisicamente entre sí, senón que as súas controversias internacionais resolveranse por medios pacíficos. Neste caso, a integración quedará vinculada á existencia dunha zona de paz.

  • Estos tres puntos de vista inciden en tres elementos diferentes: unha transferencia de soberanía e a existencia de institucións independentes, no segundo caso a creación dunha identidade común e no terceiro a eliminación da guerra.

    Estos tres puntos de vista non son excluintes, ó contrario, a suma destos tres puntos de vista constitúe o éxito de calquer proceso integrador en calquer sistema internacional.

    Desde o inicio da humanidade o conflicto ocupou un lugar destacado nas relacións sociais. O conflicto refírese a unha situación na que o seu grupo humano se atope nunha oposición consciente con outro grupo ou grupos humanos e elo débese a que persiguen obxectivos incompatibles. Pero esto non quere dicir que se identifique con tensión; a tensión supón unha hostilidade latente de percepción diverxente de intereses.

    O conflicto tampouco se identifica coa guerra e moito menos co uso da forza xa que abarca unha pluralidade de situacións. A guerra é a forma máis chamativa dun conflicto social, pero non é a única, xa que con frecuencia fálase de crise. Estos conceptos tampouco son idénticos.

    Por conflicto pódese entender un choque entre dúas vontades opostas independentemente dos medios que se empreguen para asegurar o triunfo das súas decisións. En segundo lugar, pódese entender como un conxunto complexo de tensións nas que a acción do home de estado vai acompañada de reaccións colectivas.

    Deste concepto pódense desprender os seguintes caracteres:

    • A existencia de intereses diverxentes, que é a base do conflicto, e que vai a desembocar en vontades opostas.

    • A defensa desos intereses supón a utilización de diversos instrumentos, incluídos o uso da forza.

    • O conflicto evoluciona co paso do tempo dando orixe a diversas fases de diferente intensidade para acadar o obxectivo final.

    Hai varios criterios para clasificar os conflictos:

    • Se nos fixamos nos obxectivos, habrá conflictos por recursos ou por valores.

    • Se nos fixamos no medios, habrá conflictos violentos e conflictos non violentos segundo se empregue a forza ou non.

    • Se nos fixamos nos actores, habrá conflictos interestatais, transnacionais ou multilaterais.

    Por regla xeral, a orixe do conflicto débese a dous criterios ou razóns: á escasez ou da incompatibilidade, ainda que a maior parte dos casos ambos criterios son inseparables como ocurriu por exemplo recentemente en Kosovo, onde a poboación kosovar sufriu a represión e a limpeza étnica e incluso o xenocidio por parte da poboación serbia. Partindo destas bases, o conflicto pódese definir como aquela situación na que os actores teñen intereses incompatibles que lles leven a enfrentarse ou ben pola posesión de bens escasos ou ben pola realización de valores incompatibles, chegando incluso o uso da forza para alcanzar os seus obxectivos.

    En cambio, a tensión é o conxunto de actitudes e predisposicións que tanto a poboación como os políticos dunha das partes teñen cara a outra parte.

    A crise constitúe unha etapa do conflicto que se caracteriza pola aparición repentina de acontecimentos inesperados. Os elementos dunha crise son os seguintes:

    • O efecto sorpresa na acción do adversario.

    • A percepción dunha ameaza.

    • Pouco tempo de reacción ante esa ameaza.

    • A percepción de consecuencias negativas que poden chegar incluso á inactividade.

    É dicir, a crise non é nen máis nen menos que o momento de saber se a posición dos actores variou ou non.

    A guerra é, en cambio, a dimensión militar do conflicto, ou, como dicía Clausewitz, é a confirmación da política polo uso da forza.

    Outros actores fíxanse outros criterios como pode ser por exemplo o número de baixas. Así, por exemplo, Small eleva a mil o número de baixas nunha determinada situación para que poida ser caracterizada como guerra.

    A guerra ten estos prantexamentos:

    • É unha situación colectiva que realiza o estado soberano, é dicir, que é unha consecuencia da súa propia soberanía.

    • Supón a intervención das Forzas Armadas, é dicir, o uso da forza para doblegar ó enemigo e impoñerlle a nosa vontade.

    • Ten un efecto demográfico, é dicir, a destrucción rápida e violenta dunha parte da poboación doutro estado.

    Enmarcado así, podemos definir a guerra como unha actividade organizada realizada polo uso da forza baixo a dirección das autoridades estatais co fin de someter a vontade doutro estado e todo esto regulado por normas xurídicas.

    A guerra pode ser internacional ou civil segundo se desenrole entre estados ou dentro dun propio estado, ainda que algún autor como Schindler califica as loitas coloniais como conflictos internacionais pero non interestatais.

    A evolución dun conflicto internacional pódese resumir en tres posturas:

    • A concepción clásica que consideraba que a guerra se realiza por motivos territoriais xa que é unha consecuencia lóxica da soberanía do estado.

    • A concepción de que a guerra total, típica do século XX e na que interveñen todas as forzas do estado, no só as forzas armadas senón tamén as políticas, as económicas e as diplomáticas. E o seu fin é a aniquilación do inimigo.

    • As guerras limitadas que afectan a dous estados e no obxectivos son a propia seguridade e os motivos territoriais. Exemplos delo témolos nas guerras árabe-israelíes, a guerra de Irán-Irak ou a guerra entre o Reino Unido-Arxentina con ocasión da ocupación militar das Malvinas.

    A guerra civil prodúcese no seo dun Estado entre o goberno legalmente constituído e os rebeldes que contra el se alzaron en armas. A súa incidencia internacional é moi pequena, sen embargo, a súa repercusión internacional é moi amplia. A guerrilla non é un tipo ou unha clave de guerra, senón que é unha táctica ou un concepto militar que utilizan os combatientes contra un inimigo ben equipado militarmente, ben organizado e moi superior ó adversario e no que o acoso, as emboscadas e a sorpresa son as bazas fundamentais.

    A guerra revolucionaria ten como finalidade, empregando os movementos sociais, facerse co poder asegurándose o control da poboación.

    O terrorismo é unha acción política, violenta, de grupos de individuos ou de minorías organizadas contra persoas bens ou institucións.

    A Regulación Internacional para a prevención e Represión do Terrorismo iníciase no 1937 coa Sociedade de Nacións e resulta difícil definir o terrorismo polas implicacións políticas que supón. Defendeuse ou distinguiuse entre un terrorismo de dereito común, un terrorismo político ou incluso un terrorismo de estado.

    Dentro do segundo terrorismo (o político) e aparte de distinguir varios niveis, discutiuse se existe ademais un terrorismo de dereito común e un terrorismo ideolóxico enlazándoo co concepto de hostilidades.Unha mostra do influxo político foi a labor das Nacións Unidas que distingue o terrorismo dos movementos de liberación nacional e os actos de estados imperialistas e colonialistas.

    O terrorismo pódese definir como calquer acto ou ameaza de violencia cometida por un individuo ou grupo contra persoas, organizacións, lugares, sistemas de transporte, comunicacións, protexidas internacionalmente, coa intención de causar a morte ou daños e co obxecto de forzar ó estado a adoptar determinadas medidas ou facer determinadas concesións.

    Os convenios qu existen nesta materia son: oTratado de Washington de 1971 para sancionar os actos de terrorismo, o Convenio Europeo do 77, o Convenio de Nova York do 73 para castigar os delitos cometidos contra persoas protexidas internacionalmente, o Convenio de Tokyo de 1963 para castigar os actos que se cometen a bordo de aeronaves, o Convenio da Haya de 1970 para a regresión do apoderamento de aeronaves, o Convenio de Montreal sobre seguridade de aviación civil e o Convenio de Nova York de 1979 para a represión da toma de reféns.

    A crise definiuna Hermann dicindo que a crise é unha situación na que se ameazan obxectivos altamente prioritarios, redúcese o tempo de resposta antes de que a toma de decisión se transforme en acción e finalmente sorprende ós órgaos decisorios pola súa aparición.

    De Farges defínea como a ruptura dun equilibrio dinámico que é o resultado dunha relación de forzas e dunha confrontación de accións que se leva a cabo seguindo as institucións políticas do goberno. Estas dúas definicións teñen como puntos comúns os seguintes:

  • Ruptura do estado de equilibrio.

  • Existencia de ameazas e riscos por parte dos actores.

  • Risco de escaramuzas militares.

  • Toma de decisións nun ambiente marcado pola tensión.

  • É dicir, a crise, non é máis que o momento da ruptura do equilibrio que se produce nun sistema. Nunha crise hai sempre estas fases:

  • Precrise: nesta primeira fase a s relacións internacionais agudízanse, prodúcense incidentes armados, endurécense as declaracións dos políticos ou incluso pódense producir demostracións de forza, é dicir, esta primeira fase é unha situación anormal pero que está controlada e limitada.

  • Escalada: é na que o risco da guerra acentúase, as declaracións do goberno son duras todavía e prodúcense manifestacións nacionalistas, prodúcense grandes maniobras militares e incluso é factible que se produzca un ultimatum.

  • Da crise á guerra: Esta fase vén motivada por catro situacións:

  • Cando existe un amplio desequilibrio de forzas; por regla xeral o Estado máis débil trata de reconducir a situación á fases anteriores co fin de evitar a guerra.

  • Cando a inestabilidade interna dun estado é de tal situación que a guerra faise inevitable.

  • Cando un estado vese atacado ou ameazado na súa propia existencia.

  • A xeografía pode desempeñar un papel importante como son os incidentes fronteirizos ou as ameazas.

  • Existen varias clases de crise:

  • A crise progresiva: prodúcese a partir dun feito, prodúcese unha escalada entre os estados.

  • A crise repentina: son pouco frecuentes e por eso é difícil prevenilas, xa que se caracterizan pola sorpresa, exemplos delo témolos no asalto á embaixada norteamericana de Teherán e a conseguinte toma de reféns; ou nas masacres interétnicas de Ruanda no 1990.

  • Crise fortuita: prodúcense como consecuencia dunha política determinada que leva a cabo un estado co fin de mellorar a súa posición internacional ou incluso a súa seguridade.

  • Crise inducida: que é buscada a propósito por un estado co fin de provocar un conflicto armado.

  • Crise total: prodúcese cando un estado quere transformar unha situación internacional dese momento.

  • Crise calculada: é unha crise querida e provocada en virtude da cal o home político intenta modificar ó seu favor a relación de forzas e o equilibrio internacional: un exemplo delo témolo no Goberno arxentino do Xeneral Galpieri cando en 1982 ocupou as Malvinas co fin de distraer a opinión pública arxentina dos fracasos económicos dando lugar á Guerra das Malvinas.

  • A violencia é endémica na sociedade internacional, pódese definir como unha técnica relacional e consistente nas relacións recíprocas, en virtude das cais grupos de individuos exercen unha coacción sobre o resto da sociedade con fines concretos pero o seu derradeiro obxectivo é establecer un dominio. Nas relacións internacionais a coacción exércese para atentar contra a soberanía dun estado e sempre adopta a forma de inxerencia.

    Outra forma que pode revestir a violencia é a financieira voluntaria que concede un estado a outro para que adopte unha política monetaria determinada; outra forma é a arma petrolífera en virtude da cal, os países productores de petróleo manipulan os prezos do barril; e incluso algún autor como Gounelle fala de violencia cultural pola imposición de determinados idiomas nas relacións internacionais e finalmente existen teorías que intentan explicar a violencia nas relacións internacionais e así fala de:

    • Explicacións políticas da violencia, e é que os estados intentan buscar unha situación de hexemonía nas relacións internacionais chegando incluso á confrontación armada.

    • Explicacións psicolóxicas da violencia: sóese culpabilizar ó extranxeiro como enemigo e como o culpable dunha situación adversa, rechazando todo o extranxeiro porque é diferenta ó noso.

    • Explicacións estructurais da violencia: foi alegada por Marx e Engels cando afirman que a violencia estructural é innata na sociedade porque esta produce profundas desigualdades. O único remedio para salvar esa situación é a violencia. E incluso xustifican estas violencias estructurais como típicas da sociedade internacional.

    GUERRA E RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    O dereito internacional durante moitos séculos admitiu a guerra como un medio de solucionar os conflictos entre estados e desenrolou un conxunto de normas xurídicos que se dividían en dous grupos: dereito da Paz e dereito da Haya.

    A Escola Española de Dereito de Xentes sinalou as condicións que se esixían para que os estados poidesen recurrir á guerra. Eran o chamado “ius ad bellum”. Foi Santo Tomás de Aquino quen sinalou as condicións para calificar unha guerra xusta (bellum iustum) e estas condicións eran:

    • Que a guerra sexa decidida pola autoridade soberana, o principe.

    • Que a guerra se deba a unha inxuria, é dicir, a unha violación do dereito.

    • Que exita unha recta intención, é dicir, que a guerra non se inicie por odio, vinganza ou codicia.

    No século XIX a guerra considérase como un atributo da soberanía dos estados, é dicir, a guerra é unha relación entre nacións civilizadas e en consecuencia os estados adoptarán conductas para evitar sufrimentos innecesarios ós combatentes e respetarán as normas necesarias de sentido común e as leis e usos tradicionais da guerra (ius in bello)

    O pacto da Sociedade de Nacións non prohibía a guerra, simplemente a retrasaba, pois obligaba ós estados a resolver por medios pacíficos as súas diferencias e a non recurrir á guerra ata pasados tres meses despois de intentar un arranxo pacífico da controversia.

    O Tratado de París de 1928 prohibía a guerra como instrumento da política nacional e o artigo dous párrafo catro da Carta das Nacións Unidas prohibe o uso da forza contra a integridade ou a independencia política dos estados. A Carta non dí cais son as modalidades da forza que están prohibidas, é dicir, se se trata de forza armada ou se se inclúen medidas coercitivas, medidas de carácter económico, a ruptura de relacións diplomáticas ou a interrupción de comunicacións. Pero a doctrina si está de acordo en que se fai referencia á prohibición de Forza Armada.

    A pesar da xeneralidade con que está desenrolado este párrafo 4 do artigo 2 da Carta, tradicionalmente viñeronse admitindo as seguintes excepcións a esta prohibición:

    • O dereito de lexítima defensa. O artigo 51 da Carta sinala que nengunha disposición da Carta menoscabará o dereito inmanente da lexítima defensa, individual ou colectiva, en caso de ataque armado contra un membro das Nacións Unidas ata en tanto en canto o Consello de Seguridade tomara as medidas necesarias para manter a paz e a seguridade internacionais.

    Este sistema do artigo 51 da Carta combina un mecanismo global de mantemento da paz, que coa responsabilidade básica do Consello de Seguridade, cun mecanismo alternativo de defensa trata ós estados considerados individualmente.

    A resolución 33/4 de 1974 sinala no seu artigo 3 que por agresión enténdese o uso da forza armada por un estado contra a soberanía, a integridade territorial ou a independencia política dun estado ou de calquera outra forma incompatible coa Carta das Nacións Unidas. Este artigo 3 sinala como supostos de agresión os seguintes:

    • As invasións ou ataques armados.

    • A ocupación militar ou as anexións pola forza.

    • O bombardeo e bloqueo de portos e costas dun estado.

    • Os ataques ós exércitos dun estado ou contra a súa flota mercante ou aérea.

    • A utilización do exército no territorio dun estado contra as cláusulas dun Tratado Internacional que permite a presencia de esas tropas no estado.

    • A utilización do territorio dun estado por forzas armadas doutro estado para atentar contra un terceiro estado.

    • O envío de bandas armadas, grupos irregulares ou mercenarios para actuar contra un estado.

    O artigo 51 da Carta establece duas condicións para exercer o dereito de lexítima defensa:

    • O deber de informar inmediatamente ó Consello de Seguridade.

    • A lexítima defensa ten carácter provisional e é de carácter subsidiario ata que o Consello de Seguridade adopte as medidas necesarias para manter a paz e seguridade internacionais.

    Pero na práctiva no vén esixindo que os medios e a resposta ó ataque sexa inmediata, necesaria e provisional ó ataque. E neste punto vense discutindo se a lexítima defensa limítase exclusivamente á eliminación do ataque armado ou se inclúe o rexeitar o ataque armado, ó evitar a situación de peligro contra o estado agredido, pero calquera destas dúas posturas, a resposta ó ataque armado debe ser racional ou proporcional

    A acción coercitiva das Nacións Unidas prevista no artigo 42 da Carta. A Carta establece como función básica do Consello de Seguridade manter a paz e a seguridade internacionais e para exercer esta responsabilidade o Consello pode investigar se un feito pon en perigo a paz e a seguridade internacionais e calificar se un feito constitúe unha ameaza á paz, un quebrantamento á paz por un acto de agresión. E para elo pode adoptar dous tipos de medidas:

    • Medidas que non impliquen o uso da forza como son a internacionalización de relacións económicas ou de relacións diplomáticas.

    • Medidas que si supoñen o uso da forza que se realicen necesariamente por este orde a través de forzas aéreas, navais e terrestres.

    Para levar a cabo estas práctivas o artigo 43 da Carta prevé que entre a organización e os estados membros se firmen uns acordos especiais en virtude dos cais os estados membros poñen a disposición da organización as forzas armadas necesarias para o mantemento da paz.

    Estos acordos non se realizaron pola desconfianza entre os estados membros da organización e sobre todo, pola Guerra Fría entre as dúas superpotencias.

    O artigo 52 da Carta sinala que organismos internacionais rexionais poden aplicar medidas coercitivas, pero esíxese obligatoriamente a previa autorización do Consello de Seguridade.

    A terceira excepción ó principio xeral son as medidas autorizadas polas Nacións Unidas. Con motivo da Guerra de Corea en 1950 e como o Consello de Seguridade se atopaba paralizado na súa actuación polo dereito de veto dos membros permanentes, a Asemblea Xeral dictou a R/377, coñecida como “Unidos para a paz”, na que se establece que se o Consello de Seguridade por falta de unaniemiedade nos seus membros permanentes deixara de cumplir a súa obligación primordial demanter a paz e seguridades internacionais nos casos de ameaza á paz, de quebrantamento á paz ou actos de agresión á Asemblea Xeral examinará inmediatamente o asunto con miras a adoptar as medidas colectivas necesarias, incluso o uso da forza armada, cando fora necesario, co fin de manter a paz internacional.

    A primeira vez que se fixo uso desta resolución foi un 1956 con motivo do conflicto armado do Canal de Suez, onde se crean por primeira vez as chamadas FENN (Forzas de Emerxencia de Nacións Unidas) na R/1000 de 1956 e que son os antecedentes dos actuais cascos azuis:

    A cuarta excepción ó principio xeral é a acción contra os estados enimigos prevista no artigo 107 da Carta. Este artigo sinala que nengunha disposición da Carta invalidará ou impedirá calquera acción exercida ou autorizada como resultado da II Guerra Mundial como respecto a un estado enemigo. Estado enemigo é todo aquel estado que durante a Segunda Guerra Mundial fose inimigo de calquera dos estados signatarios da Carta.

    A quinta excepción é o uso da forza por parte dos movementos de liberación nacional. A R/1514 de 1960 proclamou o dereito de autodeterminación dos pobos coloniais polo que debe cesar toda acción armada dirixida contra eles. A R/2625 de 1970 precisa que nos actos que se realicen e na resistencia que opoñan contra esas medidas de forzas co fin de exercer un dereito á libre determinación, tais pobos poderán recibir o apoio de conformidade cos propósitos e principios da Carta das Nacións Unidas. E a razón de ser desta excepción é que este dereito á autodeterminación dos pobos lexitimouse por ser un dereito xeral, inalienable, fundamental, recoñecido e refrendado por toda a comunidade internacional.

    A sesta excepción é a protección dos cidadáns e dos intereses nacionais. Na práctica anterior á Carta das Nacións Unidas, era frecuente que as principais potencias realizasen intervencións militares que se xustificaban pola protección dos seus cidadáns e dos seus intereses económicos que eran ameazados polos gobernos extranxeiros xenófobos ou por gobernos que eran incapaces de garantizar a seguridade dos cidadáns extranxeiros.

    Este dereito de intervención non tiña límites e reivindicábanos os principais estados a través dos chamados desembarcos protectores. En realidade, cosntituían verdadeiras violacións do dereito internacional. Na práctica actual, coa Carta das Nacións Unidas, estas prácticas están prohibidas e unicamente se podrían xustificar moralmente cando se trata de accións de forzas limitadas a conseguir a liberación de vidas humanas en perigo: como ocurriu, por exemplo, en abril de 1980 co golpe de forza dos EEUU en Irán para liberar ós reféns norteamericanos apresados na súa embaixada de Teherán.

    A séptima excepción son as chamadas intervencións de carácter humanitario. O Consello de Seguridade ante a situación recente de Irak, Somalia, Ruanda, cuia situación calificou de ameazas á paz, popúxose apoiar humanitariamente á poboación civil destos paises e así, veuse reivindicando a existencia dun chamado dereito de inxerencia humanitario. Pero este dereito de inxerencia non corresponde a nengúen estado individualmente senón á comunidade internacional no seu conxunto. Acción humanitaria é un sistema de asistencia basado no dereito que tanto os estados como os individuos teñen a unha adecuada asistencia como membros da sociedade internacional e da humanidade.

    A derradeira das excepcións son as represalias ante os actos de forza que non constitúen un ataque armado. O artigo 51 da Carta recolle a lexítima defensa frente a un ataque armado, en consecuencia quedan fora deste dereito aqueles estados que son víctimas de accións de uso da forza pero que non revisten o carácter de ataque armado. En consecuencia, os estados, non teñen un dereito de resposta armada colectiva a actos que non son un ataque armado, prantéxase o problema de se en estos actos os estados teñen o dereito individual de exercer represalias armadas frente a usos menores da forza. Na Carta non se recolle nado do respeto e a doctrina está dividida nesto punto. Existen varias solucións doctrinais como consideralas lícitas para facer efectivo un dereito propio para acabar coa conducta contraria ó dereito de outro estado ou incluso para protexer bens xurídicos esenciais da comunidade internacional que son obxecto de actos ilícitos ou ben considerar que o artigo dous párrafo cuarto ca Carta prohibe o uso da forza cando reviste importancia e que se pode, frente a usos menores da forza, utilizar medidas proporcionadas xa que elo sería unha derivación do dereito de lexítima defensa.

    APUNTES RELACIÓNS INTERNACIONAIS CURSO 1999-2000

    86

    TEMA 1: O CONCEPTO DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    TEMA 2: CONCEPCIÓNS CIENTÍFICAS DAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    TEMA 3: NOVAS CORRENTES DE INVESTIGACIÓN NAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    TEMA 4: A SOCIEDADE INTERNACIONAL

    TEMA 5: O SISTEMA EUROPEO DE ESTADOS E A SÚA EVOLUCIÓN

    TEMA 6: AS RELACIÓNS INTERNACIONAIS NO SÉCULO XX ATA A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

    TEMA 7: A II GUERRA MUNDIAL E AS CONFERENCIAS DE TEHERÁN, ITALIA E POSTDAM

    TEMA 8: DA COEXISTENCIA PACÍFICA ÓS NOSOS DÍAS

    TEMA 9: OS ESTADOS

    TEMA 10: AS ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS

    TEMA 11: AS NACIÓNS UNIDAS

    TEMA 12: A UNIÓN EUROPEA

    TEMA 13: A UNIÓN EUROPEA (II)

    TEMA 14: AS ORGANIZACIÓNS NON GUBERNAMENTAIS

    TEMA 15: AS EMPRESAS TRANSNACIONAIS

    TEMA 16: O INDIVIDUO E A OPINIÓN PÚBLICA

    TEMA 17: OUTROS ACTORES DAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS

    TEMA 23: INTERACCIÓNS E ESTRUCTURA DA SOCIEDADE INTERNACIONAL

    TEMA 26: OS CONFLICTOS INTERNACIONAIS

    TEMA 25: A GUERRA