Origen de las sociedades y del Estado

Pensamiento. Sociedad civil. Poder. Ciudad Estado. Estado social. Estado de derecho. Derechos civiles. Régimen político. Democracia. Contrato social

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 6 páginas
publicidad

  • Teorías sobre a orixe da sociedade

O termo social se refire a aquela dimensión do ser humano por virtude ca cal está en relación e acción con outros seres.

Diferentes teorias puxeron a orixe do sociedade, ben na satisfacción das necesidades, ben na seguridade persoal e na preservación da propiedade, ben na realización da xustiza.

  • Dimensións do ser humano e a sociedade

    • O seu carácter natural e necesitado

En canto ser natural vivo, o ser humano é un ser de necesidades que requiren ser satisfeitas; en canto dotado de linguaxe e de razón, aspira ó xusto e á liberdade.

  • A súa naturaza política

O se humano mais que social, hai que dicir que é un animal político. Político quere dicir que vive na polis, na cidade nesa comunidade ou sociedade que é, a par, civil e política.

Aristóteles dixo sobre este tema que o ser humano é un animal social e político “por natureza”.

  • Relación entre as súas necesidades e o seu carácter político

O ser humano é, pois, social e político. Éo, a causa das suas necesidades (para poder satisfacelas); a causa, ademais, do seu ser racional e libre.

Isto, encerra non poucas cuestions:

1. ¿Que entender por necesidades e que considerar en cada caso como tales?

2. ¿Que é o racional na organización dunha comunidade social e política?

3. ¿En que cifrar a liberdade e como conseguir a súa garantía e a súa realización?

  • Orixe da sociedade e estado de natureza

  • Significados de “orixe”

Cando falamos da orixe da sociedade, a palabra “orixe” non significa o comezo no tempo de calquera comunidade social. Orixe quere decir as causas ou razons polas que os seres humanos se vinculan naturalmente en determinadas comunidades.

  • Estado de natureza e estado social

A distinción entre estado de natureza e estado civil ou social ten un carácter metodolóxicio: é unha hipotese para elaborar un modelo do que debera ser o estado social do ser humano, o dito modelo, haberá de estar en consonancia co que quizais reclama a natureza do home.

  • Satisfacción de necesidades e realización da xustiza na orixe da sociedade

Por sociedade entendemos tanto a comunidade social que é a familia, como a comunidade social e política que engloba a familia. Propiamente falando no referimos a sociedade política ou estado e á sociedade civil.

  • Orixe da sociedade e satisfacción das necesidades

  • A orixe da sociedade está, pois, dun lado na indixencia do ser humano e na satisfacción das suas necesidades.

  • Seguridade e preservación, na orixe da sociedade

  • A orixe da sociedade pode encontrarse tamén na busca da preservación e da seguridade, xa da propia vida, xa dos bens ou propiedades, xa desa hipotetica liberdade que se posúe no estado natural.

    • Orixe da sociedade e realización do ben e a xustiza

    Podemos dicir que a polis é e debe ser unha comunidade de seres humanos iguais e libres; a igualdade e a liberdade entre eles é o fin que se atopa na orixe da sociedade. É dicir, vivir en consonancia con aquilo que constitua o ben dos seres humanos.

    E aquí asaltanos un novo problema: ¿cal é o ben dos seres humanos? ¿Pode, por outra parte, falarse do ben do ser humano se non o é de todos?..... Vemos, polo tanto, a estreitisima relación entre a dimension social e politica do ser humano e a sua dimensión etica.

    • Sociedade civil e Estado

    • ¿Qué significa sociedade civil?

    Sociedade civil designa o modo de organización e estructuración da sociedade nun momento determinado do seu desenvolvemento, intermedio entre a familia e o Estadojo seu seo despréganse os grupos sociais.

    • Caracteres do Estado de dereito

  • ¿Que se entende por estado?

  • Elementos na determinación do estado:

    • Esta baseado nun grupo social establemente asentado nun territorio determinado

    • Unha orde xuridica unitaria

    • Un poder xuridico, autonomo, centralizado e territorialmente determinado

  • Requisitos do estado de dereito

        • Imperio da lei: lei como expresión da vontade xeral

        • Separación de poderes: legislativo, ejecutivo e xudicial

        • Legalidade da administración: regulación pola lei e control xudicial

        • Dereitos e libertades fundamentais

          • A realidade do poder e o concepto de “lexitimación”

    • A complexa realidade do poder

    O poder dise de moitas meneiras, e pode ter diferentes suxeitos de atribución. Poder non é, sen mais, forza ou violencia.

    • A interpretación “belicosa” do poder e da política

    Como pode apreciarse, entre aquela caracterización do poder e esta concepción do Estado hai unha relación moi estreita, neste tema entran en xogo os termos “forza”, “dominación”, “violencia” e tamén “estratexia”, e “lexitimación”.

    • “Poder” non é o mesmo ca “forza e “violencia”

    O poder consiste nunca relación, e ten duas notas fundamentais: é “poder sobre” (relación consensuada de dominación) e é “poder con” (relación de participación)

    • O concepto de “lexitimación”

    • Legalidade e lexitimidade

    Fronte á lagalidade -isto é, conformidade a normas xuridicamente promulgadas-, a lexitimidade significa a xustificación dun ordenamento xurídico desde principios de liberdade e criterios eticos de xustiza.

    • Teorias sobre a orixe do estado e a democracia

      • A idea de contrato e os seus supostos

    A idea de contrato ten unha función metodoloxica encamiñada a pensar a orixe do Estado, atendendo á lexitimacion do seu poder politico.

    • Teorías e formas do contrato

    Expoñense tres teorías fundamentais sobre o contrato que dá orixe o Estado: o contrato como submisión (Hobbes); o contrato liberal (Locke), e o contrato social (Rousseau). Son interpretacións diferentes do Estado e dos seus fins e límites.

    • Unha teoría neocontractualista: John Rawls

    Ademais dos conceptos formais de “liberdade”,

    “igualdade” e “propiedade privada”, Rawls considera aspectos de

    contido, como a distribución dos bens economicos e a igualdade de

    oportunidades.

    • Xustiza como imparcialidade; a “posición orixinal” e o “veo de ignorancia”

    O acceso racional a eses principios de xustiza está en estreitisima relación co que Rawls describe como “posición orixinal”. Nesa hipotetica posición orixinal os seres humanos en canto persoas libres e racionais, estarian nunha situación de igualdade.

    • Comunidade política e democracia

      • Sentido da democracia na comunidade política

    O ser humano é un ser social: con-vive con outros homes, formando unha comunidade socio-politica rexida por unha orde normativa(dereito, ordenamento xuridico) que regula as suas conductas.

    • Cara a unha caracterización da democracia

    A democracia establece unha relacion esencial entre o poder e o pobo. Democracia quere dicir “goberno do pobo”, que non é o mesmo ca “gaberno para o pobo”, pois podese gobernar para o pobo sin respectar nin os contidos nin os valores democraticos,e, ademais, sen procedementos democraticos. Democracia oponse radical e totalmente a autocracia.

    • Modalidades de democracia

    Modalidades segundo o grao e o modo de participación dos cidadans:

  • Democracia directa: Son todos os cidadans, reunidos en asamblea, os que exercen os poderes e as funcions do estado e de goberno.

  • Democracia representativa: A vontade do corpo de electores é representada polo parlamento, e a través dos diferentes organos representativos.

        • Preferibilidade da democracia e educación civica

    Que a democracia é preferible a calquera outro modo de organización política parece indiscutible, sobrendo razóns para justificar tal preferencia. Como Sinaloa Norberto Bobbio, hai tres perspectivas fundamentais para tal preferencia. A perspectiva ética, en canto que a democracia posibilita a realización do maximo de liberdade na comunidade politica.

    A perspectiva política, en canto que a democracia é o principal remedio ó abuso de poder. E a perspectiva utilitaria, en canto que a democracia considera que son os propios cidadáns, e nieguen no seu lugar, quen mellor interpretan e expoñen os seus intereses.