Normalización e normativización do as desviacións lingüísticas

Lengua gallega # Grafización. Estandarización. Modernización. Normas ortográficas e morfolóxicas. Galego

  • Enviado por: Maio
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad

Normalización e normativización do as desviacións lingüísticas

A situación lingüística en Galicia dende o s. XVI mostra unha coexistencia diglósica conflictiva e desequilibrada entre unha lingua foránea, o español, que desprazou o galego dos usos escritos e formais relegando a comunicación oral e informal; produciuse unha especialización lingüística e unha xerarquización entre as linguas, o castelán lingua alta (A) de poder e prestixio e o galego lingua baixa (B).

Nunha situación de desequilibrio coma esta as únicas posibilidades de solución apunta á normalización das linguas minorizadas ou ben a súa substitución por asimilación á lingua dominante.

Certamente nos últimos tempos o galego experimentou un importante avance cualitativo no seu prestixio e recuperación social ocupando terreos ata entón pouco propicios: actuación política institucional, ensino, medios audiovisuais... Non obstante o proceso é minoritario e a situación de normalización se ben non ten a penuria de tempos atrás, dista de ser a idónea.

A normalización do idioma (implantación xeral na sociedade) vai estreitamente emparellada coa súa normativización (a regulación do tipo de idioma a empregar).

Distinguimos no proceso de normativización tres tarefas fundamentais:

  • Grafización. Consiste en dar forma escrita a unha variedade falada. Ten que ver coa fonética así como a ortografía.

  • Estandarización. Creación duna variedade uniforme propia da escrita e da comunicación formal e situada por riba das distintas variedades xeográficas, sociais e estilísticas.

  • Modernización. Consistente na habilitación da lingua para ser empregada en novas formas de discurso e para tratar novos temas por medio do incremento e purificación do léxico.

A normativización supón a elaboración dun código formalizado común e válido para todos os falantes que ten a súa plasmación concreta na determinación duna ortografía, unha gramática e un diccionario do idioma.

O galego, sometido dende o s. XVI a unha situación diglósica que o reduciu a ser unha lingua oral, experimentou un proceso de deterioro no seu sistema lingüístico alterado pola intromisión do castelán especialmente no léxico e na morfoloxía. As consecuencias disto foron a castelanización e dialectalización do idioma.

Cando no s. XIX o galego gaña outra vez o uso escrito, os seus cultivadores encontraranse cun idioma fragmentado e rutizidado de vocabulario reducido ás realidades primarias e que suplía as súas insuficiencias léxicas, ortográficas, etc. co modelo do castelán.

Ignorantes da tradición escrita medieval, os escritores do s. XIX foron ensaiando solucións, probando fonemas e morfemas na procura duna lingua digna.

A pesar de estar xa presente desde os primeiros momentos, a necesidade de lograr unha unificación da lingua escrita non foi ata moi recentemente cando este desexo tomou forma na práctica.

A incorporación do galego aínda que timidamente ó ensino e á vida social e institucional, ós medios de comunicación social, o crecente labor editorial, etc., puxeron de manifesto a urxencia de se dotar dun soporte básico de tipo ortográfico e morfolóxico que posibilitase o inicio dun eficiente proceso normalizador da lingua, nos anos 1970/71 a Real Academia Galega fixo públicas unhas normas ortográficas e morfolóxicas que recollían grande parte das solucións que se xeneralizaran máis ou menos espontaneamente no galego escrito. De 1977 son as bases para a unificación das normas lingüísticas do galego e no 1982 o instituto da lingua galega e a Real Academia Galega elaboran as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego que son as que na actualidade continúan a ter carácter oficial.

A norma representa así un extracto ideal do galego, galego común ou estándar, que ó seleccionar como correctas por medio dunha gramática e un diccionario normativos determinadas características fixa uns usos apropiados da lingua fronte os cales os peculiarismos derivados da xeografía, da clase social, etc., se constitúen en desviación da lingua. Dentro das máis frecuentes podemos sinalar as seguintes:

  • Castelanismos (xa vistos nas interferencias lingüísticas)

  • Lusismos

  • Vulgarismos

  • Arcaísmos

  • Hiperenxebrismos

  • 2.- O portugués por pertencer ó mesmo tronco lingüístico co galego sérvelle a este de referencia importantísima para superar as insuficiencias que a súa peculiar traxectoria histórica foi producindo no léxico. Así o portugués axudou a recuperar formas galegas de palabras que estaban castelanizadas como liberdade ! libertade. Pero ademais de esta axuda o galego substituíu palabras do seu léxico por outras portuguesas que son o que denominamos lusismos.

    Ex:

    frango x polo

    greve x folga

    comboio x tren

    presunto x xamón

    contendo x contido

    esplodir x estoupar

    povo x pobo

    meio x medio

    3.- Afectan case sempre á fonética, isto é, son propios da lingua oral aínda que algúns chegan a aparecer na lingua escrita.

    O vulgarismo consiste na alteración do vocalismo ou do consonantismo das palabras por cambio dun fonema por outro, adicción ou separación de fonemas ou cambio de posición dos fonemas.

    Ex:

    probe x pobre

    marmurar x murmurar

    vran x verán

    mare x mar

    arradio x radio

    somáforo x semáforo

    4.- Son os resultados do coñecemento e difusión finais do s. XIX e principio do XX das obras literarias e documentais do galego-portugués medieval, o que fixo que moitos escritores quixesen depurar a lingua botando man de formas medievais para sustituir palabras plenamente galegas.

    Ex:

    nascer x nacer

    crescer x crecer

    tíduo x título

    conquerir x conseguir

    vegada x vez

    caloña x calumnia

    5.- Son formas creadas artificialmente pola reacción diferencialista con respecto ó castelán. Consiste en galeguizar aínda máis aquelas palabras que o galego comparte co castelán unha virtude de falsas analoxías.

    Castelán / Galego

    Corresp. Inductora

    Hiperenxebrismo

    Ambiente

    e/ie

    Ambente

    Gasolina

    ñ/n

    Gasolina

    Brillar

    l/ll

    Brilar

    Laborar

    ou/o

    Labourar

    Condenar

    Condear

    Entraña

    Entrana

    Estraño

    Estrano

    Primavera

    Primaveira

    Sincero

    Sinceiro

    Inconveniente

    Inconvinte

    Horizonte

    Hourizonte

    Humano

    Humán

    Urbano

    Urbán

    Semana

    Semán

    Destino

    Destiño

    Zona

    zoa