Mitos

Creencias y leyendas. Sabiduría, asombro, misterio y rito. Función social y clasificación funcional. Hermenéutica simbólica # Crítica da mítica

  • Enviado por: Aiken
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad

1.a. A SABIDURÍA DO MITO

O mito é unha clse de relato, caracterizada normalmente por tratar temas ficticios sobre deuses e heroes dun pasado remoto, cuia temporalidade é radicalmente distinta á da historia. Neste sentido o mito diferenciouse cedo da historia, opoñéndose á súa veracidade e presentándose coma unha narración artificial e falaz que da conta de feitos inverosímiles, orientados ó simulacro e á ilusión.

O mito definiuse como “unha explicación errónea dos fenómenos”, en contraposición á verdadeira explicación das cousas ofrecidas pola ciencia e a filosofía. O mito representa unha época de inmadurez racional, que sería superada nun tránsito ó logos, a razón especulativa filosófica, proveedora de verdades absolutamente indudabeis.

O mito é un relato que contén unha sabedoría simbólica pero non transmite nin unha evidencia racional, nin unha demostración nin un coñecemento firme e fundado. Nunca sucederon pero sempre suceden.

Podemos entresacar algunhas características do mito:

  • Os mitos narran a historia dos actos e dos seres sobrenaturais.

  • Esta historia é sagrada e considérase absolutamente verdadeira.

  • Explica como veu algo á existencia (o cosmos, unha illa, unha estrela...)

  • O mito constitúese en paradigma ou xustificación de toda acción humana, así como en modela da sús propia condición.

  • O mito vívese. Cando tomamos contactos cun mito somos raptados e dominados polas mesmas potencias sagradas que relata e actualizámolas, e por iso o seu coñecemento permítenos dominar a realidade e manipular a conveniencia.

O mito é unha alegoría, é dicir, un relato que di outra cousa que o ue a simple vista “parece querer dicir”. Os mitos encerran certo significado profundo e incluso gran cantidade de verdades filosóficas (de orixe divina) que hai que descifrar e que están ocultas “para excluír ó vulgo do coñecemento das cousas divinas que non lle convén de ningunha maneira”, ou para atraer a atención hacia temas demasiado áridos e formais que, sen a envoltura amena e directa do relato, serían desdeñados pola súa dificultade.

1.b. ASOMBRO, MISTERIO, RITO

No universo todo é asombroso pero á vez nada ten misterio. Todo ten unha razón de existencia e pódese descubrir esa razón, pero o grandioso que é o universo asómbranos. Hai misterios que se resolven pero acaban dando lugar a máis misterios, e sen embargo nada ten misterio. O sol, as estrelas, os fenómenos meteorolóxicos... todo é asombros no seu mometo pero remata por non ten misterio ningún. O único que gardará un misterio eterno é o porqué dos sentimentos e a forza do Destino que nos rixe a todos e da que ninguén é capaz de escapar.

Cando o home empeza a desenvolver as facultades superiores que o distinguen dos demais animais, xunto as necesidades fisiolóxicas sinte a necesidade de comprender o mundo que o rodea e saber cál é o seu papel dentro dese mundo. Neste proceso o home foi adquirindo unha independencia cada vez maior respecto á realidade externa, de tal forma que a partir da percepción de obxectos concretos foi desenrolando a posibilidade de representalos na súa mente e a facultade de combinar esas representacións, de relacionalas entre sí e crear outras novas. Neste verdadeiro amencer do home como ser intelixente sucedéronse diversas etapas, entre as que os mitos ocupan un lugar importante xunto á maxia e ó ritual, prácticas todas elas dotadas dun significado relixioso.

¿Non é incribel como o home conseguiu facerse distinguir entre o resto dos animais?¿Non é un milagre que chegara a desenvolver a capacidade de explicar os denómenos que non lograba comprender usando a súa imaxinación? É asombroso coo o home conseguiu desenvolver tódalas súas cualidaades, a vida mesma é un misterio, pero ó mesmo tempo non existe ningún misterio.

1.c. FUNCIÓN SOCIAL DOS MITOS

Na historia da humanidade pódense recoñecer catro funcións esenciais da mitoloxía.

A primeira e máis característica é a de provocar e apoiar un sentido de asombro ante o misterio de ser. Este recoñecemento é anterior á definición e desafíaa. Cando se define pódese ensinar e falar diso; pero a definición e a ensinanza non o poden producir. Tampouco pode impoñerse. Só o accidente da experiencia e os símbolos do mito vivinte poden descubrilo e apoialo, pero tales rasgos non poden inventarse.

A segunda función da mitoloxía é presentar unha cosmoloxía, unha imaxe do universo que apoiará e será apoiada por este sentido de sombro ante o misterio dunha presencia e a presencia dun misterio (por exemplo, temos o misterio da presencia da Terra, da súa existencia, e a mesma existencia condúcenos a máis misterios: ¿por que existe a Terra neste preciso lugar?, ¿por que xira ó redor do Sol e non ó redor doutra estrela?, ¿haberá vida noutros recunchos do universo?...). Sen embargo a cosmoloxía ten que corresponder á experiencia, ó coñecemento e á mentalidade real do grupo intelectual en cuestión.

A terceira función é apoiar a orde social en vigor, para integrar ó individuo no seu grupo orgánicamente (por exemplo os mitos da Igreza Católica, que desde o espallamento da súa doutrina por Europa, foi a orde social máis poderosa xunto á nobreza durante moitos séculos); e de novo vemos que a ampliación gradual do alcance e contido do grupo foi o signo característico do avance do home desde o primeiro grupo tribal ó moderno posalexandrino dunha única sociedade mundial (por exemplo, un mundo enteiramente católico, o Imperio Romano, o Imperio de Napoleón, a actual Unión Europea, que intentaron e intentan unir ó mundo mediante diferentes formas).

A cuarta e última función da mitoloxía é iniciar ó individuo na orde de realidades da súa propia psique, quiándoo hacia o seu propio enriquecemento e realización espiritual. Intenta introducir na alma do individuo unha serie de regras morais e ensinanzas que lle servirán para levar unha boa vida tanto social como privada.

1.d. CLASIFICACIÓN FUNCIONAL DOS MITOS

Os mitos soen clasificarse según o seu contido en:

  • cosmogónicos, cando intentan explicar a creación do mundo ( “Ó principio Deus creou o ceo e a terra. A terra era soidadee caos, e as tebras cubrían o abismo; o espírito de Deus aleteaba sobre as augas. Deus dixo: “Haxa Luz”, e houbo luz” Gen. 1, 1-3).

  • teogónicos, cando se refiren á orixe dos deuses ( “En primeiro lugar existiu o Caos. Despois Xea a dos grandes senos, sempre sede segura de tódolos inmortais que habitan a nevada cumbre do Olimpo...”; )

  • antropogónicos, cando son relativos á aparición do home (“Deus dixo: “Fagamos ó home á nosa imaxe e semellanza. Domine sobre os peixes do mar, as aves do ceo, os ganados, as feras campestres e os reptís da terra”. Deus creou ó home á súa imaxe, a imaxe de Deus o creou, macho e femia os creou”).

  • etiolóxicos, cando tratan de explicar o porqué de determinadas institucións políticas, sociais e relixiosas.

Existen algún mitos que se centran en imaxinar a vida de ultratumba ou a fin do mundo, que reciben o nome de escatolóxicos (por exemplo, o Apocalipse), e outros cuio contido refírese á loita entre principios contrarios (o ben e o mal, anxos e demos...) denominados morais (“¡He ahí ó home, que chegou a ser coma un de nós polo coñecemento do ben e do mal!¡Non vaia agora a tende-la súa man e tome da árbore da vida, e comendo del viva para sempre!” Gén. 3, 22). Moitos destes elementos aparecen mesturados nun mesmo mito e incluso existen outros que non se adecuan a esta clasificación.

1.e. HERMENÉUTICA SIMBÓLICA

A hermenéutica simbólica é a arte de interpretar textos para fixar o seu verdadeiro sentido. Nun principio utilizouse no estudo da teoloxía e aplicouse específicamente á interpretación das Sagradas Escrituras, pero o seu uso ampliouse desde o século XIX ata abarcar as teorís filosóficas do significado e a comprensión, así como as teorías literarias da interpretación textual.

1.e.1. Carrapuchiña vermella (Interpretacións )

  • Literal

  • Perda da inocencia e adquisición da sabedoría

  • A vida ten perigos que hai que frontar para non rematar na “barriga do lobo”.

  • Fuxir dunha situación problemática non é solución.

  • Cando sae da panza do lobo, Carrapuchiña alcanza a madurez, xa que aprendeu a lección e aprenderá a afrontarse ós seus medos e perigos por sí mesma.

  • 1.e.2. A bela durminte (Interpretacións)

  • Literal

  • Un pequeno suceso traumático (a chegada da pubertade, a menstruación...) pode ter consecuencias satisfactorias (alcance da madurez).

  • Se non somos sensíbeis ó mundo, este deixa de existir para nós.

  • Non hai que preocuparse nin apresurar as cousas, cando chegue o momenmto, o problema resolverase por sí só.

  • 1.f. CRÍTICA DA MÍTICA

    O mito é un pensamento prefilosófico irracional. Antes ben, trátase doutro paradigma racional radicalmente distinto á razón filosófica, veraddeira triunfadora na historia, que inaugurou o discurso máximo do subterfuxio e da fuxida, mediante representacións embelecedoras do mundo.

    Os mitos serviron nos tempos antigos para ensinar cousas da vida que son bastante difíciles de explicar. Tamén foi un sistema de explicación dos fenómenos que o home non era capaz de comprender naquel tempo, xa que non había métodos de medición e non podían determinar cousas coma os fenómenos meteorolóxicos e o cosmos tal como son realmente.

    Así que os mitos, aínda non sendo totalmente correctos, foron e siguen sendo un gran método de ensinanza.